O MpDC é unha asociación sin ánimo de lucro. Si queres colaborar co seu mantemento podes facer unha doazón con tarxeta de crédito clicando abaixo
Cargando...

30/11/09

Logo de graves vulneracións, Fenosa remite os documentos solicitados polo MpDC

O Movemento polos dereitos Cívis vén de coñecer que a empresa Unión Fenosa por fin cumpriu coa lei -logo de cometer graves vulneracións dos dereitos das persoas- e remitiu as gravacións soliticadas polo colectivo Até hoxe, a dita entidade impedía a Xosé Renato Núñez Da Silva o acceso aos ficheros ou soportes de voz desta empresa.

Desde fai un ano o MpDC reclama que Unión Fenosa cumpra o seu dereito de atender debidamente aos seus usuarios e facilite, daquela, o acceso aos seus ficheiros de voz. Desde o MpDC enténdese este feito como un abuso aos dereitos dos consumidores e como unha vulneración máis que flagrante da Lei de protección de datos, que teñen por lei razón a solicitar toda documentación que lles poida involucrar ou interesar.

Logo da presión exercida polo propio colectivo e pola Agencia Española de Proteción de Datos, que no seu escrito recorda que todos os usuarios teñen dereito a solicitar e obter gratuitamente información dos seus datos de carácter persoal sometidos a tratamento, así como as comunicacións realizadas coas entidades, Fenosa pareceu reaccionar e dar así cumprimento á legalidade.

O pasado 14 de novembro de 2008 D. Xosé Renato Núñez solicitou o acceso aos ficheiros das súas conversas telefónicas mantidas o mércores 12 de novembro contidas nos arquivos da entidade Unión Fenosa.

Sen recibir resposta algunha por parte da empresa eléctrica o afectado decidiu reclamar ante a AEPD. Despois da intervención da Agencia, Unión Fenosa respondeu afirmando que a solicitude do interesado adoecía de defectos de forma. Subsanado o erro, o solicitante segue sen ter acceso á súa conversa de voz.

Máis unha vez o Movemento polos Dereitos Civís critica a desidia coa que actuou Fenosa tendo en conta que, como é sabido, a lei é moi clara no que ten que ver co dereito de acceso destas conversas. O MpDC lamenta unha vez máis a desprotección do cliente e quéixase tamén das voltas que este ten que dar, arroupado por colectivos e institucións para ver recoñecidos os seus dereitos.
ler o resto do texto

28/11/09

Acusan a Correos de vulnerar los derechos de dos trabajadores
La Voz

 Valoración

El Movemento polos Dereitos Civís ha alertado al Valedor do Pobo de la supuesta vulneración de los derechos de los trabajadores por parte de Correos.

La entidad señala que, en las pasadas elecciones al Parlamento Europeo, dos empleados fueron designados como miembros de una mesa electoral en el centro de Lavacolla. «Segundo a lexislación vixente -dice el MpDC- estes traballadores teñen dereito a unha redución da súa xornada de traballo de cinco horas o día inmediatamente posterior á votación». Sin embargo, y según el colectivo denunciante, este derecho les fue negado, «a pesar de llo ter solicitado ao responsable da súa quenda de traballo».

El Movemento interpreta este hecho como una reducción de los derechos laborales más fundamentales.

www.lavozdegalicia.es/santiago/2009/11/28/0003_8135940.htm

ler o resto do texto

27/11/09

O MpDC alerta ao Valedor do Pobo da vulneración dos dereitos dos traballadores por parte de Correos

Nas pasadas eleccións ao Parlamento Europeo dous traballadores da Sociedade Estatal Correos e Telégrafos S.A foron designados membros da mesa electoral correspondente no Centro de Tratamento Automatizado de Correos en Lavacolla (Santiago de Compostela). Neste sentido, o colectivo pide ao Valedor do Pobo que medie para que os traballadores vexan, por fin, reoñecidos os seus dereitos.

Segundo a lexislación vixente do Réxime Electoral Xeral, estes traballadores teñen dereito a unha redución da súa xornada de traballo de cinco horas o día inmediatamente posterior á de votación.

Ao respecto, o MpDC alerta ao Valedor do Pobo de que aos traballadores anteriormente nomeados lles foi denegado tal dereito de redución de xornada a pesar de llo ter solicitado ao responsábel da súa quenda de traballo.

Debemos recordar que a participación nunha mesa electoral é unha das obrigas da cidadanía, por iso a Sociedade Estatal Correos e Telégrafos S.A debe que respetar o dereito dos seus traballadores a reducir a súa xornada laboral en cinco horas, dado que o seu traballo no día anterior responde a unha obriga e a súa falta é penada.

O Movemento ve este feito como unha redución dos dereitos máis fundamentais no eido laboral xa que a dita anomalía xa se dera en anteriores procesos electorais e a Confederación Intersindical Galega (CIG) xa denunciara os mesmos feitos tanto ante a Delegación do Goberno como ante a dirección de Recursos Humanos da Sociedade Estatal Correos e Telégrafos S.A., como ante a Xunta Electoral Central, sen que por parte de ningún organismo se tomasen medidas ao respecto.

Ante a despreocupación que amosan as autoridades pertinentes sobre este tema e ao pouco interese que teñen en que se cumplan os dereitos dos traballadores o MpDC solicita ao Valedor do Pobo que teña por presentado este escrito, o admita e lembre a obriga da Sociedade Estatal Correos e Telégrafos S.A. a conceder aos traballadores afectados o permiso antes mencionado en base ao recollido na normativa vixente.

Asimesmo, desde o colectivo solicítase igualmente ao Valedor que medie ante a Sociedade Estatal Correos e Telégrafos, S.A, para que se lles compense o período de tempo deixado de gozar na xornada posterior ás eleccións ao Parlamento Europeo, con horas correspondentes ou cunha compensación económica.
ler o resto do texto

26/11/09

O MpDC amosa a máis grande indignación pola actitude do Concello do Grobe cos seus concidadáns

O Movemento polos Dereitos Civís vén de coñecer a resposta do Concello do Grobe ante o recurso contencioso-administrativo contra a vía de feito que lle interpuso recentemente o Club Piragüismo O Grobe. O cinismo, a mala fe e a ausencia de principios manifestada pola institución pública sobrepasan as xa de por si esperpénticas resolucións adopotadas por ela sobre este tema.

O consistorio grobense, ante a acusación feita pola dita asociación de piraguismo de o Concello lles confiscar material do clube nas instalacións municipais do Pavillón de Deportes Naúticos, alega “non ter vontade de reter na súa posesión” o citado material e engade ter interese “de que se retire, por constituír un obstáculo” para a práctica deportiva dos outros clubes.

Adeamais, desde o Concello aseguran que o Club Piragüismo O Grobe “ten ao seu dispór o material da súa pertenza que se atope depositado nas instalacións do Pavillón Municipal de Oeportes Náuticos, o cal lle será entregado polo empregado responsable do mesmo Don Manuel Conde Pérez”.

Desde o colectivo polos Dereitos Civís non se entende como unha resposta municipal pode levar aparellada tal alto nivel de cinismo, mala fe e descrédito para unha asociación como é o Club Piragüismo O Grobe. Un Concello debe velar e asisitir a cidadáns e colectivos que nel están inscritos e/ou empadroados. Á vista está que este non é o caso do Grobe, quen pisa, queima e asoballa a unha asociación que traballa polo deporte en prol da cidadanía, como debería facer o propio Concello.

Esta lea xurdiu cando o conserxe do dito recito, “sen motivo ningún” informa os deportistas alí presentes de que ten orde de que retiren as piraguas, pás e outras ferramentas e apeiros deportivos das referidas instalacións. Ademais, o bedel ameazou, segundo os membros do clube con que se non retiraban os efectos el mesmo o faría pola súa conta e as poría na rúa, así como substituiría o bombín da pechadura, da cal o Club ten chave desde 1998. Tal e como informan desde a asociación deportiva grobense, todas as ordes anteriores viñan do concelleiro de Deportes Alfredo Bea García.

Tendo o Club diversas piraguas no espazo que ten asignado en tal pavillón, os feitos da presente denuncia lévanse a cabo sen resolverse o procedemento administrativo que hai en curso en relación coa expulsión do Redim e coa recusación do dito concelleiro, quen afirmou que el era o concelleiro e polo tanto tiña potestade “para expulsar cando e a quen lle dese a gana”.

Ademais, desde o MpDC lémbrase que foi preciso ir a un procedemento xudicial para que desde o Concello ofrecesen o material anteriormente referenciado cando previamente en duas ocasións se lle solicitou en procedemento administrativo a través desta asociacion tendo o silencio, unha vez máis, como resposta.

Outra volta de rosca, o REDIM

O Movemento polos Dereitos Civís solicitou, no seu momento, ao Concello do Grobe a nulidade de pleno dereito da resolución municipal que acorda dar de baixa no REDIM o Club de Piragüismo Ogrobe por non ter presentado certa documentación esixida que non está prevista na lexislación imperante na materia. Ademais, o colectivo pide que se se estimen as alegacións interpostas polo presidente do clube de piragüismo, Filipe Besada, en representación do mesmo.

Os feitos remóntanse a decembro de 2008, cando a asociación Club Piragüismo Ogrobe presentou por escrito toda a documentación requerida e correspondente ao regulamento orgánico do Concello do Grobe para cumprir o trámite preciso para a renovación anual da inscrición das entidades deportivas no Rexistro de Entidades de Interese Municipal.

Ademais, vemos como quebra o principio de boa fe que debe marcar a actuación administrativa, xa que a esixencia de tal documentación e a traxectoria da asociación, que leva inscrita no Rexistro desde o 1997 e realizando cumpridamente os trámites cada ano sen ningún problema fan sospeitar da finalidade que pode perseguir o Concello, para que non sexa partícipe das subvencións ás que teñen dereito as entidades inscritas no mesmo.
ler o resto do texto

25/11/09

O MpDC reclama a erradicación da violencia machista en todas as súas formas

O Movemento polos Dereitos Civís únese neste Día Internacional contra a Violencia de Xénero e durante todos os días do ano a todas as asociacións e colectivos que reclaman o fin da violencia machista en todas as súas formas e pide tamén a erradicación dos prexuízos e desigualdades baseados nas diferencias de xénero que existen hoxe en día na sociedade.

Combater a violencia contra a muller significa loitar contra todas as súas expresións, desde a mutilación xenital á discriminación laboral e ás desigualdades neste eido, desde as mortes producidas no núcleo familiar até o tratamento das mesmas nos medios de comunicación.

De feito os medios seguen a ter unha importante responsabilidade na situación, incumprindo constantemente os autoregulamentos no que se refire ao tratamento da violencia de xénero. Neste sentido, o MpDC quere chamar a atención sobre a “normalidade” coa que a sociedade asiste ás novas referentes a malos tratos ou a asasinatos de mulleres a mans dos seus compañeiros ou excompañeiros. A asociación polos Dereitos Civís alerta deste fenómeno e anima a estender este debate ao conxundo da cidadanía para que tome conciencia da gravidade que supón o asistir a este relato sobre a violencia de xénero no que ten que ver cos dereitos das persoas.

Para o colectivo, a concienciación social e o traballo constante no eido da educación serán as claves para acadar unha erradicación real da violencia de xénero na sociedade, unha das formas de violación dos dereitos fundamentais máis estendidas e toleradas no mundo.

As administracións, pola súa banda, deben introducir medidas que posibiliten unha maior eficacia xudicial e que garantan unha protección asistencial efectiva e non só teórica das mulleres vítimas da violencia, que os xulgados funcionen como deben, que as pulseiras localizadoras dun agresor se usen xa que hai 3.000 para todo o estado e só se están empregando 50 e que as medidas e que as medidas contra estas vulneracións sistemáticas dos dereitos sexan tratadas coa implicación e os recursos necesarios sen que queden en meras campañas publicitarias.

A Organización de Nacións Unidas ven recoñecendo desde hai anos que a loita contra a violencia sexual e a defensa específica dos dereitos das mulleres, sexa en conflitos armados ou ben nas sociedades pretendidamente desenvolvidas do chamado primeiro mundo, é imprescindíbel no camiño cara a seguridade e a paz duradeira.

O 25 de novembro foi declarado o Día Internacional contra a Violencia de Xénero en 1981 e a ONU deu carácter oficial ao día en 1999. Elixiuse esta data en concreto para conmemorar a morte violenta das irmás Mirabal, tres activistas políticas asasinadas o 25 de novembro de 1960 pola policía secreta do ditador Rafael Trujillo, na República Dominicana.
ler o resto do texto

24/11/09

O MpDC enérvase ante a definición de 'pederasta' que ofrece o dicionario da Real Academia Galega

O dicionario da RAG define "pederasta" como:

pederastas.m. 1. Home que mantén relacións homosexuais con nenos. Foi condenado por pederasta.CF. sodomita. 2. Por ext., homosexual masculino. Reivindicacións dos pederastas”

O MpDC vén de coñecer (a través da web da Xunta vía Dosmanzanas) tal aberración contra a cidadanía, o que para o colectivo, supón unha das maiores afrentas que un organismo que conta con prestixio social, como é a RAG, pode facer ao pobo ao que na teoría se di deber.

Ademais, o referido dicionario (Diccionario da Real Academia Galega. 1ª Ed. A Coruña: RAG, Novembro 1997) leva doce anos sen actualizarse, o que supón unha falta de interese por parte das institucións pertinentes, tanto da propia Academia coma do Goberno Galego por aloxar na súa páxina unha ferramenta tan obsoleta e que contén “erros” deste tipo.

Desde o Movemento polos Dereitos Civís considérase inadmisíbel que unha definición ofrecida pola institución encargada de garantir e coidar o idioma propoña como sinónimos pederastia e homosexualidade, cando son dos conceptos totalmente diverxentes e sen ningunha relación.

A pederastia é un abuso sexual infantil, que ten como base unha relación baseada na desigualdade, tanto física, como autoritaria dun adulto hacia menor. A pederastia non deixa de selo porque un adulto abuse dunha nena, simplemente existe polo feito de que un home adulto abusa sexualmente dun menor, independentemente do seu sexo.

Pola súa banda, a homosexualidade é unha orientación sexual definida pola atracción sexual, emocional, sentimental e afectiva cara un individuo do mesmo sexo. É evidente que non existe ningunha similitude entre homosexual e pederasta. Neste sentido, o Movemento pregúntase quen elaborou a dita definión e se a mesma non pasou por ningún filtro ou consenso que detectara a gravísima falta de respecto á sociedade que encerra.

Tampouco entende o MpDC por que un organismo como é a Real Academia Galega ataca e discrimina os homosexuais a través das definicións que elabora. Se partimos da base de que un diccionario serve como ferramenta de consulta, para que a poboación poida resolver as súas dúbidas lingüísticas e así darlle un mellor e máis correcto uso a lingua, neste caso estariamos ante un caso no que o diccionario ofrece datos erróneos, deturpados e que atentan contra a sociedade por estar vulnerando os dereitos das persoas no que ten que ver coa súa liberdade sexual.

A definición -aparte de non adaptarse á realidade-, constitúe unha ofensa aos colectivos homosexuais, que non teñen porque ser comparados nin equiparados aos pederastas, que están considerados penalmente como delincuentes do mesmo xeito que non se fai esa “comparativa” cos heterosexuais.
ler o resto do texto

23/11/09

Atrapada en Israel

Sinceramente, quería que este artigo presentara algunhas das historias que sufre o pobo palestino diariamente, xa que non se comentan con frecuencia, deixándoas no esquecemento. Pero dado que son interminables tanto como a interminable vexación sionista que se expande como un virus pola terra das oliveiras, gustaríame aproveitar a oportunidade de contar a miña experiencia cando intentei volver a Palestina este verán e facer unha protesta pública ao goberno español por ter uns perfís tan competentes na embaixada española en Tel Aviv e no Consulado español en Xerusalén.

Quizais o 13 de agosto foi o día máis infernal que poda recordar, íamos no bus, unha monxa de orixe libanés que levaba o pasaporte do Vaticano, dous rapaces co pasaporte italiano pero que falaban outro idioma (penso que era eslavo), un americano que levaba aos seus netos coa esperanza de conectar coas súas terras de orixe xa arrebatadas, un grupo de amigos franceses que se lles quitou o entusiasmo de chegar a terra santa en canto lles invadiron de preguntas e eu.

Chegamos ao paso fronteirizo da ponte Allenby despois de facerlle unha inspección ao bus, a miña chegada foi recibida cun “¿QUÉ TAL?” (con acento arxentino), un rapaz que non chegaba aos 17 anos miraba os pasaportes e mandábache aos postos de control de pasaportes.

Deixaron pasar sen interrogar aos dous rapaces italianos e á monxa, os demais tivemos que esperar, ao cabo de 3 horas deixaron pasar aos meus compañeiros, e a min leváronme a unha sala baleira con dúas cámaras de vixilancia, a bruxa da señorita gó- tica israelí máis eu comezamos unha conversación que se estivéramos situadas noutros espazos e tempos acabaría como o Presin Cats.

En canto se decatou que ía ver uns amigos e que me quedaría na casa de Marí (unha amiga lucense) durante dous días, empezou a berrar histericamente acusándoa de ser terrorista despois de preguntarme pola cor do seu pelo, os seus ollos e estatura.. a verdade é que non sabía que ser baixiña e morena eran as características do perfil terrorista.. Vaia!! Farta das súas pregunta e o seu modo histérico de berrar decidín non contestar máis e que só falaría cunha persoa máis respectuosa e de fala hispana, a tipa se largou cun NON rotundo e bateu a porta de tal maneira que podía destruír o muro da vergoña, deixando o meu
destino polo aire.

Chamei desesperadamente á embaixada española en Tel Aviv, saíume unha voz de máquina dándome unhas instrucións por se me atopaba nun caso de emerxencia, “Se se atopa ferido pulse 1, se se atopa morto pulse 2, se foi detido pulse 3, se …”. O final conseguín falar cunha persoa de carne e óso do Consulado español en Xerusalén, o tipo intentaba calmarme dicindo que eles non podían facer nada, que era frecuente e: “paciencia, paciencia hija!!” Eu ría por non chorar, ata que chegou un americano arqueólogo de case 60 anos cunhas pintas de hippie auténtico que botaba pestes e non cesaba de insultar aos israelís que lle acompañaban.

Polo menos deulle un aire de paz e amor a ese calvario que estábamos vivindo, tornábamos en busca de café e ir ao baño, xa que a porta só se abría por dentro para saír e necesitaba unha tarxetiña para entrar. As risas e o intercambio arqueolóxico remataron en canto nos levaron fora, acercáronse dous armarios israelís coas maletas do meu amigo e o levaron á porta da entrada, nunca souben se logrou entrar en Palestina. A min leváronme a outra sala e dixéronme que esperara, pero a miña paciencia estallou e me dirixín
ao portelo onde devolvían os pasaportes, para reclamar un pouco de respecto, preguntáronme polo meu nome, entón a señora dixo con toda a frialdade do mundo: “Aaaah, Laila! Ti voltas a Xordania!”.

Nese momento sí que perdín os nervios e me vin envolta noutro semi-pressing catch máis forte, sorte tivo a tipa que estaba tras unha ventá (agora que o penso, sorte para min)… Acusoume de ser terrorista por ter unha amiga problemática que estaba en busca e captura, eu dinlle a entender que por lóxica e usando un pouquiño máis a cabeza podían deixarme entrar, seguirme e capturar a miña amiga, pois pechou a ventá nos meus morros eu abrina outra vez e pregunteille cando ían devolverme, ella sorriu e dixo que aínda non pecharon.

Levaba dende as 11:30 da mañá neste inferno, as 10:30 da noite leváronme fora e deixáronme en mans de dúas funcionarias do sionismo e un soldado israelí que estaban contaminando coas súas gargalladas carecentes de sentimentos o aire que chega aos pulmóns palestinos. Para rematar a gran obra sionista, sen darme conta, o soldado israelí dirixiuse a min coa intención errada de rozar a miña espalda coa metralleta. Ese día dinme conta que se ver un amigo é ser terrorista, volver a abrazar unha futura mamá é ser terrorista, compartir sorrisos é ser terrorista e volver a tomar unha cunca de té coa familia que nos acolleu cos brazos abertos é ser terrorista, entón en qué se converten os amantes da paz, da igualdade e da liberdade? Eu tamén quero ser terrorista.

Laila Quintela / Membro de Galiza por Palestina
ler o resto do texto

21/11/09

(In-)’Xustiza’

Este mes de novembro terá lugar o xuízo ao xornal basco Egunkaria, pechado no ano 2003 por orde do xuíz Juán del Olmo e baseándose nun informe policial onde se aseguraba que este xornal pertencía á ETA. Unha conclusión á que se chegou despois de interpretar moi subxectivamente uns documentos incautados á banda terrorista.

Tanto é así que o mesmo informe xa fora rexeitado dous anos antes polo xuíz Garzón ao non atopar ningunha proba que sustentara tal acusación. Nin Garzón no 2001 nin a mesma fiscalía que no ano 2006 solicitou o arquivo do caso alegando que non había probas concluíntes. Ou xustificación" á organización.

O máis triste é que Egunkaria segue fechado sen fundamento seis anos despois e, como xa se poden
imaxinar, aínda que finalmente sexa absolto, dificilmente volverá a saír á rúa. O verdadeiro delito non foi pertencer a ETA senón apostar pola dignificación da cultura e da lingua propia do pobo basco, algo que, como xa saben vostedes, estase a pagar moi caro ultimamente.

En Galiza, por desgraza, aínda non temos ningún medio que se lle poida comparar a Egunkaria mais a situación de represión que sufrimos como pobo diferenciado está tamén presente. Calquera manifestación de orgullo e de defensa da nosa cultura están a ser afogados do xeito máis rudo e groseiro que ninguén podía imaxinar.

Dende os medios Pese a isto e a que a fiscalía retirara a acusación, o xuíz Del Olmo decidiu seguir adiante co proceso tan só coa acusación particular exercida polas asociacións Dignidad y Justicia e a AVT. Na súa curta andadura, Egunkaria foi considerado como un xornal serio e rigoroso ofrecendo una visión alternativa da realidade máis aló da ofrecida polos xornais estatais e tendo como sinal de identidade a defensa da do pobo, da súa cultura e da súa lingua.

Unha liña editorial que en ningún momento defendeu ou minimizou as actuacións da ETA. De feito, tal e como recoñeceu a fiscalía cando solicitou o arquivo do caso, en ningún momento, nos seus dez anos de existencia, o xornal publica " unha soa noticia, editorial ou artigo de apoio de comunicación, véxase a deriva que está a coller a TVG e a Radio Galega ou a asfixia económica á que están a someter aos medios non seguidistas, até a máis mínima expresión en defensa da nosa identidade están sendo reprimidos coa manipulación ou isolándoos.

Aí está opartido de Nadal da selección galega que, segundo din, resulta moi caro ou a supresión de axudas á tradución de libros ao galego.

Desgraciadamente son tempos de crise para os pobos e todo vale para asoballar os seus sinais de identidade, mais quen está a levar adiante esta maquiavélica campaña esquece que pechando un xornal non se muda a realidade e que acalando as expresións culturais dun pobo non se acaba cunha cultura milenaria.

Antón Figueira (xornalista)
ler o resto do texto

20/11/09

O MpDC apupa o Consorcio por non respectar o dereito a folga

O Movemento polos Dereitos Civís critica a actitude do xerente do consorcio de traballadores de Servizos de I+B na reunión que mantiveron onte e onde pretendía impor a realización de servizos mínimos os seus traballadores.

Desde o MpDC recordamos que todas as e os traballadores teñen dereito a secundar unha folga sen ningún tipo de coacción ou imposición por parte das administracións e/ou empresas. Neste caso o Consorcio presidido pola Consellería de Traballo pretende sabotar unha folga convocada poara o 24 de novembro obrigando os traballadores a manter uns servizos mínimos, cando o Consorcio Galego de Servizos de I+B legalmente non ten que verse na obriga de manter tales servizos.

Para máis ver, o colectivo expresa a súa solidariedade coas e cos traballadores do Consorcio, xa que están sendo privados dun dereito fundamental como é o dereito a folga. Lembramos que sempre que unha folga se leve a cabo baixo os puntos previstos polo decreto lei atópase lexitimada, como é o caso que nos ocupa.

O MpDC denuncia a actitude do goberno galego ao privar as persoas de exerceren os seus dereitos e pide que rectifique diante dunha agresión das liberdades como é a que vén de provocar. Coas medidas anunciadas polo xerente do Consorcio preto dun 50 por cento do cadro de persoal non podería secundar a folga.
ler o resto do texto

La Voz de Galicia: El Defensor del Pueblo pregunta al Concello si cumple su ordenanza de publicidad

El Movemento polos Dereitos Civís (MpDC) celebra que el Defensor del Pueblo haya pedido al Concello de Santiago la elaboración de un nuevo informe acerca del cumplimiento efectivo de la Ordenanza Municipal de Publicidade Estática e Dinámica. Entiende Renato Núñez, portavoz del MpDC, que «se a institución pide tal cousa, é porque debe desconfiar do documento remitido polo consistorio compostelán e do que o Defensor vén de dar conta ao movemento».

En este documento, el Defensor indica que, a juicio del Concello, ya se han instalado paneles informativos de libre expresión «en número suficiente» según recoge la ordenanza y que el propio Ayuntamiento ha realizado una comunicación a la Federación Galega da Construcción por lo que respecta a la obligación de habilitar espacios específicos de libre expresión en sus paneles de protección de obras.

Para el MpDC, es muy «significativo» que una institución como el Defensor del Pueblo diga que, a la vista de tal informe, se vea en la obligación de solicitar otro nuevo sobre el «cumprimento efectivo» por parte de las empresas constructoras. La entidad señala que ha contabilizado un total de 33 paneles adquiridos por el Concello para la comunicación social, si bien solo se conoce la ubicación de diecisiete, número que le parece insuficiente para una población de 94.339 habitantes."

El Defensor del Pueblo pregunta al Concello si cumple su ordenanza de publicidad:
ler o resto do texto

19/11/09

O MpDC considera que o Supremo e o Defensor del Pueblo baleiran de contido o artigo 18 da Constitución

O Defensor del pueblo vén de informar que avala o uso de SITEL logo de que, por iniciativa do MpDC, varios cidadáns se dirixisen a el. Para o Movemento tal afirmación resulta aberrante nun Estado de Dereito e vulnera de xeito descarado o artigo 18 da Constitución, aquel que se refire á intimidade, honra e propia imaxe das persoas.

Neste sentido, o MpDC expresa a súa total oposición ao sitema SITEL en canto a que a admisión do mesmo supón de facto a supresión da intimidade como un dos dereitos máis fundamentais recollidos na propia Constitución, susceptibles de amparo constitucional.

Por iso esta asociación, e na procura do respecto ós dereitos dos cidadáns, amosa a súa disconformidade coa actitude do Denfensor del Pueblo e do Tribunal Supremo, pois este sistema non deixa de violar e atentar contra a privacidade dos cidadáns ao almacenar datos coma a situación xeográfica, empregándose fóra do control xudicial, para realizar tarefas de espionaxe político, como foi no caso das escoitas do CESID, cando funcionarios da Ertzaintza gravaron en 1986 conversas do entonces Lehendakari Carlos Garaikoetxea.

En canto a que sucede cos datos que se envían ao xulgado, en ningún caso se especifica como se seleccionan nin quen serán os axentes con capacidade para levalo a cabo e o máis importante é o que sucede cos datos que son descartados, a onde van parar. O que está claro é que en ningún momento se define como se leva a cabo o control sobre as interceptacións e de que maneira se exerce, cando se debería asegurar que só se intercepten aquelas conversas que o xuíz acorde no eido dunha investigación xudicial.

Para xustificar a súa decisión, Múgica considera que no caso de SITEL resulta idóneo o actual marco regulador, centrado no estrito respecto ao establecido pola Ley de Enjuiciamiento Criminal, que dispón como esencial o requisito xeral de autorización xudicial como instrumento de partida que fai posible a interceptación das comunicacións. E tampouco aprecia irregularidade algunha na actuación da Administración que xustifique continuar as investigacións iniciadas con ocasión do escrito de queixa presentado polo Movemento.

Neste sentido, o MpDC non sae do seu asombro tendo que afrontar estas declaracións de quen se di ser Defensor del Pueblo. A asociación lembra que non se opóndo o Defensor a esta vulneración dos dereitos civís que supón o uso do programa de comunicacións SITEL se está a violar un dos dereitos fundamentais recollido na Constitución. Ademais, o colectivo critica o feito de Enrique Múgica dicir que non aprecia irregularidade algunha na actuación da Administración.

No seu escrito, o Defensor afirma que se seguen as garantías previstas para asegurar o respecto ao contido dos artigos 18.3 e 55.2 da Constitución, referidos ao segredo das comunicacións e á determinación das necesarias medidas de control xudicial e parlamentario respectivamente, así como o cumprimento de 10 previsto no articulo 579 da Lei de Enjuiciamiento Criminal (LECrim), a Lei Orgánica 2/2002, de 6 de maio, reguladora do control xudicial previo do Centro Nacional de Intelixencia e outras normas de similar rango.

O MpDC asegura que de ningún xeito se garante o cumprimento deses artigos e critica, unha vez máis, a desidia con que resolve o Defensor, colocándose sempre de lado das institucións e lonxe da cidadanía, que debe ser a súa máxima prioridade.

O Supremo, tamén a favor do SITEL e contra a cidadanía

Pola súa banda, e segundo recolle o xornal La Vanguardia, o Tribunal Supremo avala tamén a constitucionalidade do sistema de escoitas SITEL e considera ademais que esta tecnoloxía "é preferible aos modos de intervención anteriores á súa implantación".
Para iso, o alto tribunal alude a varias resolucións anteriores nas que se recoñece igualmente a legalidade do sistema SITEL, como unha ditada o 6 de xullo na que se fixaba o protocolo que seguir cando se solicita a intervención telefónica como medio excepcional de investigación.

Nela, o Supremo insiste en que a actual Lei de Enjuiciamiento Criminal "complementada coa doutrina desta sala e do Tribunal Constitucional, permite o eficaz control xudicial necesario nunha sociedade democrática" desde a esixencia do propio Convenio Europeo de Dereitos Humanos.

Os antecedentes

No seu momento, o Movemento polos Dereitos Civís presentou no seu momento un escrito ante o Defensor del Pueblo para que investigase o progmama de comuniacións SITEL por entender o colectivo que constitúe unha vulneración do dereito á intimidade das persoas.

O Sistema Integrado de Interceptación de Telecomunicacións é un sistema informático integrado de interceptación legal de telecomunicacións de ámbito nacional e utilización conxunta polas Direccións Xerais de Policía e Garda Civil, con dous centros de monitorización e as súas redes asociadas e terminais remotos cunha dotación de 1.803.030 euros.

