Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O TSXG vén de ditar sentenza favorábel ao Concello de Santiago sobre a ordenanza de publicidade estática

Written By MpDC on 14/5/10 | 17:33

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) vén de ditar sentenza favorábel ao
Concello de Santiago en base a que, ao seu ver, vulneráronse dereitos procedimentais do Concello coa 1°sentenza.

Di o MpDC "que non resolve sobre o incumprimento da ordenanza e se limita a afirmar que se o xulgado fixo algo no procedimento anterior".

O 1 de setembro de 2008 o xulgado contencosos administrativo de Santiago ordenaba o consistorio dirixido por Bugallo que procedese a instalar os espazos de comunicación social en número suficiente, así como á habilitación dos valados para a mesma finalidade nas protección das obras para a colocación de carteis e anuncios, tal e como rezaba a dita ordenanza que nunca se chegou a cumprir na súa totalidade.

En todo momento a actitude do Concello foi totalmente pasiva, prescindindo do procedemento preciso para a instalación dos espazos de comunicación social en número suficiente e a habilitación dos valados para a mesma finalidade nas protección das obras para a colocación de carteis e anuncios no Concello de Santiago de Compostela.

Ao entender do MpDC, isto causa enormes prexuízos e vulnera o disposto tanto na sentenza anteriormente sinalada como na Ordenanza de Publicidade Estática e Dinámica, aprobada polo pleno municipal en aras a protexer os dereitos fundamentais da sociedade.

A día de hoxe atopámonos con que o Concello de Santiago aínda non procedeu a habilitar espazos para a colocación de carteis e anuncios nos vallados para o mesmo fin nas proteccións das obras, adoptando unha actitude totalmente pasiva , igual que cando procedeu á aprobación de dita Ordenanza. E agora o TSXG aduce a un entramado de canles procedimentais para desdecirse na súa anterior afirmación e deixar todo como está ou o que é o mesmo, ben para Bugallo e mal para a cidadanía.

Os antecedentes

O Concello de Santiago de Compostela terá que cumprir a súa propia ordenanza en materia de publicidade estática logo de que unha sentenza do Xulgado Contencioso-Administrativo número 1 de Compostela ditase sentenza favorable á demanda presentada polo Movemento polos Dereitos Civís. A xustiza dálle a razón deste xeito ao MpDC, quen leva anos reclamando ás autoridades locais a instalación dos espazos destinados á comunicación social establecidos na ordenanza e agora o Concello deberá instalar mupis e obrigar que nos peches de obra se dediquen espazos para a publicidade estática.

No seu día o Concello de Santiago enviara un escrito ao Defensor del Pueblo -xustificando o incumprimento da ordenanza de publicidade estática- no que sinalaba que o único que ía facer era enviar o texto á Federación Gallega de la Construcción. Asimesmo, aclaraba que as súas actuacións se “concretan no desenvolvemento de tarefas de control e vixilancia, sen que destas intervencións se derivara a incoación de expediente sancionador algún”.

0 comentarios:

Publicar un comentario