O MpDC é unha asociación sin ánimo de lucro. Si queres colaborar co seu mantemento podes facer unha doazón con tarxeta de crédito clicando abaixo
Cargando...

31/10/10

ASINA: O Alcalde de Compostela non acredita que a policía estexa reclamando a retirada de bandeiras contra o Papa

Dille que ti si que acreditas que a Policía estexa reclamando a retirada destas bandeiras e que debería esixir unha investigación sobre este asunto






Nome Completo (Obrigatorio):
Enderezo (Obrigatorio) :
Localidade (Obrigatorio) :
Provincia (Obrigatorio):
CP (Obrigatorio):
Comunidade Autónoma (Obrigatorio):
DI (Obrigatorio):
E-Mail: (só si queres reicibir información do MpDC. Para exercer os dereitos de acceso, cancelación e rectificación pódeste contactar có MpDC no mail mpdc@movemento.org ou en Rúa Rosalía de Castro, Galerías Belen, Local 102, Santiago de Compostela).
O Movemento polos Dereitos Civís non arquiva datos dos demais emails enviados :



ler o resto do texto

29/10/10

Os Corpos de Seguridade non sabeN si os seus axentes realizan labores por libre

·         Din que non saben si os seus axentes por iniciativa propia están mandando retirar as bandeiras que rexeitan a visita do Papa
·         Cando se denunciou a persecución de simboloxía nacionalista a Garda Civil afirmou o mesmo
·         A Policía Nacional non vai permitir bandeiras en paus durante a visita
·         Nada dixeron dos rexistros en San Lázaro ou a identificación de todos os traballadores des de San Lázaro ata o Obradoiro
·         A Policía Nacional non facilita xustificantes para traballadores que chegan tarde ao traballo por pasaren ata 30 minutos en controis
O MpDC ven de coñecer que a Policía Nacional afirma que non deu orde para retirar as bandeiras que rexeitan a chegada ao Papa pero non negan que axentes tomen iniciativas de forma particular e que esten solicitando a súa retirada. Xa con anterioridade a Garda Civil afirmou o mesmo cando se ordenaron que axentes tomaran datos de coches que levaban simboloxía nacionalista.
Semella pouco crible estas afirmacións, máis cando son Corpos absolutamente xerarquizados, e deberían investigar os feitos para evitar que sigan acontecendo. Investigación que non se abre, segundo o MpDC, porque estas medidas contan co beneplácido dos mandos policiais.
Tamén a Policía Nacional afirmou que non vai permitir bandeiras en paus durante a visita do Papa pero si en man.  Algo que a modo de ver do voceiro do MpDC, Renato Núñez, é un sen sentido pois o pau sen bandeira tamén pode ser considera unha arma. Por outro lado o MpDC lembra que denunciou que o 25  de Xullo denunciou que a Policía Nacional estaba impedindo  a circulación con bandeiras de Galiza, algo que o Delegado do Goberno, e que agora se demostra como unha medida habitual; mais daquela volta tampouco se permitiu levar as bandeiras a vista, algo que o MpDC considera que se vai repetir agora.
Para o MpDC, mentres os Corpos de Seguridade tratan a todos os cidadáns como delincuentes os delincuentes campan alegremente por onde mais lles convén. Lembra que mentres todos temos que pasar controis aeroportuários para evitar actos de terrorismo un diplomático con valixa diplomática contaminou a 10000 persoas con produtos radioactivos no 2007.

ler o resto do texto

28/10/10

O MpDC critica enerxicamente as medidas tomadas polos Corpos e Forzas de Seguridade pola visita do Papa

·         A policía Nacional está “solicitando” a retirada das bandeiras que rexeitan a visita do Papa
·         Estanse facendo rexistros de vivendas na zona de San Lázaro son orde xudicial
·         O peche do Centro de Compostela faise dunha maneira nunca vista
·         O Consello Galego de Seguridade Cidadá leva dous anos e medios sen reunirse
O MpDC está indignado coas medidas que se están tomando para  visita do Papa a Galiza. Para Renato Núñez, voceiro da asociación, “é inaceptable as limitacións que van sufrir os cidadáns de Compostela para que o representante dunha organización relixiosa veña a dirixirse aos seguidores desa confesión”. Renato Núñez lembra que Benedicto XVI non ven como xefe de Estado e considera que sufragar com diñeiro público todos os gastos vinculados a esta visita e unha utilización indebida de cartos públicos, sobre todo en tempo de crise.
Por outro lado, lembra, que o Consello Galego de Seguridade Cidadá suma xa mais de dous anos sen reunirse e non entende como se puído chegar á toma de decisión na que se limita tan abraiantemente a liberdade de circulación na cidade de Compostela. Ademais, a limitación da liberdade de circulación está precedida da vulneración doutros dereitos como a liberdade de expresión ao reclamaren os Corpos e Forzas de seguridade a retirada de bandeiras que rexeitan a visita do representante da igrexa católica. O MpDC lembra que en Santiago luciuse sen ningún problema un inxente número de bandeiras do Estado Español nas ventas sen que se reclamara a súa retirada por parte de ningunha autoridade, administración ou institucións. Si non fora suficiente, tamén se está vulnerando a inviolabilidade dos domicilios con rexistros na Zona de San Lázaro sen orde xudicial.
Para o Movemento pólos Dereitos Civís faise inaceptables que se vulneren tantos dereitos da maioría da cidadanía para que o representante dunha confesión relixiosa se dirixa aos seus seguidores. Recorda que non se deron estas medidas cando foi o cumio europeo en Compostela, cando o presidente de Venezuela (un xefe de Estado) visitou Galiza ou cando houbo o Consello de Ministros na Coruña. Dereitos Civís pregúntase si hai unha visita do Dalas Lama, dun Imán ou dun dos Rabinos Xefes...

ler o resto do texto

25/10/10

Sancionan a SGAE con 30000€ pola utilización de cámaras de videovixiancia

30000€ polas cámaras instaladas en Compostela

A Axencia Española de Protección de Datos considera demostrado que as cámaras enfocan a vía pública

O MpDC presentou denuncia en Maio do 2009 e agora, ano e medio despois, a AGPD ven de considerar que o enfoque das cámaras supón unha infracción grave da Lei orgánica de protección de datos e sanciona a SGAE deberá abonar a cantidade de 30000€ como multa.

O MpDC lembra que tem varias denuncias mais deste tipo presentadas empresas que non responderon á solicitude do MpDC de resolver a situación irregular das súas cámaras e que recibirán notificación da AGPD nos próximos dias.

 

 

ler o resto do texto
__________________
__________________

Subvencionado pola Deputación da Coruña
Loading...
Cámara hotel monumento
Han actuado 0 personas
Nos faltan 0 firmas

Actúa ahora

Tu nombre
Tu apellido
Tu correo-e
Cód. Postal

Cámaras de Galiza


Ver Cámaras de Galiza en un mapa más grande

Videos do Youtube