O programa SITEL permite ao Corpo Nacional de Policía e á Garda Civil intervir as conversacións telefónicas sen necesidade de acudir co mandamento xudicial ás compañías de teléfonos, como viñan facendo ata agora. Os axentes disporán en tempo real e a través do computador de toda a información dixital que procesa unha chamada por teléfono. Deste xeito, terán acceso á conversación mentres na pantalla aparece o número e a identidade do comunicante co que fala o picado, así como o lugar case exacto desde onde ambos están falando, a compañía da que son usuarios e o tipo de contrato que posúen.

Este sistema de escoitas e localización de teléfonos móbiles foi posto en funcionamento por Interior, cunha base legal nun regulamento do Ministerio de Industria e non nunha lei orgánica, como debese ser, ao tratarse dun tema que afecta directamente ás liberdades.

A lei di que os operadores deberán adoptar as medidas técnicas e de xestión adecuadas para preservar a seguridade na explotación da súa rede ou na prestación dos seus servizos, para garantir os niveis de protección dos datos de carácter persoal establecidos neste Regulamento (Real Decreto 424/2005, de 15 de abril, polo que se aproba o Regulamento sobre as condicións para a prestación de servizos de comunicacións electrónicas, o servizo universal e a protección dos usuarios) e demais normativa aplicable.

A respecto deses dereitos é que se preocupa o MpDC, unha vez máis saíndo na defensa dos intereses da cidadanía e pondo de manifesto que as insitutucións non deixan de sorprender á hora de desdentendere das súas funcións, como atender aos dereitos da sociedade. Programas como o SITEL van contra eses dereitos e novamente pide que se abra unha investigación para esclarecer os motivos que levaron á posta en práctica deste sistema ademais de para que se aclare a legalidade do mesmo.

SITEL e Pepe Blanco

Renato Núñez, portavoz do Movemento polos Dereitos Civís, mostrou a súa indignación polas declaración realizadas por Pepe Blanco, Vicesecretario Xeral do PSOE, onde afirmaba que só a Batasuna e ao Partido Popular lles preocupa SITEL. Tamén ás asociación de dereitos civís e á de internautas lles preocupa SITEL. Lembra que "o Defensor del Pueblo e a Axencia Española de Protección de Datos abriron investigacións que están en curso por iniciativa desas asociacións"

A legalidade de SITEL queda claramente en entredito cando o Fiscal de Madrid avisa de que os datos de Sitel non sirven como proba xudicial, o número dous do CXPX e o CXPX non "avalan ni valoran a constitucionalidade deste sistema", e o xuíces dín non coñecer a existencia de SITEL.

Tamén recorda que organización de dereitos civís e sociais levan anos denunciando que se realizan escoitas ilegais por parte dos corpos de seguridade do estado e durante anos se afirmaron que eran lendas urbanas e conspiranoia.

O Defensor desconfía do Concello de Santiago e solicita novos informes

O MpDC celebra que o Defensor del Pueblo solicite ao Concello de Santiago a elaboración dun novo informe acerca do cumprimento efectivo da Ordenanza Municipal de Publicidade Estática e Dinámica da que un día se dotou. Se a institución pide tal cousa é porque debe desconfiar do documento remitido polo consistorio compostelán e do que o Defensor vén de dar conta ao Movemento.

No dito informe remitido por Compostela, o Defensor indica que a xuízo do Concello xa se teñen instalado paneis informativos de libre expresión en número suficiente segundo recolle a ordenanza anteriormente referida e que o propio Concello realizou unha comunicación á Federación Gallega de la Construcción no que respecta á obriga de habilitar espazos específicos de libre expresión nos seus paneis de protección de obras.

Para o colectivo é moi significativo que unha institución coma o Defensor informe que “á vista do informe recibido”, se ven na obriga de solicitar outro novo acerca do “cumprimento efectivo” por parte das empresas construtoras da obriga de habiliaren estes espazos de comunicación social. Neste sentido, o Defensor está póndo de manifesto a escasa concreción, a ambigüidade e o desleixo que Compostela tivo, unha vez máis, á hora de pór en práctica a ordenanza municipal referida.

O MpDC esixe de novo que o Concello santiagués cumpra co establecido no artigo 4 da súa propia ordenanza e obrigue ás empresas que realicen obras na cidade a que instalen un espazo nos seus paneis para que os cidadáns poidan colocar calquera elemento de comunicación social que consideren oportuno.

O verán pasado o Concello de Santiago recoñecera ante o Defensor del Pueblo que non abriu nin un só expediente sancionador contra aquelas empresas que vulneran a ordenanza de publicidade estática. O goberno local aprobou no ano 2003 a ordenanza municipal sobre publicidade estática, que contemplaba que nas obras en construción se colocasen mupis a tal efecto.

Número suficiente?

A día de hoxe o Concello asegura ter instalados o suficiente número de paneis de libre expresión segundo recolle a Ordenanza Municipal de Publicidade Estática e Dinámica. Desde o Movemento lánzase a pregunta de se ao Concello lle parece 17 un número suficiente para dar cobertura ás necesidades sociais dunha cidade cunha poboación de 94.339 habitantes, como é o caso de Santiago.

Neste sentido, o Movemento contabilizou que existen 33 paneis para a comunicación social adquiridos polo Concello, se ben, só se coñece a ubicación de 17 deles. Ao colectivo éntralle a dúbida de saber que se está a facer cos restantes.

No seu día o Concello de Santiago enviara un escrito ao Defensor del Pueblo xustificando o incumprimento da ordenanza de publicidade estática, no que sinalaba que o único que ía a facer era enviar o texto á Federación Gallega de la Construcción, que foi o que acaba de anunciar que fixo.

Despois de oír a Bugallo relear tantas veces sobre o mesmo, o MpDC pregúntase para que o Concello no seu momento decidiu dotarse dunha normativa que favorece a comunicación cidadá e obriga a que as empresas de construción habiliten zonas para colocar carteis se logo afirma pouco máis que con un ben chega e que non sabe onde pór máis.
ler o resto do texto

GZnacion.com: O 57 por cento dos galegos cre que a Xustiza favorece aos políticos e ás administracións. Avanzando as noticias de Galiza.

"O Movemento polos Dereitos Civís presentou o seu informe 2008, que constitúe a sexta edición deste resumo de seleccionados artigos de opinión e fondos traballos sobre os dereitos. Inclúe unha enquisa sobre os Corpos e Forzas de Seguridade.

Para o colectivo, aquelas actuacións máis criticadas en 2008 foron as cargas policiais, as vulneracións do dereito de igualdade ante a lei e as sufridas no que atinxe ao dereito de honra, intimidade e propia imaxe. No que respecta ao maior número de recursos presentados polo MpDC, o Concello do Grobe, a Delegación do Goberno e a Agencia Española de Protección de Datos foron as que concentraron un maior volume de escritos da asesoría xurídica da asociación.

Destacan as cargas e actuación policiais que '6 de cada 10 galegos consideran desproporcionadas', cargas exemplificadas contra as traballadores da limpeza de Pontevedra, os mariscadores do Burgo (que contaban con autorización da Delegación do Goberno para a manifestación) os veciños que protestaban contra a ampliación da área de seguridade da Brilat de Figueirido, os estudantes contrarios ao Plan Bolonia e contra cidadáns defendían o galego na Coruña, entre outras.

Por outro lado estas cargas van acompañadas, 'cada vez máis, de xuizos rápidos' nos que os corpos de seguridade 'buscan conseguir unha sentenza antes de seren denunciados polos manifestantes'. Neste sentido, o MpDC lembra que, ademais, o 54% dos galegos consideran que a Xustiza non é imparcial e favorece aos funcionarios policiais neses casos.

Desde o MpDC quixeron chamar a atención de que 'a Delegación do Goberno non se cuestiona en ningún caso a actuación policial', incluso no caso da carga de Vigo no que os axentes denunciaron aso manifestantes por agresión pero non foron capaces de identificar ao ferido. Nalgún caso a Delegación negou a carga afirmando que 'algunha señora se viu afectadas polo empurróns própios das manifestación' referíndose a unhas manifestantes feridas.

Neste sentido o MpDC lembrou que xa realizou unha proposta de Axencia para controlar as acutacións policiais e lamentou a nula utilidade Consello Autonómico de Seguridade cidadán que non foi convocado desde a súa constitución, aínda cando temos o Xacobeo a poucos meses.

Igualdade perante a lei

Aos ollos do Movemento, este punto 'é especialmente conflictivo' pola presunción veracidade das declaracións dos Corpos e Forzas de Seguridade. Na conferencia de prensa, os representantes do colectivo lembaron o caso dun profesor de Ortigueira que foi denunciado por un garda civil aínda cando este foi advertido polos viandantes de que a súa actuación era incorrecta.

Ademais, o 56,8% dos galegos consideran que a Xustiza favorece aos políticos e ás administracións e esa é a impresión que deixa a denuncia contra Paco Vázquez por non acatar as sentenzas que obrigan a utilizar o topónimo oficial de A Coruña.

Honra, intimidade e imaxe

'O avance da videovixilancia sin control', a saturación da Axencia Española de Protección de Datos e falta de interese da Delegación do Gobenro en cumprir a normativa vixente agravan a situación dese dereito, informou o MpDC.

No 2008 o Movemento demandou á Xefatura Provincial de Tráfico de Ourense, o Concello de Lugo, ao Concello do Grobe, ao Concello de Ares e gañou unha sentenza contra o de Compostela que ordena a retirada das cámaras ilegais da zona vella da cidade."

GZnacion.com. O 57 por cento dos galegos cre que a Xustiza favorece aos políticos e ás administracións. Avanzando as noticias de Galiza.:
ler o resto do texto

Vieiros: Cada vez autorízanse menos manifestacións

"Ao longo de 2008 incrementáronse o número de negativas por parte da Delegación do Goberno Español en Galiza a autorizar manifestacións e concentracións. Así se reflicte no VI Informe Anual do colectivo Movemento polos Dereitos Civís (MpDC), presentado este mércores. O seu voceiro, Renato Núñez, denuncia que a actitude das administracións é diferente en función de quen convoque o acto: algunhas manifestacións, entre as que cita como exemplo a de solidariedade cos mariñeiros do Alakrana, 'celébranse con moi pouca antelación, mentres que outras non se permiten alegando que se anunciaron fora de prazo', explica.

