O Defensor del Pueblo fai unha valoración moi negativa das respostas de ambos os dous gobernos.
O Movimento Polos Direitos Civís informa que recibiu hoxe as valoracións do Defensor del Pueblo sobre as contestacións que recibiu dos gobernos de Galiza e do Estado Español verbo das recomendacións que esta institución formulou sobre os feitos relacionados co Prestige.
O “Defensor del Pueblo” en referencia a contestación Xunta, considera que se “a estas altura a evaluación interna da actuación da Xunta é aínda un tema a estudiar () non hai intención algunha de proceder a evaluación de oficio, ou por recomendación desta institución (Defensor del Pueblo)”.
Da contestación do Ministerio da Presidencia di que “a escueta resposta significa que as nosas recomendacións serán arquivadas e pasarán a un definitivo esquecemento, é dicir que non son aceptadas”.
O “Defensor del Pueblo” chega a xustificar os informe extraoficiais que se están dando a coñecer en base a que “a falta de investigación no seo da Xunta, malogradas as investigacións parlamentarias () a sociedade entón abrirase camiño con estudios semioficiais, particulares, etc... que acabarán formando o cadro omnicomprensivo, e porque non exhaustivo, da catástrofe e a súa xestión”.
Tamén considera que os poderes públicos non ofereceron unha “descrición, obxectiva, non partidista e rigoroso dos acontecementos...”
O MPDC considera que estas conclusión do Defensor del Pueblo, que han ser incluídas no seu informe anual, demostran a falta de respecto polas Institucións que son quen de demostrar o Goberno Galego e mais o do Estado Español; tamén entendemos que evidencia o profundo engano que están a vender á cidadanía, dicindo que se están a tomar medidas encanto o propio Defensor del Pueblo entende que as súas recomendación non son tidas en conta.
O MPDC, desta forma, volve denunciar a manipulación da información que recibimos, feito que vulnera claramente o artigo 20 da Constitución e busca o ocultamento dos problemas reais que estamos a sufrir.
Os Goberno de Galiza e do Estado non aceptan as recomendacións do Defensor del Pueblo sobre o Prestige
Written By Virgulino on 14/11/03 | 16:46
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario