O MpDC é unha asociación sin ánimo de lucro. Si queres colaborar co seu mantemento podes facer unha doazón con tarxeta de crédito clicando abaixo
Cargando...

30/12/09

A NECESARIA REFORMA DA PARTICIPACION NOS TRIBUTOS DO ESTADOS DOS CONCELLOS GALEGOS

O financiamento local que o Goberno Central establece para os Concellos en base a participación nos tributos do Estado é gravemente discriminatoria para os concellos galegos.

Mais unha vez podemos comprobar na crúa realidade que é absolutamente ficticia a suposta solidariedade que Galiza recibe en materia de financiamento, tamén no ámbito local.

Os concellos galegos, que representan aproximadamente o 6,5% da poboación do Estado español, receben un 5,27% da participación nos ingresos do Estado. Mentres os concellos de Galiza receben 176,54 euros por habitante, a media no conxunto do Estado recebe 221,07 euros. Así, queda patente que o financiamento dos concellos desde o Estado é insuficiente e inxusto: só ten en conta a poboación (75%) e o esforzo fiscal (25%) e non ten en conta que os custos dos servizos en Galiza son máis altos que no resto do Estado pola dispersión poboacional. Neste sentido cómpre recordar que Galiza conta coa metade dos núcleos de poboación do Estado: 36.000; e que a dispersión encarece os custos da prestación dos servizos.

Agora que se vai a proceder a renegociación do modelo para un novo cuatrienio, debe correxirse como criterio tan preponderante o criterio poboacional incluíndo coeficientes correctores obxectivos na determinación do custe dos servizos municipais como son o número de núcleos de poboación. De non producirse esta corrección, os concellos galegos seguirán sendo discriminados no financiamento estatal e mesmo as previsións demográficas de moitos deles farán que os seus ingresos estatais aínda sexan máis reducidos no futuro.

Así mesmo faise precisa a inclusión destes criterios obxectivos na distribución doutros fondos que o Estado ten posto en marcha – Fondo Estatal de Inversión Local ou Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local- porque reproducen o mesmo criterio exclusivamente poboacional cando o custe de servizos básicos cunha poboación diseminada é moito maior.

Para os Concellos galegos é vital que a vindeira renegocianción da participación nos Tributos do Estado permita incorporar na distribución de fondos estes factores obxectivos e rematar coa discriminación que sufrimos os concellos galegos e coa precaria situación financeira provocada entre outros factores por este inxusto financiamento estatal.


Francisco García Suárez / Alcalde de Allariz
ler o resto do texto

29/12/09

O MpDC rexeita a política xenófoba contra os inmigrantes


O Movemento polos Dereitos Civís apoia a concentración convocado pola rede “Somos inmigrantes” contra as políticas xenófobas que levan a cabo a asociación de comerciantes Área Obelisco e o Concello da Coruña, baixo o lema “Nós si queremos manteir@s na nosa rúa! Sobrevivir non é delito nin competencia desleal!”.

O Movemento solidarizase cós inmigrantes que para poder sobrevivir teñen que traballar na venda ambulante, baixo o mal tempo e o acoso policial. O grande asedio policial que sofren as persoas inmigrantes na Coruña, mediante a realización de redadas totalmente esaxeradas, forma parte dunha práctica habitual, denunciada en varias ocacións polo MpDC e que continúa a ser un vacio legal das administracións.

O Movemento tamén quere na rúa manteros que se viron obrigaaos a fuxir dos seus países en busca dun futuro mellor e que desgraciadamente o que atoparon foi unha especie de inferno, onde a persecución, a discriminación e a intolerancia convertéronse no seu pan de cada día. É triste observar como as administracións en lugar de axudar a crear un clima de tolerancia e igualdade cós migrantes, adícanse a crear un oco xenófobo entre a cidadanía. As insinuacións do presidente da asociación de comerciantes Área Obelisco, Antonio Amor, co respaldo do alcalde da Coruña, Javier Losada, en relación a culpabilidade dos vendedores ambulantes dos problemas económicos do pequeno comercio coruñés, converténdose nun claro exemplo da nula solidariedade e respecto por parte das autoridades cara o colectivo inmigrante.

O MpDC quere facer fincapé en que todos os inmigrantes, con ou sen papeis, posúen dereitos ao mesmo nivel que o resto de cidadáns e son as autoridades quenes teñen a obriga de velar polo súa tolerancia. Campañas sociais de sensibilización co colectivo inmigrante, como a que lanzou a Xunta de integración intercultural, son ven vistas polo Movemento, aínda que o verdadeiro problema e que simplemente funcionan como fachada, divulgan premisas que logo non se vén cumpridas e os estranxeiros son os primeiros en sufrir vulneracións nos seus dereitos. Na praxis quedan en papel mollado conlevando a ineficacia da máis alta administración galega.

Desde o MpDC sumámonos a denuncia do Foro Galego de Inmigración e amosamos o noso máis grande rexeitamento a todas as políticas xenófobas e racistas que acontezan na Galiza.
ler o resto do texto

28/12/09

O MpDC interpón un novo recurso contencioso contra o Concello do Grobe

O Movemento polos Dereitos Civís vén de interpór un recurso contencioso administrativo contra a presunta desestimación por silencio administrativo, emitida polo Concelleiro de Deportes do Grobe, do recurso presentado polo Club Piragüismo Ogrobe contra a orde de expulsión do Pavillón de Deportes Náutico e por ter dado de baixa o Club no Redim do Concello por entender que a mesma non se axusta a dereito.

Por mor destes feitos os membros do Club Piragüismo Ogrobe víronse obrigados a transportar diariamente as embarcacións nos vehículos xerando unha situación de incertidume para os deportistas e de tensión nos adestramentos.

O MpDC quere lembrar que se trata de deportistas considerados de "alto nivel", que deben gozar de especial protección por parte da Administración e aclara tamén que estes deportistas viron mermada a súa preparación cara a participar nun campionato do mundo no mes de setembro, circunstancia tamén coñecida por Alfredo Bea pola súa condición de presidente do comité técnico da Federación Española de Piragüismo.

As irregularidades cometidas polo Concello do Grobe violan fundamentos de dereito. Desde o MpDC solicítase a nulidade de pleno dereito das resolucións obxecto do presente recurso por desestimar o Concello as alegacións interpostas polo Club Piraguismo Ogrobe á propia institución municipal ao prescindir esta do procedemento establecido. Desde o Movemento volve afirmarse que o consistorio grobense tamén vulnera o principio de legalidade esixindo a presentación de documentación que non vén especificada no Regulamento Orgánico do Concello do Grobe.

A asesoría xurídica do colectivo indica que a estas eivas tamén lle podemos sumar a vulneración do principio de boa fe, polo que dúas partes teñen unha fe recíproca en que cada unha delas fai ben o seu cometido. A dita presunción destrúese cando existe proba en contrario, como é neste suposto que o Concello do Grobe, esixe documentación ao recorrente que non é precisa para a súa renovación no REDIM.

Entre outros, o principio de igualdade ante a lei tamén é vulnerado polo municipio grobense, pois o Concello non está actuando en posición de igualdade co Club Piragüismo Ogrobe coma co resto de asociacións ou de clubes, intentando esta administración local en todo momento danar a imaxe do recorrente.

O Movemento polos Dereitos Civís agarda a suspensión das resolucións recorridas, tanto a que respecta á baixa no REDIM, como a da orde de expulsión do pavillón de deportes náuticos do Concello do Grobe.

Os antecedentes

Os feitos remóntanse a decembro de 2008, cando a asociación Club Piragüismo Ogrobe presentou por escrito toda a documentación requerida e correspondente ao regulamento orgánico do Concello do Grobe para cumprir o trámite preciso para a renovación anual da inscrición das entidades deportivas no Rexistro de Entidades de Interese Municipal e foille denegada por presentar unha copia compulsada da acta da última asemblea ou certificación da mesma firmada polo presidente e o secretario da asociación que non resulta aplicable neste suposto.

No mes de agosto de 2009, mentres membros do Club Piragüismo Ogrobe se atopaban dentro do pavillón de deportes náuticos, o Conserxe sen motivos de ningún tipo infórmaos que ten orde de que retiren as piraguas das instalacións e o resto de material, ameazando de que de non facelo procedería el a facelo pola súa conta e a poñer todo na rúa, así como substituiría o bombín da pechadura, da cal este Club ten chave dende 1998, todo iso ordenado polo Concelleiro de Deportes Alfredo Bea García.
ler o resto do texto

26/12/09

As algas de Lovelock e as abellas de Einstein

Chega o frío. Os vellos din que menos que cando eran mozos, pero chegar, chega igual. Desde hai xa case unha década, estamos todos temendo que o inverno sexa máis cálido que o anterior polo medo ao cambio climático. E é un medo parcialmente racional. Aínda que seica as persoas de a pé aínda non o teñen ben asumido.

En 1971 o químico británico James Lovelock, caeu na conta de que as algas costeiras producían moléculas de dimetil sulfuro, un gas que estimula a formación de vapor de auga, polo que se producen nubes, que escurecen a superficie terrestre e arrefécena. Ao tempo, as algas precisan calor, e as baixas temperaturas que elas mesmas producen fan que a súa proliferación sexa menor, polo que se produce menos dimetil sulfuro, polo tanto menos nubes e máis calor. O ciclo da vida é a temperatura.

Esta é unha das explicacións visuais da teoría Gaia, a teoría desenvolvida polo propio Lovelock e que considera o noso planeta un grande superorganismo vivo capaz de se autorregular, incluíndo a temperatura do planeta, que apenas variou desde o inicio da vida, malia a que o sol é hoxe un 30% máis brillante que daquela.

Polo que respecta á desaparición dos glaciares, é máis espectacular pero menos perigosa que outros fenómenos naturais. Lembremos que toda a península escandinava e case a totalidade das illas británicas estiveron baixo unha capa de xeo de dous quilómetros de altura.

Estas palabras poderían relaxar a aqueles que sen tremores de mans piden, coa boca moi pequena, que diminúan as emisións de CO2. Pero, que pasa se desaparecen todas as algas? Como dicía o sabio alemán Albert Einstein, o día que desaparezan as abellas, poucos anos lle quedará á vida no planeta, porque sen elas a polinización é imposible.

As abellas comezan a desaparecer.

Sergio Irigoyen / Divulgador científico
ler o resto do texto

24/12/09

As consecuencias xa non se levan

Despois de corenta e sete días de secuestro do Alakrana podemos verificar que o sistema político estatal está viciado. Resolto o suceso, agora sería a hora das consecuencias, tendo en conta que non sempre teñen que ser malas. Pero na política española o que prima é a lea e os réditos políticos por riba do bo facer e do interese xeral.

A crispación política non gardou nin 24 horas de loito’ polos secuestrados, nin deixaron que chegaran ás súas casas. Por que? Só por réditos electorais. Pero despois deste secuestro a sociedade debería necesitar e pedir consecuencias. De que tipo? Políticas, principalmente, para analizar as actuacións do Goberno nesta crise. Pero o que falla aquí é a interpretación multidisciplinar. No caso do Alakrana non só cabe analizar a actuación do Goberno, senón tamén a da oposición e a do resto dos partidos políticos: estiveron á altura? Tamén cabería unha autoreflexión para os medios de comunicación: o tratamento que demos foi o adecuado?

Moitos foron os medios que chamaban aos mariñeiros retidos, e tras as duras palabras sobre a súa situación comezaban a dar o toque de alarma sobre a posible fatal resolución do secuestro. Até que punto entrevistar case a diario os secuestrados era o axei tado?Que críamos que nos ían dicir nestes corenta e sete días, que estaban nunha festa continua? Non pasa pola cabeza dun xornalista que a súa comunicación estaba ‘mediada’ polos piratas? Fomos, os xornalistas, guiados intencionadamente?

Consecuentemente, tras este tratamento xornalístico, os que peor o levaron foron as familias, que puxeron o grito no ceo, aínda que tras o aviso do Goberno, cambiaron a súa actitude. Cal debería ter sido esta , a do principio ou a do final? Axudaron nalgo as declaracións dos familiares contra o Goberno e a súa actuación? E sobre todo, por que tardou tanto o Goberno en dar unha visión de controlar o sucedido?

As consecuencias xudiciais deberían ser de envergadura. Cando un partido político estatal pon de relevo que a actuación dos militares españois ao deter aos piratas non era axeitada, cabería botarse as mans á cabeza, até houbo líderes políticos que pedían que se soltase os piratas, tirando pola borda, nunca mellor dito, o sistema democrático e xudicial español.

As consecuencias xa non se levan, senón non se pode explicar que o único que vemos tras rematar o secuestro sexan críticas aos demais sen mirarnos a nós mesmos: xornalistas, Goberno, oposición, xuíces, familiares, a sociedade... en definitiva, consecuencias.

José Villanueva, xornalista e investigador
ler o resto do texto

22/12/09

O MpDC reúne os tres gurpos parlamentares para falar sobre a videovixilancia

Hoxe ás 20:00 horas no Club Internacional de Prensa, en Compostela, terá lugar a mesa redonda sobre a videovixilancia que organiza o Movemento polos Dereitos Civís.

A dita mesa estará composta pola portavoz de Xustiza e Igualdade do Grupo Parlamentario Popular, Paula Prado, a súa homóloga polo Grupo Socialista, Beatriz Sestayo e a portavoz do BNG na comisión de Xustiza do Parlamento, Tareixa Paz, ademais da asesora xurídica do Movemento polos Dereitos Civís, Eva Vales.


Desde o Movemento convídase as responsábeis de Xustiza dos tres grupos políticos maioritarios no país e á sociedade en xeral a que este tema sexa tratado, falado e debatido para que a información a este respecto se mova e circule entre a cidadanía, para que esta coñeza os seus dereitos e saiba como actuar en casos de vulneración dos mesmos.

Dado que a videovixilancia é unha grande descoñecida para a sociedade e, contra o que se podería pensar, parece que tamén o é para as institucións públicas e privadas que instalan cámaras en espazos públicos.

É sabida a longa traxectoria do MpDC no que respecta á vídeovixilancia. Son numerosas as accións legais emprendidas polo colectivo contra diversas administracións e empresas privadas que coartan sen ningún tipo de reparo os dereitos das persoas. Tamén en
múltiples ocasións foron e son moitos os recuros presentados pola asociación contra resolucións das administracións de Xustiza contrarias á cidadanía e favorábeis ás institucións.
Este encontro sobre a videovixilancia ten entrada libre e de balde, ao igual cá conferencia que ás seis da tarde pronunciarán as avogadas Begoña Ares e Eva Vales na Galería Sargadelos.
ler o resto do texto

21/12/09

O MpDC convida os tres grupos políticos maioritarios a falar sobre a videovixilancia

Este martes día 22 o Movemento polos Dereitos Civís organiza unha mesa redonda sobre a videovixilancia. Nela, representantes dos tres partidos maioritarios na Galiza falarán sobre este tema no Clube Internacional de Prensa, en Compostela. Será ás 20 horas, con entrada libre e de balde.

A portavoz de Xustiza e Igualdade do Grupo Parlamentario Popular, Paula Prado, a súa homóloga polo Grupo Socialista, Beatriz Sestayo e a portavoz do BNG na comisión de Xustiza do Parlamento, Tareixa Paz, ademais da asesora xurídica do Movemento polos Dereitos Civís, Eva Vales, son as convidadas a esta mesa redonda.

É sabida a longa traxectoria do MpDC no que respecta á vídeovixilancia. Son numerosas as accións legais emprendidas polo colectivo contra diversas administracións e empresas privadas que coartan sen ningún tipo de reparo os dereitos das persoas. Tamén en múltiples ocasións foron e son moitos os recuros presentados pola asociación contra resolucións das administracións de Xustiza contrarias á cidadanía e favorábeis ás institucións.

A videovixilancia é unha grande descoñecida para a sociedade e, contra o que se podería pensar, parece que tamén o é para as institucións públicas e privadas que instalan cámaras en espazos públicos.

Desde o Movemento convídase as responsábeis de Xustiza dos tres grupos políticos maioritarios no país e á sociedade en xeral a que este tema sexa tratado, falado e debatido para que a información a este respecto se mova e circule entre a cidadanía, para que esta coñeza os seus dereitos e saiba como actuar en casos de vulneración dos mesmos.

Ademais, e no marco do Simposium sobre a videovixilancia que o Movemento polos Dereitos Civís celebra esta semana, hoxe luns terá lugar unha conferencia ás 19 horas na Galería Sargadelos a cargo de Eva Vales Fernández e Rocío Blanco, avogadas; e mañá martes, no mesmo emprazamento, que contará tamén coa presenza da asesora xurídica do MpDC, Eva Vales e Begoña Ares, tamén letrada. Nesta xornada, a actividade celebrarase ás 18 horas. Ambas as dúas serán con entrada libre e de balde.
ler o resto do texto

19/12/09

La Opinión A Coruña: Una asociación pide que se multe a Oleiros por las cámaras en la estatua del Che

"El Movemento polos Dereitos Civís (MpDC) ha interpuesto un recurso ante la la Agencia Española de Protección de Datos para que este organismo multe con una sanción de 600.000 euros al Ayuntamiento de Oleiros por haber instalado sin autorización unas cámaras de videovigilancia en la rotonda de la estatua del Che Guevara.

El proceso comenzó en julio de 2008, cuando LA OPINIÓN reveló que el municipio regido por Ángel García Seoane había instalado las cámaras en las inmediaciones de la estatua para evitar que el monumento recién inaugurado sufriera más agresiones vandálicas. La Agencia de Protección de Datos investigó el caso, pues el Concello instaló las cámaras sin contar con la necesaria autorización de la Delegación del Gobierno y sin haber presentado las pruebas que exige la ley que justificaran la videovigilancia. Ante estas irregularidades, en febrero de este año el Concello de Oleiros retirar las cámaras. Pese a ello, el MpDC pide ahora a la Agencia que multe al Ayuntamiento por haber 'recogido datos de forma engañosa y fraudulenta', una infracción muy grave que la normativa vigente castiga con una multa de 600.000 euros."

Una asociación pide que se multe a Oleiros por las cámaras en la estatua del Che - Galicia - La Opinión A Coruña:
ler o resto do texto

O MpDC estende o seu a apoio a ‘Salva o Tren’

A plataforma Salva o Tren vén de efectuar o pagamento dunha multa imposta ao voceiro da mesma por un valor de 600 euros. O motivo da sanción non é outro que congregar a máis de vinte veciños nunha zona de tránsito (as vías do tren en Portas) e pedir que se parasen as obras de desmantelamento.

Ademais desta que que veñen de pagar, á plataforma impuxéronselle outras tres multas por diferentes protestas organizadas para defender o mantemento das liñas ferroviarias de proximidade e que estas non desaparezan coa alta velocidade. E para máis ver existe unha orde de embargo se o colectivo non efectúa o pagamento destas sancións económicas.

Salva o Tren recorreu as ditas sancións a través dun proceso contencioso administrativo, se ben non se lle concedeu ao colectivo a súa paralización ata que conclúa ese proceso. Neste sentido, o MpDC denuncia, unha vez máis, a desproporción coa que actúan as administracións de Xustiza.

Tamén de novo o Movemento polos Dereitos Civís pregunta se existe unha igualdade real ante a lei, xa que a aplicación de sancións, sexan económicas ou administrativas, difire e moito se quen a recibe é un colectivo, entidade privada, ou unha adminsitración, entidade pública.

Exemplo disto é o acontecido co Concello de Sada, que se veu libre de que lle fose interposta desde a Agencia Española de Protección de Datos unha máis que considerábel sanción económica (entre 60000 e 300000 euros) por ter instaladas cámaras de vídeovixilancia ilegais ao ser unha administración pública. Coñecendo a existencia destes privilexios, temos que asistir a feitos coma o que denuncia Salva o Tren de multas por congregar a persoas na rúa cando o que están a defender é un servizo para a cidadanía.

Por ese motivo, e ante o desproporcionado da sanción e a reiterada actuación arbitraria e desigual da Xustiza, o Movemento polos Dereitos Civís expresa o seu apoio á plataforma, facéndolle saber tanto a ela coma á cidadanía que a impunidade das administracións é unha das maiores batallas do colectivo que, non por longa, vai deixar de combater.
ler o resto do texto

O MpDC interpón un recurso contra Protección de Datos a respecto das cámaras de Oleiros

O Movemento polos Dereitos Civís vén de interpór un recurso de reposición ante a Axencia Española de Protección de Datos contra a resolución desta institución non que ten a ver coas cámaras dá estatua do Che en Oleiros. Desde o colectivo solicítase, ademais, ao director da Agencia que se tipifique como unha infracción moi grave de Protección de Datos de Carácter Persoal cunha multa de 600.024 euros.

En data 2 de xullo de 2008 o MpDC tivo coñecemento a través dunha noticia publicada en La Opinión de que o Concello de Oleiros instalra na rotonda de Nirvana, na Parroquia de Perillo, unha cámara de vídeo vixilancia co fin de que mediante actos vandálicos se puidesde danar o busto de aceiro da naquel entón, recentemente inaugurada estatua do Che Guevara.

Ademais en diversos medios de comunicación, indicábase que ditas cámaras foron colocadas por empregados do Concello sen que a Policía Local tivese coñecemento desta actividade, o que permite pensar que tampouco existe un centro controlado polos axentes no que se xestione o funcionamento dos dispositivos.

En devanditos escritos manifestábase que resulta desproporcionada a instalación de cámaras como medidas de seguridade, por considerar o emprazamento como lugares seguros e tranquilos que non contan coas autorizacións necesarias para a instalación de tal sistema de vixilancia.

En data 17 de novembro de 2009 a Axencia Española de Protección de Datos notifícanos Resolución de arquivo de actuacións, porque a pesar de que consta acreditada a existencia de cámaras situadas na sede do Concello de Oleiros, da documentación achegada polo citado concello despréndese que as mesmas foron retiradas por devandita Administración Local ao non contar coas autorizacións precisas para proceder á súa instalación.

Solicitamos a nulidade de pleno dereito da resolución obxecto do presente recurso, porque tal e como establece a lei son nulos de pleno dereito os ditados prescindindo total e absolutamente do procedemento establecido. Neste suposto, o Concello de Oleiros, vulnera o disposto no artigo 3 da Lei Orgánica 4/1997, no que se establece o procedemento de autorización das instalacións fixas.

Así pois, a autorización procederá do Delegado do Goberno, previo informe da Comisión de vídeo vixilancia, e deberá ser motivada e referida en cada caso ao lugar público concreto que será obxecto de observación polas videocámaras. Contendo todas as limitacións ou condicións de uso necesarias, en particular a prohibición de tomar sons, excepto cando concorra un risco concreto e preciso, así como as referentes á cualificación das persoas encargadas da explotación do sistema de tratamento de imaxes e sons e as medidas a adoptar para garantir o respecto das disposicións legais vixentes. Ademais deberá precisar xenericamente o ámbito físico susceptible de ser gravado, o tipo de cámara, os seus especificaciones técnicas e a duración da autorización, que terá unha vixencia máxima dun ano, a cuxo termo terá que solicitarse a súa renovación.

Deste xeito e á vista de que o Concello de Oleiros vulnerou o procedemento de instalación de devanditas cámaras de seguridade, así como de utilización das imaxes captadas por devanditas cámaras ilegais, solicitamos sanciónese ao Concello de Oleiros, a pesar de retirar as mesmas, pois o que si está claro, é que as cámaras foron instaladas e utilizáronse sen contar coas preceptivas autorizacións.

En ningún momento a devandita Administración Local utilizou argumentos ou probas que acreditasen a non utilización das cámaras con anterioridade á súa retirada, e é que unha vez instaladas corresponde a carga da proba ao Concello de Oleiros acreditar que ditas cámaras non foron utilizadas, pois a regra xeral será que efectivamente as mesmas utilizáronse, pois en caso contrario, esperarían a obter as autorizacións para proceder á súa instalación.

Vulneración do principio de legalidade e de igualdade ante a lei

Non parece moi acertado, considerar como válida a resolución da Axencia Española de Protección de Datos, pois esta entidade omite o procedemento esixido para a instalación deste tipo de aparellos de vídeo vixilancia, causando unha desigualdade de trato en aplicación dá Lei así como ditando unha resolución claramente favorable ao Concello de Oleiros, en contra da lexislación vixente. Consideramos que se lle está dando un trato de favor a este Concello, causando unha grave indefensión aos dereitos dos cidadáns, e decidindo arbitrariamente cando se aplica ou non os preceptos esixidos na Lei 4/97 tantas veces mencionada.

Estamos ante unha clara vulneración do dereito da propia imaxe e unha vulneración do procedemento establecido. Polo tanto, queda claro, a vulneración do procedemento de instalación das cámaras de vídeo vixilancia do Concello de Oleiros, co cal, a Axencia de Protección de Datos, como garantizadora do cumprimento da legalidade vixente e de que non se vulneren os dereitos á honra, á intimidade persoal e á propia imaxe debese sancionar ao Concello de Oleiros por utilizar cámaras de vídeo vixilancia sen contar cos preceptivos informes esixidos legalmente.

Sancións

De acordo co previsto na Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal son infraccións moi graves a recollida de datos en forma enganosa e fraudulenta. Asimesmo, tal conduta é castigada cunha multa de ata 600.000 euros, e que se corresponde coa conduta que leva a cabo o Concello de Oleiros, ao instalar e utilizar devanditas cámaras de vídeo vixilancia sen as correspondentes autorizacións esixidas pola normativa vixente.

Doutra banda, no caso de que a persoa responsable do ficheiro das imaxes captadas con devanditas gravacións non estivese inscrito no Rexistro Xeral de Protección de Datos, deberase castigar ao mesmo, segundo o previsto na dita lei cunha multa de 300.000 euros

Ademais e no caso de que a persoa responsable do devandito ficheiro non teña inscrito o mesmo no Rexistro Xeral de Protección de Datos solicítase se tipifique como unha sanción grave da lei de Protección de Datos de Carácter Persoal.
ler o resto do texto

18/12/09

El Ideal Gallego Digital: Insisten en que hubo sanción por la instalación de cámaras de vigilancia

Las videocámaras ya retiradas del edificio administrativo del Ayuntamiento y de Ayudantía sí recibieron en su día una sanción motivada por una falta grave que la Agencia Española de Protección de Datos (AEPD) reflejó en una resolución del mes de abril de este mismo año.

Así lo quiso recordar la plataforma Movemento polos Dereitos Civís, que respondió a las declaraciones del alcalde en las que éste reconocía no haber recibido ninguna sanción por parte del organismo estatal y en las que negó, como sí acusó el colectivo, tener aún instalada ninguna cámara en los edificios municipales.

Por partes. En realidad, y en lo referente a la sanción, ninguno de los dos miente. No lo hace el alcalde, y por extensión el gobierno local, al decir que no recibieron sanción económica por la actividad de las cámaras, porque no la hubo. Tampoco falta a la verdad Movemento polos Dereitos Civís porque la sanción existió, aunque prácticamente podría hablarse de toque de atención más que otra cosa.

El motivo, como explicó el portavoz de la plataforma, Renato Núñez, es que la AEPD no puede imponer a las administraciones públicas una sanción económica que, en este caso, como recordó, estaría estipulada entre los 60.000 y los 300.000 euros.

“Se fora unha panadería seguro que tería que pagarlo”, aseguró Núñez, quien cree que el Ayuntamiento debería “dar gracias” por no tener que afrontar semejante infracción.

El hecho de que una empresa privada sí tenga la posibilidad de ser multada económicamente por Protección de Datos y las públicas no, es otro debate que no compete a ninguna de las dos partes que ahora discuten sobre las cámaras de Sada. No obstante, Movemento polos Dereitos Civís insiste en que se debería “preguntarlle aos comerciantes do concello que lles parece” este asunto.

Falta grave > La actuación del gobierno local colocando las cámaras en su edificio de la avenida da Mariña y en el de Ayudantía quedó recogida como “grave” por la AEPD al “utilizar el fichero de datos de carácter personal relativo al sistema de videovigilancia o grabación de imágenes, sin contar con la autorización de disposición general, publicada en el BOE y sin que dicho fichero hubiera sido inscrito en el Registro General de Protección de Datos”.

Ante esto, y sin dinero de por medio -“es como un indulto”, señaló Núñez-, el gobierno municipal apagó las cámaras, un tiempo después las retiró y se cerró el asunto.
ler o resto do texto

17/12/09

El Ideal Gallego Digital: El Ayuntamiento niega haber sido sancionado por las videocámaras

Un comunicado de la plataforma Movemento polos Dereitos Civís el pasado martes acusaba al gobierno local de Sada de mantener la instalación de una cámara de videovigilancia en dependencias municipales a pesar de haber recibido ya una sanción por parte de la Agencia Española de Protección de Datos. Pues bien, para el Ayuntamiento, ni una cosa ni otra. Ni cámara en las sedes del consistorio o de Ayudantía, ni sanción de la entidad estatal.

Desde el gobierno local recuerdan que, tras ser instaladas dos cámaras en los mencionados edificios en 2007 -cuando llegaron al poder BNG y PSOE-, un año después se armó un “revuelo” que impidió que siguieran funcionando, por lo que se apagaron. Cierto es que, durante un tiempo, se dejaron puestas, pero desconectadas.

Movemento polos Dereitos Civís hace referencia en su comunicado a un anexo de la Agencia Española de Protección de Datos (AEPD) -en el informe del Ministerio del Interior no aparece la cámara de Sada- para asegurar que el Ayuntamiento fue sancionado.

Para el alcalde, Abel López Soto, estas afirmaciones son “mentira” y aseguró que fue el equipo de gobierno el que se encargó de retirar las cámaras y no la AEPD. Asimismo, el regidor defiende que se trataba de videocámaras que no necesitaban autorización porque no contenían ficheros.

Eso sí, admitió que tenían la posibilidad de grabar, aunque “o ficheiro estivo un día para ver como funcionaba”. Ese archivo quedó registrado en un ordenador al que tenía acceso un agente de la Policía Local. Después de aquello, que pudo originar la sanción de la que habla la plataforma, las cámaras, también ante las críticas de la oposición, se apagaron, como asegura el regidor, y se dejaron puestas “un tiempo”.

El pasado mes de marzo, cuando el gobierno local, a preguntas de los grupos de la oposición sobre la apertura de expediente por parte de Protección de Datos, señaló que no se le había impuesto ninguna sanción, se hablaba de una cantidad cercana a los 100.000 euros, algo que, al parecer y según el testimonio del propio alcalde, nunca se llegó a producir y que, hoy en día, es un tema que forma parte del pasado, a pesar de las aseveraciones de Movemento polos Dereitos Civís.

Aunque sólo sirvieran para observar lo que ocurría en las dependencias municipales, el alcalde no quiere saber nada de cámaras y no se volverán a instalar para evitar otro aluvión de críticas."
ler o resto do texto

O MpDC lembra que hoxe celebra unha mesa redonda sobre abusos policiais e dereito á folga

O Movemento polos Dereitos Civís, dentro da Semana Cultural, lembra que hoxe ás 20:00 no Club Internacional de Prensa (avda. Da Coruña, 6, Compostela) terá lugar unha mesa redonda na que se debaterá sobre dous temas de actualidade como son os abusos policiais e o dereito á folga.

En canto as e os participantes, expertas e expertos na materia coma Miguel Ángel Fernández Rodríguez (avogado), Eva Vales Fernández (asesora xurídica do MpDC) e Carlos Aymerich Cano (voceiro do grupo parlamentario do BNG), esta mesa pretende visivilizar, como tantas outras veces ten feito o colectivo, as eivas e mermas que en moitas ocasións sofren os dereitos civís cando se trata de cada un dos temas propostos. A asistencia ao acto é libre e de balde.
ler o resto do texto

16/12/09

O MpDC convida a falar dos abusos policiais e o dereito á folga

Dentro da Semana Cultural polos Dereitos Civís, o Movemento organiza unha mesa redonda na que debater sobre dous temas de actualidade como son os abusos policiais e o dereito á folga. É coñecida a incansábel defensa do colectivo dos dereitos das persoas e as sucesivas denuncias feitas por actuacións policiais indebidas ou outras vulneracións destes dereitos como poden ser as relacionadas coas folgas.

Ao respecto, e contando con expertas e expertos na materia coma Miguel Ángel Fernández Rodríguez (avogado), Eva Vales Fernández (asesora xurídica do MpDC) e Carlos Aymerich Cano (voceiro do grupo parlamentario do BNG), esta mesa pretende visivilizar, mais unha vez, as eivas e mermas que moitas veces sofren os dereitos civís cando se trata de cada un dos temas propostos.

Ás oito do serán no Club Internacional de Prensa (avda. Da Coruña, 6, Compostela) terá lugar este acto que, segundo o voceiro do colectivo, Renato Núñez, é necesario para trasladar á sociedade, que pode asistir de maneira libre e de balde ao acto, estas problemáticas coas que día a día nos podemos atopar.

Ademais, Núñez tamén fai fincapé en que o diálogo, a transparencia e a accesibilidade son cuestións que maiormente ausentes na maioría dos casos de abusos policiais ou de violacións do dereito á folga e entende que cómpre que a cidadanía, primeira prexudicada con estas accións, saiba de primeira man cales son os seus dereitos para poder reclamalos.

Ese é o obxectivo, ao igual que o das demais actividades da Semana Cultural como son a proxección de filmes, este mesmo venres con “O meu nome é Harvey Milk”, ou a exposición que continúa aberta até o día 18 no local da AC O Galo, o de evidenciar que as reaccións das institucións, forzas e corpos de seguridade, empresas e demais poden e deben ser denunciadas por parte de quen as sofre e para iso traballa o MpDC.
ler o resto do texto

15/12/09

O MpDC sorpréndese de que o Ministerio admita apenas 107 cámaras de videovixilancia

Segundo un informe do Ministerio do Interior facilitado ao Senado, na Galiza existen apenas 107 cámaras de videovixilancia. Son 32 cámaras máis que as cámaras recoñecidas polo Ministerio a finais do 2007. Estas estarían instaladas na Coruña, Santiago de Compostela, Ares, Lugo e Pontevedra. Case todas as cámaras autorizadas están denunciadas polo Movemento polos Dereitos Civís e non aparecen no informe outras que tamén foron denunciadas, algo que fai dubidar da veracidade do mesmo.
O informe consta dun anexo da Axencia Española de Protección de datos onde esta recoñece que apenas conta con 48 inspectores para todo o Estado. Unha cantidade ridícula para os case 3000 expedientes que se abriron, por exemplo, no ano 2007. A cantidade de inspectores resulta tan escasa que nese ano se abriron 2775 expedientes e apenas se resolveron 1886. Quedaron case 1000 expedientes sen resolver aos que hai que acumular os expedientes pendentes de anos anteriores. Por exemplo, no ano 2003 se abriron 1332 expedientes e se resolveron 917.
Non consta ningunha cámara autorizada en Ourense, sen embargo se recoñece un arquivo de gravación.
Aínda que resulte contraditorio, na Provincia de Ourense aparece un rexistro de gravacións cando non existe ningunha cámara pública autorizada en toda provincia.
A proliferación de cámara privadas
Segundo a Axencia Española de Protección de Datos existen 1612 arquivos de cámaras privadas e 22 de cámaras públicas en Galiza. As cámaras privadas non poden gravar a vía pública, sen embargo hai multitude delas que substitúen a labor da Delegación do Goberno vixiando as rúas no lugar dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado. O caso máis destacado é o de Caixa Galicia que conta con decenas de sucursais con varias cámaras de 360º de visión na rúa. Nalgunha das sucursais suman ata 7 cámaras deste tipo.
Efectividade
Recentemente o Comisario Xefe da Provincia de Lugo afirmou que as cámaras producían unha sensación “subxectiva de seguridade”. Algo que dista moito dunha seguridade real, simplemente fan que os cidadáns se sintan máis seguros, pero é unha sensación subxectiva.
Por exemplo, nesa cidade a delincuencia seguiu subindo a pesar da existencia deses dispositivos.
Na praza do Toral de Compostela se produciron, nun mesmo ano, dous roubos e se romperon tres escaparates cando existen dúas cámaras nesa Praza.
Na praza do Humor da Coruña tiveron que redactar unha Ordenanza antibotellón pois as cámaras instaladas para ese fin se mostraron inuteis.
En Oleiros pintaron a estatua do Che mesmo cando estaba vixiada por cámaras de videovixiancia.

• Son 32 cámaras máis que o último informe do 2007
• Miles de cámaras privadas están gravando a vía pública en substitución das públicas
• Sigue sen aparecer moitas cámaras públicas instaladas como as da zona vella de Lugo e as da Deputación de Pontevedra.
• Galiza é cuarta comunidade con máis expedientes de investigación abertos pola AEPD
Cámaras que aparecen no informe:
1. A Coruña: O Concello da Coruña foi sancionado pola Axencia Española de Protección a raíz dunha denuncia do MpDC na que se advertía de que estas non cumprían coa lexislación vixente. Seguen instaladas
2. Santiago: Hai unha sentencia que ordena a súa retirada. Seguen instaladas
3. Ares: O Defensor del Pueblo reclamou ao concello que cumprira a lexislación vixente en relación coa video-vixilancia xa que estas cámaras foron instaladas sen ningún tipo de autorización. seguen instaladas.
4. Lugo (Polígono do Céao): Recentemente unha sentencia obrigou á Delegación do Goberno a entregar o expediente destas cámaras ao MpDC.
Cámaras que non aparecen no informe:
5. Lugo (Cámara da Zona Vella): A Delegación do Goberno recoñeceu ao MpDC que tiveron autorización pero que non foron renovadas. Estas cámaras seguen instaladas
6. Sada: Non aparecen non informe do Ministerio aínda que nun anexo da Axencia Española afírmase que o Concello foi sancionado pola súa existencia. Segue instalada.
7. Dirección Xeral de Tráfico de Ourense. Non aparecen no informe aínda que se sancionou á DXT pola existencia deses dispositivos.
8. O Grove: Non aparecen.
9. Vigo: Non aparece ningunha cámara.
10. Pontevedra: Non aparecen as cámaras da Deputación de Pontevedra.
11. Arteixo: Non aparecen as cámaras do CEIP
ler o resto do texto

14/12/09

Que a verdade non che estrague un bo titular

Todos os días érgome coas noticias da radio. Logo vou á cafetería a tomar un café e leo os titulares de, polo menos, dous periódicos. No transcurso da mañá recibo no meu móbil os titulares de varios medios por medio do RSS e consulto algúns periódicos dixitais.

Ao medio día, mentres como, vexo o telediario. Pola tarde costumo comentar con alguen as noticias da mañá.

Se durante o día, todos eses medios repiten unha e outra vez a mesma noticia, se nos din que unha persoa é culpábel, que é un mostruo, que abusou da súa filla, que a queimou con cigarros e que a golpeou, todo mundo acredita que iso é certo. Por que dubidar? Non son programas do corazón. Suponse que contrastan a información.

Durante algúns días puidemos ver a cara dun suposto violador, un animal que “probabelmente”, segundo os medios 'serios', abusou anal e vaxinalmente da súa fillastra. Unha persoa sen escrúpulos que lle pegaba. Puidemos ver como era increpado por cidadáns que non podían deixar impune tanta maldade, que necesitaron exteriorizar os seus sentimentos con berros de desafogo onde chamaban de todo a este individuo.

No entanto, días despois, un exame forense di que o “animal”, o violador, o individuo era inocente. Que a falecida caeu dunha arrandeeira, que foron os intentos de reanimación os que provocaron os danos que que se podían apreciar no seu corpo. Depois de tan graves acusacións, sería de lóxica que os medios se desculpasen pola présa coa que deron as noticias, sen contrastar, sen rigor. Pois non, todos os medios falaban “dos medios”, como un ente abstracto, como se non formasen del.

Os medios de comunicación utilizan un dereito dos cidadáns —o dereito á información— dunha forma inxusta para garantir a súa continuidade. Reciben axudas das administración, teñen privilexios á hora de xestionaren información e incluso teñen o dubidoso dereito de emitir a miña, ou a túa imaxe, sen consentimento en pro do dereito á información. Porén, esa información ten que ser veraz, condición que cada vez máis brilla pola súa ausencia.

Renato Núñez, editor do xornal En Movemento
ler o resto do texto

11/12/09

O MpDC apoia a concentración solidaria con Aminatou Haidar

O Movemento polos Dereitos Civís expresa o seu apoio incondicional á concentración solidaria coa activista saharauí Aminatou Haidar prevista para este domingo en Compostela.

Desde o colectivo tamén se denuncia a actitude cobarde dos gobernos español e marroquí que antepoñen cuestións diplomáticas dun conflito territorial mal solucionado, como é a descolonización española do Sahara, á preservación dos dereitos dunha persoa, como é Aminatou Haidar.

A asociación quere tamén pór de manifesto que ao igual que Aminatou son moitas e moitos os saharauís que ven cada día pisados os seus dereitos como pobo. Ademais, e estendendo a solidariedade manifestada anteriormente, o Movemento quere facer pública a reivindicación do dereito á autodeterminación de todos os pobos que están sufrindo violacións constantes e diarias dos seus dereitos.

Por último, o MpDC quere salientar a enorme valentía e o coraxe da activista saharauí, que mantén íntegra a súa postura e, polo tanto, que lanza un sonoro berro en favor dos dereitos das persoas e dos pobos. Xunto coa sucrición ás actividades postas en marcha en solidariedade con ela, o colectivo traslada á propia Aminatou o seu máis sincero apoio.
ler o resto do texto

O MpDC inicia a súa Semana Cultural dos Dereitos Civís




Esta noite o Movemento polos Dereitos Civís comeza a súa semana cultural con diversas actividades que terán lugar en Compostela.

Hoxe a, partir das 22:30, na Casa das Crechas actuarán os grupos folk e rock Tanto nos Ten e La Pelvis. As letras de Tanto Nos Ten -música tradicional furtiva- como eles se definen, a parte de tradicionais, tamén son propias, onde o escarnio e o saber popular complementan aos ritmos bailables coma, pasodobles, muiñeiras, mazurcas ou fox-trotes, que fan de Tanto Nos Ten un grupo de música dinámico e divertido.
Pola súa banda, La Pelvis propón ao oínte un mundo delirante no que a xente sométese a cirurxía para cambiar partes do seu corpo, un mundo no que se discuten durante semanas polémicas inexistentes, un mudo onde o telexornal componse do irresoluble conflito de oriente medio, entre goberno e oposición, e deporte, véxase fútbol, un mundo onde a xente repite como papagaios argumentos inseridos nos seus cerebros polos raios catódicos.

Conferencias e mesas redondas

Do luns 14 de decembro ao venres 18 o local Asociación Cultural O Galo (San Miguel dos Agros, 2) albergará a Exposición fotográfica titulada “Actuacións policiais e dereito á folga”. A semana cultural tamén contará coa proxección de dúas películas relacionadas cos dereitos civís no local AC O Galo. O día 15 de decembro ás 20:00 pódese gozar do filme “O show de Truman” e o 18 de decembro de “O meu nome é Harvey Milk”.

Para rematar, no xoves 17 de decembro o MpDC organiza unha mesa redonda no Club Internacional de Prensa ( avd. Coruña, 6) ás 20:00 na que participarán Miguel Ángel Fernández Rodríguez (avogado), Eva Vales Fernández (asesora xurídica do MpDC) e Carlos Aymerich Cano (voceiro do grupo parlamentario do BNG).

Ademais, e dentro do Simposium pola Videovixilancia, os días 21 e 22 de decembro celebrarase en Sargadelos (rúa Nova, 16) diversas conferencias sobre a videovixilancia a partir das 19:00 horas.
O martes 22 de decembro tamén se celebrará unha mesa redonda no Club Internacional de Prensa ás 20:00 horas onde intervirán representantes dos grupos políticos máis importantes do país para debatir e expresar a súa visión sobre a o tema que centra as xornadas.
ler o resto do texto

10/12/09

O MpDC pon de manifesto as reiteradas vulneracións dos dereitos civís por parte das administracións

Os Dereitos Humanos constitúen a base da nosa sociedade e axudan a garantir que todas as persoas teñan unha vida digna. Por definición, o concepto de dereitos humanos é universal e igualitario, inherente a todas as persoas, irrevogable, inalienable, intransmisibles e irrenunciable.

O Movemento polos Dereitos Civís traballa día tras día para que los cidadáns gocen de liberdade e igualdade ante a sociedade. Os Dereitos Civís son dereitos concedidos polas nacións dentro dos seus límites territoriais, mentres que os Dereitos Humanos son dereitos que a persoa ten ao nacer.

Desde o Movemento crese que aquí está o problema. As administracións son as primeiras que cara ao público defenden, apoian e loitan polo recoñecemento dos dereitos das persoas, pero a súa vez son as primeiras que abusan e vulneran estes dereitos.

O dereito á intimidade das persoas é un dos máis violados por parte das administracións sen que haxa ningún tipo de rectificación ou corrección. A colocación ilegal de cámaras de videovixilancia nas cidades é un dos alicerces do abuso a intimidade que levan a cabo todos os concellos, con total impunidade e liberdade. Avogando pola seguridade o que realmente fan coa súa colocación indebida é controlar aos cidadáns, cando a súa función consiste en gravar os monumentos con un alto risco de vandalismo. Ademais existe tamén o problema de saber que se fai exactamente coas imaxes, onde se gardan? Durante canto tempo? Quen o controla?

