O MpDC é unha asociación sin ánimo de lucro. Si queres colaborar co seu mantemento podes facer unha doazón con tarxeta de crédito clicando abaixo
Cargando...

30/04/09

O Movemento cuestiona a celebración dos 25 anos do Valedor pola súa ineficacia


Ollando para o web do Valedor do Pobo, podemos ler que este “é o alto Comisionado do Parlamento de Galicia para a defensa dos dereitos e liberdades comprendidos no Título I da Constitución e no estatuto de Autonomía de Galiza. Con este fin e en xeral co obxecto de coñecer o pleno respecto á lei e ao dereito, o Valedor do Pobo supervisará de oficio ou a instancia de parte (a través dunha queixa) a actividade da Administración da Comunidade Autónoma galega e dos seus entes e empresas públicas ou dependentes, así como da Administración local naquelas materias que sexan competencia da nosa comunidade”.

Segundo se pode extraer tamén da súa páxina, o Valedor do Pobo é unha institución que non exerce funcións de tipo coercitivo, senón unicamente de persuasión, de tal forma que a través das súas diferentes actuacións pon en xogo a súa autoridade, para orientar e corrixir as actuacións ou abstencións da Administración que coñece a través dos procedementos correspondentes. Iso é a teoría.

O Movemento polos Dereitos Civís sabe ben que detrás desa fachada o único que hai é complacencia coas administracións, un alto emprego do laissez faire ás mesmas e unha nula ou escasa implicación co que debera ser o seu desvelo, o pobo. Se desde o colectivo se afirma tal cousa é debido á reiterada experiencia que ten no trato coa institución galega e á inoperancia e á torpeza das súas resolucións.

Logo de que despois de máis de dous anos e medio de desinterese institucional quedasen sen sancionar as violacións de dereitos fundamentais durante a aprobación do PXOM en Vigo polo desinterese amosado por esta institución, de que siga sen esclarecerse a legalidade das cámaras da ORA no mesmo concello, de que que tamén o Valedor denegase o lexítimo dereito desta asociación de acceso a un ficheiro e tantas e tantas outras desfeitas contra a sociedade, o MpDC coida que queda demostrada ás claras a escasa utilidade dunha institución que se chame Valedor do Pobo. Neste caso parece máis axeitado nomeala Valedor do status quo ou institucional ao mirar o traballo desenvolvido por ela cando se cumpren 25 anos da súa existencia.

Estreitando lazos co novo goberno igual que cos anteriores

A presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, e o Valedor do Pobo, Benigno López, mantiveron este mércores e a primeira reunión de traballo entre ambas as dúas institucións desde a formación do novo goberno e, entre outras cuestións, decidiron colaborar nos actos de celebración do 25 aniversario da Lei do Valedor do Pobo de Galiza.

Tanto a xefa do Lexislativo como o Valedor coincidiron en destacar a "amabilidade" da reunión e en desexar que sexa "a primeira de moitas máis". "É unha obriga do Parlamento o diálogo constante co comisionado para os dereitos dos cidadáns", sinalou Rojo.

"Temos moito en común e debemos colaborar en todos os ámbitos", insistiu, á vez que López agradeceu a "cordialidade" imperante na primeira reunión, "igual que coa anterior" presidenta da Cámara galega, Dores Villarino. "Confío en que siga habendo a mesma cordialidade en diante", afirmou o Valedor do Pobo. O que nós diciamos.
ler o resto do texto

29/04/09

Denuncian ataques de los Mossos a estudiantes menores de edad

ler o resto do texto

A SGAE en Compostela atenta contra os dereitos das persoas ao instalar cámaras de vídeo vixilancia


Recentemente, o Movemento polos Dereitos Civís tivo coñecemento de que nos exteriores do edificio da Sociedad General de Autores y Editores de Compostela, están instaladas cámaras de vídeo vixilancia fixas, o que supón unha vulneración do dereito á imaxe, á honra e a intimidade persoal. Ante tales feitos, o colectivo vén de presentar un escrito á Delegación do Goberno, á Agencia Española de Protección de Datos e á propia SGAE co obxectivo de esclarecer por que foron instaladas e coa finalidade última de que se retiren.

Ademais, o MpDC denuncia que adoptar como medidas a instalación de cámaras sen existiren indicios nin motivos suficientes para a dita colocación resulta moi gravoso e desproporcionado a respecto da finalidade perseguida, pois de existir indicios que xustifican o principio de proporcionalidade, parece obriga da devandita empresa facilitar alternativas a esta decisión. Desde o Movemento afírmase tal cousa xa que as cámaras recollen a vida diaria de cantos cidadáns pasan por diante do edificio, invadindo a súa intimidade.

Por todo o exposto, o MpDC solicita que a Axencia Española de Protección de Datos informe quen é o responsable do tratamento de datos e, xa que logo, do ficheiro de imaxes gravadas polas cámaras ademais de se o ten inscrito no Rexistro Xeral de Protección de Datos da institución. Ademais, o Movemento pregunta á AEPD se a empresa encargada de instalar as cámaras se atopa incluída no Rexistro destinado a proceder a instalacións, nese caso, dispón de licenza do mesmo xeito que pide ao organismo estatal que sancione os feitos segundo a lexislación vixente.

Esta asociación agradecería á Axencia Española de Protección de Datos que investigase sobre os feitos anteriormente expostos, así como do cumprimento dos requisitos esixidos pola normativa imperante tanto en materia laboral, como de protección de datos e do cumprimento da normativa vixente en materia de vídeo cámaras en lugares públicos manténdoa informada de cantas actuacións leven a cabo con relación a este asunto.

Pola súa banda, o Movemento solicita que a empresa instaladora acredite mediante calquera medio que as cámaras instaladas nos exteriores das dependencias da Sociedad General de Autores y Editores cumpren con todo os requisitos esixidos pola lei, ademais de que a dita empresa remita os informes nos que se baseou para proceder á instalación de ditas cámaras e por tanto xustificou o principio de proporcionalidade, xunto con que informe a esta parte sobre quen ten encomendada a custodia das imaxes e dos mecanismos de control que se prevén para garantir os dereitos dos cidadáns.

Asemade, o MpDC esixe que achegue a solicitude de autorización da instalación das cámaras nos exteriores do edificio sede da SGAE e informe sobre si solicitou ou non autorización para a instalación de ditas cámaras. En úlitma instancia, o Movemento solicita que se proceda á retirada dos dispositivos instalados nos exteriores do edificio da SGAE.
ler o resto do texto

28/04/09

Estudian la legalidad de las cámaras instaladas en dos museos lucenses

El Movemento polos Dereitos Civís asegura querer cerciorarse de que las cámaras de vídeo vigilancia situadas en las salas museísticas lucenses de Porta Miñá y San Roque cumplen con todas las garantías previstas por la Ley de Protección de Datos. Según la organización, las cámaras deberían contar con las autorizaciones e informes correspondientes.

http://news.google.es/news/url?sa=T&ct=es/0-0&fd=R&url=http://elprogreso.galiciae.com/nova/30172.html&cid=0&ei=8GT3SbGNLuHOjAe3tN2oCw&usg=AFQjCNHsByifzdvNbFfxBrQqSf-BpePhiw

Enviado usando Real Mail de Vodafone.

ler o resto do texto

O Concello de Lugo pon a funcionar as videocámaras sen ter informado á AEPD da súa existencia


O Movemento polos Dereitos Civís quere asegurarse de que as cámaras de vídeo-vixilancia situadas nas salas museísticas luguesas de Porta Miñá e San Roque cumpren con todas as garantías previstas pola Lei de Protección de Datos. As cámaras deberían contar coa autorización correspondente da Delegación, previo informe da Comisión de Vídeo-vixilancia, e respectar todos os outros requisitos legais. Ao respecto, o Valedor do Pobo vén de comunicar ao Movemento que non hai tales cámaras instaladas e informa da intención de arquivar a queixa cando a realidade amosa o contrario.

Desde Dereitos Civís non é a primeira vez que se envía escrito ao Valedor para obter información sobre este asunto. Nunha ocasión anterior, a autoridade administrativa comunicou á asociación que se vira na obriga de presentar un segundo requerimento ao Concello de Lugo. O Goberno municipal negárase até o momento a facilitar o informe solicitado pola institución e ignorou a primeira petición trasladada dende o Valedor. Neste caso si responderon os inqueirmentos, mais informando da non instalación de dispositivos na ditas dependencias.

Ao respecto indican que as únicas cámaras instaladas son as que foron autorizadas pola Delegación do Goberno e que actualmente están pendentes da resolución da Agencia Española de Protección de Datos á hora de autorizar a creación do ficheiro no que gravar as imaxes que rexisten os dispositivos. Logo estas cámaras en cuestión non contan coa autorización pertinente e para máis ver, as que segundo o Concello si están instaladas aínda non contan co dito permiso. Entón, ábrese a cuestión de que procedemento segue o Concello para someter a video vixilancia a cidadanía.

Algúns concellos galegos semellan decididos a obstaculizar non só o lexítimo dereito de petición e acceso dos seus cidadáns senón tamén as iniciativas das institucións públicas que os representan e defenden, xa que o Valedor do Pobo ven de solicitar por segunda vez ao Concello de Lugo a presentación dun informe respondendo á solicitude do Movemento polos Dereitos Civís coa intención da asociación de comprobar se as cámaras situadas en varios museos da capital lucense contan coas autorizacións e informes pertinentes e só agora se manifestou o ente local.

Ademais, o goberno municipal que dirixe Xosé Luís López Orozco anunciou nas últimas datas a instalación de 72 novas cámaras de vixilancia no centro histórico de Lugo, que veñen sumarse ás xa existentes. O obxectivo do Concello é ao parecer o de frear os actos de vandalismo contra os edificios con valor histórico e artístico da cidade. Porén, un requisito indispensable para o emprego da vídeo-vixilancia e a proporcionalidade no seu uso, xa que milleiros de persoas serán gravadas cada día polas cámaras, vendo expostos o seu dereito á intimidade, á honra e á propia imaxe.
ler o resto do texto

El Movemento polos Dereitos Civís califica de «acto covarde» el ataque al local de Aturuxo

ler o resto do texto

27/04/09

Protección de Datos investiga a legalidade das cámaras que controlan a zona azul de Vigo


O organismo estatal revisará a instalación dos primeiros dispositivos que vixilan as prazas da XER na rúa Venezuela da cidade olívica

http://www.xornal.com//artigo/2009/04/25/galicia/proteccion-datos-investiga-legalidade-das-camaras-controlan-zona/2009042519403045984.html
ler o resto do texto

O Movemento denuncia o novo ataque sufrido polo Centro Social Aturuxo de Boiro


O local social Aturuxo de Boiro volveu ser atacado, “o que non é un acto illado, nin casual”, afirman desde o colectivo. O suceso aconteceu este venres, se ben, os ultimos dias xa desde o colectivo souberon de comentarios “violentos e claramente fascistas” cara o seu local e o que Aturuxo representa ao respecto da defensa dos dereitos das persoas e dos pobos. Ao respecto, o Movemento polos Dereitos Civís non pode senón expresar o seu maior rexeitamento aos que cometeron este ataque no que foi un acto covarde mais cheo de xenreira cara quen defende o común e a sociedade.

Nesta ocasión, os vidros exteriores do local estalados por un impacto é o resultado do ataque. Foron escoller a semana na que se celebran varias datas importantes nas que diferentes pobos venceron o fascismo, contextualiza Aturuxo. O pobo portugués, que derrotou a ditadura no 25 de abril de 1974 e, tamén, o pobo italiano liberábase do goberno fascista de Musolini no 25 de Abril de 1945. Seguramente estes “pequeno-fascistas, criados no analfabetismo e na incomprension do propio e do diferente” non saiban destes dous acontecementos historicos, pero non deixa de ser triste que na semana que uns celebramos a liberdade do pobo portugués e recordamos a revolta italiana de 1945, “uns malditos queiran silenciarnos violentamente”, continúan a dicir desde o centro social barbanzano.

Tanto Aturuxo coma o Movemento coinciden en que “estas actitudes non deben ter sitio na nosa sociadede”, senón que é preciso plantar cara firmemente aos “ataques fascistas”, así como facer tamén fronte ao “sentimento de autoodio e esquizofrenia” que poñen en práctica cando atacan a todas as e os que defendemos a lingua, a cultura e un futuro digno e prospero para o noso país.

A denuncia ante o sucedido, así como o reclamo a poder exercer os dereitos como cidadáns que somos de expresármonos libremente de xeito individual ou asociativo, como neste caso, son outras das reivindicacións que o MpDC fai ao respecto. Ademais, hai que ter en conta que actos coma o desta fin de semana en Boiro parten dunha oposición aberta á defensa do galego e de Galiza, así como da súa cultura e identidade, feitos estes postos en valor polo Movemento, por Aturuxo e por tantos outros colectivos do país. Pola dignidade e os dereitos.
ler o resto do texto

26/04/09

Axentes municipais, xuiz e fiscal ensaian xuízos

O pasado 22 de Abril, a Coordenadora para a Prevención da Tortura (CPT) enviou escrito ao Consello Xeral do Poder xudicial e ao Fiscal Xeral do Estado con motivo da publicación no xornal El Punt (01/03/2009) da notícia da celebración, na cidade de Sabadell, de unha "simulación de xuízos contra axentes da polícia" con o propósito de "corrixir erros nas detencións e à hora de declarar".

http://www.esculca.net/Axentes_municipais__xuiz_e_fiscal_ensaian_xuizos.html

Enviado usando Real Mail de Vodafone.

ler o resto do texto

9.000 cámaras nos vigilan

Calles, plazas, interiores y carreteras, sometidas a diario a la videovigilancia. A los equipos de la policía y de supervisión del tráfico se suman los de los comercios, bancos, gasolineras y edificios. La capital es la única ciudad de la provincia con instalaciones en la vía pública

http://www.laopiniondemalaga.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009042600_2_254213__Malaga-9000-camaras-vigilan

Enviado usando Real Mail de Vodafone.

ler o resto do texto

As relacións internacionais do nacionalismo galego ou a vella Tripla Alianza e o Galeuzca


As alianzas entre os nacionalismos galego, vasco e catalán veñen de tempo atrás. A existencia de problemas e inquedanzas comúns alimentou a ideia de iniciar estas relacións desde hai practicamente un século. Proclamas, manifestos, proxectos e obxectivos comúns darían como resultante diversas plataformas tripartitas unitarias. Un tema que non só é histórico, senón que goza de total actualidade, máxime polas vindeiras eleizóns europeas.

Uxío-Breogán Diéguez (*). Veñen de vello as alianzas que no marco peninsular se levan desenvolvido da man de organizacións nacionalistas, a partir de sentires, necesidades e obxectivos comúns fronte a problemáticas compartidas. Vai camiño dun século o traballo común que nesta liña seleva practicado, manifestado a través de diversas unións entre organizacións galegas, vascas e catalás. Unh temática que fica de total actualidade, máxime diante das vindeiras eleizóns ao Parlamento europeu. Fagamos un pouco de historia, pois, das dúas primeiras iniciativas que inauguraron formalmente esta unión internacional no primeiro terzo do pasado século.

A Tripla Alianza Desde finais do século XIX diversas relacións entre persoeiros Galegos vascos e cataláns eran habituais. Principais intelectuais e organizacións das tres nacións ficaban afeitos e afeitas a se relacionaren e compartiren reflexións, sentimentos e preocupacións: Rosalía de Castro, Alfredo Brañas, Manyé i Flaquer, Cambó... No primeiro terzo do pasado século acentuaríanse estas relacións, parello ao feito de se desenvolveren na Galiza, Euskadi e Catalunya os piares do soberanismo moderno.

Organizativamente irían tamén aumentando as relacións entre diversas estruturas como, por exemplo, as Irmandades da Fala, creadas no 1916, e Acció Catalana, nada no 1922. Esta última será a organización que faga a proposta explícita dunha alianza entre as tres nacións para sumar forzas fronte un “sometemento” común, nunha acción compartida en favor da necesaria “redención” de cada un dos países en cuestión. Esta chamada dáse nun tempo de impase na Historia do Estado español, no final da decadente Restauración.

Era aquel un contextoque levaría á organización patriótica catalá a afirmar con precisión: “Laoscuridad de los tiempos que vienen hace más necesario el establecimiento de la Triple Alianza Nacionalista ante el Estado que traquetea...”. O 11 de setembro do 1923 asinaríaseo documento fundacional da coñecid como Tripla Alianza no Centre Autonomista de Dependents del Comerç i de la Indústria de Barcelona. A data escollida foi a da DIADA ou Día Nacional de Catalunya. Neste primeiro chanzo da alianza política entre galegos, vascos e cataláns atopábanse as organizacións catalanas, e para alén da Acció Catalana, Federatio Nacionalista, e Unió Catalanista –sumándose ao pouco tamén Estat Catalá-, as galegas Irmandades da Fala e Irmandade Nazonalista Galega, así como o euskaldún Eusko Alderdi Jeltzalea (PNV).

O documento fundacional da alianza foi cualificado por Francisco Fernández del Riego, nun texto redixido unha década despois do devandito encontro, de “...paito secreto de matiz francamente arredista...”. A alianza, de potencial dubidoso na altura da man das diverxentes sensibilidades que ficaban sustentándoa, acabaría sen se desenvolver polo Golpe militar que daría o 13 de setembro de 1923 o xeneral Miguel Primo de Rivera.
A singradura do Galeuzca, a repercusión internacional e a disparidade ideológica

Após un errático sexenio, asístese á queda da ditadura de Primo de Rivera; abríndose á altura do 1929 un impase dun ano: a denominada Dictabranda. Esta marxe temporal posibilitaría que as forzas republicanas e soberanistas na Galiza, Euskadi e Catalunya tomaran, en grande medida, o pulso da Historia.

O aumento da consciencia de clase entre os proletarios e camadas populares, o sentimento antimonárquico e republicano, así como o medre do sentir identitario, como o contexto internacional, fixeron que o 14 de abril florecera a II República da man dunhas axitadas eleizóns municipais. Neste marco, o soberanismo galego preparábase para iniciar a súa maior
singradura, até aquela altura, en termos político-partidario-institucionais; unha etapa representada, como catalizador, polo Partido Galeguista (PG).

As diversas asambleas partidarias e irmandiñas patrióticas que operaban en grande parte do territorio galego, confluíron na Asemblea Constituínte do PG en Pontevedra no mes de decembro do devandito ano. Desde un inicio mantería como bandeira esta modernizadora organización a loita en favor, como se viñera de marcar na proposta do Seminario de Estudos Galegos de xuño do 1931, dun “Estado galego libre” (sic). De cara a consecución deste obxectivo estratéxico, marcaríase unha táctica na que sería fundamental, por unha banda, a aprobación dun Estatuto de Autonomía e, por outra, unha alianza con cataláns e vascos que chegara a formar un polo que contrarrestase a acción do españolismo centralista de cara a construción dunha estrutura federalizante no contexto republicano español e no camiño cara
a plena soberanía nacional da Galiza.

No relativo ao tecido tripartito, os galeguistas, omeadamente Alexandre óveda, secretario xeral e organización, o pouco, do PG, à sazón, manterán comunicación con diversos epresentantes vascos e ataláns, posibilitando as bases dun acordo. Estas relacións culminarán na viaxe que vascos e cataláns farán a Galiza no mes de xullo do 1933, após a arenga galeuzcana formulada desde Euskadi da man de Eusko Abertzale Ekinza (ANV). A devandita viaxe artellaríase coa intención de formalizar, diante do Día da Patria Galega daquel ano, o que se denominará Pacto de Compostela ou Galeuzca.

Esta iniciativa presentaríase poéticamente a través de A Nosa Terra, voceiro do PG, como unha “...aperta de nacións irmáns compretamente independentes na sua i-alma” reunidas en
irmandade “para demostrar ao mundo que nengunha está soa nesta empresa suprema do seu resgate...”. O documento fundacional do irmanamento sería asinado nos locais do Seminario de Estudos Galegos, a partir dun texto manuscrito por Alexandre Bóveda en galego, da man de organizacións como as xuvenís Palestra ou Ultreya e as estruturas partidarias PG, Euzko Alderdi Jeltzalea, Esquerra Republicana de Catalunya e Unió Democràtica de Catalunya; outras, caso de ANV, ao non enviaren representación para a viaxe polo noso país, non asinarían en Compostela o acordo; faríano máis tarde, malia ser, caso desta última, impulsoras do mesmo. Galeuzca causaría grande malestar entre a ‘clase’ política española, máxime ao ver como contaba a nova estrutura
cunha importante presenza mediática, ultrapasando os lindes pirenaicos e oceánicos.

Medios de comunicación franceses, ingleses, alemáns ou norteamericanos –Petit Parisien, The Times ou Berliner Tageblatt-, daban conta da devandita unión a tres bandas como feito de relevo. A alianza, para o caso galego, deuse nun contexto no que o PG verificaba as inmensas trabas que se lle estaban a pór de cara a consecución daquel obxectivo táctico xa citado, cal era o Estatuto. E é que após a exitosa celebración da Asemblea de Concellos de Galiza Pro Estatuto (1932), sería adiado o desenvolvemento, por imperativo legal -segundo a legalidade
constitucional española-, dun plebiscito popular en relación á “autonomía”.

E é que, a partir da vitoria que o españolismo máis rancio colleitaría no marco das eleizóns ao Parlamento español de outono dese mesmo 1933, todo proceso modernizador e en clave de (re)construcción nacional que puidera terse ollado até o momento no noso país, Catalunya ou Euskadi, sería firme e duramente contrarrestado polo goberno español. Galeuzca sufrirá as consecuencias desta realidade, mais tamén do feito de ser unha alianza altamente heterogénea que lle fixo imposíbel marcar liña única e efectiva, converténdose nunha ferramenta inútil, no nível práctico e para alén do simbólico, a favor da soberanía das tres nacións. Nos anos corenta, en pleno exilio, mais no horizonte da vitoria aliada no contexto da II Guerra Mundial, o pacto Galeuzca tentou ser retomado diante da hipotética restauración da República no marco estatal español.

Outravolta, o saldo a efeitos prácticos desta nova tentativa sería negativo. E é que, ao igual que o que acontecera nos anos trinta, a heteroxeneidade das partes integrantes da estrutura invalidaba calquera posibilidade de traballo práctico, en base a unha realidade ideológica interna ampla de máis. Unha realidade que non invalidaba, en todo caso, o espírito do proxecto; xa que desde unha perspectiva lóxica, Galeuzca presentábase como unha necesaria ferramenta a construír por parte do soberanismo galego,vasco e catalán, mais procurando a súa existencia a partir do encontro das respectivas sensibilidades patrióticas organizadas máis afíns.

(*) Uxío-Breogán Diéguez Cequiel é coordenador do Galeuzca
de historiadores


ler o resto do texto

Protección de Datos investiga a legalidade das cámaras que controlan a zona azul de Vigo - Xornal.com

ler o resto do texto

25/04/09

O MpDC celebra a absolución das 10 persoas imputadas polos feitos de Toralla


O Movemento polos Dereitos Civís celebra a sentenza ditada a favor das persoas imputadas pola “invasión” da illa de Toralla (Ponteverdra). Se ben, o colectivo cuestiona o labor que fai a fiscalía. Así, Dereitos Civís pregunta porque se personou neste caso contra as e os participantes nunha acción lúdica e non o fai cando os corpos e forzas de seguridade actúan neglixentemente ao golpearen un mozo polas costas na Coruña ou cando tirotearon a un veciño de Meis ou agediron a un xornalista da CRTVG nas mobilizacions contra Reganosa, entre outras.

O Xulgado número 6 de Vigo ven de ditar sentenza absolutoria para as 10 persoas membros de A Ría Non Se Vende imputadas nun xuízo de faltas no que se lles acusaba “dunha falta leve de respecto e consideración debida á autoridade”. Os feitos xulgados refírense a unha concentración lúdica e pacífica na praia de Toralla que, o pasado 13 de setembro foi “invadida” por músicos, “piratas” e navegantes aventureiros que reivindicaban o dereito cidadán (estipulado pola lexislación vixente) de acceso ao litoral. Algo que nesa illa, símbolo da especulación, non se cumpre.

Os incidentes que deron lugar a este xuízo deriváronse da intervención dunha dotación policial antidisturbios cando o acto xa tiña rematado. A fiscal pedía para cada unha das persoas acusadas unha multa de 350 euros por considerar probado que proferiron insultos contra os policías actuantes. A sentenza, pola contra, considera que non quedou “acreditada a responsabilidade e participación dos denunciados” nos feitos que se lles imputaban.

Ademais, e polos mesmos feitos, un total de doce persoas foron sancionadas pola Subdelegación do Goberno con multas que oscilan entre os 350 e os 600 euros, sancións que, en base a esta resolución xudicial absolutoria, están sendo agora recorridas. É ao respecto desta, unha vez máis, desproporcionada actuación do binomio xustiza – policía que o Movemento alza a voz e lanza a pregunta que vén facendo logo de cada actuación irregular da policía: Por que se segue a alentar desde a xustiza a impunidade destes corpos e por que seguen a ser forzas de castigo e represión no canto de selo de seguridade cidadá.
ler o resto do texto

Reclaman que se aclare el cometido de las cámaras de vigilancia de la sede de Telefónica

ler o resto do texto

24/04/09

Protección de Datos debe esclarecer a situación de preto de 60 cámaras de vídeo vixilancia instaladas no edificio Telefónica da Coruña


Recentemente, o MpDC tivo coñecemento sobre o sistema de vídeo-vixilancia instalado no edificio da mercantil Telefónica España S.A.U. sito na cidade da Coruña. Así, no exterior e interior de devandito edificio, están instaladas preto de sesenta cámaras de vídeo vixilancia. Ante tales feitos, esta asociación ponse en contacto coa Axencia Española de Protección de Datos para procurar o esclarecemento de varias cuestións que son de vital importancia no que respecta aos dereitos das persoas.

As cámaras atópanse situadas no exterior do devandito edificio e están orientadas á vía pública, ao que hai que engadir que algunhas das que se atopan no vestíbulo controlando o taboleiro sindical. O dito taboleiro foi cambiado de lugar pasando a estar situado nas proximidades das videocámaras para gravar dun modo máis eficaz a cantos se dirixen ao mesmo, tanto a observar como a colocar boletíns informativos, o que viola claramente tanto a intimidade persoal como a liberdade ideolóxica e por suposto a liberdade de afiliación sindical. Estes feitos denotan, ao ver do colectivo, un excesivo control de Telefónica España SAU sobre os seus traballadores.

Os dispositivos gravan a cantos cidadáns transitan polas proximidades do edificio e as pantallas de control das imaxes están á vista de cantos transitan polo exterior, vulnerando o dereito á intimidade. Tales artefactos de gravación comezaron a funcionar sen que os traballadores nin os representantes sindicais recibisen comunicación da súa posta en funcionamento.

En primeiro lugar, o Movemento denuncia que adoptar como medidas a instalación de cámaras sen existir indicios nin motivos suficientes para a súa instalación resulta moi gravoso e desproporcionado a respecto da finalidade perseguida, pois de existir indicios que xustifican o principio de proporcionalidade, parece obriga de devandita empresa a de facilitar alternativas. Desde o Movemento afírmase tal cousa xa que esa mesma cámara recolle a vida diaria de cantos cidadáns pasan por diante do edificio, invadindo a súa intimidade.

Por todo o exposto, o MpDC solicita que a Axencia Española de Protección de Datos informe quen é o responsable do tratamento de datos e, xa que logo, do ficheiro de imaxes gravadas polas cámaras ademais de se o ten inscrito no Rexistro Xeral de Protección de Datos da Axencia Española de Protección de Datos.

Ademais, o Movemento pregunta á AEPD se a empresa encargada de instalar as cámaras se atopa incluída no Rexistro destinado a proceder a instalacións, nese caso, dispón de licenza do mesmo xeito que pide ao organismo estatal que sancione os feitos segundo a lexislación vixente.

Esta asociación agradecería á Axencia Española de Protección de Datos que investigase sobre os feitos anteriormente expostos, así como do cumprimento dos requisitos esixidos pola normativa imperante tanto en materia laboral, como de protección de datos e do cumprimento da normativa vixente en materia de vídeo cámaras en lugares públicos manténdonos informados de cantas actuacións leven a cabo con relación a este asunto.
ler o resto do texto

"La policía no cachea a los nazis armados en las manifestaciones"

Antifascistas madrileños critican la pasividad policial con los ultraderechistas y sostienen que ellos son identificados sistemáticamente

El movimiento antifascista madrileño ha criticado a las fuerzas de seguridad y a la delegación del Gobierno por la represión que, en su opinión, sufren durante las manifestaciones, mientras que los grupos neonazis organizan marchas "en las que van armados" y cometen agresiones con "total impunidad, sin ser cacheados".

http://www.publico.es/221064/antifascistas/neonazis/ultraderecha/policia/cacheos/manifestaciones

Enviado usando Real Mail de Vodafone.

ler o resto do texto

23/04/09

A Delegación do Goberno pretende que se desestime unha demanda interposta polo MpDC que vela polos intereses da sociedade


O Movemento polos Dereitos Civís presentou no seu momento unha demanda contencioso administrativa contra a Delegación do Goberno en Galiza no caso das cámaras de vídeo-vixilancia instaladas de xeito ilegal na estación de autobuses da Coruña. Ante tal demanda, o avogado do Estado na cidade vén de responder baseándose en fundamentos baleiros e desprezativos de cara o MpDC e amosando ás claras o pouco respecto que que lle ten á sociedade.

Desde o descrédito á intencionalidade do Movemento pondo en dúbida o seu interese na retirada das cámaras até achacarlle ao colectivo falta de lexitimación e descoñecemento das funcións da Delegación do Goberno son algunhas das alegacións feitas polo defensor da institución coa finalidade última de que se desestime a demanda interposta polo colectivo en defensa dos dereitos civís.

O Movemento non pode senón lembrar que a Delegación ignorou repetidamente as peticións de información da asociación sobre a concesión e renovación do permiso para instalar os dispositivos. Perante este silencio administrativo o MpDC viuse na obriga de recorrer á Xustiza. Semella evidente que tanto o Concello da Coruña como a Delegación incumpriron de forma voluntaria e reiterada a normativa que regula a instalación de vídeo-vixilancia en espazos públicos; por iso, o Movemento solicitou ó Xulgado a retirada inmediata das cámaras da estación de autobuses e dirixiu escritos ás institucións interesadas informándose sobre o cumprimentos dos trámites e garantías previstos pola Lei Orgánica 4/1997.

O resultado destas investigacións foi a constatación de que o Concello solicitara a autorización para as cámaras a posteriori da súa instalación. Non por habitual resulta menos grave o feito de que a Delegación do Goberno concedese de feito o permiso, coñecendo as circunstancias, a irregularidade que supuñan e a conseguinte vulneración dos dereitos dos cidadáns. Esta autorización, irregular por si mesma, permitía ao Concello o emprego das cámaras durante o ano, ao cabo do cal debía solicitar a renovación da devandita autorización.

Renovación da autorización

A comezos do ano 2008 o Movemento polos Dereitos Civís dirixiu un escrito á Delegación do Goberno, preguntando se o Concello presentara a documentación necesaria para solicitar a renovación do permiso. O Concello tiña que xustificar con informes policiais e a aprobación da Comisión de Garantías de Videovixiancia de Galicia a idoneidade e necesidade do uso das cámaras. A Delegación limitouse a contestar ó MpDC que as cámaras “tiñan a autorización en regra”, sen facilitar ningún dos documentos solicitados.

Ante a pasividade coa que acolleu a administración as sucesivas peticións e escritos do Movemento sobre o caso, a asociación viuse na obriga de presentar unha demanda contencioso administrativa contra a Delegación, documento que vén de ser respondido con toda clase de descalificativos ao redor do traballo do Movemento en prol dos dereitos civís.

Así as cousas, o Movemento solicita de novo ao xulgado que se proceda coa retirada inmediata das cámaras, perante as evidentes irregularidades cometidas polo Concello e pola Delegación. A asociación manifesta ademais a súa preocupación polo enésimo caso de comportamento irregular e falta de transparencia das administracións públicas, que deberan ser as primeiras en evitar a lesión dos dereitos fundamentais dos cidadáns.
ler o resto do texto

22/04/09

O Movemento apoia a última campaña de normalización posta en marcha pola Ciberirmandade da Fala


O Movemento polos Dereitos Civís apoia a última iniciativa lanzada pola Ciberirmandade da Fala. O colectivo saúda esta nova campaña de normalización que ten por obxectivo chegar á multinacional Decatlhon lanzada despois de visitar o seu sitio web e comprobar a ausencia da lingua propia de Galiza de tal páxina cando si utilizan, con toda normalidade comercial, outras linguas do estado.

Ademais, desde o MpDC valórase moi positivamente o feito de que a cidadanía poida expresar a tal empresa o seu parecer sobre a ausencia do galego das tendas e do web de Decathlon a través do envío dun correo eletrónico xa elaborado e que só hai que facer chegar ao seu destinatario. No texto fálase do respecto pola lingua propia de Galiza e tamén da necesidade de empregala como idioma de comunicación cos seus clientes no país.

Tanto a Ciberirmandade coma o Movemento consideran a non presenza do galego coma un erro impropio dun tempo onde o plurilingüismo é un valor engadido a calquera produto comercial. Pola súa banda, os impulsores da iniciativa queren lembrar á multinaciona que a Confederación de Empresarios de Galicia, CEG, oferta de balde un servizo de tradución de páxinas web para todas as empresas que así llo soliciten.

Decathlon é unha multinacional especializada na creación e distribución de artigos deportivos creada no 1976 na Francia. A filosofía da empresa exponse do seguinte xeito: "Dar gañas e facer accesíbel ao maior número de persoas o pracer do deporte". Desde o colectivo galego en rede cren que para ser coherentes con esta filosofía nada mellor que levala a cabo comezando por incluír o noso idioma na súa paxina web, xa que a firma dispón de dúas tendas no noso país, e por moi estraño que pareza non é posíbel acceder á información que ofrecen na rede no noso idioma.

Desde o Movemento polos Dereitos Civís saúdase e valórase que máis colectivos do país traballen pola defensa dos dereitos das persoas a se expresaren e a viviren en liberdade e non a estaren condicionadas por imperativos intransixentes que a coharten.
ler o resto do texto

La ONU condena a España por la muerte por sida de un preso murciano

El dictamen del Comité destaca "la actitud pasiva del centro penitenciario de El Dueso (Santander)

http://www.publico.es/espana/220638/onu/condena/espana/muerte/sida/preso/murciano
Enviado usando Real Mail de Vodafone.
ler o resto do texto

21/04/09

O MpDC sorpréndese pola repercusión mediática da morte de Ian Tomlinson


Ian Tomlinson, de 47 anos de idade, sufriu unha hemorraxia abdominal e morreu. Ao parecer Tomlinson non era un activista máis da manifestación contra a última cimeira do G-20, senón que se dirixía de camiño a casa cando foi agredido polos axentes da policía británica, tal e como demostra ás claras un vídeo gravado por un viandante. O MpDC estende a súa queixa polo sucedido, pero quere chamar a atención sobre a repercusión mediática que tivo e está a ter o suceso cando no noso país, mal que nos pese, as actuacións neglixentes da policía están á orde do día.

A Comisión Independente de Queixas da Policía (IPCC, nas súas siglas en inglés), encargada de investigar a morte do cidadán británico, recompilou testemuños de persoas que presenciaron a escena e que aseguraron que presenciaron como foi atacada a vítima. No caso galego, o traballo do MpDC, focado cando cómpre en esclarexar accións irregulares dos corpos e forzas de seguridade do Estado xa denunciou a agresión polas costas contra un xoven se marchaba do lugar onde se estaba a realizar unha concentración en A Coruña, sin que mediara provocación de ningún tipo. É a casualidade o que transforma esta agresión en algo banal, pois poderíalle ter ocurrido a este mozo o mesmo que Ian.

O dito vídeo, filmado por un xerente financeiro neoiorquino que se atopaba en Londres por motivos de traballo, mostra como Tomlinson, que andaba coas mans nos petos, non se enfrontou aos policías nin opuxo resistencia cando os axentes antidisturbios o golpearon, motivo polo cal caeu ao chan, segundo pode verse con claridade no vídeo publicado no xornal 'The Guardian'. Este vídeo demostra un ataque provocado por un oficial de Policía cara a un viandante, denunciou o portavoz en temas de Xustiza dos Liberal Demócratas, David Howarth, feito que asegura unha segunda autopsia de Ian Tomlinson, de 47 anos, quen morreu tras ser golpeado por detrás e empuxado ao chan por un policía, segundo informaron os avogados da familia.

O policía en cuestión está sendo interrogado en relación cun posible caso de homicidio non premeditado logo de coñecerse estes resultados. A primeira autopsia levada a cabo polo Dr. Freddy Patel atribuíu a morte a "unha dolencia coronaria e arterial". Con todo, hai solicitado un segundo exame forense a instancias dos avogados da familia e a Comisión Independente de Queixas da Policía (IPCC, polas súas siglas en inglés), o que pon claramente en tela de xuízo algo que é denunciado en moitas ocasións polo MpDC, a presunción de veracidade dos corpos de seguirdade.

O que quere resaltar o Movemento polos Dereitos Civís é a extrañeza que lle produce a abondosa repercusión do evento nos medios. As circunstancias non son para menos, non, mais algo que sospeita o colectivo é que polo feito de ter ocorrido en Londres, na cimeira do G-20 e sendo a policía británica a que cometeu a agresión, o acontecemento ten licencia para ocupar portadas e espazo nos medios. Pola contra, cando un suceso de similares características ocorre na noite do 25 de xullo en Compostela, a posibilidade de verse volcado nos medios de comunicación é ínfima. Así funcionan os fluxos informativos.

Desde o MpDC alentamos os medios galegos a perderlle o medo a contar a verdade cando os infractores e delincuentes non son xente do común, senón os axentes das forzas e corpos de segridade do Estado e chamamos tamén os medios a alarmarse cando accións similares se producen no noso país con tanta frecuencia.
ler o resto do texto

El ex director de la CIA dice que Obama pone en riesgo la seguridad nacional

Michael Hayden afirmó que publicar memorandos legales en los que constan las prácticas de interrogatorio a presuntos terroristas envalentona a grupos como Al Qaida.

http://www.lavozdegalicia.es/mundo/2009/04/20/00031240228944176130802.htm

Enviado usando Real Mail de Vodafone.

ler o resto do texto

20/04/09

El «sheriff» de Coslada sale de la cárcel

Ginés Jiménez, quien salió en libertad bajo fianza de 9.000 euros, asegura confiar en la vía judicial y anuncia que pedirá su readmisión en ese cuerpo policial.
http://www.lavozdegalicia.es/espana/2009/04/20/00031240251850133726160.htm
ler o resto do texto

O Movemento esixe de novo a Caixa Galicia a retirada das cámaras que “vixían” as rúas compostelanas


A asesoría xurídica do MpDC vén de interpór unha demanda contencioso administrativa contra a resolución da Delegación do Goberno en Galiza relativa á instalación de cámaras de vídeo vixilancia nos exteriores das sucursais de Caixa Galicia en Compostela. En última instancia, tanto esta acción como as anteriores postas en marcha polo Movemento van dirixidas a que a entidade financeira retire os dispositivos de gravación.

As ditas cámaras de seguridade están colocadas na vía pública, polo que gravan necesariamente ás persoas que circulan pola mesma. O MpDC denunciou anteriormente a ilegalidade aberrante destes dispositivos, que teñen un radio de gravación de 360 graos e supoñen unha vulneración do dereito á imaxe, á honra e a intimidade persoal.

Ademais, no escrito remitido ao Movemento pola Delegación do Goberno, pode constatarse que a institución vulnerou o procedemento legalmente establecido para a autorización das cámaras de videovixiancia en lugares públicos, pois afirma que “a instalación de videocámaras por particulares na vía publica é unha actividade non prohibida expresamente” incorrendo nun erro de plantexamento do procedemento legalmente esixido para a instalación de videocámaras na vía pública.

Cómpre recordar unha vez máis que unicamente as Forzas e Corpos de Seguridade poden colocar cámaras de vídeo-vixilancia na vía pública, previa solicitude dunha autorización e sempre que existan circunstancias de perigo que fagan imprescindible este recurso. O Movemento polos Dereitos Civís considera fundamental que a Administración e a Xustiza tomen medidas urxentes, impedindo que entidades privadas se coloquen a si mesmas por enriba da lei, co conseguinte dano dos dereitos fundamentais dos cidadáns.

Deste xeito, a Delegación non só está tomando unha actitude totalmente pasiva no exercicio das súas funcións, senón que o máis importante é está incumprindo a lexislación e normativa legal imperante no eido das cámaras de videovixiancia, vulnerando os dereitos fundamentais das persoas.

A lexislación indica que o uso de instalacións de cámaras ou videocámaras só é admisible cando non exista un medio menos invasivo, así como que as cámaras e videocámaras instaladas en espazos privados non poderán obter imaxes de espazos públicos, como si acontece neste caso. Con todo, o uso de sistemas de vídeo vixilancia deberá ser sempre respectuoso cos dereitos das persoas e do resto do ordenamento xurídico.

En todo caso, correspóndelle á Delegación do Goberno, previo informe favorable da Comisión de Garantías de Vídeo vixilancia a concesión da autorización para a instalación de cámaras na vía pública. Neste sentido, tendo en conta que a administración non é libre para esixir ou non a autorización previamente á instalación de ditas cámaras de seguridade ante a Delegación, xa que é necesario acudir ás normas que afecten á dita actividade para as que se pretende solicitar autorización deberá esixir e garantir en todos os casos o cumprimento dos requisitos que nel se recollen.
ler o resto do texto

19/04/09

El Concello de Sada recurre la sanción de la Agencia de Protección de Datos - A Coruña / Metro - La Opinión A Coruña

El Concello de Sada recurre la sanción de la Agencia de Protección de Datos - A Coruña / Metro - La Opinión A Coruña:

"El concejal de la Policía Local, Carlos Babío, opina que el asunto de los ficheros policiales está 'suficientemente analizado' y que 'forma parte del pasado'. De hecho, ayer indicó que la resolución de Protección de Datos 'se conoce desde hace más de un mes' -aunque ningún medio se había hecho eco de ella hasta ayer- y aseguró que la oposición tuvo acceso a toda la documentación relacionada con un asunto que considera 'cerrado'. 'Esta concejalía trabaja para solucionar problemas, no para generarlos', destacó."

ler o resto do texto

As viñetas do En Movemento


Euler iniciou de novo a colaboración co periódico En Movemento. Eis a primeira das viñetas, a do número de abril.
ler o resto do texto

18/04/09

Xornadas pola liberdade de expresión no Centro Social Mádia Leva!


O Centro Social Mádia Leva! de Lugo organizou unhas xornadas sobre a liberdade de expresión os días 26 e 27 de marzo. No primeiro día debateuse sobre o control social e a videovixilancia, palestra na que participou a avogada Eva Vales, do Movemento polos Dereitos Civís. No segundo día tratouse a criminalización dos movementos sociais, tema que tratou Borja Colmenero, avogado do colectivo popular antirrepresivo Ceivar.

MáDIA LeVA. A primeira das palestras trataba sobre control social e video-vixilancia. O 26 de marzo contamos coa presenza de Eva Vales, avogada do Movimento polos Direitos Civís (MpDC), para analizar polo miúdo a legislación que existe na materia. Falouse da colocación de 72 novas cámaras em Lugo, da sua instalación en loxas e empresas privadas que imcumprem a normativa filmando ruas e prazas da cidade ao cal se une tamén as instaladas nos centros de traballo. Segundo o Estatuto dos Traballadores, é legal colocar cámaras para controlar o espazo de traballo durante a xornada laboral, mais non para o control da privacidade dos empregados. Por outro lado, ficou constatado que as imaxes das cámaras instaladas de maneira ilegal son de facto utilizadas en procesos xudiciais.

Criterio de proporcionalidade O difuso criterio de “proporcionalidade” no que se basea a legislación sobre instalación de videocámaras, parece máis servir á expansión masiva da videovixilancia que á protección dos directos civís. Por exemplo, autorizáronse cámaras en Lugo para evitar que un vagabundo durmise no soportal dunha igrexa. O MpDC púxose en
contacto co Concello de Lugo coa Policía española para solicitar información sobre a utilización das imaxes e os permisos correspondentes para a instalación das cámaras, mais non obtiveron resposta. O Grande Irmán, en Lugo Neste dia tamén se presentou o dossier “O Big Brother chega a Lugo” editado no Mádia Leva. Nel recollemos algúns datos de interese para abrir unha reflexión colectiva na cidade das murallas. Tal como asegurou a avogada do MpDC Eva Vales, Lugo tornouse a cidade mais videovixiada do noso país.

O ‘todo-terrorismo’: a ilegalización da sociedade

O 27 de marzo, o avogado de Ceivar, Borja Colmenero, falou sobre “Terrorismo sen armas. Criminalización dos movementos sociais”. Co chamado Sumario 18/98 na Audiencia Nacional contra as organizacións subvenís Jarrai/Haika/Segi, pasouse de considerar “terrorismo” un feito concreto (ter unha organización, armamento, tentar mudar a orde estatal coa violencia) a estender o termo a calquera organización que defendese os mesmos obxectivos políticos, mais que nunca practicaron a violencia. Desde entón, e coa complicidade dos medios, ábrese un período en que as medidas de excepción se aplican de xeito claro na Euskal Herria, atacando gravemente a liberdade de expresión e o direito de asociación.
De facto, o mais parecido á Lei de Partidos encontrámolo en leis de 1939 cando a ditadura perseguía todas as persoas que tivesen algunha militancia durante a República. Segundo a análise de Borja Colmenero, o movemento independentista galego podería ser obxecto de medidas semellantes. A “Operación Castiñeira” foi a que fixo saltar a alarma ao iniciar a represión directamente sobre unha organización política que non practicaba a violencia.

Malia a que hoxe esa causa estea arquivada, os distintos sumarios abertos na Audiencia Nacional nos procesos contra os independentistas presos, Santi e José, deixan entrever a posibilidade de que os propios centros sociais, poidan ser considerados “terroristas”. Con todo, o convidado sinalaba que a aplicación ou non destas medidas dependerá da vontade política e do nivel de enfrentamento ao Estado que alcance o independentismo galego. A este profundo déficit democrático do Estado español é preciso sumarlle a existencia dun tribunal de excepción, fillo do franquismo, como é a Audiencia Nacional.
ler o resto do texto

17/04/09

O MpDC solicita coñecer que permisos ten o Consello de Contas para instalar cámaras de vídeo-vixilancia


O Movemento polos Dereitos Civís vén de presentar un escrito á Agencia Española de Protección de Datos co que procura coñecer se o Consello de Contas de Galicia ten inscrito o ficheiro que contén as imaxes e sons gravados polas cámaras de vídeo-vixilancia instaladas no seu exterior no rexistro xeral de protección de datos da dita axencia. Esta asociación solicita do mesmo xeito á AEPD que a manteña informada das actuacións que se realicen con relación a este asunto.

Recentemente, o Movemento polos Dereitos Civís tivo coñecemento de que no exterior do Consello de Contas de Galiza situado na rúa Domingo Fontán nº 7 de Compostela, existen cámaras de vídeo vixilancia fixas, o que supón unha vulneración do dereito á imaxe, á honra e á intimidade persoal.

O MPDC defende que deben primar sempre os dereitos fundamentais á honra, á intimidade e á propia imaxe así como o resto dos dereitos recollidos na Constitución Española á hora de instalar tales dispositivos. O carácter perigoso e limitativo de dereitos deste tipo de medidas de seguridade figura expresamente recollido nos preámbulos da normativa vixente e despréndese do espírito desas normas e demais instrucións e resolucións da Axencia Española de Protección de datos.

A utilización de videocámaras ha de estar presidida polo principio de proporcionalidade, na súa dobre versión de idoneidade e de intervención mínima. A idoneidade determina que só poderá empregarse a videocámara cando resulte adecuado, nunha situación concreta, para o mantemento da seguridade cidadá, de conformidade co disposto nesta Lei.

A intervención mínima esixe a ponderación, en cada caso, entre a finalidade pretendida e a posible afectación pola utilización da videocámara do dereito á honra, á propia imaxe, e a intimidade das persoas A utilización de videocámaras esixirá a existencia dun razoable risco para a seguridade cidadá, no caso das fixas, ou un perigo concreto no caso das móbiles.

Asimesmo, cabe recordar que a observancia da legalidade é un deber puramente obxectivo, derivado da vinculación positiva que de devandita legalidade resulta para ela. Se ben, este deber está instituido polo ordenamento non só con fins organizativos abstractos ou en función de intereses materiais colectivos, senón tamén, e preferentemente, como unha técnica de liberdade dos cidadáns, a través de actuacións lexítimas, isto é, cubertas ou amparadas pola Lei.

Así as cousas, no caso de que o Consello de Contas de Galicia, procedese á instalación das devanditas cámaras sen os preceptivos informes e autorizacións legalmente esixidos, estaríanse producindo unha vulneración do principio de legalidade, coas consecuencias que iso tería. Polo tanto, para poder instalar cámaras de vídeo vixilancia no exterior do Consello de Contas de Galicia cumprirase co establecido na Lei de Protección de Datos de Carácter Persoal, ao gravar imaxes e sons dos cidadáns que pasean por diante da súa sede. Por este motivo, o Movemento solicita a inmediata retirada dos dispositivos
ler o resto do texto

16/04/09

O Concello de Lugo intenta subestimar a lexitimidade do Movemento na defensa dos dereitos das persoas


O xulgado do contencioso administrativo n. 2 da Coruña vén de comunicar ao Movemento que o Concello de Lugo contestou a demanda interposta polo colectivo a respecto das cámaras de vídeo-vixilancia instaladas na cidade. Obviando a realidade, Lugo solicita que se desestime ou retire o recurso presentado polo MpDC alundindo a fundamentos xurídicos citados de maneira despreciativa e ofensiva para o Movemento polos Dereitos Civís.

A administración local luguesa pouco menos que tilda de irrelevante o feito de que a autorización para a instalación das cámaras en cuestión caducou o 18 de abril de 2008 e que o Concello non solicitou a súa renovación. Se a dita institución repara na lei verá que o uso de cámaras de vídeo-vixilancia sen a correspondente autorización pola Delegación do Goberno incorre na vulneración dos dereitos fundamentais das persoas como o son o da honra, propia imaxe e intimidade.

Ademais, Lugo achaca falta de lexitimación pasiva ao Movemento alegando que o Concello non participou no acto demandandado, a instalación das cámaras, senón que alegan que os dispositivos se atopan no seu ámbito territorial sabendo que foi a propia institución quen instalou as cámaras de vídeo-vixilancia. Por se fora pouco, no documento remitido ao xulgado e ao colectivo, Lugo refírese a unha asociación chamada "Movimiento por los Derechos Civiles" eludindo completamente a identidade do Movemento.

Para máis ver, o Concello argumenta unha serie de supostos xurídicos contra o Movemento que atentan contra a propia natureza do colectivo. Ademais de dubidar dos intereses dun colectivo que se denomina Movemento polos Dereitos Civís á hora de personarse mirando polos dereitos da sociedade ante a actuación neglixente do consistorio, o propio Concello emprega ademais termos como falta de lexitmación activa por o MpDC defender “unos intereses que aún no conocemos”. Certamente, ao emitiren tales ideas, ás claras se ve que descoñecen os intereses que defende o colectivo, que son os que tamén a institución debería defender, os da cidanía.
ler o resto do texto

15/04/09

Protección de Datos investiga actuacións ilegais en Vigo e Ferrol grazas ao Movemento


A Agencia Española de Protección de Datos vén de comezar as investigacións pertinentes ao respecto das denuncias que o Movemento lle presentou sobre as cámaras de vídeo-vixilancia instaladas na zona azul de Vigo e aquelas que se atopban na zona dos “aparcabicis” de Ferrol.

Deste xeito, a institución estatal inspeccionará para “determinar do xeito máis preciso posíbel”, afirman, as infraccións que no seu caso puidesen estar cometendo as administracións públicas e “identificando a persoa ou órgano que puidese resultar responsábel”, sinalan tamén. Asimesmo, desde Protección de Datos informan que fixarán, do mesmo xeito, as circunstancias relvantes que puidesen concorrer conforme a Lei de Protección de Datos de carácter persoal.

No que respecta ás cámaras de Ferrol, a asociación polos dereitos civís denunciara, a finais de 2008, a presenza de dispositivos de vídeo-vixilancia situados nos puntos de préstamo de bicicletas. Dado que as cámaras se atopaban instaladas en espazos públicos, a súa instalación tiña que realizarse cumprindo coas garantías recollidas pola lei: unha autorización da Delegación do Goberno, o informe favorable da Comisión de Garantías, a inscrición dos ficheiros no Rexistro Xeral de Protección de Datos. Recentemente o Movemento tivo noticia de que as cámaras foron retiradas e tal feito aconteceu logo de que o MpDC denunciase a súa instalación.

Por outra banda, no caso de Vigo, o Movemento tivo coñecemento da instalación na Rúa Venezuela das primeiras cámaras instaladas para controlar os aparcamentos da zona azul, o que supón unha vulneración do dereito á imaxe, á honra e á intimidade persoal. Tendo en conta que estes dispositivos deben ser instalados tendo en conta os dereitos fundamentais das persoas, así como os principios de proporcionalidade e intervención mínima, o MpDC esixe, ao igual que fixo e fai coas de Ferrol, a retirada de tales cámaras, para o que trasmitiu a correspondente queixa a Protección de Datos así coma ás partes implicadas, como son os concellos de Ferrol e Vigo.
ler o resto do texto

14/04/09

O Movemento polos Dereitos Civís lembra a posta en marcha de cursos de vídeo-vixilancia


Desde o MpDC infórmase de que xa está aberta a preinscrición para os cursos de vídeo vixilancia que o colectivo impartirá no mes de abril, maio e xuño en Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Vigo, Ourense, Pontevedra e Lugo.

Os ditos cursos versarán fundamentalmente sobre a vídeo vixilancia no ámbito empresarial, nas vías públicas e no ámbito privado, ofrencendo así un amplo abano de información para achegar coñecemento a todas aquelas persoas interesadas en saber cales son os seus dereitos á hora de ser obxecto de gravacións no seu espazo de traballo, na rúa ou en ámbitos privados.


Ademais, con esta iniciativa, o Movemento polos Dereitos Civís procura que toda persoa que queira instalar cámaras saiba cales son os requisitos legais para facelo atallando deste xeito o descoñecemento que existe á hora de colocar e empregar estes dispositivos de gravación.

O colectivo polos dereitos civís, ante a invasión indiscriminada de cámaras de vídeovixilancia que prolifera por cada recuncho do país decídese a convocar esta primeira edición dos cursos formativos para pór a lei e o traballo do colectivo ao servizo da cidadanía nun intento de aumentar a calidade e o cumprimento dos seus dereitos.

Aquelas persoas interesadas na preinscrición e/ou en coñecer o programa dos cursos, así como a súa duración poden chamar aos teléfonos 610858850 e 650960489, ou ben mediante correo electrónico aos seguintes enderezos: asesoria2@movemento.org e lampiao@movemento.org

ler o resto do texto

13/04/09

A inactividade do Valedor do Pobo é de novo denunciada polo Movemento


O Movemento polos Dereitos Civís vén de presentar unha demanda ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) denunciando a inactividade do Valedor do Pobo á hora de responder a solicitude presentada por esta Asociación en relación co dereito de acceso ao expediente sobre as queixas suscitadas pola Orde da Consellería de Educación de marzo de 2003 onde se instaba a todos os centros educativos á retirada de carteis de “propaganda e publicidade”, en alusión a pancartas antibélicas e de Nunca Máis.

Desde o colectivo polos dereitos civís amosan plena desconformidade coas alegacións previas formuladas pola parte demandada, dito sexa en termos de estrita defensa, toda vez que prexudica gravemente os intereses do solicitado polo Movemento polos Dereitos Civís.

Dereitos civís entende que ningunha dúbida debe ofrecerse sobre a condición de interesado a entidade recorrente (MpDC) e non se pode esquecer o como moi ben cita o demandado, a Lei 6/1984 do Valedor do Pobo de Galiza: “Toda persoa natural ou xurídica que invoque un interese lexítimo poderá dirixirse ó Valedor do Pobo sen restrición nin limitación algunha”. Polo tanto, non existe ningunha dúbida de que o Movemento polos Dereitos Civís ten lexitimación a pesar de que existan outras queixas formuladas pola mesma materia.

Por último, non cabe esquecer a obriga do exposto en vía administrativa, por iso non debe entenderse como válido o exposto polo Valedor do Pobo no que fai referencia ao dereito de petición. De querer alegar este motivo, deberíao ter posto de manifesto con anterioridade en vía administrativa e non agora en vía xudicial, pois isto iría contra a teoría de que en vía xudicial non poden alegarse feitos novos.
ler o resto do texto

12/04/09

A cidadanía responde con humor ante a pretensión do PP de coutar a liberdade de expresión


A finais de 2008, cando a Plataforma Cidadá "Que Volten á Casa” organizou a II Festa pola Liberdade nas instalacións da Sala Nasa, o local cultural foi vítima de graves acusacións por parte do líder popular compostelán, Gerardo Conde Roa, quen contou coa complicidade de medios de comunicación afíns.

A Sala NASA é un dos grandes refrentes na vida cultural de Santiago de Compostela e do resto de Galiza. É tamén un exemplo de que se pode manter unha programación cultural alternativa e exitosa sen necesidade de sucumbir á presión da rendibilidade económica inmediata. Na NASA (siglas de Nave de Servizos Artísticos) practican a liberdade de expresión, pero tamén a independencia. Porén, parece haber a quen non lle chista moito o primeiro, e mesmo lle causa ardores o segundo.

Parece ser este o caso do voceiro do Partido Popular en Compostela, Gerardo Conde Roa. A finais do ano 2008, a plataforma cidadá “Que Volten á Casa” decidiu organizar na Sala a II Festa Pola Liberdade. Naquelas datas, Gerardo Conde Roa acusou o local de realizar
homenaxes a “terroristas” con fondos públicos.

O líder popular ignoraba –accidental ou deliberadamente?- que ese acto non o promovía a NASA, senón que esta simplemente alugaba as súas instalacións, polo que tampouco se trataba de ningún acto subsidiado. A pesar de se tratar de afirmacións gravísimas e baseadas en datos errados -ou directamente falsos-, atoparon apoio en medios de comunicación afíns como a COPE-, que as difundiron e multiplicaron a súa repercusión.

Pasaron días, semanas, meses, e desde o PP de Compostela non rectificaron estas acusacións, como tampouco o fixeron os medios de comunicación que as transmitiron. Máis acusacións Logo dos incidentes do día 8 de febreiro deste ano, orixinados após Galicia Bilingüe ter convocado unha manifestación en Compostela, Conde Roa volveu á carga e alén da NASA estendeu as súas difamacións sobre outros locais e asociacións legais da cidade, acusándoos de seren os promotores do que chamou “kale borroka gallega”.

Acto ridiculista
Como protesta ante a actitude do Partido Popular compostelán, desde a Sala NASA decidiron organizar un acto de desagravio para o día 27 de marzo, que ademais foi o Día Internacional do Teatro. Inspirándose nos ridiculistas que no día 8 de febreiro utilizaron todos os tópicos españois -toureiros, bailaroas, gardas civís ou o Cid, entre outros- para protestareon contra a españolización, na NASA fixeron algo similar, pero coa materia terrorista.

Así, elaboraron un panfleto con dúas caras. Unha, presidida polo lema “Así é como queren algúns que nos vexas”, presentando a continuación o equipo da Sala NASA caracterizado como terroristas. A outra face, co lema “Así é como somos na realidade”, coas caras de todo o persoal ao descuberto.

Foto para Conde Roa Ao acto acudiron algo máis de 300 persoas, entre elas rostros tan coñecidos como os de Quico Cadaval, Uxía Senlle, Carlos Blanco, Xosé Manuel Beiras, Ugia Pedreira, Comba Campoy, Pepa Yáñez, Luís “Foz” ou Carlos Santiago. Ademais, como parte da protesta, as e os participantes posaron para unha foto de familia que tivo tamén dúas versións. Unha, coas caras tapadas para imitaren os terroristas, e a outra xa coas caras ao descuberto.

Xesús Ron, o responsable da NASA, prometeu autografar as fotos e enviarllas a Conde Roa. A liberdade de expresión é un dos dereitos fundamentais que con maior frecuencia resultan conculcados. Para o Movemento polos dereitos Civís (MpDC) non hai dúbida de que as graves acusacións realizadas polo voceiro do PP compostelán van na dirección de pretender conculcar este dereito.

Por ese motivo, a organización cívica expresou a súa solidariedade coa Sala NASA e apoiou e animou á participación no acto ridiculista convocado por este local
cultural. O MpDC fixo tamén fincaré na importantísima función de dinamización social e cultural que cumpre a NASA na capital de Galiza desde 1992.

ler o resto do texto

11/04/09

O silencio cómplice da RAG


Pasadas as eleccións, a Real Academia Galega deixou nas librarías o volume sobre os Usos Lingüísticos pertencente ao Mapa Sociolingüístico de Galiza e, como xa ocorrera co primeiro volumen (Lingua inicial e competencia lingüística publicado no 2007), constata o estado de saúde alarmante no que se atopa a nosa lingua. Cómpre sinalar que este estudo, elaborado pola RAG e financiado pola Presidencia da Xunta, é o estudo deste tipo máis completo feito nunca a unha linanos cando se fixo o estudo (2004) recibiron todas as materias exclusivamente en castelán e o 85% maioritariamente en castelán.

Datos irrefutábeis que son o reflexo real do deterioro do noso idioma e que desmontan as teorías conspiradoras de quen buscou réditos electorais a costa da lingua. Pero a culpa non é só de quen mentiu senón tamén de quen permitiu que estas mentiras foran interiorizadas polos cidadáns podendo dar luz á unha realidade que desgraciadamente é ben diferente ao que quixeron facernos crer.

A RAG é cómplice e tamén culpábel do engano ao que se está a someter á sociedade. Publicou estes datos logo da cita gua romance, e supón unha análise pormenorizada da situación e evolución do galego. Datos obxectivos que amosan a realidade sociolingüística do noso País lonxe de interpretacións nesgadas de linguas viperinas que algúns tentan facernos crer.

O estudo constata que o número de persoas que falan galego reduciuse notabelmente en 12 anos (entre o 1994 e o 2004). Duplicouse a xente que fala só castelán, así coma os que o fan maioritariamente en galego, non chegan ao 23%. No referente ao galego no ensino as conclusións son aínda máis lamentábeis.

Do 10% dos mozos que tiñan menos de 18 electoral, ás agachadas e sen avisar, tendo como tiña o informe final rematado dende facía meses. Cómpre lembrarlles aos seus membros, para que o teñan presente, que os estatutos da Academia, no Artigo 1, sinalan que o obxectivo fundamental desta institución, ademais do estudo da cultura galega, é “a ilustración, defensa e promoción do idioma galego”. Tendo estes obxectivos fundamentais, non se pode permanecer calado cando se está poniendo en perigo a supervivencia da nosa lingua. É unha actitude inxustificábel, e máis aínda cando nas súas mans teñen a arma máis eficaz contra este tipo de atentados: a verdade
ler o resto do texto

10/04/09

Local social Aturuxo: "O sistema borra a solidariedade da sociedade tradicional galega e fomenta o egoísmo"


Aturuxo, local social de Boiro, chega ao seu primeiro ano de vida, doce meses dinamizando a comarca da Barbanza a través de moitas e moi variadas iniciativas. Conversamos con algunhas das persoas integran este vizoso colectivo para recoller as súas impresións do camiño que xa levan percorrido, dos obxectivos que se cumpriron e dos retos que teñen por diante.

P: Por que nace Aturuxo?
R: A idea de crear un centro social naceu pola relación que estudantes da comarca tivemos con outros proxectos parecidos que se están a desenvolver principalmente nas cidades e grandes vilas do noso país. Valoramos moi positivamente o papel destes espazos e o seu labor. Foi por iso que un grupiño de xente comezamos a propor a posibilidade de facermos
algo semellante en Boiro.

P: Por que un local social?
R: Coa poboación da comarca da Barbanza, e coa problemática que hai de especulación urbanística, de turistificación descontrolada, alén do generalizado consumismo desproporcionado, da vixencia do patriarcado, da precariedade laboral... unido a unha asimilación cada vez maior dos padróns capitalistas de individualismo ou competitividade, consideramos necesaria e urxente unha alternativa.

