O MpDC é unha asociación sin ánimo de lucro. Si queres colaborar co seu mantemento podes facer unha doazón con tarxeta de crédito clicando abaixo
Cargando...

22/11/10

O Valedor do Pobo diríxese por terceira vez ao Concello de Pontedeume para que responda sobre a intención de instalar cámaras

O Valedor de Pobo vén de dirixirse, por terceira vez nos últimos seis meses, ao Concello de Pontedeume para demandar que responda ás preguntas formuladas polo Movemento polos Dereitos Civís a respecto das intencións de instalar videocámaras en varios puntos do municipio. O MpDC tivo que presentar unha queixa diante do Valedor, xa que a institución local ignorou os escritos remitidos pola asociación.

O MpDC dirixírase ao Concello hai uns meses, logo de ter coñecemento, a través da prensa, das intencións da entidade local de instalar dispositivos de videovixilancia en varios puntos do municipio e asegurar que noutras Autonomías e países de Europa as cámaras “están funcionando”. O MpDC remitu entón un escrito ao Concello instándoo a que se abstivese de instalar cámaras sen cumprir cos requisitos esixidos pola normativa vixente (respecto ao principio de proporcionalidade, autorización da Delegación do Goberno, informe favorábel da Comisión de Garantías, etc.), tal e como ten acontecido noutros Concellos do País.

Así mesmo, dende a asociación para a defensa dos dereitos civís pedíuselle ao Concello que aclarase onde constatou que as cámaras instaladas noutros países de Europa e no Estado funcionan, pois esta presunción entra en completa contradición coa realidade reflectida polos diferentes estudos internacionais sobre a efectividade da videovixilancia, nos que se afirma que os dispositivos non teñen case efecto disuasorio. E, de feito, no caso do estudo realizado pola universidade de Málaga só se constatou unha unha diminución do 1,9% dos actos vandálicos e /ou delituosos e, sorprendentemente, que se roubaban máis vehículos.

A experiencia do MpDC di que as cámaras resultaron de moi dubidosa utilidade noutras cidades e concellos galegos, e no caso da prevención dos actos vandálicos (xustificación aducida polo Concello para a instalación dos dispositivos), as cámaras servirían como moito para identificar aos culpables, mais de ningún xeito para evitar o roubo ou os estragos; é sinxelo ocultar o rostro para evitar unha cámara, pero esa mesma cámara recolle día a día a vida diaria de cantos pasan pola zona, invadindo a súa intimidade e os seus dereitos.

ler o resto do texto

17/11/10

O VALEDOR DO POBO REQUIRE POR TERCEIRA VEZ QUE O CONCELLO DE LUGO INFORME SOBRE AS CÁMARAS DE TRÁFICO

O Movemento polos Dereitos Civís vén de recibir contestación por parte do Valedor do Pobo  respecto das cámaras de tráfico instaladas no concello de Lugo e que podem estar recibindo un uso inapropiado ao seu cometido. En concreto, a institución que vela polos dereitos dos galegos sinala nun escrito que lle requirirá por terceira vez á institución local lucense un informe onde se especifique o uso que se fan destes dispositivos de videovixiancia.

 

O MpDC xa solicitara en marzo do 2009 información ao concello de Lugo acerca destas cámaras de videovixiancia alegándolle os motivos legais polos que as cámaras destinadas ao control de tráfico non podían ter outro fin que o que recollía a Lei. Ante a negativa da institución local de dar resposta a estes requerimentos realizados polo Movemento polos Dereitos Civís, a asociación recurriu ao Valedor do Pobo. A institución galega vén de recoñecer no escrito que solicitará por terceira vez información polo que está afirmando que o concello de Lugo se nega a responder ao Valedor do Pobo sobre unha posible vulneración dos dereitos dos lucenses.

 

Dende o MPDC defendemos que deben primar sempre os dereitos fundamentais á honra, á intimidade e á propia imaxe así como o resto dos dereitos recollidos na Constitución española. O carácter perigoso e limitativo de Dereitos deste tipo de medidas de seguridade figura expresamente recollido nos preámbulos da normativa vixente (LO 4/1997, de 4 de agosto; RD 596/99 de 16 de abril) e despréndese do espírito desas normas e demais instruccións e resolucións da Axencia Española de Protección de datos.

 

Dende o MpDC agardamos que o Concello de Lugo de resposta ao Valedor do Pobo acerca da utilización que se lle está  a dar a estas cámaras xá que os precedentes de utilización das mesmas parga grabar a veciños nas súas habitacións non son moi tranquilizadoras. Esta vulneración non vén máis que a sumarse a outras acontecidas noutras cidades e vilas galegas onde o traballo do Movemento polos Dereitos Civís fixo que moitas delas se retiraran e outras estean nese proceso.

 

Renato Núñez 697158861

ler o resto do texto

10/11/10

O Concello de Neda afirma agora que nunca tivo intención de instalar cámaras de vixilancia na cidade

 

Así o aseverou ao Valedor do Pobo, en resposta ás preguntas trasladada polo MpDC a respecto da legalidade dos dispositivos

 

O Concello de Nesa nunca tivo a intención de instalar cámaras de seguridade no albergue ou no centro cívico, tal e como afirmara na prensa a primeiros deste ano. Así llo comunicou a institución local ao Valedor do Pobo, en reposta ás pregunta formuladas polo Movemento polos Dereitos Civís a respecto do cumprimento da legalidade na suposta instalación destes dispositivos.

 

O concello asegura ao Valedor que aínda que iniciou os trámites para a instalacións das videocámaras, “desistiu de dita pretensión á vista da resolución denegatoria ditada pola Delegación do Goberno de Galia no ano 2007”. Diante desta afirmación, a asociación pola defensa dos dereitos civís considera que o Concello debería explicar por que enganou á cidadanía en xaneiro pasado, ao informar que instalaría os dispositivos, cando na realidade, segundo se tira da contestación ao Valedor, xa desistira nese sentido tras serlle denegado un primeiro permiso pola Delegación. 

 

O Movemento polos Dereitos Civís enviara en xaneiro e maio deste ano dous escritos ao Concello de Neda solicitando información sobre a intención  de instalar 15 cámaras de videovixilancia na vila, aos que non obtivo contestación. Diante desta situación, a asociación tivo que recorrer ao Valedor do Pobo para obter unha resposta.

 

Escasa efectividade dos dispositivos

Dende o MpDC lémbrase que os estudos internacionais realizados e o estudo realizado pola universidade de Málaga afirman que as cámaras de vixilancia teñen un efecto disuasorio moi limitado. E concretamente, en Málaga, só se constatou unha unha disminución do 1,9% dos actos vadálicos e/ou delictivos e, sorprendentemente, que se roubaban mais coches.

 

ler o resto do texto

09/11/10

A DELEGACIÓN DO GOBERNO AFIRMA QUE NON SANCIONARÁ AOS ESTUDANTES QUE PROTESTARON EN MARZO NUNHAS XORNADA EN HISTORIA

Os alumnos concentráronse diante desta facultade para protestar polas novas medidas que afectan ao plan de estudos universitarios

 

A Delegación do Goberno vén de respostar a reclamación ao Movemento polos Dereitos Civís a respecto dunha identificación realizada a estudantes de Historia con motivo dunha protesta contra o master de profesorado na celebración dunha conferencia organizada polo Minisetrio de Educación e Ciencia e pola USC. Nesta resposta, a institución estatal afirma que non se van tomar medidas legais contra os alumnos que inxustamente foron identificados dentro da súa facultade.

 

Os feitos ocorreron o pasado 23 de marzo cando co motivo dunha conferencia baixo o título “A Universidade Emprendedora: Nuevos Modelos” organizada polo Ministerio de Educación e Ciencia e pola Universidade de Santiago de Compostela. Un grupo de mozos decidiu facer unha protesta contra o máster de profesorado, xurdido da reforma do CAP co Plan Boloña. As Forzas e Corpos de Seguridade do Estado que se desprazaron ao lugar identificaron a todos estes mozos, vulnerando claramente de liberdade de expresión.

 

A Delegación aduce agora que eran máis de corenta mozos e que foron identificados porque ao non ter permiso para a protesta querían salvagardar algún altercado que podía producirse durante a celebración da conferencia. Así, a institución estatal asegura que ao non producirse ningún acto que vulnerara a legalidade estas identificacións non se van empregar para nada nin cursar ningunha acción legal contra os alumnos que se manifestaban na facultade.

 

O Movemento polos Dereitios Civís mostra a súa alegría porque a Delegación do Goberno non tome ningún tipo de represalia contra estes alumnos pero quere deixar claro que os estudantes da USC teñen dereito á liberdade de expresión e a protestar contra o que cren inxustos, máis aínda tratándose dun tema tan polémico como o Plan Boloña. Ademais, a asociación citada non cre apropiado que a Policía chegue a unha facultade e se poña a identificar aos alumnos que pacificamente querían mostrar o seu malestar co novo master de profesorado.

 

O feito de identificar a unha persoa antes de que ocorra algo está vulnerando outro dos dereitos dos cidadáns como é o de presunción de inocencia polo que dende o MpDC vemos excesiva a actuación das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e reclamamos á Delegación do Goberno que accións coma esta non se volvan repetir.

ler o resto do texto

07/11/10

O MpDC pide dimisións polas medidas policiais en Santiago durante a visita do Papa

  • Considera que o Delegado do Goberno é o máximo responsable na Galiza
  • Reclamará unha reunión do Consello Galego de Seguridade que xuma casi 3 anos sin reunirse

 

O Movemento polos Dereitos Civís reclamará mañá, ao Ministerio de Interior, unha reunión do Consello Galego de Seguridade que non se reune desde fai 3 anos. É nese organismo, creado a bombo e platillo pola Delegación do Goberno, onde se debían ter valorado as medidas de seguridade que vaciaron Compostela de visitantes. O organsimo está constituído por axentes sociais, sindicatos, concellos e membros dos Corpos e Forzas de seguridade pero non se reune desde a súa creación.

ler o resto do texto

06/11/10

Santiago deserta polo acoso policial e as limitacións á liberdade de circulación

  • Comerciantes accederon aos seus negocios escoltados por axentes que non permitían acceso á zona vella
  • Os hostaleiros de Compostela consideran que os turistas preferiron “non sufrir os trastornos terribles” que produce a visita do Papa
  • Sigue a censura informativa; mentres saíu na retransmisión da TVG unha enorme faixa de benvida ao Papa, obviaron a faixa de 16 metros colocada pola CIG no edificio sindical
  • Titular dun Xornal mexicano: Oro, diamantes y perlas en la misa del Papa en Santiago de Compostela

Tras varios días nos que a cidadanía de Compostela sufriu as consecuencias de seren considerados sospeitosos de quereren cometer algún tipo de actuación contraria á visita do Papa, puidéronse ver as consecuencias de tamaña limitación dos dereitos fundamentais. Escasa participación na visita da Papa e miles de persoas que non puideron realizar durante todo un días as súas actividades normais.

Si un comerciante quería acudir ao seu comercio na zona vella de Compostela debía de ir acompañado dun axente, que si alguén quería ir tomar un café do outro lado da rúa podía encontrar verdadeiros problemas para volver a casa ou si quería retirar o coche do garaxe víase fronte unha misión imposible.

Despois de varios días nos que se vulneraron todo tipo de dereitos dos cidadáns e dun día no que no centro de Compostela rexían as normas do Vaticano, algo que segundo o MpDC crea unha grande inseguridade xurídica, puidemos comprobar como o efecto logrado foi o esperado, miles de persoas optaron por non acudir fronte ao medo as limitacións das liberdades e as dificultades para circular con liberdade.

Todo isto para que 6000 persoas puideron recibir o xefe da igrexa católica na Praza do Obradoiro e outras 15000, segundo os medios, no resto da cidade. Durante varios días Compostela foi refén da igrexa católica para que 21000 persoas puideran recibir ao seu “líder”. Nun 25 de Xullo, en calquera outra manifestación multitudinaria, cando se realizaron cumios internacionais en Compostela ou cando viñeron xefes de estado non se tomaron estas medidas policiais que, parece  evidente, amosa o medo que ten a igrexa aos cidadáns de a pé.

Por outro lado; o MpDC quedou abraiado coa falta de repercusión nos medios das opinións contrarias a estas medidas. Lembra que cada vez que hai unha manifestación, por pequena que sexa, acostúmanse publicar os grandes “trastornos” ocasionados á poboación. Neste caso apenas saíron algunhas mostras de rexeitamento cando toda a cidadanía sufriu durante días as limitacións de dereitos constitucionais, e esta información foi publicada como algo normal e bo.

O MpDC pensa que a cidadanía debería pedir responsabilidade aos organizadores deste acto. Estes deberían explicar os motivo polo que desvestiron a poboación de todos os seus dereitos para que, simplemente, unha persoa puidera dar unha misa, algo que podería ter feito no Monte do Gozo deixando o centro da cidade libre para os cidadáns e fomentando o comercio. Tamén deberían preguntar os motivos polo que pagamos 3 millóns de euros entre todos para que durante días diminuíra as visitas a nosa cidade.

O recordo que quedará é o dun enorme despilfarro como demostra o titular mexicano “Oro, diamantes y perlas en la misa del Papa en Santiago de Compostela”

Declaración autocomplacientes

O MpDC considera que son declaracións autocomplacientes as que afirma que foi unha misa multitudinaria con 6000 persoas no Obradoiro. Dereitos Civís anima a revisar as hemerotecas e ver as fotos das, por exemplo, manifestacións en favor do galego no Obradoiro para valorar a asistencia á misa do Papa.









ler o resto do texto

Denegan acreditacións a medios galegos para informar sobre o Papa

·         O MpDC considera que “non é unha noticia que sorprenda a estas alturas”

·         Lembra que durante o dia 6, simplemente non estará garantido ningún dereito na Alameda e redores

·         É probable que os Corpos de Seguridade tamén se agrediran a xornalistas no transcurso da manifestación do día 4

Comezan a xuntarse denuncias de vulneracións do dereito á información que, segundo a Constitución – que non rexerá no centro de Compostela no día 6 – para considerarse como tal información debe ser imparcial. Nembargantes, durante o día de hoxe tivemos coñecemento de que dous xornalistas gráficos, sen antecedentes policiais, viron como se lles negaba as correspondentes acreditacións para cubrir  a visita do máximo representante da igrexa católica. Ao parecer, o principal inconvinte para que puideran ser acreditados ten que ver co feito de que o medio no que colaboran teñen unha liña non moi favorable á visita do Papa. Tamén unha xornalista do periódico NOVAS DE GALIZA viu como, despois de denunciar estes feitos, tiña a súa acreditación retirada. Desta maneira limítase de forma importante a divulgación doutro punto de vista sobre a visita do Papa que non sexa o políticamente correcto.

Tamén tivemos coñecementos de que polos menos dous xornalistas foron agredidos o xoves (na carga policial contra a manifestación convocada en rexeitamento á visita do Papa)  sen que isto supuxera tivera ningunha repercusión. Nestes días nos que temos os ollos postos nas agresión a dous xornalistas españois en Marrocos, amplamente criticada polos políticos estatais,  resulta moi hipócrita obviar as agresións contra este colectivo ocorridas na Galiza.

O MpDC espera recibir máis información sobre estes feitos para poder tomar algún tipo de iniciativa na búsqueda de evidenciar o “estado de sitio” no que estamos a viver.

 

ler o resto do texto

05/11/10

Suspéndense os dereitos constitucionais na inmediacións da Catedral de Santiago para que veña o Papa

·         A Igrexa terá as competencias “legais e xurisdicccionais” suspendendo a Constitución do Estado Español
·         Non existirá seguridade xurídica para as persoas que circulen pola Catedral e prazas colindantes.
·         Poderase deter a calquera en base a leis do Vaticano.
·         O Corpos e Forzas de Seguridade estarán baixo mando dun goberno estranxeiro
E para rematar as críticas que se veñen facendo de limitacións da liberdade de expresión, manifestación, circulación, presuncións de inocencia, etc. acabamos de saber que simplemente non existirá ningún dereito constitucional nas inmediacións da Catedral pois se rexerá polas normas do Vaticano.
Isto é a guinda dun absurdo legal que transformou Compostela nunha cidade en estado de sitio e a súa poboación en refén dunha confesión relixiosa.
Ás denuncias de cacheos indiscriminados, solicitudes para a retirada de bandeiras, cargas policiais, entrada en domicilios sen orde xudicial... hai que sumar o feito de que simplemente calquera persoa que se encontre na Catedral ou prazas colindantes non terán ningún tipo de dereito recoñecido no Estado Español, os seus dereitos serán os dun Estado dictadorial cuxo máximo mandatario non é elixido pólo pobo e cuxas normas non son desta época.
Haberá que preguntar ao Alcalde de Compostela, quen dixo que as medidas eran as mesma que se produce si veñen o Stones, si estes tamén deixarían a cidade sen rexirse pola Constitución.  Por outro lado, non consta ao MpDC que en ningún concerto dos Stones retiráronse contenedores, cacheou a cidadanía de forma indiscriminada, impediuse a liberdade de circulación en case toda unha cidade...
Só nos cabe esperar que no Vaticano non sigan queimando e torturando aos condenados.

ler o resto do texto

Faixa na sede da CIG

ler o resto do texto

O MpDC está sorprendido pola normalidade coa que se están limitando os dereitos da cidadanía de Compostela

·         Anima á cidadanía a que acudan directamente aos axentes ofrecéndolles o seu documento de identidade para a correspondente identificación

·         Critica a identificación masiva e indiscriminada de cidadáns e a limitación da liberdade de circulación

·         Considera que estase sospeitando de toda unha poboación para permitir que unha persoa poida circular libremente

