O Movemento polos Dereitos Civís vén de formular conclusións para que o Xulgado do Contencioso Administrativo Número 4 da Coruña poida ditar sentenza a respecto das cámaras de videovixilancia instaladas en diversas zonas da cidade herculina. A asociación procura que se condene a Concello e Delegación do goberno por repetidos incumprimentos da legalidade.
O presente recurso iniciase contra a desestimación da solicitude formulada á Delegación do Goberno para proceder a retirada das cámaras de vídeo vixilancia instaladas en diversas zonas de A Coruña, concretamente, nas Casas Consistoriais, servizos económicos da rúa da Franxa e edificio da Policía Local.
Con data de 10 de febreiro de 2009, o Movemento polos Dereitos Civís envía escrito á Delegación onde solicita, entre outras cousas, que se acredite a legalidade dos ditos dispositivos, así como se proceda á retirada dos mesmos.
O 28 de abril de 2009 a Delegación do Goberno de Galiza responde que a renovación das ditas cámaras foi autorizada segundo resolución do Delegado do Goberno con data de 8 de abril de 2009.
Tal e como consta de manifesto nas probas achegadas pola asociación, a instalación das cámaras na dita rúa é feito non controvertible, procedéndose a dita instalación sen contar coa xustificación do principio de proporcionalidade, básico para a renovación da instalación das cámaras de vídeo vixilancia.
A Delegación do Goberno incorre, así, nunha grave contradición no seu oficio de 26 de xaneiro de 2009, onde indica que a Lei 4/97 non é aplicable ás cámaras de vídeo vixilancia instaladas na cidade indicando así mesmo que nada teñen que ver as competencias que a Lei Orgánica 4/1997, de 4 de agosto atribúe á Delegación do Goberno.
Neste suposto, tanto a Delegación do Goberno como o Concello da Coruña vulneraron o Regulamento de utilización de vídeo cámaras polas Forzas e Corpos de Seguridade en lugares público, en relación co disposto para as autorizacións para as instalacións fixas; vulnerando os dereitos fundamentais á honra, a intimidade persoal e a propia imaxe, pois autorízase a renovación da instalación de ditos artefactos de gravación cando non está xustificado un dos requisitos básicos para que se poida autorice a renovación, que é o principio de proporcionalidade. Dito principio non está xustificado, porque as cámaras de vídeo vixilancia instaladas polo Concello da Coruña foron autorizadas debido ao botellón que había nas rúas, práctica prohibida na actualidade por lei e practicamente inexistente.
Na actualidade a lei anti botellón é un feito non controvertible polo que non existe motivo para manter a instalación de ditas cámaras de vídeo vixilancia, incumpríndose polo tanto o principio de proporcionalidade básico para a renovación da autorización de ditas cámaras de vídeo vixilancia, non existindo alteración do orden público.
Polo tanto, a raíz do anteriormente exposto, queda debidamente acreditado que a Delegación do Goberno en Galiza necesariamente tiña que ter esixido ao Concello da Coruña a xustificación do principio de proporcionalidade para renovar a autorización da instalación das cámaras de vídeo vixilancia instaladas en distintos puntos do Concello, pois de non ser así estarían tanto a Delegación do Goberno como o Concello da Coruña vulneran a legalidade existente en dita materia.
A isto hai que engadir, que o Concello da Coruña non achegou ningún tipo de proba que acredite a necesidade da renovación da instalación das ditas cámaras de vídeo vixilancia, nin sequera que as mesmas estean instaladas cos preceptivos informes esixidos legalmente, polo que entendemos que a Sentenza ditada no presente procedemento deberá ser condenatoria para ambos demandados, é dicir, para a Delegación do Goberno por incumprimento das súas funcións e do principio de legalidade, e para o Concello da Coruña por incumprimento do principio de legalidade e proceder a instalar ditas cámaras sen xustificar o principio de proporcionalidade básico para a renovación da autorización da instalación das cámaras de vídeo vixilancia.
Dereitos Civiís pide condena para Delegación do Goberno e Concello da Coruña polas cámaras de videovixilancia ilegais da cidade
Written By MpDC on 14/6/10 | 17:51
Etiquetas:
Concello da Coruña,
Concello de Ares,
Dereito ao honor intimidade e á imaxe,
Videovixilancia
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario