O MpDC é unha asociación sin ánimo de lucro. Si queres colaborar co seu mantemento podes facer unha doazón con tarxeta de crédito clicando abaixo
Cargando...

27/03/11

As cámaras da Diputación de Lugo obtiñan imaxes nítidas de casas adxacentes.

·         Entre o 14 de febreiro e o 28 de febreiro tiveron que mudar as cámaras de do Edificio do Goberno Provincial, do Museo Provincial de Lugo, do Edificio do Fogar de Santa María e do Pazo de Deportes

·         A Delegación afirmara que as súas cámaras só enfocaban a terreos propios e que instalarían os carteis de zona videovixiada a medida que se instalaran as cámaras.

·         Tamén se comprobou que todos os edificios dispoñen de sistemas de gravación pero a Deputación nega que se utilicen

·         Por último, a Deputación afirma que leva dous anos xestionando os permisos para gravar cando apenas se necesita un par de meses para solucionalo

 

O pasado 28 xaneiro de 2010 a Axencia Española de Protección de Datos arquivou o expediente E/02189/2009 en base a que os “carteis de información aos interesados, segundo o modelo proposto pola AEPD, están sendo instaladas cando as cámaras son colocadas” e que “de acordo coa documentación existente no expediente, maniféstase que cada un dos sistemas instalados, atópase en terreno propio da Deputación, non estando situado na vía pública, e enfocando unicamente terrenos da propia da Deputación”

 

Nembargante, este 17 de Marzo, a AGPD ven de pechar outro expediente contra a Deputación de Lugo onde afirma que:  Realizáronse as seguintes comprobación no predio situado na rúa San Marcos:


2.1. Verifícase a existencia de seis cámaras e dúas delas toman imaxes da vía pública.
2.2. Dende o punto de verificación, vemos que a través da función de zoom de dúas cámaras situadas na fachada principal obtéñense imaxes nítidas de rúas e casas adxacentes.

 

Tamén afirma na Sección V dos Fundamentos de Dereito:


No caso que nos ocupa, e centrándose nas cámaras exteriores dos inmobles obxecto da queixa, constátase a través das imaxes proporcionadas durante as inspeccións, das imaxes captadas por cámaras de cada un dos citados inmobles, que, aínda que na primeira inspección o 14 de febreiro de 2011, algunhas das cámaras nos predios arriba violaría o principio de proporcionalidade, ao captar espazos da vía pública, na inspección realizada o 28 de febreiro 2011, obsérvase que no Edificio do Goberno Provincial, as cámaras exteriores instaladas na fachada principal do edificio, limitouse o campo de visualización mediante pantallas de privacidade e o dispositivo físico utilizado para a mobilidade e función Zoom das mesmas foron desinstaladas; respecto ao edifico do Museo Provincial de Lugo, comprobase que o campo de visualización da cámara que enfocaba a entrada ao edificio, modificouse quedando limitada á porta de entrada ao museo; no edificio do Fogar de Santa María, a orientación das cámaras ubicadas na fachada foron modificada, verificándose que unicamente se visualiza a fachada do edificio; e por último no edifico do Pazo dos Deportes, comprobase que o campo de visualización das imaxes foron limitada mediante o software do equipo, no visualizándose imaxes da vía pública.


Parece ser que a Deputación enganou a AGPD ao afirmar que as súas cámaras só enfocaban a terrenos propios. Non só non era así, ademais eran capaces de obter imaxes nítidas de rúas e casas adxacentes. Tampouco se instalaron os carteis de información de zona videovixiada a medida que se instalaron as cámaras.  O MpDC aportou imaxes da fachada do Edifico da Deputación coas cámaras instadas e sen os carteis.

Por todo isto o MpDC dirixiuse novamente a AGPDE formulando as seguintes preguntas:

 

1.       Como a AGPD chegou á conclusión de que as cámaras só gravaban en terrenos da Deputación

2.       Cales son os obstáculos que impiden á Deputación inscribirse no rexistro de gravacións da AGPD despois de case dous anos. Non parece ser unha escusa que unha realidade?

3.       O feito de que a Deputación proporcionou información falsa á AGPD (especificamente, que as cámaras só enfocaban as áreas propiedade da Diputación) non carrexa ningunha responsabilidade legal?

4.       Non é unha sorpresa  para a AGPD que todos os edificios dispoñan de sistemas de gravación, pero ningún funcione? Podería ser unha mentira como a alegación de que as súas cámaras enfocaban único terrenos da Deputación?

5.        A AGPD utilizou algún tipo de sistema de recuperación de arquivos borrados para comprobar si se utilizou ou non o sistema de gravación?

6.       É certo, que despois de comprobar que as cámaras enfocaban á vía pública, non se efectuou ningún aviso, reclamación ou acción para criticar as accións do goberno? Especialmente se consideramos que foi recentemente investigado e mentiu á AGPD dicindo que as súas cámaras non enfocaban á vía pública.

7.       Foros os veciños informados de que as cámaras da Deputación poderían visualizar nitidamente as súas casas por se querían tomar algunha medida legal?

8.       Que medidas se tomaron contra as empresas de seguridade responsables da instalación das cámaras (ambos rexistrados no Ministerio do Interior)?

9.       Non parece que é "gratuíto" para as autoridades violar a lei de videovixiancia e protección de datos?. Non hai ningunha razón pola que se poidan ver obrigadas a cumprir a normativa dado que frecuentemente se utiliza a presunción de inocencia para non iniciar investigacións contra elas, e cando se inician non poden ser castigadas, e si aportan datos falsos non se toma ningún tipo de medida contra elas.

10.   Porque debemos crer que a Deputación de Lugo manterá as medidas tomadas para facer cumprir a lei cando se sabe que mentiu ao afirmar no expediente E/02189/2009 que as cámaras só capturaban imaxes de terrenos da Deputación?

ler o resto do texto

24/03/11

O Concello da Coruña afirma que a Delegación do Goberno xa non autoriza as cámaras para evitar o botellón

·         O MpDC solicitou en agosto do 2010 a retirada dos dispositivos por mostrárense ineficaces para a prevención do botellón
·         O Concello respondeu ao Defensor del Pueblo que “na última resolución da Delegación do Goberno en Galiza de renovación de autorización de instalación das videocámaras ás que se refire no seu escrito, xa se excluíron as cámaras que se instalaran para o control do botellón”

Dereitos Civís presentou unha cronoloxía onde se demostraba que no ano 1993 o Concello da Coruña instalou varías cámaras que non se adaptaron á normativa sobre videovixiancia que saíu non ano 1997. No ano 2004 a Delegación del Goberno autorizou cámaras nas Casas Consistoriais, Servizos Económicos da Rúa da Franxa e edificio da Policía Local. Dous meses despois a policía local afirma que a Delegación autorizou as mesmas cámaras para vixiar o botellón sen que a apareza a primeira solicitude forma de utilización destas cámaras para este fin en Marzo do 2005. Non é ata agosto do 2009 cando se crea o rexistro de gravación anta a AGPD, algo que estaba obrigado pola lei que existirá desde o ano 1997. A pesar da falta de existencia do rexistro de gravación o concello informou que facilitou gravación á Policía Nacional (gravacións que non deberían existir).

Asociación de Dereitos Civís sempre defendeu que as cámaras non eran útiles para evitar o botellón. Tanto é así que presentou perante a Delegación do Goberno un dossier de prensa conforme desde a instalación das cámaras publicáronse 128 artigos nos que se informaba que se seguía mantendo o botellón, incluso con situación tan graves como o altercado onde un policía local disparou contra o chan ferindo a xente próxima.

Renato Núñez afirma que as cámaras foron instaladas de forma irregular, incluso a Axencia Española de Protección de Datos sancionou o Concello. Nembargante, este atrevimento non tivo ningunha repercusión na incidencia do Botellón na zona, resultando inútil para a súa diminución e continuando as protestas dos veciños. Mesmo así a Delegación do Goberno seguiu dando autorizacións para as cámaras cada ano obviando completamente os principios de proporcionalidade e idoneidade.

Tanto é así que o Concello viuse na obriga de declarar a Zona de Especial Protección, constatándose, desde entón, unha diminución da concentración de xovens.

O MpDC pensa que queda por comprobar si o Concello desconecta realmente as cámaras, algo que dubida que se produza.

Por outro lado,o MpDC recibiu esta semana a comunicación de o Congreso dos Deputados enviou a súa queixas polas consecutivas autorización ilegais das cámaras ao Ministerio de Presidencia.

ler o resto do texto

20/03/11

O Concello de Pontedeume non é capaz de aclarar onde constatou a eficacia da videovixiancia

O MpDC entende que se buscou enganar á cidadanía

 

A finais de febreiro de 2010 e en maio do mesmo ano, o Movemento polos Dereitos Civís presentou solicitude de información ao Concello de Pontedeume sobre onde constatara a eficacia da videovixiacia a raíz dunhas declaracións realizadas polo Concellal responsable da Seguridade dese municipio. O Concello de Pontedeume afirmaba que coa instalación das cámaras aforrará nos gastos de arranxos derivados dos actos vandálicos ao igual que sucede, segundo o alcalde de Pontedeume, noutros países de Europa e outras zonas de España onde está medida “está funcionando”, alegan.

 

A experiencia do MpDC di que as cámaras resultaron de moi dubidosa utilidade noutras cidades e concellos galegos, e neste asunto que nos ocupa, as cámaras servirían como moito para identificar aos culpables e de ningún xeito para evitar o roubo ou desperfectos nas mesmas, é sinxelo ocultar o rostro para evitar unha cámara, pero esa mesma cámara recolle día a día a vida diaria de cantos pasan pola zona, invadindo a súa intimidade e os seus dereitos.

 

Por ese motivo fixo as seguintes solicitude ao Concello

1. Que o Concello de Pontedeume indique a esta Asociación onde constataron que as cámaras noutros países de Europa e España funcionan.

2. Que o Concello de Pontedeume se absteña de instalar cámaras de vídeo vixilancia sen cumprir cos requisitos esíxidos polas normas, é dicír, principio de proporcionalidade, autorización da Delegación do Goberno e informe favorable da Comisión de Garantías.

3. Que o Concello de Pontedeume informe a esta Asociación o estado no que se atopa a instalación de cámaras de vídeo vixilancía en varios puntos do centro de Pontedeume.

4. Esta asociación agradecería ó Concello que a mantivese informada de cantas actuacións se leven a cabo con relación a este asunto.

 

Que ante a falta de contestación por parte desa administración o MpDC requiriu ao Valedor do pobo que reclamara ao Concello de Pontedeume que contestara ao mencionado escrito.

O Valedor remitiu escritos o 19 de agosto de 2010, 8 de outubro de 2010, 9 de novembro de 2010, 13 de decembro de 2010 e 25 de xaneiro de 2011. Cinco cartas na que se solicitaba ao Concello de Pontedeume que contestar o escrito remitido polo MpDC.

 

En Marzo de 2011, despois de sete requerimento (entre os feitos polo MpDC e o Valedor do Pobo) e un ano de espera (que a Administración non se molestou en xustificar), o Concello de Pontedeume contesta que:

 

En ningún momento este Concello plantexouse instalar cámaras de videovixiancia sen seguir o procedemento legalmente establecido, que para o caso de que o Concello de Pontedeume, nun futuro, tivese intención de facelo, o procedemento-legal cumpriríase escrupulosamente, como non pode ser doutro xeito ".

 

Esta contestación aclararía os puntos 2, 3 e 4 das solicitudes feitas polo MpDC. Nembargantes, non aclara o punto 1, “Que o Concello de Pontedeume indique a esta Asociación onde constataron que as cámaras noutros países de Europa e España funcionan”

 

                De non aclarar este extremo, O MpDC entende que o Concellal que fixo estas afirmacións deu datos falsos có obxectivo de convencer a cidadanía da idoneidade desa medida como forma de disminución da delincuencia, sin que existira fundamento para facelo.

 

ler o resto do texto

10/03/11

O Concello de Santiago non informa ao "Defensor del Pueblo"

Esta Institución viuse na obriga de solicitar por cuarta vez, información sobre o funcionamento das cámaras de tráfico de compostela

 

A Axencia Española de Protección de Datos informou ao Movemento polos Dereitos Civís que o Concello de Compostela dispuña de 10 cámaras de vixilancia e control do tráfico (agora son máis de 20) instaladas nas rúas da cidade. Dispoñen de mobilidade horizontal e vertical, ademais dunha certa marxe de aproximación (zoom). Segundo a L.O. 4/97 establece que o uso para o que están autorizadas as cámaras de tráfico é exclusivamente para o "control, regulación, vixilancia e disciplina de tráfico nas vías públicas". Como ben se pode deducir do sentido da norna non é posible que os dispositivos adicados a vixilancia do tráfico se utilicen para un fin distinto, polo tanto calquera uso destas cámaras, agás a regulación do tráfico é ilegal.

 

As mencionadas cámaras de tráfico, ao contar con zoom, permiten enfocar ao interior de calquera vivenda das súas inmediacións coa capacidade de acercarse para saber o que acontece no seu interior e gravar imaxes e vídeos que non contan con ningún tipo de control.

 

Por todo isto o MpDC soliitara no ano 2007, 2008 e 2009 que o Concello de Santiago “teña a ben proceder a retirar estas cámaras de tráfico que se están destinando a u uso distinto contravindo a normativa vixente” e  que “no caso que non sexa posible proceder á súa retirada que retiren os medios cos que contan, o zoom e a capacidade para tomar fotos e vídeos”.

 

Ante a falta de contestación, Dereito Civís reclamou ao Defensor de l Pueblo que lle requirira a Sánchez Bugallo que contestara e a queixa foi aceptada a trámite. A día de hoxe o Defensor del Pueblo xa se dirixiu en catro ocasión ao Concello e ven de informarles que si non contestan desta vez serán declarado hostil e entorpecedor.

 

ler o resto do texto

01/03/11

O MpDC na prensa - Xornal.com: Denuncian que o Consello de Contas "falsea datos" para non ser sancionado

"Renato Núñez, voceiro do Movemento polos Dereitos Civís (MpDC), denunciou hoxe que o Consello de Contas 'falseou documentación para evitar a sanción da Axencia Española de Protección de Datos'. O consello comunicoulle á Axencia que as cámaras da institución galega, situada no número 7 da rúa de Domingo Fontán, en Santiago, 'enfocaban só a fachada e a parte inevitable da vía pública', sinalou o MpDC, que presentou fotos das cámaras apuntando en dirección contraria, cara o edificio do Consello de Contas 'dedicándose a vixiar a vía pública e non á institución'

Denuncian que o Consello de Contas "falsea datos" para non ser sancionado - NOTICIAS - Hoxe en Xornal de Galicia 1º Diario Dixital de Galicia:
A Axencia de Protección de Datos comunico
ulle ao Consello de Contas que debía aportar “copia de documentación que permita comprobar que la empresa de seguridad ha notificado las características de la citada instalación a la autoridad competente en materia de seguridad privada', asegurou o MpDC.

Para o MpDC, 'a autoridade competente en materia de seguridade privada e a Delegación do Goberno sabían que as cámaras estaban instaladas no exterior do Edifico e que enfocaban á vía pública' e, 'a pesar diso a Axencia Galega de Protección de Datos, considerou que “las cámaras únicamente graban el espacio de vía pública que inevitablemente puede ser grabado para la protección del espacio privado objeto de la instalación, por lo que, como ya hemos señalado, no existen en este caso elementos de prueba suficientes parta enervar el principio de presunción de inocencia.”

Malia isto, o MpDC presentou varias fotografías nas que se demostra que 'as cámaras do Consello de Contas enfocan ao exterior do Edifico, á vía pública, vulnerando claramente a lexislación vixente que considera que a vía pública só pode ser vixiada polo Corpos e Forzas de Seguridade do Estado'.

Así, o MpDC cualilficou 'lamentable que non se cumpra coa lexislación vixente' que busca garantir o Artigo 18 da Constitución Española. 'O Consello de Contas quedará sen unha sanción efectiva pois é unha administración pública', precisou a entidade.
ler o resto do texto
__________________
__________________

Subvencionado pola Deputación da Coruña
Loading...
Cámara hotel monumento
Han actuado 0 personas
Nos faltan 0 firmas

Actúa ahora

Tu nombre
Tu apellido
Tu correo-e
Cód. Postal

Cámaras de Galiza


Ver Cámaras de Galiza en un mapa más grande

Videos do Youtube