O MpDC é unha asociación sin ánimo de lucro. Si queres colaborar co seu mantemento podes facer unha doazón con tarxeta de crédito clicando abaixo
Cargando...

31/03/09

O MpDC esixe a Urbaser que esclareza a instalación de cámaras de vídeo-vixilancia na sede da empresa en Redondela


Segundo tivo coñecemento o MpDC, a empresa de recollida de lixo Urbaser instalou cámaras de vídeo-vixilancia na nave-garaxe que ten en Redondela. Ante tales feitos, o colectivo polos dereitos civís solicita á empresa que informe sobre o grao de enfoque ou ángulo de vsión das cámaras situadas no exterior da nave de Redondela e pide ademais á dita empresa o cumprimento da normativa imperante tanto en materia laboral coma de protección de datos, así como que manteña o colectivo informado de todas as novidades que se produzan neste asunto.

Tal e como informaron ao MpDC, a finalidade dos dispositivos é a de vixiar os seus traballadores colocando unha no interior da nave e outra no exterior. Segundo os datos proporcionados ao Movemento, a cámara exterior está enfocando un campo bastante amplo, que inclúe uns 5 metros de beirarrúa, o arcén e un dos carrís da N-550.

Ademais, o Movemento solicita que Urbaser informe se o responsábel do ficheiro das imaxes gravadas ten inscrito tal arquivo no Rexistro Xeral de Protección de Datos da Axencia Española de protección de datos, así como que tamén dea a coñecer se a empresa que instalou as cámaras dispón da licencia correspondente.

Tal e como puido saber o Movemento, as cámaras foron instaladas o 26 de febreiro. Aínda que o feito de estaren colocadas e funcionando se deu a coñecer días mais tarde aos traballadores. Segundo o artigo 33 da Lei de Prevención de Riscos laborais a empresa ten que informar da instalación de novas tecnoloxías en relación coa seguridade e a saude laboral, feito que aconteceu posteriormente á colocación.

Asistimos nas últimas datas a un auténtico proliferar destes dispositivos de control, instalados a miúdo sen as garantías imprescindíbeis para os dereitos dos cidadáns. O Movemento polos Dereitos Civís invita de novo a organismos e empresas a adecuarse en primeiro lugar á lexislación existente, e a reflexionar, ademais, sobre a necesidade real de empregar un medio tan agresivo en lugares non particularmente perigosos. Deberá ser, por outra banda, a propia administración a que tome medidas para garantir que este novo e desmesurado culto á seguridade non acabe lesionando os dereitos dos cidadáns.

O MpDC lembra que se ha de respectar de modo rigoroso o principio de proporcionalidade, é dicir, que as cámaras se instalen e se usen cando sexa a medida máis idónea para os fins que se perseguen, ademais de lembrar que non poderán usarse estes medios para fins distintos dos propios de control laboral nos espazos indispensábeis para tal obxectivo tendo en conta, claro está, o dereito á propia imaxe dos traballadores e traballadoras da empresa.
ler o resto do texto

Un juzgado coruñés extravía una denuncia a Paco Vázquez - Xornal.com

ler o resto do texto

30/03/09

O extravío da denuncia contra Paco Vázquez chega ao Ministerio de Xustiza


O Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) vén de remitir ao Ministerio de Xustiza o caso do secretario que extraviou un expediente nun xulgado da Coruña. Desde o organismo estatal remiten as dilixencias instruidas polo Xulgado de instrucción n. 5º de “La Coruña”, utilizando o topónimo ilegal e destatendendo totalmente un dos motivos principais da queixa presentada polo MpDC.

O Movemento polos Dereitos Civís solicita, deste xeito, unha sanción de seis anos de inhabilitación para o funcionario encargado de custodiar os documentos. O expediente extraviado contiña a denuncia interposta no seu momento pola asociación contra Paco Vázquez a raíz do cambio do topónimo oficial do municipio. Segundo o Regulamento dos Secretarios Xudiciais, a neglixencia na custodia dos documentos dos que son responsables é considerada coma unha falta moi grave.

O Movemento polos Dereitos Civís presentara esta denuncia no ano 2005, e un recurso contra o sobresemento da mesma en xaneiro de 2006. En novembro dese mesmo ano, o Movemento volveuse dirixir ao xulgado coruñés para interesarse pola resolución do recurso, mais xa non recibiu máis informacións sobre o estado do expediente.

O xulgado, de feito, deixou pasar dous anos sen informar ó Movemento da perda do expediente, que tivo coñecemento deste extravío unicamente a raíz dunha queixa presentada perante o Valedor. Dada a gravidade dos feitos, o Movemento presentara unha queixa formal perante o Consello do Poder Xudicial, órgano que exerce a inspección de xulgados e tribunais, quen ven de pronunciarse agora remitindo o caso a Xustiza e ao secretario do Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG).
ler o resto do texto

29/03/09

Opinón/ Equus Zebra: "Non fixen nada malo"

A Organización Non Gubernamental Equus Zebra elaborou para o MpDC un artigo de opinión acerca das últimas detencións de inmigrantes en Madrid. A dita asociación é un colectivo "comprometido coa pobreza e a exclusión social no mundo e sobre todo coa defensa dos inmigrantes". A súa sede está na Coruña.

“Non fixen nada malo”. Son as palabras de calquera inmigrante que é detido por intentar gañar a vida nas rúas de España, un país ao que chegou xogando a vida no mar, cruzando un valado, percorrendo centos de quilómetros ou cruzando o Atlántico coa incerteza como equipaxe. Non entende. Non é capaz de comprender por que, polo mero feito de vender un artigo nunha esquina ou andar tranquilamente pola rúa, é detido e levado a unha comisaría baixo o suposto de “delincuente”.

O inmigrante coñece a diferenza entre roubar e vender, e el “non rouba”. Aos que tratamos diariamente con estes casos en asociacións que traballan no campo da inmigración xa nos resulta difícil facerlles comprender que a lei considera un delicto a venda de CDs, pero como explicar que en cidades como Madrid só pasear sen ter papeis pode levarte directamente a comisaría?

A desconfianza habitual en quen se sente un completo estraño fóra da súa contorna convértese en medo, un medo que rodea toda a súa existencia. E desgraciadamente, as ONGDS vemos que, ese medo, estase vendo xustificado pola indiscriminada persecución á que se están vendo sometidos os inmigrantes no noso país. Situacións que, até agora, viamos con inquietude en países veciños como Italia e Francia, e parecen querer implantarse en España da man dun Goberno que fai dubidar da súa bandeira a favor das políticas sociais.

Non pode senón cualificarse de “antisocial” e “completamente ilegal” a orde de deter inmigrantes sen papeis de forma indiscriminada na Comunidade de Madrid para cumprir cotas que, a día de hoxe, non se sabe de que cargo do Ministerio do Interior partiron. A pesar das rectificacións dos dirixentes policiais, o certo é que se seguen producindo redadas ilegais en diversos puntos do país e por esa razón máis de 200 organizacións secundamos unha denuncia pública ante a Fiscalía Xeral do Estado. Na actual conxuntura económica, parece que é o colectivo inmigrante, un dos máis prexudicados polo desemprego, o que ten todas as de perder.

Á recentemente coñecida redución orzamentaria do Fondo de Inmigración (pasa dos 200 millóns de euros iniciais a 141 en materia de integración), que supón un recorte de políticas sociais e a consecuente diminución do dereito de igualdade de oportunidades, únese unha “cuestionable” reforma da Lei de Estranxeiría.

Os aspectos positivos desta norma como a concesión co reagrupamento familiar dunha autorización de residencia e traballo ás persoas reagrupadas, a posibilidade de que as ONGDS poidan entrar nos Centros de Internamento de Estranxeiros ou a posibilidade dunha saída voluntaria previa ao incoamento de procedementos de expulsión para persoas en situación de irregularidade administrativa quedan solapados polas medidas restritivas que inclúe: a limitación do reagrupamento familiar para os ascendentes dos residentes aos que leven 5 anos en España, o aumento do prazo de estancia nos centros de internamento de estranxeiros ata os 60 días e a posibilidade de repatriar menores inmigrantes a países onde é moi discutible que se poidan garantir os seus dereitos. A última delas, sancionar con multas de ata 10.000 euros, a todo o que axude a unha persoa en situación irregular, pode converter á española nunha sociedade de espías, na que uns sexan sospeitosos de delito só por socorrer e facilitar a vida aos inmigrantes e outros chivatos ao servizo do sistema persecutorio creado polo Estado. Con iso criminalízase un fenómeno, o da inmigración, que achega profundos valores positivos ao conxunto da poboación española.
ler o resto do texto

28/03/09

O MpDC esixe a retirada das cámaras de vídeo-vixilancia instaladas nos exteriores do Consello de Contas de Galicia


O Movemento polos Dereitos Civís tivo coñecemento recentemente de que nos exteriores do Consello de Contas de Galicia -situado na rúa compostelana Domingo Fontán- están instaladas varias cámaras de videovixilancia fixas, o que supón unha vulneración do dereito á imaxe, á honra e a intimidade persoal.

Tendo en conta tales feitos, esta asociación está a contactar co Consello de Contas e coa Delegación do Goberno en Galiza para procurar o esclarecemento dos ditos feitos que o MpDC considera de vital importancia para a cidadanía. Así as cousas, no suposto de que o Consello de Contas de Galicia procedese á instalación de ditas cámaras sen os preceptivos informes e autorizacións legalmente esixidos, estaríase producindo unha vulneración do principio de legalidade, coas consecuencias que eso tería.
Xa que logo, o Movemento solicita que o Consello de Contas de Galicia acredite, mediante calquera proba, que as cámaras instaladas no exterior cumpren con todos os requisitos esixidos polas normas, é dicir, que se axustan ao principio de proporcionalidade, que contan coa autorización da Delegación do Goberno e tamén posúen o informe favorable da Comisión de Garantías.
Desde o MPDC defendemos que deben primar sempre os dereitos fundamentais á honra, á intimidade e á propia imaxe así como o resto dos dereitos recollidos na Constitución española. O carácter perigoso e limitativo de Dereitos deste tipo de medidas de seguridade figura expresamente recollido nos preámbulos da normativa vixente (LO 4/1997).
Ademais, o colectivo polos Dereitos Civís esixe que se remitan os informes nos que se baseou a o Consello de Contas para proceder á instalación de ditas cámaras e por tanto xustificou o principio de proporcionalidade e que se informe a esta parte sobre quen ten encomendada a custodia das imaxes, así como que mecanismos de control se prevén para garantir os Dereitos dos cidadáns.
Neste sentido, o Movemento tamén solicita que se achegue a solicitude de autorización da instalación das cámaras nos exteriores do Consello de Contas de Galicia á Delegación do Goberno. Se ben, a finalidade última é que se proceda á retirada dos dispositivos instalados nos exteriores do Consello de Contas.
ler o resto do texto

27/03/09

O MpDC denuncia que o alcalde de Cabanas poida empregar a sala de plenos para xuntanzas veciñais e a oposición non


O Grupo Municipal do BNG solicitou ao alcalde de Cabanas a sala de Plenos para poder manter un encontro coa Comsión Veciñal sobre o seguimento dos impostos o pasado sábado 14 de marzo. Malia a ter presentado a dita solicitude o martes 10, o alcalde do municipio coruñés, Germán Castrillón, denegou ao portavoz municipal nacionalista, Xosé Manuel Pérez Sardiña, o uso das instalacións cando o rexedor as empregara co mesmo fin o día 4 de marzo.

Recentemente, o MpDC tivo coñecemento do encontro de corredor mantido o pasado venres 13 entre alcalde e portavoz, no que o xefe do Executivo local lle atribuíu a decisión de non autorizar o uso da sala de plenos ao BNG á nota de prensa publicada o día anterior no xornal La Opinión. No escrito difundíase a nova "Castrillón cede el Consistorio a la organización de un rally y no a los vecinos", lanzada polo Grupo Mixto despois da reunión mantida.

Pola súa banda, o BNG evidenciou nese comunicado os “atrancos inxustificables” que estaba a poñer a alcaldía por unha "rabieta" sen sequera contestar a solicitude escrita a dous días da reunión. O xoves pasado, a tal "rabieta" do rexedor “atopou unha coartada” que se argallou a raíz dunha xuntanza co Grupo Mixto e que consistía en que o encontro se celebrase entre ese Grupo e a Comisión veciñal nas escolas de Laraxe ou Lavandeira.

Ante tales irregularidades practicadas polo alcalde conservador, o MpDC non pode senón transmitir a súa queixa o Valedor do Pobo e ao propio Concello de Cabanas vendo que se incumpriu sobradamente a lexislación vixente denegando o acceso a usar os locais da corporación para celebrar reunións cos veciños, o que conleva que se produciría unha vulneración do principio de legalidade coas consecuencias que iso tería.

Asimesmo, o colectivo polos Dereitos Civís solicita da Institución que teña a ben informalo sobre os motivos que levaron ao alcalde deste concello a negar o uso dos ditos locais ao Grupo Municipal do BNG e o informe de todo o relativo ao presente expediente.
ler o resto do texto

26/03/09

O Movemento apoia o acto convocado pola Sala Nasa e exprésalle a súa solidariedade


O MpDC quere expresar a súa solidariedade coa Sala Nasa ante os ataques que recibiu nos últimos meses por parte do PP de Santiago de Compostela e apoia o acto convocado para mañá ás 18:30 horas na praza do Obradoiro.

Ademais, o Movemento polos Dereitos Civís quere facer fincapé na función de dinamización social e cultural que cumpre a Nasa na capital do país desde fai máis de 10 anos. O colectivo quere tamén expresar e estender o seu apoio non só ao espazo teatral, senón aos seus directores e ao persoal que nela traballa, xunto coas actrices e actores que forman parte dela.
ler o resto do texto

Os responsábeis da seguridade do Concello de Santiago non facilitan a Múgica documentación do 2006 requirida en varias ocasións


Desde a asesoría xurídica do Movemento polos Dereitos Civís foi presentado novamente un escrito ao Defensor del Pueblo informándoo da insistencia dos responsábeis de seguridade do Concello de Santiago de non enviar a documentación solicitada pola dita asociación e rogando que a institución presidida por Enrique Múgica a pida de novo.

sabido que todos os poderes públicos están obrigados a auxiliar, con carácter preferente e urxente ao Defensor nas súas investigacións e inspeccións. O MpDC agarda que esta premisa sexa tida en conta para que a tramitación destes documentos se realice dunha vez por todas e como é de seu.

Ademais, cabe ter en conta as sancións nas que pode incorrer o Concello de seguir entorpecendo o desenvolvemento da investigación aberta polo Defensor a instancias do Movemento, dado o carácter hostil e entorpecedor do consistorio compostelán. Estas sancións poderían abarcar desde un informe especial, negativo para o Concello, ademais de destacalo na sección correspondente do mesmo.

Os antecedentes

O Movemento tivo coñecemento de que na noite do 25 de xullo do 2006 doce furgóns da policía nacional se desprazaron até compostelá a Praza de Galiza debido a que un mozo estaba ferido. Unha vez alí, os axentes realizaron un cacheo indiscriminado a máis de 10 persoas que se atopaban no lugar. Malia a estes feitos teren sucedido, non aparecen reflectidos en ningún informe e as policías local e nacional negáronse a dar ningún tipo de información ao respecto.

O colectivo polos Dereitos Civís iniciou de contado unha serie de solicitudes de investigación dos feitos tanto á Policía Local e Nacional como ao Defensor del Pueblo. Por unha banda pediuse o esclarecemento dos feitos e pola outra que se facilitasen os documentos pertinentes necesarios para que o procedemento puidese seguir o seu curso.

Obtendo sempre a negativa por resposta do Concello de Santiago vai para tres anos de entorpecemento da xustiza os que está a alimentar os responsabeis da seguridade da capital galega. As solicitudes presentadas polo Movemento ao Defensor para que pida ao Concello os ditos documentos foron sistemáticamente ignoradas polo Executivo de Sánchez Bugallo.
ler o resto do texto

25/03/09

O Movemento impartirá unha conferencia sobre a vídeo-vixilancia no Centro Social Mádia Leva


A avogada e asesora xurídica do Movemento polos Dereitos Civís, Eva Vales Fernández, vai impartir este xoves 26 en Lugo unha conferencia sobre control social e video-vixilancia. O motivo do convite feito ao Movemento é a decisión do Goberno municipal, que consiste na instalación de 72 novas cámaras de vixilancia no centro histórico de Lugo sumadas ás xa existentes.

Segundo o centro social Mádia Leva, organizador do evento, e o MpDC, “esta medida extrema implica a vulneración do dereito á intimidade, á honra e á propia imaxe”. Por iso, o colectivo lugués decidiu contar coa presenza do Movemento polos Dereitos Civís que leva tempo denunciando a proliferación destes sistemas de control en distintas vilas e cidades do país. Entre outras actividades previstas para estas xornadas tamén se atopa a presentación do dosier titulado “O Big Brother chega a Lugo” onde se analiza está situación.

O C.S. Mádia Leva de Lugo organiza dentro das Xornadas pola liberdade de expresión dúas conferencias para os dias 26 e 27 de Marzo que comezarán ás 20h30 na Rua Amor Meilán 18. No primeiro dia debateremos sobre control social e video-vixilancia e no segundo día sobre a criminalización dos movementos sociais co avogado do Organismo popular anti-represivo, Ceivar.

As cámaras en Lugo e a denuncia do MpDC

O Movemento polos Dereitos Civís dirixiuse ao Concello de Lugo para solicitar que reconsidere a súa decisión de instalar masivamente cámaras de vixilancia nas rúas da cidade. O MpDC solicitou información ao Concello sobre o cumprimento dos procedementos e garantías previstos pola Lei que regula o emprego de vídeo-vixilancia nos espazos públicos, e dirixirá escritos análogos a Protección de Datos e á Delegación do Goberno.

O obxectivo do Concello é, ao parecer, o de frear os actos de vandalismo contra os edificios con valor histórico e artístico da cidade. Porén, un requisito indispensable para o emprego da vídeo-vixilancia e a proporcionalidade no seu uso. O beneficio que supostamente se acadaría coas cámaras, atallar uns actos de vandalismo que non unha criminalidade difusa e ameazante, dificilmente resulta proporcional en relación coa violación sistemática dos dereitos fundamentais derivada da instalación de 72 cámaras.

