- Foi sancionada con 40.001€ polas cámaras que ten instaladas no exterior do seu edificioo na Coruña
- IKEA recoñecera as irregularidades
- As modficacións realizadas por IKEA para cumplir a normativa non foron comprobadas
- As cámaras foron instaladas por IDOM e son utilizadas por PROSEGUR.
- O MpDC non dispón de medios para personarse na Audiencia Nacional
Una
ano e cinco meses depois de que se presentara a denuncia, a Axencia
Española de Protección de Datos sancionou a IKEA cunha cantidade
simbólica pola instalación de cámaras de videovixiancia que graban á vía
pública. Foron 40.001€ que a multinacional deberá pagar ao recoñecer que a
instalación que realizou vulnera a normativa sobre protección de datos.
Sin
embargo IKEA falseou información para evitar outras sancións. Cando se
realizou a denuncia non existía ningunha sinal de zona videovixiada en
todo o novo edificio da multinacional. Ao preguntar a Axencia Española
de Protección de Datos por ese extremo, IKEA presentou fotos de sinais
colocadas a posteriori.
As modificacións realizadas por IKEA
para cumplir a normativa non convenceron a AXPD e consisten en pixeladas
e reorientacións das cámara que poden ser perfectamente reubicada e
recolodadas na súa situación inicial e que deron lugar á sanción, motivo
polo que o MpDC considera que non existe garantías de que non se volva a
incumplir a normativa e por en perigo os dereitos recollidos no titulo I
da CE.
A pesar de todo isto, Ikea ven de acudir á Audiencia Nacional en contra da sanción que lle aplicou a AXPD. O MpDC tivo coñecemento deste extremo ao recibir información para personarse perante a Audiencia Naciona. Lamentable o MpDC non dispón de medios suficientes e non poderrá acudir a esa instancia.
Seguir lendo