O MpDC é unha asociación sin ánimo de lucro. Si queres colaborar co seu mantemento podes facer unha doazón con tarxeta de crédito clicando abaixo
Cargando...

27/02/11

O Consello de Contas falsea información para non ser sancionado por Protección de Datos

·         Enviaron documentación a Protección de Datos conforme as súas cámaras “únicamente gravaban o espazo de vía pública que inevitablemente pode ser gravado”

·         O MpDC aportou fotos das cámaras apuntando á rúa, en dirección contraria ao Edificio, sin posibilidade de visualizar a fachada, en Marzo de 2010 e Xaneiro do 2011.

·         Segundo o Consello de Contas “O campo de acción das cámaras é o mínimo imprescindible” mentres está gravando, polo menos, aos edificios do outro lado da rúa da Institución e ás beirarúas

Renato Núñez, voceiro do MpDC, ven de denunciar que o Consello de Contas falseou documentación para evitar a sanción da Axencia Española de Protección de Dato. A Institución galego afirmou á Axencia que as súas cámaras enfocaba soamente a fachada e a parte inevitable da vía pública. Nembargante o MpDC presentou fotos das cámaras apuntando en dirección exactamente contraria á fachada do edificio do Consello de Contas, dedicándose a vixiar a vía pública e non á Institución.

Segundo a AGPD, o Consello de Contas “aporta copia de documentación que permite comprobar que la empresa de seguridad ha notificado las características de la citada instalación a la autoridad competente en materia de seguridad privada. Tienen instaladas cámaras en el exterior. Aportan Copia de la solicitud de autorización administrativa de funcionamiento dirigida a la Delegación del Gobierno en Galicia en fecha 13 de abril de 2009, según prevé el Reglamento de Seguridad Privada, para realizar la instalación de las cámaras de vídeovigilancia en el exterior”

Segundo isto, a autoridade competente ne materia de seguridade privada e a Delegación do Goberno sabían que as cámaras estaban instaladas no exterior do Edifico e que enfocaban á vía pública.

A pesar diso a AGPD considerou que “En el presente caso, de la documentación obrante en el expediente se extrae que las cámaras únicamente graban el espacio de vía pública que inevitablemente puede ser grabado para la protección del espacio privado objeto de la instalación, por lo que, como ya hemos señalado, no existen en este caso elementos de prueba suficientes parta enervar el principio de presunción de inocencia.”

Nembargantes, como se pode combrobar nas fotos adxuntas, as cámaras do Consello de Contas enfoca ao exterior do Edifico, á vía pública, vulnerando claramente a lexislación vixente que considera que a vía pública só pode ser vixiada polo Corpos e Forzas de Seguridade do Estado.

En Xullo de 2010 volveuse a presentar unha nova denuncia contra o Consello de Contas e en Outubro a AGPD abriu actuacións previas de inspección. Nembargante, tres meses despois, as cámaras seguían enfocando á vía pública.

Para o MpDC resulta lamentable que despois de todas as probas que de que non se cumple coa lexislación vixente que busca garantizar o Artigo 18 da CE, o Consello de Contas quedará sin unha sanción efectiva pois é unha administración pública.

 

ler o resto do texto

23/02/11

O MpDC na Prensa - Xornal.com: Movemento dos Dereitos Civís exige investigar una cámara "ilegal" de Santiago

http://www.xornal.com/artigo/2011/02/23/galicia/santiago1/movemento-dereitos-civis-exige-investigar-camara-ilegal-santiago/2011022313531400388.html


La asociación Movemento polos Dereitos Civís (MpDC) ha acusado a la Agencia Española de Protección de Datos (AGPD) de no investigar la situación de una cámara de vigilancia situada en la calle compostelana de Concheiros que, a su juicio, 'vulnera la legalidad', y que, según asegura, pertenece a la sucursal de Novacaixagalicia, 'para no dañar la imagen de la caja'.

El MpDC afirma que la cámara realiza grabaciones ilegales, porque está enfocando a la vía pública, es 'difícilmente visualizable' y no existe un aviso, en el lugar en el que está instalada, de que la zona está videovigilada.

Ante estas circunstancias, según el MpDC, la Agencia de Protección de Datos debería actuar de oficio, pero, según esta organización, 'prefiere no investigar y pone en duda que la cámara pertenezca a la sucursal'.

Además, el Movemento ha añadido que la caja gallega no facilitó las imágenes grabadas por las cámaras exteriores de su sucursal a dos ciudadanos que así lo solicitaron. Según la asociación ciudadana, la AGPD debería sancionar a Novacaixagalicia por esto, pero 'está poniendo grandes trabas' para hacerlo, según ha añadido.
ler o resto do texto

Protección de Datos resístese a sancionar a Caixa Galicia

·         Dubida sobre que sexa certo que as cámaras denunciadas correspondan a Caixa Galicia

·         A Institución prefire non investigar por si se lle fai un daño á imaxe da caixa galega

·         Caixa Galicia tampuco facilita o aceso ás imaxes gravadas polas cámaras como obriga a lei

·         Dereito Civís tivo que presentar unha secuencia de fotos para demostrar que as cámaras de Concheiros vulnera a legalidade

 

O MpDC denunciou que a cámara da fachada da sucursal de Concheiros enfoca á rúa, en contra do permitido pola lexislación vixente. Dereitos Civís lembra que a SGAE foi sancionada por este mesmo motivo con 30.000€. Nembargante, neste caso, a AGPD prefire non investigar pondo en dúbida que a cámara corresponda á sucursal denunciada e en defensa da presunción de inocencia de Caixa Galicia.

 

Resulta realmente abraiante a falta de dilixencia que está amosando a AGPD na defensa da Protección de Datos neste caso., pois non pon en dúbida que a cámara esté enfocando a vía pública, soamente pon en dúbida que a cámara corresponda á sucursal denunciando. Tendo a capacidade de investigar de oficio, non se entende que non investigue unha cámara que a todas luces non cumple coa lei.

 

Por outro lado, protección de datos está pondo grandes trabas para sancionar a Caixa Galicia por  non permitir o acceso a imaxes gravadas polas cámaras exteriores das súas sucursais. Dous cidadáns solicitaron o acceso ás gravacións sen conseguir que este acceso se fixera efectivo. No primeiro caso Caixa Galicia non contestou e cando se presentou a denuncia perante a AGPD, esta esixiu ao interesado que demostrara que Caixa Galicia recibiu a solicitude. No segundo caso Caixa Galicia contestou que non ten porque facilitar copias das imaxes aos interesados, algo que é absolutamente falso pois nas entradas das sucursais xa se advirte de que se poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación e cancelación na Rúa Nova, 30.

 

A actitude de Caixa Galicia e da AGPD supón unha burla aos dereitos dos cidadáns pois a normativa afirma que debe existir consentimento por parte da persoa gravada para que se proceda á gravación de imaxes. Este consentimento lógrase coa información suficiente de que se está gravando. Nembargante unha cámara que está enfocando á vía pública (algo que só está permitido aos corpos e forzas de seguridade do estado) non permite evitar a gravación a non ser que se cambie de beirarúa. Ademais ás cámaras de Caixa Galicia son cámaras domo que non se visualizan facilmente e non existe aviso de zona videovixiada nas fachadas das sucursais, polo tanto non hai información suficiente. A pesar de todo isto, é o interesado que debe lograr unha relación de imaxes como a que se adxunta para demostrar que a cámara existe e enfoca a vía pública (imaxes con zoom e suficientemente claras), remitir unha solicitude certificada de acceso ás imaxes a Caixa Galicia e reclamar a correos unha certificación de que a carta foi entregada para poder reclamar  o dereito de acceso, rectificación e cancelación.

 

É evidente que non se garantiza os dereitos das persoas gravadas e créase todo tipo de ventaxes para que Caixa Galicia siga gravando.

 

·         Foto 1, do  11 de agosto do 2011: mostra un primeiro plano da cámara enfocando a vía pública

·         Foto 2, do 16 de febreiro do 2011: mostra un primeiro plano da cámara enfocando a fachada

·         Foto 3, do 16 de febreiro do 2011: mostra a cámara enfocando a fachada

·         Foto 4, do 11 de agosto do 2010: mostra claramente á cámara enfocando á rúa

·         Foto 5, do 11 de agosto do 2010: nova foto amosando a cámara enfocando á vía pública

·         Fotos da 6 á 10, do 16 de febreio do 2010: secuencia de fotos que se van distanciando da fachada da sucursal

·         Foto 11: zona á que enfocaba a cámara

·         Foto 12: zona da fachada da sucursal onde está instalada á cámara

 

 

 

ler o resto do texto

17/02/11

O MpDC na Prensa - Xornal.com: La salida de Paco Vázquez del Vaticano le coloca ante un futuro incierto

La salida de Paco Vázquez del Vaticano le coloca ante un futuro incierto - NOTICIAS - Hoxe en Xornal de Galicia 1º Diario Dixital de Galicia: "Por su parte, el sector nacionalista ya mostró su rechazo rotundo a la pretensión de Vázquez de convertirse en Defensor del Pueblo. Así, el Movemento polos Dereitos Civís inició el año pasado una campaña de recogida de firmas en internet contra la posibilidad de su nombramiento para un puesto en el que “se requiere un perfil con una espacial imparcialidad”. De hecho, uno de sus cometidos sería la protección y defensa de los derechos fundamentales y las libertades públicas de los ciudadanos, y el control de la actuación de la Administración pública.

- Enviado mediante la barra Google"
ler o resto do texto

11/02/11

O Valedor do Pobo requiriu por quinta vez ao Concello de Pontedeume que conteste ao MpDC sobre a efectividade da videovixiancia

• Benígno López enviou solicitudes a Pontedeume o 19 de agosto, 8 de Outubro, 9 de Novembro, 13 de decembro e 25 de Xaneiro

• Renato Núñez, voceiro do MpDC, considera que o Alcalde de Pontedeume esta mostrando unha total falta de respecto á institución

 

Casi una ano despois de que o Alcalde de Pontedeume afirmara que estaba barallando orzamentos para a instalación de cámras de videovixiancia no Concello, o MpDC e  o Valedor do Pobo non conseguiron que este explicara varios aspectos das declaracións realizadas

 

MpDC solicitou ao Concello de Pontedeume que:

1.  Aclarara onde constataron que as cámaras noutros países de Europa e España funcionan

2.  se absteña de instalar cámaras de vídeo vixilancia sen cumprir cos requisitos esíxidos polas normas, é dicír, principio de proporcionalidade, autorización da Delegación do Goberno e informe favorable da Comisión de Garantías.

3.  informe a esta Asociación o estado no que se atopa a instalación de cámaras de vídeo vixilancía en varios puntos do centro de Pontedeume.

 

O voceiro do MpDC considera que as medidas que pensa tomar o Alcalde ten como único obxectivo a de dar a sensación de que van a solucionar os problemas de vandalismo que poida ter o Concello. Renato Nüñez lembra que as cámaras transmiten una sensación subxectiva de seguridade, pero non real. Fan aos vecinos creer que teñen garantizada a seguridade cando os datos dos estudios realizados din todo o contrario.

 

O Movemento polos Dereitos Civís di que os veciños non deben conformarse con que se lles entregue un placebo en forma de videovixiancia, que deben reclamar unha seguridade efectiva. Por outro lado, o que sí esta constatado, é que as imaxes das cámaras poden acabar en lugares non desexados e que a súa instalación pode vulnerar a lexislación vixente.

ler o resto do texto

04/02/11

Unha grande superficie de Vigo di a Protección de Datos que as súas cámaras estaban en probas e non grababan

·         A falta de medios fai que a AGPD acredite nas declaración escritas das empresas denunciadas

·         Non son capaces de enviar inspectores para averigüar a veracidade das si son certas as denuncias

 

O MpDC ven de denunciar que a falta de medios da Axencia Española de Protección de Datos, e unha certa desidia, esta provocando que acepten como boas as declaracións das empresas denunciadas sen realizar ningunha averiguación. Dereitos Civís ven constatando este feito a raíz de varias denuncias presentadas e acaba de recibir o último caso deste tipo.

 

O pasado día 2 de xuño denunciou unha grande superficie dedicada a venda de adornas para o fogar, a mencionada empresa non dispuña de sinais de zona videovixiada en ningún lugar, tiña pantallas á vista onde aparecían imaxes das captadas polas cámaras instaladas no recinto e non constaba rexistro de gravacións na Axencia Española de Protección de Datos.

 

A empresa contestou que efectivamente dispón dunha “pre-instalación” de videovixiancia pero que tiña, moi oportunamente, o apartado de gravación de imaxes inactivo e que o sistema de gravación foi devolgo. Recoñece que dispuña dunha pantalla (a denunciada) onde se podían ver imaxes captadas polas cámaras instaladas no interior e que estaba manipulada por persoal da empresa. En relación cós carteis informativos, remite fotos dos mesmo, algo que só se puido facer a posteriori da denuncia pois cando os membros do MpDC se acercaron á empresa non existía ningún. Por último, afirman que as cámaras comezarán a gravar cando se dispoña do correspondente rexistro perante a AGPD (algo bastante complicado si temos en conta que afirmaron que devolveran o sistema de gravación), finalmente lle concederon o rexistro o 10 de agosto de 2010.

 

Renato Núñez, voceiro do MpDC, considera que isto e un cúmulo de despropósitos pois é evidente que resulta realmente fácil esquivar a lexislación sobre videovixiancia.  Nada do que afirma a empresa denunciada se pode comprobar e, incluso, o feito de que se afirme que se devolveu un sistema de gravación á empresa instaladora pero que se porá a funcionar tan pronto de dispoña do rexistro supón unha contradición de tal calibre que debería xustificar unha investigación máis exhaustiva.

 

O Movemento polos Dereitos Civís lembra que as imaxes captadas polas cámaras do mencionado centro estiveron sen ningún tipo de control e poderían acabar en calquera páxina de internet.

 

ler o resto do texto

01/02/11

O MpDC na Prensa - La Razón: No grabarás la casa de tu vecino

No grabarás la casa de tu vecino: "La SGAE tuvo que pagar 30.000 euros
La Agencia de Protección de Datos multó a la Sociedad General de Autores (SGAE) con 30.000 euros de multa por instalar cámaras de seguridad en su sede de Santiago de Compostela. El Movemento polos Dereitos Civís denunció en mayo del 2009 que las cámaras instaladas en Arteria Noroeste, la sede de los autores situada en la compostelana rúa Salvadas, enfocaban a la vía pública, en contra de la normativa municipal. La resolución tiene en cuenta, no obstante, que la instalación de las cámaras en el exterior del edificio «respondía a la intención de proteger el mismo de actos vandálicos» y que el sistema fue instalado por una empresa de seguridad privada.

http://www.larazon.es/noticia/5424-no-grabaras-la-casa-de-tu-vecino
ler o resto do texto
__________________
__________________

Subvencionado pola Deputación da Coruña
Loading...
Cámara hotel monumento
Han actuado 0 personas
Nos faltan 0 firmas

Actúa ahora

Tu nombre
Tu apellido
Tu correo-e
Cód. Postal

Cámaras de Galiza


Ver Cámaras de Galiza en un mapa más grande

Videos do Youtube