Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC denuncia o mobbing maternal sufrido por unha traballadora de Hedegasa

Written By MpDC on 2/3/10 | 12:24

O Movemento polos Dereitos Civís denuncia o mobbing maternal sufrido por unha traballadora da compañía Autobuses Calo, -Hedegasa, SL- que facía as rutas dos colexios e institutos nos concellos de Teo e Ames e que acabou co seu despido. O próximo 8 de marzo celebrarase o día internacional da muller traballadora e un ano máis volvemos ter exemplos cercanos de mobbing ou acoso maternal.

Desde o Movemento queremos denunciar as prácticas de intimidación e as ameazas directas de despido ás que se ven sometidas a maioría das mulleres que queren ter fillos e traballan en empresas privadas como por exemplo o calvario sufrido pola traballadora de Hedegasa que, despois de que un sentenza xudicial obrigara a empresa a reducirlle a
xornada, lle retiraron o traballo efectivo, prohibíuselle o uso dos lugares comúns dos conductores e viuse obrigada a pasar a xornada laboral no seu coche particular no exterior da nave.

Este tipo de medidas de presión exercidas polos empresarios, tanto para forzar a marcha da traballadora como para dar exemplo ás demais traballadoras, do que lles pode suceder se quedan embarazadas, desgraciadamente son habituais e supoñen unha grave vulneración os dereitos das traballadoras, a súa honra e ao seu dereito de conciliación da vida laboral e familiar.

O Mobbing maternal en moitos casos xustifiícase pola suposta incapacidade dos empresarios a asumir os custes sociais e salariais derivados da maternidade. Pero a realidade é que a lei 43/2006 do programa de fomento do emprego ofrece aos empresarios unha bonificación nos contratos a mulleres e tamén nas baixas por risco no embarazo e nas baixas por maternidade. Polo tanto, as empresas poden substituír unha traballadora embarazada por outra sen custo algún.

Chegados a este punto, desde o MpDC non entendemos porque a compañía de Autobuses Calo non facilitou á súa traballadora a conciliación horaria, despois de que ela tivese que denunciar a súa situación ante o xulgado en varias ocasións e recibindo sentenzas a favor e acabou despedíndoa.

0 comentarios:

Publicar un comentario