O MpDC é unha asociación sin ánimo de lucro. Si queres colaborar co seu mantemento podes facer unha doazón con tarxeta de crédito clicando abaixo
Cargando...

29/12/10

O MpDC considera que as cámaras do CEAO e do Centro da Coruña non cumpren co principo de idoneidade e proporcionalidade

·         O principio de idoneidade di que deben ser úteis para o fin para o que foron instaladas

·         O de proporcionalidade di que non debe existir outro método igual de eficaz e que non sexa tan danoso para os dereitos das persoas

 

 

O MpDC ven de protestar polos feito de que se manteñan as cámaras do CEAO cando non cumpren os principios previstos pola Lei de Videovixiancia para a súa instalación. Segundo a Lei, éstas deben cumprir cos principios de idoneidade e proporcionalidade para que se poidan instalar. No caso do Ceao non se cumpre ningún dos dous motivos, a proba disto é o feito de que os empresarios do Polígono barallen contratar novamente a seguridade privade que existía con anterioridade á instalación dos dispositivos.

 

Esta non é a única proba de ineficacia das cámaras, e que o MpDC ven denunciando desde fai anos, xa que na Coruña, onde instalaron cámaras para evitar o botellón, tiveron que declarar a Zona Centro como de Especial Protección para que diminuíra as concentracións nocturnas de xovens.

 

As preguntas formuladas polo MpDC en relación coas autorizacións das mencionadas cámaras, nas que se preguntaba polos motivos que xustifican as autorización cando se están mostrando ineficaces, a Delegación do Goberno limítase a dicir que se conceden as autorizacións en cumprimento da Lei. Algo que se está mostrando completamente falso.

 

Para o MpDC queda claro que despois de concedida a autorización, non existe unha soa posibilidade de que, constada a ineficacia do sistema, a Delegación do Goberno ordene a súa retirada. A asociación considera que a Delegación do Goberno fomenta a instalación destes dispositivos incluso cando se mostran ineficaces xa que supón un enorme negocio que transmite á cidadanía unha sensación de seguridade que non é real.

ler o resto do texto

27/12/10

Protección de Datos arquiva a denuncia contra a cámara privada de Sarria ao non ser capaz de localizala

·         Delegación do Goberno confirmou que era privada pero non tomou ningún tipo de medida

A Axencia Española de protección de Datos iniciou investigación para averiguar a legalidade da cámara de videovixiancia instlada na zona de marcha de Sarria pero arquivou a mesma ao ser incapaz de localizar a ubicacióne exacta da mesma. Todo isto despois de que a Delegación do Goberno confirmara que a cámara é privada sen tomar ningún tipo de medida contra amesma.

Non é a primeira vez que isto acontence, afirma o MpDC. As cámras non poden captar a vía pública pois a vixiancia desta é competencia dos Corpos e Forzas de Seguridade (da Delegación do Goberno) e para que un privado instale cámaras debe evitar a captación de imaxes da vía, informar á AGPD do rexistro de grabacións e informar por medio de sinais que a zona é videovixiada.

A pesar de que non se cumple ningún dos requisitos, e que as imaxes poden acabar en calquera sitio como en Internet, ni a Delegación do Goberno, ni a AGPD queren seguir coa investigación. Desde o MpDC facilitase a conta de mail mpdc@movemento.org para que calquera envíe a dirección exacta das cámras e imaxes destas para que a AGPD poida seguir a investigación.


ler o resto do texto

23/12/10

A DELEGACIÓN DO GOBERNO NEGA O ACCESO AO MPDC AOS PERMISOS PARA A INSTALACIÓN DE CÁMARAS DE VIDEOVIXIANCIA NO POLÍGONO INDUSTRIAL DO CEAO

A pesar de non cumprir co principio de idoneidade, a institución estatal renovou o permiso o pasado mes de xullo

LUGO-23-12-2010- A Delegación do Goberno vén de prohibir o acceso do Movemento polos Dereitos Civís de toda a información relativa á colocación de cámaras de videovixiancia no polígono industrial do Ceao, en Lugo. Este feito vén de demostrar que o cumprimento da lexislación á hora da súa instalación non se amosa de todo obxectivo pois de estar todo en orde non debería haber ningún problema en consultar a citada información.

Os feitos comezaron o pasado mes de decembro cando a Delegación do Goberno respondeu un escrito do MpDC onde se lle negaba o acceso á información por non consideralo un interesado neste proceso, cando é algo totalmente erróneo pois o feito de que calquera persoa que circule polas inmediacións do polígono xa se ve afectado polo que pasa a ser un interesado.

Ante esta denegación de acceso, o MpDC solicitou que se lle indicara se cumpría coa normativa a coloccións destes dispositivos e a institución estatal afirmou que estas cámaras renovaran o permiso o pasado mes de xullo polo que a súa colocación estaba dacordo coa lei.

O Movemento polos Dereitos Civís quere denunciar a falla de conciencia das institucións públicas, Concello de Lugo ou Delegación de Goberno, ante unha vulneración dos dereitos das persoas como é a gravación e visionado de todas as persoas que se aproximen a esta zona industrial. Ademais, chama a atención que nos últimos meses véñense comentendo roubos nesta zona videovixianda e na que non se conseguiu, até o momento, deter aos presuntos culpabéis polo que deixa en evidencia este sistema, din eles, de seguridade.

Un dos principios polos que se rexe a colocación das cámaras é o principio de idoneidade que neste caso queda totalmente en entredito pois se os roubos se seguen producindo e non se consegue identificar aos ladróns non serven de nada as cámaras.
Ante estes feitos, o MpDC solicita á Delegación do Goberno que revise os principios polos que se rexe a Lei da Videovixiancia e que recapacite acerca da correcta colocacións destes dispositivos.

Ademais, o Movemento tamén quere esixir ao Concello de Lugo que retire as mesmas, promulgando así cun respecto hacia todos os lucenses e hacia os seus dereitos.

ler o resto do texto

21/12/10

ESCURANTISMO E FALTA DE TRANSPARENCIA

O MpDC pide que o Valedor sancione a Pontedeume pola súa falta de información sobre videovixilancia*


O Movemento polos Dereitos Civís amosa o seu malestar debido á negativa do Concello de Pontedeume a informar ao Valedor do pobo sobre a súa intención de instalar cámararas de videovixilancia. Neste sentido, solicita que se
sancione o dito Concello por non esclarecer cales son as súas intencións á hora de aboradar a seguridade nas rúas.


Para o colectivo que aboga pola defensa dos dereitos das persoas esta actitude mantida polo consistorio coruñés é "unha falta de respecto", tanto á propia asociación como á cidadania. Ademais, desde Dereitos Civís consideran que tal feito debería ser sancionado por Benigno López, xa que
achacan "escurantismo e falta de transparencia" á institución coruñesa cando debera ser exemplo de claridade para coa sociedade e os colectivos que se interesan polo cumprimento da legalidade.

Cabe recordar que o Valedor de Pobo se dirixiu recentemente, e por terceira vez nos últimos seis meses, ao concello de Pontedeume para demandar que responda ás preguntas formuladas polo Movemento polos Dereitos Civís a respecto das intencións de instalar videocámaras en varios puntos do municipio. O MpDC tivo que presentar unha queixa diante do Valedor, xa que a institución local ignorou os escritos remitidos pola asociación.


O MpDC dirixírase ao Concello hai uns meses logo de ter coñecemento, a través da prensa, das intencións da entidade local de instalar dispositivos de videovixilancia en varios puntos do municipio e asegurar que noutras autonomías e países de Europa as cámaras "están funcionando".

O MpDC remitu entón un escrito ao Concello instándoo a que se abstivese de instalar cámaras sen cumprir cos requisitos esixidos pola normativa vixente (respecto ao principio de proporcionalidade, autorización da Delegación do Goberno, informe favorábel da Comisión de Garantías, etc.), tal e ras cidades e concellos galegos, e no caso da prevención dos actos vandálicos (xustificación aducida polo Concello para a instalación dos dispositivos), as cámaras servirían como moito para identificar aos culpables, mais de ningún xeito para evitar o roubo ou os estragos; é sinxelo ocultar o rostro para evitar unha cámara, pero esa mesma cámara recolle día a día a vida diaria de cantos pasan pola zona, invadindo a súa intimidade e os seus dereitos.

ler o resto do texto

17/12/10

O DEFENSOR SOLICITA POR SEGUNDA VEZ AO CONCELLO DE SANTIAGO QUE FACILITE INFORMACIÓN AO MPDC SOBRE AS CÁMARAS DE TRÁFICO

·         Movemento polos Dereitos Civís solicitou en diversas ocasións á institución municipal que se aclare se os dispositivos de videovixiancia se empregan tamén para controlar os transeúntes

 

O Defensor del Pueblo vén de solicitar por segunda vez ao concello de Santiago que responda ás continuas peticións que o Movemento polos Dereitos Civís sobre o emprego que se realiza das cámaras empregadas para controlar o tráfico. Segundo puido constatar o MpDC a través da Axencia Española de Protección de Datos estes dispositivos contan con mobilidade horizontal e vertical así como con certa marxe de aproximación.

 

Ao MpDC preocúpalle que as cámaras sexan empregadas para outras utilidades que non son as recollidas nas súas funcións, como o control dos transeúntes ou a vixilancia de casas grazas ás posibilidades técnicas coas que contan estes dispositivos, así como de posibéis gravacións, algo que terían totalmente prohibido, dacordo a Lei Orgánica que regula a videovixiancia.

 

A asociación que vela polos dereitos civís das persoas dirixiu, dende o ano 2008 diversos escritos á entidade local solicitando a retirada das cámaras así como que se indique cal é o fin para o que se empregan e se están en posesión dos permisos necesarios. A resposta, a uns días de rematar o ano 2010, foi nula incumprindo as dúas solicitudes realizadas polo Defensor.

 

Ante todo isto o MpDC quere mostrar o seu malestar pola ocultación de información que se fai dende unha institución pública como é o Concello de Compostela, negando os datos solicitados polo Movemento e vulnerando os dereitos de todos os veciños de Santiago. Por todo isto, a asociación instará ao Defensor del Pueblo así como ao Valedor para que sancionen ao concello de Santiago polo incumprimento da normativa sobre a publicidade das súas actividades referentes á videovixiancia.

 

Dende o Movemento polos Dereitos Civís, agardamos que o señor Xosé Sánchez Bugallo, máximo responsábel desta isntitución, rectifique e facilite toda a información solicitada así como que proceda á retirada das cámaras de videovixiancia.

ler o resto do texto

15/12/10

O MpDC pide ao Concello de Pontevedra que busque alternativas á instalación de cámaras de videovixilancia para protexer a estatua de Valle-Inclán

  • A asociación para a defensa dos dereitos civís lembra a escasa efectividade destes dispositivos para evitar actos vandálicos

 

Diante das informacións aparecidas hai uns días na prensa, o Movemento polos Dereitos Civís quere facer un chamamento ao Concello de Pontevedra para que reflexione sobre a súa intención de colocar cámaras para vixilar a estatua de Valle-Inclán situada na Praza de Méndez Núñez.

 

A asociación para a defensa dos dereitos civís quérelle lembrar ao goberno municipal a escasa efectividade demostrada por estes dispositivos para evitar actos vandálicos e agresións, tal e como así se reflicte en numerosos estudos realizados; mentres que pola contra, a súa instalación supón, alén dun custo económico de difícil xustificación en tempos de crise, un grave risco para o libre exercicio do dereito á honra, á intimidade e á propia imaxe.

 

O MpDC apunta ao Concello que existen outros métodos máis efectivos, baratos e menos limitativos de dereitos, como mellorar a ilumación da zona ou incrementar a frecuencia da vixilancia policial, para evitar actos de vandalismo contra edificios, estatuas ou mobiliario urbano. Ademais, se tal e como explicaba o voceiro municipal aos medios, gran parte dos destrozos na estatua se producen polas manobras de vehículos, de pouco servirán as cámaras para evitar os accidentes e, en todo caso, sería máis práctico mellorar a sinalización da zona ou buscar algún tipo de protección física como uns pequenos pivotes, uns maceteiros fixos, etc.

 

 

697158861

ler o resto do texto

13/12/10

O MpDC na Prensa - ABC: Asociación duda de la "efectividad" de las cámaras de vigilancia en O Ceao

Lugo, 13 dic (EFE) El portavoz del Movemento polos Dereitos Civis, Renato Pérez, expresó hoy a Efe sus dudas sobre la "efectividad" de las cámaras de vigilancia en el polígono industrial de Ceao en Lugo.

