O MpDC é unha asociación sin ánimo de lucro. Si queres colaborar co seu mantemento podes facer unha doazón con tarxeta de crédito clicando abaixo
Cargando...

31/08/11

O Concello de Vigo nega que a cámara da Praza da Pedra estea funcionando

·         A zona está sinalada como videovixiada
·         Na sinal advírtese que o responsable das gravacións é o Concello de Vigo


O Concello de Vigo ven de negar que a cámara da Praza da Pedra estea funcionando a pesar de que exista sinal de zona videovixiada e que na mesma se sinale ao Concello de Vigo como responsable das imaxes gravadas. A área de patrimonio do Concello ven de afirmar que está tramitando coa Axencia Española de Protección de Datos o rexistro de gravacións que obriga a lexislación vixente. Nembargante, non consta que o Concello de Vigo teña autorización da Delegación do Goberno para instalar cámaras na rúa.

Unha vez máis as administracións veñen de obviar a lexislación vixente e enganan a cidadanía facendo crer cousas que non son certas. Até este  momentos os veciños e veciñas da zona da Pedra pensaban que a zona estaba vixiada e que gozaban da seguridade subxectiva que estas outorgan. A realidade, de ser realidade, era moi distintas; a cámara non funciona e no caso de existir un roubo ou acto vandálico na zona non quedaría constancia en ningún lugar.

Renato Nüñez, voceiro do MpDC, pensa que a realidade é moi distintas. Nos anos que a asociación ven funcionando, son numerosas as veces nas que os denunciados afirman que as cámaras non funcionan. Isto se debe a que non dispoñen das autorizacións necesarias e para evitar sancións, afirman que as cámaras non funcionan. Neste caso o Concello de Vigo non dispón de autorización para a instalación das cámaras ni ten rexistro de gravacións perante a Axencia Española de Protección de Datos.

O MpDC xa preguntou a AXPD si é certo que se está tramitando o rexistro de gravacións e á Delegación do Goberno si o Concello de Vigo solicitou a autorización para a instalación da cámara.

ler o resto do texto

22/08/11

O Concello de Compostela segue sen cumprir a Ordenanza de Publicidade Estática a pesar da recomendación do "Defensor del Pueblo"

•             As obras seguen sen espazos para a comunicación social

•             O Concello non habilitou máis paneis para a colocación de carteis

•             O MpDC comunicou ao “Defensor del Pueblo” este feito

 

"Que se adopten de inmediato las medidas precisas para dar el exacto cumplimiento a las previsiones de los dos primeros párrafos del artículo 4 de la Ordenanza de Publicidad Estática y Dinámica aprobada por el Pleno municipal el 25 de noviembre de 2004, tanto en lo referido a la habilitación en la via pública, en lugares frecuentados, de soportes adecuados y en número suficiente para posibilitar la colocación en ellos de carteles o anuncios para su utilización para la comunicación social, como en lo relativo a la vigilancia del cumplimiento por parte de los promotores de obras de habilitar espacios específicos en las vallas de protección de las mismas para la colocación de carteles o anuncios, espacios que según determina la Ordenanza deberán estar perfectamente identificados y, en todo caso, contar en lugar visible con el rótulo «Espacio destinado a la comunicación social»,"

 

Despois de cinco anos investigación, no que o Concello de Compostela enganou en distintas ocasións ao Defensor do Pobo para que pechara a investigación, a Institución estatal formulou esta contundente recomendación que viña a recoñecer as continuas denuncias formuladas polo MpDC. Nembargantes, pasado xa dous meses, o Concello de Compostela aínda non deu cumprimento ás recomendación do “Defensor del Pueblo”. Por este motivo o MpDC volveuse a por en contacto co “Defensor del Pueblo” e comunicoulle que a día de hoxe se sigue sen cumprir as súas recomendacións. Para Renato Núñez, voceiro do MPDC, esta é unha nova demostración da impunidade coa que as Administracións incumpren as normativas vixentes mentres os cidadáns teñen verdadeiras dificultades para conseguir que se recoñeza a aplicación manifestamente incorrecta das mesmas normativas.

 

Un proceso de cinco anos

 

 No escrito onde argumenta a recomendación, o Defensor fai un repaso a todo o proceso que se iniciou a principios do 2006 e no que o Concello contestou que “a pesar del grado de dificultad que suponia encajar todos los intereses en presencia (constructores, promotores e interesados en la plasmación gráfica o escrita de sus ideas) se estaba procurando el cumplimiento del precepto en cuestión, "vigilando en particular la colocación de las vallas de libre expresión"” e engadiu que se estaban instalando 18 paneis de libre expresión. A finais do 2006 o Concello decidiu que, para cumprir a ordenanza “procedería a trasladar su contenido a la Federación Gallega de la Construcción para la difusión entre sus asociados”

 

Un ano despois, ningunha obra do Concello de Compostela contaba cós espazos habilitados para a comunicación social e ningún promotor fora sancionado por incumprir a ordenanza, o que motivou unha nova intervención do Defensor do Pobo. Sete meses despois do requirimento do Defensor do Pobo o Concello contesta que non existía ningún expediente sancionador aberto contra as empresas que incumprían a ordenanza. A raíz diso o Defensor do Pobo volve a dirixirse ao Concello e lembra que o MpDC gañara un xuízo no que condenaba ao Concello a "instalar espacios de comunicación social en número suficiente y habilitar los vallados de protección de las obras, para la colocación de carteles y anuncios". O Concello de Compostela contestou que consideraba que xa cumpría debidamente coa ordenanza.

 

O Defensor do Pobo chegou a conclusión  de que, de“todos los informes recibidos durante los cuatro años que llevaba la queja en tramitación se podia deducir un incumplimiento generalizado por parte de las empresas constructoras de la obligación de habilitar espacios especificos en las vallas de protección de las obras para la colocación de carteles y anuncios de comunicación social, tal y como sostenían los promotores de la queja”

 

 Múgica, fixo unha nova petición ao Concello que non foi respondida e que deu lugar a seguinte recomendación: "Que se establezcan las medidas de control y vigilancia del cumplimiento de la obligación que incumbe a las empresas constructoras, de habilitar los vallados de protección de las obras para la colocación de carteles y anuncios destinados a la comunicación social."       

 

O Defensor do Pobo conclúe que nos “informes no se daba una respuesta precisa a las cuestiones planteadas en la queja, limitándose la Alcaldia de Santiago de Compostela a trasladar unos informes de otros servicios del Ayuntamiento que no aclaraban nada sobre las cuestiones planteadas, y sin incluir manifestación alguna sobre el parecer del máximo órgano de la Corporación sobre un problema que llevaba coleando desde el año 2005,” e Múgica viuse na obriga de recordar a Alcaldía de Compostela que incumpría có deber legal de colaboración preferente con esa institución.

 

O escrito sigue con varios desatinos máis que o Defensor considera demostrado, como o feito de que o Concello considera “que queda expresamente prohibido la colocación de carteles en paredes y vallados en el ámbito de interior del perímetro murado del casco histórico” mentres a ordenanza di  que "No se autorizará la fijación de carteles o anuncios en edificios y zonas declaradas como histórico artísticos ni en elementos integrantes del mobiliario urbano que no se habiliten expresamente para esta actividad", sin que o Concello habilitara ningún espazo en toda a zona mencionada.

 

Tamén lembra que xa desapareceu o 25% dos espazos habilitados para a colocación de carteis e que o Concello insiste en que instalou 17 paneis cando ao Tribunal Superior de Xustiza de Galiza afirmaba que eran 18. Por outro lado o Defensor do Pobo tamén lembra que se denunciaron expedientes sancionadores abertos polo Concello pola colocación de carteis en espazos permitidos pola ordenanza.

 

A Institución estatal remata afirmando que “las manifestaciones de los promotores de la queja, avaladas por numerosas fotografias. que no han sido desvirtuadas por los informes de esa Corporación, se desprende que esta obligación de vigilancia del cumplimiento del apartado referido en el párrafo anterior viene siendo incumplida sistemáticamente.”

 

 O MpDC considera que queda claro que tiña razón pero que esta resolución chega, lamentablemente, tarde e  que os encargados de asumir a responsabilidade dos incumprimentos de Bugallo van ser outros dos que non se espera un millor talante.

ler o resto do texto

21/08/11

Solicita ao Concello de Compostela que cumpra coa Ordenanza de Publicidade Estática

Images[2]
Actuaron 0 persoas
Fáltannos 0 Asinaturas

Actúa agora

Nome
Apelidos
Correo-e
Cód. Postal
ler o resto do texto

10/08/11

Proteción de Datos abre expediente a un colexio que gravou unha explosión

    O Colexio negou a Protección de Datos que as cámaras graven
    As imaxes foron entregadas aos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado

Protección de Datos ven de abrir un novo expediente por gravación da vía pública en Galiza. Nesta ocasión a AGPD investiga a un colexio de Vigo que ten dúas cámaras de videovixiancia gravando a rúa. A noticias saltou en xuño do 2009 cando foron titulares de toda Galiza que as cámaras do Colexio gravaran unha explosión nunha sucursal de Caixa Galicia. A AGPD abriu investigación e comprobou que as cámaras enfocan á vía pública, non contan con avisos de zona videovxiada e non teñen rexistro de gravación informado á AGPD.

En resposta ás investigacións da AGPD o colexio alegou que as cámaras funcionan como videoportero e non gravan. Algo que entra en contradición co feito de que o colexio entregou gravacións á Policía para investigar a explosión

A Nula efectividade da videovixiancia

Renato Núñez, voceiro do MpDC, quere lembrar da nula efectividade destes dispositivos que semellan seren máis útiles como elemento de entretemento, ao seren utilizados polos medios de comunicación para amosar imaxes violentas, que efectivo ao non evitaren os delitos como pasou recentemente en Compostela co Códice Calixtino ou co roubo, xa en dúas ocasións, da placa conmemorativa do Premio Príncipe de Asturias ao Camiño de Santiago.

Outros expedientes recentes

Axencia Española de Protección de Datos ven acumulando varios procedimentos sancionadores en Galiza, a raíz das denuncias do MpDC: IKEA de A Coruña, o Concello de CEE, o Consello de Contas e o Hotel Monumento San Francisco de Santiago de Compostela.
ler o resto do texto

05/08/11

O Defensor del Pueblo abre expediente ao Concello de Pontedeume para que aclare a efectividade da videovixiancia

• Concello de Pontedeume non é capaz de aclarar onde constatou a eficacia da videovixiancia
• MpDC entende que se busca enganar á cidadanía

No mes de Abril, novamente, o Movemento polos Dereitos Civís presentou solicitude de información ao Concello de Pontedeume sobre onde constatou que en países de Europa e no Estado Español  se puido comprobar a eficacia da videovixiancia. Esta petición ven formulada a raíz dunhas declaracións realizadas polo Concellal responsable da Seguridade dese municipio en febreiro do 2010. O Concello de Pontedeume afirmaba que coa instalación das cámaras aforrará nos gastos de arranxos derivados dos actos vandálicos ao igual que sucede, segundo o alcalde de Pontedeume, noutros países de Europa e outras zonas de España onde está medida "está funcionando".  A raíz daquelas declaracións o Valedor do Pobo llo solicitou en seis ocasións, ao Concello de Pontedeume, sin conseguir que este aclarara a fonte das súas afirmacións.

A experiencia do MpDC di que as cámaras resultaron de moi dubidosa utilidade noutras cidades e concellos galegos, e neste asunto que nos ocupa, as cámaras servirían como moito para identificar aos culpables e de ningún xeito para evitar o roubo ou desperfectos nas mesmas. Un reportaxe recente da Televisión de Castela e León mostrou como o vandalismo segue aumentando despois da instalación de videocámaras en Salamanca.
ler o resto do texto
__________________
__________________

Subvencionado pola Deputación da Coruña
Loading...
Cámara hotel monumento
Han actuado 0 personas
Nos faltan 0 firmas

Actúa ahora

Tu nombre
Tu apellido
Tu correo-e
Cód. Postal

Cámaras de Galiza


Ver Cámaras de Galiza en un mapa más grande

Videos do Youtube