Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O voto útil

Written By MpDC on 15/2/10 | 18:08

En cada un dos procesos electorais que se dá neste Estado existe unha expresión que se repite de forma insistente: a do ‘voto útil’. É aquel voto que permite gañar unhas eleccións, o voto que non se perde entre aquelas organizacións políticas que non chegarán a ter capacidade de goberno real.

É o voto que capacita a un partido político para desenvolver as súas políticas, de dereitas ou ‘esquerdas’. Non hai moitos máis matices porque o voto útil é o voto do bipartidismo e, segundo o abano político español, ou votas a dereita ou votas o Partido Socialista. Non podes votar a Esquerda Unida, Bloque Nacionalista Galego, Aralar, UPyD, Partido Galeguista… porque votando a calquera destes partidos debilitas unha das dúas grandes opcións, facilitando o camiño á contraria para e poder así conseguir a maioría necesaria para gobernar.

Recentemente, na Galiza, país onde o voto útil goza dunha grande aceptación -non hai máis que lembrar que apenas existen tres Grupos Parlamentarios- o Partido Popular conseguiu o número necesario de Deputados para poder gobernar con maioría suficiente para desenvolver o seu programa electoral. Isto supón poder facer e desfacer segundo a súa vontade. Supón, por exemplo, quitar investimentos onde non os consideran necesarios e dalos naqueles lugares onde grande parte da cidadanía lle outorgou moitos dos votos útiles que o fixeron chegar ao poder.

Sería interesante preguntarlle aos votantes do Partido Popular de concellos como o coruñés de Teo, que ían gozar de centro de día, saneamento e terreos para instalar novas empresas, cal foi o valor do seu voto útil. Votaron a un partido para que lles retiraran todas estas infraestruturas do seu concello? Teñen algo especial en contra deles ou foron enganados por este partido? Sería interesante que se preguntaran que utilidade lle deu o Partido Popular ao seu voto.

Renato Núñez, portavoz do Movemento polos Dereitos Civís

1 comentarios:

xOsse dorrío dijo...

Todo voto -e incluso toda abstención- é útil. Sempre é útil para algunha formación. Quen votou TG, UPyD, FPG,... en branco ou se abstivo, pode dicir que o seu voto é útil porque a finalidade do seu voto era precisamente a que finalmente tivo, non incidir no resultado que tivesen as forzas dominantes (PP, PSOE e BNG).

Todos eses votantes, si quixeran que o resultado fose outro, votarían outra cousa. Tan complicado é de entender? Non queríamos bipartito e botámolos fora. O movemento lle deu o poder e o movemento llelo quitou.

Publicar un comentario