P: Cal é a situación da comarca a nivel asociativo?
O nivel de asociacionismo e os movementos populares a nivel xeral (non é apenas unha situación comarcal ou nacional) deixa bastante que desexar nas sociedades contemporáneas, froito do individualismo e desestruturación que fomenta o capitalismo.
Alén disto, a Barbanza ten unha situación relativamente boa, con varias asociacións veciñais, e con colectivos activos como o traballo que fan a asociación cultural Bastantes Llon, ou nós
en Boiro.

P: Cales foron ou son os vosos referentes?
R: En principio, os centros sociais do país como a Casa Encantada ou a Gentalha do Pichel, mais agora estamos procurando novas formas, xa que nas vilas debe desenvolverse un modelo propio, máis achegado ao rural.

P: Cales son as características que vos definen como promotores do asociacionismo barbanzán?
R: Non temos aspiración de vangarda de ninguén, mais consideramos que organizarse é o primeiro paso dun camiño longo aínda que imparábel. O feito de xuntar a mocidade e promover a autoxestión do noso lecer é importante, mais fomentar valores alternativos é imprescindible tanto a nivel comarcal coma nacional.

P: Cantas persoas estades implicadas no colectivo?
R: O traballo diario levámolo ao redor de quince persoas, mais cando organizamos un acto máis grande tamén colaboran o resto das persoas socias –unhas cincuenta- e moita outra
xente da comarca.

P: Cales son os vosos obxectivos? Agora que facedes un ano, son diferentes dos iniciais?
R: Ao inicio, marcámonos como obxectivo ter o local, mais agora que o temos é só unha ferramenta. Normalizar o monolingüismo social en galego e promover a nosa cultura son os alicerces do proxecto, aínda que tamén o lecer alternativo (xogos populares, foliadas...) e ir creando espazos propios e libres.

P: que proxección ten Aturuxo na comarca?
R: Por agora traballamos básicamente a nivel local, mais sempre falamos en clave nacional. Colaboramos con asociacións de outras vilas e procuramos difundir a nosa actividade.

P: que tipo de actividades realizades?
R: Organizámonos de xeito asembleario e abrimos para todo o mundo durante as fins de semana. Celebramos xornadas de debate e formación, actividades lúdicas, ofrecemos unha
pequena biblioteca no local, matra- quilho... Proxectamos filmes e documentais, organizamos charlas, festas populares como o Magosto ou o Entroido...

P: Custa moito implicar a xente nova nun proxecto asociativo de carácter nacionalista e de esquerdas? e á xente non tan nova?
R: Custa implicar a xente. O sistema actual borra a solidariedade da sociedade tradicional galega e fomenta o egoísmo. Algunha xente pensa que o común non lle é propio. O noso non
é voluntariado, é militancia.

P: Cales son os principais atrancos que ten Aturuxo no seu día a día?
R: A cuestión económica limita os nosos movementos e por veces determina as nosas actividades, enfocadas á subsistencia. Tamén temos bastante control policial, pero por agora non funciona nin como intimidatorio.

P: Compartides a vosa experiencia con outros centros sociais do país?
R: Tivemos recentemente un encontro de Centros Sociais con xente de outros locais do país e foi moi produtivo. Certamente achamos interesante o convivio e posta en común de diferentes proxectos, e a visión nacional dos centros sociais como referencia de movemento.

P: Cales van ser as principais liñas de traballo neste ‘Ano II’?
R: Continuarmos coa nosa actividade como até agora. Tamén tiñamos idea de comezar a facer obradoiros durante o curso, en especial darlle bastante caña ao conflito lingüístico. Está a haber unha ofensiva españolista moi forte e temos que defender o noso idioma.
ler o resto do texto

09/04/09

José Villanueva: "Non proporcional"


“Non responderon ao principio de proporcionalidade”. Así de eufemístico foi o conseller de Interior e Relacións Públicas, Joan Saura, o pasado 31 de marzo na comparecencia ante o Parlament ao falar da actuación dos Mossos d'Esquadra durante os incidentes polas protestas polo desaloxo do reitorado da UB. 21 persoas feridas, 6 detidos e unha batalla campal en pleno centro de Barcelona é definido por Saura como “non proporcional”. Pero no fondo hai que destacar unhas ideas recurrentes para a reflexión.

A preparación das forzas policiais ponse en entredito ciclicamente. Saura sinalou como principal causa dos actos violentos a “incapacidade dos axentes para discernir en entre unha minoría violenta e os cidadáns pacíficos”, incluídos a trintena de xornalistas que foron golpeados polos axentes. Cantas batallas máis se terán que vivir para levar a cabo, ou polo menos propoñer, algunha modificación ou criba na selección dos futuros axentes das forzas policiais, máis aló do título da ESO? Son quen nos vixían, polo que nos debería interesar a súa cualificación e a súa preparación.

Unha selección adecuada permitiría previr posíbeis actos psoteriores. Pola outra banda, o reitor da UB foi posto en entredito pola súa decisión. Cabe dicir que el estaba no seu dereito a chamar á intervención das forzas policiais, non o esquezamos, xa que está concibida en resposta a unhas actuacións violentas dos pechados na protesta.

Pero, até que punto o acto desvirtúa o fin último dese peche? Algoten que cambiar na toma de decisións europeas para que sexan entendidas polos estudantes, porque o plan parece sen volta atrás, pero as formas non deben ser máis importantes que o contido.
Ou iso, ou o cambio quedará desvirtuado
ler o resto do texto

08/04/09

Retiran cámaras de video-vixiancia en Ferrol e Compostela despois de que o denunciara o MpDC


A delegación do Goberno en Galiza vén de comunicarse co Movemento ao respecto das cámaras de vídeo-vixilancia instaladas onde os puntos de préstamo de bicicletas tanto en Compostela como en Ferrol. Sobre a petición de información solicitada polo MpDC, a delegación responde que na actualidade xa non existen as tales cámaras.

O Movemento polos Dereitos Civís tivo coñecemento recentemente de que se estaba a proceder á retirada das cámaras de vídeo-vixilancia situadas nos puntos de préstamos público de bicicletas en Compostela. A asociación alertara da presenza destes dispositivos e denunciara que os usuarios e cidadáns podían estar sendo gravados de xeito ilegal e dirixiuse aos responsabeis das mesmas en Ferrol e Compostela solicitando a súa retirada. O MpDC interpreta esta retirada coma unha aceptación tácita das irregularidades cometidas na instalación polos responsables de Seguridade Cidadá de Santiago e da empresa municipal de transportes. A asociación celebra que se poña fin ó uso das cámaras, mais non deixara de esixir sancións polas lesións ós dereitos fundamentais producidas durante este emprego.

A asociación denunciara, a finais de 2008, a presenza de dispositivos de vídeo-vixilancia situados nestes puntos de préstamo. Dado que as cámaras se atopaban instaladas en espazos públicos, a súa instalación tiña que realizarse cumprindo coas garantías recollidas pola lei: unha autorización da Delegación do Goberno, o informe favorable da Comisión de Garantías, a inscrición dos ficheiros no Rexistro Xeral de Protección de Datos.

Tendo en conta os antecedentes en materia de vídeo- vixilancia e respecto dos dereitos dos cidadáns dos responsables de Seguridade Cidadá do Concello, o Movemento considerou necesario comprobar que todos as garantías se estaban a respectar neste caso. Para iso dirixiu escritos á Delegación do Goberno, á Axencia Española de Protección de Datos e ó propio Concello, coa intención de informarse sobre o procedemento seguido. Polo momento, a asociación non recibiu resposta de ningunha destas institucións, confirmando ou negando a existencia de irregularidades na instalación das cámaras.

Non obstante, a decisión de retirar o primeiro destes aparellos pode interpretarse perfectamente coma un tácito recoñecemento por parte dos responsables da súa instalación. Se cadra, e tendo en conta as sentenzas que declararon ilegal o emprego das cámaras na zona vella e esixiron a súa retirada, a Conselleira de Seguridade Cidadá prefira non ter que afrontar ulteriores demandas por lesións dos dereitos á intimidade e á propia imaxe. En calquera caso, comprobará se efectivamente se retiran as cámaras colocadas nos outros puntos de préstamo. Ademais, no caso de que se confirmasen irregularidades no procedemento de instalación, solicitara as oportunas sancións para as persoas responsábeis.
ler o resto do texto

07/04/09

O Movemento recorre ao TSXG para que se retiren as cámaras da estación de autobuses da Coruña


A asesoría xurídica do Movemento polos Dereitos Civís vén de interpór un recurso de apelación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) logo de que se lle notificase recentemente un auto que desestimaba adoptar a medida cautelar consistente na suspensión do auto recorrido en relación coa instalación das cámaras da estación de autobuses da Coruña.

Para o Movemento, obter unha medida cautelar é froito dun dereito fundamental declarado polo Tribunal Constitucional e, polo tanto, non se poden opoñer á súa efectividade a invocación de meros intereses dunha administración. Ademais, o colectivo polos dereitos civís afirma que a denegación da dita medida pode causar grave perturbación dos intereses xerais.

A vontade do MpDC e da solicitude desta medida cautelar pretende privar da súa vantaxe abusiva ao Concello, que se aprecia desde o comezo do procedemento, así e como as súas inxustas vantaxes fácticas. En resumo, a resolución aplicada recentemente polo Xulgado do Contencioso n. 2 da Coruña e pola que o Movemento interpón recurso destila un trato de favor á Administración demandada non quedando asegurados mentres se dicta a sentenza os dereitos á honra, á intimidade e á propia imaxe tan reivindicados na actualidade e que a LOPD recoñece e desenvolve expresamente.

Por todo isto, o colectivo entende que debe estimarse a suspensión da resolución recorrida e sen decretarse a imposición de garantía ou de caución de ningún tipo pois, como é socialmente coñecido, non se atopan en igualdade económica o Concello da Coruña e a asociación Movemento polos Dereitos Civís, cando esta se preocupa por garantir que se cumpran eficazmente os dereitos e garantías dos cidadáns e, por suposto, resultaría desproporcionado suspender o auto recorríbel impondo tal caución cando non quedou acreditado por ningún medio os posíbeis preuízos que causaría ao Concello da Coruña a estimación da mesma.

Os antecedentes

A pesar de que o Regulamento de Videovixiancia pon como requisito - para garantir os dereitos recollidos no Artigo 18 da CE - que as solicitudes de permiso para a instalación de videocámaras deben ser solicitados e concedidos previamente a súa instalación, o Concello de A Coruña non solicitou permiso para a instalación das cámaras da Estación de Autobuses ate decembro do 2006 cando as cámaras xa estaban instaladas desde o mes de agosto, e soamente despois de que o MpDC denunciara publicamente esa ilegalidade.

Porén, o Xulgado do Contencioso n.3 da Coruña non condenou o Concello a retirar as cámaras pois a Delegación do Goberno concedeu eses permiso en febreiro do 2007, cando as cámaras xa levaban meses instaladas e vulnerando a normativa de videovixiancia, tal e como se admite na sentenza.

Resulta sorprendente, entón, que a Delegación do Goberno en Galiza autorizase esa instalación cando estaba avisada de que as cámaras xa estaban instaladas, pois o propio MpDC o puxo no seu coñecemento. A Delegación do Goberno, lonxe de tomar medidas sobre as cámaras instaladas de forma ilegal, atrasou a súa contestación varios meses, ata despois da súa autorización e, posteriormente, remitiu un escrito a Dereitos Civís alegando que as cámaras dispuñan dos permisos necesarios.
ler o resto do texto

06/04/09

O MpDC lamenta a última atuación policial contra a cidadanía en Compostela


O Movemento polos Dereitos Civís critica novamente a impunidade coa que os corpos e forzas de seguridade do Estado xulgan e actúan contra a cidadanía. Neste caso, o colectivo quéixase de que un organismo público, que se supón aconfesional e laico do mesmo xeito que o propio Estado, identifique e increpe a diversas persoas aludindo a que “poden atentar” contra a liberdade de culto. Dados os feitos, o Movemento pregúntase os intereses de quen velan os ditos corpos cando os argumentos que ofrecen para xustificar as súas actuacións se limitan a “poden antentar”.

Ao respecto, o MpDC fai pública a súa queixa sobre este novo intento de restrinxir o lexítimo dereito de reunión e controlar as mobilizacións sociais que unha e outra vez poñen en práctica os corpos policiais. Ademais, desde Dereitos Civís ponse de manifesto a necesidade da creación dun organismo independente que vele polos dereitos dos cidadáns pois as inercias creadas entre as distintas autoridades, institucións e administracións non permiten a realización dun traballo obxectivo de defensa dos dereitos da cidadanía e si deixan que os actuais corpos de seguridade do Estado velen polos intereses do poder establecido.

Segundo critican os convocantes do evento Mariscrista09, as Panteras Rosa Galiza, un grupo de policías achegáronse até a compostelana Praza do Pan pouco antes do inicio formal do acto e identificaron ducias de persoas que agardaban a saída da manifestación festiva na que o colectivo quería chamar a atención sobre as últimas declaracións da igrexa a respecto da reforma da lei do aborto baixo o lema “Afasta o teu rosário dos meus ovários”.

Tal e como se pode ler no blogue das Panteras Rosa Galiza, os policías procederon “á identificación e retención de decenas de participantes e ameazas de inculpación por atentar contra a liberdade de culto”. Logo dalgúns momentos de tensión, a marcha deu comezo. O que pretendía ser unha protesta "festiva e retranqueira" coa finalidade de criticar o Vaticano e a Igrexa Católica e ser tamén unha achega desde Galiza ao movemento internacional No Vat, xurdido en Italia, contou de novo co “protagonismo” policial.
ler o resto do texto

05/04/09

O periódico EN MOVEMENTO volve ao seu formato inicial


O periódico EN MOVEMENTO volve ao seu formato inicial despois dunha breve experiecia co xornal dixital GZnación. Porén, isto non implica un afastamento entre ambas as dúas publicacións, máis ben todo o contrario, pois nesta nova etapa seguiremos contando con novas e reportaxes elaboradas pola publicación dixital.

Con este número xa sumamos 17 exemplares, que corresponden a 18 meses, nos que o EN MOVEMENTO sempre estivo nas rúas e, ultimamente, nos quioscos transimitindo información social plural e dando a coñecer iniciativas e problemas referentes ao tecido asociativo galego. Desde os que teñen un traballo máis local, coma SOS Courel, até os máis amplos, como a CIG.

Neste novo períódo procuramos manter esta característica e acentuala, fomentando unha maior colaboración coas diversas iniciativas sociais existentes na internet galega. Neste sentido o EN MOVEMENTO acordou colaboracións con Galicia Confidencial, Komunikando, Galicia Solidaria, Revista Murguía ou DesConcierto para volcar información desas páxinas como material impreso, permitindolles, así, abrir novas canles de comunicación.

Estas vías de colaboración seguen abertas e continuamos estudando novas propostas que, agardamos, amplíen e fagan cada vez máis plural a información que publicamos.
Así, contamos con establecernos como un periódico de referencia social, que trasmita a información que outros xornais non recollen, e que non por iso son menos importantes; a información das organizacións que moven Galiza e non soamente a información que as grandes editoriais consideran que teñan relevancia. Se temos que escoller entre as declaracións dunha Miss, o nome do último peregrino que chegou a Compostela ou informar sobre unha sanción a calquera organización que defende os intereses dos seus veciños, escolleremos esta última pois entendemos que esta é a información relevante, a que transforma e move a realidade galega.

Tamén abrimos nesta nova etapa as portas á información histórica, política (centrándonos sempre nos asuntos que teñan que ver cós dereitos dos cidadáns) e cultural. Contaremos cun apartado de libros e música e unha sección onde varios avogados, xornalistas e representantes de asociacións de todo tipo analicen a situación dos dereitos dos cidadáns na Galiza, ampliando así a sección de opinión.

Desde o EN MOVEMENTO chamaremos a atención sobre eivas das administracións, autoridades ou institucións, buscando evidenciar o que hai que mellorar na nosa sociedade. Motivo polo que buscaremos apostar pola suscrición ao períodico para garantirmos, así, a súa autonomía e independencia, sen deixarmos, por suposto, a distribución gratuíta que permite a nosa presenza en entornos máis amplos.
ler o resto do texto

04/04/09

Captada imaxes de videovixiancia na zona vella de Compostela

Enviado usando Real Mail de Vodafone.
ler o resto do texto

Ante a nova negativa de Bugallo a facilitar expedientes ilegais da policía local, o MpDC esixe unha sanción económica

Este venres día 3 de abril, un colaborador do Movemento polos Dereitos Civís volveu presentarse nas dependencias municipais e policiais, requirindo o cumprimento dunha sentenza e, polo tanto, solicitando o acceso a uns expedientes, ao que se lle contesta non ter coñecemento da sentenza nin da obriga de permitirlle acceder aos arquivos e expedientes anteriormente citados.

A entidade local volve, daquela, e por terceira vez desde que se abrise o procedemento xudicial, a non facilitar a un cidadán todos os arquivos que figuran nas dependencias municipais referidos á súa persoa. Deste xeito, o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, volve dar mostras do seu talante escurantista e falto de diálogo ao obviar o cumprimento dunha sentenza desfavorable e que pon de manifesto a escasa confianza que pode transmitir aos cidadáns. Queda claro, desde todo o procedemento, e en especial na fase de execución da sentencia a actitude totalmente pasiva por parte de dita Administración, incumprindo reiteradamente a resolución xudicial, en concreto a Sentenza de 8 de febreiro de 2008.

A isto temos que engadirlle que, para poder ir solicitar o acceso a ditos expedientes, o afectado tivo que perder de traballar, o que a nivel persoal e económico provoca unha perda patrimonial, ao descontárselle os días do seu soldo. Por todo isto, entendemos se lle debería impór a multa de 1502,53 € ó Concello de Santiago, máis 250 euros en concepto de responsabilidade civil polos días que o dito cidadán perdeu de traballar para acudir a dita administración para solicitar o acceso aos expedientes que lle foron reiteradamente denegados.

Estamos, pois, ante unha conducta de obstrución á xustiza por parte do Concello de Santiago, facendo omisión das obrigas legais recollidas na sentenza anteriormente mencionada, e por outra banda estamos ante unha actitude claramente desoladora, en tanto que a pretensión de dita administración é dar a ver que non teñen coñecemento de dita sentenza para que esta persoa remate por non volver solicitar o cumprimento da resolución xudicial anteriormente mencionada.

Os antecedentes

O proceso xudicial iniciouse logo de que o MpDC presentase unha denuncia contra o Concello por negar o dereito de acceso a un veciño e colaborador da asociación que solicitara unha copia de todos os arquivos e expedientes que obrasen no poder da entidade local referidos a si propio. O alcalde compostelán dera conta nunha contestación ao Defensor del Pueblo, a raíz dunha queixa contra un axente municipal, da existencia de arquivos na Policía Local sobre o afectado.

En data 14 de novembro e 28 de novembro dese mesmo ano, o MpDC enviou escrito ao Concello de Santiago solicitando que procedese a cumprir de xeito inmediato co disposto na sentencia ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número dous de Santiago de Compostela de 8 de febreiro de 2008, e por tanto se facilitase ao afectado, en dependencias municipais, copia dos arquivos e expedientes existentes tanto nas dependencias municipais como na Policía Local, a nome do interesado , dirixidas ao Concello de Santiago os días 15 de xuño de 2005 e 1 de xuño de 2006.

Con posterioridade ás ditas datas, en varias ocasións a persoa implicada presentouse nas dependencias tanto do Concello como da Policía Local coa finalidade de acceder ós expedientes respondéndolle a Administración executada o non coñecemento sobre dita sentenza nin sobre a obriga de darlle acceso ós expedientes. Ante os ditos feitos, o Xulgado volve notificarlle a execución de dita Sentencia ó Concello , e por tanto a obrigación de cumprir dita Sentenza, sendo recibido pola Secretaria de dito Concello o 27 de Marzo de 2009.
ler o resto do texto

03/04/09

O Movemento polos Dereitos Civís organiza cursos de vídeo-vixilancia


Desde o MpDC infórmase de que xa está aberta a preinscrición para os cursos de vídeo vixilancia que o colectivo impartirá no mes de abril , maio e xuño en Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Vigo, Ourense, Pontevedra e Lugo.

Os ditos cursos versarán fundamentalmente sobre a vídeo vixilancia no ámbito empresarial, nas vías públicas e no ámbito privado, ofrencendo así un amplo abano de información para achegar coñecemento a todas aquelas persoas interesadas en saber cales son os seus dereitos á hora de ser obxecto de gravacións no seu espazo de traballo, na rúa ou en ámbitos privados.

Ademais, con esta iniciativa, o Movemento polos Dereitos Civís procura que toda persoa que queira instalar cámaras saiba cales son os requisitos legais para facelo atallando deste xeito o descoñecemento que existe á hora de colocar e empregar estes dispositivos de gravación.

O colectivo polos dereitos civís, ante a invasión indiscriminada de cámaras de vídeovixilancia que prolifera por cada recuncho do país decídese a convocar esta primeira edición dos cursos formativos para pór a lei e o traballo do colectivo ao servizo da cidadanía nun intento de aumentar a calidade e o cumprimento dos seus dereitos.

Aquelas persoas interesadas na preinscrición e/ou en coñecer o programa dos cursos, así como a súa duración poden chamar aos teléfonos 610858850 e 650960489, ou ben mediante correo electrónico aos seguintes enderezos: asesoria2@movemento.org e lampiao@movemento.org
ler o resto do texto
__________________
__________________

Subvencionado pola Deputación da Coruña
Loading...
Cámara hotel monumento
Han actuado 0 personas
Nos faltan 0 firmas

Actúa ahora

Tu nombre
Tu apellido
Tu correo-e
Cód. Postal

Cámaras de Galiza


Ver Cámaras de Galiza en un mapa más grande

Videos do Youtube