Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Concello de Santiago non responde ás denuncias contras os seus axentes policiais.

Written By Virgulino on 16/10/03 | 9:43

En polo menos dúas denuncias, unha presentada por membros do MPDC e outra por un particular, o Concello de Santiago non se digna sequera a responder.



Nos pasados meses de Xullo e Setembro foron presentadas denuncias contras membros da policía local de Santiago de Compostela por actitude impropia de membros das forzas de seguridade; na primeira, presenta por un membro do MPDC acúsase a dous policías locais de Santiago de vulnerar as normas de circulación, non identificarse e obrigan a tres mozos a identificárense sen ningunha motivación; na segunda denuncia un veciño de Brión denuncia a un membro da policía local por increparlle, dar unha identificación falsa e ameazalo. Nas dúas ocasión os feitos foron postos en coñecemento do Concello de Santiago por medio de denuncias formais presentadas por escrito ante o Rexistro Xeral do Concello de Santiago sen que a data de hoxe obtiveran ningún tipo de resposta.



No primeiro caso dous policías saíron nunha viatura policial desde a Alameda e dirixíronse en dirección contraria ao Instituto Rosalia de Castro e estacionaron encima do paso de peóns para interceptar a 3 mozos aos que querían identificar (destacamos a desproporción da actuación, como se interceptara a un grupo de delincuentes), os mozos preguntáronlles porque lles querían identificar e eles responderon que para nada que só querían os seus dato. Ao non existir motivación para a identificación os mozos pediron a identificación aos Policía para comunicar á Comisaria este feito (que lles identificaban sen ningunha motivación aparente) sorprendentemente os Policía non levaban identificacións, motivo polo que os mozos chamaron á Policía Nacional para que levantara acta, motivo polo que se presentou a viatura C27 da Policía Nacional. No transcurso dos feitos un dos Policías dixo que non tiña obrigación de identificarse.



No segundo caso un veciño de Brión pretendía estacionar o seu coche nun garaxe e un policía local lle impediu o paso a esa rúa a pesar de ter permitido a entrada a outros vehículos antes e despois del. Houbo unha breve discusión na que o Policía Local lle dixo que “por aquí pasa quen me sae a mi dos coñóns”, motivo polo que lle pediu o número de placa ao Policía que, en resposta, increpoulle, identificouno e ameazouno; por último deulle un número de placa que resultou non existir. Ao denunciar os feitos en Comisaría lle facilitaron o número de placa do axente que se encontra na mencionada rúa durante naquel momento, despois de moitas insistencias, podendo presentar así a pertinente denuncia.

Volvemos a denunciar a falta de conexión do Concello de Santiago coa cidadanía, á que non responde a pesar de estar obrigado, e a actitude chulesca de membros da Policía Local.



Fronte a esta actitude oscurantista do Concello de Santiago non nos queda máis remedio que requirir por medio do Defensor do Pobo resposta ás denuncias presentadas, atrasando moito máis a investigación duns feitos que deberían de ser preocupación do própio grupo de Goberno de Compostela.

0 comentarios:

Publicar un comentario