Ademais, a efectividade das mesmas, a súa adecuación para o fin perseguido polo Concello, está moi en entredito dados os resultados acadados noutras vilas galegas. Así, as cámaras servirían no mellor dos casos para identificar aos autores, sempre que estes non opten pola sinxela medida de ocultaren os seus rostros. Cómpre insistir en que a vídeo-vixilancia é unha medida extrema, a utilizar en casos moi concretos, e non está prevista pola Lei coma substituto da presenza policial.
ler o resto do texto

24/03/09

O xulgado admite a trámite o recurso do MpDC polas cámaras do MARCO


O xulgado do Contencioso Administrativo nº4 da Coruña ven de admitir o recurso de súplica interposto recentemente polo Movemento para que se reclamasen certas probas documentais solicitadas por esta asociación.

O MpDC reclamara varios documentos que, en principio, non foron considerados necesarios polo xulgado como informes, estudos e índices de violencia, delincuencia e criminalidade en Vigo elaborados polas Policías Local e Nacional que xustifiquen o principio de proporcionalidade preciso para a instalación das ditas cámaras de seguridade.

Pola súa banda, a Delegación do goberno en Galiza respondeu o oficio do dito xulgado coruñés informando de que na dita institución non consta nigún escrito presentado polo Concello de Vigo solicitando autorización para a instalación de cámaras de vídeo-vixilancia no Marco.

Cabe lembrar que en tal recurso o MpDC esixía, ademais, a consecuente aplicación da Lei Orgánica 4/1997 que regula a instalación de cámaras en lugares públicos. Neste sentido, ao non ter solicitado o MARCO os preceptivos informes e autorizacións para a instalación, a aplicación da lei leva consigo necesariamente a retirada das cámaras, tal e como solicitou a asociación en reiteradas ocasións.

Dado que en ningún momento se seguiu o procedemento previo de solicitude de autorización para a instalación das vídeo-cámaras previsto por dita lei, o Movemento considera a retirada do dispositivo unha medida imprescindíbel para rematar coa violación dos dereitos á intimidade, á honra e ó dereito á propia imaxe que se está a producir nestes momentos.

Cunha argumentación análoga a empregada noutros casos de instalación ilegal de dispositivos de vídeo-vixilancia, o MpDC sostén a nulidade de pleno dereito da resolución da Delegación, xa que esta se desentende do procedemento previsto pola lei. Do mesmo xeito, a inexistencia dunha autorización para as cámaras implica unha vulneración do principio de legalidade que debe presidir as actuacións da administración; un atentado contra o principio de seguridade xurídica – pois a Delegación ten a obriga, non a potestade, de solicitar a citada autorización.

Ademais, o Movemento denuncia novamente o incumprimento do principio da igualdade ante a lei perante o manifesto trato de favor recibido polo MARCO neste caso. A análise da Lei 4/1997 desvela tamén nesta instalación de cámaras de vixilancia unha evidente falta de proporcionalidade, un dos requisitos esixidos pola propia lei: non existen indicios de vandalismo na zona, e dificilmente se xustifican con meras suposicións a agresión ó dereito de privacidade e á honra que supón a presenza das cámaras.
ler o resto do texto

23/03/09

O MpDC celebra que Google sexa obrigada de novo a retirar imaxes da rúa dos seus mapas


A empresa norteamericana Google viuse obrigada a retirar algunhas imaxes da rúa tiradas polo seu novo servizo Uk Street View ante as protestas de persoas que aparecían nelas sen teren dado previamente o seu permiso. Desde o Movemento non se observa que existan circunstancias que xustifiquen o emprego por parte dunha entidade privada dun dispositivo que pode interferir cos dereitos fundamentais dos cidadáns.

Entre as imaxes retiradas do portal de Internet figuran as dun home entrando nunha tenda de obxectos eróticos, persoas no momento de ser detidas pola policía, así como interiores reveladores dalgúns fogares. Os internautas poden utilizar o zoom e ver as rúas case coma se estivesen transitándoas grazas a imaxes captadas por unha flota de automóbiles nos que se instalaron cámaras de 360 graos.

Unha portavoz de Google informou á BBC que calquera persoa pode solicitar que se elimine a súa imaxe do servizo, que cobre 36.000 quilómetros de rúas e estradas de vinte e cinco cidades do Reino Unido, das que ofrece vistas panorámicas. Neste sentido, o MpDC critica que a cidadanía estea exposta a ser permanentemente gravada descoñecendo a finalidade das imaxes nas que podería aparecer sen teren ademais a posibilidade de escoller se quere ser filmada ou non polos dispositivos de Google.

En calquera caso, as cámaras instaladas por particulares, a maior razón, deberían respectar con exquisita prudencia os dereitos dos cidadáns. Resulta difícil xustificar a invasión da privacidade na defensa duns intereses privados ou particulares. O Movemento considera o enfoque da policía británica absolutamente errado da cuestión, xa que defende os intereses dunha empresa privada por riba dos dereitos da cidadanía.

Street View inaugurouse en Estados Unidos en maio do 2007 e funciona xa en España, Italia, Francia, Holanda, Xapón, Australia ou Nova Zelandia, entre outros países. O proxecto suscitou críticas de grupos como "Privacy International", segundo os cales "as imaxes se captaron sen o permiso da xente para un uso comercial, o que non é aceptábel desde o punto de vista legal", óptica que subscribe o Movemento.
ler o resto do texto

22/03/09

Movemento polos dereitos civís condena o acto policial | El Correo Gallego - Diario de la Capital de Galicia

ler o resto do texto

O Movemento lamenta que continúe o proceso represivo contra a Asociación de Solidariedade con Kurdistán


A Asociación de Solidariedade con Kurdistán (ASK) “segue amenazada económica e políticamente despois de tres anos de procedemento xudicial”. Ante tal feito, o Movemento polos Dereitos Civís amósase contrario ás decisións xudiciais que sufreu e está a sufrir a dita asociación polo feito de despregar unha pancarta no estadio de fútbol de Balaídos en 2006 coa que pedían a liberdade para o pobo kurdo.

Transcorridos dous anos e medio das dúas multas de 4000 euros impostas á ASK, “o proceso xudicial contra os nosos compañeiros segue adiante”, afirman, negando a “única saída xusta e comprensível para este caso”, é dicer, a absolución total e a rectificación por parte da Subdelegación pola “indecencia de todo este asunto”, continúan a dicir desde a dita asociación.

Recentemente foi dada a coñecer a sentenza do xulgado de Vigo, “na que se declaraba inocente a un dos compañeiros multados”, asumindo o seu dereito á liberdade de expresión. A sentenza “recoñecía así o absurdo das multas”, polo que o membro da asociación non debía abonar diñeiro polos feitos que se lle imputaban.

Aínda así, o documento ignorou o feito de manter paralizada económicamente a unha asociación legal e rexistrada na Xunta de Galiza. O colectivo tampouco recibiu desculpa algunha para un cidadán ao que se lle pisotean os seus dereitos máis elementais. E, desde logo, afirman que tampouco houbo ningunha intención de asumir os gastos derivados durante estes dous anos.

Un par de semanas despois, celebrouse o xuízo contra o outro membro da asociación. No xulgado de Vigo foi o mesmo xuiz o encargado de rexeitar o recurso do avogado da ASK, declarando culpável á asociación dos feitos imputados pola Subdelegación do Governo en Pontevedra. O xuíz non atendeu ás reclamacións do avogado. Ademais, négase o dereito de recurrir a sanción neste mesmo xulgado, polo que teremos que recurrir ao Superior de Xustiza de A Coruña, co conseguinte incremento dos gastos que iso conleva.

A asociación pola liberdade do Kurdistán e o Movemento polos Dereitos Civís consideran esta multa como “un recorte inaceptábel dos dereitos civís máis básicos”. Ademais de póren de manifesto o dereito á libre expresión, desde o colectivo vigués insisten na intención de “continuar coas nosas actividades e ampliar a nosa solidariedade co Kurdistán, un pobo dividido, torturado e masacrado”, o maior pobo do mundo sen voz propia, subliñan.
ler o resto do texto

21/03/09

O MpDC condena a actuación policial nas concentracións de estudantes en Barcelona


O Movemento polos dereitos civís súmase ás múltiples condenas feitas públicas logo da actuación desproporcionada e desmesurada dos Mossos d´Esquadra durante as concentracións de estudantes celebradas en Barcelona en días pasados.

Tamén preto de 3.000 estudantes se manifestaron de novo este xoves en Barcelona en protesta polas cargas policiais. Durante os últimos días foron varias as marchas que se sucederon na cidade contra a futura Lei de Educación Catalá (LEC) e contra o Plan Boloña.

A condena á actuación dos Mossos d'Esquadra na xornada de disturbios do mércores en Barcelona entre estudantes e axentes foi unánime. O resultado de tal “actuación” ascende até 81 feridos de distinta consideración, entre eles estudantes, xornalistas até 30 segundo o Col•legi de Periodistes de Catalunya, transeúntes e axentes antidisturbios até 35, segundo fontes policiais. Ademais practicáronse sete detencións, seis pola mañá e unha pola noite.

As mostras de rexeitamento á "desproporción" da resposta policial formuláronse desde distintos ámbitos da sociedade catalá. O Col•legi e o Sindicato de Xornalistas de Catalunya emitiron senllos comunicados nos que piden responsabilidades polas agresións a xornalistas. Ambas as dúas entidades, xunto a outras asociacións profesionais, convocaron para hoxe unha concentración de repulsa ante o Palau da Generalitat.

Pola súa banda, o Movemento polos Dereitos Civís considera que a desproporcionada e violenta intervención policial perpetrada contra os manifestantes en Barcelona constitúe un tentativo global de amedrentar a sociedade para que non saia á rúa e de atentar contra os seus dereitos fundamentais.
ler o resto do texto

20/03/09

O Movemento condena as declaracións do presidente da Área Comercial Obelisco da Coruña


O Movemento polos Dereitos Civís faise eco da denuncia verquida no blogue das TransMaribolheras Precárias na que fan referencia a unha entrevista realizada ao presidente da Área Comercial Obelisco, da Coruña. O dito responsábel, Antonio Amor, advertiu nunha entrevista concedida a La Opinión que “hay que tener cuidado con las caras nuevas y extranjeras”.

Ante tales declaracións, o MpDC non pode senón manifestar o seu desconcerto diante dun representante dun colectivo que debería integrar no canto de excluir. O sector do comercio, castigado nos últimos tempos debido á crise, xa bastante ten co día a día para que un dos seus dirixentes intente sementar preconceptos xenófobos contra a poboación estranxeira.

Ademais, o referido como “caras nuevas” tamén é feito denunciábel, xa que da dita afirmación trascende que o comercio na zona debe ser cousa dos de sempre, dos da cidade e dos que xa teñen unha posición social na mesma, pondo así unha enorme barreira contra as persoas que veñen establecerse e que deciden crear negocios.

Pola súa banda, as Maribolheras estenden a súa queixa “ao resto de cucarachas, aos reponsábeis dos xornais que relacionan migración com delincuencia, aos gardns dos CIES, á SGAE, os policías que se dedican a perseguir os senegaleses na Rúa Real e aos responsábeis políticos que lles dan as ordens”, afirman.

Do mesmo xeito, tanto o colectivo coruñés coma o MpDC cconsideran tamén como cómplices daas descualificacións “a todos os que calan e non actúan” ante este novo brote racista na Coruña. Ao entender do Movemento, é precisa a normalidade fronte os fenómenos migratorios que recalen no noso país e considera que non son de recibo comentarios coma o realizado polo dito presidente dos comerciantes da Coruña.
ler o resto do texto

17/03/09

El juzgado exige por segunda vez al Concello que le facilite a un ciudadano sus archivos policiales

ler o resto do texto

O xulgado acepta varias probas requeridas polo MpDC en relación coas cámaras do Marco


O Movemento polos Dereitos Civís recorre a providencia do Xulgado do Contencioso Administrativo nº4 da Coruña no relativo ás cámaras de seguridade instaladas nos exteriores do museo de arte contemporánea de Vigo (Marco) na que se inadmite a maioría da proba documental solicitada por esta asociación.

Ademais, faise especial fincapé en que o Xulgado requira á Policía Nacional e á Policía Local que achegasen informes, estudos e índices de violencia, delincuencia e criminalidade en Vigo e que xustifiquen o principio de proporcionalidade preciso para a instalación das ditas cámaras de seguridade.

Así as cousas, no Preámbulo da Lei orgánica 4/1997 de 4 de agosto que regula a ultilización de videocámaras polas forzas e corpos de seguridade en lugares públicos, expresamente indícase que as garantías que introduce a presente lei no que respecta ao uso de sistemas de gravación polos ditos corpos policiais parte do establecemento dun réxime de autorización previa para a instalación de videocámaras inspirado no principio de “proporcionalidade, idoneidade e intervención mínima”.

Isto é, que só poden empregarse os sistemas de gravación cando sexa axeitado, preciso e nunha situación concreta coa finalidade de manter a seguridade cidadá. Do mesmo xeito, a intervención mínima esixe a ponderación entre a finalidade pretendida co uso das videocámaras e o dereito á honra, intimidade e propia imaxe das persoas. En terceiro lugar, o emprego das cámaras esixirá a existencia dun razonábel risco para a seguridade cidadá, no caso das cámaras fixas.

Noutra orde de cousas, o Movemento entende que se vulnera o principio de igualdade ante a lei no que respecta á Lei 4/1997 anteriormente citada, que obriga a que o uso das cámaras estea precedido polo principio de proporionalidade, polo que ao colectivo non lle parece axeitado considerar como válida a providencia obxecto do presente recurso na que se inadmiten probas “clave” para a determinación de que as ditas cámaras cumpren con todos os requisitos expostos e recollidos na Lei 4/1997 así coma cos presupostos para a súa instalación.

O Movemento polos Dereitos Civís tivo coñecemento a finais do 2007 da presenza de cámaras de vídeo-vixilancia cun radio de gravación de 360º ó redor do edificio do MARCO, que rexistraban imaxes do entorno do museo e da céntrica Rúa Príncipe.

A asociación púxose en contacto coa Delegación do Goberno, coa Axencia Española de Protección de Datos e co propio MARCO para asegurarse de que a instalación das mesmas se realizara cumprindo cos requisitos previstos na Lei 4/97 e no Regulamento de desenvolvemento aprobado polo Real Decreto 596/1999, que estruturan a utilización de videocámaras polas Forzas e Corpos de Seguridade en lugares públicos. O MpDC solicitou asimesmo que, no caso de que non existisen os informes e autorizacións pertinentes, a Delegación procedese á retirada das cámaras.

A Delegación do Goberno informou en xullo dese mesmo ano de que non tiñan constancia de ningunha solicitude de instalación de dispositivos de vídeo-vixilancia. Sorprendentemente, informou tamén de que non consideraba que concorresen as circunstancias necesarias para aplicar a Lei 4/1997 e rexeitaba a solicitude de retirada das cámaras. O edificio do MARCO debe ser considerado ben público, espazo no que a instalación de cámaras está reservada ás Forza de Seguridade segundo os presupostos da mencionada lei.
ler o resto do texto

16/03/09

Bugallo segue sen cumprir a sentenza pola que debe facilitar expedientes ilegais da policia local


Logo da resolución dada a coñecer hoxe por parte do Xulgado do Contencioso Administrativo nº2 de Compostela, o Movemento polos Dereitos Civís insta novamente ao Concello de Santiago a que facilite os expedientes solicitados polo dito colectivo.

A entidade administrativa local volve, por segunda vez desde que se abrise o procedemento xudicial, a non facilitar a un cidadán todos os arquivos que figuran nas dependencias municipais referidos a súa persoa. Deste xeito, o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, volve dar mostras do seu talante escurantista e falto de diálogo ao obviar o cumprimento dunha sentenza desfavorable e que pon de manifesto a escasa confianza que pode transmitir aos cidadáns.

Ao respecto, o Movemento fai fincapé nesta idea, xa que o rexedor compostelán non tivo reparos en mentir diante da xuíza para ocultar os seus propios erros e xustificar a denegación do seus dereitos a un dos seus administrados. Dereitos Civís agarda a execución da sentenza coa máxima prontitude posible e que casos como este non se repitan nin no Concello de Compostela nin en calquera outra institución pública.

Non obstante, mudou de versión diante da maxistrada e negou posuír ningún tipo de datos sobre dito cidadán, tanto a nivel persoal como na súa faceta de colaborador de Dereitos Civís. A existencia de expedientes sobre esta persoa constitúe un delito por parte da entidade, posto que nunca foi condenada por ningún Xulgado, nin sancionada pola Administración.

O proceso xudicial iniciouse logo de que o MpDC presentase unha denuncia contra o Concello por negar o dereito de acceso a un veciño e colaborador da asociación que solicitara unha copia de todos os arquivos e expedientes que obrasen no poder da entidade local referidos a si propio. O alcalde compostelán dera conta nunha contestación ao Defensor del Pueblo, a raíz dunha queixa contra un axente municipal, da existencia de arquivos na Policía Local sobre o afectado.
ler o resto do texto

15/03/09

Admiten a trámite recurso do MpDC sobre as cámaras exteriores de El Correo Gallego


O xulgado do Contencioso Administrativo nº1 da Coruña deu por interposto recurso contra a Delegación do Goberno en Galicia. O Dito recurso foi presentado polo Movemento logo de que El Correo Gallego publicase o pasado mes de xaneiro na súa edición impresa e dixital as imaxes captadas polas cámaras de seguridade instaladas na sede do xornal nas que se ve unha muller perfectamente identificable mentres, supostamente, produce danos en vehículos aparcados na rúa.

Non existindo unha lei específica que regule, polo momento, a instalación de cámaras de seguridade privadas, cómpre ter en conta a Lei de Seguridade Privada, que indica que se poderán empregar estes dispositivos electrónicos, convenientemente instalados por unha empresa autorizada, “contra roubo e intrusión”.
A dita Lei non prevé o uso das cámaras de seguridade privadas como espontáneo e non regulado sistema de seguridade cidadá, e desde logo non autoriza o seu emprego para vixiar os actos dos cidadáns nas rúas adxacentes, independentemente de que estes actos poidan resultar ou non constitutivos de delictos.

Aínda que a Lei Orgánica 4/1997, que regula o uso da vídeo vixilancia polas Forzas e Corpos de Seguridade, non atinxe ao ámbito da seguridade privada, en ningún caso o emprego de vídeo-vixilancia privada pode supoñer unha intromisión ilexítima no dereito á intimidade, á propia imaxe e en xeral no ámbito de protección da Lei Orgánica 1/1982.
Ademais, no caso de que as imaxes gravadas polas cámaras teñan consideración de dato persoal quedarán baixo o amparo da Lei Orgánica de Protección de Datos. É sen dúbida o caso das imaxes que nos ocupan, nas que a muller é perfectamente identificable e, polo tanto, o tratamento das ditas imaxes – o que inclúe naturalmente a súa difusión nun medio de comunicación – requiriría o consentimento do afectado.
ler o resto do texto

14/03/09

La Subdelegación del Gobierno no investigará una actuación policial en Atento

ler o resto do texto

O Concello de Ares intenta deslexitimar o MpDC


O concello de Ares contestou a demanda interposta polo Movemento deslexitimando a asociación por crela non autorizada a intervir no procedemento aberto contra el. Outras acusacións infundadas coma esta tamén se recollen na dita resposta. Cabe lembrar que o MpDC denunciou o Concello pola instalación de cámaras de vídeo-vixilancia no municipio.

Segundo a administración local, o Movemento polos Dereitos Civís ten unha “falta de lexitimación activa”, xa que “a participación no procedemento debería realizarse na defensa de intereses lexítimos”, din, e, no caso de asociacións, “que as mesmas estean legalmente habilitadas” para a súa defensa. Ao respecto, o colectivo pregúntase se a defensa do dereito á imaxe das persoas non é lexítimo. Ademais, hai que subliñar que esta afirmación provén dunha administración pública.

No mesmo sentido, afirman que unha asociación, polo mero feito de selo, non pode exercer un control da legalidade “cando non é parte implicada”. Ante isto, o Movemento non pode se non lembrar unha das súas principais preocupacións, que son os dereitos civís e a defensa dos mesmos. O consistorio afirma que a asociación non se viu agraviada e a tal efecto afirma que si entendería a demanda se un veciño ou veciña a interpuxese. Con tal afirmación rexeitan a existencia e o traballo de colectivos coma o MpDC.

Para máis ver, o Concello apunta que “non se pode” considerar a administración municipal como responsábel, e se se fai, “tamén debería estenderse á Comisión de garantías de video-vixilancia”, din. O colectivo entende que Ares debería preguntarse quen colocou as cámaras (o propio Concello) antes de deixar constancia de tales despropósitos. Pola súa banda, o Xulgado do Contencioso Administrativo nº2 da Coruña procederá a abrir o pleito a proba para que ambas as dúas partes poidan presentar as que consideren oportunas.

O Movemento polos Dereitos Civís presentou, no seu momento, unha denuncia na Fiscalía da Coruña contra o Concello de Ares pola instalación ilegal das cámaras de vídeo-vixilancia no exterior da Casa Consistorial colocadas, segundo o municipio, para “evitar pintadas na fachada do Concello”.

O uso das cámaras para tarefas de seguridade ha de estar perfectamente adecuado á Lei 4/1997 de 4 de agosto, xa que o seu emprego debe responder aos principios de idoneidade e de intervención mínima, por tratase de medios cos que facilmente se poden producir interferencias inxustificadas na intimidade das persoas. Por esta razón, o uso das cámaras ha de ser a última opción en materia de seguridade, coa fin de evitar a vixilancia omnipresente e impedir a vulnerabilidade da persoa.
ler o resto do texto

13/03/09

O MpDC lamenta que as institucións menosprecien a dignidade dos traballadores


A subdelegación do Goberno vén de zanxar o escrito presentado polo MpDC no que se protestaba pola actuación discriminatoria da Policía Nacional e a carga contra os traballadores de ATENTO e dos funcionarios da Coruña no 2007.
O xulgado de instrucción número 2 da Coruña acordou arquivar o procedemento aberto polos traballadores para que se iniciase unha investigación dos feitos acontecidos na cidade cos traballadores de Atento para determinar a lexitimidade ou non da actuación policial. Pola súa banda, a subdelegación do Goberno respalda a decisión xudicial e engade que non ten máis que engadir a ela.

Polo tanto, a lexítima solicitude de información ao respecto demandada polo MpDC saldouse coa calada por resposta de ambas as dúas institucións. Desde o colectivo condénase a actitude de Subdelegación e xulgado cando sigue acreditando necesario un pronunciamento sobre a actuación policial tralas concentracións e protestas dos traballadores e traballadoras de Atento.

O recurso da forza contra os traballadores/as non pode ser un mecanismo co que silenciar as protestas sociais. As autoridades saben perfectamente que esta debe ser proporcional e cumprir unha serie de requisitos legais. Requisitos que non son observados pola autoridade que poden estar incorrendo en delictos penados pola lexislación vixente.

Máis desigualdades

Ademais o MpDC quere chamar a atención sobre a distinta vara de medir da Delegación do Goberno, que ordena cargas contra traballadores e mentres é absolutamente permisiva coa actitude que tiveron os alcaldes do Partido Popular que forzaron a entrada no Parlamento fai tres anos, co cal se evidencia que non se trata igual a todos os cidadáns.

Naquela ocasión o fiscal xefe de Galiza, autoridade coa que o MpDC mantivo unha reunión para evidenciar o trato discriminatorio deste tipo de actuacións, dixera que non perseguiría aos responsábeis da toma do Parlamento.
ler o resto do texto

12/03/09

O MpDC chama a atención sobre a reacción do PP respecto das actuacións policiais cando eles son os afectados


O Movemento polos Dereitos Civís sorpréndese de que o PP se queixe do trato recibido polo seu partido nas recentes detencións practicadas en Canarias, Baleares e Murcia no marco da loita anticorrupción cando, pola contra, non encontraron inconvenientes nas inxustificadas detencións realizadas no marco da Operación Castiñeira vai para catro anos e outras actuacións similares comos as mulleres que abortaron na clínia Isidora.

O presidente do PP, Mariano Rajoy, denunciou o trato recibido polo seu partido por parte das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. En particular, arremeteu contra a comisaría de Canarias, que, dixo, "actuou de forma partidista e con toda a saña do mundo contra o PP". Rajoy aludiu ás detencións acompañadas de esposas e cámaras de televisón. "O que ocorreu en todos estes sitios non ten nome",

Rajoy afirmou que "defenderei o bo nome do PP", así coma a presunción de inocencia dos seus militantes. Pola contra, cabe lembrar que o partido conservador aplaudiu no seu momento a actuación policial na que once persoas foron detidos nunha “cruzada” contra o galeguismo e o asociacionismo.

"Nós", dixo Rajoy, "somos partidarios de que se castigue nos tribunais a quen incumpra a lei, pero imos esixir que as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado actúen con todos os cidadáns como iguais, como esixe a Constitución". No caso da Operación Castiñeira non solicitaban a presunción de inocencia que agora si piden. Momentos antes, referiuse ao sumario do caso Gürtel para denunciar, tamén, a falta de imparcialidade da Xustiza, feito que fai catro anos tampouco solicitaron para os detidos galegos.

O día 14 de novembro de 2005 a Garda Civil asaltou tres centros sociais galegos, en Santiago de Compostela, Vigo e Ourense, detén a 11 militantes da Assembleia da Mocidade Independentista (AMI), rexistra varios domicilios e postos de traballo doutros activistas e pecha dúas páxinas web do movemento independentista galego. A acusación vertida contra os detidos é formar parte dunha “asociación ilícita” cuxo nomee non é explicitado en ningures.
ler o resto do texto

10/03/09

Un juzgado coruñés admite una demanda contra las cámaras de videovigilancia de la EGAP

ler o resto do texto

09/03/09

Admiten a trámite dúas demandas contra a Delegación do Goberno por novos casos de vídeo-vixilancia en Compostela

O Xulgado contencioso administrativo número 4 de A Coruña admitiu a trámite dúas demandas interpostas contra a Delegación do Goberno en relación coa vídeo-vixilancia en Compostela. O Movemento polos Dereitos Civís presentara dous recursos contra as resolucións da administración en dous novos casos de instalación irregular de cámaras en Santiago. Trátase de dispositivos colocados no exterior das sedes do Centro Galego de Novas Tecnoloxías e da Escola Galega de Administración Pública, que están a gravar a vía pública e interfiren no dereito á intimidade dos cidadáns.

O Xulgado informou á asociación demandante da admisión a trámite de entrambas as demandas. Así mesmo, reclamou á Delegación do Goberno en Galiza o expediente administrativo do caso. A administración ten a obriga de remitir o expediente ao xulgado nun prazo de vinte días, de xeito que a Xustiza poda estudar as posibles irregularidades do caso.

O Movemento polos Dereitos Civís presentara escritos perante a propia Delegación e os dous organismos involucrados, solicitando información sobre o cumprimento durante o proceso de instalación das cámaras de todas as garantías previstas pola lei. A Delegación desentendeuse do caso, a pesar da transcendencia dos dereitos fundamentais en xogo, aducindo que ao tratarse de dispositivos colocados por organismos privados non era necesario para o seu funcionamento dispoñer dunha autorización concedida pola propia Delegación. Ao mesmo razoamento aferráronse o CGNT e a EGAP, afirmando que nesta caso non era aplicable a Lei Orgánica 4/1997 que regula o uso de vídeo-vixilancia no espazo público.

Non obstante, todas estas institucións decidiron obviar o feito de que as cámaras están a gravar en realidade a vía pública, interferindo no dereito á intimidade e á propia imaxe de todas as persoas que transitan polas inmediacións das sedes destes organismos. Dende o momento en que os dispositivos rexistran o espazo público, a Lei 4/1997 reserva o seu emprego ás Forzas e Corpos de Seguridade, e establece unha serie de procedementos e garantías para protexer os dereitos fundamentais que puideran verse afectados. O Movemento polos Dereitos Civís espera que as investigacións xudiciais sirvan agora para determinar se estas garantías foron respectadas nestes casos, e que de non ser así o Xulgado ordene a inmediata retirada das cámaras.
ler o resto do texto

08/03/09

A ineficacia de Protección de Datos segue a deixar sen sanción vulneracións de dereitos fundamentais

En ocasión semella que os organismos encargados de velar pola tutela dos dereitos dos cidadáns son os máis reticentes a sancionar certos comportamentos ilegais. Nalgúns casos, nin sequera contar cun documento que supón practicamente unha confesión por escrito dun atentado contra o dereito á intimidade garante unha intervención decidida da Axencia de Protección de Datos. Este organismo parece querer escudarse en discutibles interpretacións e en retorcidos razoamentos legais para evitar cumprir coa súa obriga na defensa dos dereitos. Presentamos aquí un claro exemplo, adianto do Informe 2008 do Movemento polos Dereitos Civís: un caso que se prolongou durante varios anos ata resolverse, sen sancións para os infractores, o pasado 2008.

Referímonos a un caso tristemente sintomático dunha problemática ao parecer relativamente habitual en certas empresas que prestan servizos de atención telefónica. En concreto, o MpDC reclamara, fai agora tres anos, a atención da AEPD e da Fiscalía sobre as actuacións da empresa con sede en Ourense Call Center Office Depot. Aínda que finalmente non existiron sancións contra esta empresa, o Movemento considera que as investigacións do caso determinaron con claridade a existencia de irregularidades no seu comportamento polo que se refire ao cumprimento da Lei Orgánica de Protección de Datos.

O MpDC involucrárase no caso a raíz de varias denuncias dos feitos recibidas pola asociación. Tratábase de denuncias anónimas ou, en calquera caso, de traballadores da propia empresa que temían represalias por parte dos seus superiores. Estas persoas denunciaban que era unha práctica común na empresa o escoitar ou gravar as conversacións entre os traballadores e os usuarios do servizo. Advertían tamén de que os traballadores non autorizaran estas prácticas e de que o usuario non viña advertido de que as súas conversas estaban sendo rexistradas.

Estes feitos foron denunciados a mediados de 2006 polo Movemento, que dirixiu dous escritos á AEPD e á Fiscalía de Ourense. As prácticas denunciadas supuñan unha vulneración do recollido na Lei Orgánica de Protección de Datos e constituían unha violación do dereito á intimidade dos empregados e os clientes.

Sen importarlle o feito de que existise un temor lóxico que motivaba o anonimato dos denunciantes, a Fiscalía insistiu en contar co nome destas persoas. Así mesmo, tanto ela coma a AEPD solicitaron ao Movemento que facilitase números de teléfono que a empresa en cuestión estivese a xestionar, e que puidesen estar sendo suxeitos a gravacións ilegais. Aínda que non parece responsabilidade da asociación o desenvolver estas actividades investigativas cando existen indicios delitivos, o Movemento puido finalmente facilitar información sobre números xestionados por Call Center Office Depot. Entre estes se atopan servizos particularmente sensibles, tales coma o número de protección a menores da Xunta, ou número de atención a maiores, ademais dos servizos de atención ao cliente de varias empresas.

Ademais, o Movemento confirmou gracias a varias fontes sindicais que a gravación e a escoita das conversas era unha práctica habitual da empresa. Así mesmo, a asociación tivo acceso a un documento interno da propia empresa no que se recoñecía implícita e explicitamente o emprego destes métodos para supostamente mellorar a formación dos empregados e para asegurarse de que estes cumprían coas súas obrigas.

A pesar de todas estas probas e datos, a Fiscalía paralizou nunha fase moi inicial as súas investigacións, mentres a AEPD iniciaba as actuacións previas. O MpDC tivo que dirixirse en varias ocasións a este organismo para solicitar información sobre o estado das investigacións, ante a duración das actuacións e falta de respostas por parte da AEPD. Finalmente, máis dun ano despois da denuncia do Movemento, a AEPD informaba do resultado das súas investigacións e declaraba, sorprendentemente, a súa intención de proceder ao arquivo das actuacións.

Ao longo das investigacións, a AEPD determinara que a empresa contaba cuns aparellos telefónicos preparados para rexistrar as conversacións mantidas a través dos mesmos. A axencia comprobou tamén que usuarios de servizos particularmente delicados coma os xa sinalados non eran advertidos do posible emprego e recollida de datos persoais, tal e como en cambio esixe a Lei no seu artigo 5. A empresa asegurou pola súa banda que non se procedía a gravar nin escoitar as conversas, aínda que non se descartaba o recurso a esta práctica nun futuro.

A pesar de contar con estas evidencias, con múltiples testemuñas e cun texto da propia empresa no que se recoñecen estas prácticas ilegais, a AEPD considerou que non era procedente sancionar actuacións ilegais previstas e planificadas por parte da empresa pero, segundo a Axencia, non realizadas. Aínda que o Movemento recorreu esta decisión incomprensible, a AEPD escudouse na presunta ausencia de probas que demostrasen que efectivamente se levaran a cabo gravacións. A axencia tamén se apoiou na paralización das investigacións por parte da Fiscalía, sen ter en conta que este arquivo de actuacións se producira ao inicio do caso e que o Movemento solucionara xa os defectos que o motivaran.

Trátase en definitiva dun caso de particular gravidade, no que unha empresa atentou contra os dereitos dos seus traballadores e dos usuarios, ignorando a normativa de protección de datos. A pesar das sucesivas reclamacións do Movemento polos Dereitos Civís, o caso pechouse o pasado 2008 sen que se producisen sancións de ningún tipo. Será necesario nun futuro que a Axencia Española de Protección de Datos afronte con máis decisión as funcións das que é responsable, e que se dote se fose necesario das competencias e potestades para investigar e sancionar seriamente actuacións tan graves coma as que nos ocupa.
ler o resto do texto

07/03/09

"Témome que as medidas de política criminal fan caso omiso da opinión dos expertos"

Entrevista con Anabel Cerezo, presidenta da Sociedade Española de Investigación Criminolóxica

O Movemento polos Dereitos Civís ven alertando nos últimos anos sobre a proliferación descontrolada de cámaras de vídeo-vixilancia. A utilidade do seu uso é igual de dubidosa có seu respecto polos dereitos fundamentais. O Instituto Andaluz de Criminoloxía elaborou un estudo pioneiro, que partindo do caso da cidade de Málaga analia as motivacións, as modalidades e os resultados do emprego de cámaras de seguridade no espazo público.

O proxecto de avaliación da vídeo-vixilancia en Málaga desenvolvido polo Instituto Andaluz Interuniversitario de Criminoloxía é pioneiro en España. Cales son as motivacións que impulsan esta investigación neste momento? Cales son os seus obxectivos?
A motivación que impulsa esta investigación é a instalación en abril do ano 2007 de 17 cámaras de vídeo-vixilancia nalgunhas rúas do centro histórico de Málaga. O proxecto de investigación ten como obxectivo informar acerca do impacto das cámaras sobre o nivel de delincuencia e de inseguridade cidadá neste entorno.
A investigación parte de varias hipóteses. Consideramos que é moi probable que a instalación das cámaras reduza en termos xerais a taxa de delitos nas rúas e prazas onde se instalaron. É moi probable tamén que a delincuencia se desprace a outras rúas lindeiras onde non se instalaron as cámaras ou ata a outras zonas da cidade de características similares á zona do centro histórico. Partimos da hipótese así mesmo de que a instalación das cámaras mellorará o sentimento de seguridade e polo tanto reducirá o medo ao delito nos cidadáns que frecuentan o centro histórico.

A investigación parte da hipótese de que a criminalidade desprazarase no canto de reducirse. Ao mesmo tempo, presupón que si diminuirá o sentimento de inseguridade cidadá. Non se trata entón de factores relacionados directamente?
En efecto. Consideramos que é probable que os datos achegados pola policía mostren unha redución de certo tipo de delitos nas rúas onde as cámaras foron instaladas, e ao mesmo tempo, contamos coa posibilidade de que ese tipo de delitos incremente noutras zonas lindeiras onde non hai cámaras. Pero o noso traballo de campo non só se basea en datos policiais. Realizamos dúas enquisas aos viandantes e entrevistas a unha mostra de comerciantes das rúas do centro histórico. Intuímos que o sentimento de inseguridade cidadá reduciuse desde que se instalaron as cámaras.

Falamos dun proxecto iniciado en 2007. En que fase se atopa actualmente a investigación? Existe xa algún tipo de resultados concretos ou conclusións provisionais?
Terminamos xa o traballo de campo. Estamos a analizar os datos, aínda que nos está custando conseguir datos policiais. Temos presentamos o estudo nalgún foro, e mesmo publicado nunha revista anglosaxoa algúns resultados preliminares en relación coas enquisas realizadas a viandantes sobre seguridade cidadá.

Unha vez se coñezan os resultados da investigación sobre eficacia da vídeo-vixilancia, serán estes aplicables a outras cidades ou contextos do estado español?

Cada cidade ten a súa especificidade concreta e non se poden extrapolar resultados. Sería necesario repetir o experimento noutras cidades. Iso sería moi positivo, desde o punto de vista científico, non só para validar a nosa investigación, senón tamén para establecer posibles comparacións.

Diversos estudos realizados no Reino Unido sinalan unha escasa efectividade destes dispositivos de control; con todo, as cámaras de seguridade seguen proliferando en Gran Bretaña. Esperan que os resultados da súa investigación teñan unha incidencia no maior ou menor emprego de vídeo-vixilancia por parte da Administración?
A finalidade da nosa investigación é chegar á Administración e aos políticos para que actúen en consecuencia, pero témome que as medidas de política criminal que se toman no noso país, do mesmo xeito que no Reino Unido, fan caso omiso á opinión dos expertos e investigadores. Ditas medidas acórdanse en base ao que solicitan certos cidadáns que se fan escoitar a través de determinados medios de comunicación. Con iso os partidos políticos obteñen rédito político, que é o que realmente lles interesa.

Parte do estudo consiste en entrevistas cualitativas a policías e responsables de vídeo-vixilancia. Dedúcese destas entrevistas a existencia de estudos, informes ou de criterios formalizados que determinen a instalación das cámaras?

Non atopamos gran cousa respecto diso. Polo menos en Málaga, a instalación das cámaras non veu precedida de ningún estudo empírico, nin avalada por datos de delincuencia. Foi a iniciativa dos comerciantes do centro histórico que percibían un incremento de certas condutas delituosas preto de ou nos seus comercios e entendían que iso perxudicaba aos seus negocios.

Dada a natureza do proxecto, exceden dos límites da súa investigación outras cuestións relacionadas coa vídeo-vixilancia como a relación cos fundamentais ou as garantías necesarias para o seu uso. Teñen constancia de estudos que aborden a relación entre beneficios e prexuízos derivados do uso da vídeo-vixilancia?
Existen estudos noutros países respecto diso. Evidentemente unha parte do noso informe final destinarase a estas cuestións
ler o resto do texto

A violencia sexual esnaquiza a vida dunha de cada cinco mulleres en todo o mundo

Médicos Sen Fronteiras (MSF) atende cada día a 35 persoas nos seus proxectos. Cada vítima explica unha historia de horror, degradación e dor, a miúdo infligido por persoas que deberían protexelas, como pais, parentes, veciños ou soldados.

Segundo a ONU, a violencia sexual afecta a unha de cada cinco mulleres e nalgúns países a unha de cada tres.


Máis aquí.
ler o resto do texto

Un de cada catro nenos no Estado está en risco de pobreza

No Estado español están en situación de risco de pobreza o 24% dos nenos, mentres que a porcentaxe sube até o 28% nas persoas de idade avanzada, segundo o informe anual sobre protección social e inclusión social feito público pola Comisión Europea con datos correspondentes ao ano 2007.

Neste informe o Estado español sitúase no segundo posto da listaxe da Unión Europea cunha maior porcentaxe de poboación en risco de pobreza, co 20% e só superado por Letonia (21%) e ao mesmo nivel que Italia e Grecia.


Máis en Gz Nación.
ler o resto do texto

Un colectivo de derechos cívicos pide que se retiren cámaras de las vías lucenses

El Movimiento por los Derechos Civiles se dirigió al Ayuntamiento de Lugo para solicitarle que reconsidere su decisión de instalar «masivamente» cámaras de vigilancia en las calles de la ciudad. El colectivo reaccionó así tras el anuncio de que el Concello pondría en funcionamiento las 36 cámaras instaladas en O Ceao y las
cuatro del cuartelillo de la Policía Local, que se suman a las 14 que ya había para el control del tráfico y de los accesos a zonas del casco histórico.

En El Progreso, 4 de marzo.
ler o resto do texto

06/03/09

El profesor Leante se rebela contra la videovigilancia · ELPAÍS.com

Harto de sentirse grabado sin su conocimiento, el profesor Luis Leante estalló y arrancó de cuajo las tres cámaras de vigilancia instaladas en el instituto El Pla de Alicante donde imparte clases de Latín. El arrebato le acarreó al ganador del premio de novela Alfaguara una noche en los calabozos de la comisaria. En la tarde de ayer, el juez de guardia de Alicante le dejó en libertad con cargos por un delito de hurto. A la salida del juzgado, Leante declaró que retiró las cámaras ante la "rabia" que sentía al ver que le "estaban enfocando durante días sin saberlo". Leante acusó a la directora del centro de someterle a una "atroz persecución desde hace dos años". "Justo cuando logré el premio Alfaguara", añadió.

El profesor Leante se rebela contra la videovigilancia · ELPAÍS.com
ler o resto do texto

05/03/09

O caso de dúas rapazas gravadas en Málaga demostra o potencial invasivo das cámaras de tráfico instaladas en varias vilas galegas

O Movemento polos Dereitos Civís insiste dende hai tempo no mal uso potencial que se pode realizar de calquera dispositivo de vídeo-vixilancia, e das consecuencias para os dereitos fundamentais que deste mal uso se poden derivar. Non son dende logo un caso a parte as cámaras de tráfico instaladas en varios concellos galegos, nomeadamente e en número moi importante en Lugo e Vigo. Como demostra un caso recente na cidade de Málaga, mesmo as cámaras instaladas en coches patrulla das forzas de seguridade e que deberan cumprir cunha función análoga ás das cámaras de tráfico, poden acabar sendo empregadas con efectos degradantes, intrusivos, sexistas e lesivos dos dereitos fundamentais.

Así, dous policías locais de Málaga veñen de ser sancionados por un uso indebido das cámaras colocadas no seu vehículo para detectar e documentar infraccións de tráfico. Os axentes utilizáronas en cambio para gravar as partes íntimas de dúas mozas que descargaban obxectos dun coche aparcado na rúa. Cando as afectadas, xustamente indignadas, se dirixiron a eles para pedir explicacións por este acoso, os axente fuxiron no vehículo.

Atopámonos xa que logo perante un caso paradigmático da lesión de dereitos que pode conlevar o emprego de calquera medio de vídeo-vixilancia. Ao MpDC preocúpalle especialmente a proliferación descontrolada de cámaras de seguridade e de control do tráfico nalgunhas vilas galegas, nomeadamente en Vigo e Lugo.

O Concello de Vigo ven de desestimar unha petición da asociación, argumentando que as cámaras de tráfico non se rexen pola Lei orgánica 4/1997, que regula o emprego de vídeo-vixilancia no espazo público. Os feitos acontecidos en Málaga veñen de corroborar en cambio a importancia de activar todas as garantías posibles para protexer os dereitos dos veciños fronte ás cámaras. Aplicar unha lexislación moito menos estrita só pode servir para aumentar o número intromisións na intimidade dos veciños.

O caso de Málaga é por desgraza sintomático tamén da seriedade coa que afronta a administración as violacións dos dereitos dos cidadáns. Os axentes que valéndose da súa autoridade molestaron, acosaron e gravaron ás rapazas, violando varios dos seus dereitos fundamentais e atentando contra a súa dignidade, foron sancionados cunha ridícula suspensión de sete meses.
ler o resto do texto

04/03/09

Investigan por homicidio ao pai de Eluana Englaro, a rapaza italiana cuxa morte tras dezasete anos en coma reabriu o debate sobre o testamento vital

Despois de 10 anos litigando para que lle permitisen retirar a alimentación á súa filla, en coma irreversible desde 1992, Beppino Englaro está sendo investigado por "homicidio voluntario". A asociación Verdade e Vida denunciouno ante a Fiscalía, xunto a outras 13 persoas: o anestesista que dirixiu o equipo médico que interrompeu a alimentación e a hidratación artificial, e os 12 enfermeiros compoñentes da asociación Por Eluana.

Eluana Englaro, que pesaba corenta quilos e tiña que ser cambiada de posición na súa cama por varios enfermeiros cada dúas horas para evitar a formación de feridas no seu corpo, morreu o pasado 8 de febreiro. Dado que levaba en coma dezasete anos, non tivo que presenciar o atroz espectáculo político que se desencadeou en Italia mentres ela se apagaba nunha clínica de Udine.
Á mesma hora na que Eluana morría, o Parlamento debatía, convocado de urxencia polo Goberno Berlusconi, unha lei ad hoc que pretendía impedir a execución da sentenza do Tribunal Supremo italiano, que autorizaba a suspender a alimentación artificial da muller. A lei que o Goberno intentaba a aprobar, oportunista e chapuceira, fora redactada con tanta presa que o texto obrigaba a alimentar forzosamente non só aos enfermos terminais que non puidesen expresar á súa vontade senón tamén aos seus enfermeiros e familiares. A parlamentaria Emma Bonino explicaba, deseperada ante o absurdo e delirante da situación, que a lei obrigaría “a todos, pero a todos, a rematar colgados dunha sonda”.
O Goberno preparara con anterioridade un decreto que o Presidente da República, Giorgio Napolitano, se negou a aprobar pola súa evidente inconstitucionalidade. Mentres intelectuais e actores sociais denunciaban as manobras do Goberno coma unha ataque sen precedentes contra a orde democrática, a Igrexa aplaudía as iniciativas de Berlusconi e fomentaba manifestacións.

Denuncia por homicidio
Eluana morreu finalmente na casa de repouso La Quiete, na cidade de Udine, tras tres días sen inxerir líquidos ou alimentos, nun proceso controlado en todo momento por un equipo médico de voluntarios. A súa morte non serviu sen embargo para pechar a polémica, ao contrario. Aínda que a autopsia determinou que non se utilizara medio algún para acelerar o desenlace, a destra e xerarquía católica acusaron de maneira velada ou directa á familia e ós responsables médicos de ter cometido un crime.
Así, unha asociación chamada Verdade e Vida acabou por presentar unha denuncia perante a Fiscalía de Udine contra Beppino Englaro, o pai da rapaza, contra o anestesista que coordinou o proceso e contra os enfermeiros e responsables da clínica. A Fiscalía investiga actualmente os feitos, unha investigación que debería ser en principio meramente formal dada a escrupulosidade coa se documentou todo.
Mentres continúa o debate parlamentario sobre a alimentación forzada. Sen excesiva presa nin demasiado interese, claro, agora que os focos apuntan cara outro lado.
ler o resto do texto

03/03/09

O Movemento solicita ó Concello de Lugo que reconsidere a instalación de 72 novas cámaras de vixilancia na cidade


O Movemento polos Dereitos Civís dirixiuse ó Concello de Lugo para solicitarlle que reconsidere a súa decisión de instalar masivamente cámaras de vixilancia nas rúas da cidade. O Concello anunciou recentemente a súa intención de colocar 72 cámaras para frear o vandalismo, desprezando a violación sistemática de dereitos que isto suporía. O MpDC solicitou información o Concello sobre o cumprimento dos procedementos e garantías previstos pola Lei que regula o emprego de vídeo-vixilancia nos espazos públicos, e dirixirá escritos análogos a Protección de Datos e á Delegación do Goberno.

O Goberno municipal que dirixe Xosé Luís López Orozco anunciou nas últimas datas a instalación de 72 novas cámaras de vixilancia no centro histórico de Lugo, que veñen sumarse ás xa existentes. O obxectivo do Concello é ao parecer o de frear os actos de vandalismo contra os edificios con valor histórico e artístico da cidade.

Sen embargo, un requisito indispensable para o emprego da vídeo-vixilancia e a proporcionalidade no seu uso. O beneficio que supostamente se acadaría coas cámaras, atallar uns actos de vandalismo que non unha criminalidade difusa e ameazante, dificilmente resultan proporcionais en relación coa violación sistemática dos dereitos fundamentais derivada da instalación de 72 cámaras. Milleiros de persoas serán gravadas cada día polas cámaras, vendo expostos o seu dereito á intimidade, á honra e á propia imaxe.

Ademais, a efectividade das cámaras, a súa adecuación para o fin perseguido polo Concello, está moi en entredito dados os resultados acadados noutras vilas galegas. Así, as cámaras non servirían para evitar a comisión de actos vandálicos, senón unicamente e no mellor dos casos para identificar aos autores, sempre que estes non opten pola sinxela medida de ocultar os seus rostros. Cómpre insistir en que a vídeo-vixilancia é unha medida extrema, a utilizar en casos moi concretos, e non está prevista pola Lei coma substituto da presenza policial.

O Movemento aproveitou o seu escrito para recordarlle todas estas circunstancias ao Concello e para incidir no impacto das cámaras nos dereitos dos cidadáns. Así mesmo, a asociación solicitou información sobre o cumprimento dos requisitos previstos pola Lei 4/1997: a solicitación dunha autorización á Delegación do Goberno, o informe favorable da Comisión de Garantías e a inscrición dos ficheiros no Rexistro Xeral de Protección de Datos.

O Movemento contactará tamén coa Axencia Española de Protección de Datos e coa Delegación do Goberno, para recoller información sobre o proceso de instalación das cámaras. De calquera xeito, a asociación espera que o Concello, perante as numerosas críticas recibidas, reconsidere a súa postura e defenda os dereitos dos seus veciños.
ler o resto do texto

Pais nepaleses reclaman aos seus fillos adoptados en España

Á morte do seu marido, Nirmala Thapa, nepalés de 35 anos, viuse obrigada a entregar aos seus tres fillos máis pequenos a un centro de menores. Ofrecíanlle coidalos e educalos mentres se recuperaba da súa asfixia económica. Pero, cando quixo recuperalos, descubriu que foran entregados en adopción a unha familia española. É un dos casos rexistrados por CWIN, unha ONG nepalesa para a protección dos nenos.

Máis aquí.
ler o resto do texto

Cabrera estuda flexibilizar as condicións para repartir fondos do IRPF ás oenegués

A ministra de Educación, Política Social e Deporte, Mercés Cabrera, asegurou onte que estuda «flexibilizar de xeito transitorio» o requisito de que para recibir axudas da asignación do IRPF as oenegués deban desenvolver proxectos en polo menos dúas comunidades autónomas. O Goberno decidira que os 190 millóns de euros da asignación do IRPF para financiar proxectos sociais de oenegués repartiríanse entre organizacións de ámbito nacional ou que desenvolvan proxectos en polo menos dúas comunidades autónomas. Esta condición foi moi criticada tanto polas Administracións autonómicas como polas oenegués, que aseguraban non ter tempo para cumprir os novos requisitos.

En La Voz.
ler o resto do texto

Imputados 15 gardas civís por posibles torturas a dous etarras

O xuíz encargado do caso das posibles torturas a Portu e Sarasola achou indicios da comisión dun delito de tortura por parte de 15 axentes da Garda Civil, entre os que se atopan o director do operativo e o axente custodio, que interviñeron na detención e custodia dos dous etarras. O maxistrado impútalles un posible delito de tortura en concurso con outro delito ou falta de lesións.

Máis aquí.
ler o resto do texto

02/03/09

O Xulgado admite a trámite o recurso do Movemento polas cámaras instaladas no exterior das oficinas de Caixa Galicia

O Xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de A Coruña admitiu a trámite o recurso presentado polo Movemento contra a Delegación do Goberno en relación coas cámaras colocadas no exterior das oficinas de Caixa Galicia. O Movemento non considera convincentes nin satisfactorios os argumentos presentados pola Delegación para xustificar a presenza dunhas cámaras que están a gravar a vía pública.

Non se observa que existan unhas circunstancias extraordinarias que xustifiquen o emprego por parte dunha entidade privada dun dispositivo que pode interferir cos dereitos fundamentais dos cidadáns. A propia delegación recoñece no seu escrito que este uso “pode supoñer unha intromisión ou invasión na esfera xurídica das persoas, en particular o dereito ao honor á propia imaxe e á intimidade das mesmas”.

Cómpre recordar que a Lei Orgánica 4/1997 reserva o emprego da vídeo-vixilancia en espazos públicos as Forzas e Corpos do Estado para a defensa da seguridade pública. As instalacións que estas leven a cabo deben respectar unha serie de procedementos e garantías previstos por dita lei.

A mesma non regula en cambio a colocación de cámaras efectuada por particulares. Neste último caso, a instalación ten que realizala unha empresa autorizada e os ficheiros coas imaxes deben ser inscritos no Rexistro Xeral de Protección de Datos.

En calquera caso, as cámaras instaladas por particulares, a maior razón, deberían respectar con exquisita prudencia os dereitos dos cidadáns; resulta difícil xustificar a invasión da privacidade na defensa duns intereses privados ou particulares. Afirma a Delegación que é difícil protexer os caixeiros e as propias sedes sen enfocar a beirarrúa. O Movemento considera este un enfoque absolutamente errado da cuestión, no que a Delegación defende os interese dunha banca privada por enriba dos dereitos da cidadanía.
ler o resto do texto
__________________
__________________

Subvencionado pola Deputación da Coruña
Loading...
Cámara hotel monumento
Han actuado 0 personas
Nos faltan 0 firmas

Actúa ahora

Tu nombre
Tu apellido
Tu correo-e
Cód. Postal

Cámaras de Galiza


Ver Cámaras de Galiza en un mapa más grande

Videos do Youtube