O MpDC é unha asociación sin ánimo de lucro. Si queres colaborar co seu mantemento podes facer unha doazón con tarxeta de crédito clicando abaixo
Cargando...

27/12/11

O Delegado do Goberno "non considerou oportuno convocar ningunha reunión do Consello Autonómico de Seguridade Cidadá" en 4 anos



  • A Delegación do Goberno ven de contestar despois de varios anos e queixas ao Defensor del Pueblo e a Comisión de Petición do Congreso.
  • O Consello Autonómico de Seguridade Cidadá non se reune desde a súa consitución
  • Durante ese periodo o Papa visitou Galiza, houbo un ano Xacobeo e multitudes de controles en Santiago en previsión de posibles atentados.

No ano 2007 o Delegado do Goberno, Manuel Ameijeiras, anunciara con grandilocuencia a creación dun organismo de consulta, destinado a converterse nun órgano de participación cidadá no que estarían representados os actores sociais máis importantes do país e que serviría para trazar os programas e estratexias autonómicas en materia de seguridade.

Logo da súa consitución en febreiro do 2007 este organismo gozou dunha total ausencia de actividade marxinando a participación da sociedade na seguridade, por exemplo, do Concello de Santiago de cara ao Xacobeo.

O MpDC considera que foi unha manobra das institucións para evitar que as persoas concienciadas e preocupadas polos dereitos civís se vexan apartadas do seu cometido podendo campar así a administración ás súas anchas. Por ese motivo dirixiuse á Delegación do Goberno para saber porque non se convocaba o mencionado Consello. Os distintos Delegados do Goberno negáronse a contestar, e foi por medio do Defensor del Pueblo e da Comisión de Peticións do Congreso polo que o MpDC ven a recibir unha contestación na que se informa que "comunico que o Delegado do Goberno non considerou oportuno convocor ningunha reunión do citado Consello Autonómico de Seguridade Cidadá".

Así as cousas, a existencia do Consello Autonómico revélase como unha pantomima creada para dar unha aparencia de diálogo e participación cidadá nas cuestións da seguranza, aínda que na realidade non sexa máis ca un organismo baleiro de contido. Outra vez, batemos contra a indiferenza da administración nun asunto tan relevante como a planificación das actuacións en materia de seguridade cidadá, relegando até o inexistente a participación da sociedade e impóndo a arbitrariedade e a dominación.

Por último o MpDC pregunta ao novo Delegado do Goberno que se nombre si pensa convocar este Consello nalgún momento.
ler o resto do texto

25/12/11

Noticias da prensa - Concluyen las obras del sistema de videovigilancia del polígono industrial de Toedo

ler o resto do texto

Noticias da prensa - Ya son 100 los policías locales de Lugo imputados por retirar ... - La Voz de Galicia

ler o resto do texto

Noticias da prensa - Concluyen las obras del sistema de videovigilancia del polígono ... - La Voz de Galicia

ler o resto do texto

14/12/11

O "Defensor del Pueblo" considera que non houbo ningunha irregularidade na falta de auxilio a unha cidadá


  • 46 persoas pediron ao Defensor del Pueblo que recticara e pedira explicacións á Policía Nacional sobres os motivos polo que os axentes non auxiliaron a cidadá que estaba desmaiada no chán.
O MpDC pidira que se alcara si a falta de auxilio por parte dos axentes á cidadán que estaba no chán fora irregular xa que os corpos de seguridade están obrigados a auxiliara aos cidadáns.

María Luisa Cava de llano y Carrió, contestou que "se analizó detenidamene la grabación objeto de la queja, estudiándose detenidamente los comportamientos, tanto de los agentes de la Policía Nacional, como del público congregado en las calles, sin que de la actuación de los agentes de seguridad, valoradas y ponderadas las circuntstancias concurrentes, pudiera entenderse que no se hubieran respetado los principios básicos  de actuación de los miembros de las Fuerzas de Seguridad".




ler o resto do texto

13/12/11

Unha resolución de Protección de Datos considera que unha cámara que enfoca á vía pública está vixiando unha zona privada.

O MpDC ven de facerse eco dunha nova resolución neglixente da Axencia Española de Protección de Datos. Nesta nova ocasión a autoridade que vela pola Protección de Datos no Estado Español ven de consdierar que as cámaras do Hotel Monumento San Francisco, que enfocan directamente á vía pública, está vixiando a súa propiedade. Esta conclusión, que é totalmente erronea, está fundamentada nas fotos presesntadas polo Hotel Monumento e que Protección de Datos considerou probatorias. Unha actitude denota parcialidade no análise da información presentada pois o MpDC varias fotos, de distintos días, nas que se pode ver como a cámara enfoca á vía pública, algo que está restrinxido aos Corpos de Forzas de Seguridade con autorización da Delegación do Goberno. Ademais no Street View, ferramento que non se pode dicir que teña ningún interese na denuncia, pódse ver perfectamente como a cámara non enfoca ao Hotel Monumento San Francisco.

Por outro lado, o MpDC xa no tivo en conta que a Axencia Española de Protección de Datos afirma que a zona dispón de información de zona videovixiada cando no momento da denuncia non no tiña, como se pode comprobar nas imaxes remitidas, e que foron colocadas despois da denuncia.

Xustificacións para a videovixiancia
O Hotel Monumento San Francisco afirma que o seu sistema de videovixiancia está instaldao pola alarma social que provoca nos seus clientes o feito de que, fai máis de 10 anos, detiveránse posibles membros de ETA na Rúa dos Castiñeiros. Cabe lembrar que Santiago de Compostela é unha das cidades máis tranquilas do Estado segundo a Delegación do Goberno.

Resolución de la AGPD: https://docs.google.com/open?id=0B2ieTJWa-bgDN2JiZTYxNmItNzRhNy00ZDRkLTg0NDQtMjY5ZDg3MDE3YzU3

Fotos de la Cámara

Contacto: 697158861

ler o resto do texto
__________________
__________________

Subvencionado pola Deputación da Coruña
Loading...
Cámara hotel monumento
Han actuado 0 personas
Nos faltan 0 firmas

Actúa ahora

Tu nombre
Tu apellido
Tu correo-e
Cód. Postal

Cámaras de Galiza


Ver Cámaras de Galiza en un mapa más grande

Videos do Youtube