En liña coa denuncia formulada polo “Consejo de la Juventud” que deu a coñecer que durante o 3º trimestre do 2003 o prezo dos pisos subiron un 3,5% no Estado e o salario dos xoves só un 0,4%.
Durante o ano 2003 a vivenda subiu máis dun 10% en Galiza e a súa previsión para o ano 2004 é de subir alomenos un 8%. Isto dista moitos das subidas salariais que durante o ano 2003 foi de 3,84%, facendo cada vez máis difícil a adquisición dunha vivenda por parte da cidadanía.
A pesar de que os cidadáns galegos necesitan destinar un 40,4% dos seus ingresos anuais para poder pagar unha vivenda (no caso un xoven solteiro o 56,80%) o Vicepresidente Primeiro afirmou que con a penas o 26% do seu soldo un mozo ou moza xa se pode independizar.
Os datos de Rodrigo Rato contradise tan escandalosamente ás estatísticas do “Consejo de la Juventud” que non nos quedou máis remedio quee pedirlles, o pasado 13 de Febreiro, explicacións. Por este motivo remitimos unha petición, no exercicio do Dereito de Petición que recoñece a Constitución do Estado, para que o Vicepresidente Primeiro explicara as súas cifras.
O motivo polo que o MPDC se viu na obriga de intervir non foi outro que o feito de que a vivenda é un dereito recoñecido no artigo 47 da CE, este dereito como tantos outros son ignorados de forma sistemática polos políticos que só recorren á Constitución para xustificar políticas que a eles lles interesa.
O MPDC esixiu ao Vicepresidente Primeiro que explicara como é posible que un xoven compre unha vivenda có 26% do seu salario
Written By Virgulino on 1/1/70 | 1:00
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario