O Movemento polos Dereitos Civís quere saber se os locais dedicados a hostalería que teñen instaladas cámaras de videovixilancia facilitarán as gravacións aos sindicatos para coñecer as condicións reais nas que traballan os camareiros e camareiras.
O gremio hostaleiro é coñecido por ter xornadas laborais que rondan as 10 horas. Os sindicatos non teñen ningunha maneira de demostrar as precarias condicións nas que traballan moitos camareiros e camareiras, por iso o acceso ás cámaras que están a instalar en moitos locais de hostalería, sería unha boa proba para xustificar as posíbeis vulneracións aos dereitos dos traballadores.
O presidente da Asociación Provincial de Hostalería, José Magaz, afirmou que a instalación de cámaras de videovixilancia nos establecementos serve para que os donos poidan ver se os seus empregados traballan ben, tendo boa conta da clientela e tamén asegurou que a instalación de cámaras será coñecida polos clientes grazas a colocación dun cartel.
Pola contra as nosas informacións falan de que a grande maioría dos locais hostaleiros que dispoñen de cámaras de videovixilancia non teñen carteis que alerten á clientela da súa instalación, vulnerando así o seu dereito á intimidade e á liberdade, dado que os consumidores teñen dereito a escoller se queren ou non estar nun local videovixilado.
Malia a que os hostaleiros xustifican a instalación de cámaras como unha medida de seguridade - tanto para os seus traballadores como para os clientes, dado que en máis dunha ocasión lle axudáron a coñecer os autores de roubos - o MpDC lembra que a videovixilancia debe estar sinalada en todos os locais e que as imaxes sexan facilitadas aos sindicatos cando eles as consideren necesarias para efectuar unha denuncia é un feito imprescindíbel a tal fin.
Aínda por riba, o presidente da Asociación Provincial de Hostalería, José Magaz considera que a grande proliferación de cámaras de videovixilancia nos últimos anos tamén pode ser debida ao seu baixo prezo. O Movemento alerta que o baixo prezo das cámaras non é unha
xustificación ante a ilegalidade da instalación das mesmas.
A este respecto, o MpDC alármase ante a crecente falta de control por parte das administracións diante das vulneracións ao dereito á intimidade. A videovixilancia ilegal non acada a boa parte das cámaras instaladas na vía pública, senón que tamén as colocadas no interior de establecementos públicos carecen dos requisitos necesarios para un
correcto funcionamento.
O Movemento nunca cansará de denunciar e trasladar á cidadanía estas vulneracións dos dereitos civís motivadas por un incumprimento flagrante da lexislación en materia de videovixilancia. Ademais, o colectivo quere chamar a atención sobre a proliferación de cámaras sen ningún tipo de control e sobre o feito de que os seus instaladores actúen totalmente de costas á sociedade e aínda reivindiquen os seus actos.actos.
O MpDC solicita que os sindicatos teñan acceso ás gravacións de videovixilancia
Written By MpDC on 25/1/10 | 13:30
Etiquetas:
Dereito ao honor intimidade e á imaxe,
dereitos dos traballadores
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario