Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC convida a que Xosé Baqueiro reciba aos cidadáns agraviados pola policía local de Santiago

Written By Virgulino on 18/3/04 | 12:46

Nas declaración recollidas por El Correo Gallego sobre a actuación da policía local, Xosé Baqueiro demostrou unha falta total de interese por analizar os feitos denunciados.



O MpDC cre que non é de recibo que un Edil de Seguridade Cidadán, ante as continuas denuncias de actuacións indignas por parte da Policía Local, limítese a dicir que respalda calquera actuación deste Corpo. Esto fai lembra as declaracións de Acebes despois dos altercados en Madrid a raíz das manifestación en contra da guerra do ano pasado, onde dicía que defendía a actuación policial e, entre estas actuacións policiais, estaba a xa tristemente famosa imaxe un policía agredindo a unha xoven que pedía unha ambulancia polo movil.



Xosé Baqueiro non pode evitar investigar as denuncias contras os seus policías; policías que non se identifican, denegan auxilio, impiden a entrada a plenos, humillan a cidadáns, identifícannos sen motivación algunha e, incluso, ameazan.



Convidamos a que Xosé Baqueiro reciba a algunhas das persoas que denunciaron actitudes violentas ou impropias por parte da Policía e así poder valorar os distintos feitos acontecidos. Tamén convidamos a Xosé Baqueira a que responda debidamente ao “Defensor del Pueblo” para evitar que esta institución teña que reclamar, de forma reiterada, información precisa.

0 comentarios:

Publicar un comentario