Pérez hizo estas manifestaciones tras los últimos robos y asaltos en el polígono, pese a las 30 cámaras instaladas.

"Las cámaras se instalan como un instrumento que crea una sensación subjetiva de seguridad y así lo reconoció la Policía Nacional de Lugo en un informe al Juzgado y esa sensación subjetiva de seguridad es eso, es subjetiva", insistió.

Renato Pérez recordó que llevan "dos años en que se dice que hay cámaras y por lo tanto el Ceao es seguro y crea una sensación de seguridad que no es objetiva, como se puede comprobar".
"Las cámaras no sirven para evitar los actos de delincuencia, no son disuasorias y tampoco sirven para perseguir a los que cometen esos actos delictivos", opinó.

Además, el portavoz considera que "no se cumple el principio de idoneidad y proporcionalidad", por lo que se preguntó "para qué se instalan" y pidió que "se deje de gastar tanto dinero público en estos sistemas que, al fin y al cabo, no sirven para el fin que dicen que sirven y buscar sistemas que garanticen la seguridad de los vecinos".

ler o resto do texto

A Coruña, Lugo e Santiago constatan a nula efectividade da videovixiancia

  • Catro encapuchados asalta unha empresa do Polígono do Ceao (Lugo) con 30 cámaras de videovixiancia
  • A Coruña tivo que declarar Zona de Especial Protección á zona videovixiada para que disminuíra o botellón
  • En Santiago roubaron en dúas ocasión á placa comemorativa do Príncipe de Asturias que estaba anclada no Obradoiro, zona con varias cámaras.

 

 

No día de hoxe o MpDC ven de coñecer que os empresarios do Polígono do Ceao en Lugo están molestos pola escasa eficacia da videovixiancia instalada polo Concello. Nun recinto con 30 videocámaras, procedeuse ao roubo dunha empresa sin que quedara constancia en ningunha das cámaras. Tamén en Compostela roubouse en dúas ocasións a placa comemoratia do premio Príncipe de Asturias que está instalada no medio da Praza do Obradoiro, prazas con varias cámaras instaldas. Tamén, fai poucas semanas, o MpDC preguntoulle á Delegación do Goberno sobre a efectividade das videocámaras de A Coruñas, pois o Concello tivo que declarar a Zona Centro como de Especial Protección para conseguir reducir o botellón, despois de varios anos coas cámaras de viovixiancia instaladas.

 

Estudo da Universidade de Málaga

 

O MpDC lembra que o estudo realizado pola Universidade de Málaga, e que se suma aos doutros estudos realizados no 2002 (UK e USA), 2005 (UK e USA) e 2009 (UK, USA, Suecia, Canadá) amosan moi escasos resultados coa utilización das cámaras de videovixiancia para reducir a delincuencia.  No estudo do 2009 valorouse a efectivades doutros métodos como a iluminación das ruas ou un diseño viario que dificulte a fuxida, así como a utilización de mobiliario urbano para evitar a delincuencia como métodos máis eficaces.

 

O estudo buscaba comprobar tres hipótesis: que as cámaras non son eficientes para reducir a delincuencia, produce un desprazamento da delincuencia e crea sensación de seguridade. Das tres hipóteses confirmáronse as dúas primeiras e non se puido comprobar a últimas. As cámaras non crearon unha sensación de seguridade e os comerciantes seguían pedindo máis na mesmas rúas onde xá estaban instaladas.

 

Non se produciu un incremento dos número de delictos esclarecidos nas rúas con videocámaras  segundo estádisticas policiais e confírmouse que as cámaras non impiden os delictos graves como as agresións , aumentandos os furtos e roubos con violencia.

 

A sensación subxectiva de seguridade.