Núñez recorda que o papel dos poderes públicos 'non é o de autorizar' os actos de protesta, senón 'manifestarse como informados ou denegar a posibilidade de celebralos se existe algunha incompatibilidade con outro acto ou se defenden causas contrarias a dereito'. Con todo, lamenta os atrancos presentados pola administración que, asegura, van en aumento.

Doutra banda, o informe tamén detecta certa 'impunidade' nas cargas policiais. 'Son as actuacións máis criticadas', explica Renato Núñez, que apunta que, segundo unha enquisa elaborada polo colectivo, seis de cada 10 galegos as consideran desproporcionadas. Informa de que a asociación xa detectou un mesmo proceder por parte das Forzas de Seguridade: 'denuncian aos manifestantes antes de que eles presenten as súas denuncia, botando así por terra as posteriores posíbeis reclamacións'. Asegura que, nestes casos, 'como moito os funcionarios son amonestados para logo ser indultados'. Así o percibe tamén a sociedade galega, segundo a súa enquisa, da que se desprende que o 54% da cidadanía considera que a xustiza 'non é imparcial e favorece os funcionarios policiais'.

Videovixilancia e protección de datos
Mais se hai un campo no que se ten destacado este colectivo é na denuncia da colocación ilegal de cámaras de videovixilancia. Neste eido Renato Núñez alerta 'dun avance sen control' deste tipo de dispositivos e mesmo dunha saturación por parte da Axencia Española de Protección de Datos, que non pode atender a todas as demandas. Asemade, lamenta 'a falta de interese' da Delegación do Goberno Español á hora de abordar esta cuestión.

Por outra parte, MpDC piden ao Goberno que se cree unha Axencia Galega de Seguridade Cidadá, que se encargue de 'controlar a actuación, ás veces desmesurada, das Forzas e Corpos de Seguidade do Estado' e que 'realice investigacións internas e independentes'."

Vieiros: Galiza Hoxe - Cada vez autorízanse menos manifestacións:
ler o resto do texto

La Voz de Galicia: Seis de cada diez gallegos critican la desproporción de las cargas policiales

Seis de cada diez gallegos critican la desproporción de las cargas policiales

Un a encuesta realizada por el Movemento polos Dereitos Civís (MpDC) señala que las actuaciones más criticadas el año pasado en la ciudad fueron las cargas policiales, las vulneraciones del derecho de igualdad ante la ley y las sufridas en lo que tiene que ver con el derecho al honor, intimidad y a la propia imagen.

Por lo que respecta al mayor número de recursos presentados durante el 2008 por el Movemento, el Concello de O Grove, la Delegación del Gobierno y la Agencia Española de Protección de Datos fueron las que concentraron un mayor volumen de escritos de la asesoría jurídica de la asociación.

Según las conclusiones del informe presentado por la entidad, seis de cada diez gallegos consideran que las cargas policiales son desproporcionadas, situaciones que ejemplifican en las acciones contra las trabajadoras de la limpieza de Pontevedra, los mariscadores de O Burgo -que, indican, contaban con autorización de la Delegación del Gobierno para la manifestación-, contra los vecinos que protestaban contra la ampliación del área de seguridad de la Brilat de Figueirido, los estudiantes contrarios al Plan Bolonia y contra ciudadanos que defendían el gallego en A Coruña, entre otras.

El colectivo llama la atención sobre una investigación interna de la policía por una carga en Vigo, sobre la que, dicen, la Inspección de Persoal se negó a informar.

Por otro lado, indican que las cargas van acompañadas, cada vez más, de juicios rápidos en los que los cuerpos de seguridad «buscan conseguir unha sentenza antes de seren denunciados polos manifestantes». En este sentido, el MpDC recuerda que, además, el 54% de los gallegos consideran que la Justicia no es imparcial y favorece a los funcionarios policiales en estos casos.

«Por outro lado -añade la entidad de la que es portavoz Renato Núñez- a Delegación do Goberno non se cuestiona en ningún caso a actuación policial, incluso no caso da carga de Vigo, no que os axentes denunciaron aos manifestantes por agresión, pero non foron capaces de identificar ao ferido».

El MpDC propone la creación de una agencia para controlar las actuaciones policiales y lamenta la «nula utilidade» del Consello Autonómico de Seguridade Cidadán, que no ha sido convocado desde su constitución, aun a poco más de un mes de celebrarse el Xacobeo 2010.

Seis de cada diez gallegos critican la desproporción de las cargas policiales:
ler o resto do texto

La Región : Movemento polos Dereitos Civis denuncia un aumento de las negativas a autorizar manifestaciones en Galicia

"La asociación Movemento polos Dereitos Civís (MpDC) denunció un aumento de las negativas por parte de la Delegación del Gobierno en Galicia a autorizar manifestaciones y concentraciones en la Comunidad durante 2008, según recoge su Informe Anual.

Así, según señaló el portavoz de MpDC, Renato Núñez, durante el pasado año la asociación detectó un ‘mayor número de negativas’ por parte de la Administración a la celebración de concentraciones y manifestaciones, que solo se puede producir si existe ‘algún problema con los derechos fundamentales de los ciudadanos’ o con el lugar de celebración del acto.

En este sentido, Núñez recordó que la Delegación del Gobierno ‘no tiene que autorizar la concentración’, si no ‘solo manifestarse como informados’ y denegar la posibilidad de celebrarla ‘si existe incompatibilidad con otro acto’.

‘Es un derecho que no se solicita a las Administraciones, solo se comunica’, señaló Núñez, quien denunció además un ‘doble rasero’ en esta cuestión, dado que manifestaciones, como la convocada por los familiares del Alakrana, ‘se celebran con muy poca antelación’ y ‘otras no se permiten alegando que se anunciaron fuera de plazo’.

CARGAS POLICIALES

En la sexta edición del informe de MpDC, referente a 2008, las ‘actuaciones más criticadas’ fueron las cargas policiales, que ‘seis de cada 10 gallegos consideran desproporcionadas’.

Aún así, Renato Núñez alertó de que la mayor parte de las lesiones ocasionadas en estas cargas ‘no se denuncian’, ya que los poderes públicos ‘atienden poco’ a este tipo de reclamaciones, lo que hace ‘más difícil’ llevar adelante procesos.

En todo caso, indicó, la asociación detectó que las Fuerzas de Seguridad ‘denuncian a los manifestantes antes de que ellos pongan sus denuncias’, para ‘echar abajo’ las reclamaciones de los participantes en estos actos. El 54 por ciento de los gallegos, según el estudio, consideran que la justicia ‘no es imparcial y favorece a los funcionarios policiales’ en estos casos, que ‘en la mejor de las situaciones’ son amonestados para luego ‘ser indultados’.

Para MpDC es criticable que la Delegación del Gobierno ‘no cuestione en ningún caso la actuación policial’ y el hecho de que las declaraciones de los Cuerpos y Fuerzas de Seguridad del Estado ‘son consideradas veraces con más facilidad’.

VIDEOVIGILANCIA

En lo relativo a la videovigilancia, Renato Núñez alertó de ‘un avance sin control’ de este mecanismo, denunciado por la asociación en numerosas localidades, y de una ‘saturación’ de la Agencia Española de Protección de Datos, que ‘no da abasto’ con sus denuncias.

Además, achacó ‘falta de interés’ a la Delegación del Gobierno a la hora de tratar esta cuestión, dado que, aseguró, existen en algunos municipios cámaras instaladas ‘sin pedir autorización’ que, tras ser denunciadas, la Delegación ‘les otorga la autorización inmediatamente’ a ‘diestro y siniestro’ y ‘sin ninguna sanción’. ‘Nos dicen que ahora están apagadas, pero eso es difícil de confirmar’, sentenció.

PROTECCION DE DATOS

De cara al futuro, Renato Núñez apostó por seguir trabajando en el control de la protección de datos, ‘en peligro’ en la actualidad.

Para ello, y ante la ‘saturación’ de la Agencia Española de Protección de Datos, propusieron la creación de una Agencia Gallega que realice esta función en la Comunidad.

Además, propusieron que se configure una Agencia Gallega de Seguridad Ciudadana que ‘controle la actuación de las Fuerzas y Cuerpos de Seguridad del Estado’ para realizar ‘investigaciones internas’ pero ‘desde un punto de vista independiente’.

En cuanto a la evolución de los derechos civiles, Renato Núñez criticó que en los seis años que llevan realizando el estudio ‘no cambió absolutamente nada’ y que cuestiones, como la videovigilancia, ‘empeoraron’ por ‘la dejadez de la Delegación del Gobierno’."

LR | Noticia | Movemento polos Dereitos Civis denuncia un aumento de las negativas a autorizar manifestaciones en Galicia:
ler o resto do texto

18/11/09

Europapress.es: Movemento polos Dereitos Civis denuncia un aumento de las negativas a autorizar manifestaciones en Galicia.

"La asociación Movemento polos Dereitos Civís (MpDC) denunció hoy un aumento de las negativas por parte de la Delegación del Gobierno en Galicia a autorizar manifestaciones y concentraciones en la Comunidad durante 2008, según recoge su Informe Anual.

Así, según señaló a Europa Press el portavoz de MpDC, Renato Núñez, durante el pasado año la asociación detectó un 'mayor número de negativas' por parte de la Administración a la celebración de concentraciones y manifestaciones, que solo se puede producir si existe 'algún problema con los derechos fundamentales de los ciudadanos' o con el lugar de celebración del acto.

En este sentido, Núñez recordó que la Delegación del Gobierno 'no tiene que autorizar la concentración', si no 'solo manifestarse como informados' y denegar la posibilidad de celebrarla 'si existe incompatibilidad con otro acto'.

'Es un derecho que no se solicita a las Administraciones, solo se comunica', señaló Núñez, quien denunció además un 'doble rasero' en esta cuestión, dado que manifestaciones, como la convocada por los familiares del Alakrana, 'se celebran con muy poca antelación' y 'otras no se permiten alegando que se anunciaron fuera de plazo'.

CARGAS POLICIALES

En la sexta edición del informe de MpDC, referente a 2008, las 'actuaciones más criticadas' fueron las cargas policiales, que 'seis de cada 10 gallegos consideran desproporcionadas'.

Aún así, Renato Núñez alertó de que la mayor parte de las lesiones ocasionadas en estas cargas 'no se denuncian', ya que los poderes públicos 'atienden poco' a este tipo de reclamaciones, lo que hace 'más difícil' llevar adelante procesos.

