Durante decadas nos publicitaron que vivimos nun sistema económico case perefecto. Como principais ventaxa, din, se autoregula e fomenta a iniciativa privada; pero para que funcione a pleno rendimiento necesita que o estado non se entrometa. Que non poña limites á iniciativa pois frente a calquera disfunción este sistema xa se regula solo.
Pois ben, que lle pasa a este explendido sistema? Porque non levanta cabeza? Non é moi complicado analizar o seu funcionamento. Alguen con medios pon a disposicion do resto un producto a un prezo. Si ese producto ten éxito se pode aumentar a producion e vender mais ou simplemente aumentar o prezo pola lei da oferta e a demanda. Si non tem êxito se retira do mercado.
Pero que pasa si non hai diñeiro para comprar? Pois que non se vende os productos, non se necesitan os traballadores para producilo e polo tanto hai menos diñeiroo en circulacion para consumir e inciase un circulo vicioso que xa levan casi 5 milóns de persoas ao paro.
Os bancos, despois de incitarnos a consumir con creditos fáciles e hipotecas, chegaron a conclusión de que xa era moi complicado que lles pagaramos eses creditos e decidiron pechar o grifo ao mesmo tempo que pedian ao estado miles de millons para dispoñerde liquidez. Nese momento esqueceronse das debedas dos paises e encheron as suas arcas. Lonxe de usar o diñeiro para reativar a economía dedicaronse a repartirse beneficios, por que os siguen tendo e moito, e a investir en productos expeculativos como aluguer de bloques de accions que fan baixar a sua cotizacion, momento no que se volve a comprar con grandes beneficios.
Nembargante esta forma de utilizar o capital non crea bens que consumir, que crean postos de traballo, polo tanto, non reactiva a economia e a enorme maioria sigue estando ao marxe destes beneficios.
Agora a banca di que hai que ter cuidado co diñeiro que deben os Estado, moita debeda se creeou ao prestarlles cartos, e esixen que se controle. Solucion: o Estado reduce soldos, conxela pensións e para inversións. Menos diñeiro en circulacion e continuidade do circulo vicioso de limitación do consumo.
Por outra banda a patronal considera que facilitar o despido e limitar os salários é unha forma para reactivar a economia. Nembargante isto leva a que un traballador, con excasa garantia de manter no seu posto do traballo opte polo aforro e non polo consumo. Quen lle vai consumir os productos a ese empresário, entón?
Por outra a banda o FMI di que: cuidados coas medidas para controlar a débeda do Estado pois pode limitar o consumo e parar a reactivación econômica.
En definitiva: alguén sabe aonde nos están levando? Este debería ser o principal motivo para oporse aos recortes do Goberno e á Reforma Labora. Nada do que se está propondo esta orientado a sacarnos da crise e si a seguir as directrices dun Sistema que está dando palos de cego, e metras tanto recollendo benefícios.
Renato Núñez, editor do xornal En Movemento
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario