Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Logo de graves vulneracións, Fenosa remite os documentos solicitados polo MpDC

Written By MpDC on 30/11/09 | 11:57

O Movemento polos dereitos Cívis vén de coñecer que a empresa Unión Fenosa por fin cumpriu coa lei -logo de cometer graves vulneracións dos dereitos das persoas- e remitiu as gravacións soliticadas polo colectivo Até hoxe, a dita entidade impedía a Xosé Renato Núñez Da Silva o acceso aos ficheros ou soportes de voz desta empresa.

Desde fai un ano o MpDC reclama que Unión Fenosa cumpra o seu dereito de atender debidamente aos seus usuarios e facilite, daquela, o acceso aos seus ficheiros de voz. Desde o MpDC enténdese este feito como un abuso aos dereitos dos consumidores e como unha vulneración máis que flagrante da Lei de protección de datos, que teñen por lei razón a solicitar toda documentación que lles poida involucrar ou interesar.

Logo da presión exercida polo propio colectivo e pola Agencia Española de Proteción de Datos, que no seu escrito recorda que todos os usuarios teñen dereito a solicitar e obter gratuitamente información dos seus datos de carácter persoal sometidos a tratamento, así como as comunicacións realizadas coas entidades, Fenosa pareceu reaccionar e dar así cumprimento á legalidade.

O pasado 14 de novembro de 2008 D. Xosé Renato Núñez solicitou o acceso aos ficheiros das súas conversas telefónicas mantidas o mércores 12 de novembro contidas nos arquivos da entidade Unión Fenosa.

Sen recibir resposta algunha por parte da empresa eléctrica o afectado decidiu reclamar ante a AEPD. Despois da intervención da Agencia, Unión Fenosa respondeu afirmando que a solicitude do interesado adoecía de defectos de forma. Subsanado o erro, o solicitante segue sen ter acceso á súa conversa de voz.

Máis unha vez o Movemento polos Dereitos Civís critica a desidia coa que actuou Fenosa tendo en conta que, como é sabido, a lei é moi clara no que ten que ver co dereito de acceso destas conversas. O MpDC lamenta unha vez máis a desprotección do cliente e quéixase tamén das voltas que este ten que dar, arroupado por colectivos e institucións para ver recoñecidos os seus dereitos.

1 comentarios:

an dijo...

É o que ocorre cando fas un agasallo coa venda da túa compañía estrela e mandas os centros de atención ó cliente a tomar por sacos.

Logo virá Gas Natural, dicindo que mantén a galeguidade da compañía, etc...

Publicar un comentario