Cando o MpDC busca a resposta a estas cuestións o dereito de acceso vese vulnerado, ben pola ausencia de resposta das institucións, ben porque estas eluden o tema das solicitudes escudándose nunha cuestionábel confidencialidade. Un exemplo recente da violación ao dereito de acceso é o protagonizada por Unión Fenosa cando, despois dun ano de loita e a mediación da AEPD, o Movemento conseguiu os documentos de voz tantas veces solicitados polas vías legais e perceptivas a tal fin.

O dereito á protesta pacífica, como arma de presión para conseguir mellorar as condicións laborais ou simplemente reclamar grantías de futuro nos postos de traballo, é un dos dereitos menos respetados. As empresas abusan dos seus traballadores, coaccionándoos, amenizándoos, sen teren en conta os seus dereitos naturais. Ás presións dos empresarios únese ademais unha actitude cada vez máis represiva das autoridades e dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado que actúan moitas veces con cargas desproporcionadas contra os manifestantes.

Por último, o MpDC quere lembrar que o dereito de igualdade ante a lei aínda esta moi lonxe de ser unha realidade na nosa sociedade. Continúan a existir privilexiados para os que a lei non lles inflúe e outros que sofren un continuo acoso por parte das administracións.

Aínda queda un longo camiño por recorrer para chegar a vivir nunha sociedade na que o respeto dos Dereitos Humanos sexa o natural.
ler o resto do texto

09/12/09

A AEPD non cre que o Consello de Contas gravase un individuo cortando as rodas de varios coches

A Agencia Española de Protección de Datos vén de desestimar o recurso de reposición que no seu momento o MpDC interpuxo contra a institución despois de que esta incumprise de xeito alarmante a normativa en materia de videovixilancia. As gravacións tomadas polas ditas cámaras e que serviron para a detención dun individuo non son consideradas fiábeis para a AEPD á hora de sancionar ao Consello de Contas por tomar imaxes de forma ilegal.

No presente caso, xa que as mesmas foron colocadas para unha finalidade concreta, di a Agencia, “non se puido constatar que tales cámaras captasen imaxes das persoas que se atopaban nun espazo de vía pública superior á porción que inevitablemente pode ser captada para a protección do espazo privado obxecto da instalación”, polo que de acordo coa citada doutrina xurisprudencial procede o arquivo das presentes actuacións, ao non existir proba de cargo suficiente para enervar o principio de presunción de inocencia.

O colectivo pregúntase como unha institución pode emitir esa resposta e aínda por riba pedir a desestimación do recurso cando si esas imaxes se poden empregar para identificar unha persoa pero non se poden retiar, ao seu ver, porque captan unha porción pequena de rúa. O MpDC lembra que o Consello de Contas de Galiza procedeu á instalación das devanditas cámaras sen os preceptivos informes e autorizacións legalmente esixidos, co que se estaría producindo unha vulneración do principio de legalidade, coas consecuencias que iso tería.

Neste sentido é necesario seíñalar que non consta acreditado que a identificación desta persoa sexa efectuada a través das cámaras de videovigilancia situadas no Consello, tendo en conta que o articulo do xornal manifesta que foi "un veciño" sen que devandita declaración proceda de ningunha autoridade ou persoa identificada identificable.

Xa que logo, de acordo cos principios de presunción de inocencia. que impide imputar unha infracción administrativa cando non se obtivo e acreditado unha proba de cargo acreditativa dos feitos que motivan a imputación ou da intervención nos mesmos do presunto infractor, e "in dubio prol rao': que obriga en caso de dúbida respecto dun feito concreto e determinante a resolver devandita dúbida do modo máis favorable ao interesado, procede desestimar o presente recurso de reposición.

Para poder instalar cámaras de vídeo vixilancia no exterior do Consello de Contas de Galiza cumprirase co establecido na Lei de Protección de Datos de Carácter Persoal, ao gravar imaxes e sons dos cidadáns que pasean por diante da súa sede. Por este motivo, o Movemento solicita, de novo, a inmediata retirada dos dispositivos.
Ao respecto, o MpDC respondeu no seu momento que isto amosa a deixadez de funcións da Delegación, que se di non capaz de autorizar mais si de consentir que tales cámaras permanezan instaladas cando supoñen unha vulneración do dereito á imaxe das persoas.

Con anterioridade, o Movemento polos Dereitos Civís presentara un escrito á propia Delegación do Goberno e á Agencia Española de Protección de Datos co que procuraba coñecer se o Consello de Contas de Galiza ten, por unha banda, todos os permisos necesarios e, pola outra, inscrito o ficheiro que contén as imaxes e sons gravados polas cámaras de vídeo-vixilancia instaladas no seu exterior no rexistro xeral de protección de datos da dita axencia. Esta asociación solicitaba do mesmo xeito á AEPD que a mantivese informada das actuacións que se realicen con relación a este asunto.

A utilización de videocámaras ha de estar presidida polo principio de proporcionalidade, na súa dobre versión de idoneidade e de intervención mínima. A idoneidade determina que só poderá empregarse a videocámara cando resulte adecuado, nunha situación concreta, para o mantemento da seguridade cidadá, de conformidade co disposto nesta Lei.

Neste sentido, a AEPD considera que as cámaras como estan instaladas nun edificio privado están gravando o mínimo imprescindible para que poidan ser eficaces e o mpdc aporta a noticia do xornal pero que non consta por ningún medio fehaciente que o que recolle esa noticia fora gravado polas cámaras do Consello de contas. Isto é totalmente falso.

No suposto examinado, denúnciase a existencia de cámaras na fachada do Consello de Contas de Galiza que puidesen captar imaxes da vla pública, contravindo a nornativa exposta. Con todo, no presente suposto, a Agencia aínda por riba afirma que “é posible que a localización das cámaras sexa a necesaria para a finalidade perseguida, na medida en que se trata dun suposto no que a dita localización resulta imprescindible para a finalidade de vixilancia que se pretende, tendo en conta, en todo caso, que deberá evitarse calquera tratamento de datos innecesario para a finalidade perseguida”.

O MpDC pregúntase cal pode ser a finalidade perseguida se non é a protección dos dereitos das persoas? Desde a asociación tamén se cuestiona como uns argumentos tan falaces e insultantes poden ser esgrimidos por quen
ler o resto do texto

08/12/09

As consecuencias xa non se levan

Despois de corenta e sete días de secuestro do Alakrana podemos verificar que o sistema político estatal está viciado. Resolto o suceso, agora sería a hora das consecuencias, tendo en conta que non sempre teñen que ser malas. Pero na política española o que prima é a lea e os réditos políticos por riba do bo facer e do interese xeral.
A crispación política non gardou nin 24 horas de loito’ polos secuestrados, nin deixaron que chegaran ás súas casas. Por que? Só por réditos electorais. Pero despois deste secuestro a sociedade debería necesitar e pedir consecuencias. De que tipo? Políticas, principalmente, para analizar as actuacións do Goberno nesta crise. Pero o que falla aquí é a interpretación multidisciplinar. No caso do Alakrana non só cabe analizar a actuación do Goberno, senón tamén a da oposición e a do resto dos partidos políticos: estiveron á altura? Tamén cabería unha autoreflexión para os medios de comunicación: o tratamento que demos foi o adecuado? Moitos foron os medios que chamaban aos mariñeiros retidos, e tras as duras palabras sobre a súa situación comezaban a dar o toque de alarma sobre a posible fatal resolución do secuestro. Até que punto entrevistar case a diario os secuestrados era o axei tado?Que críamos que nos ían dicir nestes corenta e sete días, que estaban nunha festa continua? Non pasa pola cabeza dun xornalista que a súa comunicación estaba ‘mediada’ polos piratas? Fomos, os xornalistas, guiados intencionadamente?
Consecuentemente, tras este tratamento xornalístico, os que peor o levaron foron as familias, que puxeron o grito no ceo, aínda que tras o aviso do Goberno, cambiaron a súa actitude. Cal debería ter sido esta , a do principio ou a do final? Axudaron nalgo as declaracións dos familiares contra o Goberno e a súa actuación? E sobre todo, por que tardou tanto o Goberno en dar unha visión de controlar o sucedido?
As consecuencias xudiciais deberían ser de envergadura. Cando un partido político estatal pon de relevo que a actuación dos militares españois ao deter aos piratas non era axeitada, cabería botarse as mans á cabeza, até houbo líderes políticos que pedían que se soltase os piratas, tirando pola borda, nunca mellor dito, o sistema democrático e xudicial español.
As consecuencias xa non se levan, senón non se pode explicar que o único que vemos tras rematar o secuestro sexan críticas aos demais sen mirarnos a nós mesmos: xornalistas, Goberno, oposición, xuíces, familiares, a sociedade... en definitiva, consecuencias.

José Villanueva, xornalista e investigador
ler o resto do texto

07/12/09

Ideas para un consumo responsábel no Nadal

As festas de Nadal sorpréndennos en medio a un escenario que merece unha reflexión repousada sobre o consumo voraz que levamos a cabo durante todo o ano.
Inmersas nunha crise que se presenta cunha vocación de permanencia maior do que anuncian a clase política e os organismos internacionais, estamos a asistir como as expectativas de lle pór freo á mudanza climática mediante un acordo ambicioso e xusto no Cumio de Copenhagen se desinflan, a xulgar polas declaracións dalgúns influíntes mandatarios.
Verdadeiramente son malas noticias para toda a humanidade, sobre todo para as xeracións futuras que herdarán un mundo máis devastado e no que a desigualdade entre os países e pobos será aínda maior se non mudarmos de rumo.
Por que chegamos a ese punto? A resposta pasa por reflexionar sobre a forma como estamos a espremer os recursos do planeta que habitamos e sobre o noso modelo de produción e de consumo. Sobre este último aspecto queremos chamar atención neste artigo para que poidamos sobrevivir ás festas sen sucumbir aos reclamos comerciais.
A primeira pregunta a facerse debe xirar ao redor da necesidade de mercar algo, xa que na maioría das ocasións o consumo atende a outras motivacións moi distintas da necesidade real. Tamén paga a pena considerar se non podemos acceder a aquilo que nos fai falta a través de outras vías: pedir emprestado, trocar, reutilizar, mercar de segunda man, facer nós mesmas un agasallo, son só algunhas ideas para reducir e minimizar o impacto do noso consumo, aproveitando de forma intelixente os recursos dispoñíbeis.
Pararse a pensar como están feitos os produtos que vemos nos escaparates das grandes superficies e establecementos comerciais representa un paso máis neste proceso de reflexión: quen cose esta roupa? onde e en qué condicións o fai?
Nese punto o comercio xusto xoga un importante papel ao garantir un salario digno aos produtores e traballadoras de países empobrecidos, igualdade entre homes e mulleres e respecto ao medioambiente, apostando pola agricultura ecolóxica. Tamén rexeita o traballo infantil e establece un compromiso comercial a longo prazo, revertendo parte dos beneficios acadados pola comercialización en infraestruturas e servizos para a comunidade.
Porén, a reflexión non remata aí. A necesidade de apostar por unha economía e un comercio solidario a servizo das persoas e non das grandes corporacións transnacionais debe darse tanto nos países do Sur coma do Norte. Aquí vemos como os pequenos agricultores e gandeiras galegas están a sofrer unha grave crise que ameaza o futuro dun sector e dunha forma de vida. Consumir produtos locais e ecolóxicos, mercar no comercio de proximidade son apostas polo desenvolvemento e a vida nos nosos bairros e no agro.
En definitiva, trátase de pararnos a pensar que o acto de mercar tamén pode ser un acto político si o acompañamos dunha análise profunda sobre o impacto das nosas compras. Facer esta reflexión e actuar en consecuencia pode ser unha das chaves para sobrevivir as festas sen devorar o planeta e incorporando un criterio ético e social ás nosas compras. Atréveste?

María Carmen Puga Fidalgo, Coordinadora da ONG Amarante en Santiago
ler o resto do texto

06/12/09

O humor do En Movemento


Como cada mes, Euler achéganos a súa visión da actualidade en clave de humor. Desta volta, o artista gráfico fálanos sobre o Nadal. A viñeta en papel pode atoparse no xornal En Movemento, mensal de distribución gratuíta "polos dereitos dunha sociedade emancipada".
ler o resto do texto

04/12/09

O MpDC critica a sanción imposta pola Subdelegación do Goberno por unha manifestación en Vigo

O Movemento vén de coñecer que a Subdelegación do Goberno multou a sete militantes da Asemblea da Mocidade Independentista (AMI) pola súa participación na manifestación en Vigo do pasado 10 de outubro polo día da Galiza Combatente.

A Subdelegación do Goberno múltaos con 1100€ a cada un por secundar unha manifestación non comunicada á policía que cortaba o tráfico e tamén impedía a libre circulación das persoas mentres coreaban consignas contra o goberno central e a policía.

O MpDC critica a dura sanción imposta ao colectivo, que unicamente exerceu o seu dereito a manifestarse e a expresar as súas ideas publicamente. O Movemento denuncia, unha vez máis, a desproporción entre a actitude das administracións con esta e con outras concentracións cando en outras ocasións as multas e as sancións son inexistentes.

Ademais, a asociación lembra que a manifestación celebrada en Vigo en demanda da liberación do Alakrana se convocou dun día para o outro, sen ningún permiso. Por parte da Subdelegación do Goberno e das Forzas de Seguridade non existiu ningún problema en permitir a iniciativa e os participantes da marcha non foron sancionados, como si aconteceu no caso que vimos de relatar.

O MpDC pregúntase se a lei é igual para todos ¿Por que non se aplica por igual? O Goberno sempre exerce o seu control e ataca directamente a algúns sectores da sociedade, que adoitan coincidir cos máis criticos coas propias institucións e o seu xeito de xestionar as súas competencias. No noso país a liberdade de expresión é un dereito e polo tanto a súa defensa e mantemento deben terse en conta por igual e estenderse a toda a cidadanía.
ler o resto do texto

03/12/09

O MpDC celebra que unha sentenza obrigue a readmitir os traballadores de Vidreira do Atlántico



O Movemento polos Dereitos Civís vén de coñecer a resolución do Xulgado Social Nº 1 de Ourense que sentenciou a Vidreira do Atlántico, S.A. a readmitir os dous traballadores ao declarar nulo o seu despedimento por non existir unha xustificación obxetiva e razoábel.
Aos ollos do MpDC enténde que o despedimento se debeu a unha represalia pola súa participación nas xornadas de folga e neste sentido recibe con entusiasmo a nova de obrigar á patronal a readmitir os seus empregados e pagarlles os salarios atrasados ademais de indemnizalos polos danos morais sufridos.
Desde o MpDC cremos que é o prezo xusto a pagar por unha empresa que vulnera os dereitos dos seus traballadores, como é o dereito á folga. Todos os traballadores teñen dereito, se queren, a secundar unha folga, para pedirlle a súa empresa melloras, sen que esta poda despedilos ou sancionalos dalgún modo pola súa participación.
Os empregados da empresa condenada levan anos pedindo que a administración e a xustiza sancionen e corrixan as prácticas de aproveitamento integral de persoas e recursos que leva a cabo a factoría.
Neste sentido, os traballadores de Vidreira do Atlántico venceron esta batalla en defensa dos seus dereitos, pero aínda lles quedan máis batallas por gañar, como é a da liberdade sindical que a empresa se nega a aceptar.
Desde o MpDC apoiamos a súa loita particular que busca o cumprimento dos dereitos dos traballadores. Así as cousas, animamos a todas as e os asalariados a que esixan aos seus superiores o cumprimento da lei para traballar cos dereitos que lles corresponden.
ler o resto do texto

02/12/09

A delincuencia aumenta en Lugo segundo o Comisario Xefe e en contra do que di a Delegación do Goberno

Segundo un informe redactado polo Comisario Xefe de Lugo, “o Estado non pode facer fronte á loita contra a delincuencia actual coa acción única da Policía”. O responsabel afirma que “por razóns económicas” non pode aumentar o número de policías e di que “resulta menos gravoso e máis eficaz a instalación de cámaras de vixilancia”.
Se atendemos aos datos das empresas de seguridade, estas facturan 740 millóns de euros ao ano en sistemas de seguridade, algo que eentra en clara contradición coas afirmacións do Comisario Xefe, pois esta cantidade permitiría a contratación de, polo menos, 20000 axentes de seguridade.

No informe afirmáse, ademais, que “as cámaras de vixilancia producen seguridade subxectiva nos cidadáns”, algo que ven afirmando continuamente o Movemento polos Dereitos Civís, xa que a seguridade subxectiva non é seguridade real, simplemente é sensación de seguridade. Tamén afirma que as cámaras teñen un “efecto disuasorio nos potenciais infractores”, algo que non convence ao MpDC, pois cada vez é máis común ver imaxes de roubos nos que os delincuentes non se cobren.

Por último, o Movemento polos Dereitos Civís sorpréndese do contraditorio do informe xa que en xullo a Delegación do Goberno en Galiza afirmaba que "La crisis no ha aumentado la inseguridad ni los delitos en la comunidad, salvo en Pontevedra” E apuntaba tamén a que “la dispersión poblacional contribuye a que seamos un país tranquilo" celebrando a tendencia á baixa nos datos sobre delincuencia.

Se ben, o Comisario sabe perfectamente que a tendencia é alcista en todo o territorio do Estado. Ademais das mencionadas anteriormente, o colectivo ten outra crítica que facerlle ao dito informe, xa que nel se afirma que as principais causas da delincuencia son as novas tecnoloxías, os inmigrantes e os locais de ocio. Esta análise non deixa de ser superficial e propagandística de cara a crear alarma social cara estes colectivos.
ler o resto do texto

A Policía de Lugo salva a economía antes que os dereitos da cidadanía

O xulgado do Contencioso nº2 de Compostela vén de remitir ao Movemento polos Dereitos Civís o informe elaborado pola Policía de Lugo no que xustifica a instalación e o uso das cámaras de vídeo vixilancia na cidade. Para o MpDC todos e cada un dos motivos aos que aluden no dito informe son totalmente faltos de fundamentación e esquivos no que a razóns de peso se refire, ademais de lanzas afiadas contra a cidadanía e os seus dereitos.

Se tal informe existe é debido ao procedemento iniciado polo Movemento contra as cámaras de seguridade instaladas no Concello de Lugo. Esta proba fora solicitada no seu momento polo colectivo para que a Policía de Lugo acreditase os motivos que a levan a seguir incumprindo a legalidade e a desatender os principios de idoneidade e proporcionalidade dos dispostivos de gravación.

Aos ollos do colectivo, unha das aseveracións máis indignantes da Policía da cidade é o feito de que afirmen que as cámaras producen "seguridade subxectiva" nos cidadáns e aínda por riba digan que o uso destas imaxes é “exclusivo para as investigacións policiais, co que estiman que non produce lesión do dereito á intimidade”. Pois desde o MpDC lembramos á Policía que a sociedade non ten por que ter medo a unha cámara nin sentirse intimidada por ela porque seguramente esa cámara non debera estar onde está. Ademais, é moi cruento ver como afirman sen o máis mínimo reparo que poidan primar as investigacións policiais sobre os dereitos da cidadanía.

As e os cidadáns temos que escoitar das institucións que nos representan palabras como que “a criminalidade en Lugo experimentou un lixeiro aumento nos últimos anos”. Neste sentido, o MpDC pregúntase que argumentación seria pretende ser esta cando é sabido que as cámaras non amortiguan en ningún momento a comisión de delitos. Por que se considera a sociedade como

Desde a Policía de Lugo aluden tamén a que a aparición e o uso de novas tecnoloxías como as tarxetas de crédito, caixeiros automáticos e internet aumenta os índices de criminalidade “especialmente por cidadáns da Europa do Leste”, co que ao seu entender as cámaras axudarían a unha identificación. O colectivo lembra novamente que as cámaras non poden nin deben cumprir funcións atribuídas por lei ás forzas e corpos de seguridade sabendo que o seu uso irrompe e viola de xeito flagrante os dereitos civís.

Para o MpDC unha institución pública como é o Ministerio del Interior a través da dirección xeral da Policía de Lugo debe facer primar os intereses da sociedade nas súas accións e non aducir a razóns someras e totalmente banalizadas para intentar xustificar a substitución de axentes policiais por cámaras lesivas para a cidadanía.

Seguindo coa sarta de argumentos contra a sociedade por parte da Policía de Lugo, esta afirma ademais que “a proliferación de establecementos de ocio nos cascos históricos das cidades favorece o consumo de alcool”, o que “propicia a comisión de delitos violentos contra a integridade física das persoas ou a produción de danos en mobiliario público”.

Ao respecto o Movemento volve contrapór o desleixo das funcións das forzas e corpos de seguridade que delegan en dispositivos de vixilancia o seu traballo defendendo, nun alarde de cinismo e aproveitando o descoñecemento que existe na sociedade a respecto da videovixilancia, acatando esta en moitas ocasións estas mentiras lanzadas desde as institucións en nome da seguridade.

Esta afirmación feita polo MpDC pódese comprobar perfectamente cando ademais argumentan que a protección da muralla esixe “actuacións en todas as frontes que respondan a un adecuado mantemento, conservación e protección”. Que cidadán ou cidadá se vai opór a que se coide a muralla? Niso o Movemento coincide, se ben o xeito de protexela é no que difire. A asociación nunca se cansará de repetir que os dereitos civís están e deben estar por riba de calquera outro e a súa salvagarda debe ser a principal preocupación das institucións. Por iso, á hora de conservar a muralla, como noutras tantas actuacións, as cámaras son innecesarias, ineficaces e invaden o dereito á honra, á intimidade e á propia imaxe.

Xustifican ademais que a modernidade e os motivos económicos levan “os Estados a empregar outros medios complementarios na loita contra a criminalidade” e aluden á “seguridade privada como complemento, reforzo ou alternativa á seguridade estatal” e avala a mesma porque “esta modalidade de seguridade estendeuse rapidamente por case todos os Estados do mundo”. Resulta que agora a globalización vai avalar as cámaras.

Coma sempre, o último no que os Estados e as institucións pensan é na protección real dos dereitos. Como calquera cidadán pode escoitar que desde a Policía de Lugo din que a instalación e uso das cámaras está “suficientemente motivada” porque o Estado non pode facer fronte á loita contra a delincuencia actual coa única acción da Policía e non indignarse? Ademais, a súa imaxe pública non queda seriamente danada cando nunha romana colocan economía e dereitos e sen ningún pudor fan prevalecer a primeira?

Rizando o rizo da incompetencia, afirman que “o dereito á intimidade e á seguirdade das persoas están nos platos da balanza, mais neste caso considérase que existen razóns delincuenciais e de outro tipo para desequilibrala a favor da seguridade cidadá”.

Por último aluden a instalación e uso de cámaras “constitúe unha demanda social xeralizada” e que as imaxes dos dispositivos son de “grande utilidade para os Policías” ademais de para evitar a comisión doutros delictos. Ao respecto, e como tantas e tantas veces, o MpDC lembra que as cámaras non teñen nin poden ter finalidade disuasoria no sentido de que non poden nin deben suplir as persoas na vixilancia dos espazos públicos, tal e como di a Lei.
ler o resto do texto

01/12/09

O MpDC amosa a súa máis profunda indignación con Unión Fenosa

O Movemento polos Dereitos Civís critica o trato e a incompetencia amosada por Fenosa. Este trato foi gravado pola empresa e, despois de o MpDC moito relear, tales conversas foron finalmente ao afectado. Pódese comprobar como cincuenta familias recén instaladas nunha nova urbanización quedan sen luz pola noite, chaman a Fenosa para que o seu problema se solucione e podan voltar as súas casas con normalidade, pero en lugar de iso descobren que se atopan nunha especie de oco legal. Pola mañá, a empresa Unión Fenosa instaloulles os contadores, como é normal e sen mostrar presa díxolles que formalizaran o contrato, pero o problema é que supostamente usan a luz de obra debido a que as vivendas aínda non están recepcionadas logo dunha mala xestión do promotor.

Fenosa, en lugar de buscar solucións e devolverlle a luz ás familias, aínda que sexa temporalmente para que non pasen a noite as escuras, líanse pedindo datos e xustificando que o corte de luz sigue o protocolo da empresa,segundo palabras duns dos traballadores “ la compañía no se hace responsable, en absoluto, ni garantiza que el suministro vaya (…) la compañía esta actuando con el protocolo que tiene para este tipo de desarollos”.

Ante a impotencia de escoitar como a empresa eléctrica non fai nada por arranxar o problema e limitase unicamente a xustificar a súa incapacidade para devolverlle a luz as familias, o interlocutor, pregúntalle ao teleoperador como pode conseguir unha copia da conversación, para ter constancia da incapacidade de actuación que ten a empresa ante un problema que deixa sen luz a 50 familias, ao que o traballador responde “personalmente no lo se”. O afectado ante semellante resposta solicita falar cun superior, cando a vai ser remitido ao un responsábel a chamada cortase misteriosamente.

O afectado repite a chamada a centraliña de Unión Fenosa e xa van tres, e vólvelle solicitar a operadora información de cómo pode conseguir unha copia da conversación anterior. A traballadora respóndelle “por escrito” sen especificar máis e ante a insistencia por saber como ten que facer para conseguila, a teleoperadora contéstalle: “a mí me habla en español, si no le importa, porque yo soy española, ¿de acuerdo? Muy amable” e ante a explicación de que leva todo o tempo empregando a lingua galega sen ningún problema a interlocutora dille “Me habla en castellano o acabamos la conversación”.

O MpDC sorpréndese pola mala educación amosada pola teleoperadora que, véndose atacada pola pregunta de como facer para ter acceso a gravación da conversación, responde esixindo que o interlocutor falase castelán. A traballadora está no seu dereito de non ter coñecemento da nosa lingua, se ben desde o Movemento consideramos que de ser así podería ter advertido dende un comezo o seu descoñecemento do galego e non esixir o cambio de lingua por parte do interlocutor cando levan falando 6 minutos, ela en castelán e el en galego sen ningún problema de comprensión por ambas as dúas partes. Hai que ter en conta que Unión Fenosa con fondas raíces galegas e son galegos a maioría dos seus usuarios, polo tanto debería ter coidado e prestar atención a que os seus traballadores non ofendan clientes.

Desde o Movemento polos Dereitos Civís queremos recordar que foi necesario un ano de papeleo e o apoio da Agencia Española de Protección de Datos para conseguir estas gravacións que en un primeiro momento Unión Fenosa negou facilitar, aínda estaren obrigados por lei. Lamentamos unha vez máis a desprotección do cliente ante as grandes empresas, que aproveitándose do descoñecemento da lei pola maioría da pobación pretenden vulnerar os seus dereitos.

O MpDC critica duramente a actitude tomada polos responsables de Unión Fenosa, tanto ante a chamada como despois a hora de facilitar as conversas. Non sabemos porque tanto interese en non querer facilitar as conversacións mantidas cos seus traballadores, cando saben perfectamente que a AEPD obrígalles a facilitalas.
ler o resto do texto
__________________
__________________

Subvencionado pola Deputación da Coruña
Loading...
Cámara hotel monumento
Han actuado 0 personas
Nos faltan 0 firmas

Actúa ahora

Tu nombre
Tu apellido
Tu correo-e
Cód. Postal

Cámaras de Galiza


Ver Cámaras de Galiza en un mapa más grande

Videos do Youtube