O MpDC é unha asociación sin ánimo de lucro. Si queres colaborar co seu mantemento podes facer unha doazón con tarxeta de crédito clicando abaixo
Cargando...

30/09/10

O MpDC pregunta ao Concello que medidas tomou para non ser sanionado novamente pola AGPD

· A AGP ditou resolución de sanción grave contra o Concello por
negar o acceso a expedientes policiais ilegais a un cidadán

· A AGPD reclamou ao Concello que tomara medidas para que non
volvera a ocurrir o mesmo

· Pasado un ano o MpDC pregunta ao Concello cales foron as medidas
tomadas

O pasado mes de outubro a Axencia Española de Protección de Datos ditou en
resolución en virtude da cal o Concello de Compostela era "condenado" por
cometer unha infracción grave. Esta infracción era non permitir o acceso dun
cidadán aos expedientes policiais que existían sobre el, expediente que
ademais eran ilegais pois o afectado nunca fora condenado ou sancionado por
ningún tipo de infracción.

O Concello tamén foi condenado na vía xudicial polo mesmo motivo.
Nembargante o afectado non puido acceder a todo o expediente pois nos
documentos que foron facilitados finalmente non constaba ningunha
información que respaldara as afirmacións que a Policía Local de Compostela
fixera sobe a súa personalidade.

Pasado xa un ano desde que se ditara a resolución, o MpDC pregunta ao
Concello cales foron as medidas tomadas para que non se volvera a cometer a
mesma infracción. O Movemento polos Dereitos Civís sospeita que non se tomou
ningunha.

ler o resto do texto

22/09/10

A Policía Nacional amaga con deter ao voceiro do MpDC por preguntar porque lle identificaban e preguntar por algún axente que falara galego

·         Acudira para asesora a dous sindicalistas que estaban a colar carteis da Folga Xeral sen contravir a Ordenanza de Publicidade Estática

·         Os Policías negáronse a falar en galego afirmando que non sabían, logo a axente falou en galego e afirmou que só falaba cando lle daba a gana

·         Dixeron que identificaban ao voceiro do MpDC en prevención de que cometera algún delito pero non quixeron dicir cal

·         Os Policías negáronse a identificar

·         Negáronse a informar como conseguir o parte policial

 

A Policía Nacional identificou a varios sindicalistas, por orde da empresa de seguridade do polígono,  cando estaban colando carteis da Folga Xeral cumprindo estritamente a Ordenanza de Publicidade Estática. A raíz deste incidente o voceiro do MpDC acudiu para asesorar aos afectados e un axente da Policía Nacional dixo que non lle entendía e requiriulle que se identificara. O voceiro do MpDC preguntoulle á outra axente presente si sabía galego e dixo que non, tamén afirmou que se identificaría pero que quería saber sobre que delito sospeitaban que cometera ou prevían que ía cometer para requirirlle a documentación. O axente dixo que lle identifica porque si e que si non sería detido. O Voceiro do MpDC pediu aos axentes que se identificaran, ao cal se negaron e decidiron levalo detido. Finalmente o membro do MpDC identificouse sen saber cal era o motivo polo que esixían a súa identificacións, momento na que a axente que afirmara que non sabía galego comezou a falar neste idioma.

 

Finalmente, ao non existir motivo para detelo ou sancionalo, ameazaron con sancionalo por non coincidir a dirección do DNI coa dirección actual que, como todos sabemos, hai que esperar varios meses para conseguir unha cita na policía para a súa actualización.

 

O MpDC presentará denuncia ante a inspección de persoal da policía pola negativa dos axentes a identificárense, ao Defensor Del Pueblo por negárense a falar en galego (co agravante de que sabían), á Delegación do Goberno e ao Xulgado.

 

 

ler o resto do texto

10/09/10

Protección de Datos abre procedimento para declarar infractora á Escola Galega de Administración Pública

• O feito de ser considerada unha Administración Pública libra ao EGAP dunha multa de entre 60.101,21 € e 300.506,05 €
• A declaración de infractora conlevará que teña que tomar unha serie de medidas para deixar de vulnerar a Lei de Protección de Datos

A Axencia Española de Protección de Datos inicia procedimento de declaración de infracción de administración públicas á Escola Galega de Administración Publica polas cámaras que teñen instaladas nos redores do edifício a raíz dunha denuncia do MpDC. Despois desa denuncia a EGAP modificou as cámaras instaladas e incluiu, na fachada do edifício, cartéis de zona videovixiada para intentar cumprir a lexislación vixente.

Nembargante, as cámaras siguen gravando a via pública e as sinais están a unha altura que non permiten a lectura para unha persoa de estatura normal. Ademais, o edifício conta con sensores de movimento no seu perímetro, algo que fai innecesario as cámaras de videovixiancia. Por último, un viciño solicito o acceso a imaxes súas gravadas pólas cámaras do edificios sin que a EGAP contestara. Algo que se sumará ao expediente da Axencia.
ler o resto do texto

O MpDC na Prensa - Galicia Hoxe: Protección de Datos inicia un proceso de declaración de infracción contra a EGAP

"A Axencia Española de Protección de Datos decidiu iniciar un procedemento de declaración de infracción de administracións públicas contra a Escola Galega de Administración Pública (EGAP), por causa das cámaras de videovixillancia que esta institución ten no exterior do seu edificio.

Protección de Datos inicia un proceso de declaración de infracción contra a EGAP | | Galicia Hoxe - Noticias en galego a diario:

Segundo informou Movemento polos Dereitos Civís, a entidade denunciante, o auto da Axencia de Protección de Datos recolle que a EGAP dispón de cámaras na entrada principal do edificio, os catro accesos laterais e a zona de ventás da primeira planta, ao nivel da rúa.

A finalidade destas cámaras, segundo replica a EGAP no auto, é 'garantir a seguridade do edificio' e 'facilitar os labores de evacuación en caso de emerxencia'. As imaxes captadas por estas cámaras son gravadas, non obstante, o persoal da empresa que presta o servizo non ten acceso a estas gravacións.

Ante os datos recollidos pola Axencia, esta decidiu iniciar o procedemento de declaración de infracción de administracións públicas, nomeando como instrutora a Rosa Vallejo Martín.

Para esta decisión, a Axencia de Protección de Datos alega que o tratamento de datos de carácter persoal 'requirirá consentimento inequívoco do afectado', salvo que a lei dispoña outra cousa.

- Enviado mediante la barra Google"
ler o resto do texto

09/09/10

O Concello de Lugo afirma que non instalou cámaras na Sala Porta Miñá e San Roques

 

·         Súmase  a decisión de non instalar cámaras nos parques infantís

·         Actualmente siguen instaladas con Constancia das autoriades as cámaras do Ceao, as da zona da Muralla, varias de tráfico e as do CEI

·         Existen outras, como a instalada no entorno do Pazo de Orbán, que non están controladas por ningunha institución

 

O Concello de Lugo ven de afirmar que tampouco instalou cámaras na Sala Porta Miñá e en San Roque- Cámaras que estaban previstas, xunto coas cámaras nos parques infantis, e que o non foron efectivizadas. Desde o MpDC non se puído comprobar si esta afirmación é certa. Para a asociación, que ven denunciando a proliferación desmedida dos dispositivos de videovixiancia, sigue existindo demasidadas cámaras en Lugo.

 

O MpDC lembra que non está demostrado a efectividade dos dispositivos de videovixiancia e que o Comisario Xefe Provincial de Lugo afirma que “las cámaras de vigílancia producen seguridad subjetiva en los ciudadanos”. Renato Núñez, voceiro do MpDC , lembra que a seguridade subxectiva é a mera senación de seguridade, un efecto placebo que fai que os demais se sintan mais seguros ainda que non exista seguridade real.

 

Renato Núñez lembrou tamén que as cámaras de videovixiancia foron utilizadas por policías locais de Lugo para gravar unha parella mantendo relacións sexuais. E este é un feito obxectivo, non subxectivo como a sensación de seguridade que nos queren dar.

 

Contacto: 610858850

 

ler o resto do texto

08/09/10

O MpDC na Prensa - Correo TV: O CONCELLO DEBE CONTESTAR

ler o resto do texto

07/09/10

Si te quedaches sin chuza, proba o agregador do Movemento polos Dereitos Civís

ler o resto do texto

06/09/10

O Concello de Compostela deberá aclarar si retira o zoom e a toma de imaxes das cámaras de tráfico

· As cámaras están instaladas no centro de Compostela e pode captar
o interior das vivendas

· A policía local de Lugo usou as cámara de Trafíco para gravar a
unha parella mantendo relacións sexuais

O Defensor del Pueblo ven de aceptar unha queixa e reclamou ao Concello de
Compostela que contesta ás peticións do MpDC de que se retire o ZOOM das
cámaras de tráfico e se elimine a capacidade de tomar imaxes e vídeos coas
mesmas. Dereitos Civís fixo esta peticións despois de ter coñecemento por
medio da Axencia Española de Protección de Datos de que as cámaras, que
están instaladas no centro da cidade e a altura das vivenda, teñen
capacidade para tomar imaxes do interior dos edifícios.

Renato Núñez, voceiro do MpDC, afirma que ten especial preocupación pola
utilización que se fai destes artiluxios pois, ao estaren destinados ao
control do tráfico, non necesitan autorización da Delegación do Goberno e
non existe control sobre o enfoque das mesmas. Esta circunstacia fai posible
que se graven aos cidadáns no interior da súa vivenda como pasou Lugo cando
a Policía Local gravou a unha parella mantendo relacións sexuais.

MpDC: 610858850

ler o resto do texto

02/09/10

O MpDC na Prensa - La Voz de Galicia: Las fotos de la pasarela

Desde hace años, todo el que pasa por la carretera de Orbazai se pregunta qué hace allí aquella cámara. ¿Qué vigila? Quizá las obras de la pasarela peatonal sobre el Miño, pero durante años estuvieron paradas. La Confederación Hidrográfica do Miño-Sil aclaró ayer algunos aspectos, aunque no otros porque el aparato no depende de ella. La cámara no es, como parece, de vídeo, sino de fotografía.

http://www.lavozdegalicia.es/lugo/2010/09/02/0003_8701803.htm

La Confederación, por medio de su servicio de comunicación, respondió ayer, en muy breve plazo, a las preguntas del periodista. Aclaró que no es una cámara de videovigilancia, aunque, por su aspecto lo parezca. Es de fotos y, cuando está conectada, dispara cada cierto tiempo. Su objetivo es proveer de documentación gráfica de forma continuada de la evolución de las obras de la pasarela.

El montaje de la pasarela, aún pendiente, tiene una larga y ajetreada historia. Las obras fueron adjudicadas a una empresa por la Confederación Hidrográfica del Norte. La firma adjudicataria tuvo problemas económicos, suspendió las obras y, finalmente, perdió la concesión. Según la Confederación do Miño (organismo del que ahora depende el proyecto) fue esta empresa la que instaló la cámara, que estuvo fuera de uso durante los años que los trabajos estuvieron paralizados.

Ahora, siempre según la citada fuente, la empresa a la que le acaban de ser contratados los trabajos volverá a poner en funcionamiento la cámara en los próximos días. La Confederación señala que el aparato no depende de ella, y que, por tanto, nada sabe de los permisos que pueda requerir, si es que requiere alguno. En todo caso, aclara que la cámara enfoca únicamente el río allí donde algún día estará la esperada pasarela peatonal.

Siempre según el citado organismo, es frecuente el uso del citado recurso para documentar el desarrollo de obras.

Por otro lado Confederación, por otro lado, confirmó que ha enviado a la empresa que urbaniza el polígono industrial de As Gándaras la comunicación de apertura de expediente sancionador por la afectación al entorno del Rato, en su nacimiento. El expediente está relacionado con los rellenos efectuados en los humedales en los que nace el citado río. La tramitación del expediente podría prolongarse por espacio de un año.

Otro caso

El Valedor do Pobo, al hilo de una iniciatia del Movemento polos Dereitos Civís, ha pedido información al Ayuntamiento de Lugo sobre las cámaras instaladas en las calles de la ciudad. El Valedor decidió no reabrir otro expediente, ya archivado.

- Enviado mediante la barra Google"
ler o resto do texto

01/09/10

O Valedo do Pobo volve a solicitar informes ao Concello de Lugo sobre cámaras na rúa

· O Concello afirmara nun escrito anterior que as cámaras
denunciadas eran as da Muralla

· O Valedor tamén reclama ao Concello que dé explicacións sobre as
cámaras de tráfico

O Valedor do Pobo ven de tramitar dúas novas reclamacións do Movemento polos
Dereitos Civís contra as cámaras das rúas de Lugo. Concretamente reclama que
o Concello conteste ás preguntas formuladas polo MpDC en relación coas
cámaras de tráfico e pide explicacións sobre as cámaras instaladas na Zona
Monumental da cidade.

Cámaras de Tráfico

Fronte a sospeita do MpDC de que as cámaras estéxanse usando para outros
fins, sobre todo as cámara da Muralla, e ante o antecedente da utilización
das cámaras para espias os veciños o MpDC reclamou ao Concello que:

· acredite mediante calquera medio de proba que as cámaras
instaladas para o control do trafico cumpren con tódolos requisitos esixidos
polas normas, é dicir, principio de proporcionalidade

· Que se remitan os informes nos que se baseou dito Concello para
proceder á instalación de ditas cámaras e por tanto xustificou o principio
de proporcionalidade e idoneidade.

· Que se informe a esta parte quén ten encomendada a custodia das
imaxes, así como qué mecanismos de control se prevén para garantir os
Dereitos dos cidadáns.

Nota anterior sobre as cámaras da Muralla:
http://mpdc.blogspot.com/2010/08/o-mpdc-sospeita-que-se-esta-cometer.html

Cámaras da Zona Vella.

Ante a enorme confusión existente sobre a titularidade das cámaras
existentes no Concello, o Valedor do Pobo volve a interesarse por unhas
cámaras instaladas nesta zona da cidade e que ninguén conseguiu concretar de
quen dependente e tampouco constan nos rexistros existentes.

Contacto: 610858850

ler o resto do texto
__________________
__________________

Subvencionado pola Deputación da Coruña
Loading...
Cámara hotel monumento
Han actuado 0 personas
Nos faltan 0 firmas

Actúa ahora

Tu nombre
Tu apellido
Tu correo-e
Cód. Postal

Cámaras de Galiza


Ver Cámaras de Galiza en un mapa más grande

Videos do Youtube