En todo caso, indicó, la asociación detectó que las Fuerzas de Seguridad 'denuncian a los manifestantes antes de que ellos pongan sus denuncias', para 'echar abajo' las reclamaciones de los participantes en estos actos. El 54 por ciento de los gallegos, según el estudio, consideran que la justicia 'no es imparcial y favorece a los funcionarios policiales' en estos casos, que 'en la mejor de las situaciones' son amonestados para luego 'ser indultados'.

Para MpDC es criticable que la Delegación del Gobierno 'no cuestione en ningún caso la actuación policial' y el hecho de que las declaraciones de los Cuerpos y Fuerzas de Seguridad del Estado 'son consideradas veraces con más facilidad'.

VIDEOVIGILANCIA

En lo relativo a la videovigilancia, Renato Núñez alertó de 'un avance sin control' de este mecanismo, denunciado por la asociación en numerosas localidades, y de una 'saturación' de la Agencia Española de Protección de Datos, que 'no da abasto' con sus denuncias.

Además, achacó 'falta de interés' a la Delegación del Gobierno a la hora de tratar esta cuestión, dado que, aseguró, existen en algunos municipios cámaras instaladas 'sin pedir autorización' que, tras ser denunciadas, la Delegación 'les otorga la autorización inmediatamente' a 'diestro y siniestro' y 'sin ninguna sanción'. 'Nos dicen que ahora están apagadas, pero eso es difícil de confirmar', sentenció.

PROTECCIÓN DE DATOS

De cara al futuro, Renato Núñez apostó por seguir trabajando en el control de la protección de datos, 'en peligro' en la actualidad. Para ello, y ante la 'saturación' de la Agencia Española de Protección de Datos, propusieron la creación de una Agencia Gallega que realice esta función en la Comunidad.

Además, propusieron que se configure una Agencia Gallega de Seguridad Ciudadana que 'controle la actuación de las Fuerzas y Cuerpos de Seguridad del Estado' para realizar 'investigaciones internas' pero 'desde un punto de vista independiente'.

En cuanto a la evolución de los derechos civiles, Renato Núñez criticó que en los seis años que llevan realizando el estudio 'no cambió absolutamente nada' y que cuestiones, como la videovigilancia, 'empeoraron' por 'la dejadez de la Delegación del Gobierno'."

Movemento polos Dereitos Civis denuncia un aumento de las negativas a autorizar manifestaciones en Galicia. europapress.es:
ler o resto do texto

Qué.es: Movemento polos Dereitos Civis denuncia un aumento de las negativas a autorizar manifestaciones en Galicia

Movemento polos Dereitos Civis denuncia un aumento de las negativas a autorizar manifestaciones en Galicia - Qué.es:
ler o resto do texto

O MpDC presenta o seu informe anual para 2008

O Movemento polos Dereitos Civís vén de presentar o seu informe anual referente ao 2008, o que constitúe a sexta edición deste resumo de seleccionados artigos de opinión e fondos traballos sobre os dereitos reunidos en formato libro. Nesta ocasión inclúe unha enquisa sobre os Corpos e Forzas de Seguridade.

Para o colectivo, aquelas actuacións máis criticadas en 2008 foron as cargas policiais, as vulneracións do dereito de igualdade ante a lei e as sufridas no que atinxe ao dereito de honra, intimidade e propia imaxe. No que respecta ao maior número de recursos presentados polo MpDC, o Concello do Grobe, a Delegación do Goberno e a Agencia Española de Protección de Datos foron as que concentraron un maior volume de escritos da asesoría xurídica da asociación.

Destacan as cargas e actuación policiais que 6 de cada 10 galegos consideran desproporcionadas, cargas exemplificadas contra as traballadores da limpeza de Pontevedra, os mariscadores do Burgo (que contaban con autorización da Delegación do Goberno para a manifestación) os veciños que protestaban contra a ampliación da área de seguridade da Brilat de Figueirido, os estudantes contrarios ao Plan Bolonia e contra cidadáns defendían o galego na Coruña, entre outras.

Na presentación do dito informe, realizada esta mañá en conferencia de prensa, o colectivo tamén chamou a atención sobre unha investigación interna da policía por unha carga en Vigo e sobre a que a Inspección de Persoal se negou a informar.

Por outro lado estas cargas van acompañadas, cada vez máis, de xuizos rápidos nos que os corpos de seguridade buscan conseguir unha sentenza antes de seren denunciados polos manifestantes. Neste sentido, o MpDC lembra que, ademais, o 54% dos galegos consideran que a Xustiza non é imparcial e favorece aos funcionarios policiais neses casos.

Por outro lado a Delegación do Goberno non se cuestiona en ningún caso a actuación policial, incluso no caso da carga de Vigo no que os axentes denunciaron aso manifestantes por agresión pero non foron capaces de identificar ao ferido. Nalgún caso a Delegación negou a carga afirmando que “algunha señora se viu afectadas polo empurróns própios das manifestación” referíndose a unhas manifestantes feridas.

Neste sentido o MpDC lembrou que xa realizou unha proposta de Axencia para controlar as acutacións policiais e lamentou a nula utilidade Consello Autonómico de Seguridade cidadán que non foi convocado desde a súa constitución, aínda cando temos o Xacobeo a poucos meses.

Igualdade perante a lei

Aos ollos do Movemento, este punto é especialmente conflictivo pola presunción veracidade das declaracións dos Corpos e Forzas de Seguridade. Na conferencia de prensa, os representantes do colectivo lembaron o caso dun profesor de Ortigueira que foi denunciado por un garda civil aínda cando este foi advertido polos viandantes de que a súa actuación era incorrecta.

Resulta dificil convencer, logo, aos viandantes para que testifiquen contra un axente e pasar todo o proceso xudicial. Aínda cando se gañe o xuízo danse moitos casos como o Indulto aos policías Vigo que indultaron a Mamadou Kane e viron como o seu indulto foi ratificado polo Supremo no 2008.

Ese mesmo problema de tiveron os veciños do Eixo que non conseguiron anular a presunción de veracidade das declaracións policiais (a pesar das contradiccións destes no xuízo). Nembargantes, a solicitude de indulto que realizaron foi denegada no 2008.

O 56,8% dos galegos consideran que a Xustiza favorece aos políticos e ás administracións e esa é a impresión que deixa a denuncia contra Paco Vázquez por non acatar as sentenzas que obrigan a utilizar o topónimo oficial de A Coruña. Segundo o Xulgado, o antigo alcalde de A Coruña non tivo intención de desobedecer as setenzas ao non cumprilas. Cal foi logo a intención? Pregúntase o MpDC.

Dereitos dos estranxeiros

O Movemento polos Dereitos Civís tamén fixo mención na súa publicación anual e destacou na conferencia de prensa o caso de inmigrantes menores traídos do País Vasco, caso que a fiscalía arquivou alegando que xa tiñan “case” 18 anos.

Honra, intimidade e imaxe

O avance da videovixilancia sin control, a saturación da Axencia Española de Protección de Datos e falta de interese da Delegación do Gobenro en cumprir a normativa vixente agravan a situación dese dereito, informou o MpDC.

No 2008 o Movemento demandou á Xefatura Provincial de Tráfico de Ourense, o Concello de Lugo, ao Concello do Grobe, ao Concello de Ares e gañou unha sentenza contra o de Compostela que ordena a retirada das cámaras ilegais da zona vella da cidade.

Por outro lado tamén se presentaron queixas ao Defensor del Pueblo e ao Valedor do Pobo que deron resultados contraditorios. No caso das videocámaras instaladas na Coruña, mentres Múgica instou ao concello a cumprir coa lei o Valedor do Pobo aquivou a queixa alegando que xa tiñan conseguido autorización (a lei obriga que a autorización sexa previa á instalación das videocámaras).

En todos os casos a Delegación do Goberno mantivose á marxe, incluso xustificando instalación que logo foron postas en cuestión ou autorizando a posteriori instalacións xa realizadas

Por último, resolucións como as recaídas contra os contenciosos contra o Concello de Ribeira e contra o Concello de Ourense polas súas cámaras de tráfico fan un fraco favor ao dereito á imaxe. En ambos os dous casos as cámaras de tráfico gravaban e as imaxes empregáronse para fins relacionados coa seguridade cidadá (para o que necesitarían a autorización da Delegación do Goberno). Nembargantes, todos os organismos xustificaron a súa utilización deixando en papel mollado a vixente Lei de Videovixiancia.

Durante a presentación do informe anual do MpDC, os seus responsábeis tamén destacaron os ficheiros policiais ilegais atopados en Sada e sobre os que a Agencia Española de Protección de Datos decidiu non tomar ningunha medida. Porén, as cámaras de videovixilancia, denunciadas por eses mesmos policías locais, foron sancionadas pola Agencia.

Por útlimo, o MpDC tamén denunciou no 2008 a gravación ilegal de detidos por parte dos axentes.

Liberdade de expresión

Como asunto máis chamativo no que a liberdade de expresión se refire, o MpDC destaca as xornadas de formación a Gardas Civís nos que se recomendaba tratar con especial atención aos cidadáns que portaran simboloxía nacionalista como os autocolantes GZ.

Tamén destacaron as medidas emandas do concello do Grobe no que un Edil popular pedía o rexistro municipal de blogueiros e o concelleiro de seguridade cidadán denunciou a comparsa “Os da criba” por facer coplas para o entroido.

Na presentación desta mañá o MpDC tamén volveu denunciar a retención de mozos e mozas por “colar carteis independentistas”, que o despregue dunha pancarta na Xunta en Vigo custase 4000 euros ou a denuncia da Guardia Civil contra 12 veciños de Arteixo por concentrárense en lembranza dun mozo que morrera nun cuartel da Guardia Civil.

Galiza 2008

Mentres o alcalde de Compostela se nega a cumplir a sua ordenanza de publicidade estática, a prohibición de informar aos medios no parlamento sufrida por Suso Seixo foi outra das denuncias feitas polo MpDC a nivel nacional en 2008, así como ue se detectou un aumento das negativas a autorizar concentracións e manifestacións.

A saturación da Administración de Xustiza e a percepción subxectiva da importancia dalgúns asuntos están a levar a unha moi baixa efectividade da mesma. Os membros do Movemento polos Dereitos Civís destacaron o arquivo da demanda contra a promotora Construcuatro ou a absolución de Paco Vázquez na denuncia por incumprimento da normativa sobre a toponimia (incluso se perdeu o expediente) ou a negativa a investigar os impedimentos para acceder aos plenos de Vigo, entre outras moitas.

Por último, o colectivo destacou os efectos da prisión prventiva que supuxo no caso de Giana o cumprimento dunha pena maior a súa condena.
ler o resto do texto

14/11/09

La Voz de Galicia: El BNG de Vedra cuestiona la cesión de un edificio al pintor Paz Camps

Los nacionalistas vedreses siguen adelante con el contencioso administrativo que han interpuesto al Concello por ceder un edificio al pintor Modesto Paz Camps.

El BNG de Vedra considera que las instalaciones del Museo Modesto Juan Paz Camps, situado en la parroquia de San Fins, deberían dedicarse a una actividad cultural más variada y no solo a la exposición de un único pintor.

El Xulgado del Contencioso Administrativo ha admitido a trámite el recurso contra la alcaldía, después de que en el mes de septiembre se le negase a la portavoz municipal del BNG, Xosefina Guitián, acceder al convenio entre el Concello y el pintor, hecho que fue denunciado.

A raíz de este suceso, Movemento polos Dereitos Civís denunció lo ocurrido y pidió que se continuase con el procedimiento.

El BNG de Vedra cuestiona la cesión de un edificio al pintor Paz Camps:
ler o resto do texto

Ana López Suevos: "No ámbito da xustiza son escasos os avances na normalización do galego"

A Xustiza en Galiza non é galega. O idioma está ausente da linguaxe xurídica e do día a día dos xulgados nunha porcentaxe demasiado elevada. Falamos con Ana López-Suevos sobre este tema, aínda que a maxistrada tamén valorou nesta entevista, ademais de outros contidos, se houbo ou non avances nos dereitos civís nos últimos tempos.

P: A xustiza segue a ser un campo vedado ao galego ou houbo avances? Se os houbo, en que sentido foron?
R: Penso que, no ámbito da xustiza, no que atinxe á normalización da lingua galega os avances son escasos. Certo que non existe unha prohibición de uso e que, aparentemente, os cidadáns teñen dereito a empregar o galego nos actos procesuais.
Porén, por un lado son múltiples as ocasións nas que este dereito non se respecta e por, outro, é ínfimo o número de casos nos que os administrados ven atendida a outra cara do seu dereito lingüístico, consistente en recibir unha resposta en galego por parte dos Xulgados e Tribunais, especialmente
nas resolucións escritas.
En definitiva, o servizo público que ten como misión garantir os dereitos dos cidadáns é un dos máximos conculcadores dos dereitos lingüísticos dos mesmos, un triste paradoxo.

P: Que habería que facer para que o galego estivese en pé de igualdade xurídica co castelán?
R: Precísase unha reforma lexislativa importante que recoñeza de xeito expreso que o cidadán ten dereito a que os seus procedementos xudiciais sexan tramitados en galego se así o desexa.

De facto, sería un paso decisivo que o Estado español dese efectivo cumprimento á Carta europea de linguas rexionais e minoritarias, en vigor desde o ano 2002 e nunca cumprida. Resulta tamén imprescindíbel que se dote os órganos xudiciais dun programa informático en lingua galega. Mentres esta circunstancia non se dea, nin sequera o servidor público máis esforzado na normalización da lingua galega poderá facer efectivo o seu empeño.
Levamos desde o ano 1997 reclamando dita tradución sen recibir máis que respostas evasivas e argumentos economicistas.

P: Unha sentenza en galego di o mesmo que en castelán. Por que cre que a normalización do idioma custa tanto no campo xurídico?
R: É difícil de saber, se cadra pola extracción sociolóxica de moitos xuíces e maxistrados, procedentes desas clases sociais que tradicionalmente na Galiza veñen mantendo posturas contrarias á normalización do idioma galego.

Tamén o feito de que a xudicatura sexa un corpo estatal con posibilidade de que os seus membros podan ser destinados a zonas de España que non son as de orixe -algunhas con lingua propia- deu lugar a un amplo sentimento de rexeitamento na carreira xudicial co argumento de que sería inxusto esixir a aprendizaxe de linguas distintas ao castelán a xuíces e maxistrados sen vocación de permanencia en territorios con lingua propia.

Isto é, o que podería ser un argumento para modalizar e regular con prudencia a esixencia do coñecemento destes idiomas, converteuse nunha frontal oposición a que o coñecemento ou deber de uso de calquera idioma distinto do castelán puidera ser esixido a xuíces ou tribunais con independencia do tempo de permanencia nun territorio.

É un dos temas que maiores confrontacións e debates provoca nas asociacións de xuíces, con posicións realmente defensistas. Respecto deste debate só quero sinalar que os dereitos lingüísticos dos administrados non poden ser sacrificados como consecuencia da peculiar organización e funcionamento do Poder xudicial, polo que é responsabilidade dos poderes públicos procurar unha solución que harmonice todos os intereses sen lesión para o cidadán.

P: Vai lenta a xustiza en Galiza? Vai mellor ou peor que no resto do Estado?
R: A xustiza vai desesperadamente lenta,en Galiza e no resto do Estado. É unha das maiores causas de frustración para os que prestamos dito servizo. Vén motivada por causas estruturais e sería precisa unha profunda vontade política para remediala. Desconfío de que esa vontade exista.

P: Precisa reformas o sistema xudicial galego?
R: As reformas que precisa o sistema xudicial en Galiza son semellantes ás do Estado. Precísanse máis xulgados e Tribunais e máis medios persoais e materiais. Poderían modernizarse tamén as leis procesuais con reformas que axilizasen os procedementos xudiciais, pero as medidas lexislativas sen viren acompañadas de máis medios, acotío acentúan o colapso.

P: Cales son os maiores avances en materia lexislativa dos últimos tempos en Galiza?
R: Non podería salientar ningún avance lexislativo en Galiza, seguramente
porque no meu traballo teño escaso contacto coa normativa autonómica. A nivel estatal, a lei de violencia de xénero, no que atinxe ás previsións en materia laboral, educativa e medios de comunicación, así como a lei que regulou o dereito ao casamento das parellas do mesmo sexo, constitúen na miña opinión fitos importantes tanto desde o prisma xurídico como social.

P: Que opina das folgas de xuíces e xuízas?
R: Penso que os xuíces e maxistrados como servidores públicos temos dereito a exercer o dereito de folga, o cal semella máis que xustificado cando ten por obxectivo defender a dignidade e eficacia do servizo público.

Non me considero parte dun poder do Estado e, polo tanto, rexeito os argumentos que partindo desa premisa se opoñen a recoñecermos o dereito ao exercicio de dito dereito.

P: A presunción de veracidade dos corpos policiais non é contraditoria co principio constitucional de igualdade entre todos os cidadáns?
R: Non existe unha presunción de veracidade da actuación dos corpos de seguridade. De facto,
calquera atestado ou relatorio policial para ter valor probatorio debe ser ratificado no acto de xuízo,
e as declaracións valóranse cos mesmos parámetros que calquera outra declaración testemuñal ou de parte, así que non pode falarse de vulneración do dereito á igualdade.

Ana López-Suevos, maxistrada do Xulgado de Instrución nº 1 de Santiago de Compostela
ler o resto do texto

12/11/09

O MpDC prosegue co contencioso contra o Concello de Vedra

O Movemento polos Dereitos Civís vén de recibir comunicación Xulgado do Contencioso-Administrativo a respecto de que o recurso contencioso-administrativo posto contra a resolución do Concello de Vedra foi admitido a trámite.

No 2 de setembro de 2009, o Concello de Vedra denegaba á concelleira-portavoz do grupo municipal do BNG, Xosefina Guitián Lema, o acceso á fotocopia do convenio asinado entre a Alcaldía de Vedra e o pintor Modesto Paz Camps.

A resolución presentada polo Concello de Vedra alega non coñecer o interese que pode ter Xosefina Guitián no convenio e por iso lle denegan o acceso á información solicitada. Segundo eles, para ter acceso á documentación do concello é necesario solicitala con algunha xustificación. O MpDC pon de manifesto a “desconfianza” por parte do Sr. Alcalde ante unha concelleira que unicamente pretende estudar a posíbel mellora da actividade cultural do concello e o bo uso de todos os recursos dos que dispón o mesmo.

Non estando conforme coa dita resolución -por entender que non é axustada a dereito e que vulnera a legalidade existente sobre a materia- a asesoría xudicial do MpDC personouse no Xulgado, acreditando o seu compromiso co acontecido á concelleira e, polo tanto, reafirmando a súa continuidade no procedemento.

Convenio con Modesto Paz Camps

O Concello de Vedra ten firmado un convenio co pintor Modesto Paz Camps polo que se cede a administración do edificio, propiedade do concello, a este pintor, e polo que se regulamenta o funcionamento deste museo.

Desde o grupo político do BNG de Vedra cren que o funcionamento deste museo nos anos de vixencia deste convenio non xustifica o mantemento do mesmo nos termos en que está redactado. Ao respecto cren que instalacións destas características nun concello como Vedra poderían e deberían dedicarse a unha actividade cultural máis diversa, a maiores da exposición dun só pintor, tendo en conta o déficit de locais sociais e culturais que hai aínda no concello e, en concreto, na parroquia de San Fins.
ler o resto do texto

CRTV: Faladoiro: cámaras de seguridade si ou non?

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

ler o resto do texto

11/11/09

O MpDC critica a actuación policial nunha agresión en Ferrol

Unha familia de orixe chileno atopábase o día 4 de outubro no portal da súa casa cando unhas 30 persoas comezaron a insultalos, ameazalos e agredilos -segundo fontes que informaron á asociación- “cunha clara compoñente racista”.

Tal e como se pode extraer dun comunicado emitido polo Foro Galego de Inmigración, as vítimas chamaron en tres ocasións ao 091 para pedir axuda.
En declaracións recollidas polo dito colectivo, na primeira chamada os axentes alegaron non ter competencia para actuar, na segunda dixeron non poder facer nada ao respeto e na terceira chamada “directamente non colleron o teléfono”.

Segundo a información achegada na mañá de hoxe polo Foro Galego de Inmigración, o subdelegado de Goberno afirma que as chamadas realizadas polas vítimas foron “de curta duración” e “con moito ruído de fondo” e que foi por ese motivo que a policía non actuou. Tamén considera que a agresión se trata dun “feito illado e casual” da fin de semana ou dun contexto de festa, afirmou o subdelegado José Manuel Pose Mesura.

O MpDC fai pública a súa queixa ante estes feitos acontecidos na cidade por parte das forzas de seguridade ferrolás considerando que unha vixilancia máis efectiva podería evitar agresións e ataques desta índole. Ao respecto, o colectivo lembra que as forzas e corpos de seguridade teñen o deber de velar polos dereitos da cidanía sexa cal sexa a súa orixe.

Desde o Movemento vese con preocupación que o subdelegado do Goberno empregue uns argumentos tan someros á hora de describir a actuación policial tendo en conta que os feitos aos que se refire atinxen ás persoas, elemento esencial nas competencias do organismo público.

Por desgraza, este tipo de declaracións equívocas e desleixadas son habituais cando o referente son colectivos sociais con risco de exclusión, ao igual que en moitas outras situacións nas que se require que a Delegación ou Subdelegación se pronuncie sobre feitos que as atinxen. Neste sentido, o MpDC pregúntase, unha vez máis, cales son os intereses que defenden.
ler o resto do texto

10/11/09

La Voz de Galicia: Denunciados dos militares por enfrentarse con sendos vecinos de Salcedo que recogían setas

"Por otro lado, el Movemento Polos Dereitos Civil calificó ayer como desproporcionada la multa de tres mil euros a las personas que en el 2006 desplegaron una pancarta en la Alameda con «Stop xuízos políticos, ¡Brilat fóra!»."

Denunciados dos militares por enfrentarse con sendos vecinos de Salcedo que recogían setas:
ler o resto do texto

O MpDC interpón un novo recurso contencioso ao concello do Grobe

O Movemento polos Dereitos Civís vén de interpór un recurso contencioso administativo contra o Concello do Grobe pola presunta desestimación por silenzo administrativo do recurso de reposición presentado no seu momento polo Club de Piragüismo Ogrobe.

Con data 12 de xuño de 2009, o Club de Piragüismo Ogrobe presentou recurso de reposición contra a resolución na que o Concello do Grobe dá de baixa no REDIM ao dito clube por entender tal colectivo que a mesma non se axusta a Dereito.

Os antecedentes

O Movemento polos Dereitos Civís solicitou, no seu momento, ao Concello do Grobe a nulidade de pleno dereito da resolución municipal que acorda dar de baixa no REDIM o Club de Piragüismo Ogrobe por non ter presentado certa documentación esixida que non está prevista na lexislación imperante na materia. Ademais, o colectivo pide que se se estimen as alegacións interpostas polo presidente do clube de piragüismo, Filipe Besada, en representación do mesmo.

Os feitos remóntanse a decembro de 2008, cando a asociación Club Piragüismo Ogrobe presentou por escrito toda a documentación requerida e correspondente ao regulamento orgánico do Concello do Grobe para cumprir o trámite preciso para a renovación anual da inscrición das entidades deportivas no Rexistro de Entidades de Interese Municipal.

Ademais, vemos como quebra o principio de boa fe que debe marcar a actuación administrativa, xa que a esixencia de tal documentación e a traxectoria da asociación, que leva inscrita no Rexistro desde o 1997 e realizando cumpridamente os trámites cada ano sen ningún problema fan sospeitar da finalidade que pode perseguir o Concello, para que non sexa partícipe das subvencións ás que teñen dereito as entidades inscritas no mesmo.
ler o resto do texto

09/11/09

O MpDC considera desproporcionada a sanción imposta por exhibir unha faixa

O MpDC cualifica como “desproporcionada” a multa de 3000 euros a cada un/unha das persoas que en 2006 desplegaron unha faixa na que se podía ler "Stop xuízos políticos, BRILAT fóra!".

En total serían 9000 euros os que indica a sentenza que deben pagar os tres mozos condenados a tal efecto en 2008 cuxo obxectivo era denunciar o xulgamento de tres antimilitaristas que en 2006 participaran no boicot a un posto de captación desta unidade militar na Alameda de Pontevedra.

Desde o Movemento polos Dereitos Civís considérase excesiva a dita sanción, tendo en conta que a aplicación da Lei contra a Violencia e a Xenofobia no Deporte, na que se basearon neste caso para dictar a sentenza non se aplica do mesmo xeito para todos, pois faixas reividicativas poden verse cada día nos partidos de fútbol.

O MpDc solicita a aplicación igual da lei para todas e todos e lembra isto unha vez máis ás forzas e corpos de seguridade do Estado, ás institucións públicas e á Xustiza.
ler o resto do texto

ABC.es: Tres mil euros por exhibir faja leyenda "Stop xuizos políticos, Brilat fora"

"Tres mil euros por exhibir faja leyenda 'Stop xuizos políticos, Brilat fora'

Santiago de Compostela, 9 nov (EFE).- El Movemento polos Dereitos Civís (MpDc) ha calificado hoy en un escrito como 'desproporcinada' la multa de 3.000 euros para cada una de las personas que en el año 2006 desplegaron una faja con la leyenda: 'Stop xuízos políticos, Brilat fora!'.

En total son 9.000 euros los que indica la sentencia que deben pagar los tres jóvenes antimilitaristas condenados por los hechos por participar en el boicot a un puesto de captación militar en la Alameda de Pontevedra.

Desde el Movemento polos Dereitos Civís se considera excesiva la sanción, teniendo en cuenta la aplicación de la Ley contra la Violencia y la Xenofobia en el Deporte, en la que se basó el tribunal.

Según la organización esas fajas reivindicativas se pueden ver cada día en partidos de fútbol y no existen sentencias para esos casos y reclama una ley de igualdad para todos."

Tres mil euros por exhibir faja leyenda "Stop xuizos políticos, Brilat fora" - ABC.es - Noticias Agencias:
ler o resto do texto

08/11/09

Dereitos Civís indignado polas declaracións de Pepe Blanco sobre SITEL

Afirmar que SITEL só lle preocupa a Batasuna e ao Partido Popular é unha grande mentira
Pepe Blanco busca xustificar a vulneración dos dereitos dos cidadáns desviando a atención da cidadanía

Renato Núñez, portavoz do Movemento polos Dereitos Civís, mostrou a súa indignación polas declaración realizadas por Pepe Blanco, Vicesecretario Xeral do PSOE, onde afirmaba que só a Batasuna e ao Partido Popular lles preocupa SITEL. Tamén ás asociación de dereitos civís e á de internautas lles preocupa SITEL. Lembra que "o Defensor del Pueblo e a Axencia Española de Protección de Datos abriron investigacións que están en curso por iniciativa desas asociacións"

A legalidade de SITEL queda claramente en entredito cando o Fiscal de Madrid avisa de que os datos de Sitel non sirven como proba xudicial, o número dous do CXPX e o CXPX non "avalan ni valoran a constitucionalidade deste sistema", e o xuíces dín non coñecer a existencia de SITEL.

Tamén recorda que organización de dereitos civís e sociais levan anos denunciando que se realizan escoitas ilegais por parte dos corpos de seguridade do estado e durante anos se afirmaron que eran lendas urbanas e conspiranoia.

Lamentablemente, ata que o Partido Popular (quen pensaba beneficiarse de SITEL nun principio) non viu como o seu proxecto se estaba utilizando para destapar casos de corrupción, non se tomou en serio a existencia dese dispositivo ilegal.

O MpDC quere lem brar que, supostamente, vivimos nun Estado de Dereito e non se pode vulnerar os dereitos dos cidadáns en base a que só lles molesta ao Partido Popular e a Batasuna, aínda cando iso fose verdade. Si ao final se anulan centenares de procesos xudiciais é por culpa do PP (que ideou SITEL) e do PSOE (que o utilizou sistemáticamente) pasando por riba da Constitucións, das Leis e do Estado de Dereito.

Enviado usando Real Mail de Vodafone.

ler o resto do texto

Dime con quen andas e direiche como te deteñen

Isto é inadmisíbel, claro que si.

Fronte a sociedade serán aquelas persoas que apareceron na tele desa guisa. Aínda que sexan absoltos, probabelmente, quedarán marcados por estas imaxes. Tamén me lembro daqueles militantes do Partido Popular que foron detidos por unha suposta agresión ao antigo ministro de Defensa, José Bono.

Naquela ocasión os axentes que se encargaron da detención foron, incluso, condenados en primeira instancia. É san que as administracións, autoridades e institucións encargadas de velar para que o “exceso de celo” dos corpos e forzas de seguridade non provoquen danos de difícil reparación na honra e na integridade das persoas.

O que non parece tan san é que esta preocupación só teña lugar no caso de detencións de persoas de certo renome. Recentemente en Santiago de Compostela os Corpos de Seguridade esposaron a un octoxenario por un asunto relacionado coa venda de gando. Máis alá da estupefacción dalgún medio de comunicación non houbo unha soa repercusión pola actuación policial.

Tamén nunha manifestación acontecida fai dous anos en Vigo se procedeu á detención de varias persoas a posteriori, tamén sen ningún miramento polas formas, para acusalas de agresión e danos a un axente que nunca apareceu no xuízo. Pero ben, deixo para o final a que máis me gusta. A famosa Operación Castiñeira.

Detívose a máis dunha decena de persoas en Galiza con pofusión de imaxes nos medios, grandes portadas en todos os xornais. Nos medios dicían que estaban relacionados co terrorismo, e como é de rigor nestes casos, foron enviados a Madrid, á Audiencia Nacional. Pero, sorpresa!, tan pronto chegaron alí, no día seguinte, mandáronos de volta porque os asuntos dos que estaban acusados non eran de tal gravidade.

Até remataron con sentenzas absolutorias. Algúns perderon o seu traballo, outros quedaron marcados para a familia e para os veciños. O Defensor del Pueblo non quixo facer averiguacións, o Consello Xeral do Poder Xudicial tampouco, a Delegación do Goberno desentendeuse e o órgano encargado da disciplina dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado non viu ningunha irregularidade.

A estas alturas xa non sei se me parece peor a forma na que deteñen aos anteriores acusados relacionados con organizacións políticas ou que non se preocupen de como se deteñen os demais inocentes.

Renato Núñez, editor do xornal En Movemento
ler o resto do texto
__________________
__________________

Subvencionado pola Deputación da Coruña
Loading...
Cámara hotel monumento
Han actuado 0 personas
Nos faltan 0 firmas

Actúa ahora

Tu nombre
Tu apellido
Tu correo-e
Cód. Postal

Cámaras de Galiza

Ver Cámaras de Galiza en un mapa más grande

Videos do Youtube