O MpDC é unha asociación sin ánimo de lucro. Si queres colaborar co seu mantemento podes facer unha doazón con tarxeta de crédito clicando abaixo
Cargando...

30/04/10

O MpDC continúa a loitar contra Protección de Datos e o seu trato de favor a Unión Fenosa

O voceiro do MpDC, Xosé Renato Núñez Da Silva, vén de interpór un recurso de reposición ante a Agencia Española de Protección de datos logo de que esta lle notificase unha resolución na que se acorda non iniciar procedemento sancionador ademais de informar de que ten previsto arquivar as actuacións.

Para o responsábel do colectivo cabe lembrar que o 12 de novembro de 2008 chamou á compañía Unión Fenosa, solicitando que se procedese a arranxar unha avaría da Urbanización A Ramallosa, no Concello de Teo.

Ante a negativa por parte da devandita empresa de proceder ao solicitado, requíreselle nese mesmo momento copia da gravación das conversacións mantidas; solicitude denegada pola traballadora que nese momento atende á chamada de teléfono.

O 18 de novembro de 2008 enviouse desde a asesoría xurídica do colectivo un escrito a Unión Fenosa solicitando que o interesado acceda aos ficheiros ou soportes de voz das conversacións telefónicas mantidas o mércores 12 de novembro de 2008 coa persoa responsable de atención ao público da compañía. Non recibindo contestación de ningún tipo interpúxose unha reclamación ante a AEPD en base a Lei de protección de datos de carácter persoal.

Máis negativas da AEPD

En novembro de 2009 a AEPD notificou resolución na que se estimaba a reclamación presentada e instaba a UNION FENOSA S.A. para que remitise ao reclamante certificación na que se facilitase o acceso completo aos ficheiros ou soportes de voz. Con todo, nada se sinalaba en relación coas sancións a aplicar á empresa.

Por todo iso cabe cualificar como grave o impedimento e a obstaculización do exercicio dos dereitos de acceso e oposición e a negativa a facilitar a información que foi solicitada, e xa que logo, sancionable coa multa de 300.120,048 euros.

Ademais, sendo como é a Axencia Española de Protección de Datos órgano encargado de velar polo cumprimento da lexislación sobre protección de datos e controlar a súa aplicación, en especial no relativo aos dereitos de información e acceso de de datos, así como órgano encargado de atender as peticións e reclamacións formuladas polas persoas afectadas e de exercer a potestade sancionadora, e debendo estar o ficheiro de Unión Fenosa inscrito no Rexistro Xeral de Protección de Datos esíxese aínda máis o pagamento desa multa.

Non hai que esquecer que en todo momento Fenosa obstaculizou que se obtivesen as gravacións e non é ata un ano despois cando estas se entregan ao dicente, o que leva a unha vulneración evidente da protección de datos.

Igualdade ante a lei

O problema da igualdade proclamada no artigo 14 da Constitución Española pode contemplarse desde dous planos distintos: a igualdade na Lei, ou no trato dado pola Lei, e a igualdade ante a Lei, ou o que é o mesmo a igualdade na aplicación da Lei, supondo que esta segunda cuestión que un mesmo órgano non poida modificar arbitrariamente o sentido das súas decisións en asuntos substancialmente iguais, estando obrigado a razoar e fundamentar, no seu caso, o apartamento que realiza respecto da liña de resolucións precedentes. O problema que se expón é que a AEPD imparte trato de favor a UNION FENOSA S.A. na aplicación da lexislación existente.

Desta situación de desigualdade ante a lei, derívase unha clara violación dos dereitos fundamentais recollidos na Constitución Española. O artigo 18, incluído na sección primeira do capítulo segundo do Título I recolle os dereitos fundamentais e as liberdades públicas. O apartado dese artigo garante o dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe. Ademais, lembramos que o principio de igualdade de trato comporta tamén unha obrigación de transparencia.
ler o resto do texto

28/04/10

O MpDC condena enerxicamente a violación dos dereitos humanos sufrida por dous galegos a mans de Israel

Desde o Movemento polos Dereitos Civís exprésase total apoio e solidariedade a Iván Prado e Laila T., dous galegos que viaxaban a Palestina co único obxectivo de organizaren un festival de clown e que foron impunemente humillados e expulsados polas autoridades israelís.

Dereitos Civís quere facer pública a máis enérgica condena ao que supón unha flagrante vulneración dos dereitos humanos infringida polo aparato de presión de Israel. Como contaba o propio Iván Prado, durante seis horas ambos os dous foron “só corpos amontoados en salas de interrogatorios”, corpos que ás veces mandaban sentar, ou comer, outras espían para cachearlles a alma ou eran fotografados como reses antes de pór a poxa, expresaba.

Interrogados até a saciedade, aillados un do outro baixo a total impunidade das e dos policías israelís, cacheados, retidos en aeropuertos, celas, e trasladados en camións blindados foron só algunhas das vexacións que sufriron estes galegos finalmente expulsados do país hebreo por “seguridade nacional”.

O único obxectivo da viaxe era o de organizar un Festiclown (Festival Internacional de Clown) en Palestina, previsto para outubro deste ano. A retirada dos pasaportes, a total indefensión e ausencia de dereitos é unha constante nos aeroportos de Israel para as persoas que queren viaxar a Palestina.

O MpDC non entende como a comunidade internacional segue a permitir esas vulneracións dos dereitos máis básicos, como persoas son de repente ninguneadas e menospreciadas, como a ausencia da cordura e da razón reinan nesas salas dos aeroportos e como non hai ninguna condena firme que poña freo a estes ataques contra a liberdade de circulación das persoas.
ler o resto do texto

26/04/10

O MpDC loita ante Protección de Datos contra o arquivado do caso Urbaser

O MpDC vén de interpór un recurso de reposición contra a resolución da Agencia Española de Protección de Datos a respecto das cámaras de vídeo vixilancia instaladas no interior e exterior da nave da empresa Urbaser en Redondela, mediante o que solicita a nulidade de pleno dereito da resolución obxecto do presente recurso.

Con data 6 de abril de 2010, o director da Agencia Española de Protección de Datos emite resolución pola que acorda arquivar as actuacións en relación coa denuncia presentada pola Asociación Movemento polos Dereitos Civís a respecto das cámaras de vídeo vixilancia instaladas no exterior da empresa encargada de recollida de lixo, Urbaser, na nave de Redondela, situadas estas unha no exterior e outra no interior.

Os devanditos artefactos de gravación empezaron a captar imaxes o 27 de marzo, pero os traballadores non recibiron comunicación da súa posta en funcionamento até días despois.

Desde Dereitos Civís cabe lembrar que Urbaser vulnera a legalidade no que respecta á utilización de videocámaras polas Forzas e Corpos de Seguridade en lugares públicos, xa que estes dispositivos en cuestión non dispoñen dos preceptivos informes para proceder á súa instalación. O colectivo non entende como a AEPD arquiva o procedemento tendo en conta a larga ristra de ilegalidades cometidas pola empresa de
Recollida de lixo.

Desde o primeiro momento e á vista de que a empresa vulnerou o procedemento de instalación das devanditas cámaras de seguridade, así como de utilización das imaxes captadas polas devanditas cámaras ilegais, solicitou que sexa sancionada ordenando a retirada das mesmas. Lonxe diso e de aterse á lei, o organismo estatal dá novamente
as costas aos dereitos das pesoas.

Dobremente ilegais

As cámaras que se atopan situadas no exterior de devandito edificio están orientadas á vía pública, ao que hai que engadir, que algunhas que se atopan no vestíbulo enfocadas ao controlan o taboleiro sindical, o cal foi cambiado de lugar pasando a estar situado nas proximidades de ditas videocámaras para gravar dun modo máis eficaz a cantos se dirixen ao mesmo, tanto a observar como a colocar boletíns informativos, o que viola claramente tanto a intimidade persoal, como a liberdade ideolóxica e polo seu posto a liberdade de afiliación sindical, o que denota o excesivo control de Urbaser sobre os seus traballadores.

As devanditas cámaras gravan a cantos cidadáns transitan polas proximidades de devandito edificio. Así mesmo tivemos coñecemento de que a empresa de seguridade é Securitas. Con todo non somos coñecedores de se a mesma é ou non a responsable do tratamento. Ademais, os devanditos artefactos comezaron a gravar sen que os traballadores nin os representantes sindicais recibisen comunicación da súa posta en funcionamento.

Neste sentido, as cámaras non contan co principio de proporcionalidade, non respetan os dereitos específicos dos traballadores, non está garantido o dereito á información na recollida das imaxes creación e inscrición do correspondente ficheiro...

Inoperancia da Agencia

Polo tanto, e á vista do anteriormente sinalado, queda clara a vulneración do procedemento de instalación das cámaras de vídeo vixilancia no exterior e interior da nave da empresa Urbaser e a inoperancia da Agencia de Protección de Datos como garante do cumprimento da legalidade vixente, ademais de que debese sancionar á empresa ordenando a retirada de devanditas cámaras de seguridade situadas no seu exterior.

Conduta sancionable

De acordo co previsto na Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal, son infraccións moi graves a recollida de datos en forma enganosa e fraudulenta.

Asimesmo, a dita conduta é castigada cunha multa de ata 600.000 euros e que se corresponde coa actitude de Urbaser ao instalar e utilizar as devanditas cámaras de vídeo vixilancia nos exteriores sen as correspondentes autorizacións esixidas pola normativa vixente. Doutra banda, no caso de que a persoa responsable do ficheiro das imaxes captadas non estivese inscrito no Rexistro Xeral de Protección de Datos, deberase castigar ao mesmo, segundo o previsto cunha multa de 300.000 euros.
ler o resto do texto

25/04/10

Dito e feito

Érase unha vez o diaño “coxuelo” que abría os tellados ás casas para osmar o que nelas se facía. Un bo día (crese certamente que era domingo) deu un pinchacarneiros e foi caer á beira dunha cociña de ferro na que había unha xuntanza familiar. A pesar do remate da copiosa comida, a que semellaba máis vella, púxolle unha boa cunca de viño e tres chourizos (“ó inferno”, por suposto). As meixelas do diaño parecían mesmo estoupar coa calor e unha ola vaporosa envolvía aquel lugar, que comezou a encherse de barullo: nas conversas entrelazábanse temas profesionais con temas profesionais.

Enguliu o primeiro chourizo e o diaño puxo atención naquela muller que teimaba co seu neto: ¡Pero home, como non has coñecer á Xana da Pena da Rocha, sí, a filla do que Vive Debaixo da Ponte!. O rapaz talmente cos ollos cadrados non coñecía a susodita Xana, pero tanto el coma o diaño poñían a máxima atención nas verbas da vella. As anécdotas da súa infancia comezaron a ficcionarse, todos ficaron calados, sentindo coma o relato facía da avoa a persoa máis viva dos que alí estaban. Dramatizaba tódalas escenas do conto, cambiaba a voz, berraba e mesmo aqueles ollos noutrora tristes brillaban de emoción. Era a voz do pobo, a fala encarnada que daba conta das máis ricas vivencias. Daba gusto oíla mesturar o traballo no muíño co muíño despois do traballo (Unha noite no muíño/non é nada/pero unha semana enteira/iso si que é muiñada) e tamén trasnoitaba co mozo (Pensa meu pai que me ten/debaixo do seu pedreito/teño a cama no faiado,/non sabe cando me deito), crendo el que era o único (Teño un amor na montaña/teño un amor montañés/teño un amor na montaña/e na baixada teño tres). A concorrencia aumentaba de cando en vez, sumábanse algún veciño, que matizaban detalles das narracións.

O diaño debía levar unha arroba de viño no corpo mentres saboreaba o último chourizo, cando de súpeto determinou pedir unha taciña de café, as lendas que agora viñan eran as súas preferidas, claro, nas que o demo era o protagonista. (“O xogador e a filla do demo”, “O demo axuda o caseiro”, Antoloxía do conto popular galego, edición de Henrique Harguindey e Maruxa Barrio). Pero os pequenos deron en amolar en demasía ó demo, estaban inquedos e este de tanta fartura, invitoulles a que saísen a xogar á leira de María Pita. Foi o mellor pretexto para que os “polos” da familia tamén se escusasen e fosen fumar detrás do cocho. Así, de forma paseniña, os comensais abandonaban o lar e volvían ás súas casas. Quedaron alí as dúas comadres e “o cornudo”. ¡Veña, Maruxa!¿Quedas aí ou? E tamén Maruxa marchou.

Ofreceulle outra taciña ó diaño, pero enredara dabondo e tiña que marchar, polo que sacou os pés do forno, calzouse e saíu (pola porta) moi agradecido por tan boa velada. A avoa ollou no chan un caderno vermello cheo de lendas e contos populares, e esbozando un pequeno sorriso exclamou ¡Será condanado o demo de home este!

Cristina Collazo Gómez, escritora
ler o resto do texto

El comercio pide cámaras contra el vandalismo y el concello se niega a apoyar "un gran hermano"

Los comerciantes reclaman videovigilancia en la calle ante el aumento de roturas y daños nocturnos a sus locales

Colectivos de comerciantes de Ourense, entre ellos su órgano más representativo, la Federación Provincial de Comercio que aglutina el grueso de locales del sector, han solicitado al Concello de Ourense apoyo para paliar los daños que está causando en sus establecimientos el vandalismo nocturno, por lo que le han planteado la posibilidad de poner en marcha medidas disuasorias, como la instalación de cámaras de videovigilancia en la calle, sobre todo en zonas de"botellón" y movida .

Esta propuesta se ha convertido en punta de lanza de un conflicto en el que el concello también ha tomado posiciones, concretamente el concejal de Seguridad Ciudadana, Fernando Varela quien, tras puntualizar que "el ayuntamiento no tiene competencias en la materia" aclara que "no estoy de acuerdo con un sistema tan denostado como las videocámaras ni soy partidario de convertir las calles de Ourense en un gran hermano".

El tema volvió a saltar en una reciente reunión mantenida entre el presidente de la Federación Provincial de Comercio de Ourense, Aurelio Gómez Villar y el del área comercial abierta, Emilio González, con los representantes de "Limiar", la Federación de Asociaciones de Vecinos de Ourense.

El presidente de Limiar, Manuel Carnero se comprometió, a convertirse en intermediario de los problemas de los comerciante, y a transmitir estas inquietudes, por las continuos daños a sus comercios , pintadas de persianas, roturas y ralladura de escaparates entre otras, que se produce en horas de la noche, en la próxima reunión que van a mantener con las fuerzas de seguridad del Estado en Ourense.

El presiente de Plaza de Abastos se sumó recientemente a esta quejas por el vandalismo en los establecimientos comerciales, tras desplazarse a la Alameda la celebración del botellón. Esto provoca según el portavoz de los comerciantes que todo ese entorno, incluida la zona de "rianxo" se convierta durante la noche en un water público, con el preocupante problema sanitario de que ese mismo entorno acoge al día siguiente un mercado de venta de productos frescos.

El Concello reconoce que ha tratado de paliar este problema dejando abierto en horario de noche y madrugada los servicios públicos que se encuentran situados debajo de la Alameda. Pero los participantes en el botellón "pasan de utilizar estos servicios prefieren utilizar el entorno del mercado de abastos, y además el concello se quejaba de que causaban graves desperfectos cada fin de semana en el mobiliario e esos wat eres y tenían que reparar las roturas" explica Manuel Carnero.

La propuesta de instalar videocámaras algo que compete más a la Subdelegación del Gobierno que a nosotros pero en principio en todos los lugares en los que se ha instalado se ha creado polémica porque puede atentar contra determinados derechos constitucionales de los ciudadanos", indica Varela.

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2010/04/25/comercio-pide-camaras-vandalismo-concello-niega-apoyar-gran-hermano/432664.html
ler o resto do texto

24/04/10

A importancia de apoiar @s artistas nov@s

Esta frase que parece tan sinxela e na que parece que tod@s estamos de acordo, logo na tradución práctica non é tan loable, e sobre todo nestes tempos de crises, nas que as galerías de arte e Institucións diversas, sempre queren contar con artistas xa de prestixio e recoñecemento, deixando de lado tanto os novos creadores, como a outros que sen ser tan novos levan anos e anos traballando na arte, mais reciben pouco apoio, e case nunca contase con eles.

Por iso é de felicitar a un Concello como o de Compostela, e a súa Concellería de Cultura, por poñer unha vez mais en marcha o "Premio para novos valores do Auditorio de Galicia", que agora acaba de rematar coa exposición no Auditorio de Galicia dos seleccionados, correspondente a VI convocatoria.

Unha selección de 35 obras de entre o cento e medio de traballos presentados compón esta mostra, que nos dá unha idea da importancia da mesma. Entre as expostas están os traballos gañadores: 'Reflexos: réplicas (Diálogos en Unland)', unha instalación de parede, con unha composición de árbores e luzes, de Holga Méndez obtivo o primeiro premio. Os catro accésits foron para Joan Morera pola obra 'Vigo-Dakar'; Tamara Feijoo Cid por 'Antropofaxia'; Damián Ucieda por 'Home gritando núm. I 'e para o colectivo FUR ALLE FALLE por 'Os Lolos 23F'.

O Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas naceu en 2001, sendo de carácter bianual , que foi creado coa vontade de dar enerxía e vitalidade á xuventude artística.

A convocatoria deste premio tivo sempre moi boa acollida entre os novos artistas: nesta edición presentáronse un total de 158 traballos a concurso. Nas edicións anteriores obtiveron o primeiro premio Raúl Pereira (no ano 2001), Lorena Gómez (2002), Rubén Ramos Balsa (2003), Pablo Pérez Sanmartín (2005) e Manuel Suárez Eirís (2007).

Outro aspecto moi importante é a labor que se está a facer dende Compostela co programa de exposicións da Zona C, espazo de intervención-exposición, donde o artista fai un proxecto determinado adaptado a un tamén determinado presuposto, sendo escollidos tamén principalmente artistas novos, aínda que algún deles xa están tamén presentes en galerías e determinadas exposicións institucionais. Por alí xa teñen pasados artistas, como Santi Jiménez, Mauro Trastoi, Marga Crespo, Manuel Eiris,

Tamém e xa no ámbito galego hai iniciativas interesantes de apoio os novos creadores, así o Concello da Coruña, con OutonoArte, os xa clásicos Novos Valores das Bienais de Pontevedra, As mostras ou proxectos expositivos que saen da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, entre outros moitos.

O mesmo que aqueles apoios dende Institucións ou Fundacións, Concellos, Museos, con becas, estancias en outros países, exposicións dos proxectos realizados polos becarios, etc.

Todo elo vai xerando un panorama favorable para que os novos creadores poidan realizar os seus traballos, desenrolados, expoñelos, sendo logo divulgados e apoiados polos diferentes axentes culturais do noso pais.

E isto e dobremente importante en tempos como os actuais de crises económica, onde a arte e a cultura están tamén sufrindo os recortes de presupostos, a falta de apoios, as dificultades de poñer en marcha novos proxectos, de movelos por distintos lugares, etc.

Mais tamén temos que facer unhas reflexións sobre a arte producida polos novos creadores, xa que non podemos caer en considerar que por ser algo feito por novos, xa se lle supón valía, xa se ten que considerar obra expoñible, de interés, novedosa, e "mais" calificativos. Dende logo non sempre e así, e tamén podemos atoparnos con obras que non din nada, que solo buscan a "novidade pola novidade", do fácil e improvisado, ou de querer chamar a atención, botando man de calquera cousa, seguindo un pouco o lema de " que todo vale". E ai que ter en conta, que os proxectos artísticos e culturais, requiren tempos de traballo, de reflexións, de sometelos a críticas e revisións, para que nos leven a algúns camiños de comunicacións e de conclusións interesantes. Que intenten buscar unha conexión co público, e non pola contra que motiven o rechazo de este. Polo tanto non vale todo, as propostas non deben ser valeiras de contidos, da simple novidade pola novidade, ou querer solo o extravagante e chamativo, nunha búsquea as veces desesperada da orixinalidade, ou de seguimentos de modas impostas polo mercado ou polos chamados "curatores artísticos".

Tamén non podemos quedarnos con que só a arte nova necesita de diversos apoios, que xa dixemos que sí os necesita, mais tamén son necesarios apoios de promoción, difusión, exposición, intercambios con outras cidades e países, dos traballos de creadores do noso Pais, que levan anos e anos de traballo, de dificultades e resistencias, e que poucas veces se teñen tido en conta, que case nunca se conta con eles en mostras ou proxectos de certa relevancia. O mesmo que convén apoiar as iniciativas artísticas de interés que saen dos colectivos ou asociacións de artistas, e que tamén os novos creadores se integren nestas propostas e iniciativas coas súas aportacións oportunas, xa que aparte dos proxectos individuais de cada un, sempre e importante a labor colectiva, os puntos de unión, de comunicación, de reivindicación, para a mellora en tódolos sentidos dos diversos aspectos da arte e a cultura no noso Pais e da nosa cidade.

Manuel Suárez, pintor compostelán
ler o resto do texto

23/04/10

O MpDC recorre a resolución da AEPD polas cámaras de Telefónica na Coruña

O MpDC vén de interpór un recurso de reposición contra a resolución da Agencia Española de Protección de Datos a respecto das cámaras de vídeo vixilancia instaladas no edificio Telefónica da Coruña. Deste xeito, o colectivo solicita a nulidade de pleno dereito da resolución obxecto do presente recurso.

Con data 13 de abril de 2010, o director da Agencia Española de Protección de Datos emite resolución pola que acorda arquivar as actuacións en relación coa denuncia presentada pola Movemento a respecto desas cámaras.

Desde Dereitos Civís cabe lembrar que Telefónica vulnera a legalidade no que respecta á utilización de videocámaras polas Forzas e Corpos de Seguridade en lugares públicos, xa que estes dispositivos en cuestión non dispoñen dos preceptivos informes para proceder á súa instalación. O colectivo non entende como a AEPD arquiva o procedemento tendo en conta a larga ristra de ilegalidades cometidas pola empresa de telefonía.

Desde o primeiro momento e á vista de que a empresa vulnerou o procedemento de instalación das devanditas cámaras de seguridade, así como de utilización das imaxes captadas polas devanditas cámaras ilegais, solicitou que sexa sancionada ordenando a retirada das mesmas. Lonxe diso e de aterse á lei, o organismo estatal dá novamente as costas aos dereitos das pesoas.

Invadindo o espazo público e dos traballadores

As cámaras que se atopan situadas no exterior de devandito edificio están orientadas á vía pública, ao que hai que engadir, que algunhas que se atopan no vestíbulo enfocadas ao controlan o taboleiro sindical, o cal foi cambiado de lugar pasando a estar situado nas proximidades de ditas videocámaras para gravar dun modo máis eficaz a cantos se dirixen ao mesmo, tanto a observar como a colocar boletíns informativos, o que viola claramente tanto a intimidade persoal, como a liberdade ideolóxica e polo seu posto a liberdade de afiliación sindical, o que denota o excesivo control de Telefónica sobre os seus traballadores.

As devanditas cámaras gravan a cantos cidadáns transitan polas proximidades de devandito edificio. Así mesmo tivemos coñecemento de que a empresa de seguridade é Securitas. Con todo non somos coñecedores de se a mesma é ou non a responsable do tratamento. Ademais, os devanditos artefactos comezaron a gravar sen que os traballadores nin os representantes sindicais recibisen comunicación da súa posta en funcionamento.

Neste sentido, as cámaras non contan co principio de proporcionalidade, non respetan os dereitos específicos dos traballadores, non está garantido o dereito á información na recollida das imaxes creación e inscrición do correspondente ficheiro...

Que garante Protección de Datos?

Polo tanto, e á vista do anteriormente sinalado, queda clara a vulneración do procedemento de instalación das cámaras de vídeo vixilancia no exterior de Telefonica de España S.A.U., e a inoperancia da Agencia de Protección de Datos como garante do cumprimento da
legalidade vixente, ademais de que debese sancionar á empresa
ordenando a retirada de devanditas cámaras de seguridade situadas no seu exterior. Conduta sancionable De acordo co previsto na Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal, son infraccións moi graves a recollida de datos en forma enganosa e fraudulenta.

Asimesmo, a dita conduta é castigada cunha multa de ata 600.000 euros e que se corresponde coa actitude de Telefónica de España S.A.U. ao instalar e utilizar as devanditas cámaras de vídeo vixilancia nos exteriores sen as correspondentes autorizacións esixidas pola normativa vixente.

Doutra banda, no caso de que a persoa responsable do ficheiro das imaxes captadas non estivese inscrito no Rexistro Xeral de Protección de Datos, deberase castigar ao mesmo, segundo o previsto cunha multa de 300.000 euros.
ler o resto do texto

22/04/10

O MpDC solicita información a respecto das condicións nas que un preso de Teixeiro sufriu unha amputación

Recentemente, o Movemento polos Dereitos Civís tivo coñecemento de que unha persoa presa que estaba traballando na cadea de Teixeiro quedou sen o quinto dedo da súa man esquerda no taller de produción mentres manipulaba unha máquina sen medidas de seguridade.

Xa que logo, o MpDC solicita ao centro penitenciario de Teixeiro o acceso á información sobre o estado e condicións nas que se desenvolveu o dito accidente. Pola súa banda, Inspección Provincial de Traballo da Coruña informou que a máquina non estaba homologada, que as coitelas carecían de calquera protección e que a persoa afectada carecía de calquera formación para o posto.

Neste sentido, o colectivo tamén vén de dirixir un escrito solicitando información ao dito organismo, que non impuxo ningunha sanción ao citado organismo autónomo penitenciario.
O 12 de xaneiro do 2005 ofrécenlle traballar noutro posto e como non acepta, o 15 de xaneiro do 2005 extinguen a relación laboral. O 29 de abril de 2005 a Seguridade Social recoñécelle unha incapacidade permanente total, abonándolle a 576,97€.

No ano 2009, a Inspección provincial da Seguridade Social recoñécelle o incumprimento das normas de protección e de seguridade colectiva e individual no taller de Teixeiro no momento do accidente, responsabilizando do mesmo ao Organismo Autónomo de Traballo Penitenciario cunha recarga de prestacións do 50 por cento, recarga que paradóxicamente o compañeiro non pode percibir por non serlle recoñecida ningunha prestación vitalicia sobre a que practicar a recarga agás da Incapacidade Parcial o que suporía un incremento de 275 € (nun so pago), asemade a Inspección provincial do INSS non impón ningunha sanción ao citado organismo autónomo Penitenciario.

O oscurantismo e o deixar pasar son prácticas demasiado habituais no que ten a ver cos organismos penitenciarios. En sobradas ocasións o MpDC puxo estas condicións de manifesto e volve facelo para que as institucións cumpran, cando menos, coa lei e aclaren o acontecido con este traballador. Unha vez máis, Dereitos Civís actúa de oficio e faino ante a ineficiencia e desleixo das administracións.
ler o resto do texto

21/04/10

O MpDC dáse a coñecer a Martxelo Otamendi

Unha representante do Movemento polos Dereitos Civís mantivo na tarde de onte un encontro co ex director do diario Egunkaria e actual responsábel do xornal Berria. Nesta conversa, a integrante da asociación deu a coñecer o colectivo a quen foi obxecto de torturas por parte dos corpos e forzas de seguridade, feito que tanto preocupa ao MpDC.

Ademais de amosarlle o seu apoio, o colectivo quixo facer a Martxelo Otamendi coñecedor da realidade do país no que atinxe aos dereitos civís, para o que lle falou do Informe 2008 elaborado polo Movemento. Entre outros aspectos que se comentaron na dita xuntaza destaca a elevada porcentaxe de galegos e galegas, o 57 por cento, que cre que a Xustiza favorece os intereses políticos e as administracións.

Ademais, o xornalista e tamén defensor dos dereitos civís, tamén tivo acceso na tarde de onte ao labor que o MpDC desenvolve, por exemplo, en materia de vídeovixilancia ou no que respecta ás actuacións das forzas e corpos de seguridade. Ao respecto, Otamendi interesouse por o MpDC actuar de oficio nestes asuntos.

Durante a xuntanza, o Movemento polos Dereitos Civís, ademais de explicar o funcionamento e as actividades do mesmo, prestou especial interese ao tratamento recibido polos efectivos policiais e preguntou ao profesional vasco sobre se o procedemento iniciado contra el e outros catro xornalistas puido ter sido, como tantas veces padecemos no noso país, un acto intimidatorio das institucións fronte as manifestacións sociais distintas das do Estado, ao que respondeu afirmativamente.
ler o resto do texto

20/04/10

O MpDC en contra do novo convenio colectivo do Concello de Vedra

O Movemento polos Dereitos Civís vén de coñecer que o Concello de Vedra aprobou un novo convenio colectivo do persoal laboral do dito concello que, segundo o Movemento, vulnera a legalidade e trata de normativizar o acceso ao emprego con procedementos que favorecen ao colectivo agora contratado máis alá do razoable.

O MpDC amósase totalmente en contra de que o Concello de Vedra aprobe un convenio que é inxusto cos traballadores e que fomenta a discriminación e a subxectividade a hora da contratación de persoal para o concello. O convenio vulnera dereitos básicos das persoas,
como é o dereito á igualdade e ademais atenta contra a imparcialidade que ten que ter unha administración pública por definición, afectando indirectamente á confianza que os cidadáns teñen nos políticos.

O Movemento considera que todas estas políticas de manipulación reguladas por medio de convenios son fórmulas que, a longo prazo, non benefician aos seus creadores, porque co tempo a cidadanía dáse de conta do que sucede e das irregularidades e inxustizas que o seu concello fai e acaban perdendo o apoio do pobo.

O convenio colectivo do persoal laboral do Concello de Vedra indica que nalgúns caso a forma de acceso ao emprego pode ser unicamente o sistema de concurso (en lugar de concurso-oposición), sistema que a lei prevé como excepcional. O MpDC non esquece que moitas destas prazas cubríronse no seu día vía resolución da alcaldía, polo que moitas delas non pasaron un mínimo procedemento de selección, que sería o lóxico tendo en conta que se tratan de prazas para cubrir postos públicos..

O MpDC lamenta profundamente ter que posicionarse en contra dun convenio colectivo, pero mantense firme na defensa dos dereitos das persoas e de que unha cousa é a necesaria consolidación do emprego, e favorecer a mesma, e outra diferente é pretender regalar o emprego na administración dun concello.
ler o resto do texto

19/04/10

A AEPD inicia un proceso sancionador contra a SGAE

O Movemento polos Dereitos Civís vén de coñecer que a Agencia Española de Protección de Datos acusa á Sociedade General de Autores de vulnerar a Lei Orgánica de Protección de Datos pola colocación de cámaras no exterior da sede que teñen en Compostela.

Fai un ano o Movemento denunciou á Sociedade General de Autores y Editores (SGAE) ante a AEPD por ter instaladas cámaras de videovixilancia fixas no exterior do edificio que enfocan á vía pública, o que supón unha vulneración do dereito á imaxe, á honra e á intimidade persoal das persoas que paseen por diante do edificio. A intención do colectivo era esclarecer por que foron instaladas.

A AEPD, á vista da denuncia feita por o MpDC, investigou e solicitou información á SGAE sobre as cámaras de videovixilancia que ten instaladas. A SGAE informou á axencia de que as cámaras foron instaladas para disuadir posíbeis actos vandálicos ou a intrusión no desexada no edificio. Aportan información sobre os carteis que informan da existencia de cámaras de vidiovixilancia e tamén informan da empresa que instalou as cámaras. O problema é que non aportan copia da autorización administrativa da Delegación do Goberno como prevé o
Regulamento de Seguridade Privada para instalación de cámaras no exterior.

As imaxes capturadas no exterior dos edificios públicos son competencia exclusiva dos Corpos e Forzas de Seguridade do estado, e a SGAE non dispón da habilitación legal para o tratamento de imaxes, dado que non ten a autorización dos mesmos.

Polo tanto a SGAE infrinxe o artigo 6.1 da LOPD que di que “o tratamento dos datos de carácter persoal requirirá o consentimento inequívoco do afectado, salvo que a lei dispoña outra cousa” e ademais a AEPD describe esta conduta como grave alegando que se vulnera os
principios e garantías establecidos na lei e polo tanto a SGAE pode ser sancionada cunha multa de 60.101,21€ a 300.506,05€ da acordo coa LOPD.

O MpDC celebra que a AEPD tome cartas no asunto é faga cumprir a lei sancionando a Sociedade General de Autores, e espera que esta medida sirva de exemplo e outras administracións deixen de incumprir a lei.
ler o resto do texto

18/04/10

“Santiago, capital de Galicia”. (II)

Chegou o momento de que Santiago sexa, tal e como contempla o Estatuto de Capitalidade, a capital de Galicia. Son necesarias políticas que sumen, e non que resten. En caso contrario, quen sae perdendo é a cidadanía, porque as políticas negativas frenan a reactivación económica de Compostela, e por extensión, de Galicia. É necesario un pacto, no que estén implicados axentes políticos, económicos e sociais, baseado na colaboración e non na confrontacion, baseado no benestar da cidadanía e non en intereses de partido.

Colaboración no ámbito académico, cun ensino que se adapte ás necesidades da sociedade compostelá, do seu tecido produtivo e do seu mercado laboral.

Colaboración na aplicación de políticas de innovación e novas tecnoloxías que axuden a aumentar a produtividade e competitividade das nosas empresas, fundamental no crecemento económico. No Concello de Santiago estámolo facendo a través da Rede de Cooperación Local.

Colaboración na aplicación de políticas de inserción laboral para paliar o maior problema ao que se enfronta hoxe a sociedade: o desemprego. O concello de Santiago impulsou e asinou, cos principais axentes económicos e sociais, o Pacto Local polo Emprego, o marco no que se desenvolverán as políticas de emprego do municipio ata o 2011. Nesta ocasión queda por asinar a Xunta de Galicia, que sí apoiou, hai catro anos, o Plan de Acción Local polo Emprego. Nos dous anos que estivo vixente, este plan, pasouse, das 6.958 persoas desempregadas que se contabilizaban en xaneiro de 2006, ás 5.572 rexistradas en decembro de 2007.

Colaboración no impulso das nosas infraestruturas. A Cidade da Cultura, programada orixinariamente para ser rematada no 2005 nun primeiro momento, e posteriormente para o 2012, queda agora para o 2021. Pasaron 10 anos. Tan só nos quedan outros 12 e 3 lexislaturas máis. Do que non sabemos nada é do xulgado do mercantil. Que sexa unha preocupación importante dotar a Vigo deste servizo parécenos ben, pero Santiago de Compostela ainda espera que se cumpran os compromisos públicos do presidente, vicepresidente, conselleiro de xustiza e ministro de xustiza dos anteriores gobernos central e autonómico de dotar a Santiago tamén dun xulgado destas características.

Santiago de Compostela é unha cidade acolledora, aberta, comprensiva, xenerosa, solidaria e con visión de país. Nunca demandou, a pesar de estar lexitimada para facelo como capital de Galicia, ser a sede da Delegación do Goberno ou do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ou de varias titulacións académicas que nos permitirian ampliar a oferta formativa. Pero en situacións de agravio como a que estamos vivindo, e sen a colaboración necesaria por parte das administracións que teñen as competencias para facer fronte á crise, o primeiro é a cidadanía. Como veño expresando, debemos unirnos e crear un movemento cívico, pacífico pero firme, capaz de defender alí onde faga falla a nosa identidade, o noso papel e os nosos intereses económicos e sociais. Sen ese paso, será moi dificil avanzar como capital de Galicia, como cidade, e como sociedade que debe procurar o seu benestar.

Xosé Manuel Iglesias/ Concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo de Santiago de Compostela
ler o resto do texto

17/04/10

“Santiago, capital de Galicia”. (I)

Son concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo de Santiago de Compostela. En anteriores lexislaturas tamén estiven á fronte de Educación, Facenda e Mercados. Levo unha década no Concello. Dez anos caracterizados pola colaboración cos distintos gobernos centrais e autonómicos e coas entidades relacionadas co noso tecido económico e produtivo. Este esforzo conxunto pensando no benestar da cidadanía, fixo que a cidade medrase economicamente, ata acadar, en 2007, a renda familiar máis elevada de Galicia (15.299 euros, fronte á media galega de 13.596 euros), encabezando, xunto á Coruña, o PIB máis alto por habitante das cidades galegas.

Este dinamismo económico estase frenando. É verdade que vivimos unha etapa de crise economica. Pero tamén percibo, como moitos e moitas cidadáns de Santiago, que o tratamento que está recibindo Compostela dende diferentes ámbitos non é o máis adecuado, nen para a capital de Galicia, nen para as persoas que viven na cidade. A concesión do Estatuto de Capitalidade, no ano 2002, marcou un antes e un despois. O documento que acredita a Santiago como capital de Galicia pódese convertir en papel mollado se non se dota de contido e, como está acontecendo en moitos casos, se sigue valeirando a cidade do seu patrimonio colectivo e das características que lle confiren o seu carácter universal, intentando correxir a historia.

Onde queda a referencia de cidade universitaria? Nos últimos anos estase desvirtuando o papel de Santiago como referente académico. Ao reparto de titulacións en detrimento de Compostela, que lle tocou padecer dez anos de sequía, súmase a recente campaña en contra da USC pola facultade de medicina. En vez de apoiar a labor investigadora e docente, cuestiónase, sen rigor, a unha institución cinco veces centenaria recoñecida en novembro pasado a nivel internacional como Campus de Excelencia, precisamente polo proxecto do Campus da Saúde. Unha iniciativa que chega nun momento complicado, cando Compostela está perdendo o peso que tradicionalmente viña mantendo como referencia en ciencias da saúde. E que dicir da dotación de centros superiores de réximen especial. Continuamos coa política de café para todos…, menos para Santiago: os conservatorios superiores de música están en Vigo e Coruña, a escola superior de danza en Lugo e o centro superior de arte dramático recalou finalmente en Vigo a pesar do compromiso feito público entre o Sr. Fraga e o finado Sr. Casares aló polo ano 2000...

Onde queda a referencia xudicial? Compostela, a pesares da súa capitalidade, non conta con salas vinculadas ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Tampouco se reclamaron, a pesares de estar lexitimada para facelo. É máis. A partires de setembro de 2005 desaparece a posibilidade de que Santiago e a súa área de influencia conten cun xulgado para atender asuntos do Mercantil, a pesar da demanda que existe.

Onde queda a referencia turística? Con Santiago fóra da Expo de Shangai, despois de resultar elexida no grupo de corenta cidades de todo o mundo que estarían representadas; coa decisión de convertir Lavacolla nunha simple terminal dun destino único, a pesar de ser o aeroporto central, o de referencia e o mellor dotado do país; coa ausencia dun recinto feiral, a pesar de que sí existen nas outras seis cidades galegas e en varias vilas do país; é cunha promoción do Ano Santo con escasas referencias a Compostela, non se pode dicir que exista unha aposta polo sector turístico, a pesar de ser un dos motores da nosa economía.


Xosé Manuel Iglesias/ Concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo de Santiago de Compostela
ler o resto do texto

16/04/10

A Xustiza recoñece a lexitimidade do MpDC no caso do convenio de Vedra

O xulgado do contencioso administrativo número 1 de Compostela vén de desestimar a contestación formulada polo Concello de Vedra á demanda feita anteriormente polo MpDC no que ten a ver co convenio asinado pola isntitución municipal co pintor Modesto Paz Camps.

A Xustiza entende que está claro que existe un acto previo para que o Movemento polos Dereitos Civís poida personarse e consiste na resolución que o consistorio vedrés dictou no seu momento sobre este tema, que foi recorrida polo MpDC.

Deste xeito, o que afirmaba Vedra -que interpuxo sobre o MpDC un recurso de inadmisibilidade ao entender que non existía un acto administrativo previo que relacionase a Dereitos Civís co caso- queda totalmente refutado polo xulgado.

O motivo é que o MpDC si pode personarse no procedemento xa que a concelleira portavoz do BNG de Vedra, Xosefina Guitián Lema, é asociada do MpDC e por iso o colectivo se persona para asegurar a defensa de dita persoa neste caso onde o Concello lle nega acceder ao
dito convenio referido anteriormente.

Malia a que as anteriores peticións deste documento sempre foron feitas pola concelleira vedresa, o MpDC goza de total lexitimidade representando a súa asociada para reforzar esta solicitude documental xa que o consistorio a nega sistematicamente.

O MpDC recorda que é parte interesada no asunto porque Xosefina Guitián é socia da asociación e polo tanto non existe ningún inconvinte para proceder a súa defensa, dado que pode verse afectada pola resolución que poida ditarse. Ademais o Movemento é unha asociación que conta coa suficiente lexitimación activa para personarse no presente procedemento.

O procedemento

O Concello de Vedra presentou unha resolución onde alega non coñecer ointerese que pode ter Xosefina Guitián no convenio, que dito concello ten firmado co pintor Modesto Paz Camps polo que se cede a administración dun edificio, propiedade do concello, a este pintor, e
polo que se regula o funcionamento deste museo. Segundo eles, para ter acceso á documentación do concello é necesario solicitala con algunha xustificación.

Ao respecto, tanto Xosefina Guitián como MpDC cren que instalacións destas características nun concello como Vedra, poderían e deberían dedicarse a unha maior actividade cultural, a maiores da exposición dun solo pintor, tendo en conta o déficit de locais sociais e culturais que hai aínda no concello e, en concreto, na parroquia de San Fins. Ademais, desde o grupo político do BNG de Vedra pensan que o funcionamento deste museo nos anos de vixencia deste convenio, non xustifica o mantemento do mesmo nos termos en que está redactado.

O MpDC pon de manifesto a “desconfianza” e a vulneración do principio de boa fe por parte do Sr. alcalde ante unha concelleira que unicamente pretende estudar a posíbel mellora da actividade cultural do concello e o bo uso de todos os recursos dos que dispón o mesmo.
ler o resto do texto

15/04/10

O MpDC presenta ante a Xustiza un resumo cos desplantes de Bugallo á cidadanía




O Movemento polos Dereitos Civís segue enfrontado co Concello de Santiago para que este renove e regularice ás cámaras de videovixilancia que ten instaladas na zona vella da cidade ou o que sería mellor, que as retire en beneficio da cidadanía.

Debido a iso vén de presentar un escrito no xulgado do Contencioso Administrativo número dous da Coruña como conclusións -un trámite do procedemento- para que a administración da Xustiza conte co resumo do periplo polo que MpDC e sociedade teñen que pasar debido á desidia e o desleixo do rexedor compostelán en materia de ideovixilancia.

O señor Bugallo leva anos cometendo varias irregularidades que levan o concello a ter sen autorización as cámaras de videovixilancia da cidade, o que supón unha violación dos dereitos civís. A primeira irregularidade é que desde fai un ano o Concello de Santiago non renova a autorización de funcionamento das videocámaras instaladas no dito concello. Pero ademais a renovación da autorización ten que
contar cos preceptivos informes esixidos pola lexislación vixente, concretamente pola Lei 4/1997 e o Real Decreto 596/1999, que esixen que as solicitudes de renovación se outorgarán para o prazo máximo de una ano e deberán formularse con dous meses de antelación á súa expiración. O Concello de Santiago non cumpriu os prazos legalmente establecidos como o demostra a sentenza ditada polo Xulgado do
Contencioso Administrativo nº 1 de Santiago de Compostela en relación coa instalación das cámaras de vídeo vixilancia na zona monumental da cidade.

Outra irregularidade do concello que dirixe o señor Bugallo é a instalación das cámaras antes de ter a autorización da Delegación do Goberno. Ademais a dita autorización estaba condicionada á instalación de placas e paneis de información aos cidadáns, que non colocaron ata case un ano despois de teren concedida a autorización, a cal fora adxudicada por un período de tempo de un ano. Polo tanto queda demostrado, o primeiro ano de funcionamento ilegal das cámaras do casco histórico de Santiago.
Logo da caducidade exposta anteriormente, con moita celeridade Bugallo solicita mediante decreto no 2002 a autorización da instalación das mesmas 6 cámara fixas de vídeo vixilancia incumprindo cos requisitos esixidos no artigo 10.3 do Real Decreto 596/1999. A Delegación do Goberno pídelle un novo requirimento ao Concello de Santiago por a súa solicitude continúa incompleta e é entón cando o dito Concello
recoñece que se realizaron gravacións ilegais para solicitar a autorización a pesar da orde de non facelo da Delegación.

Durante dous anos seguidos a renovación das solicitudes foron presentadas con retraso, polo tanto desde o MpDC vese este acto como un menosprezo por parte do Concello de Santiago a normativa esixida en materia de vídeo vixilancia, descoidando totalmente o procedemento recollido polas normas, sendo case legalizadas ámbalas dúas
solicitudes de renovación grazas a boa fe ou descoido das datas por parte da elegación.

O Movemento ve nas sucesivas contradicións e erros de Bugallo unha importante inseguridade xurídica. Que se propoña a ficha de modificacións de movementos das cámaras en unha Comisión ficticia é un claro reflexo de que o Concello non reviste coas suficientes garantías a utilización de vídeo cámaras, que resulta un medio que debe de estar moi restrinxido debido á posible vulneración ó dereito á honra propia
imaxe e propia intimidade dos cidadáns.

Por outra banda o MpDC quere sinalar que nos atopamos ante unha clara falta de publicidade do procedemento administrativo. Vulnerandose por o tanto o principio de publicidade co que a Delegación do Goberno trata o tema das instalacións das video cámaras, que sendo estas de interese xeral da cidadanía e deberían de publicarse no DOG ou BOP.
Deste xeito a cidadanía podería coñecer a realidade existente e saber se existen vulneracións do dereito á honra, intimidade persoal e propia imaxe, así como poder exercitar os seus dereitos de acceso e cancelación. É dicir, a Delegación do Goberno, ao ter coñecemento de que o Concello de Santiago de Compostela instala cámaras na zona monumental, debería publicar dita instalación e indicarlle os pasos a
seguir para proceder en todo caso, ben a súa legalización ou ben á retirada das mesmas, pois estamos ante unha cuestión de interese xeral, que afecta aos dereitos dos cidadáns que diariamente se moven por dita zona.

En todo caso, a realidade mostra que tanto a Delegación do Goberno como do Concello de Santiago de Compostela vulneran o principio de legalidade, en canto se viola o principio de igualdade ante a Lei, o que provoca unha posición de desigualdade no procedemento administrativo.
ler o resto do texto

14/04/10

Fredi Bea terá que permitir ao Club Piragüismo Ogrobe usar as instalacións do Concello

O xulgado contencioso administrativo nº1 de Pontevedra vén de adoptar unha medida cautelar que permite ao Club Piragüismo Ogrobe empregar as instalacións municipais e gardar alí os seus materiais para “evitar graves prexuízos ao club” mentres non se resolve o procedemento.

Por fin chega algo de luz ao descabellado periplo polo que os e as deportistas de alto nivel deste club están a pasar. Malia a que continúa a batalla legal emprendida polo MpDC contra o Concello para conseguir que este recoñezca e solucione todas as irregularidades levadas a cabo contra o dito club deportivo, a Xustiza entende que a entidade deportiva debe continuar a empregar as instalacións do Concello, feito para o que conta con todos os permisos legais.

O pasado verán, Alfredo Bea García e José Cacabelos Rico, concelleiro de Deportes e alcalde, respectivamente do Concello do Grove, ordenaron o cambio do bombín da pechadura da porta que lle daba acceso ás instalacións que tiña o Club Piragüismo Ogrobe no pavillón Náutico de Deportes do Grove. Por mor destes feitos os membros do Club Piragüismo Ogrobe víronse obrigados a ter que abandonar as instalacións deportivas e a transportar diariamente as embarcacións nos vehículos xerando unha situación de incertidume para os deportistas e de tensión nos adestramentos.

O conserxe do pavillón Náutico de Deportes do Grove, foi o encargado de comunicar aos membros do clube a orde dos políticos de abandonaren as instalacións e o conseguiente cambio de pechadura. Os membros do club deixaron dentro da súa parcela parte do seu material, como piraguas, remos, ferramenta para o seu mantemento, cabaletes para apoiar as piraguas, chalecos e material de ximnasio, entre outros.

Este material non foi devolto aos seus propietarios e no seu momento o MpDC reclamou por vía legal a devolución do seu material, entendendo que a expulsión do pavillón non segue o procedemento legalmente establecido.

O concelleiro tamén é o responsable da irregular orde de dar baixa no REDIM ao Club Piragüismo Ogrobe. A asociación leva inscrita no REDIM desde o 1997 e cada ano realizando cumpridamente os trámites necesarios para a súa renovación no mesmo sen ningún problema. A implicación persoal que ten o concelleiro co mundo do piragüismo fai sospeitar de cales poden ser as razóns reais do acoso que está a sufrir o Club Piragüismo Ogrobe, que dende fai un ano e por mor de todos estes incidentes está a ver como os seus deportistas non poden gozar dun bo adestramento.

Ademais a asesoría xurídica do colectivo indica que o Alfredo Bea tamén vulnera sistematicamente o principio de boa fe, polo que dúas partes teñen unha fe recíproca en que cada unha delas fai ben o seu cometido. A dita presunción destrúese cando existe proba en contrario, como é neste suposto que a Concellería de Deportes esixe documentación ao recorrente que non é precisa para a súa renovación no REDIM.

Entre outros, o principio de igualdade ante a lei tamén é vulnerado polo municipio grovense, pois o Concello non está actuando en posición de igualdade co Club Piragüismo Ogrobe coma co resto de asociacións ou de clubes, intentando esta administración local en todo momento danar a imaxe do recorrente.

O Movemento polos Dereitos Civís solicita novamente a devolución do seu material deportivo ao Club Piragüismo Ogrobe, como tamén a nulidade de pleno dereito da resolución do Concello do Grove onde se acorda dar de baixa no Redim ao clube e se dicte resolución na que se acorde que o clube pode continuar inscrito no dito rexistro.
ler o resto do texto

13/04/10

O MpDC constata o desinterese da Agencia Española de Protección de Datos sobre os dereitos civís

O Movemento polos Dereitos Civís acudiu onte a unha xuntanza co Director da AEPD, Artemio Rallo, para falar sobre os casos que a asociación ten abertos con eles e trasladarlle ao organismo estatal o seu descontento co funcionamento e as resolucións do mesmo.

Desde o Movemento a xuntanza pódese definir como pouco produtiva, dado que o director da Agencia rexeitou falar dos casos concretos que ten a asociación abertos con ela. O interese do MpDC era coñecer, caso por caso, os problemas que ten a AEPD para poder emitir resolucións nun prazo razoábel, dado que en numerosas ocasións a asociación leva máis dun ano esperando a súa resposta.

Outro dos intereses do Movemento era coñecer a dinámica de traballo da Agencia, é dicir, de canta xente dispoñen para estudar os casos e que factores teñen en conta.

O MpDC atopouse cunha AEPD que se ampara na Lei Orgánica de Protección de Datos para xustificar as resolucións negativas á asociación. Por exemplo, o caso das cámaras da fachada do Consello de contas de Galiza, situado en Compostela, a Agencia respondeu que como o Consello de Contas ten todos os permisos en regra segundo a Lei Orgánica de Protección de Datos e que non se pode demostrar que grazas as gravacións sexan ilegais, polo tanto segundo eles non teñen porque sancionalo.

O Movemento ve nesta xustificación da AEPD, que perfectamente traspoñen a boa parte das nosas queixas, unha maneira de lavarse as mans, xa que a Agencia nas súas respostas e argumentos sempre di que se axusta a lexislación correspondente. Sempre, cando o único que fai é escoitar ao denunciado.

Por outro lado a Agencia xustificou a súa demora nas resolucións por atopárense desbordados ante a cantidade de casos que reciben desde todos os puntos da península. A Agencia conta con tan só 15 inspectores e 21 persoas de persoal para levar a cabo todas as
investigacións en materia de protección de datos a nivel estatal.

Desde o Movemento continuamos a soster a idea de que a AEPD non ten capacidade para poder resolver con efectividade en un prazo razoábel todos os casos que lle chegan. Polo tanto a idea de crear unha Axencia Galega de Protección de Datos segue a ser, a ollos do MpDC, a única solución para desatascar o volume de traballo da agencia estatal e intentar que dese xeito as violacións dos dereitos civís que cada día se comenten no noso país non queden tan flagrantemente impunes como até o de agora.

A xuntanza foi solicitada a instancias de Dereitos Civís debido a que non pode consentir que a insititución encargada de velar pola seguridade e a integridade dos dereitos das persoas actúe dun xeito tan desconsiderado e totalmente deixado no que respecta ao cumprimento
das súas funcións.

O MpDC cre que o propio organismo debía actuar de oficio en todos estes casos nos que se incumpre a lei e nos que os prexudicados son as e os cidadáns. Lonxe de facelo, escorre o vulto e alega poucos efectivos, ademais de amosar un total desinterese e descoñecemento
da asociación cando é unha das que máis traballo lle dá.

Desde logo, na xuntanza a actitude do director da Agencia foi a de situarse detrás da
trincheira coas mans cubrindo a cara para non ver a realidade que o Movemento lle traslada con frecuencia.

Agardamos que este encontro sirva, cando menos, para que agora si nos coñeza e dunha vez quiten esa pesada vendaxe dos ollos para comezar a funcionar de acordo cos seus cometidos e que a cidadanía deixe de ver totalmente descubertos os seus dereitos porque tal e como funciona agora falar de que funciona é falar de máis.
ler o resto do texto

12/04/10

Situación do libro en Galicia





Hai que ter en conta varios factores cando nos propoñemos facer unha exposición sobre a situación actual do mundo do libro en Galicia. Calquera reflexión esixe unha análise dos hábitos de lecer, especialmente de lectura, e debullar aínda que superficialmente a realidade da industria cultural galega. Non obstante, calquera aproximación debe partir xa que logo desde a perspectiva que como libreiro, como representante do colectivo libreiro, ten quen isto escribe.

A competencia lectora é hoxe en día maior do que nunca foi na historia dado o alto grao de alfabetización existente en calquera sociedade occidental actual como é o caso da nosa, e isto é extrapolable tanto a lectura en xeral como ao caso do galego en particular; non obstante, ao mesmo tempo que se produce esta situación tamén atopamos unha competencia cada día maior ao feito de ler coma forma de ocio e así, aínda que a nivel pedagóxico e cultural segue a ter un valor indiscutible, outras manifestacións especialmente audiovisuais tenden a ocupar o tempo de lecer, sinaladamente entre os colectivos máis novos. A ninguén se lle escapa que na actualidade o cine, a televisión, os videoxogos, Internet e as súas redes sociais... ocupan lugar destacado nas preferencias da xente xoven (e menos xoven) na hora de pasar o seu tempo libre.

Todo o antedito non quita que os índices de lectura en Galicia son agora os mellores de toda a historia por ese paulatino proceso de madurez cultural da nosa sociedade, mais queda aínda moito camiño por percorrer, xa que non podemos obviar a realidade de que o noso país está no vagón de cola (canda a Estremadura) da lectura en España e, a súa vez, esta está nos peores niveis de Europa. A mellorar estes parámetros non axuda precisamente a escasa dotación da rede bibliotecaria galega, que ademáis de insuficiente traballa case tocando a precariedade facendo aínda así unha labor digna de todo recoñecemento.Isto levanos a salientar tamén a laboura desenvolvida polas librarías como fonte de difusión cultural en xeral e no eido do libro en particular. Temos que decatarnos de que a rede libreira galega e das maiores do Estado español e fan en pequenas vilas e en barrios un traballo impagable de achegamento do libro e a cultura.

A situación do libro en Galicia e a día de hoxe a dunha encrucillada que seguramente pode determinar o noso devir como sociedade. Isto é máis evidente cando falamos do libro galego que constitúe hoxe unha industria cultural moi importante mais con grandes eivas que poden lastrar o seu futuro. Hai unha excesiva dependencia do mercado escolar e paraescolar (libros de texto, dicionarios, cadernos, lecturas de prescripción obrigada tanto infantís como adultos...) do cal tamén adoece en boa medida a rede libreira. A incertidume sobre o emprego do galego no ensino tampouco contribúe a un clima positivo para a nosa edición; non obstante, tamén hai indicios positivos de cara ao futuro como sen dúbida pode ser o caso da literatura infantil e xuvenil, na que Galicia é referente imprescindible tanto pola súa calidade formal como literaria acadando recoñecemento nacional e internacional. Non podemos esquecer que os primeiros lectores constitúen os alicerces da futura masa lectora e por esta banda estamos a abrir un futuro esperanzador.

En xeral o libro en Galicia está nun período que probablemente sexa o mellor da súa historia en canto a cantidade e calidade da producción, con editoriais ben consolidadas e outras abrendo novos camiños sobre todo nos terreos da tradución, pero precisamos seguir a sementar para colleitar no futuro e iso pasa por políticas construtivas de promoción do galego e da lectura mellorando a rede bibliotecaria e a súa dotación, medidas de desenvolvemento e modernización das librarías e facendo unha labor de proselitismo cultural que poña en valor a importancia fulcral do libro e da lectura para a creación da cultura e personalidade de todos e cada un de nós, así como unha ferramenta fermosa para o lecer, unha porta a un mundo de soños e ideas, a un mundo mellor.

A situación do libro en Galicia nin é tan mala como algúns agoiran nin tan boa como podería e debería ser. Queda, iso si, avaliar o impacto neste sensible ecosistema do libro do proceso de dixitalización e o e-book, pero isto xa é outra historia (que daría moito que falar aínda)

Xurxo Patiño Pérez/Presidente da Federación de Libreiros de Galicia
ler o resto do texto

10/04/10

Cámaras xesteira - ourense

ler o resto do texto

Equilibrio no ensino para o desequilibrio social

Se nunha das partes da balanza hai máis peso ca na outra, para intentar equilibrala non se pode incrementar en igual medida a carga de cada lado. Iso só fará estabilizar o desequilibrio.

E, polo tanto, é de xustiza social a normalización lingüística, que o goberno da Xunta fai desaparecer, implícita e explicitamente, no mal chamado decreto do plurilingüismo. Lonxe de procurar novos ámbitos de uso, obriga, impón, sen ningún motivo pedagóxico nin sociolingüístico, que o profesorado teña que abandonar o uso do galego en determinados espazos e retiralo das súas clases, materias, libros, exercicios e exames. Disque, por tradición, as matemáticas, a física, a química e a tecnoloxía obrigatoriamente son en castelán... Ah, mais non pasa nada, pois xenerosamente danlles permiso a nais e pais para teren na casa libros en galego. Moitas grazas!

E, como acadarán as rapazas e os rapaces competencia lingüística en galego sen teren que usalo? Pódese aprender un idioma sen practicalo? Pódese aprender, como dixo Xurxo Borrazás, a montar en bici cun manual de instrucións, sen bici?

Dá igual que non aprendan. Xa anunciaron que, aínda que non se cumpra ese obxectivo primordial de acadar plena competencia en galego, o decreto non se mudará. Iso si que é planificación! Xa teñen planificado o que vai pasar, que é, pase o que pase, non mudar o seu unilateral decreto. Porque o importante é manter o equilibrio no ensino. Porque o importante é manter o desequilibrio na sociedade.

E se tamén queren equilibrio na TVG? O 50% de programas en galego e o 50% en castelán. Por tradición, luares e sucesos en galego, e o cinema, claro, en castelán (iso si, darán permiso para que quen queira poida mercar a película en galego, se a hai, para ter na casa). E na Radio Galega. E na publicidade institucional, nas intervencións dos cargos públicos, etc. No Parlamento, se cadra poderanse facer en galego as intervencións sobre cultura, medio rural e pesca; as de economía, industria, sanidade e xustiza, en castelán, claro.

Éche o que ten o equilibrio e a tradición.

Éche o que ten a súa Galicia Bilingüe e a súa Liberdade Lingüística.

Nel Vidal Barral
Presidente da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)
ler o resto do texto

09/04/10

O MpDC volve requerirlle ao Concello de Lugo que cumpra coa lei

O Movemento polos Dereitos Civís vén de presentar un escrito ante o Concello de Lugo para que adopte as medidas oportunas para a retirada das cámaras de vídeovixilancia instaladas na zona monumental da súa cidade e calquera outra medida para cesar a instalación de cámaras de vídeovixilancia que non conten coas preceptivas autorizacións ou informes esixidos legalmente e sen ampararse en resolución legal algunha.

Se o Concello de Lugo non retira as cámaras, o MpDC procederá a realización dun requirimento por vía xurisdicional para que se leve a cabo a retirada das mesmas.

De a asociación continuar con este asunto é porque, a pesar da ilegalidade das cámaras instaladas, nin a Delegación nin o Concello de Lugo proceden a súa retirada e aínda por riba o Concello de Lugo está incorrendo na vía de feito ó ter instaladas unhas cámaras de vídeo vixilancia sen os preceptivos informes esixidos legalmente ao amparo do disposto da Lei 4/97 de 4 de agosto.

Os dispositivos funcionan a día de hoxe sen ningún tipo de autorización e vulneran, segundo a lexislación vixente, o dereito á imaxe e ao honor das e dos lugueses, e deben ser retirados ou ben proceder a súa autorización por parte das administracións competentes.

Agardemos que o Concello de Lugo reflexione e se acolla, dunha vez, á legalidade eliminando o que supón unha vulneración constante dos dereitos das persoas.

O acontecido

Cabe recordar que a Delegación do Goberno remitiu un escrito ao MpDC, logo de que o colectivo tivese preguntado ao respecto, no que indicaba que os permisos das cámaras caducaron o 18 de abril de 2008 e que o Concello Lugo non solicitou a renovación anual correspondente e a dita institución tampouco fixo nada ao respecto chegando, deste xeito, a
unha actitude totalmente pasiva no exercicio das súas funcións. Ademais ambas as dúas institucións están incumprindo a lexislación e vulnerando o dereito á propia imaxe das persoas.

O Movemento indignábase fai uns meses ante a resposta do Concello de Lugo ás alegacións feitas polo Movemento expoñendo que a asociación carece de lexitimación para impugnar un acto da administración cando segundo a doutrina do Tribunal Supremo, o Movemento polos Dereitos Civís está legalmente habilitado para a defensa dos dereitos e intereses lexítimos.

Como asociación sen ánimo de lucro en defensa dos dereitos civís que é, pode interpór un recurso contencioso administrativo e esixir responsabilidades a quen corresponda. Neste caso, o MpDC iniciou un procedemento contencioso administrativo fronte a Delegación do goberno e Concello de Lugo pola instalación das cámaras de videovixilancia instaladas na zona monumental de maneira ilegal.

O MpDC descoñece por que o Concello de Lugo ataca o Movemento acusándoo de ilexítimo para poder denunciar unha irregularidade, en lugar de se poñer a solventar o problema da ilegalidade instalación de cámaras de videovixilancia no casco histórico da cidade.

A lexislación establece que a autorización das cámaras de vídeo vixilancia débese renovar de xeito anual e, especificamente, di que a solicitude se deberá tramitar dous meses antes de que expire a autorización. Respectar o marcado na normativa que regula a vídeo vixilancia é a única maneira de ofrecer as garantías xurídicas mínimas para o libre exercicio dos dereitos fundamentais dos cidadáns, así como evitar usos raudulentos dos dispositivos.

Asimesmo, hai que destacar non está comunicado no rexistro xeral da Agencia española de Protección de Datos a creación dun ficheiro de imaxes, tal e como se establece na normativa actual. Esta comunicación á AEPD é a que permite aos cidadáns que son gravados polas cámaras exercer o seu dereito de acceso, rectificación ou cancelación dos datos persoais contidos nos citados ficheiros e, xa que logo, salvagardar o seu dereito á honra, propia imaxe e intimidade.

Cabe recordar

O Movemento polos Dereitos Civís quere recordar que fai dez anos uns policías locais do Concello de Lugo foron acusados por empregaren as cámaras de tráfico para gravar unha parella no interior da súa casa.

Ademais, os empresarios do polígono industrial do Ceao aseguraron fai uns días na prensa que desde que instalaron as cámaras de videovixilancia no polígono a delincuencia baixou considerablemente.
Ao MpDC gustaríalle ver algún informe cuantitativo que achegue datos obxectivos e contábeis sobre o descenso da criminalidade nesa zona, porque aínda que se presupón que as cámaras disuaden os criminais, ese feito non está demostrado. De feito, a finais do ano pasado un informe da propia Policia de Lugo aseguraba que a delincuencia na cidade
subira desde o 2000, a pesar de teren cámaras de videovixilancia instaladas.

A vista dos antecedentes que ten a cidade de Lugo en materia de vidiovixilancia, o Movemento cre que é hora de que comecen a regular a súa situación e respeten os dereitos das persoas.
ler o resto do texto

08/04/10

O MpDC solicita información á Policía Nacional sobre unha actuación desproporcionada

O Movemento polos Dereitos Civís vén de presentar un escrito ante a Xefatura Superior de Policía de Galiza, para solicitar información sobre a actuación do Corpo Nacional de Policía o 9 de marzo de 2010, en relación coa detención do Secretario comarcal da CIG, Salvador Cerqueiro.

O MpDC amosou, no seu momento, a súa máis enérxica repulsa á detención do Secretario comarcal da CIG-Servizos de A Coruña, Salvador Cerqueiro, que foi conducido á Xefatura Superior de Policía, retido e fichado, sen que en ningún momento se lle explicasen as razóns de tal actuación. Coma daquela, a asociación pide unha explicación sobre os motivos que levaron á Policía Nacional a deter dun xeito desproporcionado a este cidadán. Ao respecto, o colectivo xa pedira explicacións á Delegación do Goberno e á inspección de persoal da policía a través de sendos escritos e estes responderon que non era da súa competencia.

Cabe lembrar tamén que, lonxe de practicar a detención de Cerqueiro, a policía procedeu á identificación de dous delegados desta central que participaban nunha concentración diante da Xefatura, mentres que ao Secretario Nacional da Federación tomáronselle os datos por ser “susceptíbel” de ter cometido algún acto delituoso. O MpDC non pode senón denunciar esta violación dos dereitos fundamentais lesados
ademais sen ningún tipo de xustificación.

O acontecido

Os feitos iniciáronse a mañá do 9 de marzo cunha chamada da policía ao secretario comarcal da CIG-Servizos para solicitarlle que acudira á comisaría durante esa tarde, sen aclarar os motivos de tal citación. Cando a tarde Salvador Cerqueira comunicou que non acudiría á citación porque tiña unha reunión nunha empresa, “non pasaran nin cinco minutos cando apareceu unha parella de axentes na porta da miña casa para levarme á comisaría”, afirmou o sindicalista.

Non obstante, os axentes non comunicaron ao afectado en ningún momento os motivos da detención, sinalando soamente que esta acción tiñan a ver co conflito nas instalacións deportivas, procedendo á apertura dunha ficha de identificación, así como á súa retención durante máis dunha hora. Neste senso, cabe lembrar que a detención do secretario comarcal da CIG-Servizos prodúcese horas despois do acordo entre patronal e sindicatos e da suspensión da folga indefinida.

Pouco despois da saída de Cerqueiro da Xefatura, a policía chamaba a dous delegados sindicais que participaban na concentración de repulsa á detención do responsábel de Servizos para identificalos en relacións a feitos acontecidos durante a folga de instalacións deportivas, comunicándolles que serán chamados polo xulgado. Asimesmo, o
Secretario nacional da CIG-Servizos, Paulo Rubido, tamén foi identificado de xeito “preventivo”.

De novo e ante estas actuacións desproporcionadas e propias dunha ditadura e non dunha democracia, o MpDC non pode senón reiterar a súa condena máis firme ademais de lembrar que fai escasamente dúas semanas os corpos e forzas de seguridade cargaron sen ningún tipo de motivo e de xeito brutal contra os mesmos traballadores de nstalacións Deportivas, sen esquecer o esperpento que tamén protagonizaron os
policías cando entraron a retiar uns “mecos” que colgaban nas fiestras do instituto de Celanova.

O Movemento solicita que as administracións contactadas respondan ante estes feitos e alerta da indefensión á que se atopa sometida a cidadanía por parte dos corpos e forzas de seguridade, que actúan sempre en connivencia coas institucións públicas e contra os intereses da sociedade cando se trata de temas ou cuestións contrarias ao “poder establecido”.
ler o resto do texto

07/04/10

O MpDC solicita á Xustiza que obrigue de novo a Compostela a retirar as súas cámaras ilegais

O MpDC vén de formular conclusións e solicita ao Xulgado Contenciso Administrativo nº2 da Coruña para que dicte sentenza a respecto das videocámaras instaladas na zona vella de Compostela.

Deste xeito, a asociación cumpre o trámite procedimental e resume os principais feitos que se produciron desde que abriu este procedemento contra o Concello de Santiago por todas as irregularidades que cometeu e comete en materia de videovixilancia.

O que solicita, unha vez máis, o Movemento polos Dereitos Civís é que Bugallo retire os dispositivos que vulneran, sistematicamente, uns dos dereitos máis básicos das persoas, como son o dereito á imaxe, á intimidade e á honra.

Ademais, o colectivo considera que, á vista do resumo que segue, está todo máis que claro e resulta evidente o incumprimento continuado da legalidade e os despropósitos contra a cidadanía e contra o propio MpDC.

Cabe lembrar tamén que xa hai unha sentenza que obriga a retirar estes dispositivos e non se pode esquecer tampouco a desobediencia e a desidia coa que actúa o alcalde compostelán ao non acatar as ordes da Xustiza.

Trámites

Como se acredita co Oficio da Delegación do Goberno de 19 de xaneiro de 2009, a Delegación do Goberno en Galiza informa que a renovación da autorización de funcionamento das videocámaras instaladas polo Concello de Santiago de Compostela foi autorizada mediante resolución do Delegado do Goberno en Galiza de data 1 de decembro de 2008, á vista do Informe favorable da Comisión de Garantías de Vídeo vixilancia.

Tal e como consta de manifesto no Oficio da Delegación do Goberno, a instalación das cámaras de vídeo vixilancia na zona monumental de Santiago de Compostela é feito non controvertible, procedéndose a renovación da autorización de dita instalación sen contar cos preceptivos informes esixidos pola lexislación vixente.

En ningún momento a Delegación do Goberno nin o Concello de Santiago de Compostela nos informan da data de solicitude de renovación da autorización da instalación de ditas cámaras de vídeo vixilancia, polo que entendemos, salvado os debidos respectos e sempre en termos de estricta defensa, que o Concello de Santiago seguindo a tónica existente ó respecto en relación coa data de solicitude de renovación de dita instalación que non presentou a mesma en prazo. Basta con ollar a sentenza ditada polo Xulgado do Contencioso Administrativo nº 1 de Santiago en relación coa instalación das cámaras de vídeo vixilancia na zona monumental da cidade Compostelán.

Igualmente para proceder a conceder a renovación de ditas cámaras de vídeo vixilancia, deberán cumprirse os requisitos da Lei 4/97, é dicir, que se manteñan ou aumenten os motivos para cumprir co principio de proporcionalidade, básico e fundamental na instalación deste tipo de artefactos de gravación, que neste caso non se cumpriu.

Dicir tamén que resulta de suma importancia as numerosas contradiccións e erros do Concello neste procedemento, provocando unha enorme inseguridade xurídica, conlevando á nulidade da mesma.

Renovacións

Polo que se refire á renovación da autorización da Delegación de Goberno de Galiza relativa á instalación de seis cámaras fixas no casco histórico da cidade, a pesar de que se concederon ditas autorizacións, vulnerouse o disposto na Lei 4/1997 ó non respetarse o prazo establecido a tal efecto, e concederse dita autorización sete meses despois de que a Comisión de Goberno do Concello de Santiago adxudicara a execución das obras de subministro e instalación de cámaras de TV no casco histórico, polo que como é normal, a renovación da autorización devén nula.

En todo caso, vaia por diante que a autorización por parte da Delegación do Goberno concedeuse o 29 de xullo de 1999, a adxudicación da súa instalación efectuouse o 28 de decembro de 1998, e non é ata o 5 de febreiro de 1999 ,cando o alcalde solicita a súa autorización.

Asimesmo, a dita autorización estaba condicionada á instalación de placas e paneis de informacións ós cidadáns, non procedendo á colocación dos mesmos ata o 22 e 23 de maio de 2000. É dicir, case un ano despois de concedida a autorización, a cal fora concedida por un período de tempo de un ano.

Ademais, o Concello non formaliza até o 3 de agosto de 2000 o libro de rexistro de funcionamento das cámaras, é dicir, máis dun ano despois da autorización da Delegación do Goberno. Queda demostrado, polo tanto, o primeiro ano de funcionamento ilegal das cámaras do casco histórico de Santiago.

Ditas solicitudes renováronse nos anos 1999, 2000 e 2001, se ben foron presentadas fora dos prazos previstos pola Lei Orgánica 4/1997 e no Real Decreto 596/1999, de 16 de abril, polo que se aproba o regulamento de desenrolo da Lei Orgánica 4/1997.

Dito regulamento de execución recolle no seu artigo 10 o procedemento de solicitude das renovacións e instalacións de vídeo cámaras fixas. Conforme a este artigo, no seu apartado segundo establece: “As solicitudes de renovación de aquelas autorizacións que se outorgaran para o prazo máximo de un ano deberán formularse con dous meses de antelación á súa expiración”

O incumprimento do procedemento legalmente establecido para a instalación das cámaras de vídeo vixiancia conleva a un vicio procedimental, o que supón que a autorización da renovación na que se basea o Concello non produza efectos de ningún tipo, debendo o Concello repoñer a situación ó estado previo no que se atopaba con anterioridade da instalación de ditas cámaras.

Non serven para evitar actos vandálicos

Ademais, cabe sinalar, que dende que se instalaron ditas cámaras, producíronse conductas delictivas, como roubos...., e en ningún momento estas serviron para impedir a súa comisión nin para reducir o seu número, nin tan sequera para a identificación dos presuntos culpables, tal e como manifestaron en numerosas ocasións publicamente comerciantes das rúas e prazas onde se atopan estes artefactos de gravación.

Non podemos considerar como válida a renovación da autorización das cámaras instaladas na zona monumental de Santiago de Compostela, pois ó existir un vicio ou defecto de nulidade ab initio, isto provoca que todo o procedemento deveña nulo, e que non poida ser considerada como válida nin que surxa efectos dita renovación.

Cabe lembrar que, como foi declarado na sentenza de 16 de setembro de 2006 polo xulgado do contencioso administrativo n º 1 de Santiago de Compostela, tal e como se levou a cabo o procedemento por parte de dito Concello, evidencia a “pasividade coa que o Concello de Santiago tratou o trámite necesario e obrigatorio do mesmo (á vista está a ausencia de toda documentación no propio expediente).

O MpDC si está lexitimado

Especial referencia merece o disposto no artigo 19.b) da LXCA en relación co anteriormente exposto, en canto que están lexitimados ante a orde xurisdicional contencioso- administrativo, as corporacións, asociacións, sindicatos e grupos e entidades a que se refire o artigo 18 que resulten afectados ou están legalmente habilitados para a defensa dos dereitos e intereses lexítimos colectivos.

Así segundo a doutrina do Tribunal Supremo, o Movemento polos Dereitos Civís goza da condición de lexitimado, e por tanto conta con suficiente lexitimación activa pois como Asociación sen ánimo de lucro en defensa dos dereitos civís, interpón o presente procedemento contencioso- administrativo,esixindo responsabilidade a quen corresponda pola instalación das cámaras de vídeo vixilancia instaladas na zona monumental da cidade compostelán, solicitando que se proceda a súa retirada ó non cumprir cos requisitos legais.

En calquera caso a alegación feita de contrario en canto á falta de lexitimación activa debe ser desestimada, xa que aínda cando poida discutirse a lexitimación da asociación en vía administrativa, esa lexitimación non foi cuestionada nesa vía pola Delegación do Goberno nin polo Concello de Santiago de Compostela, de modo que, seguindo a consolidada doutrina xurisprudencial non se pode negar lexitimación na vía xurisdiccional a quen non se lle negou na vía administrativa.

Cabe sinalar igualmente, que estamos ante unha clara falta de publicidade do procedemento administrativo, vulnerándose por tanto o principio de publicidade, coa que a Delegación do Goberno trata o tema das instalacións das vídeo cámaras, cando sendo unha cuestión que afecta ó interese xeral da cidadanía, debera publicarse no DOG, BOP ou dous dos diarios de maior circulación, para así dese xeito coñecer a realidade existente, e por suposto saber se existe vulneración do dereito á honra ,á intimidade persoal e a propia imaxe, tan controvertidos na actualidade, así como poder exercitar os dereitos de acceso, cancelación, oposición e rectificación. Dese xeito os cidadáns poderían con unha maior brevidade saber que normas rexen ou protexen os seus dereitos, así como terían coñecemento de cal sería a resolución a recorrer con maior rapidez.

É dicir, a Delegación do Goberno, ó ter coñecemento de que o Concello de Santiago de Compostela instala cámaras na zona monumental, debería publicar dita instalación e indicarlle os pasos a seguir para proceder en todo caso, ben a súa legalización ou ben á retirada das mesmas, pois estamos ante unha cuestión de interese xeral, que afecta ós dereitos dos cidadáns que diariamente se moven por dita zona.
Por iso, non ten cabida o disposto no escrito de contestación á demanda cando o avogado do Estado reflexa a ausencia de acto recorrible, pois o MpDC só pode recorrer este Oficio da Delegación do Goberno, xa que é o único medio que ten de coñecer que a instalación de cámaras de vídeo vixilancia instaladas na zona monumental de Santiago de Compostela vulneran o disposto na Lei 4/97 de 4 de agosto, pois se a Delegación do Goberno publicase nun diario oficial ou en dous de maior circulación dita instalación, esta Asociación tería constancia da instalación de ditas cámaras de vídeo vixilancia.

Vulneración do principio de legalidade

En todo caso, a realidade mostra que tanto a Delegación do Goberno como do Concello de Santiago de Compostela vulneran o principio de legalidade , en canto se viola o procedemento legalmente establecido , en concreto o artigo 35 da Lei 30/92; o principio de igualdade ante a Lei, o que provoca unha posición de desigualdade no procedemento administrativo, o principio de seguridade xurídica, pois deste xeito o Movemento polos Dereitos Civís, non ten claro cales son as normas as que aterse, nin como se regula a instalación de vídeo cámaras nos lugares públicos.

En contestación ao disposto polo Concello de Santiago no seu escrito de contestación á demanda, cabe sinalar que en ningún momento o Movemento polos Dereitos Civís presentou ningunha petición, senón unha solicitude de información e acceso á mesma. Deste xeito, dende o momento que a Delegación do Goberno nos informa sobre a resolución de aprobación dunha renovación da autorización da instalación das cámaras de vídeo vixilancia, estanos permitindo recorrer a mesma, por non publicar por ningún medio legalmente habilitado a tal efecto a Resolución que aproba a renovación. Polo tanto, o Oficio de que nos remite a Delegación do Goberno, é un acto administrativo, e como tal recorrible segundo o disposto nas leis administrativas; e unha vez que se recorre, estaríase recorrendo dita Resolución de aprobación de renovación das cámaras de vídeo vixilancia.

Polo que respecta ó que alude tanto a demanda como a codemanda nos seus respectivos escritos de contestación, e concretamente en relación coa suposta falta de lexitimación pasiva , non cabe considera como válida o exposto polas mesmas, pois a Delegación do Goberno é o órgano que ten capacidade para autorizar a renovación da autorización da instalación das cámaras de vídeo vixilancia nas vías públicas e que debe velar porque se cumpra a legalidade vixente imperante na materia, tal e como se desprende do artigo 3 da Lei 4/97 de 4 de agosto.

Así mesmo, o Concello de Santiago de Compostela tampouco pode invocar dita excepción procesual, pois en cumprimento do principio de legalidade vixente concretamente neste caso, no ámbito administrativo, debera previamente á instalación das cámaras de vídeo vixilancia na zona monumental da cidade de Compostela ,solicitar as autorizacións preceptivas para proceder a instalar ditos artefactos de gravación, correspondéndolle a competencia sobre a instalación das cámaras de vídeo vixilancia por ser os edificios desta onde se procedeu á instalación das mesmas.

En todo caso, ningunha das dúas Administracións alegaron ditas excepcións no eido administrativo, e polo tanto a lexitimación ad procesum está máis que demostrada polo que debe decaer dita excepción procesual.
ler o resto do texto

06/04/10

Neda xa viu rexeitada a súa pretención de instalar videovixilancia




Isto explica que o Concello pense instalalas aínda cando non lles concedan autorización
Esta actitude supón un exemplo nefasto para toda cidadanía

O Movemento polos Dereitos Civís enviou o pasado xaneiro un escrito ao Concello de Neda e mais á Delegación do Goberno solicitando información sobre a intención do dito concello de instalar 15 cámaras de videovixilancia na vila. Este feito fora coñecido pola asociación
grazas a unha noticia que saíu publicada na Voz de Galicia o día 24 de xaneiro de 2010.

O MpDC recibiu a resposta da Delegación do Goberno na que informan da negativa dada ao Concello de Neda ao considerar a instalación non proporcional na súa dobre versión de idoneidade e de intervención mínima -art. 4 en relación co o art. 6 da Lei Orgánica 4/1997-. Polo tanto, o Delegado do Goberno en Galiza mediante resolución de data 6 de xuño de 2007 resolve non autorizar a instalación das videocámaras solicitada polo Concello de Neda orientadas a gravar o entorno do albergue de peregrinos.

Á vista da contestación da Delegación do Goberno e vendo que o Concello de Neda carece dun informe favorable da Comisión de Garantías e tendo na súa contra un informe da Delegación do Goberno, o Movemento vai denunciar a instalación de ditas cámaras de videovixilancia ante a Agencia Española de Protección de Datos. E ademais o MpDC vaille
solicitar ao Defensor del Pueblo que obrigue a Delegación do Goberno e máis ao Concello de Neda a retirar ás cámaras porque non contan con autorización de ningún tipo e carecen dun mínimo de garantías xurídicas para os dereitos á intimidade, honra e propia imaxe
recollidos na Constitución española.

Ao MpDC indígnao enormemente a actitude que ten o Concello de Neda, cando asegura que instalará as cámaras do mesmo modo que o fixo o Concello de Ares, acolléndose non a outra lei que non sexa “a lei da selva”, actuando por conta propia de costas á legalidade e á
cidadanía. Recordamos que o Concello de Ares xa fora denunciado polo MpdC por instalar cámaras de videovixilancia sen os permisos pertinentes. Deste xeito, o Movemento non entende como o Concello de Neda se atreve a instalar cámaras de videovixilancia sabendo que é ilegal e que os concellos que o fixeron xa foron denunciados. A asociación preguntase se a xustiza e as administracións son tan febles e incapaces de facerse respectar como para que os propios concellos as ignoran e fagan o que lles vén en gana, lonxe de cumprir coa
legalidade. Son un bo exemplo para a cidadanía?

E máis o MpDC está convencido de que este é o exemplo que están dando as administracións ao non sancionar as instalacións ilegais das cámaras dedicadas a videovixilancia: fomentan entre os concellos a instalación de cámaras sen control, co resultante abuso e consecuente vulneración os dereitos á intimidade e á honra das persoas.

Ademais, a efectividade das cámaras, a súa adecuación para o fin perseguido polo Concello, está moi en entredito dados os resultados acadados noutras vilas galegas. Así, as cámaras non servirían para evitar a comisión de actos vandálicos, senón unicamente e no mellor dos casos para identificar aos autores, sempre que estes non opten pola sinxela medida de ocultar os seus rostros. Cómpre insistir en que a vídeo-vixilancia é unha medida extrema, a utilizar en casos moi concretos, e non está prevista pola Lei coma substituto da presenza policial. E ademais esta demostrado que a presenza de cámaras pode desprazar as infraccións e delitos a outros lugares.

Cabe que lembrar que as cámaras que quere instalar o Concello, por “vixiaren” a vía pública están sometidas á Lei 4/97 de videovixilancia. Isto implica que o dispositivo debe ser instalado e xestionado por Corpos e Forzas de Seguridade do Estado e, en ningún caso por outros funcionarios municipais ou persoal de empresas privadas.
ler o resto do texto

05/04/10

O Concello de Lugo non dispón de autorización para ningunha cámara na zona vella

O Movemento polos Dereitos Civís vén de presentar un escrito ante o Valedor do Pobo e "El Defensor del Pueblo" solicitándolle que exercite as oportunas medidas para que o Concello de Lugo e a Delegación do Goberno procedan á retirada das cámaras de videovixilancia na zona monumental de Lugo.
Se a asociación dá tal paso é porque, a pesar da ilegalidade das cámaras instaladas, ni a Delegación ni o Concello proceden a súa retirada. Uns dispositivos que funcionan sen ningún tipo de autorización e vulnera, segundo lexislación vixente, o dereito á imaxe e ao honor das e dos lugueses. Neste sentido Dereitos Civís pregúntase cando van acatar as normas e cando o farán sen que llelo haxa que lembrar continuamente.
Agardemos que o Valedor faga uso das súas competencias e as institucións insolentes se acollan dunha vez á legalidade eliminando o que supón unha vulneración constante dos dereitos das persoas.
Cabe recordar que a Delegación do Goberno remitiu un escrito ao MpDC, logo de que o colectivo tivese preguntado ao respecto, no que indicaba que os permisos das cámaras caducaron o 18 de abril de 2008 e que o Concello Lugo non solicitou a renovación anual correspondente e a dita institución tampouco fixo nada ao respecto chegando, deste xeito, a unha actitude totalmente pasiva no exercicio das súas funcións. Ademais ambas as dúas institucións están incumprindo a lexislación e vulnerando o dereito á propia imaxe das persoas.
O Movemento indignábase fai uns meses ante a resposta do Concello de Lugo ás alegacións feitas polo Movemento expoñendo que a asociación carece de lexitimación para impugnar un acto da administración cando segundo a doutrina do Tribunal Supremo, o Movemento polos Dereitos Civís está legalmente habilitado para a defensa dos dereitos e intereses lexítimos.
Como asociación sen ánimo de lucro en defensa dos dereitos civís que é, pode interpór un recurso contencioso administrativo e esixir responsabilidades a quen corresponda. Neste caso, o MpDC iniciou un procedemento contencioso administrativo fronte a Delegación do Goberno e Concello de Lugo pola instalación das cámaras de videovixilancia instaladas na zona monumental de maneira ilegal.
O MpDC descoñece por que o Concello de Lugo ataca o Movemento acusándoo de ilexítimo para poder denunciar unha irregularidade, en lugar de se poñer a solventar o problema da ilegalidade instalación de cámaras de videovixilancia no casco histórico da cidade.
A lexislación establece que a autorización das cámaras de vídeo vixilancia débese renovar de xeito anual e, especificamente di que a solicitude se deberá tramitar dous meses antes de que expire a autorización. Respectar o marcado na normativa que regula a vídeo vixilancia é a única maneira de ofrecer as garantías xurídicas mínimas para o libre exercicio dos dereitos fundamentais dos cidadáns, así como evitar usos raudulentos dos dispositivos.
Asimesmo, hai que destacar non está comunicado no rexistro xeral da Agencia española de Protección de Datos a creación dun ficheiro de imaxes, tal e como se establece na normativa actual. Esta comunicación á AEPD é a que permite aos cidadáns que son gravados polas cámaras exercer o seu dereito de acceso, rectificación ou cancelación dos datos persoais contidos nos citados ficheiros e, xa que logo, salvagardar o seu dereito á honra, propia imaxe e intimidade.
ler o resto do texto

04/04/10

A IMPORTANCIA DE APOIAR @S ARTISTAS NOV@S




Esta frase que parece tan sinxela e na que parece que tod@s estamos de acordo, logo na tradución práctica non é tan loable, e sobre todo nestes tempos de crises, nas que as galerías de arte e Institucións diversas, sempre queren contar con artistas xa de prestixio e recoñecemento, deixando de lado tanto os novos creadores, como a outros que sen ser tan novos levan anos e anos traballando na arte, mais reciben pouco apoio, e case nunca contase con eles.

Por iso é de felicitar a un Concello como o de Compostela, e a súa Concellería de Cultura, por poñer unha vez mais en marcha o "Premio para novos valores do Auditorio de Galicia", que agora acaba de rematar coa exposición no Auditorio de Galicia dos seleccionados, correspondente a VI convocatoria.

Unha selección de 35 obras de entre o cento e medio de traballos presentados compón esta mostra, que nos dá unha idea da importancia da mesma. Entre as expostas están os traballos gañadores: 'Reflexos: réplicas (Diálogos en Unland)', unha instalación de parede, con unha composición de árbores e luzes, de Holga Méndez obtivo o primeiro premio. Os catro accésits foron para Joan Morera pola obra 'Vigo-Dakar'; Tamara Feijoo Cid por 'Antropofaxia'; Damián Ucieda por 'Home gritando núm. I 'e para o colectivo FUR ALLE FALLE por 'Os Lolos 23F'.

O Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas naceu en 2001, sendo de carácter bianual , que foi creado coa vontade de dar enerxía e vitalidade á xuventude artística.

A convocatoria deste premio tivo sempre moi boa acollida entre os novos artistas: nesta edición presentáronse un total de 158 traballos a concurso. Nas edicións anteriores obtiveron o primeiro premio Raúl Pereira (no ano 2001), Lorena Gómez (2002), Rubén Ramos Balsa (2003), Pablo Pérez Sanmartín (2005) e Manuel Suárez Eirís (2007).

Outro aspecto moi importante é a labor que se está a facer dende Compostela co programa de exposicións da Zona C, espazo de intervención-exposición, donde o artista fai un proxecto determinado adaptado a un tamén determinado presuposto, sendo escollidos tamén principalmente artistas novos, aínda que algún deles xa están tamén presentes en galerías e determinadas exposicións institucionais. Por alí xa teñen pasados artistas, como Santi Jiménez, Mauro Trastoi, Marga Crespo, Manuel Eiris,

Tamém e xa no ámbito galego hai iniciativas interesantes de apoio os novos creadores, así o Concello da Coruña, con OutonoArte, os xa clásicos Novos Valores das Bienais de Pontevedra, As mostras ou proxectos expositivos que saen da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, entre outros moitos.

O mesmo que aqueles apoios dende Institucións ou Fundacións, Concellos, Museos, con becas, estancias en outros países, exposicións dos proxectos realizados polos becarios, etc.

Todo elo vai xerando un panorama favorable para que os novos creadores poidan realizar os seus traballos, desenrolados, expoñelos, sendo logo divulgados e apoiados polos diferentes axentes culturais do noso pais.

E isto e dobremente importante en tempos como os actuais de crises económica, onde a arte e a cultura están tamén sufrindo os recortes de presupostos, a falta de apoios, as dificultades de poñer en marcha novos proxectos, de movelos por distintos lugares, etc.

Mais tamén temos que facer unhas reflexións sobre a arte producida polos novos creadores, xa que non podemos caer en considerar que por ser algo feito por novos, xa se lle supón valía, xa se ten que considerar obra expoñible, de interés, novedosa, e "mais" calificativos. Dende logo non sempre e así, e tamén podemos atoparnos con obras que non din nada, que solo buscan a "novidade pola novidade", do fácil e improvisado, ou de querer chamar a atención, botando man de calquera cousa, seguindo un pouco o lema de " que todo vale". E ai que ter en conta, que os proxectos artísticos e culturais, requiren tempos de traballo, de reflexións, de sometelos a críticas e revisións, para que nos leven a algúns camiños de comunicacións e de conclusións interesantes. Que intenten buscar unha conexión co público, e non pola contra que motiven o rechazo de este. Polo tanto non vale todo, as propostas non deben ser valeiras de contidos, da simple novidade pola novidade, ou querer solo o extravagante e chamativo, nunha búsquea as veces desesperada da orixinalidade, ou de seguimentos de modas impostas polo mercado ou polos chamados "curatores artísticos".

Tamén non podemos quedarnos con que só a arte nova necesita de diversos apoios, que xa dixemos que sí os necesita, mais tamén son necesarios apoios de promoción, difusión, exposición, intercambios con outras cidades e países, dos traballos de creadores do noso Pais, que levan anos e anos de traballo, de dificultades e resistencias, e que poucas veces se teñen tido en conta, que case nunca se conta con eles en mostras ou proxectos de certa relevancia. O mesmo que convén apoiar as iniciativas artísticas de interés que saen dos colectivos ou asociacións de artistas, e que tamén os novos creadores se integren nestas propostas e iniciativas coas súas aportacións oportunas, xa que aparte dos proxectos individuais de cada un, sempre e importante a labor colectiva, os puntos de unión, de comunicación, de reivindicación, para a mellora en tódolos sentidos dos diversos aspectos da arte e a cultura no noso Pais e da nosa cidade.

Manuel Suárez Varela/ Pintor compostelán
ler o resto do texto
__________________
__________________

Subvencionado pola Deputación da Coruña
Loading...
Cámara hotel monumento
Han actuado 0 personas
Nos faltan 0 firmas

Actúa ahora

Tu nombre
Tu apellido
Tu correo-e
Cód. Postal

Cámaras de Galiza


Ver Cámaras de Galiza en un mapa más grande

Videos do Youtube