O MpDC é unha asociación sin ánimo de lucro. Si queres colaborar co seu mantemento podes facer unha doazón con tarxeta de crédito clicando abaixo
Cargando...

31/03/10

A Delegación do Goberno nega informes sobre a actuación da policía contra os gandeiros

A limitación á información que practica a Delegación do Goberno é maior que en moitos países de America latina
O Movemento polos Dereitos Civís alerta da perigosa actitude que está a manifestar a Delegación do Goberno en Galiza ocultando información sobre as actuacións policiais. Esta institución afirma que o colectivo non é interesado no acontecido na manifestación de gandeiros do pasado xullo “por non ter intevención en dita manifestacion nin verse afectado” polo operativo que despreagaron as forzas e corpos de seguridade do estado.
O que fixo o Movemento foi volver polos centos de gandeiros e gandeiras que viron minguados os seus dereitos o pasado xullo. Cabe lembrar que foi a propia Delegación do Goberno quen "secuestrou" a centenas de tractoristas que se manifestaban en Compostela.
A institución estatal impidiu o emprego dos tractores estacionados en Amio, vulnerando o dereito de libre circulación dos labregos e a volta aos seus domicilios a aqueles que así o desexasen. Logo de que o MpDC solicitase copia dos informes que acreditan a adecuada actuación da policía na manifestación dos gandeiros realizada en Amio o dia 15 de xullo de 2009 a Delegación escorre o vulto alegando que na regulación do dereito de acceso aos expedientes administrativos, o artigo 35.a) da Lei 30/1992 limita o acceso a expedientes aos que teñen a condición de interesado, entendendo esta Delegación do Goberno que a "asociación Movemento polos Dereitos Civís non ten condición de interado “na actuación levada a cabo polas forzas do orde público por non ter intervención en dita manifestación nin verse afectada polo operativo despregado.
A Afirmación da Delegación non goza de fundamento pois o obxectivo estatutario desta asociación é precisamente ese, o de garantir que se cumpra a lei e o de velar porque os dereitos das persoas non se vexan afectados por actuacións neglixentes ou premeditadas das administracións públicas. O obxectivo da Delegación é retrasar indefinidamente a información solicitada para evitar a investigación e posterior denuncia do MpDC.
O Movemento ten lexitimidade como asociación para denunciar estes e outros feitos e a Delegación debería facilitar o acceso aos informes policiais e non quedar, unha vez máis, nunha postura oscurantista diante da sociedade.
Os antecedentes
O Movemento polos Dereitos Civís pediu no seu momento explicacións á Delegación do Goberno Segundo puido coñecer o MpDC, polo menos unha decena de furgóns policiais impediron que os tractores estacionados o pasado 15 de xullo no recinto feiral puideran saír á rúa o día seguinte. Os gandeiros, en resposta a esta vulneración dos seus dereitos, ameazaron con endurecer as protestas se non se solucionaba a situación.
Esta situación fixo que os gandeiros, ao non poder saír cos seus tractores, cortasen o tráfico na circunvalación da cidade, o que xerou grandes retencións ao seu paso polo Polígono Costa Vella. Desta situación pode responsabilizarse á Delegación do Goberno, que coa súa limitación dos dereitos provocou unha situación de atasco total na capital de Galiza.
Fontes policiais informaron a diversos medios de comunicación que os tractores non tiñan aquel día permisos para saír en manifestación, o que non implica, apunta o Movemento polos Dereitos Civís, que os miles de gandeiros galegos non poidan usar os seus vehículos para volver ás súas casas ou desenvolver o seu traballo diario. Ademais, desde o Sindicato Labrego ou desde Unións Agrarias, negouse que non houbera permiso para realizar aquela manifestación.
ler o resto do texto

30/03/10

O MpDC alarmado pola pouca seriedade do alcalde de Marín

O Movemento polos Dereitos Civís vén de coñecer que o Concello de Marín volve incorrer en irregularidades na contratación de servizos. O Concello incumpriu todas as leis que regulan as relacións laborais e a contratación do Estatuto dos Traballadores que prohibe a cesión de empregados entre empresas se non é a través de empresas de traballo temporal legalmente constituídas e autorizadas pola Administración.

O MpDC ve nesta irregularidade unha gravísima vulneración aos dereitos dos traballadores, que ven como a súas oportunidades de traballo vanse. Por outro lado é unha falta de respeto ante os cidadáns que confían no seu alcalde e na institución que os representa como garante da igualdade de oportunidades entre cidadáns e empresas á hora de concorrer á oferta pública de traballo. Esa igualdade e transparencia é o que se lle presupón a unha institución do calado dun concello e o que non se pode asumir nin agardar é o ter que asistir a episodios que pisen tan gravemente os dereitos dos traballadores como é este.

O Goberno Local de Marín, "pasouse polo forro", afirman os sindicatos CIG, CCOO, UGT, CUT e USO todas as leis que regulan as relacións laborais e a contratación, artigo 43 do Estatuto dos Traballadores que prohibe a cesión de empregados entre empresas se non é a través de empresas de traballo temporal legalmente constituídas e autorizadas pola Administración, artigo 8.2 e 40 da Lei de Infraccións e Sancións da Orde Social, que establecen como infracción moi grave a cesión de man de obra e a sanción correspondente e art 311 e 312 do Código Penal. Considérase infracción moi grave en materia laboral a cesión de empregados nos termos prohibidos pola lexislación, establecéndose unha posible multa que oscila entre os 3.005,07 euros e 90.151,82 euros para ambos os empresarios.

Ao Movemento parécelle incríbel que un concello faga contratacións externas en lugar de darlle traballo aos seus veciños e que aínda por riba lles pague máis. Aos ollos da asociación, ao alcalde de Marín só lle preocupa o seu propio interese económico e por iso a pesar da ilegalidade dos seus actos, contrata empresas de fóra. Ademais, sabendo que incorre en ilegalidades no que respecta aos dereitos dos traballadores continuou coa súa estratexia, co que os feitos son máis graves se cabe.
ler o resto do texto

29/03/10

O MpDC saúda os futuros cambios en materia de seguridade vial

O Movemento polos Dereitos Civís vén de coñecer as conclusións das xornadas anuais da Fiscalía de Seguridade vial en Santiago de Compostela. Destacan a relacionada cos menores e a cintura de seguridade, os puntos do carné, as bandas, badéns e resaltos e a conservación do vehículo. Se esta lei se aplica ao cento por cento, a proteción das persoas vai aumentar, feito valorado moi positivamente polo colectivo.

A fiscalía actuará contra os condutores en caso de accidente con lesións ou falecemento dun menor por non levar a cintura de seguridade ou outro elemento de retención posto. Polo tanto haberá unha acción penal contra o condutor por homicidio ou lesións imprudentes como recolle o Código Penal, se un menor resulta ferido ou falece por non levar suxeción.

O MpDC apoia este tipo de melloras no sistema fiscal porque aínda que sexa coa ameaza da prisión, todo é pouco para que a xente se conciencie de que os cativos teñen que ir ben suxeitos ao asento do coche porque son os que primeiro sofren calquera golpe. Ademais a
lóxica indefensión dos rapaces e a súa incapacidade para saber que teñen que levar posta a cintura de seguridade, obriga aínda máis aos adultos a protexelos.

Por outra parte, os fiscais abordaron a responsabilidade dos funcionarios que non dan parte á Dirección General de Tráfico da detracción de puntos do carné a condutores en pequenos concellos. Isto supón unha discriminación entre os cidadáns dos distintos municipios e por iso é necesario que os concellos se legalicen nesta materia e sexan conscientes da importancia que supón ser estritos nas penalizacións, afirma o Movemento.

Outro aspecto que o MpDC quere destacar das xornadas de seguridade vial é a situación das bandas transversais, badéns e resaltos antiregulamentarios que en moitas ocasións producen accidentes polo seu mal mantemento ou colocación. A pintura empregada na sinalización das estradas en moitas ocasións acaba sendo material deslízante co rocío, choiva e polo tanto convertese nun grande risco para os condutores. Outro problema vial son os bordes e as ramplas, que carecen de señalización previa é que dificultan a circulación. Desde a fiscalía de seguridade vial colaborarán coas administración competentes para corrixir as deficiencias desta índole e levaranse a cabo penalizacións se non se modifican os obstáculos.

Por último o Movemento faise eco da futura nova norma que penalizará os condutores que non teñan o seu coche en adecuadas condicións. Moitos dos accidentes que se producen nas nosas estradas suceden porque os vehículos non están en óptimas condicións. Ben é certo que a crise obriga a aforrar e a moitos condutores cústalles moito pasar a ITV, pero dende o MpDC considérase que perder a vida por non ter o coche en condicións é un drama. A fiscalía é consciente dos problemas económicos da cidadanía e por iso comprometese a axudar aos que teñen menos recursos para arranxar o seu coche. Por outro lado os condutores que teñan un sinistro e causen unha morte por un fallo nos frenos ou nos neumáticos do seu coche, poderán ser acusados de homicidio imprudente. Desde o MpDC vense todas estas medidas como un apoio a seguridade colectiva.
ler o resto do texto

28/03/10

Escoitar a Galicia

Certamente sendo pequeno non era consciente do gran privilexio que supón pertencer a unha terra que posúe dúas linguas. Quizáis porque a normalidade do uso do galego e do castelán non permite a un neno percatarse de tal riqueza. Sen embargo, co tempo, coa madurez, mesmo coa formación, asimilas algo que ata ese momento non asumes por ser unha situación cotiá en Galicia e é que ter a posibilidade de medrar coñecendo dous idiomas é un luxo que dota ao noso país dunha gran riqueza cultural. Temos literatura escrita en galego e en castelán, música en galego e en castelán, teatro en galego e en castelán, en suma, unha cultura bilingüe e unha capacidade de entender e comunicarnos tamén bilingüe.

Calquera que se deteña nun recuncho de Galicia, por pequeno que sexa, xa se trate dunha cafetería, dunha rúa, dun parque ou dunha tenda, e se pare a escoitar as voces do seu arredor, daráse conta de que a xente se comunica en galego e tamén en castelán. Tamén verá cómo unha mesma persoa se pode expresar nas dúas linguas en calquera situación e cómo hai xente que se dirixe aos seus interlocutores en castelán e estes lles responden en galego, e viceversa, sen que isto repercuta en ningún problema de comunicación. A coexistencia pacífica de dúas linguas oficiais en Galicia ofrece esas posibilidades de expresión.

É innegable que galego e castelán conviven harmónicamente na nosa Comunidade e isto apórtanos unha vantaxe que non se dá noutras, xa que falamos a terceira lingua máis empregada a nivel mundial, o castelán, e outra que nos facilita a comunicación con portugueses e brasileños de todo o mundo, a propia de Galicia, o galego. Ante esta realidade, non podo máis que preguntarme por qué motivo algúns seguen empeñados en eclipsar esta harmonía idiomática.

É evidente que existen diferentes opinións sobre o uso das linguas en Galicia pero esas diferenzas non surxen polo feito de ser unha Comunidade con dúas linguas nin por problemas de entendemento dos cidadáns. Non. Existen discrepancias porque hai colectivos e algún que outro partido nesta terra que parecen ter intereses espúrios sobre a lingua que non obedecen precisamente aos intereses de Galicia nin aos dos cidadáns nin ao amor que din sentir pola lingua en cuestión.

Se así fose, non se atreverían a pretender que nunha Comunidade libre como é Galicia se impoña, a través da Administración, o uso dunha ou doutra lingua nas escolas.

Fraco favor lle fan aos galegos intentando privalos dun dereito irrenunciable que é o de expresarse na lingua que prefiran nun marco de liberdade e fraco favor lle fan tamén ás linguas, que para permanecer no tempo e no espazo deben promoverse pola vía do afecto e nunca da imposición.

Os tristes Séculos Escuros remataron fai moito tempo e as dictaduras lingüísticas tamén. A todos os que añoren eses tempos invítoos a que se paren e escoiten a Galicia, literalmente.



Antonio Rodríguez Miranda/ voceiro e vicesecretario do PPdG
ler o resto do texto

27/03/10

Perspectivas de futuro dos xogos (II)

A pesar do inconveniente da uniformización cultural predominante,
debemos ter presente que os xogos populares educan a sociedade no
sentido máis amplo do termo: forman física e mentalmente, son un
vieiro de novas experiencias e constitúen parte esencial da nosa
cultura. A necesidade de coidalos e mantelos é común a toda a nosa
contorna europea. En consecuencia, créanse proxectos de recuperación,
moitas veces vencellados á Asociación Europea de Xogos e Deportes
Tradicionais, entidade á que pertence Brinquedia. E a nivel
internacional, a UNESCO recoñece o importante papel dos xogos na
construción dunha cultura da paz.
A situación en Galicia ten que dar un xiro se queremos seguir un bo
rumbo. Mais non sopran ventos favorables nos últimos tempos; o goberno
actual púxolle freo ao proxecto dun Plan Estratéxico presentado a
comenzos do ano pasado e que tiña como metas: a recuperación dos xogos
e deportes populares e tradicionais a nivel local; a revalorización
social como actividade colectiva e de ocio; a súa divulgación,
ensinando as técnicas e normas do xogo e promovendo a implantación no
ámbito escolar e entre as familias; e, por último, a creación dunha
normativa de base común para celebrar competicións dentro e mesmo fóra
de Galicia. Obxectivos necesarios para o porvir dos xogos no noso
país.


Lidia Barreiro Felpeto
(Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional, www.agxpt.org)
ler o resto do texto

26/03/10

O MpDC volve esixir a Bugallo unha sanción económica por non faciltar información a un cidadán sobre a súa persoa

O Movemento polos Dereitos Civís vólvelle solicitar a Agencia Española de Protección de Datos que proceda a valorar a actuación do Concello de Santiago, en relación coa inactividade e incumprimento das normas do procedemento administrativo e proceda a sancionar ao alcalde, Xosé Antonio Sánchez Bugallo, a tenor do disposto na Lei de Protección da Datos.

O Concello de Santiago, polo tanto, volve a non facilitar a un cidadán todos os arquivos que figuran nas dependencias municipais referidos a súa persoa. Deste xeito, o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, retoma as mostras do seu talante escurantista e falto de diálogo ao obviar o cumprimento dunha sentenza desfavorable e que pon de manifesto a escasa confianza que pode transmitir aos cidadáns e conseguinte vulneración dos dereito de acceso.

Ao respecto, o Movemento fai fincapé nesta idea, xa que o rexedor compostelán non tivo reparos en mentir diante da xuíza para ocultar os seus propios erros e xustificar a denegación do seus dereitos a un dos seus administrados. Dereitos Civís agarda a execución da sentenza coa máxima prontitude posible e que casos como este non se repitan nin no Concello de Compostela nin en calquera outra institución pública.

Antecedentes

O proceso xudicial iniciouse logo de que o MpDC presentase unha denuncia contra o Concello de Santiago por negar o dereito de acceso a un veciño e colaborador da asociación que solicitara unha copia de todos os arquivos e expedientes que obrasen no poder da entidade local referidos a si propio. O alcalde compostelán dera conta nunha contestación ao Defensor del Pueblo, a raíz dunha queixa contra un axente municipal, da existencia de arquivos na Policía Local sobre o afectado.

En data 14 de novembro e 28 de novembro do 2008, o MpDC enviou escrito ao Concello de Santiago solicitando que procedese a cumprir de xeito inmediato co disposto na sentencia ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número dous de Santiago de Compostela de 8 de febreiro de 2008, e por tanto se facilitase ao afectado, en dependencias municipais, copia dos arquivos e expedientes existentes tanto nas dependencias municipais como na Policía Local, a nome do interesado , dirixidas ao Concello de Santiago os días 15 de xuño de 2005 e 1 de xuño de 2006.

Con posterioridade ás ditas datas, en varias ocasións a persoa implicada presentouse nas dependencias tanto do Concello como da Policía Local coa finalidade de acceder ós expedientes respondéndolle a Administración executada o non coñecemento sobre dita sentenza nin sobre a obriga de darlle acceso ós expedientes. Ante os ditos feitos, o Xulgado volve notificarlle a execución de dita Sentencia ó Concello, e por tanto a obrigación de cumprir dita Sentenza, sendo recibido pola Secretaria de dito Concello o 27 de Marzo de 2009.
ler o resto do texto

25/03/10

O MpDC denuncia que as forzas e corpos de seguridade pisen, unha vez máis, o dereito de manifestación




O Movemento polos Dereitos Civís denuncia e condena a desproporcionada e intolerábel intervención por parte dos antidisturbios na facultade de xeografía e historia de Santiago onte á tarde. Coa súa desautorizada actuación os axentes quixeron impedir que os alumnos se manifestasen contra o máster de profesorado xurdido da reforma do CAP co Plan Boloña.

O MpDC expresa a súa solidariedade cos estudantes da USC por mor da
desproporcionada actuación da Policía no interior da facultade, que se
dedicou a identificar os alumnos polo simple feito de se concentraren
de xeito pacífico, dereito recollido na Constitución e polo tanto de
libre exercicio pola cidadanía. Todo isto produciuse sen a petición
por parte das autoridades da universidade compostelá.

A manifestación estudantil atopábase ao abeiro do paro convocado en
Xeografía e Historia para protestar polos cambios xurdidos co novo
plan de estudios, coñecido como Plan Boloña. Os gravísimos feitos de
onte encádranse dentro da acción represiva desenvolvida polas forzas
de seguridade con motivo da visita do profesorado participante na
conferencia “Universidades emprendedoras: nuevos modelos”, organizada
no marco da Presidencia española da UE.

É sorprendente ver como os antidisturbios irrompen impunemente nunha
facultade, onde existe a liberdade de expresión, e comezan a
identificar as persoas que soamente están exercendo o seu dereito á
manifestación. Este feito lembra ás actuacións policiais acontecidas
na ditadura franquista e non a un país que viva en democracia. Desde o
MpDC critícase enerxicamente este despregue de forzas e corpos de
seguridade co fin de controlar aos participantes na concentración, non
se sabe moi ben para que, mais sospéitase que para intimidar e, de
novo, “meter medo” para que se desista na acción.

O MpDC tamén alerta que este feito atenta contra a liberdade de
expresión, xa que unha parte do estudantado veu coartado ese dereito
ao impediren a súa posibilidade de manifestar publicamente unha
opinión. A todas luces, unha actuación policial deste calado merece
ser explicada pola Policia, xa que estamos asistindo a un abuso da
autoridade e a unha privación das liberdades e dos dereitos das
persoas intolerábel en calquera sociedade.

Cantas veces máis imos ter que asistir a este tipo de violacións dos
dereitos civís sen que as institucións e autoridades pertinentes
poñan, dunha vez, a lei por diante e se respecte as persoas?
ler o resto do texto

24/03/10

O MpDC pregúntase como pode caer tan baixo o Concello de Vedra

O Movemento polos Dereitos Civís vén de recibir a resposta do Concello
de Vedra a respecto do recurso contencioso-administrativo interposto
contra o dito Concello logo de que o 2 de setembro de 2009, o
consistorio denegase á concelleira-portavoz do grupo municipal do BNG,
Xosefina Guitián Lema, o acceso á fotocopia do convenio asinado entre
a Alcaldía de Vedra e o pintor Modesto Paz Camps.

A resolución presentada polo Concello de Vedra alega que á concelleira
nunca se lle negou o acceso ao convenio con Modesto Paz Camps, na
medida en que sempre puido acceder ao mesmo, as veces que o estimou
oportuno e polo tanto non entenden cal é o motivo para querer a súa
fotocopia. Ademais segundo eles Xosefina Guitián “non pode pretender
ter ao seu dispór” os funcionarios municipais “converténdoos nos seus
asistentes persoais” e “facendo as fotocopias indiscriminadamente”.
Volven alegar non coñecer o interese que pode ter Xosefina no convenio
e por iso lle denegan o acceso á información solicitada.

Desde o MpDC non se entende como unha institución pode emitir esas
declaracións cando un dos cometidos da función pública é precisamente
ese, o de tirar copias dos escritos. Ademais, a obstrución do acceso a
documentos municipais é algo moi serio para que o Concello emita
razóns tan peregrinas e baleiras de contido sobre a acción dun grupo
municipal que ten como obxectivo sacar á luz o clientelismo do
consistorio co artista Paz Camps.

Desde o Movemento interprétase que as alegacións remitidas polo
Concello de Vedra continúan a atentar contra a liberdade da
concelleira de poder acceder aos convenios e fotocopiar o que vexa
conveniente ou necesario para estudar calquera problema do concello.
Ademais, que os funcionarios municipais fotocopien os convenios non
significa que se convertan nos asistentes persoais de ninguén.

Dereitos Civís non entende como pode caer tan baixo o Concello de
Vedra e intentar deslexitimar o labor de esclarecemento dun grupo
político cando debera ser a propia institución municipal a que dera
contas e, preguntada polo dito asunto, acceder a rectificar o convenio
que limita o uso dun edificio a un único pintor.

Convenio con Modesto Paz Camps

O Concello de Vedra ten firmado un convenio co pintor Modesto Paz
Camps polo que se cede a administración do edificio, propiedade do
concello, a este pintor, e polo que se regulamenta o funcionamento
deste museo.

Desde o grupo político do BNG de Vedra cren que o funcionamento deste
museo nos anos de vixencia deste convenio non xustifica o mantemento
do mesmo nos termos en que está redactado. Ao respecto cren que
instalacións destas características nun concello como Vedra poderían e
deberían dedicarse a unha actividade cultural máis diversa, a maiores
da exposición dun só pintor, tendo en conta o déficit de locais
sociais e culturais que hai aínda no concello e, en concreto, na
parroquia de San Fins.
ler o resto do texto

23/03/10

O MpDC pide a dimisión do Valedor do Pobo

O Movemento polos Dereitos Civís, despois de ter coñecemento das declaracións que Benigno López fixo onte no Parlamento Galego, solicita que deixe de seguir como Valedor do Pobo porque logo de tal afrenta non debería poder sair á rúa levando ás costas a
responsabilidade de defender a cidadanía.

O MpDC critica duramente a postura tomada polo Valedor ante a realidade lingüística que nos atinxe. Un cargo como o do Valedor non pode difundir ideas políticas e si mirar polos intereses da cidadanía, por defender o que é de lei. Como pode aludir a que a defensa do
galego iría contra a constitución?

Por iso desde o Movemento non se entende por que Benigno López considera anticonstitucional que os galegos defendan a súa lingua. Un Valedor do Pobo non pode criticar a defensa da elección do galego, xa que iso si que é anticonstitucional.

Tamén debemos recordar que os requisitos para ser Valedor do Pobo son tres, ter a condición política de galego, estar en pleno disfrute dos dereitos civís e políticos e coñecer os idiomas cooficiais da comunidade. Polo tanto Benigno López ten a obriga, tanto
constitucional como polo posto que sustenta de defender e respectar o galego.

En cantas ocasións o Movemento non terá criticado a súa pobre e deixada actividade, se ben isto supera todas as expectativas que el mesmo creou. Despois de non ter feito nada para que se garantan os dereitos lingüísticos da cidadanía galega e de presentar un infome
raquítico en canto a mantemento das liberdades do pobo aínda di reivindicou o papel da Constitución e da "liberdade do individuo" por riba de "calquera outra liberdade idiomática" e advertiu que o seu traballo se guiará sempre por esta premisa.

Onde imos parar? Quen nos vai valer do valedor? Por que temos que volver preguntarnos iso se debía ser el quen de oficio actuase para impedir que se veten e corten usos da nosa lingua? Cando poderá unha institución cumprir cos seus cometidos sen termos que asistir a
escándalo tras escándalo no que se refire ás liberdades e dereitos civís? Cando alguén poderá reclamar o que é seu e que aínda por riba non lle baixen unha vara na man como as/os mestres no franquismo?

Como o Parlamento galego pode ser escenario de tal esperpento e por que as e os cidadáns temos que ver, unha vez máis, como a Xustiza se dilúe na incompetencia, como as institucións que na teoría nos gardan na práctica nos deixan caer na máis absoluta indefensión e como podemos facer valer os nosos dereitos se os poderes públicos son os
primeiros en pisalos?
ler o resto do texto

22/03/10

O MpDC amósase novamente contrario ás denuncias irregulares interpostas por corpos policiais

O Movemento polos Dereitos Civís vén de coñecer que membros da organización Agir da provincia de Lugo recibiron sancións administrativas por obstrución da vía o pasado 26 de decembro. Segundo os afectados, estes atopábanse circulando polo Concello de Curtis en dirección Santiago de Compostela para asistiren ao partido da Selección Galega de fútbol, cando a Guardia Civil lles dá o alto nunha gasolineira, onde lles tomaron os datos e foron cacheados..

Hai que aclarar que no Concello de Curtis se atopa a presión de Texeiro e ese mesmo día producíase unha marcha nos arredores da dita prisión pedindo a liberación dun preso, polo tanto o despregue policial na zona era importante.
A Guardia Civil entendeu que os membros de Agir se dirixían á marcha en favor da liberación do preso e son denunciados por “obstaculizar unha vía e concentrarse na entrada
da prisión” cando nin tan sequera se achegaron ao centro penitenciario.

Desde o MpDC non se entende como a Guardia Civil pode denunciar sen control e sen ter un mínimo de información, baseándose unicamente na orientación política das persoas. O Movemento considera que a presenza casual dos membros de Agir polas estradas do Concello de Curtis non é motivo para relacionalos directamente coa marcha acontecida na prisión de Texeiro. Os gardas teñen que efectuar as denuncias de xeito que se correspondan coa realidade e non acusar a terceiras persoas porque supostamente cumpren o perfil de participantes nesa serie de actos.

O Movemento polos Dereitos Civís defende o dereito á presunción de inocencia que temos todos os cidadáns e que neste caso concreto teñen ,como cidadáns, os membros de Agir. A Guarda Civil vulnerou este dereito xa que unicamente fixo atención ao expediente policial dos mozos e non comprobou durante a marcha se realmente estaban ou non presentes. Outro dos dereitos vulnerados neste caso é a liberdade de expresión, porque aínda que non é o caso, se os rapaces quixesen asistir a marcha poderían, dado que como cidadáns temos dereito a manifestarnos.

Desde o MpDC pídeselle máis profesionalidade ás forzas de seguridade á hora de emitir denuncias e menos control policial. O que non poden as forzas e corpos de seguridade é intimidar, como segundo os membros de Agir afirmaron, preguntando por que un dos denunciados levaba unas botas vermellas.

As forzas e corpos de seguridade están a exercer un control propio dun estado totalitario -feito denunciado reiteradamente por esta asociación- no que calquera disidencia coas institucións é reprimida ou castigada “exemplarmente”. No caso que nos ocupa, uns rapaces que transitaban por unha estrada e pararon a repostar combustíbel foron obxecto de denuncia simplemente por pensar diferente. Para o MpDC este abuso da forza é outro claro exemplo da impunidade coa que actúan os corpos policiais e que tantas veces denunciou o MpDC.
ler o resto do texto

21/03/10

Os xogos populares en Galicia, perspectivas de futuro (I)

Os xogos populares son parte da cultura dos pobos, aprendidos mediante a transmisión oral. En cada rexión teñen uns trazos característicos, en estreita relación co medio que os rodea.

Aprender, educar, relacionarse… as funcións dos xogos, desde a infancia ata a idade adulta atinxen as necesidades vitais do ser humano, polo que posúen un gran valor sociocultural que vai máis alá dos aspectos lúdicos.
Non é doado facer un reconto e clasificación exhaustivos da totalidade dos xogos populares de Galicia, pero en calquera caso, a lista sería ampla. Sintetizando, os máis populares tradicionalmente son a chave, os bolos de madeira ou birlos, a porca, a estornela ou billarda, o xogo da ra, o aro, o peón ou buxaina, o tiro de corda, a comba, as bólas, a mariola, os zancos, pai-fillo-nai, as carrilanas…
É evidente a profusión e riqueza de xogos populares e tradicionais no noso país, xa que logo, sería moi proveitoso idear proxectos de conservación e divulgación.

A situación dos xogos populares en Galicia
En canto aos xogos populares dirixidos aos nenos e nenas, a situación mellorou nos últimos anos debido a iniciativas de diferentes asociacións e centros de ensino. Recuperáronse espazos dos patios escolares para a súa práctica, e adicóuselle tempo á promoción e divulgación, con iniciativas como a creación de O Día do Peón. Algunhas asociacións colaboran estreitamente coas escolas. Por exemplo, a AGXPT ten un calendario de visitas a centros de toda Galicia durante o curso escolar. Brinquedia, a Rede Galega de Xogo Tradicional puxo en marcha nos últimos cinco anos os Encontros Escolares de Xogos Tradicionais, e promove cursos e publicacións. Ademais, existen outras infraestruturas de salientable función educativa e cultural: o MUPEGA en Santiago, “O Palao” en Ourense, o Museo do Xoguete en Allariz…
A respecto dos xogos dirixidos ao público adulto, carecen de recoñecemento social suficiente, polo que sería necesario un maior pulo garantido polas autoridades para atinxir o lugar que lles corresponde. Son os xogos de máis raizame na nosa cultura os que teñen un apoio popular máis sólido. Poderiamos citar uns poucos exemplos concretos: O Concello de Xove, organiza dende hai 20 anos Tiradas de bolos tradicionais, nun intento de recuperar este xogo autóctono. Amigos da chave de Ferrolterra, tamén fai torneos anualmente. Contamos cunha Liga nacional de billarda (O Varal, Lugo). A Liga galega de traiñeiras segue unha longa tradición. O Clube de Loita Galega A Cambadela realiza competicións periodicamente…

Lidia Barreiro Felpeto
(Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional, www.agxpt.org)
ler o resto do texto

20/03/10

As identificacións erróneas de etarras mostran o perigo da videovixiancia

  • O MpDC ven advertindo sobre a utilización xeralizada destes mecanismos de control que crean inseguridade entres os cidadáns inocentes
  • Afirma que si os detidos non foran Bombeiros da Generalitat podería pasar moito tempo antes de que puideran volver a casa.
  • Dereitos Civís tamén se pregunta sobre cantas imaxes de falsos sospeitosos son distribuídas sen ningún tipo de control .
  • A asociación se pregunta como podería ter sido o encontro dos Bombeiros con Policías de paisano que os tratarían como “terroristas” culpábeis de asasinato

O Movemento polos Dereitos Civís considera que a distribución de imaxes de Bombeiros da Generalitat de compras nun supermercado como perigosos terroristas é unha evidencia clara dos perigos da utilización xeralizada da videovixilancia. Segundo esta asociación que acumula sentencias favorábeis contra estes dispositivos, calquera cidadán pode ser sospeitoso de cometer unha ilegalidade grazas a estas cámaras e se pregunta cantas imaxes son distribuídas sen control polos Corpos e Forzas de Seguridade, e cantas persoas son detidas simplemente por estaren no lugar equivocado no momento equivocado.

Dereitos Civís lembra que denunciou a distribución sen control de imaxes de sospeitosos en autobuses da Coruña e que a Axencia Española de Protección de Datos non tomou ningún tipo de medida contra a Policía Nacional, algo que agrava a situación de indefensión dos cidadáns.

Por outro lado, lembra que o feito de que os sospeitosos das gravacións eran Bombeiros da Generalitat e de Barcelona, algo que facilita demostrar que non son membros de ETA. Nembargante, si foran obreiros vascos pasarían moito tempo en prisión antes de que se convencera aos Corpos e Forzas de Seguridade da súa inocencia. Aínda sería moito máis grave si se encontran con Policías de paisano que considerarían que estaban tratando con “perigosos terroristas” acusados de asasinato.

O MpDC volve a incidir no perigo da xeralización das cámaras, a falta de garantías na custodia das gravacións e os danos irreparables que causan aos afectados

A presunción de inocencia en entredito

Para Renato Núñez, voceiro do MpDC, a divulgación das imaxes “mostra o fina que é a liña que separa o inocente do culpable. Hoxe podemos ver en todos os medios imaxes destas persoas como culpábeis do asasinato dun policía francés. Ningún medio pon en dúbida a autenticidade das imaxes, ninguén se pregunta si son realmente terroristas. Isto era un feito irrefutable e quen dubidara podería ser denunciado por inxurias como recentemente o fixo a Fiscalía sobre quen dubidaba de cómo morreu Jon Anza”
ler o resto do texto

Unha nova entrega do humor de Euler

ler o resto do texto

18/03/10

O MpDC condena novamente a detención desproporcionada dun responsábel sindical

O Movemento polos Dereitos Civís amosa a súa máis grande repulsa ante a detención do sindicalista da Federación de Servizos, Adolfo Naya. Naya foi retido no día de onte -e de xeito ilegal- durante dúas horas na comisaría de policía da Coruña, onde foi fichado por un suposto delito de coaccións que tería acontecido durante a folga de instalacións deportivas celebrada recentemente.

Ao respecto, o MpDC vén de pedir explicacións á Delegación do goberno e á inspección de persoal da policía a través de sendos escritos, ao igual que fixo coas anteriores detencións. Visto o despregue policial e o desenvolvemento dos feitos parece que esteamos sumidos nun Estado policial ou que volveramos atrás no tempo e estas detencións se practicasen nos tempos da ditadura de Franco.

Os feitos sucederon coa mesma dinámica cos da semana pasada. Todo se iniciou cunha chamada da policía ao sindicalista da Federación de Servizos, para solicitarlle que acudira á Xefatura Superior de Policía da Coruña para comparecer. Unha vez alí, os axentes proceden a ler os dereitos ao sindicalista da CIG e se lle comunica que está acusado dun suposto delito de coaccións que tería acontecido no decurso da folga de instalacións deportivas. Posteriormente, Naya foi trasladado á comisaría de Lonzas para ser fichado e agora será o Xulgado de Instrución quen continúe co caso.

De novo e ante estas actuacións desproporcionadas e propias dunha ditadura e non dunha democracia, o MpDC non pode senón reiterar a súa condena máis firme ademais de lembrar que fai escasamente dúas semanas os corpos e forzas de seguridade cargaron sen ningún tipo de motivo e de xeito brutal contra os mesmos traballadores de Instalacións Deportivas, sen esquecer o esperpento que tamén protagonizaron os policías cando entraron a retiar uns “mecos” que colgaban nas fiestras do instituto de Celanova.

O Movemento solicita que as administracións contactadas respondan ante estes feitos e alerta da indefensión á que se atopa sometida a cidadanía por parte dos corpos e forzas de eguridade, que actúan sempre en conivencia coas institucións públicas e contra os intereses da sociedade cando se trata de temas ou cuestións contrarias ao “poder establecido”.

Acoso

O MpDC tamén denuncia que a CIG nos últimos meses recibiu unhas 400 multas desde a Delegación do Goberno. Cando os sindicalistas asisten as concentracións e manifestacións a policía dedicase a controlar que os sindicalistas non se moven dos espazo que teñen asinado para levar a cabo a súa protesta, é dicir, que un sindicalista se a lonxe un metro do lugar de concentración é obxecto de multa por parte da Delegación do Goberno. Tanto o Movemento como CIG están convencidos de que isto supón unha actuación deliberada contra o sindicato e unha maneira de exercer presión e así coartar a súa libre actuación sindical.




As outras detencións

O pasado martes 9 de marzo, a policía detivo ao Secretario comarcal da CIG-Servizos de A Coruña, Salvador Cerqueirode. Ademais a policía tamén procedeu á identificación de dous delegados da CIG que participaban nunha concentración diante da Xefatura, mentres que ao Secretario Nacional da Federación tomáronselle os datos por ser “susceptíbel” de ter cometido algún acto delituoso.

Os feitos iniciáronse onte cunha chamada da policía ao secretario comarcal da CIG-Servizos para solicitarlle que acudira á comisaría durante a tarde do martes, aínda que sen aclarar os motivos de tal citación. Cando esta tarde Salvador Cerqueira comunicou que non acudiría á citación porque tiña unha reunión nunha empresa, “non pasaran nin cinco minutos cando apareceu unha parella de axentes na porta da miña casa para levarme á comisaría”, afirmou o sindicalista.


Non obstante, os axentes non comunicaron ao afectado en ningún momento os motivos da detención, sinalando soamente que esta acción tiñan a ver co conflito nas instalacións deportivas, procedendo á apertura dunha ficha de identificación, así como á súa retención durante máis dunha hora. Neste senso, cabe lembrar que a detención do secretario comarcal da CIG-Servizos producíase horas despois do acordo entre patronal e sindicatos e da suspensión da folga indefinida.
ler o resto do texto

17/03/10

Cre o Executivo que poñendo as cousas máis difíciles as persoas irregulares marcharán?

Un martes do mes de novembro, cuxo día xa non lembro, estaba esperando en Galicia Acolle sobre as cinco do serán a unha rapaza de orixe ecuatoriana que requiría asesoramento xurídico en relación a orde de desfizamento na que se lle obrigaba a abandonar en quince días o piso no que vivía ela e maila súa familia.
Chegou nerviosa, tocaba de maneira case obsesiva o seu cabelo, non me ollaba directamente aos ollos denotando unha certa desconfianza ao estar na miña presenza. De seguido, collina das súas mans tentándoa tranquilizar e ela botou a chorar dicindo “teño dous fillos que manter, non teño papeis nin traballo, e non quero voltar ao meu país, vanme botar a rúa”...
Estas consultas, desde que estou de voluntaria na área xurídica de Galicia Acolle , repetíronse con certa frecuencia nos últimos meses, e estoume a referir a consultas xurídicas que van máis aló do ámbito do asesoramento para a regularización dos papeis das persoas de orixe estranxeira, e que se sitúan en queixas que están relacionadas coa maior vulnerabilidade que soportan as persoas de orixe estranxeira en relación cos seus dereitos civís, laborais ou sociais; dereitos como o acceso a unha vivenda digna, á asistencia sanitaria, a un traballo, que se ben non gozan da protección dos dereitos fundamentais así recoñecidos pola nosa Constitución, resultan conculcados con maior dramatismo ou, mellor dito, de forma preferente coa poboación de orixe estranxeira que se atopa no noso territorio.
Neste contexto de crise económica feroz que estamos vivindo, parece complicado lembrar que, segundo os datos do informe Randstad para o ano 2008, a poboación estranxeira contribuíu cun 30% ao crecemento do PIB en España, porén os dirixentes ante este dato positivo responderon coa enésima reforma da lei orgánica de estranxeira que se ben se podería aproveitar para adoptar medidas que palíen a situación da poboación estranxeira, especialmente golpeada pola crise e eliminar as limitacións xeográficas e de actividade dos permisos iniciais de traballo, utilizouse para que se acentúanse as consecuencias negativas dunha política económica mal xestionada.
Convén neste intre deternos nas reformas substanciais da reforma para que o lector poida ter unha opinión propia sobre o que supón endurecer a lexislación de estranxería.
A maior parte dos aspectos negativos da reforma céntranse nas persoas estranxeiras en situación administrativa irregular. Chega a cuestionarse ata o seu acceso a dereitos fundamentais como a educación ou a xustiza.
Cre o executivo que poñendo as cousas máis difíciles as persoas irregulares marcharanse de España?
Se é así, está nun enorme erro. A maior parte das persoas inmigrantes que chegan a España sen ser reagrupadas fano de xeito irregular, xa que as canles legais para acceder ao país son practicamente inexistentes. Xa que logo, o ciclo normal das persoas inmigrantes é chegar como turistas ou acceder doutra forma irregular, pasar uns anos na economía somerxida para finalmente conseguir a documentación a través dunha regularización extraordinaria ou ben do arraigo social establecido na lei.
De feito, España non chega a executar máis do 30% das ordes de expulsión que supoñen en total menos do 5% dos inmigrantes irregulares que se estima viven en España. Estes, antes ou despois acaban conseguindo regularizar a súa documentación.
O inmigrante irregular é, xa que logo, un futuro inmigrante documentado e o seu acceso aos servizos e dereitos debe verse como un proceso integrador, non excluínte. Unha lei de amplas miras e pensada no futuro debería entender o acceso aos dereitos fundamentais como o primeiro paso para a convivencia e a normalización. Mentres non sexa así, estaremos lexitimando a exclusión social cunha Lei Orgánica.
Na miña opinión, non era o momento de afrontar unha reforma legal e menos aínda publicamente como consecuencia da situación de crise que vivimos. Esta formulación xera a sensación de que as persoas emigrantes sobran na crise cando o seu papel no crecemento económico foi determinante e seguen sendo cidadáns de feito.
Non é certo, como di a exposición de motivos do proxecto de lei, que cumpra na súa integridade coas sentenzas do Tribunal Constitucional universalizando os dereitos fundamentais para todos os estranxeiros con independencia da súa situación administrativa. É precisamente nos dereitos prestacionais, é dicir, educación e xustiza gratuíta, onde a proposta de lei é máis restritiva, non universalizando estes dereitos fundamentais.
No acceso á educación remítese á lexislación xeral de educación para o recoñecemento do dereito, o que actualmente xera un baleiro legal e supón trasladar a responsabilidade a unha norma que ha de ter outra finalidade ben distinta como é organizar a educación en España e non decidir sobre os dereitos fundamentais dos cidadáns.
Esquece a educación infantil, á que se refire a normativa vixente no sentido da necesidade de prover as prazas para a escolarización da poboación que o solicite. Consideramos fundamental esta etapa educativa no proceso de adaptación á escola e primeira medida para evitar o fracaso escolar dos fillos dos inmigrantes. Máxime cando son con diferenza o colectivo que máis aporta á demografía española, que viu recuperar a súa balanza entre nacementos e defuncións fundamentalmente polo aporte dos inmigrantes na última década.
En canto ao dereito constitucional á xustiza gratuíta, esíxese a dobre petición por parte do estranxeiro para poder acudir aos tribunais en defensa dos seus intereses ante a administración. Esíxeselle reiterar a vontade de recorrer, ata cando poden ser xa expulsados, o que sen ningunha dúbida supoñerá un obstáculo, na práctica insalvable para a maioría dos estranxeiros, dada a inaccesibilidade que para eles teñen os consulados españois no exterior. Neste caso, a dobre petición só pódese entender como a creación dunha traba burocrática que na práctica bloquee o acceso á xustiza gratuíta como recoñeceu fai un ano o Tribunal Constitucional.
Deste xeito, un menor español facilmente pode estar privado da posibilidade de convivir cos seus avós unicamente polas trabas que introduce a nova lexislación.
Restrínxese a reagrupación familiar para os ascendentes de cidadáns estranxeiros e tamén para os dos españois que, neste momento, teñen o mesmo réxime, segundo estableceu o RD 240/2007. Impónselles o requisito de alcanzar os 65 anos, o que supón un descoñecemento da realidade dos países de orixe, onde as expectativas de vida e a súa calidade son inferiores.
Endurécese o réxime sancionador con ampliación das infraccións e agravación da sancións profundando na represión e non na integración.
Dase un perigoso paso para favorecer a delación do estranxeiro irregular por calquera cidadán ao estilo de países que son un mal exemplo neste ámbito, como Italia. Ese perigoso percorrido continúa con esta reforma que criminaliza a quen axude a un estranxeiro cun contrato de traballo irreal, ou empadróalo sen residir realmente nese domicilio ou facéndolle unha carta de invitación si logo non regresa. Tras esa opción o seguinte será, sen dúbida, sancionar a quen non denuncie ao estranxeiro en situación irregular. Se estas condutas deben ser perseguidas, que se faga en igualdade de condicións que cando se realizan contratos non cumpridos ou falsos empadroamentos para acceder a recursos sociais entre cidadáns españois.
Acórdase regular por regulamento o réxime dos centros de internamento de estranxeiros (CIE) en contra do Tribunal Supremo, que no 2003 e 2005 deixou claro que debía ser unha lei orgánica a que regulase a natureza xurídica e os dereitos e obrigacións das persoas alí internadas ao verse afectado o seu dereito á liberdade.
Xa é hora de que os CIES teñan unha regulación legal específica que garanta o mínimo dos dereitos que hoxe en día teñen os presos convencionais para asegurar as garantías legais das persoas estranxeiras, cando tan só cometeron unha infracción administrativa e non penal. Sirva como exemplo que cárceres desautorizados para albergar recluídos por non cumprir cos estándares mínimos, péchanse como centros penitenciarías e ábrense como centros de internamento (véxase o caso de Algeciras). Iso parece ir contra o carácter non penitenciario que declarou a Lei de 1985 e o Tribunal Constitucional en 1987 ademais de contra o mínimo sentido común salvo que se considere ao inmigrante indocumentado menos digno que ao preso nacional.
Todo iso sobre a escusa da Directiva Europea de Retorno, que de ningún modo obriga a iso. Tamén é o primeiro paso para nun futuro establecer os 6 meses que con carácter xeral establece dita directiva, máis coñecida como a “Directiva da Vergoña”.

Para concluír, unicamente incidir en que calquera cambio na lexislación debería estar vinculado a unha mellora para a sociedade. A lexislación que xere un goberno que se autodenomina progresista debería estar orientada a máis medidas sociais, a mellorar a convivencia e, en xeral, a provocar avances sociais nun campo tan determinante para o futuro como a maior diversidade da sociedade española do século XXI. Fronte a iso e con algunhas honrosas excepcións, o conxunto da reforma é de carácter conservador e se aliña con este xiro á política europea de inmigración. Control e represión son vellas receitas que levan dúas décadas sen funcionar para abordar o fenómeno da inmigración.
É hora de arrincar unha política de estado centrada en facer de cada persoa inmigrante que chega a España un membro de pleno dereito desta sociedade, asumindo e recoñecendo que é imposible pensar na España do futuro sen a diversidade que se empeza a fraguar agora.
Pola parte que nos toca, os membros de Galicia Acolle, que non somos moitos pero peleóns, seguiremos contribuíndo para que se melloren as condicións de vida das persoas de orixe estranxeira que chegan a Galicia.
Patricia Rey, responsábel da área xurídica de Galicia Acolle
ler o resto do texto

16/03/10

O MpDC leva un ano agardando pola resolución da AEPD sobre as cámaras do edificio Telefónica da Coruña

Case un ano despois o Movemento polos Dereitos Civís segue a agardar a resolución da Agencia Española de Protección de Datos sobre a irregular instalación de cámaras videovixilancia no edificio de Telefónica na Coruña. Mentres, as traballadoras e traballadores da empresa seguen a ver lesados os seus dereitos á intimidade e á propia imaxe.

Desde o MpDC recordamos que as cámaras atópanse situadas no exterior do devandito edificio e están orientadas á vía pública, ao que hai que engadir que algunhas das que se atopan no vestíbulo controlando o taboleiro sindical. O dito taboleiro foi cambiado de lugar pasando a estar situado nas proximidades das videocámaras para gravar dun modo máis eficaz a cantos se dirixen ao mesmo, tanto a observar como a colocar boletíns informativos, o que viola claramente tanto a intimidade persoal como a liberdade ideolóxica e por suposto a liberdade de afiliación sindical. Estes feitos denotan, ao ver do colectivo, un excesivo control de Telefónica España SAU sobre os seus traballadores..

Ademais, tal e como puido saber o Movemento, tales artefactos de gravación comezaron a funcionar sen que os traballadores nin os representantes sindicais recibisen comunicación da súa posta en funcionamento.

O Movemento polos Dereitos Civís quéixase de que, ante unha evidente irregularidade por parte de Telefónica, na instalación das cámaras de videovixilancia dentro do seu edificio da Coruña, a AEPD aínda non emita ningunha resolución. A pesar de que a asociación lle enviou xa tres escritos á AEPD con datas 24 de abril, 18 de setembro e 30 de decembro do 2009 solicitándo un informe que nomee quen é o responsable do tratamento dos datos e se a empresa encargada de instalar as cámaras se atopa incluída no Rexistro destinado a proceder a instalacións, nese caso,se dispón de licenza do mesmo xeito que pide ao organismo estatal que sancione os feitos segundo a lexislación vixente.

Desde o MpDC entendemos que a Agencia ten que seguir uns procedementos para chegar a ditar unha resolución, pero cremos que un ano é unha demora desproporcionada para realizar as actuacións de inspección pertinentes e avaliar as irregularidades cometidas por Telefónica España SAU e que están a sufrir en primeira persoa as e os traballadores da empresa que ven como os seus dereitos son vulnerados sen que as institucións responsábeis do cumprimento da Lei fagan nada por llelos restablecer.

Asistimos nas últimas datas a un auténtico proliferar destes dispositivos de control, instalados a miúdo sen as garantías imprescindíbeis para os dereitos dos cidadáns. O Movemento polos Dereitos Civís invita de novo a organismos e empresas a adecuarse en
primeiro lugar á lexislación existente, e a reflexionar, ademais, sobre a necesidade real de empregar un medio tan agresivo en lugares non particularmente perigosos. Deberá ser, por outra banda, a propia administración a que tome medidas para garantir que este novo e desmesurado culto á seguridade non acabe lesionando os dereitos dos cidadáns.

O MpDC lembra, ademais, que se ha de respectar de modo rigoroso o principio de proporcionalidade, é dicir, que as cámaras se instalen e se usen cando sexa a medida máis idónea para os fins que se perseguen, ademais de lembrar que non poderán usarse estes medios para fins distintos dos propios de control laboral nos espazos indispensábeis para tal obxectivo tendo en conta, claro está, o dereito á propia imaxe dos traballadores e traballadoras da empresa.
ler o resto do texto

15/03/10

CONCENTRACIÓNS COMARCAIS CONTRA O DECRETAZO

Prezada/o amiga/o:
A Plataforma cidadá Queremos Galego convoca a toda a sociedade a unha
mobilización xeral contra o retroceso de anos que significara para a nosa
lingua propia, o proxecto de decreto contra o galego presentado ás agachadas
na mañá do sábado 13 de marzo.
Arestora, están confirmadas concentracións comarcais para o serán deste luns
15 de marzo nos seguintes lugares:


- Santiago de Compostela: ás 20 horas na Praza do Toural
- Vigo: ás 20 horas na Rúa do Príncipe (diante do MARCO)
- A Coruña: ás 20 horas na Praza de Pontevedra (diante do instituto)
- Ourense: ás 20 horas na Avenida da Habana (diante do edificio
administrativo da Xunta)
- Lugo: ás 20 horas na Rolda da Muralla (diante do edificio administrativo
da Xunta)
- Pontevedra: ás 20 horas na Praza da Peregrina
- Ferrol: ás 20 horas na Praza de España (diante do edificio administrativo
da Xunta)
- Vilagarcía de Arousa: ás 20 horas na Praza de Galiza
- Noia: ás 20 horas diante do Concello
- A Pobra do Caramiñal (para toda a Barbanza): ás 20.30 no Cantón da Leña
- Foz: ás 20 horas diante do Concello
- Carballo: ás 20 horas diante do Concello
- A Estrada: ás 20 horas na Praza do Concello
Nas próximas horas pode ser que se vaian confirmando máis concentracións en
máis puntos do país.
Para máis información pódese consultar a web de queremos galego.
www.queremosgalego.org
Pola nosa lingua, nin un paso atrás!

_____

Hotmail: Correio electrónico fidedigno com a poderosa protecção anti-SPAM da
Microsoft. Inscreva-se <https://signup.live.com/signup.aspx?id=60969> já.

ler o resto do texto

O MpDC celebra que a Xustiza resolva ao seu favor en relación ás cámaras de San Xosé Obreiro

O Movemento polos Dereitos Civís vén de coñecer a resolución do
Xulgado contencioso-administrativo nº 2 da Coruña en relación ás
cámaras de videovixilancia instaladas no CEIP San Xosé Obreiro de
Arteixo.

O xulgado dalle a razón ao MpDC dado que as dúas cámaras de
videovixilancia estaban instaladas sen autorización, as grabacións
eran controladas polo conserxe do centro e tampouco existía letreiro
algún que alertase da presenza das mesmas. Todo isto supón unha grave
infracción da Lei de protección de datos de Caráter persoal e vulneran
dereitos básicos como o da imaxe, á honra e á propia intimidade dos
alunmos e profesores do centro.

O Movemento celebra que, unha vez máis, a Xustiza entenda a
importancia que ten velar polo dereito á imaxe, á honra e á intimidade
dos cidadáns. É a Xustiza que ten que dar exemplo esixindo a todo tipo
de institucións o feito de respetar e cumprir coa lei, sobretodo no
que respecta á proteción de datos, materia aínda descoñecida pola
maioría dos cidadáns.

Os antecedentes

Con data de 14 de maio de 2008, o Movemento polos Dereitos Civís envía
escrito á Delegación do Goberno en Galiza a través do cal solicitaba,
entre outras cousas, que se acreditase a legalidade das cámaras
instaladas nos exteriores do dito centro de ensino, así como que se
procedese á retirada das mesmas. Máis tarde, o MpDC foi informado da
presentación dun recurso contra a presunta desestimación da solicitude
formulada ao CEIP San Xosé Obreiro para proceder á retirada das
cámaras de vídeo vixilancia instaladas nos exteriores do dito Colexio
en Arteixo (A Coruña).

Xunto coa retirada, o MpDC solicitou no seu momento a nulidade de
pleno dereito da presunta desestimación por silencio administrativo da
resolución do CEIP San Xosé Obreiro, na cal se denegaba a solicitude
do Movemento polos Dereitos Civís en relación coa instalación das
cámaras de vídeo vixilancia nos exteriores das súas dependencias ao
omitirse o trámite procedimental imperante no eido da instalación das
cámaras na vía pública. Ademais, o colectivo pide tamén a condena en
costas da Administración demandada.

Proporcionalidade

É necesaria unha proporcionalidade, é dicir, que só se poidan empregar
vídeo cámaras cando resulte adecuado para unha situación concreta para
o mantemento da seguridade cidadá. Ademais, a Lei tamén esixe o
principio de intervención mínima, ou o que é o mesmo, que exista
ponderación entre a finalidade perseguida e a posible afectación pola
utilización da vídeo cámara aos dereitos á honra, propia imaxe e
intimidade.

Polo tanto, non cabe dúbida de que a instalación de cámaras nun lugar
seguro como o dito centro de ensino de Arteixo -ao non existiren datos
policiais que amosen indicios de alta delincuencia ou criminalidade
nin vandalismo- é unha medida desproporcionada para o fin perseguido
que incumpre, polo tanto, cos parámetros fixados pola lei.

En caso de seren instaladas con finalidade intimidatoria -entendemos
que de acordo coa legalidade vixente- a autorización da instalación
debería realizarse con anterioridade a súa colocación, como sucede
neste caso.
ler o resto do texto

14/03/10

O ROSTRO DE AMATERASU

É curioso como un dos países onde a desigualdade de xénero estaba máis aceptada, Xapón, teña unha das poucas deidades femininas para simbolizar o sol, Amaterasu. O shintoismo é unha relixión extremadamente politeista onde os kamis, entidades suprahumanas, poden ser desde accidentes xeográficos ata persoas destacadas, como heroes ou xefes tribais. Pero Amaterasu é o que poderíamos entender en occidente como unha Deusa.

A importancia deste kami entre os seus iguais, demóstrase na máis famosa das súas historias cando o seu irmán, Susanoo, kami da terra e o mar, anega o fogar de Amaterasu. Ela fuxe cara unha cova que tapa con unha enorme pedra, para quedar atrapada, en principio para sempre.

Ao desaparecer Amaterasu, desapareceu o sol, e con el o calor, e a terra non daba froitos, e todo o que había nela morría. Así que os kami decidiron sacar a Amaterasu do seu retiro, e o fixeron, creádelo ou non, á galega, é decir, cunha festa.

Xuntáronse tódolos kami, e entre eles Ama no Uzume, a kami da danza. Ela nunha especie de baile con alto contido erótico específico, subiu a moral de todos os seus compañeiros. Amaterasu ao escoitar os ouveos, saiu para ver de que se trataba. O resto dos kamis colocaran xa un espello e cando Amaterasu saiu e viu o seu propio rostro por primeira vez, quedou tan abraida que decidiu voltar ao plan celestial, que é onde habitan os kamis.

Agora, que estamos chegando cara o final do inverno, parece que se repite en moitas culturas as festas para chamar á primaveira. No xapón, a concentración dos kami, nós mesmos co noso entroido, mesmo rituais máis modernos como o Día da Marmota nos Estados Unidos, lémbrannos que houbo épocas en que no inverno un non podía ir ao supermercado e comprar tomates ou pan. Lémbranos que houbo un tempo en que no inverno non había nada, por eso, cando nos aproximamos ao equinoccio, todos nós estamos desexando ver o fermoso rostro de Amaterasu.


Sergio Irigoyen Vázquez/Divulgador Científico.
ler o resto do texto

13/03/10

Manifestaciones y control de fronteras: fichaje de “alborotadores”?

En 2001 el Consejo de la Unión Europea rechazó la propuesta de emplear la base de datos del SIS (Sistema de Información de Schengen) para fichar los alborotadores impulsada a raíz de los disturbios en las protestas de aquel año en Goteborg y Génova. En este campo, el Consejo produjo dos manuales, uno sobre seguridad contra el terrorismo en las cumbres y otro sobre las tareas policiales para mantener el order público. En 2007, los manuales fueron reunidos en uno, para que fuera aplicable para “la seguridad (tanto desde la perspectiva del orden público como del antiterrorismo) de todos acontecimientos internacionales mayores, ya sean políticos, deportivos, sociales, culturales u otros”, unificando los planteamientos ante todo tipo de amenaza y, por lo tanto, acercando el concepto del activista político a los del hincha violento y del terrorista. La primera restricción del principio clave de la libertad de circulación en el espacio Schengen se introdujo para evitar que los llamados “hooligans” se desplazaran y provocaran disturbios en ocasión de los partidos internacionales futbol, por medio del intercambio de información y la prohibición de entrada, en la Eurocopa de 2000 en Bélgica y Holanda. Alemania volvió a plantear la posibilidad de “intercambiar información sobre alborotadores violentos” a través del fichaje en el SIS bajo los supuestos del artículo 99 de su reglamento [para la vigilancia de personas sospechosas de haber cometido delitos muy graves o de presentar una amenaza grave] en 2007 tras las protestas alrededor del G8 en Heiligendamm del 6-7 de junio. Dos años de negociaciones en dos grupos de trabajo del Consejo terminaron en junio de 2009 sin llevar a un acuerdo sobre la necesidad de una base de datos y ni siquiera sobre la definición legal de un “alborotador” o “delincuente violento”. A pesar de ello, y de la ausencia de este tema en los trabajos preparatorios del Programa de Estocolmo que regirá la actuaciones y políticas en temas de justicia y asuntos internos desde 2010 a 2014, la presidencia sueca del Consejo incluyó el “intercambio de información sobre los delincuentes violentos que viajan, incluso los que asistan a acontecimientos deportivos o grandes reuniones públicas” en el Programa de Estocolmo. Esto convierte la implementación de dicha práctica en una prioridad legislativa. En su análisis de los intentos de crear este fichero para prohibir la presencia de personas en ciertos eventos en base a “hechos que llevan a creer que cometerán delitos significativos”, una categoría que incluye “estorbar la paz pública” o “afectar el sentido de seguridad del público”, Tony Bunyan concluye que: atentan contra la libre circulación; ya que sólo Alemania y Dinamarca tienen bases legales que definen estas personas, y Alemania es el único país que tiene un fichero al respecto, recoger esta información personal en una base de datos centralizada sería “absolutamente desproporcionado”; tras el enfoque de la “guerra contra el terrorismo” sobre musulmanes, comunidades de inmigrantes y refugiados, las manifestaciones y el derecho a protestar se están convirtiendo en los próximos objetivos para imponer la “seguridad interna”. Este hecho preocupa aún más tras el descubrimiento por el Guardian en octubre de 2009 de que los datos de los participantes en actos de protesta en Inglaterra se registran en una base de datos de “extremistas domesticos” para identificar “personas que podrían provocan delitos o desordenes”, que incluye manifestantes que no han sido objeto de condenas penales, como el cómico Mark Thomas por su participación en una manifestación de la CAAT (Campaign Against the Arms Trade) en contra de una feria de productores de armas en Londres.

Fuentes:
“EU protests: ‘Troublemakers’ database and ‘travelling violent offenders’ [undefined] to be recorded and targeted”, T. Bunyan, Statewatch, vol. 19 no. 3, julio-septiembre de 2009.Guardian, 25-26.10.2010.


Yasha Maccanico/ Membro de Statewatch, monitoring the state and civil liberties in Europe
ler o resto do texto

12/03/10

URXENTE:Concentración Plataforma Queremos Galego maña sábado 13 de marzo

_____

Mañá, sábado día 13 de marzo, o Conselleiro de Educación e Ordenación
Universitaria presenta o DECRETO CONTRA O GALEGO.

Acude a Concetracion, convocada pola Plataforma Queremos Galego, diante da
Consellaría de Educación (San Caetano, Compostela) as 11:30 horas

Queremos Galego!!

Pasao

Saúdos cordiais

_____

Correio Electrónico e Muito Mais Enquanto Viaja. Obtenha o Windows Live
Hotmail Gratuito. Inscreva-se <https://signup.live.com/signup.aspx?id=60969>
já.

ler o resto do texto

O MpDC indígnase ante as alegacións do Concello de Lugo

O Movemento polos Dereitos Civís denunciou fai dous anos á Delegación
do Goberno polo incumprimento desta no referido ás cámaras de
videovixilancia instaladas no Concello de Lugo. Dispositivos que son
ilegais, xa que carecen da preceptiva autorización da Delegación.

Nun escrito trasladado ao MpDC a institución estatal indicaba que os
permisos das cáaras caducaron o 18 de abril de 2008 e que o Concello
Lugo non solicitou a renovación anual correspondente e a Delegación do
Goberno tampouco fixo nada ao respecto chegando, deste xeito, a unha
actitude totalmente pasiva no exercicio das súas funcións. Ademais
ambas as dúas están incumprindo a lexislación e vulnerando o dereito á
propia imaxe das persoas.

O Movemento indígnase ante a resposta do Concello de Lugo ás alegacións feitas polo Movemento expoñendo que a asociación carece de lexitimación para impugnar un acto da administración cando segundo a doutrina do Tribunal Supremo, o Movemento polos Dereitos Civís está legalmente habilitado para a defensa dos dereitos e intereses lexítimos.

Como asociación se ánimo de lucro en defensa dos dereitos civís, pode
interpór un recurso contencioso administrativo e esixir responsabilidades a quen corresponda. Neste caso o MpDC interpuxo un procedemento contencioso administrativo ante a Delegación do Goberno e Concello de Lugo pola instalación das cámaras de videovixilancia instaladas na zona monumental de maneira ilegal.

O MpDC descoñece porque o Concello de Lugo ataca o Movemento acusándoo de ilexítimo para poder denunciar unha irregularidade, en lugar de se poñer a solventar o problema da ilegalidade instalación de cámaras de videovixilancia no casco histórico da cidade.

A lexislación establece que a autorización das cámaras de vídeo vixilancia débese renovar de xeito anual e, especificamente di que a solicitude se deberá tramitar dous meses antes de que expire a autorización. Respectar o marcado na normativa que regula a vídeo vixilancia é a única maneira de ofrecer as garantías xurídicas mínimas para o libre exercicio dos dereitos fundamentais dos cidadáns, así como evitar usos raudulentos dos dispositivos.

Asimesmo, hai que destacar non está comunicado no rexistro xeral da
Axencia española de Protección de Datos a creación dun ficheiro de
imaxes, tal e como se establece na normativa actual. Esta comunicación
á AEPD é a que permite aos cidadáns que son gravados polas cámaras
exercer o seu dereito de acceso, rectificación ou cancelación dos
datos persoais contidos nos citados ficheiros e, xa que logo,
salvagardar o seu dereito á honra, propia imaxe e intimidade.

O MpDC solicita ao Concello de Lugo a retirada inmediata de todas as
cámaras que aínda poida ter instaladas no casco antigo e que non
cumpren cos requisitos establecidos pola normativa vixente. De igual
xeito, saúda o Concello no suposto caso de que non solicitase a
renovación por ter intención de suspender os sistemas de vídeo
control.
ler o resto do texto

11/03/10

Volven pedir que o MpDC pague para que se cumpla a lei

Se non se pagan 25000 euros, o Concello de Santiago non terá que cumprir a sentenza que obriga á habilitación dos peches das obras para a comunicación social, medida que non supón ningún gasto e que non se cumpre en todo o Concello.

A Xustiza vén de dar a razón ao MpDC, se ben, volve condicionar o cumprimento da mesma a un desembolso económico. Lembramos -unha vez máis- que o Movemento polos Dereitos Civís é unha asociación sen ánimo de lucro que cumpre unha función crucial para a cidadanía. Neste caso a cantidade que debería pagar o MpDC ascende a 25.000 euros. Segundo o Xulgado do Contencioso nº1 de Santiago, por prexuízos.

Este xulgado estima a solicitude presentada no seu momento polo colectivo no que respecta a que o Concello de Santiago incumpre a súa propia ordenanza de publicidade estática. A denuncia do Movemento produciuse ante o que considera unha “inactividade” do Concello ao non colocar paneis destinados a información de entidades ou facelo en lugares pouco transitados. E o peor é que sistematicamente aducen a que si están colocados, feito que nunca demostraron.

Á marxe diso, o Concello tampouco controla que os promotores inmobiliarios deixen espazos nos valos de obras para as comunicacións como estipula a dita ordenanza. En cambio, mentres o Concello incumpre no que respecta á colocación de paneis e no que ten que ver cos espazos para a comunicación cidadá, os axentes da Policía Local si se encargaron de seguir e identificar as persoas que pegaban carteis. Até se impuxeron as sancións contempladas na ordenanza aos responsables das entidades, organizacións ou entidades que anunciaban eventos por medio da colocación de carteis.

No artigo 4 da citada ordenanza determínase que se habilitarán soportes na via pública, en lugares frecuentes e en número suficiente para posibilitar a colocación de carteis ou anuncios. Se ben o rexedor achega documentación que evidencia a instalación de paneis, o propio xulgado recoñece o que tanto tempo leva denunciando o MpDC, que o Concello non acredita que se cumpran as condicións necesarias para considerarse cumprida a ordenanza, como son que se sitúen en lugares frecuentados e que sexan en número suficiente.

Dese xeito, a Xustiza entende que se debe executar de maneira provisional a sentenza aínda que alega uns “prexuízos” polos que o MpDC debería pagar 25.000 euros. Este suposto prexuizo que “se lle poden provocar á parte desfavorecida pola execución provisional” é a colocación dos propios paneis, que non son suficientes. Pero, sorprendentemente, se non se pagan os 25000€, o Concello non terá que cumprir a parte da sentenza que o obriga á habilitación dos peches das obras para a comunicación social, medida que non supón ningún gasto e que non se cumpre en todo o Concello.

Novamente, a pesar de perder as sentenzas e autos, Bugallo queda de novo amparado pola Xustiza mentres que Movemento e cidadanía volven ficar desamparados por un sistema xudicial que esixe o pago de importante cantidades económicas para cumprir as sentencias. Nin Bugallo se preocupa por cumprir coas ordenanzas das que el mesmo se dota nin se preocupa cando unha asociación lle recorda -polas boas- que o faga e cando o fai por medio da Xustiza tampouco. Para que o vai facer, se vai ter sempre o respaldo das administracións?

Desde logo, o agravio ao que se acaba de ver sometida a asociación súmase ao que sufriu recentemente coa execución provisional doutra sentenza, curiosamente, contra o mesmo concello, neste caso polas cámaras ilegais que ten instaladas na zona vella. Cando a xustiza vai ser xusta? se pregunta o MpDC.
ler o resto do texto

10/03/10

O MpDC condena a detención totalmente desproporcionada de varios responsábeis da CIG

O Movemento polos Dereitos Civís amosa a súa máis enérxica repulsa á detención este martes do Secretario comarcal da CIG-Servizos de A Coruña, Salvador Cerqueiro, que foi conducido á Xefatura Superior de Policía, retido e fichado, sen que en ningún momento se lle explicasen as razóns de tal actuación. Acaso volvemos á represión dictatorial?

Ao respecto, o colectivo vén de pedir explicacións á delegación e á inspección de persoal da policía a través de sendos escritos. Visto o despregue policial e o desenvolvemento dos feitos parece que esteamos sumidos nun Estado policial ou que volveramos atrás no tempo e estas detencións se practicasen nos tempos da ditadura de Franco.

Cabe lembrar tamén que, lonxe de practicar a detención de Cerqueiro, a policía procedeu á identificación de dous delegados desta central que participaban nunha concentración diante da Xefatura, mentres que ao Secretario Nacional da Federación tomáronselle os datos por ser “susceptíbel” de ter cometido algún acto delituoso. O MpDC non pode senón denunciar esta violación dos dereitos fundamentais lesados ademais sen ningún tipo de xustificación.

Os feitos iniciáronse onte cunha chamada da policía ao secretario comarcal da CIG-Servizos para solicitarlle que acudira á comisaría durante a tarde do martes, aínda que sen aclarar os motivos de tal citación. Cando esta tarde Salvador Cerqueira comunicou que non acudiría á citación porque tiña unha reunión nunha empresa, “non pasaran nin cinco minutos cando apareceu unha parella de axentes na porta da miña casa para levarme á comisaría”, afirmou o sindicalista.

Non obstante, os axentes non comunicaron ao afectado en ningún momento os motivos da detención, sinalando soamente que esta acción tiñan a ver co conflito nas instalacións deportivas, procedendo á apertura dunha ficha de identificación, así como á súa retención durante máis dunha hora. Neste senso, cabe lembrar que a detención do secretario comarcal da CIG-Servizos prodúcese horas despois do acordo entre patronal e sindicatos e da suspensión da folga indefinida.

Pouco despois da saída de Cerqueiro da Xefatura, a policía chamaba a dous delegados sindicais que participaban na concentración de repulsa á detención do responsábel de Servizos para identificalos en relacións a feitos acontecidos durante a folga de instalacións deportivas, comunicándolles que serán chamados polo xulgado. Asimesmo, o Secretario nacional da CIG-Servizos, Paulo Rubido, tamén foi identificado de xeito “preventivo”.

De novo e ante estas actuacións desproporcionadas e propias dunha ditadura e non dunha democracia, o MpDC non pode senón reiterar a súa condena máis firme ademais de lembrar que fai escasamente dúas semanas os corpos e forzas de seguridade cargaron sen ningún tipo de motivo e de xeito brutal contra os mesmos traballadores de Instalacións Deportivas, sen esquecer o esperpento que tamén protagonizaron os policías cando entraron a retiar uns “mecos” que colgaban nas fiestras do instituto de Celanova.

O Movemento solicita que as administracións conctactadas respondan ante estes feitos e alerta da indefensión á que se atopa sometida a cidadanía por parte dos corpos e forzas de seguridade, que actúan sempre en connivencia coas institucións públicas e contra os intereses da sociedade cando se trata de temas ou cuestións contrarias ao “poder establecido”.
ler o resto do texto

09/03/10

O MpDC reproba o Concello de Vedra porque non exerce o principio de transparencia e publicidade

O Movemento polos Dereitos Civís vén de presentar un escrito ao Concello de Vedra para que poña en práctica o principio detransparencia e publicidade dos seus actos administrativos e actualice a súa páxina web, publicando nela as novas ordenanzas ou calquera outra norma reguladora, así como as actas dos plenos.

Como é sobradamente coñecido, España é un estado social e democrático de dereito cuxa norma fundamental garante o principio de legalidade, a publicidade das normas, a xerarquía normativa, a seguridade xurídica e a responsabilidade. Polo tanto, o Estado establece garantías aos dereitos dos cidadáns fronte a actuación da administración e fronte as institucións políticas.

Desde o MpDC entendemos que o incumprimento da Lei de transparencia por parte do Concello de Vedra vai directamente contra os dereitos dos cidadáns por entender que se están a vulnerar principios básicos como son o dereito á información e a igualdade ante a lei.

O MpDC entende que, ao proceder o Concello deste xeito, quebra o principio de boa fe. Por unha parte a boa fe do interesado no procedemento fronte a administración, e de outra parte, a boa fe da administración fronte a cidadanía. Cumprir con ese principio asegura que as e os vedreses poden confiar na institución que os representa.

Porén, a dita presunción destrúese cando existe unha proba contraria, tal e como acontece neste caso, onde quedou debidamente demostrado que o Concello de Vedra non actuou de boa fe en relación co resto dos cidadáns, dado que non que existe actualización na páxina web, o cal non deixa de vulnerar os principios de publicidade e transparencia das actuacións do Concello de Vedra.

O Movemento recorda que todas as administración teñen que ser exemplos de honestidade e legalidade, sobre todo no tocante a garantir a transparencia e a eficacia da organización na xestión pública. Coma sempre, os grandes prexudicados son os cidadáns que, unha vez máis, ven vulnerados os seus dereitos máis básicos

Desde o MpDC agardamos que o Concello de Vedra entenda a importancia que ten para os seus concidadáns a actualización da páxina web do Concello e a faga efectiva.
ler o resto do texto

08/03/10

Entrevista a Galicia Acolle


-Que é Galicia Acolle?


É una asociación independente, de voluntariado, sen ánimo de lucro, que ten como finalidade fomentar o encontro entre persoas con culturas diversas nun mesmo espazo xeográfico, na procura dun proxecto común de sociedade. Galicia Acolle nace no ano 2003 en Santiago, máis tarde en Vigo, cando coinciden varias persoas con moita e variada experiencia, que queren presentar unha alternativa a praxes dalgunhas entidades de apoio á inmigración que, aínda que cheas de boas intencións e con contadas excepcións, semellan pouco axeitadas ou ancoradas en metodoloxías un tanto asistencialistas.


-Cal é o ámbito ou ámbitos de actuación da asociación?

Resumido nunha palabra, a interculturalidade. Metodoloxicamente implica intervencións non só coa poboación de orixe estranxeira, senón tamén coa autóctona. Ata hai poucos anos afirmabamos con rotundidade que o noso ámbito de actuación eran as persoas de orixe estranxeira. Así, sen máis. Tras anos de experiencia, entendemos que ese enfoque non resulta eficaz. As migracións ofrécennos un contexto, pero na realidade actuamos en todo o conxunto da sociedade, persoas migradas e autóctonas, porque asistimos a un cambio substancial. De ser unha sociedade “de acollida”, pasamos a outra “de asentamento”, onde os novos cidadáns optan por establecerse. Deste xeito soñan, deseñan e finalmente implementan o seu proxecto vital aquí, con independencia de que nalgún momento decidan voltar ao seu país de orixe. Esta nova realidade plantexa retos, e pon en crise as verdades preestablecidas na cultura dominante. Esixe cambios que non se dan dun día para outro e sen esforzos. Por iso nos atopamos nun momento crítico no que debemos superar a metodoloxía “tradicional” que aínda se mantén en grande medida nas entidades de apoio á inmigración (asesoramento xurídico e tratamento de situación administrativa, busca de vivenda e emprego), focalizada case que de xeito exclusivo cara á intervención coa persoa de orixe extranxeira. Claro que superar non quere dicir abandonar, xa que hai, e haberá sempre, situacións persoais que demanden este tipo de intervencións. Pero imponse unha urxente estratexia de traballo coa poboación autóctona, invitándoa a superar prexuízos, aportándolle elementos para unha visión obxectiva e ponderada da realidade, e incidindo criticamente nas estruturas que amparan, fomentan ou reforzan mecanismos de exclusión sobre os colectivos que teñen como estigma – imposto por outros, como é lóxico – o feito de proceder de lugares diversos.


-Durante a realización da vosa actividade cales son as trabas que atopades
con maior frecuencia?

Existen trabas estruturais evidentes, e que son as máis complicadas de contrarrestar, coma un ordenamento xurídico cada vez máis restritivo e involutivo, nunha tendencia que semella insaciable, ou a falla dunha verdadeira cultura de encontro, o medo ao descoñecido, os prexuízos inherentes á propia natureza humana, etc. Dunha maneira especial, o baixo nivel dos discursos políticos que empregan irresponsablemente a inmigración como arma arreboladiza non axudan precisamente a avanzar nunha percepción razoable da inmigración.

Pero hai outras de tipo funcional, que dependen directamente das organizacións, como a pouca coordinación existente entre elas, que fai que se malgasten esforzos e recursos. Aquí cómpre sermos autocríticos. Debemos deixar atrás a competencia polos recursos para financiar os nosos servizos, moitas veces duplicados e solapados. Así que como organizacións, debemos madurar, e moito, niso.

Porén non quixera aportar só unha visión negativa. Temos experiencias no sentido contrario, de traballo en rede onde se aproveitan as fortalezas de cada organización, complementándonos, que forman parte do noso patrimonio de cultura asociativa. Co tempo, en Galicia Acolle aprendimos a seleccionar boas canles de colaboración, a través de redes, máis técnicas ca reivindicativas, nas que prima a calidade sobre a cantidade. Probablemente reporte pouca presenza mediática, pero axúdanos a estar máis centrados no que nos parece esencial. E teño que dicir que pesa máis o positivo que o negativo.


-De que xeito se poderían desfacer esas eivas para que o traballo coas
persoas migrantes fose máis doado?

As estruturas sociais son difíciles de transformar, pero se eu, ou as persoas que traballan en Galicia Acolle, pensaramos en termos de imposibilidade, evidentemente non estariamos a perder o tempo aquí. Outra cousa é se os cambios serán inmediatos, sobre o que sinceramente penso que non. É un traballo de xeracións, polo que supón de cambio de paradigma cultural. Para empezar, debemos avanzar no recoñecemento do diverso, que é algo máis ca tolerar por corrección política outras presenzas diferentes ás que estabamos afeitos. Implica dar un paso á fronte e admitir a posibilidade de que o outro é alguén que me enriquece e me fai medrar como persoa. Cando sintamos a mesma indignación por un recorte de dereitos na Lei de Estranxeiría que pola intención de ampliar a idade de xubilación, estaremos no bo camiño.

E aínda que pareza materialista, debo mencionar que unha base concienciada permitiríanos dispoñer de máis colaboradores económicos, que ao final son os verdadeiros facilitadores da nosa independencia, da continuidade dos programas, e xa que logo da súa calidade. O problema é que a inmigración non “vende”. É difícil convencer da pertinencia das nosas intervencións a alguén que ten varios fillos no paro, e cre que os culpables son as persoas estranxeiras “que veñen a ocupar os postos de traballo”. Hai que educar, formar, e eliminar os estereotipos. Por iso estamos tan orgullosos dos nosos colaboradores, porque pódense calificar de militantes.



-A Xunta está a colaborar para mellorar a situación dos inmigrantes?

O ámbito competencial das Administracións Autonómicas é relativamente limitado. Ás veces, a percepción é que son simples pontes de transmisión de recursos económicos entre a Administración Central, que ten as principais competencias en estranxeiría, e os Concellos, que son os que implementan as políticas máis cercanas ao cidadán, ou as asociacións que reciben subvencións. Xa que logo, atópase nunha especie de limbo ou terra de ninguén. Desde este punto de vista, e tendo en conta as limitacións, sería inxusto en termos absolutos dicir que non colabora. Pero, honestamente, debe avanzar máis no que lle compete. Non se trata dun eixe preferente do actual goberno. Aínda que as eleccións foron no mes de marzo pasado, tivemos que esperar ao verán para ver nomeados os cargos da Secretaría Xeral de Emigración, de quen organicamente dependen os temas de inmigración (o mesmo nome xa dá conta de cal é o enfoque). Sobre o papel hai un Plan Galego de Cidadanía, Convivencia e Integración aprobado, pero do que non se sabe nada do seu cumprimento. Existe un Consello Galego da Inmigración que se debe reunir como mínimo dúas veces ao ano, e no pasado 2009 non o fixo nin unha vez, nin sequera a súa Comisión Permanente. A finais do pasado ano púxose en marcha un programa de mediación do que se sabe máis ben pouco... Desde logo, non é para estar contentos.



-Cales son os principais proxectos ou liñas de actuación que estades a
trazar hoxendía?

Temos cinco grandes eixes de actuación: acollida (onde se realiza a atención social, asesoramento xurídico, acompañamento, clases de galego e castelán, etc.), laboral (con itinerarios integrados de inserción laboral), mediación (con intervencións concretas a demanda, o fomento da transversalidade, e desenvolvendo formación específica), educación (a través do PEI – Proxecto de Educación Intercultural -, e o Programa de Mediación de Pares), e voluntariado, xa que entendemos que un dos nosos grandes capitais son as persoas que colaboran en Galicia Acolle. Hai que dicir ao respecto que contamos con voluntariado altamente capacitado, sobre o que aplicamos un principio de ouro: non buscamos actividades para posibles voluntarios, senón que procuramos voluntariado para actuacións concretas. Deste xeito, optimizamos recursos e permítenos ofrecer servizos de calidade.



-Desde a vosa experiencia, en que condicións viven as persoas
migrantes na Galiza?

Habería que distinguir migrantes con algún tipo de problemática específica, daqueles que adquiriron un nivel de normalización tal, que os seus problemas son ou poden ser os mesmos ca dunha persoa autóctona. Entendo que a pregunta vai dirixida aos primeiros, especialmente os que se atopan en situación irregular.

Un aspecto global é a súa vulnerabilidade. Ocupan os peores nichos do mercado laboral, o seu grao de eventualidade é evidente, e as baixas retribucións limitan a estabilidade. As trabas ao reagrupamento familiar impiden desenvolver unha vida en familia e, xa que logo, a afectividade e a intimidade en condicións normalizadas. As infravivendas ou o amoreamento en pisos, forman parte dun mapa nada positivo. En fin, trátase dunha situación de cidadáns de segunda ou terceira división, que en ningún caso é admisible nun estado de dereito.

Pero tamén existe unha realidade de persoas migrantes que participan, malia as restricións normativas, no mundo asociativo, cultural e veciñal, evidenciando coa súa presenza a construción dunha cidadanía inclusive. Sen dúbida, integrarse é participar.



- Afecta dalgún modo ao voso traballo o cambio na lei de Extranxeiría?

Non nos afecta dun xeito significativo na nosa maneira de traballar, pero si na casuística que se nos presenta. É lóxico deducir que canto máis razoable é a normativa en materia de estranxeiría, a necesidade de intervirmos diminúe. Pola contra, reprimir e controlar son opcións que non resolven nada. Unha lei inxusta non frea a inmigración, é inxenuo pretender iso. Só afecta á súa calidade. Por iso insisto na idea de que o reto que se nos presenta agora é cambiar a mentalidade dunha base social que admite ou promove leis deste tenor, ou que mesmo semella demandar aínda máis restricións. Unha cidadanía responsable implica, por forza, unha cidadanía informada e formada. E en xeral, en canto á inmigración e á interculturalidade, o nivel de formación do cidadán medio é moi mellorable.



-Galicia Acolle tamén se dedica a formar profesionais relacionados coa
inmigración. É necesaria a figura de profesionais neste ámbito?

Si que son necesarias persoas que se adiquen a xestionar dun xeito profesional as situacións que se van creando nos novos contextos sociais que xurden da pluralidade e a diversidade culturais. Alguén ten que propiciar os encontros, ser facilitador das relacións, e xestionar creativamente os posibles conflitos. Sen embargo, creo que unha vez máis empezamos a casa polo tellado, porque antes de definir ben que é un mediador intercultural, cal debe ser a súa capacitación profesional, incluso o que entendemos por mediación intercultural, establecimos a categoría profesional. É dicir, deseñamos un continente, pero se deixar claro o contido. Isto provocou – unha vez máis, porque supón unha fonte de ingresos de subvencións públicas e privadas – que algúns se atreveran a realizar cursos de formación sobre mediación intercultural, nos que se falaba de inmigración, si, pero pouco ou nada sobre a metodoloxía da mediación. E apareceron profesionais que, co nome de mediadores, eran máis ben monitores ou educadores con poboación estranxeira. Non quero dicir con isto que non fixeran un bo traballo, senón que hai que chamar ás cousas polo seu nome. En Galicia, cóntanse cos dedos de media man as organizacións que realmente saben que é e como se desenvolve a mediación social intercultural. E, por suposto, ao tratarse dun ámbito tan dinámico, haise que reinventar día a día. Non existen fórmulas fixas nin universais.

Pero dito isto, o que realmente é necesario é traballar a transversalidade, é dicir, que os profesionais de tódolos ámbitos (educativo, sanitario, laboral, servizos sociais, xurídico, etc.), públicos ou privados, saiban como desde a súa profesionalidade deben respostar ás cuestións que a cotío se lles plantexan respecto á diversidade cultural. Ese é o futuro.


-Galiza, segundo vos, é un país intolerante?


Os galegos temos moi asumido como identidade colectiva que Galiza é un país acolledor, e damos por feito que pola nosa experiencia de emigración, a nosa empatía con quen está a pasar por unha situación similar xa “ven de serie”. E a realidade é que non se pode xeneralizar, nin para o bo nin para o malo. Pero os datos son preocupantes. Según enquisas realizadas pola Xunta de Galicia, nos últimos anos aumentou a cantidade de galegos que perciben que hai moitos ou demasiados inmigrantes entre nós, precisamente nun momento en que se está a deter a tendencia á alza da chegada de estranxeiros. E a percepción que nós temos (alugueres, tratos vexatorios, racismo e xenofobia explícitos ou encubertos, etc.) tamén apunta nese sentido. O dito, temos moito que traballar.


Antonio Cepeda Fandiño/Presidente de GALICIA ACOLLE
ler o resto do texto

07/03/10

Gran parte da “tarta” sanitaria, para as grandes empresas

A aposta da Xunta de Feijóo pola construción dun hospital privado en Pontevedra, abandonando os avanzados plans para ampliar o actual Hospital Público de Montecelo, é moito máis que un simple cambio de ubicación ou de mellora do proxecto existente, como se esforzan en presentar ante a cidadanía. Os dous proxectos son prácticamente idénticos en canto á dimensión e servizos sanitarios, só que un é completamente público e no outro participa a iniciativa privada, construíndo o inmóbel a cambio do monopolio da xestión durante 20 anos.

O hospital de Monte Carrasco construiráse a través dun consorcio de construtoras, aseguradoras e bancos. Un edificio que alugarán ao Sergas durante 20 anos e polo que os galegos teremos que abonar un coste total que superará en 5 veces o investimento inicial, e por 10 os 100 millóns previstos para Montecelo, un hospital que nos últimos 10 anos renovouse totalmente con 57 millóns de euros, e arredor do que existen numerosos plans de infraestruturas viarias, de saneamento e abastecemento, xa dimensionados para o gran hospital que Pontevedra necesita.

Pero máis alá dunha ou outra ubicación, da carta de servizos e de todos os placebos que a Administración Sanitaria está estes días vendendo neste peculiar “todo a cen” hospitalario, reside un comportamento ideolóxico e político, propio do neoliberalismo máis brutal: importar o sistema británico —que por certo, está xa cuestionado ata polos propios conservadores—, poñendo na man das grandes xestoras privadas boa parte dos servizos públicos básicos, un nicho no que se teñen fixado para obter beneficios.

Estamos por tanto diante dunha operación a gran escala a prol da privatización sanitaria, inspirada nos exemplos máis duros e agresivos do Estado, como Valencia e Madrid, administracións sanitarias que xa teñen aos seus cidadáns e ás súas comunidades sanitarias en pé de guerra debido a este modelo privatizador que atenta contra a calidade do sistema sanitario, encarece a xestión pública e pon en mans de grandes empresas parte do esforzo económico que o conxunto da sociedade fai por manter unha sanidade de alto nivel.

En Pontevedra queremos que retornen á nosa cidade os 100 millóns de euros que o anterior goberno da Xunta tiña destinados a ampliar Montecelo, e que desapareceron dos investimentos programados pola Xunta en vísperas de comezaren as obras, xa coas expropiacións definidas, todos os proxectos realizados e só a uns días da súa licitación.



Miguel Anxo Fernández Lores/Alcalde de Pontevedra
ler o resto do texto

06/03/10

A peineta

Por que motivos o cidadáns debemos escoitar respetuosamente as intervencións de tantos ilustrados, coñecedores da verdade absoluta, creadores de opinión e ditadores de titulares? Ao parecer, sempre temos que saber estar, escoitar e interpretar e transmitir calquera disención de forma axeitada e segundo os criterios marcados pólo “politicamente correcto”.

Se non estamos de acordo, temos que manifestalo dunha forma civilizada. Enviando un escrito ao interesado, unha carta ao director, unha denuncia ou calquera outra forma polo estilo e que non produza sobresaltos.

A pesar diso, algunhas veces, a impotencia que produce a inxustificada autoridade coa que os creadores de opinión transmiten as súas ideas, sen ter en conta que son transmitidas a un público que non ten que estar necesariamente de acordo, dan lugar a situacións tensas e non desexadas.

Pode que estas situacións sexan froito da impetuosidade dalgúns membros do público que non son capaces de entender a importancia de manter a compostura nestas situacións e evitar así tensións na convivencia.

Nada de palabras malsonantes, nada de bravexar, nada de molestar. Parece ser que nunha sociedade civilizada soamente os que escasean de argumentos acuden a estas formas para manifestar a súa contrariedade.

Porén, aqueles que deberían ser despositarios de posturas ponderadas e reflexivas acaban acuñando marabillas do respecto aos dereitos dos demais como considerar que exercer o dereito de manifestación é “ladrar o seu rancor polas esquinas” ou facendo peinetas aos estudantes que manifestan o seu desacordo coas súas ideas.

Alguén debería explicar porque a cidadanía debe dar exemplo de civismo e sensatez mentres temos dirixentes que son exemplo de prepotencia e impetuosidade. Hai que aprender a respetar para ser respetado e Aznar nunca o fixo. A súa peineta foi unha caricaturización do que sempre pensou sobre a opinión dos demais.

Renato Núñez/voceiro do MpDC
ler o resto do texto

05/03/10

Bugallo non aclara quen debe sancionar as empresas que imcumpren a normativa de publicidade estática

O Movemento polos Dereitos Civís volve presentar alegacións dentro da fase de execución provisional ante o Concello de Santiago por incumprir este a súa propia Ordenanza de Publicidade Estática e Dinámica.
Logo de estudar a documentación trasladada polo Concello de Santiago, por orde do xuíz, Desde o Movemento podemos afirmar que as diferenzas cos documentos e fotografías achegadas pola administración con anterioridade son ínfimas, polo que esta parte entende que Sánchez Bugallo está intentando demorar o procedemento con tal de non cumprir as disposicións dictadas pola súa ordenanaza.
A única novidade atopada con respecto aos anteriores escritos é a posíbel contradición entre os distintos departamentos do Concello de Santiago, concretamente entre o Servizo de Licenzas e Disciplina Urbanística e o Sevizo de Contratación e Sevizos Comunitarios, o que mostra unha clara desorganización interna da Administración demandada, intentando trasladar entre os departamentos a obriga de facer cumprir dita ordenanza, non dando na realidade cumprimento efectivo e inmediato á mesma e non querendo, ningún dos departamentos, facese responsábel do efectivo cumprimento da mesma.
Desde o MpDC entendemos que, Sánchez Bugallo é efectivamente responsable de que se leve a cabo o cumprimento da citada ordenanza, con independencia de que servizo ou departamento interno do concello se encargue deste tema, non sendo obxecto deste debate a que departamento lle corresponde o seu cumprimento.
O MpDC descoñece porque o Concello de Santiago non xustifica dunha vez onde ten instalados ou gardados os 18 paneis informativos que mercou fai uns meses e tampouco entende cal pode ser o motivo real para non cumprir coa súa ordenanza municipal e coa xustiza que lle está a esixir que presente simplemente a documentación que informe sobre o seu cumprimento da lei.
Ao Movemento indígnalle pensar que unha administración como o Concello de Santiago, que aproba unha lei para dar cabida a publicidade social, áhora da verdade non sónon a cumpra, senón que tamén se nega a asumir que non a estáa cumprir e refuxiase en vanas xustificacións. Ademais de presentar documentación similar en todos os requerimentos, deixando claro que non teñen intención de cambiar a situación actual e ofrecerlle unha boa cobertura de comunicación social aos cidadáns de Santiago.
A que agardan?
Por outra banda, o Movemento polos Dereitos Civís esixe de novo que o Concello santiagués cumpra co establecido no artigo 4 da súa propia ordenanza e obrigue ás empresas que realicen obras na cidade a que instalen un espazo nos seus paneis para que os cidadáns poidan colocar calquera elemento de comunicación social que consideren oportuno.
Desde o Movemento lembramos que Sánchez Bugallo aprobou aprobou a norma municipal o 25 de novembro de 2004, que no seu artigo 4, establece que: “o Concello habilitará na vía
pública, en lugares frecuentados, soportes adecuados e en número suficiente para posibilitar a colocación de carteis ou anuncios. Ademais os promotores de obras habilitarán espazos específicos nos valados de protección das mesmas para a colocación de carteis ou anuncios. Estes espazos estarán perfectamente identificados e, en todo caso, deberán figurar en lugar visible o rótulo espazo destinado á comunicación social”.
ler o resto do texto

04/03/10

O MpDC avoga pola creación dunha Axencia Galega de Protección de Datos

O Movemento polos Dereitos Civís propón a creación dunha Axencia Galega de Protección de Datos como resposta ao desbordamento de casos que está a sufrir a Axencia Española de Protección de Datos. Ademais, se o colectivo fai esta proposta é porque a efectividade e a dilixencia do organismo estatal “deixan moito que desexar”, afirmou o voceiro da sociación Renato Núñez.

Se ben, esa falta de cumprimento coas súas obrigas é algo que o Movemento leva moito tempo denunciando. Ademais, consideramos que a mala xestión da Agencia se debe en parte á falta de persoal do organismo para atender correctamente e nun prazo razoábel as queixas dos cidadáns.

A situación de desbordamento da AEPD chegou ata tal punto que a propia axencia púxose en contacto coa asociación para pedirnos que limitásemos o envío de denuncias a un escrito por semana. É a actitude errática da AEPD no tocante á defensa dos dereitos dos cidadáns unha das principais causas polas que o MpDC avoga por este organismo galego.

Ante a propia confesión de incapacidade de actuación da AEPD e tendo en conta todas as irregularidades que se cometen na Galiza en relación co cumprimento da lexislación sobre protección de datos, o MpDC suxire a creación dunha axencia que protexa os datos persoais dos cidadáns galegos en todo o seu abanico dende posibles vulneracións de unha mala xestión dos datos, como vulneracións de dereitos de información, acceso, rectificación, oposición e cancelación de datos.

A futura Axencia Galega de Protección de Datos debería constituir un ente de dereito público con personalidade xurídica propia e plena capacidade pública e privada e actuar con independencia das administracións públicas no exercicio das súas funcións, feito que non
está a cumprir a AEPD. A lei orgánica 15/1999 de protección de datos de carácter persoal será a normativa pola que debería regularse e pola que actuar.

Aos ollos do Movemento, as funcións da Axencia Galega serían atender as peticións e reclamacións dos galegos e informalos sobre mos seus dereitos. A Axencia tamén se encargaría de custodiar os datos, relativos a imaxes, contratos, conversas, etc que sucedan na Galiza.
No caso das ilegalidades, a axencia ordenaría o cese no tratamento e a cancelación os datos e terá potestade sancionadora. En materia de telecomunicacións tutelará tamén os dereitos e garantías dos abonados e usuarios no ámbito das comunicacións electrónicas.

Nas xuntanzas que o MpDC mantivo recentemente coas forzas políticas con representación no Parlamento, todas elas deron unha moi boa acollida e amosaron interese, así como deron o seu apoio á proposta da creación dunha Axencia Galega de Protección de Datos.

A defensa dos dereitos de galegas e galegos pide a berros a creación deste organismo

Galiza necesita unha Axencia de Protección de Datos Persoal que achegue solucións a todos os casos de vulneración da lei de protección de datos de carácter persoal. Estamos chegando a un punto, sobre todo en materia de videovixilancia, onde impera a lei da irregularidade.

Se temos como exemplo os concellos galegos vemos que continúan a vulnerar os dereitos á intimidade e á propia imaxe dos cidadáns instalando cámaras de videovixilancia sen contar coas autorizacións que esixe a Lei Orgánica 4/1997 e coa complicidade da

Delegación do Goberno, institución que aplica a política de feitos consumados outorgando as licenzas a posterior en lugar de esixir a retirada dos dispositivos. A AEPD non actúa nestes casos ou tarda moito tempo en emitir sentenza. Ademais, cando o fai moi poucas veces ten en conta os dereitos civís.
Existen casos coma o da instalación videovixilancia na empresa de recollida de lixo Urbaser, que levan máis dun ano sen obter resolución da AEPD a pesar de que, segundo a dita institución, aprecian a existencia de indicios susceptibles de motivar a imputación por
infracción, entre outros moitos abertos polo MpDC.

Debido a todas estas eivas, a solución parece ser a creación deste organismo galego, para o que o Movemento polos Dereitos Civís puxo ao dispór das forzas políticas o seu asesoramento á hora dar os pasos necesarios que permitan descentralizar a defensa dos dereitos das persoas no que ten que ver coa protección de datos.
ler o resto do texto
__________________
__________________

Subvencionado pola Deputación da Coruña
Loading...
Cámara hotel monumento
Han actuado 0 personas
Nos faltan 0 firmas

Actúa ahora

Tu nombre
Tu apellido
Tu correo-e
Cód. Postal

Cámaras de Galiza


Ver Cámaras de Galiza en un mapa más grande

Videos do Youtube