·         Considera que a falta de estacionamento, a sospeita xeralizada cara os viandantes, o enorme desplegue policial… está facendo de Santiago unha lugar pouco apetecible para visitar estes días

 

O Movemento polos Dereitos Civís está abraiado coa normalidade coa que se están executando medidas que limitan de forma desmedida a liberdade dos veciños e veciñas de Compostela. A identificación indiscriminada, cacheos, controles, retirada de contenedores e papeleiras, a fichaxe de todas as persoas que traballan nos locais por onde transcorre a comitiva do Papa, a retirada de bandeiras contrarias a Bento XVI, a prohibición de estacionar en case toda a cidade e o desplegue de 1 policía por cada 10 habitantes da cidade supón exercer un Estado de Sitio para permitir que unha única persoa circule.

Resulta pouco apetecible a visita a unha cidade con tal propaganda. Non é de estrañar que os hoteleiros  se queixen da ocupación; e iso tendo en conta que grande número de membros de Corpos e Forzas de Seguridade terán que hospedar nalgún lugar e, polo tanto, estarán ocupando prazas hoteleira.

Non se deu esta situación cando o Príncipe de Asturias ou a filla de Bush peregrinaron a Compostela, tampouco cando varios mandatarios acudiron á cidade ou en cumios internacionais que tiveron lugar na Santiago. Como é posible que se faga todo isto sen unha reunión do Consello Galego de Seguridade Cidadán? Onde están o Valedor do Pobo, o Defensor del Pueblo ou a Fiscalía? É posible que fagan refén a toda unha cidade para que unha persoa se poida dirixir aos seus seguidores estrangulando toda actividade económica, administrativa, comercial…?

Pois parece que si. Por este motivo, e ante a falta de garantías xurídicas existentes neste momento, o MpDC anima a todos os cidadáns a acudir directamente co seu Documento de Identidade ante os axentes para axilizar os trámites de identificación e fichaxe.

Contacto: 697158861

 

ler o resto do texto

04/11/10

A Policía e o IES de Celanova deberán informan ao Valedor sobre o impdimento para realizar un acto no pasado entroido

O Valedor do Pobo ven de acpetar unha queixa do MpDC pola que o IES de Celanova e a Policía Local deberán informar sobre o acontencido o pasado mes de febreiro cando se ordenou a retirada varios bonecos na fachada do Instituto desta localidade. O feito de que estas figuras foran instaladas como protesta pola utilización do Mosteiro como Hotel fixo pensar que se ordenara a retirada dos bonecos como unha medida limitadora da liberdade de expresión.

 

Por este motivo o MpDC solicitou información  á Policía Local e ao Instituto sen que ningún dos dous contestara. Agora o Valedor do Pobo ven de aceptar a queixa do MpDC e estes deberán informar a Dereitos Civís a maior brevidade.

 

ler o resto do texto

03/11/10

O Valedor do Pobo volve solicitar información sobre a instalación de cámaras de videovixilancia ao Concello de Lugo

O Valedor do Pobo reclamou novamente información ao Concello de Lugo pola instalación de cámaras de videovixilancia no casco histórico da cidade, concretamente no barrio da Tanería, xa que a institución local aínda non deu resposta ao anterior requerimento remitido polo Valedor.

 

O Concello de Lugo vén adiando a entrega do informe preceptivo demandado polo Valedor do Pobo, a instancias dunha denuncia presentada polo MpDC, dende hai meses e mesmo tentou confundir a institución de carácter social presentando documentación relativa a outras cámaras instaladas en distintos puntos da cidade.

 

Dende o Movemento polos Dereitos Civís lémbrase que as cámaras localizadas no entorno do Pazo do Orbán carecen de autorización e non forman parte dos dispositivos de vixilancia da Muralla nin, tal e como quere facer entender o Concello, están destinados a uso de control do tráfico. 

 

Por esta razón, a asociación en defensa dos dereitos civís insta ao goberno a presentar a documentación que acredite que as cámaras instaladas cumpren todos os requisitos esixidos pola lexislación actual, así como que se respecta o libre exercicio dos dereitos fundamentais dos cidadáns e cidadás.

 

ler o resto do texto
__________________
__________________

Subvencionado pola Deputación da Coruña
Loading...
Cámara hotel monumento
Han actuado 0 personas
Nos faltan 0 firmas

Actúa ahora

Tu nombre
Tu apellido
Tu correo-e
Cód. Postal

Cámaras de Galiza


Ver Cámaras de Galiza en un mapa más grande

Videos do Youtube