Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Precarización constante das condicións laborais, mais beneficios para as empresas

Written By MpDC on 8/5/10 | 1:06

Estamos inmersos nunha crise, que -e nisto parece que hai consenso- non é culpa mais que da especulación e do sistema capitalista que esixe que consumamos de forma exponencial para que este se manteña.

No momento no que non poidamos seguir consumindo isto desmorónase pero o diñeiro que gastamos xa está nas mans do grande capital. Póla contra, a pesar de teren provocado esta crise e non teren repartido os benefícios en tempos de bonanza, agora aprovéitanse da situación económica como excusa para novas e mais restrictivas normas contrarias aos dereitos dos traballadores e traballadoras.

No primeiro de maio que acaba de pasar, os sindicatos alertaron que durante os próximos meses se terán que ver com grandes reto como o intento de xeralización da indeminización por despedimento de 33 días por ano que, a reforma do sistema público de pensións, o recorte de servizos sociais, a privatización dos servizos públicos ....

En definitiva, o desmantelamento do incipiente Estado de Benestar que estabamos intentado construir entre todos, e avanzamos cara un futuro no que os nosos fillos non terán a educación que necesitan, os adultos terán condicións laborais máis precárias que actualmente e os maiores non terán garantidas as súas pensións e a asistencia social.

É evidente que as organización sindicais terán unha posición protagonista á hora de intentar para estas iniciativas que fan visibilizar un futuro moi escuro para todos. Van ter que amosar que siguen alertas, que non están adormecidos nin teñen medo de saír á rúa. E, no caso de que sexa necesario, camiñar cara unha folga xeral que cada vez se reclama con mais intensidade.

Malia a iso, esta última opción ten que ser moi ponderada e valorando adecuandamente os pros e os contras e sem esquecer que a Folga é unha ferramente para que os traballadores logren o seu obxectivo e non un obxectivo en si mesmo.

E parace que se camiña cara a unha maior belixerancia nas ruas e nos centros de traballo. A manifestación do pasado 25 de abril na que se reclamaba o mantemento dos servizos públicos e as consignas deste 1º de maio parecen mostrar un futuro com maior conflictividade despois de tanto tempo de paciencia mentres subían as cifras de desemprego.

Temos que estar atentos e ver se as escenas que nos chegan de Grecia non se acaban reproducindo no resto de Europa e, evidentemente, no noso país.

Renato Núñez, voceiro do Movemento polos Dereitos Civís

0 comentarios:

Publicar un comentario