O MpDC denuncia que as autoridades viguesas non tiveron en conta a Lei 5/1984, reguladora do dereito a asilo e da condición de refuxiado, dado que deportaron ao polisón de Costa de Marfil que apareceu onte no porto de Vigo, dentro do buque “Mol Valparaíso” sen ter en conta a lei que di que calquera estranxeiro pode solicitar o dereito a asilo e non poderá ser expulsado ata que non sexa inadmitida a trámite a súa petición ou se resolva a mesma.
Para isto o refuxiado ten dereito a dispoñer dun avogado e dun intérprete profesional. Este procedemento é necesario para coñecer as necesidades do polisón e saber se a súa deportación implica un ataque aos seus dereitos básicos unha vez entre no seu país.
O Movemento critica duramente a actitude mantida pola Subdelegación do Goberno en Pontevedra, que ignorou a petición de Amnistía Internacional de respetar o principio de non devolución, establecido pola Comisión de Ginebra sobre o Estatuto de refuxiado. Este principio busca evitar que se envíen o seu país estranxeiros que corren o risco de sufrir vulneracións nos seus dereitos básicos.
A longa lista de polisóns que, a pesar de solicitar asilo político foron expulsados do país sen teren en conta os perigos que os esperan no seu país de orixe, vese aumentada nun máis. O grande problema destes estranxeiros é a imposibilidade de dispóren da asistencia dun letrado e dun interprete que lles poidan asegurar que a súa situación será entendida e valorada dunha forma xusta e obxetiva e así proceder
a poder determinar se esa persoa necesita ou non protección do goberno español.
OMpDC denuncia unha vez máis a desidia das administracións competentes en materia de estranxeiría que non cumpren coa lei reguladora do dereito a asilo e da condición de refuxiado. Todos os estranxeiros, independentemente do medio polo que entren no país, teñen dereito a solicitar o asilo político e as administracións deben facilitarlles todos os mecanismos para efectualo.
Desde a asociación quérese alertar da innumerábel cantidade de ocasións nas que, logo de denunciar ás distintas Delegacións do Goberno en Galiza por non respetaren os dereitos básicos das persoas e non cumprir coa lei, estas sempre apliquen a desidia por resposta.
Ben sexa ante vulneracións dos dereitos á honra e á intimidade das persoas como agora ao dereitos dun estranxeiro a ter acceso a solicitar asilo político a resposta de quen ten que actuar ante estas cuestións que repercuten na cidadanía é sempre a mesma, a excusa de mal pagador, a incompetencia máis acusada de quen tiña que emprender as accións legais que unha e outra vez emprende o MpDC diante das flagrantes agresións sufridas diariamente pola sociedade. A asociación non sae do seu asombro cando, mais unha vez, observa como proceden estas institucións. Cando van cumprir a lei?
O MpDC critica que a Subdelegación do Goberno non proporcionase asilo político ao polisón chegado de Costa de Marfil
Written By MpDC on 26/1/10 | 14:31
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario