O MpDC é unha asociación sin ánimo de lucro. Si queres colaborar co seu mantemento podes facer unha doazón con tarxeta de crédito clicando abaixo
Cargando...

28/07/11

Protección de Datos abre expediente sancinador ao Hotel Monumento San Francisco polas súas cámaras de videovixiancia

  • Hotel ten cámaras que enfocan directamente á rúa
  • A Axencia Española de Protección de Datos verificou que polo menos unha cámara capta imaxes da vía pública

A Axencia Española de Protección de Datos ven acumulando varios procedimentos sancionadores en Galiza, a raíz das denuncias do MpDC. Despois da Sanción a IKEA, o Concello de CEE e o Consello de Contas é a vez do Hotel Monumento San Fracisco de Santiago de Compostela.

Novamente a AXPD ven de comprobar que se están grabando as vías públicas cando está prohibida pola lexislación vixente. Esta vixiancia só está permitida aos Corpos de Forzas de Seguridade do Estado, contando con medios dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado.

No Caso do Hotel Monumento San Francisco a AGPD abriu “ACUERDO DE INICIO DE PROCEDIMIENTO DE DECLARACiÓN DE INFRACCiÓN DE ADMINISTRACIONES PÚBLICAS”, algo que permitiría ao Hotel non ser sancionado pois as administracións públicas non son sancionadas. O MpDC considera que isto é un error e vai solicitar á AXPD que abra expediente de sancionador.

Renato Núñez, voceiro do MpDC, quere lembrar da nula efectividade destes dispositivos que semellan seren máis útiles como elemento de entretemento, ao seren utilizados polos medios de comunicación para amosar imaxes violentas, que efectivo ao non evitaren os delitos como pasou recentemente en Compostela có Códice Calixtno ou có roubo, xa en dúas ocasións, da placa conmemorativa do Premio Príncipe de Asturias ao Camiño de Santiago.

Resolución Completa: https://docs.google.com/viewer?a=v&pid=explorer&chrome=true&srcid=0B5Q0GLSuESpuNzYzMzUwMzUtYjZmNy00NzgxLTkxNzUtZmQ1M2VjYTc2ZWNh&hl=es

ler o resto do texto

18/07/11

Protección de Datos propón sanción a IKEA polas súas cámaras de videovixiancia

· Acorda inicio de procedemento sancionador porque as cámaras captan imaxes da vía pública
· Ikea conta con 126 cámaras no interior e 17 no exterior
· O MpDC denunciou as cámaras en agosto do 2010

Ikea de A Coruña terá que facer fronte a unha expediente sancionador polo que se lle reclama unha cantidade de que vai desde os 40.001 aos 300.000€ por ter cámaras de videovixiancia que estaban enfocando á vía pública. A pesar de que a normativa actual é moito máis permisiva en todo o relacionado coa videovixiancia, a AGPD considera que IKEA ten varias cámaras enfocando á vía pública e polo tanto non se debería aplicar os atenuantes.
ler o resto do texto

O Valedor do Pobo considera que o copago e as privatizacións non afectan ao estado de benestar. Asina para que rectifique.

ler o resto do texto

16/07/11

MpDC na Prensa: Reclaman que las cámaras de vigilancia de la plaza del Humor sean eliminadas

Reclaman que las cámaras de vigilancia de la plaza del Humor sean eliminadas

Movimiento polos Dereitos Civís asegura que las cámaras instaladas en la plaza del Humor son ilegales. En un comunicado manifiestan que el Defensor do Pobo acaba de comunicarles que “se lle retirou ao Concello as autorizacións para as cámaras de videovixiancia” tanto en la plaza como en el mercado de San Agustín y adyacentes.

El movimiento presentó ante la Delegación del Gobierno y el Defensor do Pobo un informe sobre “a inutilidade das mesmas para evitar o botellón” y un cronograma sobre las “ilegalidades” que se cometieron en su instalación.

En este punto afirman que la Delegación del Gobierno “limitouse a informar de que as cámaras se instalan segundo os criterios da Comisión de Garantías de Videovixiancia” pero no destacó nada sobre la situación de las mismas, según explican desde la agrupación Dereitos Civís.

Sin embargo, el Defensor do Pobo sí logró una aclaración de la situación de la videovigilancia en esta zona por parte de la Delegación del Gobierno, según subrayan desde la asociación. “Enl a última resolución de la Delegación del Gobierno de renovación de autorización de instalación de las videocámaras a las que se refiere su escrito, ya se han excluido las cámaras que se habían instalado para el control del botellón”, señaló el Defensor do Pobo.

Sobre este aspecto, el movimiento decidió reclamar de nuevo a la Delegación del Gobierno información sobre las cámaras y le han contestado que se “exclúe a renovación de instalación de vídeo” en la zona.

A juicio de la asociación, esta decisión desmuestra las afirmaciones de la entidad de que las cámaras de vigilancia “non teñen o suposto efecto disuasorio que se lle atribúe” y solicitarán la retirada de las cámaras en la estación de buses y el consistorio.
ler o resto do texto

15/07/11

A Praza do Humor o Mercado de San Agustín e adxacentes quedáronse sen cámaras de videovixiancia

·         MpDC pedira que se retiraran as cámaras por amosarse inútil contra o botellón.

·         A Delegación do Goberno non quixo facilitar información sobre as cámaras e foi o Defensor del Pueblo quen informou sobre a súa retirada

·         O concello foi sancionados pola instalación ilegal das cámaras

 

Por fin a Delegación do Goberno ven de confirmar que se lle retirou as autorizacións paras as cámaras de videovixiancia da Praza do Humor do Mercado de San Agustín e adxacentes. O MpDC solicitara en repetidas ocasións a retirada das mencionadas cámaras por amosárense inútiles para evitar o botellón, motivo para o que supostamente estaban instaladas. Tanto é así que O Movemento polos Dereitos Civís presentou un informe cronolóxico sobre as ilegalidades que se cometeu na instalación das cámaras ao Defensor del Pueblo e á Delegación do Goberno e outro informe sobre a inutilidade das mesmas para evitar o botellón. A Delegación do Goberno limitouse a informas de que as cámaras se instalan segundo os criterios da Comisión de Garantías de Videovixiancia (autoridade que valora a corrección da instalación destes dispositivos) pero non informaron sobre a situación das mesmas. Foi o Defensor del Pueblo quen, despois de solicitar que a Delegación do Goberno aclarara a situación das cámaras, quen informou ao MpDC de que “en la última resolución, que se acompaña, de la Delegación del Gobierno en Galicia de renovación de autorización de instalación de las videocámaras a las que se refiere su escrito, ya se han excluido las cámaras que se habían instalado para el control del botellón”

 

En base a isto o MpDC volveu a reclamar a Delegación do Goberno que informara sobre si accedera a retirar as mencionadas cámaras. A autoridade estatal ven de contestar neste mes de Xullo que “a Delegación do Goberno en Galicia exclúe da renovación de instalación de vídeo cámaras as correspondentes a praza do Humor, mercado de San Agustín e adxacentes”

 

Esta decisión ven a demostrar as afirmación que o MpDC leva anos realizando; que as cámaras de videovixiancia non teñen o suposto efecto disuasorio que se lle atribúe. O Concello solicitou a instalación das mesma para acabar có botellón ao afirmar que os xovens non se reunirían na Praza do Humor si esta estivera vixiada por cámaras de seguridade. Non só non foi así, si non que o Concello tivo que declarar as zonas de botellón como zonas de especial protección, notándose entón unha redución das concentración de persoas para beber na rúa. No transcurso dese período déronse situacións realmente tensas como cando un policía local disparou contra o chan ao verse rodeado por varias persoas sen que as cámaras amosaran a máis mínima eficacia como elemento disuasorio.

 

O MpDC seguirá adiante coas reclamacións contra as demais cámaras que seguen instaladas:

 

·         Estación de autobuses; autorizadas o 19 de xaneiro

·         Casas consistoriais, servizos económicos da rúa da Franxa e edificio da policía local; autorizadas o 31 de marzo

·         Garaxe dos coches policiais; autorizadas o 31 de marzo

 

 

ler o resto do texto

01/07/11

A Defensora do Pobo "recomenda" ao Concello de Compostela que cumpla a Ordenanza de Publicidade Estática

"Que se adopten de inmediato las medidas precisas para dar exacto cumplimiento a las previsiones de los dos primeros párrafos del artículo 4 de la Ordenanza de Publicidad Estática y Dinámica aprobada por el Pleno municipal el 25 de noviembre de 2004, tanto en lo referido a la habilitación en la via pública, en lugares frecuentados, de soportes adecuados y en número suficiente para posibilitar la colocación en ellos de carteles o anuncios para su utilización para la comunicación social, como en lo relativo a la vigilancia del cumplimiento por parte de los promotores de obras de habilitar espacios específicos en las vallas de protección de las mismas para la colocación de carteles o anuncios, espacios que según determina la Ordenanza deberán estar perfectamente identificados y, en todo caso, contar en lugar visible con el rótulo «Espacio destinado a la comunicación social»,"

 

Despois de cinco anos investigación, no que o Concello de Compostela enganou en distintas ociasións ao Defensor do Pobo para que pechara a investigación, a Institución estatal ven de formula esta contudente recomendación que ven a recoñecer as continuas denuncias formuladas polo MpDC. No escrito onde argumenta a recomendación, o Defensor fai un repaso a todo o proceso que se iniciou a principios do 2006 e no que o Concello contestou que “a pesar del grado de dificultad que suponia encajar todos los intereses en presencia (constructores, promotores e interesados en la plasmación gráfica o escrita de sus ideas) se estaba procurando el cumplimiento del precepto en cuestión, "vigilando en particular la colocación de las vallas de libre expresión"” e engadiu que se estaban instalando 18 paneis de libre expresión. A finais do 2006 o Concello decidiu que, para cumplir a ordenanza “procedería a trasladar su contenido a la Federación Gallega de la Construcción para la difusión entre sus asociados”

 

Un ano despois, ningunha obra do Concello de Compostela contaba cós espazos habilitados para a comunicación social e ningún promotor fora sancionado por incumprir a ordenanza, o que motivou unha nova intervención do Defensor do Pobo. Sete meses despois do requirimento do Defensor do Pobo o Concello contesta que non existía ningún expediente sancionador aberto contra as empresas que incumprían a ordenanza. A raíz diso o Defensor do Pobo volve a dirixirse ao Concello e lembra que o MpDC gañara un xuízo no que condenaba ao Concello a "instalar espacios de comunicación social en número suficiente y habilitar los vallados de protección de las obras, para la colocación de carteles y anuncios". O Concello de Compostela contestou que consideraba que xa cumpría debidamente coa ordenanza.

 

O Defensor do Pobo chegou a conclusión  de que, de“todos los informes recibidos durante los cuatro años que llevaba la queja en tramitación se podia deducir un incumplimiento generalizado por parte de las empresas constructoras de la obligación de habilitar espacios especificos en las vallas de protección de las obras para la colocación de carteles y anuncios de comunicación social, tal y como sostenían los promotores de la queja”

 

Múgica, fixo unha nova petición ao Concello que non foi respondida e que deu lugar a seguinte recomendación: "Que se establezcan las medidas de control y vigilancia del cumplimiento de la obligación que incumbe a las empresas constructoras, de habilitar los vallados de protección de las obras para la colocación de carteles y anuncios destinados a la comunicación social."

               

O Defensor do Pobo conclúe que nos “informes no se daba una respuesta precisa a las cuestiones planteadas en la queja, limitándose la Alcaldia de Santiago de Compostela a trasladar unos informes de otros servicios del Ayuntamiento que no aclaraban nada sobre las cuestiones planteadas, y sin incluir manifestación alguna sobre el parecer del máximo órgano de la Corporación sobre un problema que llevaba coleando desde el año 2005,” e Múgica viuse na obriga de recordar a Alcaldía de Compostela que incumpría có deber legal de colaboración preferente con esa institución.

 

O escrito sigue con varios desatinos máis que o Defensor considera demostrado, como o feito de que o Concello considera “que queda expresamente prohibido la colocación de carteles en paredes y vallados en el ámbito de interior del perímetro murado del casco histórico” mentres a ordenanza di  que "No se autorizará la fijación de carteles o anuncios en edificios y zonas declaradas como histórico artísticos ni en elementos integrantes del mobiliario urbano que no se habiliten expresamente para esta actividad", sin que o Concello habilitara ningún espazo en toda a zona mencionada.

 

Tamén lembra que xa desapareceu o 25% dos espazos habilitados para a colocación de carteis e que o Concello insiste en que instalou 17 paneis cando ao Tribunal Superior de Xustiza de Galiza afirmaba que eran 18. Por outro lado o Defensor do Pobo tamén lembra que se denunciaron expedientes sancionadores abertos polo Concello pola colocación de carteis en espazos permitidos pola ordenanza.

 

A Institución estala remata afirmando que “las manifestaciones de los promotores de la queja, avaladas por numerosas fotografias. que no han sido desvirtuadas por los informes de esa Corporación, se desprende que esta obligación de vigilancia del cumplimiento del apartado referido en el párrafo anterior viene siendo incumplida sistemáticamente.”

 

O MpDC considera que queda claro que tiña razón pero que esta resolución chega, lamentablemente, tarde e  que os encargados de asumir a responsabilidade dos incumprimentos de Bugallo van ser outros dos que non se espera un millor talante.

 

Permisos para megafonear

 

O Alcalde de Compostela remata o seu mandato negando, novamente, e é a cuarta vez, a autorización para que a CIG poida megafonear unha manifestación. Nas tres veces anteriores o Xulgado Contencioso Administración acabou obrigando ao Concello que permitira a megafonía. Unha nova demostración do mal perder e do carácter represivo do antigo Alcalde de Compostela

 

 

 

 

 

ler o resto do texto
__________________
__________________

Subvencionado pola Deputación da Coruña
Loading...
Cámara hotel monumento
Han actuado 0 personas
Nos faltan 0 firmas

Actúa ahora

Tu nombre
Tu apellido
Tu correo-e
Cód. Postal

Cámaras de Galiza


Ver Cámaras de Galiza en un mapa más grande

Videos do Youtube