O MpDC é unha asociación sin ánimo de lucro. Si queres colaborar co seu mantemento podes facer unha doazón con tarxeta de crédito clicando abaixo
Cargando...

29/05/11

Protección de Datos afirma que non se pode accudir ás cámara de Compostela para resolver un extravio ou roubo


• A AGPD considera xustificado que o Concello de Compostela non permitira o acceso ás imaxes para comprobar a perda dunha chaqueta 
• Demóstrase que non é útil para resolver roubos ou actos de vandalismo

Pasado Abril de 2010, un veciño de Compostela solicito o acceso as imaxes das cámaras da Quintana para comprobar a desaparición dunha prenda de roupa coa súa carteira ante a dúbida de si foi un extravío ou roubo. Concretamente pedía ” o acceso ás imaxes das gravacións efectuadas polas cámaras de vídeo vixilancia sitas na Praza da Quintana, correspondentes ás 12:30 horas do día 5 de Abril, para dese xeito coñecer o paradoiro das miñas pertenzas “

Ante a falta de contestación do Concello, que está obrigado por Lei a responder, solicitou amparo a Axencia Española de Protección de Datos que veio a desestimar o dereito de acceso en base a que “En el presente caso, el reclamante presentó un escrito ante el Concello solicitando el acceso a las grabaciones de las cámaras de videovigilancia de una plaza de Santiago de Compostela para conocer el paradero de unas pertenencias perdidas en esa plaza. Examinada la solicitud del reclamante se observa que su pretensión no es acceder a su propia imagen, sino de todas aquellas personas que había en el citado emplazamiento, teniendo acceso, de este modo, a imágenes de terceros.” e polo tanto “procede inadmitir la presente reclamación de Tutela de Derechos”

A Conclusión final é que non se pode acceder á imaxe para comprobar si foi un roubo o extravío porque pode saír imaxes de terceiros. Si a este feito sumamos que en Compostela roubouse a Placa que recordaba o Príncipe de Asturias no medio do Obradoiro, houbo varios roubos e actos de vandalismo no Toral  e siguen aparecendo pintadas na zona vella, incluso con múltiples cámaras privadas (El Correo Gallego, Caixa Galicia, Torreiro y Asociados, Dirección Xeral de Turismo, Museo Granell …) pon en sería dúbida a utilidade duns dispositivos que se mostran especialmente caros, conflictivos e que retiran efectivos policiais das rúas.
ler o resto do texto

18/05/11

Denuncia perante a Fiscalía da Audiencia Nacional contra Director da "Agencia Española de Protección de Datos"

• Artemis Rallo rexeitou a investigación dunha denuncia, a pesar da gran cantidade de probas presentadas.
• O MPDC considerada que cometeu un delito de prevaricación

O 15 de xullo de 2010, o MPDC presentou unha denuncia á Axencia Española de Protección de Datos por unha cámara instalada na fachada dun edificio de Compostela. Para demostrar que a cámara enfocaba á vía pública enviáronse fotos coas cámaras enfocando en dirección oposta á fachada. Ademais, informouse que non había cartel de advertencia de zona videovixiada.
A AGPD arquivo a queixa, alegando que a cámara é semellante a un videoporteiro, céntrase na porta de acceso á propiedade e non ten capacidade de gravar. Segundo Artemis Rallo, é crible que a cámara se utiliza de videoporteiro porque a propiedade está situada nunha zona histórica de Santiago e a normativa de urbanismo non permite perforar a fachada do edificio. Tamén cre que queda demostrado que hai cartel de zona videovixiada na fachada do edificio e, finalmente, di que a cámara está instalada nun balcón.
Nembargante, o MpDC non denunciou ningunha cámara instalada en ningún balcón e presentou recurso de reposición. En realidade no edificio non hai cámara ningunha en ningún balcón. Aporta fotos da fachada do edificio coa cámara anclada na mesma e que ten telefonillo que podería se substituído por un videoporteiro. Ademais, presenta fotos da cámara enfocando en distintas dirección, incluído á vía pública, tamén presenta fotos de que non hai cartel de zona videovixiada. Algúns días despois presenta máis fotos e un vídeo da fachada do edificio.
A Axencia Española de Protección de Datos rexeita o recurso insistindo que o MpDC denuncia unha cámara instalada no balcón do edificio (a AGPD decide o que se denuncia, incluso cando non existe xa que non hai cámaras no balcón dese edificio) que existen carteis de zona videovixiada na fachada do edificio (seguen sen existir a día de hoxe) que a cámara enfoca á porta de entrada do edificio (a pesar das fotos coas cámaras enfocando en distintas direccións) que se utiliza como videoporteiro ante a imposibilidade de instar un por mor da normativa urbanística (a pesar de que no edificio existe telefonillo e que cámara está anclada na fachada do edificio) Ante o evidente da resolución contraria á legalidade, o Movemento polos Dereitos Civís presentou denuncia ante a Fiscalía da Audiencia Nacional por prevaricación ao considerar que a AGPD obvió todas as probas presentada polo denunciante para iniciar unha investigación, e outorgou á documentación presentada polo denunciado valor probatorio, a pesar das claras contradicións, e solicita á Fiscalía que "tenga a bien aceptar este escrito así como los documentos anexos (expediente completo que se encuentra en poder del denunciante) e inicie un procedimiento por el que se investiguen los hechos denunciados con el objetivo de aclarar los motivos por el que el Artemi Rallo Lombarte decidió no abrir investigación contra la empresa denunciada a pesar de la multitud de evidencias"
ler o resto do texto

13/05/11

O Movemento polos Dereitos Civís sigue esperando as explicacións da Delegación do Goberno sobre as cargas do martes

·         Resulta indignante que trate desta maneira á cidadanía

·         O Delegado do Goberno debe dar explicacións pola actuación policial

 

O Movemento polos Dereitos Civís non entende que despois de dous días o Delegado do Goberno siga sen informar sobre a actuación policial do martes no partido do Deportivo. Considera que esta actitude volve aos peores momentos do exercicio da responsabilidade por parte de Diz Guedes.  A estas alturas debería ter dado algunha explicación sobre o acontencido no Bar Café Norte ou porque se carga con calquera pase pola rúa pola actuación duns poucos.

 

O MpDC reclama que se convoque o Consello Autonómico de Seguridade Cidadán e que o Delegado do Goberno e os Responsables da Policía den explicacións. Este organismo leva catro anos sen reunirse mentres acontecen barbaridades deste tipo.

ler o resto do texto

09/05/11

As cámaras do Centro de Informática de Caixanova "captaban unha porción importante da vía pública"

·         Segundo certificación dunha empresa de protección de datos enviado á Agencia Española de Protección de Datos.

·         Corrixíronse o enfoque das cámaras despois da denuncia do MpDC

·         Nembargante o MpDC ten constancia de que, polo menos, unha cámara sigue enfocando á vía pública

 

En novembro do 2009 o MpDC pediu a Caixanova poder comprobar que as súas cámaras de Lopez Mora non enfocaban ao interior de vivenda e á vía pública. Esta petición veio por mor da denuncia de veciños da propia Caixanova que vían como cámaras a varios metros de altura estaban a enfocar as súas vivendas. Diante a falta de contestación de Caixanva o MpDC presentou denuncia a Agencia Española de Protección de Datos . Semanas despois, varias cámaras apareceron con parte da súa "cúpula" tapada con cinta vermella para impedir a visualización da vía pública. Nembargante o MpDC detectou que a cámara da porta da entrada sigue enfocando directamente á vía Pública e non á entrada do recinto.

 

Hoxe chegou resolución da AGPD na que se confirma que "se ha corregido el enfoque de algunas cámaras que captaban una porción importante de vía pública". Este texto ven extraído do informe dunha empresa externa APPLUS NORCONTROL, SLU que certifica que as cámaras enfocaban á vía pública. Ademais, as cámaras dispoñen de ZOOM.

 

Sorprendentemente a AGPD volver a arquivar o expediente como xa fixo no seu día coas cámaras instaladas na Deputación de Lugo. Despois de comprobar que as cámaras gravaban á vía pública, algo prohibido por lei e que supuxo unha sanción de 30.000€ no caso da SGAE, a AGPD considera que como xa non se dá a situación de vulneración de dereitos que non corresponde sanción.

 

Hai que lembrar que si non fora pola denuncia do MpDC se seguiría tendo lugar a vulneración de dereito, pero neste caso se sigue dando unha situación máis grave. O día 7 unha das cámaras de Caixanova seguía enfocando á vía pública sen ningún tip de impedimento.

ler o resto do texto
__________________
__________________

Subvencionado pola Deputación da Coruña
Loading...
Cámara hotel monumento
Han actuado 0 personas
Nos faltan 0 firmas

Actúa ahora

Tu nombre
Tu apellido
Tu correo-e
Cód. Postal

Cámaras de Galiza


Ver Cámaras de Galiza en un mapa más grande

Videos do Youtube