Xa pasaron mais de tres meses desde que llo requerira José Ramón Vazquez Sande
O Movimento Polos Direitos Civís recibiu, o pasado día 10 de decembro do 2002, comunicación do Valedor do Pobo de que aceptaba a trámite a queixa que formularamos contra a Concellería de Tráfico de Santiago de Compostela por non responder petición que formulamo de retirada das cámaras de video-vixilancia por mor de que non cumplía os requisitos legais para a súa instalación. O pasado día 10 de Marzo, tres meses despois da que formulamos a queixa, o Valedor do pobo nos informa, a meio do escrito que se adxunta, que aínda non poido dictar resolución porque o Concello de Compostela non lle respondeu, motivo polo que “solicitamos novamente ó Concello de Santiago de Compostela o correspondente informe”.
Carlos Nieves non facilita a documentación requerida polo Valedor do Pobo sobre a petición de que se retire as video-cámaras.
Written By Virgulino on 6/3/03 | 10:40
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario