O Movemento polos Dereitos Civís vén de interpór unha demanda ao concelleiro de Deportes do Concello do Grove contra a presunta desestimación por silenzo administrativo do recurso presentado polo Club Piragüismo Ogrobe por ter o Concello dado de baixa o Club no Redim. O MpDC deu este novo paso dado que a dita baixa non se axusta a dereito e vendo, unha vez máis, o desleixo co que actúa o consistorio.
Desde o Movemento queremos recordar que José Alfredo Bea García, ademais de ser o concelleiro de Deportes do Concello do Grove, é tamén presidente do comité técnico da Federación Española de Piragüismo e é o presidente do clube de piragüismo Breogán, clube rival do Club Piragüismo Ogrobe.
O concelleiro é o responsable da irregular orde de dar baixa no REDIM ao Club Piragüismo Ogrobe e da expulsión do mesmo do pavillón municipal de deportes náuticos da localidade. A asociación leva inscrita no REDIM desde o 1997 e cada ano realizando cumpridamente os trámites necesarios para a súa renovación no mesmo sen ningún problema. A implicación persoal que ten o concelleiro co mundo do piragüismo fai sospeitar de cales poden ser as razóns reais do acoso que está a sufrir o Club Piragüismo Ogrobe, que dende fai un ano e por mor de todos estes incidentes está a ver como os seus deportistas non poden gozar dun bo adestramento.
O Movemento non pode entender como pode caer tan baixo o concelleiro de Deportes chegando ao punto de non responder a ningún dos recursos interpostos pola asociación logo dos abusos infrinxidos pola institución contra o Club Piragüismo Ogrobe.
Lonxe de intentar solucionar os agravios acometidos, o consistorio dá a calada por resposta nun intento de fuxir da legalidade. Non se pode permitir que o concello non retifique e se poida chegar a pechar o caso sen facer xustiza por un silenzo administrativo máis que intencionado. Toda a suma de irregularidades e faltas de respeto cometidas polo Alfredo Bea saen á luz logo do inxente traballo dunha asociación como é o Movemento polos Dereitos Civís que, loitando contra estas prácticas ilegais, procura que a cidadanía vexa respetados os seus dereitos á vista da incompetencia e da desidida da administración.
Ademais a asesoría xurídica do colectivo indica que o Alfredo Bea tamén vulnera sistematicamente o principio de boa fe, polo que dúas partes teñen unha fe recíproca en que cada unha delas fai ben o seu cometido. A dita presunción destrúese cando existe proba en contrario, como é neste suposto que a Concellería de Deportes esixe documentación ao recorrente que non é precisa para a súa renovación no Rexistro de Entidades de Interese Municipal (REDIM).
Entre outros, o principio de igualdade ante a lei tamén é vulnerado polo municipio grovense, pois o Concello non está actuando en posición de igualdade co Club Piragüismo Ogrobe coma co resto de asociacións ou de clubes, intentando esta administración local en todo momento danar a imaxe do recorrente.
O Club Piragüismo Ogrobe tamén recibiu a orde de abandonar o pavillón municipal de deportes náuticos da localidade, por parte do conserxe do recinto. Por mor destes feitos os membros do Club Piragüismo Ogrobe víronse obrigados a transportar diariamente as embarcacións nos vehículos xerando unha situación de incertidume para os deportistas e de tensión nos adestramentos.
O MpDC quere lembrar que se trata de deportistas considerados de "alto nivel", que deben gozar de especial protección por parte da Administración e aclara tamén que estes deportistas viron mermada a súa preparación cara a participar nun campionato do mundo no mes de setembro, circunstancia tamén coñecida por Alfredo Bea pola súa condición de presidente do comité técnico da Federación Española de Piragüismo.
Por todo isto, o Movemento polos Dereitos Civís solicita novamente a nulidade de pleno dereito da resolución do Concello do Grove onde se acorda dar de baixa no Redim ao Club Piragüismo Ogrobe e se dicte resolución na que se acorde que o clube pode continuar inscrito no dito rexistro.
O MpDC demanda ao concelleiro de Deportes do Grove ante o escandaloso silenzo administrativo que profesa
Written By MpDC on 27/1/10 | 17:05
Etiquetas:
Administración de Xustiza,
concello do grove,
Dereito ao honor intimidade e á imaxe
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario