Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MPDC presenta unha denuncia contra Fernández de Mesa

Written By Virgulino on 24/2/04 | 16:44

VIEIROS | DEREITOS CIVÍS



[24/02/2004 13:38] O Movimento polos Direitos Civís presentou unha denuncia no xulgado de Compostela contra Arsenio Fernández de Mesa por "vulneración dos dereitos á libre circulación, manifestación e concentración" durante a manifestación de Nunca Máis do 25 de xullo.



O MPDC recorre á vía xudicial por considerar que o delegado do goberno en Galiza "faltou á verdade" na súa explicación ao 'Defensor del Pueblo' sobre o comportamento das forzas de seguridade durante esa xornada.



Fernández de Mesa afirma na súa resposta aos requerimentos de información por parte do 'Defensor del Pueblo' que os funcionarios de policía instalados na Praza do Obradoiro o pasado 25 de Xullo, antes da concentración de Nunca Máis, se limitaron a "informar adecuadamente a diversos grupos de persoas (...) que a concentración que pretendían realizar estaba comunicada e autorizada a partir das 14:00 horas".



O Movemento polos Direitos Civís afirma, porén, que "durante o pasado 25 de Xullo, e antes da concentración de Nunca Máis, varias persoas viron como se lles impedía acceder á Praza do Obradoiro polo simple feito de lucir un autocolante ou levar unha bandeira. Este feito que foi recollido polos medios de comunicación, dos que hai fotos e, por suposto, testemuñas desembocou nunha agresión policial a un mozo que desexaba achergarse a un bar situado nun lateral da Praza do Obradoiro para encontrase cun amigo. Outras persoas foron agarradas pola lapela da chaqueta para impedir a súa entrada á Praza e mesmo membros da Plataforma Nunca Máis se lles impediu acceder ao Obradoiro para organizar o acto que estaba previsto e autorizado".



O Defensor del Pueblo, Enrique Múgica, comunicoulle ao MPDC que despois da resposta de Arsenio Fenández de Mesa non podía continuar coa investigación. Por esta razón, o MPDC recorre á vía xudicial.

0 comentarios:

Publicar un comentario