 

O MpDC chama a atención sobre a búsqueda da sensación subxectiva de seguridade por parte dos responsables de seguridade. Lembra que a Policía Nacional en Lugo afirmou que as cámaras son úteis porque crean esta sensación; algo moi disitinto á seguridade real e que crea un efecto placebo na cidadanía.

ler o resto do texto

02/12/10

Santullano afirma que deu cumplimento a unha sanción do 2009 da AGPD, pero con medidas do 2005 e 2006

 A Axencia Española de Protección dictou resolución por infracción grave contra o concello de Compostela o pasado día 28 de Outubro do 2009
· A Sanción foi por vulnerar o artigo 15 da Lei Orgánica de Protección de Datos e non permitir o acceso a documentos por parte de persoas directamente afectadas
· A Reslución require, en síntese, "ao concello de Santiago de compostela para que adopte as medidas de orden interno que impidan que no futuro poida producirse unha nova infracción do artigo 15 da LOPD"
· O Concello non tomou ningunha medida relacionada con este extremo

O 1 de xuño do 2006 un cidadán de Compostela presentou denuncia contra o Concello por impedir o acceso a un expediente no que el estaba directamente afectado. Tres anos e catros meses despois, logo dunha sentencia favorable e que o concello non cumpriu, a AGPD dictou resolución de Declaración de Infracción das Administración Públicas (unha figura que evita que as administracións teñan que pagar as cuantiosas sancións que impón a AGPD pero obriga a tomar medidas que impidan que se volva a vulnerar a LOPD). A pesar dese privilexio, Santullano ven de informar que as medidas tomadas son as seguintes:

  1.  Incluír os seguinte texto nas instancias: 
    Consonte o disposto na Leí orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter personal, os seus datos serán tratados de xeito confidenciaL Poderán ser incorporados aos ficheiros do Concello de Santiago relacionados con este trámite, coa finalidade de utilizalos para as xestións municipais derivadas dos procedementos e consultas que inicia o interesado con esta solicitude. En calquera momento poderá exercitar os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición comunicándoo mediante escrito que deberá presentar no Rexistro Xeral do Concello.
  2. A realización dun curso de 20 horas no 2005 e outro no 2006 denomidado "A protección de dados de carácter persoal" 
  3. Remitir a seguinte instrucción aos funcionarios: 
Instrución relativa a posibles inicios de expedientes que se poidan abrir pola Agencia Española de Protección Datos, Defensor del Pueblo e Valedor do Pobo a esta Administración.
En ocasións e ante os requirimentos de actuacións ou expedientes abertos ao Concello polos Organismos indicados, prodúcense demoras en contestacións ou en actuacións que en nada favorecen a imaxe desta Administración. 

Por outra banda, tamén debemos ter presente todos a importante labor que en defensa dos cidadáns e de control da actividade da administración exercen as Institución sinaladas.
Por todo iso encarécese a todos os departamentos do Concello que se cumpran os prazos e se conteste, en tempo e forma, a todo escrito ou requirimento que se poida recibir de ditas Institucións para, desta forma, conseguir día a día un mellor funcionamento da nasa Administración, tendo sempre como meta a prestación do mellor servizo posible aos nasos cidadáns. Ningunha destas medidas cumpren , para nada có requirido pola AGPD;

  1. O texto informa aos cidadáns que teñen dereito de acceso, rectificación e cancelación. Nembargante a sanción ven dada polo feito de que un cidadán que coñecía que tiña ese dereito non conseguiu exercelo cando o requiriu e despois dunha sentencia xudicial.
  2. Ambolos dous cursos comunicados por Álvarez Santullano realizáronse antes de que o mencionado cidadá presentara a denuncia perante a AGPD e, evidentemente, antes da resolución. Ou sexa, os funcionarios non deberon aprender absolutamente nada nos cursos impartidos por Don Juan Antonio Hemández Corchete. Ademais, non se pode entender como unha medida toomada a raíz da resolución cando se realizaron 3 e 4 anos antes da resolución. 
  3. Sobre o terceiro punto non se necesita explicación. Non ten absolutamente nada que ver coa resolución.
 O MpDC vai remitir toda esta información á AGPD para que tome medidas contra o Concello por obviar completamente a resolución dictada por esta Institución.
ler o resto do texto
__________________
__________________

Subvencionado pola Deputación da Coruña
Loading...
Cámara hotel monumento
Han actuado 0 personas
Nos faltan 0 firmas

Actúa ahora

Tu nombre
Tu apellido
Tu correo-e
Cód. Postal

Cámaras de Galiza


Ver Cámaras de Galiza en un mapa más grande

Videos do Youtube