Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O “Defensor del Pueblo” preguntará ao Ministerio Fiscal o motivo polo que non respondeu ao MPDC

Written By Virgulino on 8/3/04 | 12:34

O Fiscal Xefe de Galiza non respondeu ás solicitudes que o MPDC fixo para acceder ás Dilixencias Informativas abertas sobre as Cámaras de Vidovixilancia en Santiago de Compostela e sobre a denuncia contra Manuel Fraga, Xaime Pita, Jaime Mayor Oreja e o Concello de Muxia



O MPDC presentou dúas denuncias fronte o Fiscal Xefe de Galiza durante o ano 2003; unha delas ía dirixida a averiguar responsabilidades sobre as Cámaras de Videovixilancia instaladas en Santiago de Compostela e a segunda sobre declaracións de Manuel Fraga, Xaime Pita, Jaime Mayor Oreja e a actuación do Concello de Muxia durante a crise do Prestige.



A Fiscalía abriu Dilixencia Informativas en ambos casos e pechou ao pouco tempo sen facilitar documentación algunha ao MPDC. Por este motivo solicitamos por escrito a mencionada documentación, negándose novamente a Fiscalía a facilitala. Ante esta situación decidimos formular unha solicitude nas mesmas dependencias da Fiscalía, negándose esta a rexistra a solicitude.



Por todo esto o MPDC solicitou ao Inspector da Fiscalía Xeral do Estado a que abrira unha investigación. Esta investigación iniciouse baixo o número 63/03 pechándose tamén sen que a Inspección facilitara unha soa Documentación sobre os feitos investigados.



Hoxe o MPDC recibiu comunicación de María Luisa Cava de Llano y Carrió, Adjunta Primera del Defensor del Pueblo, quén asegura que solicitou un informe do Ministerio Fiscal, na orden de coñecer cal é a situación actual do expediente, asín como as previsión de resposta ao mesmo.



É de destacar a falta de transparencia que empaña as investigacións do Ministerio Fiscal, facendo imposible a averiguación por pare dos denunciantes das actuacións realizadas polo mesmo.

0 comentarios:

Publicar un comentario