Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC esixe que se facilite información veraz

Written By Virgulino on 13/3/04 | 23:25

Recorda ao Goberno que si está con a Constitución, lema da manifestación de onte, preserve o seu artigo 20: recoñeces e preservase o dereito a recibir unha información veraz.



A Manipulación informativa que estamos recibindo durante estes tres últimos días foi tan evidente hoxe que a cidadanía xa non foi capaz de conter a súa indignación. O MpDC quere denunciar a manipulación da Constitución, da Información e da cidadanía que está realizando o Goberno do PP. Quere facer chegar a Goberno e a Rajoy que a indignación da cidadanía non é nin ilegal nin antidemocrática.



Todos temos dereito a saber a verdade antes de ir a votar e, sobre todo, os familiares das víctimas. A utilización partidista da dor é absolutamente deplorable.

0 comentarios:

Publicar un comentario