O MpDC é unha asociación sin ánimo de lucro. Si queres colaborar co seu mantemento podes facer unha doazón con tarxeta de crédito clicando abaixo
Cargando...

30/06/09

O MpDC apoia a mobilización até Compostela por un convenio do metal digno


Os compañeiros traballadores do metal chegan a Compostela para traeren á capital do país as súas reivindicacións co obxectivo de conseguir un convenio do metal digno. Ademais, estas preto de 3000 persoas queren facer ver á sociedade as dificultades polas que atravesa un sector clave para Galiza como é no que desenvolven a súa actividade. Xunto coas solicitudes antes formuladas, os manifestantes reclaman á Xunta que se implique no conflito e que tome a dianteira na mediación do conflito que motivou máis de 18 xornadas de folga no sector do metal pontevedrés.

O Movemento polos Dereitos Civís quere expresar o seu máis incondicional apoio a esta mobilización e ás que anteriormente se desenvolveron en Pontevedra que non fan máis que evidenciar que a clase traballadora galega segue viva e que non cede nin un palmo na reivindicación dos seus dereitos.
ler o resto do texto

O MpDC denuncia o Concello do Grobe por prevaricación


O Movemento polos Dereitos Civís vén de presentar unha denuncia contra o alcalde e o secretario do Concello do Grobe por un delito de prevaricación contra a asociación Club Piragüismo Ogrobe. No seu momento, o alcalde do Grobe dictou unha resolución arbitraria con coñecemento da súa inxustiza que prexudicaba gravemente a dita asociación. Lonxe de rectificar, o consistorio pontevedrés insiste en solicitar tal documentación que non está contemplada na normativa imperante na materia, o asociacionismo local.

Os feitos remóntanse a decembro de 2008, cando a asociación Club Piragüismo Ogrobe presentou por escrito toda a documentación requerida e correspondente ao regulamento orgánico do Concello do Grobe para cumprir o trámite preciso para a renovación anual da inscrición das entidades deportivas no Rexistro de Entidades de Interese Municipal.

Ao escrito presentado polo clube responde o concello requerindo un certificado do número de socios asinado polo presidente e o secretario e unha copia compulsada da acta da última asemblea ou certificación da mesma asinada polos mesmos dous cargos. Pola súa banda, a asociación presentou o escrito de socios mais presentou alegacións no que respecta á acta por considerar non ser necesaria ao abeiro da normativa vixente imperante na materia.

Malia a ser esa documentación non aplicábel a este suposto, o Concello volveu reclamala novamente sen resolverse o recurso de reposición que se presentara contra a esixencia de pesentación da dita copia da acta. A máis ver, a administración local esixe agora ao Club Piragüismo Ogrobe presentar os estatutos e a memoria de actividades e actos realizados, así coma o número de socios e as modificacións producidas na composición da xunta desde o ano 1999.

O Movemento, ante tales feitos, non puido senón solicitar a nulidade de pleno dereito da resolución obxecto do presente recurso, pór en coñecemento público que o Concello vulnerou o principio de legalidade ao solicitar tal documentación e que violou tamén o principio de obxectividade, xa que a xeneralidade dos asuntos que conforman o ámbito de actuación das administracións públicas exclúe necesariamente calquera perspectiva parcial, tanto se provén da propia organización burocrática ou dos seus axentes.

Delito de prevaricación

Os feitos anteriormente reseñados son constitutivos dun delito de prevaricación tendo en conta que á autoridade ou funcionario público que, a propósito da súa inxustiza, ditar unha resolución arbitraria nun asunto administrativo castigaráselle coa pena de inhabilitación especial para emprego ou cargo público por tempo de sete a dez anos.

En todo caso o Alcalde do Concello do Grobe, José Antonio Cacauelos Rico, dicta esas resolucións a sabendas da súa inxustiza e de que as mesmas son contrarias a dereito, co único obxectivo que causar un mal e un prexuízo a esta entidade deportiva, como é eliminala do REDIM coas consecuencias que iso trae, como é a supresión das subvencións e o non poder disfrutar das instalacións do Concello.

Ademais, comete dito delito como cooperador necesario o secretario do Concello, Francisco Javier Novoa Juiz. Este funcionario manifesta que a documentación requirida é esixible en tanto que, segundo manifesta, o artigo 27 do Regulamento Orgánico do Concello do Grobe, poderase esixir : “copia compulsada da acta da última asamblea ou certificación da mesma firmada por Presidente e Secretario da asociación”. Tal extremo é completamente falso e facilmente comprobable consultando o regulamento Orgánico do Concello publicado no BOP de Pontevedra o xoves 7 de marzo de 1996.
ler o resto do texto

NaBai cuestiona la instalación de cámaras en las calles de Mercaderes y Curia

El grupo de Nafarroa Bai en el Ayuntamiento de Pamplona preguntó hoy en la comisión de Presidencia "cuál es la motivación" de la colocación de cámaras de video-vigilancia en las calles Curia y Mercaderes" y "quién ha dictado la resolución" de instalación. Asimismo, solicitó "que se aporte la solicitud cursada a la Delegación del Gobierno, tal y como está establecido en el RD 569/1999, Artículo 3".

http://www.europapress.es/navarra/noticia-nabai-cuestiona-instalacion-camaras-calles-mercaderes-curia-20090629183952.html

ler o resto do texto

29/06/09

O MpDC denuncia novamente as accións policiais contra inmigrantes na Galiza


O Movemento polos Dereitos Civís súmase á denuncia feita polo Foro Galego de Inmigración e Primeira Linha ante a “sistemática persecución e asedio” á que os corpos e forzas de seguridade do Estado someten a poboación inmigrante sen papeis na Galiza. Dereitos Civís non pode senón expresar publicamente a súa queixa ante o desproporcionado e o efectista destas accións policiais contra a venda ambulante nas rúas galegas.

O día a día das e dos traballadores migrantes non pasa da máis absoluta precarización, moito máis no caso de non teren legalizada a residencia no noso país. Dada a fraxilidade deste colectivo e ao pouco respeto que os corpos de seguridade teñen polas persoas, accións coma a acontecida na Coruña e tantas outras veces en diversos puntos do país sucédense sen que as autoridades pertinentes, como a Delegación do Goberno ou a Xustiza, actúen reprobando e condenando os abusos policiais.

Segundo puidemos ler no web de Primeira Linha, no caso da Coruña a policía realizou a semana pasada unha redada na rúa Real, na que detivo e incautou material a un total de sete traballadores e traballadoras inmigrantes de venda ambulante. Non é a primeira vez que isto sucede na cidade herculina, onde a policía xa ten realizado actuacións dese tipo, que adoita efectuar mediante dispositivos totalmente exagerados para deter persoas que tan só se dedican á venda na rúa.

Concentración polos dereitos das persoas

O Foro Galego da Inmigración convocou o pasado sábado en Compostela unha manifestación em contra o asedio policial que sofren as persoas migrantes no noso país. Ademais de protestar contra as últimas agresións na Coruña, o colectivo fixo tamén denuncia de varios casos recentes en Vigo e Compostela.

Entre algunhas das reivindicacións do colectivo e que o MpDC apoia atópase o cambio lexislativo da Lei de Estranxeiría no Parlamento Español e entre as denuncias, están as medidas dirixidas a discriminar e mesmo devolver aos páises de orixe á poboación inmigrante asentada en Galiza e en España considerada mera forza de traballo, agora prescindible ou a crecente persecución policial das persoas inmigrantes en situación de irregularidade administrativa, entre outras.
ler o resto do texto

27/06/09

Argumentario sobre la viddeovigilancia

La videovigilancia está rodeada de gran polémica con defensores y detractores en todos los grados posibles.
Siguiendo con la encuesta del Centro de Investigaciones Sociológicas, tres de cada cuatro ciudadanos ve con buenos ojos la instalación de cámaras de videovigilancia pero también se puede considerar el problema desde otra perspectiva: tanto nuestros gobernantes como los medios de comunicación nos meten miedo que hace que seamos capaces de ceder dócilmente derechos universales con tal de conseguir seguridad total.
Creo de interés resumir, en lo que he llamado en plan lingüísticamente salvaje Argumentario, los principales argumentos a favor y en contra de la defensa de la VideoVigilancia:


http://intimidadviolada.blogspot.com/2009/06/argumentario-sobre-la-videovigilancia.html

Enviado usando Real Mail de Vodafone.

ler o resto do texto

O humor do xornal En Movemento


Coma sempre, Euler achéganos unha nova colaboración para o xornal En Movemento
ler o resto do texto

La Audiencia de A Coruña no será multada por tirar expedientes a la calle

No pocos dicen que la Justicia española sigue anclada en el siglo XIX. Incluso el propio Gobierno, por boca de su ministro Francisco Caamaño. Lo ocurrido en la Audiencia Provincial de A Coruña y en los juzgados de Madrid, Valencia, Barcelona y Sevilla no hace más que corroborarlo. Los cinco tribunales se deshicieron de expedientes metiéndolos en bolsas de la basura y arrojándolos al contenedor más próximo. Por esta manera de deshacerse de los documentos oficiales, Protección de Datos acordó hace una semana abrir expediente sancionador a los cinco órganos judiciales y a sus respectivas Consejerías -entre ellas la Consellería de Presidencia de la Xunta-. Ayer, el director de la Agencia de Protección de Datos (AEPD), Artemi Rallo, desveló que el organismo no impondrá sanciones económicas a ninguno de los tribunales y departamentos autonómicos investigados.

http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009062600_4_298894__Galicia-Audiencia-sera-multada-tirar-expedientes-calle

Enviado usando Real Mail de Vodafone.

ler o resto do texto

26/06/09

26/06: El Gobierno prohíbe instalar ocho cámaras en cruces de viales de Mos

El Gobierno prohíbe instalar ocho cámaras en cruces de viales de Mos:

El Gobierno ha prohibido a los empresarios instalar cámaras de videovigilancia en la vía pública. La Asociación de Empresarios de Mos pretendía colocar dispositivos de filmación en ocho cruces conflictivos de zonas del Rebullón y Peinador, donde se asientan numerosas empresas. Pero la subdelegación del Gobierno ha indicado en una reunión con los empresarios que la ley impide instalar dispositivos de filmación en lugares donde puedan ser grabadas viviendas particulares. Y eso es lo que sucede en estas zonas industriales, donde se mezclan las viviendas con las naves industriales.

Las empresas pueden instalar cámaras pero únicamente pueden grabar las zonas próximas a las naves, como las explanadas donde maniobras los camiones.

El subdelegado del Gobierno presidió una reunión de trabajo sobre la seguridad en las industrias del municipio a la que asistieron entre 60 y 90 empresarios. Las cifras varían según los cálculos que hace la Subdelegación y los que realiza la Asociación e Empresarios, Aemos.

En esta reunión también intervinieron altos mandos de la Policía y la Guardia Civil. El objetivo es compartido: incrementar la seguridad en las zonas industriales de Mos. A diferencia de otros lugares con polígonos bien urbanizados, Mos cuenta con una orografía difícil y un tejido empresarial muy disperso. «La dispersión de la industrias dificulta el trabajo de vigilancia» pone de relieve le subdelegado del Gobierno, Delfín Fernández que ha instado al Concello a que aumenta la plantilla de la policía local. Actualmente está formada por cuatro personas cuando debería haber quince agentes para cumplir con los ratios que aconseja la ley.

En su día la asociación de empresarios que preside Francisco Domínguez solicitó al Gobierno que incrementase la vigilancia a cargo de la Guardia Civil. «cosa que hemos notado», señala el gerente de Aemos.

En la reunión se analizó el caso de «Spiderman», un conocido delincuente de la localidad al que se atribuyen unos 50 robos con fuerza en naves industriales de Mos a lo largo del 2008. «Está en la cárcel y es el que cometió la mitad de los robos que se registraron en el municipio», asegura Domínguez."
ler o resto do texto

Bugallo ignorou de novo unha resolución xudicial e continúa sen retirar as cámaras ilegais de Compostela


O Concello de Santiago segue coa súa teima de manter as cámaras de vídeo vixilancia no casco histórico da cidade cando unha sentenza xudicial o obriga a retiralas. Recentemente, o xulgado contencioso administrativo n.º1 de Compostela obrigou ao Concello a retirar as cámaras nun prazo de 10 días. Trascorrido ese tempo, os responsábeis de Seguridade do Concello non fixeron efectiva a retirada, polo que o xulgado compostelán comunicou hoxe ao MpDC que Bugallo ten 5 dias máis a partir de hoxe para retirar os dispositivos. O voceiro do colectivo, Renato Núñez, afirmou que se o concello non retira as cámaras “incorrería en desobediencia e podería ser sancionado polo Xulgado, así como denunciado”, indicou.

Ao Movemento polos Dereitos Civís (MpDC) estimáronselle en setembro pasado as súas pretensións contra o Concello de Santiago logo de comprobar o Xulgado, por medio de probas presentadas no dito emprazamento, a veracidade e validez dos argumentos defendidos polo colectivo. O Xulgado Contencioso Administrativo n. 1 de Santiago aceptou en xaneiro deste ano a solicitude do Movemento polos Dereitos Civís e ordenou a execución provisional da sentenza que obriga á retirada das cámaras de vídeo vixilancia ilegais do casco vello de Compostela. Nesta sentenza histórica, o xulgado censuraba con dureza “a pasividade coa que o Concello ten tratado o trámite necesario e obrigatorio imposto pola Lei”.

Cómpre recordar que as cámaras non contaban cos correspondentes permisos de renovación, carecían de libro de rexistro das imaxes e mesmo funcionaran durante un tempo sen que se tivese solicitado a autorización necesaria. Vulneraban, xa que logo, todas as garantías recollidas na Lei de Protección de Datos para tutelar os dereitos dos cidadáns. Ao respecto, o voceiro do colectivo, Renato Núñez, afirmou que se o concello non retira as cámaras “incorrería en desobediencia e podería ser sancionado polo Xulgado, así como denunciado”.

Lonxe de retiralas, Concello e Delegación renovan a autorización das cámaras

Ademais, o Concello de Santiago respondeu recentemente a solicitude feita polo Movemento a respecto da suspensión da renovación das cámaras de vídeo vixilancia de Compostela. Lonxe de actuaren con coherencia e con atención á legalidade e aos dereitos da cidadanía non desisten en renovar a autorización. O MpDC lembra que hai outro procedemento aberto contra as ditas cámaras e que o colectivo abonou 3000 euros permitindo que se executase provisionalmente a sentenza que obriga a retirar os dispositivos. Unha vez máis, Bugallo e os responsábeis de seguridade volven demostrar cales son os seus intereses.

Recentemente, o Movemento polos Dereitos Civís volveu solicitar a adopción dunha medida cautelar co obxectivo de se paralice a solicitude de renovación da autorización feita polo Concello á Delegación do Goberno. Ao seu ver, de continuarse coa autorización da instalación das ditas videocámaras segue a infrinxirse a legalidade e persoas que non deron o seu consentimento porque non foron consultadas están sendo gravadas cando transitan pola rúas compostelanas, o que supón unha vulneración do dereito á honra á intimidade e á propia imaxe.

O pasado día 15 de xaneiro expirou a última das autorizacións concedidas pola Delegación do Goberno ao Concello de Santiago para a instalación de cámaras de vídeo-vixilancia na zona vella. Se ben, a institución concedeu a dita autorización. Con tal decisión queda demostrada ás claras a incompetencia do organismo no que respecta ao cumprimento das súas funcións. Cabe lembrar que a xustiza considerou en setembro do pasado ano irregular o procedemento de instalación das mesmas e ordenou a súa retirada, mais os responsables de seguridade cidadá empeñáronse en seguir malgastando os recursos públicos e recorreron a sentenza perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza.
ler o resto do texto

Protección de datos no multará a la Audiencia de A Coruña

La Agencia Española de Protección de Datos (AEPD) no multará a cinco juzgados y tres Consejerías de Justicia, entre los que se encuentran la Audiencia Provincial de A Coruña y la Consellería de Presidencia de la Xunta, en los procedimientos de infracción abiertos por la aparición de documentos oficiales en contenedores de la vía pública.

http://www.xornal.com//artigo/2009/06/25/galicia/proteccion-datos-multara-audiencia-coruna/2009062522114116597.html

Enviado usando Real Mail de Vodafone.

ler o resto do texto

25/06/09

O MpDC critica a Galicia Bilingüe por empregar imaxes vulnerando os dereitos de autor


O Movemento polos Dereitos Civís soubo hoxe que Galicia Bilingüe empregou sen permiso imaxes da película de animación “Chicken Run: Evasión en la granja” para elaborar un vídeo propagandístico contra a Guía de planificación lingüística. Segundo puidemos ler en Xornal.com, o vídeo elaborado pola presidenta da plataforma, Gloria Lago, é un ataque contra o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo.

Tal e como publica Xornal, o dito filme está sometido a copyright e, polo tanto, é preciso contar co permiso do autor intelectual da cinta, feito que non aconteceu neste caso segundo se desprende da información do periódico galego. Desde o Movemento polos Dereitos Civís, independentemente da intención que teña tal documento audiovisual, denúnciase o nulo respeto ás persoas do colectivo contrario ao galego. Se o MpDC afirma tal cousa é porque a autoría é un dereito e, como tal, ten que ser respectado.

O dereito de autor e os dereitos conexos son conceptos e instrumentos xurídicos a través dos cales se respetan e protexen os dereitos dos creadores sobre as súas obras. O dereito de autor ten un papel decisivo na articulación das contribucións e os dereitos dos distintos grupos interesados que participan nas industrias culturais e a relación entre estes e o público.

O colectivo polos dereitos civís non pode senón expresar públicamente a súa queixa ante esta vulneración dos dereitos das persoas perpetrada por unha asociación que ten tamén como principal obxectivo atacar o galego e minar o máis posíbel a súa presenza no ensino, o que tamén coharta a liberdade de expresión.
ler o resto do texto

24/06/09

O Movemento denuncia novamente as cargas policiais contra os folguistas do metal en Vigo


O Movemento polos Dereitos Civís denuncia, mais unha vez, a última intervención policial perpetrada contra os manifestantes do naval en Vigo, que considera inxustificada e desproporcionada. Durante a 15º xornada de folga producíronse novas cargas e, polo tanto, a vulneración por parte das forzas e corpos de seguridade dos dereitos civís, coma o dereito de manifestación, está patente de novo. Un traballador tivo que ser trasladado a un centro hospitalario polas diversas e numerosas feridas causadas polos ataques policiais.

Cando a manifestación percorría a Gran Vía de Vigo en dirección a Urzaiz, segundo a Confederación Intersindical Galega (CIG) e á altura dun centro comercial, houbo unha “breve pero intensa carga policial” que afectou a cinco manifestantes. Minutos antes, os traballadores celebraran unha asemblea en Praza do Rei e, unha vez finalizada, percorreron a rúa Venezuela fortemente escoltados por policías antidisturbios, que acompañaban aos manifestantes a ambos lados da rúa. A tensión foi en aumento ata que nun momento se produciu a carga, que “aínda que tivo carácter puntual, saldouse con cinco feridos”. Un deles foi golpeado coa culata dunha porra, recebeu pelotazos de goma no estomágo e máis golpes coa porra nas costas, polo que tivo que ser trasladado a un centro hospitalario para ser atendido dos fortes golpes na cara, moi perto do ollo dereito, onde recebeu varios puntos, afirma a central sindical.

De novo, as forzas e corpos de seguridade do Estado infiren violencia e represión aos traballadores que secundan máis de 15 días de folga con motivo do convenio colectivo para a provincia de Pontevedra. Sobre a masiva presenza policial, o secretario confederal de Negociación Colectiva da CIG, Antolín Alcántara, indicou que "non hai ningún antecedente no noso país dun despregue tan masivo, de perto de 1.000 policias, durante tantos dias, como se isto no lugar de ser un conflito laboral, en vez de ser un movemento obreiro loitando polos seus dereitos, pois parece que foramos un movemento guerrilleiro, e non o somos. Temos unha razón invencíbel, e non teñen que protexer á sociedade de nós, porque nós somos a sociedade", afirmou Alcántara.

No que respecta ao MpDC, este colectivo denuncia unha vez máis a violencia, a desproporción, a rabia e o desprezo ás persoas que están exercendo o seu dereito a folga. Para o colectivo, as reiteradas agresións que se veñen producindo contra a clase traballadora galega constitúen un tentativo global de amedrentar a sociedade para que non saia á rúa e de atentar contra os seus dereitos fundamentais.
ler o resto do texto

23/06/09

Pilar Rojo emplaza a la Xunta a atender las recomendaciones del Valedor do Pobo

Pilar Rojo emplaza a la Xunta a atender las recomendaciones del Valedor do Pobo:

"Uno de los escasos contrapuntos críticos que también afloró ayer en medio de los actos conmemorativos del 25 aniversario del Valedor fue la postura expuesta por el Movemento polos Dereitos Civís (MpDC), que consideró las jornadas celebradas en la Cámara autónoma como un «acto de complacencia» ya que, a juicio de este colectivo, la institución ha demostrado «ineficacia» y estar más «inclinada» hacia las Administraciones que hacia el pueblo en la resolución de conflictos."

ler o resto do texto

O MpDC esixe ao Concello de Vigo que aclare unha normativa realizada en detrimento dos dereitos civís


O Movemento polos Dereitos Civís vén de presentar un escrito no Concello de Vigo co obxecto de que facilite ao colectivo acceso e copia da nova normativa aprobada polo consitorio onde se limita a posibilidade de reunión na vía pública. Ademais, o MpDC require que se expliquen as palabras do responsábel de Seguridade do Concello de Vigo, Xulio Calviño.

Con data 19 de xuño de 2009, o xornal Faro de Vigo publicou unha noticia en relación coa nova normativa aprobada polo Concello de Vigo na que podían lerse as declaracións do responsábel de Seguridade vigués, nas que, sendo preguntado polo botellón, advertía que: ”El mero hecho de reunirse en la calle, aunque sea en grupos de sólo dos o tres personas, será objeto de sanción”. Ao respecto o Movemento esixe que se expliquen tales declaracións e se permita acceder á dita normativa municipal.

Non hai que esquecer de que o dereito de reunión é unha liberdade pública individual que faculta a un grupo de persoas a concorrer temporalmente nun mesmo lugar, pacificamente e sen armas, para calquera finalidade lícita e conforme a lei. Ademais, considérase unha liberdade política e un dereito humano de primeira xeración.

É o recoñecemento do pluralismo político e da liberdade de expresar as propias opinións, xunto co recoñecemento do dereito de transmitir a outros tales opinións, escoitar as alleas e a obrar en consecuencia o que defende o Movemento polos Dereitos Civís e que debe primar á hora de elabora calquera norma ao respecto da seguridade cidadá. Neses termos, o colectivo esixe que se cumpra a legalidade e se esclareza a tal normativa aprobada polo Concello de Vigo que couta as liberdades das persoas.
ler o resto do texto

22/06/09

Dereitos Civís lembra a ineficacia do Valedor cando a institución cumpre 25 anos


Hoxe e máis mañá celébranse en Compostela unas xornadas con motivo do 25 aniversario da Lei do Valedor á que asistirán os distintos defensores autonómicos estatais así coma o Defensor del Pueblo, Enrique Múgica. O que para a dita comunidade pode ser un motivo de celebración, para o Movemento polos Dereitos Civís é un acto de complacencia, de mantemento do status quo dun xeito de resolver conflitos administrativos coa balanza sempre inclinada cara a estas, non cara o pobo, como o seu propio nome indica.

Ollando para o web do Valedor do Pobo, podemos ler que este “é o alto Comisionado do Parlamento de Galicia para a defensa dos dereitos e liberdades comprendidos no Título I da Constitución e no estatuto de Autonomía de Galiza. Con este fin e en xeral co obxecto de coñecer o pleno respecto á lei e ao dereito, o Valedor do Pobo supervisará de oficio ou a instancia de parte (a través dunha queixa) a actividade da Administración da Comunidade Autónoma galega e dos seus entes e empresas públicas ou dependentes, así como da Administración local naquelas materias que sexan competencia da nosa comunidade”.

Segundo se pode extraer tamén da súa páxina, o Valedor do Pobo é unha institución que non exerce funcións de tipo coercitivo, senón unicamente de persuasión, de tal forma que a través das súas diferentes actuacións pon en xogo a súa autoridade, para orientar e corrixir as actuacións ou abstencións da Administración que coñece a través dos procedementos correspondentes. Iso é a teoría.

O Movemento sabe ben que detrás desa fachada o único que hai é complacencia coas administracións, un alto emprego do laissez faire ás mesmas e unha nula ou escasa implicación co que debera ser o seu desvelo, o pobo. Se desde o colectivo se afirma tal cousa é debido á reiterada experiencia que ten no trato coa institución galega e á inoperancia e á torpeza das súas resolucións.

Algunhas “perlas” do Valedor

Logo de que despois de máis de dous anos e medio de desinterese institucional quedasen sen sancionar as violacións de dereitos fundamentais durante a aprobación do PXOM en Vigo polo desinterese amosado por esta institución, de que siga sen esclarecerse a legalidade das cámaras da ORA no mesmo concello, de que que tamén o Valedor denegase o lexítimo dereito desta asociación de acceso a un ficheiro, queixas pechadas en falso e tantas e tantas outras desfeitas contra a sociedade, o MpDC coida que queda demostrada ás claras a escasa utilidade dunha institución que se chame Valedor do Pobo. Neste caso parece máis axeitado nomeala Valedor institucional ao mirar o traballo desenvolvido por ela cando se cumpren 25 anos da súa existencia.

Ademais, o grande desleixo da institución no que respecta ao emprego da lingua nos seus escritos facendo unha traducción -pésima en moitos casos- do castelán e o desprezo á toponimia e ás construcións propias do galego, entre outros agravios ao idioma. Xunto con isto, o Movemento polos Dereitos Civís considera que o Valedor amosou unha nula sintonía cós problemas lingüísticos de Galiza. Para o MpDC resulta moi complicado ter confianza na imparcialidade de Benigno López así coma pensar que vai defender os dereitos lingüísticos do galego fronte os ataques que está a recibir o idioma por parte da Xunta e de certos grupos da sociedade.
ler o resto do texto

21/06/09

Youtube reabre el debate de los excesos policiales

"Esto puede ser un punto de inflexión". Son palabras de Jorge del Cura, del Centro de Documentación contra la Tortura. Está convencido de que la publicación de imágenes como las del caso de la comisaría de Les Corts, juzgado esta semana, o las de la detención de un ciudadano senegalés en el aeropuerto de Barajas pueden cambiar la concepción de la opinión pública sobre lo que los protocolos policiales llaman fuerza mínima necesaria.


http://www.publico.es/espana/233671/youtube/reabre/debate/excesos/policiales


Enviado usando Real Mail de Vodafone.

ler o resto do texto

As mancomunidades

Constitúen os concellos a primeira liña da administración, a máis próxima aos cidadáns e á que, pola importancia dos servizos que presta, acoden en primeira instancia para atopar solución aos seus problemas, mais o endebedamento local e o feito de que as intervencións máis transcendentes proveñen dos gobernos autonómicos e estatais crea un escenario de dependencias económicas e políticas que dificulta a planificación lóxica e necesaria de investimentos e servizos; razón máis que suficiente para deseñar unha reforma en profundidade do actual sistema de financiamento dos concellos que garanta a xestión dos servizos públicos básicos e as políticas fundamentais que desenvolve.

Belén Pazos. Tenente de Alcalde de Cuntis
Nesta reforma habería que ter en conta que os problemas dos concellos galegos non teñen nada a ver cos doutras zonas do Estado, comezando porque en España o 70% da poboación vive nun medio urbano e en Galiza faino pouco máis dun 40%; e que por tanto o sistema de financiamento debería ter en consideración non unicamente factores como a extensión do territorio ou a poboación senón tamén as particulares características do noso País como son o avellentamento, a dispersión xeográfica e o despoboamento, todas elas cuestións que supoñen un maior esforzo inversor na prestación de servizos.

Neste contexto as mancomunidades poderían desempeñar un papel importante que posibilitara a optimización de recursos económicos e materiais e a simplificación da xestión, especialmente nos pequenos concellos, á hora de acadar a prestación de servizos de calidade aos cidadáns como a recollida de lixo, o tratamento dos residuos, a xestión do patrimonio medioambiental, cultural ou turístico, a promoción das enerxías renovábeis ou a coordinación da seguridade cidadá.

O diagnóstico é claro, máis a realidade móstranos como a actividade destes órganos está a ser polo xeral baixa, mesmo nula en moitos casos. Mandato tras mandato ofrécense as mesmas solucións conxuntas a problemas comúns dos concellos que a forman, que non chegan a poñerse en práctica a causa dos constantes desacordos entre os compoñentes do ente á hora de impulsar estes proxectos, inducidos fundamentalmente pola resistencia a deixar a un lado os localismos, os problemas de financiamento ou o desinterese de quen entende a presidencia unicamente como un foguete de cara á súa propia contenda electoral.

Por iso, se acreditamos na utilidade destes órganos na administración do territorio sería bo abrir un debate sobre cal debe ser o seu modelo máis operativo; un modelo organizativo que permita acadar resultados resolvendo o problema do financiamento e establecendo novos criterios de coparticipación de cada un dos representantes locais na asunción de responsabilidades, superando o localismo que en moitos casos cada alcaldía quere exercer polo medo a perder a súa parcela...
ler o resto do texto

20/06/09

España suspende en la defensa de los derechos de los inmigrantes

España, Francia e Irlanda han aumentado las trabas hacia los defensores de los inmigrantes, llegando incluso a criminalizar la asistencia a extranjeros en situación irregular, según críticas reflejadas en el informe de 2008 de la Federación Internacional de Derechos Humanos (FIDH)
, divulgado hoy en París.

http://www.publico.es/espana/233355/espana/suspende/defensa/derechos/inmigrantes

Enviado usando Real Mail de Vodafone.

ler o resto do texto

Silencio da Delegación do Goberno sobre a videovigilancia

A Delegación do Goberno non respondeu ao escrito iniciado ante o xulgado contencioso administrativo número 2 polo Movemento polos Dereitos Civís no que solicitaba que non se renovase a autorización para instalar cámaras de videovigilancia na zona monumental da cidade. Para a entidade, este silencio volve pór de manifesto o desinterese que ten a Delegación pola cidadanía e polos colectivos que «traballan na defensa dous dereitos civís».

http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2009/06/20/0003_7797053.htm?idioma=galego

Enviado usando Real Mail de Vodafone.

ler o resto do texto

Canedo pide justicia por la carga policial

A pesar del intenso calor de las 20,00 horas de ayer, un numeroso grupo de vecinos de San Vicente y Canedo -superior al de otras movilizaciones- se concentró en la zona en la que el Ministerio de Fomento construirá una rotonda de acceso a los barrios para pedir, entre otras cosas, justicia por la carga policial del pasado martes.

http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009062000_3_340198__Comarcas-Canedo-pide-justicia-carga-policial

Enviado usando Real Mail de Vodafone.

ler o resto do texto

Un día coma calquera outro

Descoñecemos o que significaba o solsticio de verán para os nosos antepasados, se era un día de agradecemento, de celebración ou de respeto. O que si sabemos é que era un día importante para eles, tal e como indican as evidencias arquelóxicas de todo o mundo. Desde Galicia á Irlanda sen esquecérmonos de Sudamérica ou Asia.

Sergio Irigoyen. Divulgador científico
Hai quen di que ao halo de misterio creado arredor desta noite o envolve o feito de que, ao ser a máis curta do ano, é o tempo no que o mundo dos mortos e os vivos está máis cerca, apenas unha delgada liña de separación entre a vida e a morte. E se cadra é por iso que en San Xoan saltamos as fogueiras, aínda que a igrexa católica xa se encargou de retrasar os ritos un par de días, se cadra porque San Xoan ten máis valor de márketing que San Terencio ou San Leufrido.

Outros especulan coa posibilidade que fose o inicio do ano para tantos e tantos pobos de todo o mundo, o día no que o sol está no ceo por máis tempo e que marca o inicio da aparición dos froitos da terra e que tamén indica que a temporada de caza xa pode comezar porque acaba de pasar o periodo de cría que garante a perpetuación das especies. As cores da primavera marchan para deixarnos no seu lugar aromas e sabores.
Pero, hoxendía, os máis pensan que é un día como calquera outro, sen novidades, nin nada especial que facer. E teñen toda a razón. Hoxe é un dia tan bo como calquera outro.

Un día bo para recordar as tradicións dos nosos pais, un día bo para abrir un libro e descubrir a marabillosa arquitectura do mundo antigo, un día coma outro para contribuir a que a terra peche o seu ciclo, pese a que teimamos en non respetala.

E un día como calquera outro para facer isto ou quedar na casa sen facer nada. Ti decides.

Por certo, saudade da miña parte aos Terencios e Leufridos que coñezades.
ler o resto do texto

19/06/09

Silencio cómplice da Delegación do Goberno sobre a renovación das cámaras de Compostela


O Movemento polos Dereitos Civís vén de recibir resposta do xulgado contencioso administrativo nº2 da Coruña informándoo de que a Delegación do Goberno non respondeu o escrito iniciado polo colectivo contra a desestimación da institución solicitando a denegación da renovación da autorización da instalación das cámaras de vídeo vixilancia na zona monumental de Compostela. Para o MpDC este desleixo consciente nas súas funcións volve pór de manifesto o desprezo que profesa a Delegación pola cidadanía e polos colectivos que, como o caso do Movemento, traballan na defensa dos dereitos civís.

O pasado día 15 de xaneiro expirou a última das autorizacións concedidas pola Delegación do Goberno ao Concello de Santiago para a instalación de cámaras de vídeo-vixilancia na zona vella. Se ben, a institución concedeu a dita autorización a pesar de os dispositivos estaren en situación ilegal. Con tal decisión queda demostrada ás claras a incompetencia do organismo no que respecta ao cumprimento das súas funcións. Ademais, tal renovación supón unha vulneración do procedemento establecido, ademais de ao dereito á imaxe, á honra e á intimidade persoal e, como non, do principio de seguridade xurídica.

A Delegación é a única institución que pode autorizar ou non as cámaras de vídeo vixilancia neste caso e o seu deber é valorar se a instalación é o sistema máis idóneo para a finalidade que se persegue, segundo o concello ter controlados os actos vandálicos cando os índices de criminalidade non amosan tal necesidade, e tamén ter en conta os principios de proporcionalidade e intervención mínima, que se incumpren flagrantemente neste caso.

Así as cousas, o Movemento polos Dereitos Civís volveu solicitar recentemente, a adopción dunha medida cautelar co obxectivo de se paralice a solicitude de renovación da autorización feita polo Concello á Delegación do Goberno. Ao seu ver, de continuarse coa autorización da instalación das ditas videocámaras segue a infrinxirse a legalidade e persoas que non deron o seu consentimento porque non foron consultadas están sendo gravadas cando transitan pola rúas compostelanas, o que supón unha vulneración do dereito á honra á intimidade e á propia imaxe.

Bugallo segue coa súa teima de continuar coa ilegalidade

Pola súa banda, o Concello de Santiago si respondeu a solicitude feita polo Movemento a respecto da suspensión da renovación das cámaras de vídeo vixilancia de Compostela. Lonxe de actuaren con coherencia e con atención á legalidade e aos dereitos da cidadanía non desisten en renovar a autorización. O MpDC lembra que hai outro procedemento aberto contra as ditas cámaras e que o colectivo abonou 3000 euros permitindo que se executase provisionalmente a sentenza que obriga a retirar os dispositivos. Unha vez máis, Bugallo e os responsábeis de seguridade volven demostrar cales son os seus intereses.

Ao respecto, Compostela alega que a retirada ou non das cámaras non afecta directamente ao Movemento como entidade. Ao parecer do MpDC, tal reacción é totalmente temerario tendo en conta que o colectivo se di dos Dereitos Civís e atende ás cuestións referentes á cidadanía, feito que a instituición pública demostra desatender constantemente. Para máis ver, chegan a indicar que a retirada dos dispositivos suporía un dano irreparábel. O Movemento pregúntase que considera o Concello irreparábel se non son os dereitos da cidadanía.

Con todo, o Concello estima unha cantidade, 600000 euros, como “suma prudencial” á hora de proceder a executar provisionalmente a sentenza do xulgado, cantidade idéntica á solicitada no outro procedemento aberto contra o consistorio. A arrogancia e o desprezo de Compostela polos colectivos e o común da sociedade queda patente. Cabe lembrar que a xustiza considerou en setembro do pasado ano irregular o procedemento de instalación das mesmas e ordenou a súa retirada, mais os responsables de seguridade cidadá empeñáronse en seguir malgastando os recursos públicos e recorreron a sentenza perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza.
ler o resto do texto

18/06/09

O TSXG dá a razón á CIG en que non se poden prohibir actos divulgativos sobre o inquérito do galego

O Tribunal Superior de Xustiza entende que un acto informativo ou un folleto nunca pode ser interpretado como coacción e o único que pode prohibir a Consellaría é actos que "entorpezan, obstaculicen ou dificulten" a Consulta

http://www.gznacion.com/web/noticia.php?id_noticia=14921&id_cat=5

Enviado usando Real Mail de Vodafone.

ler o resto do texto

O MpDC denuncia que o Concello vulnere a legalidade prexudicando o Club Piragüismo Ogrobe


O Movemento polos Dereitos Civís solicita ao Concello do Grobe a nulidade de pleno dereito da resolución municipal que acorda dar de baixa no REDIM o Club de Piragüismo Ogrobe por non ter presentado certa documentación esixida que non está prevista na lexislación imperante na materia. Ademais, o colectivo pide que se se estimen as alegacións interpostas polo presidente do clube de piragüismo, Filipe Besada, en representación do mesmo.

Este recurso de reposición presentado no Concello polo Movemento contra a baixa do Rexistro de Entidades de Interese Municipal (REDIM) acordada o 7 de maio polo Xunta de Goberno Local do Concello do Grove, é un paso previo a acudir a vía contencioso-administrativa segundo afirmou no seu momento o responsábel da asociación deportiva.

Os feitos remóntanse a decembro de 2008, cando a asociación Club Piragüismo Ogrobe presentou por escrito toda a documentación requerida e correspondente ao regulamento orgánico do Concello do Grobe para cumprir o trámite preciso para a renovación anual da inscrición das entidades deportivas no Rexistro de Entidades de Interese Municipal.

Ao escrito presentado polo clube responde o concello requerindo un certificado do número de socios asinado polo presidente e o secretario e unha copia compulsada da acta da última asemblea ou certificación da mesma asinada polos mesmos dous cargos. Pola súa banda, a asociación presentou o escrito de socios mais presentou alegacións no que respecta á acta por considerar non ser necesaria ao abeiro da normativa vixente imperante na materia.

Malia a ser esa documentación non aplicábel a este suposto, o Concello volveu reclamala novamente sen resolverse o recurso de reposición que se presentara contra a esixencia de pesentación da dita copia da acta. A máis ver, a administración local esixe agora ao Club Piragüismo Ogrobe presentar os estatutos e a memoria de actividades e actos realizados, así coma o número de socios e as modificacións producidas na composición da xunta desde o ano 1999.

O Movemento, ante tales feitos, non pode senón solicitar a nulidade de pleno dereito da resolución obxecto do presente recurso, pór en coñecemento público que o Concello vulnerou o principio de legalidade ao solicitar tal documentación e que violou tamén o principio de obxectividade, xa que a xeneralidade dos asuntos que conforman o ámbito de actuación das administracións públicas exclúe necesariamente calquera perspectiva parcial, tanto se provén da propia organización burocrática ou dos seus axentes.

No caso que nos ocupa, queda claro que non existe tal imparcialidade por parte do Concello do Grobe, quen en todo momento pretende expulstar do REIM o Club Piragüismo. Ademais vemos como quebra o principio de boa fe que debe marcar a actuación administrativa, xa que a esixencia de tal documentación e a traxectoria da asociación, que leva inscrita no Rexistro desde o 1997 e realizando cumpridamente os trámites cada ano sen ningún problema fan sospeitar da finalidade que pode perseguir o Concello, para que non sexa partícipe das subvencións ás que teñen dereito as entidades inscritas no mesmo.

ler o resto do texto

17/06/09

Cinco heridos y siete detenidos tras una carga policial contra vecinos de Canedo

Cinco personas resultaron heridas leves ayer durante una carga policial contra una concentración de vecinos de los barrios de San Vicente y Canedo, en Ponteareas, para impedir las obras de la rotonda que comunica la N-120 con sus localidades. Tras la refriega fueron detenidas siete personas, entre ellas el presidente de la asociación de vecinos, Luis Pardo Groba, otros residentes de la zona, así como el militante de la organización Nos-Up, Abraham Alonso, que se encontraba en la concentración apoyando a la misma, al igual que miembros del BNG de Ponteareas.

http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009061700_3_338999__Comarcas-Cinco-heridos-siete-detenidos-tras-carga-policial-contra-vecinos-Canedo


Enviado usando Real Mail de Vodafone.

ler o resto do texto

Dereitos Civís denuncia a maquinaria posta en marcha polo Partido Popular contra o galego no ensino


O Movemento polos Dereitos Civís critica fondamente a censura imposta polo PP á enquisa do galego por se non fose suficiente o feito de levar adiante o propio cuestionario. O colectivo, ademais de amosarse contrario a tal consulta, manifesta o seu total rexeitamento ás formas nas que está sendo trasladado o inquérito. Deste xeito, a dirección dos centros ten prohibido manifestar ningunha opinión ao respecto. Ademais, o MpDC apoia as denuncias feitas pola CIG nos xulgados e a Agencia Española de Protección de Datos.

A Consellaría de Educación enviou recentemente unha circular aos centros educativos galegos instando a prohibir calquera tipo de acto ou manifestación en prol ou na contra do inquérito emitida polas directoras ou directores dos mesmos. Para o Movemento, isto supón un novo episodio de censura, xa que as persoas que mellor coñecen as escolas nas que traballan son privadas de poder dar a súa opinión sobre a lingua nos centros. Detrás de todo este parapeto, o MpDC entende que están uns claros intereses contrarios ao idioma do país e favorecedores do castelán como lingua no ensino.

Ao respecto, Dereitos Civís concorda co documento asinado conxuntamente polas principais organizacións de ensino non universitario galego, que denuncian que se trata dunha consulta «deseñada á marxe da comunidade educativa», «carente de rigor na metodoloxía de distribución dos inquéritos e no procesado de datos».

Apoio ás accións da CIG

O MpDC suscribe o procedemento iniciado pola Confederación Intersindical Galega (CIG) polo feito de que os directores non se poidan pronunciar sobre a enquisa do galego no ensino e apoia as denuncias feitas pola central sindical nos xulgados e na Agencia Española de Protección de Datos.

Como dicimos, a CIG vén de presentar recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza e denuncia diante da Axencia Española de Protección de Datos contra o procedemento de consulta a pais e nais sobre o uso das linguas no ensino que está a levar a cabo a Consellaría de Educación. Desde a CIG-Ensino denúnciase a vulneración dos dereitos fundamentais, especialmente a liberdade de expresión e opinión e liberdade sindical, xa que se prohibe informar sobre a enquisa, así como a vulneración da Lei de Protección de Datos, a respecto do uso fraudulento dos ficheiros de xestión académica.
ler o resto do texto

16/06/09

La Policía carga contra una manifestación de padres en Gijón

La Policía carga contra una manifestación de padres en Gijón

El padre de uno de los alumnos del colegio Cabueñes ha sido trasladado a comisaría tras haber sido acusado de haber colocado cadenas en las puertas del centro para impedir la entrada.

http://www.cope.es/familia/18-06-09--policia-carga-una-manifestacion-padres-gijon-61095-1

ler o resto do texto

Carga policial contra veciños de Canedo, Ponteareas

ler o resto do texto

O Movemento volve pedir que se retiren as cámaras do colexio Rosalía de Castro do Grobe


O Movemento polos Dereitos Civís vén de presentar un recurso no que solicita a nulidade de pleno dereito da resolución da Delegación do Goberno de Galiza en relación á instalación das cámaras de vídeo vixilancia no Colexio Rosalía de Castro no Concello do Grobe. Ademais, o colectivo volve solicitar a retirada das cámaras de e pide, asimesmo, a condena en costas da administración demandada.

Recentemente, o Movemento polos Dereitos Civís tivo coñecemento de que nos exteriores do Colexio Rosalía de Castro do Grobe están instaladas cámaras de vídeo vixilancia fixas, o que supón unha vulneración do dereito á imaxe, á honra e a intimidade persoal.

A instalación e funcionamento das cámaras de vídeo vixilancia debe estar presidida por unhas garantías, condicionamentos e requisitos esixidos expresamente pola normativa vixente en materia de vídeo vixilancia e que o Colexio Rosalía de Castro omitiu. O centro de ensino vulnerou a legalidade no que se refire á utilización de vídeo cámaras polas Forzas e Corpos de Seguridade en lugares públicos, en relación co disposto para as autorizacións para as instalacións fixas; vulnerando os dereitos fundamentais á honra, a intimidade persoal e a propia imaxe.

Polo tanto, o MpDC solicita a nulidade de pleno dereito da resolución obxecto do presente recurso, é dicir, da Resolución da Delegación do Goberno de 12 de febreiro de 2009 en relación coa instalación de cámaras de vídeo vixilancia do Concello Rosalía de Castro do Grobe, no que respecta á solicitude efectuada polo Movemento polos Dereitos Civís sobre instalación das cámaras nos exteriores do dito colexio.

Con data de 17 de marzo de 2008, o Movemento polos Dereitos Civís envía escrito á Delegación do Goberno onde solicita, entre outras cousas, que se acredite a legalidade das cámaras instaladas nos exteriores do Colexio Rosalía de Castro, así como que se proceda á retirada das mesmas.

De acordo ó exposto, a garantía do dereito á protección de datos, conferida polas normativas de referencia, require que exista unha actuación que constitúa un tratamento de datos persoais no sentido expresado. Atendendo á normativa exposta, a captación de imaxes de persoas que transitan pola vía pública, constitúe un tratamento de datos persoais incluído no ámbito de aplicación das mesmas.
Polo tanto, segundo a lexislación vixente, a instalación deberá respectar o principio de proporcionalidade, o que supón sempre que sexa posible, adoptar outros medios menos intrusivos á intimidade das persoas, co fin de previr interferencias inxustificadas nos dereitos e liberdades fundamentais. Polo tanto, tampouco se estaría a cumprir o principio de proporcionalidade necesario á hora de instalar estes dispositivos.

En todo caso, e se o centro pretende xustificar a instalación de cámaras de vídeo vixilancia nos exteriores das súas instalacións, podería xustificarse coa contratación de gardas de seguridade, que serían menos lesivos para os dereitos dos menores. Como podemos comprobar existe unha medida menos invasiva para a intimidade dos menores e de toda persoa que a diario circula por diante do dito centro, como é o peche do portal ou incluso a contratación de gardas de seguridade. Xa que logo, o Movemento non pode se non solicitar a retirada das cámaras.
ler o resto do texto

15/06/09

Multas para los mossos que maltrataron a un hombre en la comisaría de Les Corts

La Audiencia de Barcelona ha condenado sólo a penas de multa de 600 euros por faltas de lesiones a tres mossos d'esquadra acusados de haber maltratado a un hombre en la sala de cacheos de la comisaría barcelonesa de Les Corts, y ha absuelto de todos los cargos a un cuarto procesado, el cabo José David L.


http://www.publico.es/espana/232430/multas/mossos/maltrataron/hombre/comisaria/corts

Enviado usando Real Mail de Vodafone.

ler o resto do texto

A Coruña genera la mitad de las quejas gallegas enviadas al Defensor del Pueblo

El número de quejas enviadas desde la provincia de A Coruña al Defensor del Pueblo pasó de 421 en 2007 a 814 el año pasado, lo que ha provocado que las protestas remitidas desde la provincia coruñesa representen el 49% de las procedentes de toda la comunidad. En el informe, el Defensor destaca que 768 vecinos le manifestaron el año pasado su oposición a la instalación de antenas para telefonía móvil en las inmediaciones de su domicilio. Múgica también inició una investigación de oficio de los policías y bomberos coruñeses

http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009061500_2_295765__A-Coruna--Metro-genera-mitad-quejas-gallegas-enviadas-Defensor-Pueblo

Enviado usando Real Mail de Vodafone.

ler o resto do texto

11/06/09

O Grove en un click - O Club Piragüismo Ogrobe presenta recurso contra a súa baixa no REDIM

TodoGrove.com O Grove en un click - O Club Piragüismo Ogrobe presenta recurso contra a súa baixa no REDIM:

"O Club Piragüismo Ogrobe ven de presentar recurso de reposición contra a baixa do REDIM acordada o 7 de maio polo Xunta de Goberno Local do Concello do Grove. O recurso foi elaborado polos avogados do Movemento pola Defensa dos Dereitos Civís e como paso previo a acudir a vía Contencioso- Administrativa que, que en palabras de Filipe Besada “seguro, e dada a arrogancia do goberno cuatripartito, nos veremos obrigados a acudir”."

ler o resto do texto

Bugallo insiste en renovar a autorización das cámaras de Santiago a pesar da sentenza que o obriga a retiralas


O Concello de Santiago acaba de responder a solicitude feita polo Movemento a respecto da suspensión da renovación das cámaras de vídeo vixilancia de Compostela. Lonxe de actuaren con coherencia e con atención á legalidade e aos dereitos da cidadanía non desisten en renovar a autorización. O MpDC lembra que hai outro procedemento aberto contra as ditas cámaras e que o colectivo abonou 3000 euros permitindo que se executase provisionalmente a sentenza que obriga a retirar os dispositivos. Unha vez máis, Bugallo e os responsábeis de seguridade volven demostrar cales son os seus intereses.

Recentemente, o Movemento polos Dereitos Civís volveu solicitar a adopción dunha medida cautelar co obxectivo de se paralice a solicitude de renovación da autorización feita polo Concello á Delegación do Goberno. Ao seu ver, de continuarse coa autorización da instalación das ditas videocámaras segue a infrinxirse a legalidade e persoas que non deron o seu consentimento porque non foron consultadas están sendo gravadas cando transitan pola rúas compostelanas, o que supón unha vulneración do dereito á honra á intimidade e á propia imaxe.

Ao respecto, Compostela alega que a retirada ou non das cámaras non afecta directamente ao Movemento como entidade. Ao parecer do MpDC, tal reacción é totalmente temerario tendo en conta que o colectivo se di dos Dereitos Civís e atende ás cuestións referentes á cidadanía, feito que a instituición pública demostra desatender constantemente. Para máis ver, chegan a indicar que a retirada dos dispositivos suporía un dano irreparábel. O Movemento pregúntase que considera o Concello irreparábel se non son os dereitos da cidadanía.

Con todo, o Concello estima unha cantidade, 600000 euros, como “suma prudencial” á hora de proceder a executar provisionalmente a sentenza do xulgado, cantidade idéntica á solicitada no outro procedemento aberto contra o consistorio. A arrogancia e o desprezo de Compostela polos colectivos e o común da sociedade queda patente.

Os antecedentes


O pasado día 15 de xaneiro expirou a última das autorizacións concedidas pola Delegación do Goberno ao Concello de Santiago para a instalación de cámaras de vídeo-vixilancia na zona vella. Se ben, a institución concedeu a dita autorización. Con tal decisión queda demostrada ás claras a incompetencia do organismo no que respecta ao cumprimento das súas funcións.

Ela é a única que pode autorizar ou non as cámaras de vídeo vixilancia neste caso e o seu deber é valorar se a instalación é o sistema máis idóneo para a finalidade que se persegue, segundo o concello ter controlados os actos vandálicos cando os índices de criminalidade non amosan tal necesidade, e tamén ter en conta os principios de proporcionalidade e intervención mínima, que se incumpren flagrantemente neste caso.

