O MpDC é unha asociación sin ánimo de lucro. Si queres colaborar co seu mantemento podes facer unha doazón con tarxeta de crédito clicando abaixo
Cargando...

23/01/11

Unha cámara menos en Compostela

ler o resto do texto

17/01/11

A Policía nega, agora, que ordenara retirar os Mecos do Instituto de Celanova

·         MpDC preguntou á Unidade do Corpo Nacional da Policía adscrita á Xunta de Galiza quen prensentou a denuncia que motivou a actuación policial; quenes foron os "superiores" que ordenaron a retirada dos mecos e en base a que supostos danos ao edificio, ou prexuizos de calquera tipo, ordenouse a retirada dos mecos

 

 

En relación coa orde de retirada duns Mecos no IES de Celanova acontecido no pasado 11 de febrero do 2010, O MpDC solicitou información ao mencionado lES e que foí remitida ao Valedor do Pobo segundo os seguintes extremos:

Na reunión ordinaria 04-2009/2010 do Consello Escolar de data 3 de febreiro de 20 JO, no punto sete da orde do día "Actividades do colectivos en contra do traslado do lES" tratouse o tema de colgar mecos nos balcóns do instituto. Traslada o informe literalmente unha parte da acta: "A plataforma en defensa do mosteiro propón dúas actividades: colgar mecos nos balcóns do instituto e facer unha cadea humana odia venres 12 de febreiro. Sométese a votación a actividade de "colgar os mecos, sendo aprobada por unanimidade".

Foron colgados nos balcóns da fachada sur do centro cara á Alameda, comprobando o Equipo Directivo que non habia ningún elemento ofensivo para ninguén e que non se deterioraba o edificio.

O informe continúa: "En tomo ao xoves, 11 de febreiro, solicitaron permiso para entrar no centro dous axentes da Unidade do Corpo Nacional da Policía adscrita á Xunta de Galicia. Permiso que foi concedido. Informan que existe unha denuncia (non nos consta de quen), e que o seu labor é comprobar que os Mecos non deterioran o edificio (está catalogado como BIC). Son informados de que a actividad e está autorizada, de que entendemos que non é ofensiva e que se está a cumprir coa lexislación en materia de patrimonio cultural de Galicia. Foron invitados a comprobar e mirar ande estaban colgados os mecos. Tomaron as notas que consideraron oportunas e abandonaron o centro. Pasados uns minutos, solicitaron de novo permiso para entrar, que foi de novo concedido. Nesta segunda ocasión viñan comunicar que segundo os seus superiores debían informamos de que se non se retiraban os mecos, podíamos ser obxecto dunha denuncia. Nos ratificámonos nos nosos argumentos e no noso proceder. Desexamos engadir que a impresión causada polos axentes foi dunha actuación profesional e mesmo amable ".

O informe conclúe sinalando que o centro non ten información sobre a autoría da denuncia que provocou a actuación da Unidade do Corpo Nacional da Policía adscrita á Xunta de Galicia.

 

En base a todo isto o MpDC dirixiuse á Unidade do Corpo Nacional da Policía adscrita á Xunta de Galiza, autoridade que ven a contestar que non lles consta que existirá ningunha denuncia que motivara actuación policial, ni se ordenou que se retiraran os mesmos.

 

Para o MpDC, resulta moito máis créible a versión do Consello Escolar e considera que este debería pedir explicacións á Xefatura Territorial de Cultura e Turismo de Ourense sobre este extremo. Por outro lado, resultaría interesante comprobar si houbo falsedade en documento público na contestación facilitada pola Policía Nacional, algo para que o MpDC se pon a disposición do Instituto.

 

ler o resto do texto

11/01/11

Protección de Datos dúbida de que o Conselleiro de Educación dispoña duns datos confidenciais que afirmou dispoñer no Parlamento Galego

  • Durante un ano reclamou os denunciantes que facilitaran os datos que o Conselleiro afirmou ter
  • Agora pide os denunciantes que informen onde garda o Conselleiro os datos e en que formato os ten para iniciar a investigación
  • Tampouco considera que sexa necesariamente certo que o Conselleiro dispoña desta información a pesar de habelo afirmando no mesmo Parlamento de Galiza
  • Considera que non serve de nada iniciar a investigación pois o Conselleiro pode ter o listado na súa casa.
  • A AGPD pode iniciar investigacións previas para decidir se segue cun proceso sancionado, algo que se nega a facer neste caso

O pasado 9 de Setembro do 2009 o Conselleiro de Educación afirmou no Parlamento de Galiza que dispoñía dos nomes de ex altos cargos, actualmente están na oposición, que levan aos seus fillos a colexios con segregación por sexo. Concretamente afirmou:
"sorprenden as súas críticas á educación diferenciada por sexo, sobre todo cando membros do seu partido está a utilizar este tipo de ensino. Porque, se queren, podemos falar aquí sobre que persoas dos seus partidos - altos cargos - levan aos seus fillos a estes centros. Así que en público - se queren falámolo despois e dámoslles os nomes -... "

Ante o feito de que o Conselleiro de Educación afirme que dispón de información sobre persoas que levan os seus fillos a determinado tipo de colexios (información que manexa o seu Consellería), e ante a máis que evidente posibilidade de que estes se obtivesen de forma ilegal, o Movemento polos Dereitos Civís solicitou á Axencia Española de Protección de Datos que reclamar o mencionado listado ao Conselleiro e investigase a forma na que se obtivo a información-

A Axencia Española de Protección de Datos reclamou o MpDC que facilitara berce copia do listado para iniciar a investigación. Evidente o Movemento polos Dereitos Civís non dispón de copia do listado e recordou á AGPD que foi un Conselleiro no Parlamento de Galiza quen dixo dispoñer dos nomes das persoas que tiñan os seus fillos en determinados centros de estudo.

Despois de máis dun ano, a AGPD contesta que non iniciará investigación polos seguintes motivos:
  1. A presunta existencia do listados está fundamentada nunha mera declaración do Conselleiro de Educación que non supón a súa existencia e, no caso, das súas existencia o formato na que consta e lugar de custodia
  2. O artigo 3 da LOPD define como "Fichero: Todo conxunto organizado de datos de carácter persoal, calquera que for a forma ou modalidade da súa creación, almacenamento, organización e acceso" e un mero listado sen coñecerse a forma de obtención dos datos, organización e como único documento non ten porqué constituír un "ficheiro" nos termos citados que exclúe o amparo desta Axencia.
  3. Tampouco se facilita indicio ningún sobre o lugar de custodia do listado, podendo tratarse do domicilio particular do Conselleiro que impediría calquera investiación por parte desta Axencia ou tratarse dun ficheiro "privado ou doméstico" que, así mesmo, excluiría a competencia desta Axencia

Resulta escandaloso que a AGPD reclame o MpDC que realice a súa labor de investigación. Que logre obter uns datos que o Conselleiro afirma ter no mesmo Parlamento Galego. Sorprende tamén que a AGPD dubide da palabra do Conselleiro no Parlamento, cando afirma que dispón dos nomes dos ex altos cargos da Xunta. Tamén resulta incomprensible que a AGPD reclame o MpDC que informe o formato e o lugar de custodia desta información.

Tambíen resulta contraditorio que a AGPD afirme que "Fichero é todo conxunto organizado de datos de carácter persoal, calquera que for a forma ou modalidade da súa creación, almacenamento, organización e acceso" e considera que un listado de nomes de persoas cos colexios onde estudan os seus fillos (información especialmente sensible en canto se manexan datos de menores) non é un ficheiro.

Por último, é o colmo da vaguidade partir de que o Conselleiro pode ter o listado na súa casa para non iniciar ningún tipo de investigación.

O Movemento polos Dereitos Civís volverá solicitar a creación dunha Axencia Galega de Protección de Datos para intentar acabar con esa desidia, que en moitas ocasións, se pode observar no traballo da AGPD
ler o resto do texto

07/01/11

Cee non ten, nin solicitou, autorización para as súas cámaras e Neda vai instalar cámaras sin autorización

 

·         O MpDC considera que a Delegación do Goberno fomenta actuacións deste tipo

 

A Delegación do Goberno ven de confirmar que Cee non autorizou ningunha cámara no Concello de Cee xa que ninguén solicitou a mencionada autorización. Iso demostra que as cámaras son ilegais. Ademais, tampouco existe comunicación do rexistro de gravacións á Agencia Española de Protección de Datos. Nembargante, o MpDC considera que isto é culpa da Delegación do Goberno. Tanto o Concello de Neda (que vai instalar cámaras aínda cando non conte con autorización da Delegación do Goberno), como o Concello de Cee (que xa as ten) non fan máis que aproveitarse da permisividade da Delegación do Goberno,

 

Esa autoridade, que outorga os permisos para as cámaras, ten coñecemento das cámaras ilegais de Cee e non actúa. Como tampouco actuou contras as cámaras de Ares ou as da Estación de Autobuses de A Coruña (ambas instaladas sen autorización e permitidas pola Delegación).

 

A Delegación do Goberno tamén mantén autorización para cámaras que non cumpren có principio de idoneidade e proporcionalidade, necesarios para a súa instalación. Ás cámaras da zona vella da Coruña non serviron para diminuír o botellón e os empresario do polígono do Ceao (Lugo) queixanse desde fai máis dun ano da ineficacia das máis de 30 cámaras instaladas no polígono. A pesar de que as cámaras non cumpren có principio de idoneidade (non son idóneas para diminuír o botellón ou os roubos) e có de proporcionalidade (existen outros métodos menos dañinos para os dereitos fundamentais para lograr o mesmo fin que coas cámaras – declaración de Zona de Especial Protección na Coruña e vixilancia privada no Polígono) a Delegación non retira as autorizacións e sigue legalizando as cámaras instaladas ilegalmente.

 

Renato Núñez (voceiro do MpDC) afirma que “a lei non é igual para todos, mentres os cidadáns debemos de cumprir todas as normas, a administración só cumpre as que lles dá a gana”

 

 

ler o resto do texto

02/01/11

O MpDC anima a denunciar a actuación policial no Casino de Santiago

O MpDC anima aos afectados do Casino de Santiago a que denuncie a actuación policial

Despois das noticias dadas a coñecer polos medios de comunicación, nas que se informaba da actuación policial no Casino de Santiago logo de que este local de hostelería pechara as súas portas ante o descontento dos asistentes, o MpDC considera que os afectados teñen motivos dabondo para presenta denuncias por abuso de autoridade e agresión conta os axentes.

O MpDC lembra que o feito de non presentar denuncia, ante as sospeitas de que as consecuencias sexan peores, non garantiza nada e nalgúns casos os axentes realicen partes propoñendo sancións aos afectados.

Si algún afectado quere presentar denuncias contra os axentes pódese dirixir a mpdc@movemento.org.

ler o resto do texto
__________________
__________________

Subvencionado pola Deputación da Coruña
Loading...
Cámara hotel monumento
Han actuado 0 personas
Nos faltan 0 firmas

Actúa ahora

Tu nombre
Tu apellido
Tu correo-e
Cód. Postal

Cámaras de Galiza


Ver Cámaras de Galiza en un mapa más grande

Videos do Youtube