Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Cando a discriminación se convirte en lei (I)

Written By MpDC on 13/5/10 | 19:38

As políticas de inmigración en moitos países europeos están progresivamente incorporando máis contidos nas súas leis que os afastan dos preceptos de igualdade e non discriminación. En nome da seguridade ou do respecto para as regras apróbanse medidas que non teñen máis explicación que o intento de facer que a vida dunhas persoas que residen lonxe dos seus países de orixe sexa máis díficil, sobre todo se son “irregulares” e aínda cando cumpren os requisitos de estancia regular.

O caso do concello de Vic, en Catalunya, que non quere empadroar os inmigrantes irregulares que residen no municipio, tén antecedentes importantes sobre todo en Italia, onde se aprobou un “paquete de seguridade” que outorgaba maiores poderes aos concellos para garantir a seguridade. A nivel nacional, unhas medidas asombrosas recortaron dereitos para os estranxeiros e converteron a súa situación (a estancia ilegal) en delito, limitando a súa posibilidade de gozaren de servizos sociais e médicos (calquera oficial público tería a obrigación de pedir os seus documentos e, en ausencia deles, informar á policía).

Yasha Maccanico, membro de Statewatch

A nivel local, dificultábase a súa inscrición no anagrafe (parecido ao padrón), e outras medidas obstaculizaban o traballo de vendedores ambulantes, tendas por xunto ou masaxistas chinesas nas praias, é dicir, estudábanse as actividades que exercen os estranxeiros para establecer novas regras. Polo tanto, non se discrimina, xa que o branco son actividades espécificas, e non un grupo de persoas.

Houbo prohibicións que destacan polo seu matiz discriminatorio, como a de abrir tendas de comida étnica e outros locais no centro de Prato en Toscana (por ser “incompatibles” coa protección das características tradicionais culturais), ou a proposta da Liga Norte de esixir que un empresario estranxeiro aprobe un exame de italiano para abrir unha tenda, prohibindo que o seu letreiro estea escrito nun idioma estranxeiro.

0 comentarios:

Publicar un comentario