Cabe lembrar que a xustiza considerou en setembro do pasado ano irregular o procedemento de instalación das mesmas e ordenou a súa retirada, mais os responsables de seguridade cidadá empeñáronse en seguir malgastando os recursos públicos e recorreron a sentenza perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza.
ler o resto do texto

10/06/09

O Valedor volve solicitar ao Grobe a documentación que xustifique o seu emprego abusivo das cámaras de vixilancia


A dita institución agarda desde fai un ano un escrito do Concello do Grobe que xa solicitou polo menos en catro ocasións. Trátase dun informe con datos complementarios sobre a vídeo-vixilancia instalada nas carpas da Festa do Marisco de 2007, na casa da Cultura e no Colexio Rosalía de Castro. O Valedor lembra os deberes legais do Concello, como son que ante a consideración de instalar vídeo cámaras non se proceda sen ter obtido previamente a autorización da Delegación do Goberno.

O documento solicitado debería aclarar as contraditorias declaracións de responsables municipais sobre o emprego da mesma. O responsábel de Seguridade Cidadá do Grobe explicou á Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) que os dispositivos tan só tomaban imaxes do interior dos almacéns da carpa; malia a iso, celebrou en declaracións públicas que as cámaras evitaran o carteirismo durante a festa.

Queda claro nestes dous casos que o Concello de O Grove semella decidido a continuar empregando a vídeo-vixilancia de maneira irregular, no total desprezo dos dereitos e liberdades dos seus veciños. A corporación municipal amosa ,ademais, escaso respecto por todas aquelas institucións e axentes sociais que tratan de fiscalizar este uso abusivo e indiscriminado das cámaras de seguridade.

Polo momento, o único que fan os documentos achegados polo Concello é confirmar que a corporación solicitou o rexistro dos dispositivos á Axencia Española de Protección de Datos meses despois da súa instalación, e só cando o Movemento denunciou o caso. Neste sentido, a asociación ven de solicitar á AEPD que sancione ó Concello por recorrer a esta práctica tan habitual como irregular: colocar as cámaras e iniciar a posteriori os trámites estipulados pola lei para o seu emprego.

O Movemento non cesa no seu empeño para que se cumpra o que é de lei

Para máis ver, o Movemento polos Dereitos Civís dirixiu nestes días un novo escrito ó Concello de O Grove, solicitando os documentos que demostren que as cámaras cumpren cos requisitos establecidos pola Lei Orgánica de Protección de Datos. Polo de agora, o Concello non facilitou a autorización da Delegación do Goberno, nin o informe favorable da Comisión de Garantías, nin moito menos proba algunha que xustifique que o emprego das cámaras se axusta ó principio de proporcionalidade.

A asociación solicita, asimesmo, información sobre os responsábeis da custodia das imaxes e sobre os mecanismos de acceso e rectificación dos arquivos. O Concello terá que facilitar todos estes documentos, sempre que existan realmente, pois foron solicitados tamén como proba no procedemento administrativo aberto nun Xulgado do Contencioso Administrativo da Coruña, a raíz da denuncia do MpDC.
ler o resto do texto

09/06/09

El Concello hace caso omiso de una petición del Defensor del Pueblo

El Concello hace caso omiso de una petición del Defensor del Pueblo:

"El Defensor del Pueblo se ha puesto en contacto con el Movemento polos Dereitos Civís para comunicarle que, ante la tardanza en recibir el informe solicitado al Concello con relación a los controles policiales realizados el 25 de julio del 2006, ha vuelto a solicitar a la institución que, con carácter urgente, remita tales documentos para poder investigarlos. El MpDC considera que el alcalde muestra un «absoluto desprezo» por el derecho de petición de los ciudadanos y por las solicitudes del Defensor. «A única saída é incluír de novo ao Concello na lista de entidades hostís e entorpecedoras», señalan."

ler o resto do texto

Dereitos Civís critica a vontade de crear patrullas veciñais na Coruña e apoia a súa retirada


O Movemento polos Dereitos Civís súmase ás críticas verquidas contra a decisión dos veciños do ensanche coruñés de patrullaren as rúas durante a noite. Segundo afirma a asociación do barrio tal decisión está motivada pola pasividade policial ante o ruído e os desperfectos a vehículos causados durante as noites pola presenza de locais de movida na zona.

Nun Estado de Dereito non caben este tipo de accións, xa que a seguridade cidadá depende dos corpos e forzas de seguridade do Estado. Malia a ter aumentado nos últimos días a presenza policial na zona, os veciños seguen coa teima de organizaren grupos e saíren á rúa a “vixilar”. Esta medida pode verse coma un acto de presión para que interveña a fiscalía no asunto e así poder chegar antes a unha solución ao problema.

O colectivo quere lembrar que estes grupos de persoas non terían potestade para actuar no caso de producirse algún altercado na rúa nin á hora de gardar a orde na mesma. Detrás desta medida poden agocharse críticas á xestión municipal en materia de seguridade cidadá.

Sexa co obxectivo que sexa, Dereitos Civís amósase públicamente contrario á creación de tales “brigadas nocturnas” e apoia a súa retirada, xa que na sociedade actual non teñen cabida tales grupos de vixilancia do espazo público.
ler o resto do texto

08/06/09

Manifestación en Vigo a prol do convenio do metal


Traballadores do metal e cidadanía están convocados a unha manifestación a prol do convenio colectivo do sector. O acto, convocado pola Confederación Intersindical Galega (CIG), Comisións Obreiras (CCOO) e Unión General de los Trabajadores (UGT) está previsto que comece cruce de Gran Vía con Urzáiz e remate na Praza da Estrela.


A manifstación convócase en solidariedade co sector do metal e en apoio aos traballadores. Desde este mércores a folga será indefinida e o venres terá carácter xeral polo que están chamadas todas as empresas do sector, mesmo aquelas que teñen convenio propio.
ler o resto do texto

O MpDC denuncia o tratamento sesgado de CNN+ das informacións relativas a Iniciativa Internacionalista


O Movemento polos Dereitos Civís expresa a súa queixa ante os reiterados atrancos sofridos na xornada electoral de onte pola coalición de esquerdas Iniciativa Internacionalista (II). Desaparición de papeletas en numerosas mesas electorais, non presenza delas nalgunhas e o tratamento desprezativo que do dito bloco fixo a cadea de televisión CNN+ son algúns deles.

Un xornalista da CNN+ elaborou unha noticia, asinada, coma todas as que emite a dita cadea, acerca do desenvolvemento da xornada electoral. O redactor apareceu cunhas papeletas na man que correspondían á candidatura de Iniciativa Internacionalista. O Movemento denuncia que un informativo se use para condicionar o voto á cidadanía. O colectivo afirma tal cousa ao ser este vídeo emitido cando aínda estaban abertos os colexios electorais e por remarcar nel o periplo polos tribunais que tivo que pasar a lista na que concorría Méndez Ferrín estatais por ser vinculada gratuitamente e sen proba algunha coa ETA.

Ademais, o xornalista remarcou que xunto con papeletas de partidos minoritarios estaban as de II facendo ver á audiencia, ao electorado, que esas papeletas, perfectamente identificábeis nas imaxes, foran obxecto de intervención por unha institución pública o que, aos ollos da cidadanía podería ser considerado negativo. O Movemento pregúntase como pode permitirse que un medio de comunicación recorra á credibilidade que se lle supón como tal e empregue un espazo informativo para facer política dun xeito tan descarado e desprezativo para a coalición citada.

Ademais, e segundo se pode extraer dun comunicado elaborado pola propia Iniciativa Internacionalista, ante a solicitude que enviaron á Xunta electoral central para que tomase medidas a respecto do vídeo en cuestión, a sospeitosa lentitude do organismo esgotando os prazos para que a petición da coalición fose tida en conta súmase á queixa que realiza o Movemento. Tanto a coalición coma Dereitos Civís concordan en que se unha situación similar fose exposta, por exemplo polo Partido Popular ou o PSOE, esta estaría mais que resolta nun prazo que permitise concorrer o bloco ás eleccións nas mesmas condicións có resto dos partidos.

Así as cousas, partido político e colectivo consideran que que a Xunta Electoral non está desenvolvendo con plenitude unha das súas obrigas, a de velar pola igualdade de oportunidades electorais de todas as candidaturas ante unha consulta electoral, tal como a Constitución e a Lei Electoral vixente recollen.
ler o resto do texto

07/06/09

Realmente estamos nun Estado de Dereito?


O dereito á xustiza e á igualdade perante a lei son características propias dun Estado de Dereito, un Estado onde todos e todas debemos cumprir as normas vixentes e onde a administración de xustiza debe garantir que isto sexa así.

Renato Núñez. Editor do xornal En Movemento.
As administracións, autoridade e institucións deben ser plenamente respetuosas coa lexislación vixente xa que, de non ser así, quebraríase pola base esa presunción de igualdade, e na que os cidadáns, inevitablemente, nos deberíamos preguntar se as autoridades non cumpren coas normas, porque deberíamos cumprir nós con elas?

Se iso é así, que pensaríamos se a representación do Estado na Galiza non garantise que se cumplan as normas que se lle encomendan? Que acontecería se se tomase con lixeireza o feito de que normas que buscan garantir dereitos fundamentais non se esixan co rigor necesario?

E se souberamos que existen administracións que, grazas a esa falta de interese aproveitan para vulnerar as normas? E se ademais diso coñeceramos que a Delegación do Goberno (representación do Estado na Galiza) opta, ao ter coñecemento diso, por avalar ese incumprimento da lexislación?

Por último, estaríamos nun Estado de Dereito se a administración de Xustiza dixera que realmente se están vulnerando normas fundamentais, ditara sentencia neste sentido, a Administración afectada (concellaría de Seguridade de Compostela) se negase a cumprila e a Delegación do Goberno seguise avalando esa actitude?

Deberíamos comezar a preguntármonos se realmente estamos nun Estado de Dereito.
ler o resto do texto

06/06/09

A liberdade de escolla non é absoluta


Cando remata un curso escolar tendemos a facer revisión do acontecido nos últimos meses, canto máis neste ano marcado polo cambio de goberno que ven de producirse recentemente. É por iso que neste caso o balance abrangue toda a etapa do goberno bipartito.

María Álvarez Garea. Mestra de Educación Musical.
Se ben hai que salientar avances como a axilidade na xestión dos distintos procesos administrativos (cobertura de baixas médicas, procesos de concursos de traslados…), a xeneralización das prazas de apoio docente nas aulas de Educación Infantil e o aumento da dotación de material TIC nos centros entre outras medidas, tamén presenta sombras como a non publicación do novo currículo de Educación infantil despois de ter superados todos os trámites, a non revisión da rateo máxima nesa mesma etapa ou a falla de persoal administrativo na meirande parte dos centros de Educación Primaria.

Mención especial merece o programa de gratuidade dos libros de texto que a Consellería de Educación (e o presidente socialista do goberno) vendeu como medida “estrela” ante as familias e que precisa dunha análise máis profunda: un goberno de esquerdas debe garantir o acceso ó material escolar a todo o alumnado aportando os recursos necesarios a aquelas familias que non os teñen, pero non é progresista nin xusto facela extensiva a toda a poboación. Responde ademais a unha concepción do ensino inmobilista e arcaico porque non permite ós nenos e nenas traballar neles subliñando ou engadindo citas como metodoloxía para acadar unha verdadeira aprendizaxe significativa, e porque da por feito que na era dixital o único material docente a utilizar nas aulas son os libros de texto. Que pasa co resto de materiais didácticos (formatos multimedia, libros de consulta…) e cos docentes que non usan libros de texto?

Todas estas reflexións, non obstante, parece que quedarán diluídas polo compromiso do novo goberno de derrogar o Decreto 124/2007 polo que se regula o uso e promoción do galego no sistema educativo. Esta decisión supón non só unha declaración de intencións para o ámbito educativo senón que responde á pobre idea de país que sustenta o partido político que a propugna. Sen entrar noutras consideracións que xa teñen aportado significativas persoas e colectivos do eido cultural, social e educativo, si compre engadir que calquera pai ou nai ten o dereito de decidir a lingua que transmite e emprega cos seus fillos e fillas pero o debate creado en torno a esta medida supón un debate perverso xa na súa concepción: non poden ser as familias as que marquen e decidan as competencias lingüísticas a acadar polo alumnado nas diferentes etapas educativas, como tampouco o deciden nas áreas de educación artística, coñecemento do medio ou física e química.

Agárdannos tempos difíciles, pero diso xa falaremos no curso que ven…
ler o resto do texto

05/06/09

O MpDC pide incluír a Santiago na lista de entidades hostís

O Movemento polos Dereitos Civís (MpDC) reclamoulle hoxe ao Defensor do Pobo que inclúa o Concello de Santiago na lista de entidades 'hostís e entorpecedoras', ao 'seguir', segundo destacou, negándose a facilitar os informes sobre o dispositivo que despregou a policía na cidade durante o 25 de xullo de 2006.
05.06.2009 | 17:22

http://www.anosaterra.org/nova/29624/o-mpdc-pide-incluir-a-santiago-na-lista-de-entidades-hostis-.html

Enviado usando Real Mail de Vodafone.

ler o resto do texto

Sánchez Bugallo segue sen facilitar case tres anos despois os expedientes solicitados polo MpDC


O Defensor del Pueblo volveu pórse en contacto co Movemento polos Dereitos Civís para comunicarlle que, ante a tardanza en recibir o informe solicitado ao Concello de Santiago con relación ás desproporcionadas medidas e os controis realizados pola policía durante o 25 de xullo de 2006, volveu pedir unha vez máis á institución, e con carácter urxente, que remita tales documentos para poder investigalos.

O Concello de Santiago segue negándose, case tres anos despois, a facilitar ao Defensor del Pueblo un informe policial que xa lle foi solicitado en dúas ocasións por esta institución. Con anterioridade fora o Movemento polos Dereitos Civís o que solicitara ao Concello información sobre tales acontecementos. Perante o silencio e a vontade obstrucionista do goberno municipal, o MpDC pregúntase canto tempo máis pensa agardar o Defensor antes de declarar ao concello como institución hostil e en aplicar as medidas e sancións pertinentes.

O Movemento polos Dereitos Civís considera que chegados a este punto, e tendo amosado o alcalde compostelano un absoluto desprezo polo dereito de petición dos cidadáns e polas solicitudes do Defensor, a única saída posible é incluír de novo o Concello lista de entidades hostís e entorpecedoras. Fai xa meses que Enrique Múgica enviou ao Concello unha segunda petición, de carácter urxente, solicitando a presentación do informe policial sobre os feitos acontecidos na capital galega en xullo de 2006. O Defensor del Pueblo intervira no caso a petición do MpDC, que viu como a petición de información presentada ao Concello en novembro de 2006 era totalmente ignorada pola administración. O Defensor censurou esta denegación do dereito de petición que asiste á asociación e requiriu a presentación do informe solicitado.

Non se pode ignorar, non obstante, a gravidade do feito de negar a cidadáns ou asociacións o lexítimo dereito de petición, coa conseguinte restrición da participación informada na vida pública. Neste caso, o MpDC quería coñecer as causas e motivacións que levaron á policía a desenvolver un desproporcionado e invasivo dispositivo durante o 25 de xullo de 2006.

Durante eses días sucedéronse os controis, os cacheos, as medidas restritivas do dereito de circulación e uso do espazo público. O Movemento solicitaba o acceso os informes policiais que deberían existir de calquera actuación das Forzas de Seguridade. Negar o acceso aos mesmo só contribúe a fomentar unha cultura da impunidade e arbitrariedade nas actuacións da policía que non beneficia en absoluto nin a esta nin, por suposto, aos cidadáns. O MpDC agarda un pronunciamento do Defensor que condene e sancione esta persistente opacidade administrativa.

A resposta do Concello non puido ser máis infantil, pois negou ao Defensor del Pueblo a existencia dun expediente da petición de información, cando o MpDC garda copia do documento con data de entrada no rexistro. O Concello non sao mentiu á instituciaon encargada de velar polos dereitos dos cidadáns, senón que se obstina tamén en negarlle o acceso ao informe en cuestión. Por desgraza, non se pode afirmar a estas alturas que resulte sorprendente a actitude escurantista do alcalde Sánchez Bugallo, que parece ter feito da opacidade un dos seus eixos de goberno.
ler o resto do texto

La huelga del metal deja en Vigo una veintena de heridos en su jornada más violenta

En el lado opuesto se sitúan los integrantes del Movemento polos Dereitos Civís, que tacharon de ''inxustificada'' y ''desproporcionada'' la intervención policial contra los manifestantes. Así las cosas, denuncian que esta serie de ''agresiones'' contra la clase trabajadora ''constitúe una tentativa global de amedrentar a la sociedad para que no salga a la calle y de atentar contra sus derechos fundamentales''.

http://elprogreso.galiciae.com/nova/32739.html

Enviado usando Real Mail de Vodafone.

ler o resto do texto

04/06/09

Dereitos Civís denunciará ante a xustiza as cargas reiteradas contra os folguistas do metal en Vigo


O Movemento polos Dereitos Civís considera inxustificada e desproporcionada a intervención policial perpetrada contra os manifestantes do naval en Vigo. Hoxe producíronse novas cargas e a vulneración dos dereitos civís non pode ser máis flagrante por parte das forzas e corpos de seguridade. Máis persoas feridas, maior cantidade e máis duras en canto as pelotas de goma, gases lacrimóxenos e unha actitude de desprezo absoluto á cidadanía é o balance polo momento. Pola súa banda, o colectivo anuncia que denunciará os feitos ante a xustiza.

Nas dependencias do porto da cidade reuníronse hoxe preto de medio cento de persoas nun primeiro momento ás que se foron sumando máis posteriormente que foron agredidas sen previo aviso pola policía, feito que o colectivo vai denunciar ante a xustiza. Non conformes con cargar sen previo aviso, os antidisturbios perseguiron os manifestantes até o asteleiro de Barreras e até o paseo de Alfonso XII sen deixar de agredilos.

De novo violencia e represión aos traballadores que secundan un quinto de folga con motivo do convenio colectivo para a provincia de Pontevedra. O enfrontamento, no que usaron pelotas de goma aínda máis duras que na xornada anterior non provocou feridos graves, mais si deixou inmobilizados por un tempo a varios manifestantes que tiveron que ser reanimados, segundo explicou ao Movemento o responsábel da negociación colectiva da CIG, Serxio Fontán.

O MpDC denuncia unha vez máis a violencia, a desproporción, a rabia e o desprezo ás persoas que están exercendo o seu dereito a folga. Para o colectivo, as reiteradas agresións que se veñen producindo contra a clase traballadora galega constitúen un tentativo global de amedrentar a sociedade para que non saia á rúa e de atentar contra os seus dereitos fundamentais.
ler o resto do texto

Cuatro huelguistas del metal y cinco policías resultan heridos en los enfrentamientos registrados en Vigo

03/06/09 Los enfrentamientos registrados en la jornada de hoy entre los efectivos antidisturbios de la Policía Nacional y los trabajadores del sector metalúrgico, quienes mantienen hoy su quinto día de paro por el convenio colectivo, se saldaron con un total de cuatro huelguistas y cinco agentes heridos.

http://www.europapress.es/galicia/noticia-cuatro-huelguistas-metal-cinco-policias-resultan-heridos-enfrentamientos-registrados-vigo-20090603195951.html


Enviado usando Real Mail de Vodafone.

ler o resto do texto

Dos años después, ponen carteles de videovigilancia en el centro histórico

03.06.2009 Después de que la Agencia de Protección de Datos (AEPD) haya iniciado un expediente contra el Ayuntamiento por irregularidades en la videovigilancia, el Consistorio ha instalado varios carteles que informan a los viandantes de que el centro histórico que está siendo grabado.

Enviado usando Real Mail de Vodafone.

ler o resto do texto

Tras retirar un programa sobre as vacas tolas PSdeG e BNG denuncian o control de Feixóo sobre a TVG

Doutra banda o colectivo Movemento polos Dereitos Civís (MpDC) expresou hoxe a súa "queixa" polo "golpe de efecto" dado por parte da nova directora da Televisión Galega e recordou que o programa 'Caixa Negra' levaba algunhas semanas repasando feitos que lle afectaran ao país.

http://www.anosaterra.org/nova/29518/psdeg-e-bng-denuncian-o-control-de-feixoo-sobre-a-tvg.html


Enviado usando Real Mail de Vodafone.

ler o resto do texto

PSdeG y BNG denuncian el "control político" de Feijóo sobre los medios públicos tras retirarse un reportaje de vacas locas

Por otro lado el colectivo Movemento polos Dereitos Civís (MpDC) expresó hoy su "queja" por el "golpe de efecto" dado por parte de la nueva directora de la Televisión Galega y recordó que el programa 'Caixa Negra' llevaba algunas semanas repasando hechos que habían sobrecogido al país.

http://www.europapress.es/galicia/a-coruna-00382/noticia-psdeg-bng-denuncian-control-politico-feijoo-medios-publicos-retirarse-reportaje-vacas-locas-20090603192415.html

Enviado usando Real Mail de Vodafone.

ler o resto do texto

03/06/09

TVG emitirá esta tarde un comunicado sobre la retirada ayer de un programa

Por su parte, el Movemento polos Dereitos Civís expresó en otro comunicado su queja por el aplazamiento del programa, que para este colectivo supuso también una censura y un "veto a la libertad de expresión".

http://www.soitu.es/soitu/2009/06/03/info/1244032116_750105.html

Enviado usando Real Mail de Vodafone.

ler o resto do texto

El PSOE pide la comparecencia de Izquierdo para explicar la "censura" por retirar el programa

Por su parte, el Movemento polos Dereitos Civís expresó en otro comunicado su queja por el aplazamiento del programa, que para este colectivo supuso también una censura y un "veto a la libertad de expresión".

http://www.soitu.es/soitu/2009/06/03/info/1244032118_943679.html


Enviado usando Real Mail de Vodafone.

ler o resto do texto

La TVG emitirá un comunicado sobre la retirada del programa de las vacas locas - Galicia - La Opinión A Coruña

La TVG emitirá un comunicado sobre la retirada del programa de las vacas locas - Galicia - La Opinión A Coruña:

"Por su parte, el Movemento polos Dereitos Civís expresó en otro comunicado su queja por el aplazamiento del programa, que para este colectivo supuso también una censura y un 'veto a la libertad de expresión'."

ler o resto do texto

Dereitos Civís denunciará ante a xustiza as cargas reiteradas contra os folguistas do metal en Vigo


O Movemento polos Dereitos Civís considera partidista e lonxe da súa obrigada imparcialidade a intervención feita días atrás polo Valedor do Pobo, Benigno López, no Parlamento de Galiza. Durante a súa quenda de palabra, o representante da institución culpou o BNG do conflicto lingüístico que algúns sectores reaccionarios queren alentar na sociedade galega.

Por se as ditas declaracións non fosen suficientes, o Valedor uniulles o comentario de que “o galego non corre perigo”, indo así contra as declaracións feitas en xornadas anteriores polos tres principais partidos da oposición onde recoñecían a existencia da “enfermidade” que sofre o idioma da Galiza.

No que respecta ao conflito lingüístico, cabe dicir que os últimos ataques contra o galego, as inxurias verquidas desde Galicia Bilingüe, as promesas electorais de Feijóo para derrogar o decreto do ensino en galego e o anuncio de que "case están feitas" as preguntas que a nova Xunta fará ás nais e pais para saber en que idioma queren que se eduque as cativas e cativos, foron os que motivaron o Valedor do Pobo a posicionarse públicamente culpando a un partido político, o Bloque Nacionalista Galego que ten, precisamente, como unha das súas principais preocupacións o mantemento e a defensa da lingua propia da Galiza.

O Movemento polos Dereitos Civís sabe ben que detrás da fachada da imparcialidade o único que hai é complacencia coas administracións, un alto emprego do laissez faire ás mesmas e unha nula ou escasa implicación co que debera ser o seu desvelo, o pobo. Se desde o colectivo se afirma tal cousa é debido á reiterada experiencia que ten no trato coa institución galega e á inoperancia e á torpeza, tanto das súas resolucións coma das declaracións públicas que profesa.

O colectivo súmase á defensa dos dereitos civís das e dos cidadáns galegos e solicita a demisión de Benigno López por falta de imparcialidade, pois queda patente coas súas declaracións que o Valedor do Pobo se está dedicando a facer política cando debera cumprir coas funcións inherentes ao seu posto na institución á que representa.
ler o resto do texto

O Movemento expresa a súa queixa ante a censura da nova TVG ás realidades do país


O Movemento polos Dereitos Civís expresa a súa queixa logo do primeiro golpe de efecto dado pola nova dirección da Televisión de Galiza. A recentemente estreada directora do ente público, Rosa Vilas, decidiu aprazar a emisión dunha reportaxe sobre as vacas tolas que debía exhibirse onte á noite na canle pública galega. No canto, puido verse unha película de vaqueiros. Ademais, o MpDC tamén lamenta o cambio de rumbo do programa “Aberto por Reformas” e a marcha de Xurxo Souto da radio pública.

O programa “Caixa Negra”, da produtora de Antón Reixa e presentado por Gonzo levaba algunhas semanas repasando feitos que sobrecolleron o país, coma o naufraxio do Casón, entre outros. Para o colectivo a prol dereitos civís, non cabe outro cualificativo á dita acción máis que o de censura. Censura e veto á liberdade de expresión, a que a cidadanía estea informada de cantas cousas pasan e pasaron no seu país para tomar conciencia das mesmas e poder enfrontarse máis preparada á realidade.

Iso é o que non debe querer a nova xunta directiva da CRTVG, que mantivo a previsión da emisión do programa até a tardiña. Non han querer que Galiza sexa consciente das desfeitas acontecidas e xestionadas desde o goberno Fraga. Pois quéirano ou non, esa é a realidade e a sociedade galega ten dereito a ser informada.

O MpDC pregúntase cara a onde vai camiñar “A galega”. Tendo en conta a decisión adoptada onte polos responsábeis do ente, no canto da función de servizo público que lle corresponde igual as e os espectadores non tardamos moito en asistir a unha sorte de canle bucólica que “cante” os ríos e os prados.

Xurxo Souto e o “Aberto por Reformas”

Ademais das actuacións xa descritas na TVG, tamén a Radio Galega comezou a evidenciar a 'nova' etapa que se abre co regreso de Rosa Vilas a postos da máis alta responsabilidade na emisora pública. Cómpre lembrar que esta xornalista xa fora subdirectora cando a marea negra do Prestige, época na que moitos profesionais (segundo eles propios denunciaron) chegaron a ser silenciados ou apartados da locución das noticias, imprimindo na información un ton acrítico e condescente coas actuacións do Partido Popular.

Un dos primeiros cambios, esperábel e anunciado o día antes polo seu protagonista, foi o relevo de Xurxo Souto á fronte do programa musical "Aberto por Reformas", unha das fórmulas que mellores resultados deu á radio pública nos últimos anos e a través da cal numerosos grupos atoparon unha plataforma que lles permitise proxectarse á sociedade galega, unha fórmula de publicitación da que carecía o ente público galego desde a época máis gloriosa do Xabarín Club a mediados dos 90.

Porén, na primeira emisión sen Souto, a de onte, día 2 de xuño, o único programa musical dedicado á música galega moderna deixou paso a un "magazine de transición", en palabras do novo presetnador, Xusto López Carril. A primeira canción 'pinchada', de Bruce Springsteen, foi toda unha declaración de intencións sobre os 'novos' tempos que se viu corroborada no resto da emisión.

Cómpre lembrar tamén que Xurxo Souto, ademais de subdirector de programas da radio pública do país nos últimos tres anos e medio, foi tamén 'alma máter' do concurso "A polo Ghit" (apologhit.vieiros.com), que en colaboración co diario dixital Vieiros.com durante os últimos tres anos, coa escusa de atopar unha 'canción do verán' galega, serviu para promocionar numerosos grupos, complementando así o labor realizado desde “Aberto por Reformas".

ler o resto do texto

02/06/09

El tercer joven herido grave en un ojo por los Mossos denuncia que no hubo aviso de carga

Fue oír un '¡pam!' y al cabo de un segundo un impacto en la cara", rememora Jordi Sallent, de 28 años, sobre su fatídica celebración de la Copa

http://www.lavanguardia.es/sucesos/noticias/20090602/53716139109/el-tercer-joven-herido-grave-en-un-ojo-por-los-mossos-denuncia-que-no-hubo-aviso-de-carga.html

Enviado usando Real Mail de Vodafone.

ler o resto do texto

CRTVG: O Concello de Santiago terá que retirar algunhas cámaras de videovixilancia

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG
ler o resto do texto

O Movemento solicita que se execute provisionalmente a sentenza que obriga a Compostela a instalar espazos publicitarios estáticos


O Movemento polos Dereitos Civís vén de solicitar a execución provisional da sentenza do 1 de setembro de 2008 contra o Concello de Santiago debido á obriga que ten a administración demandada de cumprir coa legalidade e, no entanto, proceda a instalar os espazos de comunicación social en número suficiente, así como á habilitación dos valados para a mesma finalidade nas protección das obras para a colocación de carteis e anuncios.

Se o colectivo solicita a dita execución provisonal é debido a que a actitude da Administración demandada é totalmente pasiva, prescindindo do procedemento preciso para a instalación dos espazos de comunicación social en número suficiente e a habilitación dos valados para a mesma finalidade nas protección das obras para a colocación de carteis e anuncios no Concello de Santiago de Compostela.

Ao entender do MpDC, isto causa enormes prexuízos e vulnera o disposto tanto na sentenza anteriormente sinalada como na Ordenanza de Publicidade Estática e Dinámica, aprobada polo pleno municipal en aras a protexer os dereitos fundamentais da sociedade.

A día de hoxe atopámonos con que o Concello de Santiago non procedeu a habilitar espazos para a colocación de carteis e anuncios nos vallados para o mesmo fin nas proteccións das obras, adoptando unha actitude totalmente pasiva , igual que cando procedeu á aprobación de dita Ordenanza.

Os antecedentes

O Concello de Santiago de Compostela terá que cumprir a súa propia ordenanza en materia de publicidade estática logo de que unha sentenza do Xulgado Contencioso-Administrativo número 1 de Compostela ditase sentenza favorable á demanda presentada polo Movemento polos Dereitos Civís. A xustiza dálle a razón deste xeito ao MpDC, quen leva anos reclamando ás autoridades locais a instalación dos espazos destinados á comunicación social establecidos na ordenanza e agora o Concello deberá instalar mupis e obrigar que nos peches de obra se dediquen espazos para a publicidade estática.

No seu día o Concello de Santiago enviara un escrito ao Defensor del Pueblo -xustificando o incumprimento da ordenanza de publicidade estática- no que sinalaba que o único que ía facer era enviar o texto á Federación Gallega de la Construcción. Asimesmo, aclaraba que as súas actuacións se “concretan no desenvolvemento de tarefas de control e vixilancia, sen que destas intervencións se derivara a incoación de expediente sancionador algún”.
ler o resto do texto
__________________
__________________

Subvencionado pola Deputación da Coruña
Loading...
Cámara hotel monumento
Han actuado 0 personas
Nos faltan 0 firmas

Actúa ahora

Tu nombre
Tu apellido
Tu correo-e
Cód. Postal

Cámaras de Galiza


Ver Cámaras de Galiza en un mapa más grande

Videos do Youtube