O MpDC é unha asociación sin ánimo de lucro. Si queres colaborar co seu mantemento podes facer unha doazón con tarxeta de crédito clicando abaixo
Cargando...

27/02/09

O MpDC leva á Xustiza o caso da cámara ilegal do colexio de Arteixo

O Movemento polos Dereitos Civís leva aos xulgados o caso da cámara de vixilancia instalada ilegalmente no exterior das instalacións dun colexio de Arteixo. Tras seis meses sen recibir resposta ao escrito enviado ao colexio por este asunto, a asociación presentou unha demanda contencioso-administrativa para determinar se a cámara cumpre coas garantías esixidas pola Lei. O dispositivo atópase no polideportivo do centro escolar San Xosé Obreiro de Meicende, e está a rexistrar imaxes da vía pública.

O MpDC tivo coñecemento da presenza da cámara debido ás informacións aparecidas na prensa en relación cunha agresión que foi gravada polo aparello. Os medios recolleron a intención da Garda Civil de recorrer ás gravacións para esclarecer á agresión a un menor que se producira no entorno do polideportivo. Sen embargo, o dispositivo, ademais de amosarse totalmente inútil para evitar a agresión, gravou sen a definición suficiente para resultar de utilidade.

Se iso non bastase para demostrar a inutilidade desta vídeo-vixilancia, cómpre engadir que en calquera caso dificilmente as imaxes poderían ser empregadas nun xuízo. Segundo a información que manexa o MpDC, a cámara estaba operativa e gravaba sen contar con todas as garantías previstas pola Lei. A instalación carecía do informe favorable da Comisión de Garantías, sen o cal estaría violando os dereitos fundamentais recollidos no artigo 18 da Constitución.

No momento no que se fixo pública a existencia da cámara, o Movemento dirixiuse ó Colexio para comprobar se esta cumpría ou non con este e outros requisitos previstos pola Lei Orgánica 4/1997 que regula o emprego de vídeo-vixilancia en espazos públicos. Despois de seis meses sen resposta o MpDC considera desestimada a súa petición por silencio administrativo, procedendo a presentar o correspondente recurso en sede xudicial. O Movemento agarda que isto permita coñecer tamén a actual situación dos dispositivos, se continúan operativos e se contan xa con algún tipo de autorización.
ler o resto do texto

26/02/09

Bugallo e a súa concelleira de Seguridade afirman agora que as cámaras da zona vella de Compostela non están a gravar imaxes

Os responsables de Seguridade Cidadá de Compostela seguen a voltas coas cámaras ilegais instaladas na zona vella. Os mesmos que malgastan os cartos da cidadanía recorrendo unha e outra vez nos tribunais as diversas sentenzas que esixen a retirada da vídeo-vixilancia, veñen de informar a un cidadán de que as cámaras non están en realidade a gravar nada. Esa foi a sorprendente resposta que recibiu un cidadán que solicitou o acceso as imaxes rexistradas polas cámaras dos incidentes que se produciron durante a manifestación de Galicia Bilingüe.

Este cidadán dirixira un escrito a título persoal ó Concello, solicitando o acceso as gravacións realizadas polas cámaras, instaladas aínda na zona vella de Compostela, durante a mañá do pasado oito de febreiro. A intención desta persoa era a de informarse sobre a actuación da policía durante os diversos incidentes que tiveron lugar a raíz da manifestación polas rúas da cidade de Galicia Bilingüe.

As imaxes gravadas pola cámara poderían ser de utilidade neste sentido para determinar se as cargas policiais estaban xustificadas e se resultaban proporcionais aos feitos. Sen embargo, a única resposta que recibiu o solicitante por parte dos responsables do Concello foi que as cámaras non están a rexistrar imaxes.

A este punto o Movemento polos Dereitos Civís non sabe xa que pensar da actitude de Sánchez Bugallo e da súa concelleira de Seguridade Cidadá. Unha primeira hipótese é que estas persoas están a malversar os fondos públicos, empeñándose nunha defensa caprichosa nos tribunais duns dispositivos de cuxa ilegalidade son os únicos responsables, uns dispositivos que ademais, segundo parece, non están nin sequera sendo utilizados. Unha segunda hipótese é que as cámaras si están a funcionar e que Sánchez Bugallo responde con falacias e mentiras aos cidadáns que se dirixen ao Concello exercendo o seu lexítimo dereito de petición.

En calquera caso, a actuación dos responsables municipais no caso das cámaras instaladas ilegalmente na zona vella de Santiago está a acadar uns niveis delirantes. Faría ben o Concello en acatar as resolucións xudiciais, en retirar as cámaras e, se de verdade o considera necesario, en solicitar unha nova autorización cumprindo con todos os trámites marcados pola de Lei. Se cadra deste xeito sería posible afrontar un verdadeiro debate sobre a utilidade e a conveniencia de optar por este invasivo sistema de seguridade.
ler o resto do texto

España endurece o seu Código Penal a golpe de suceso

Os pais de Marta do Castelo, a moza asasinada en Sevilla por un ex noivo, e os de Mari Luz, a nena morta a mans dun pederasta en marzo do ano pasado, abriron de novo o debate sobre a necesidade de incluír a cadea perpetua na lei. Unha vez máis, álzanse voces queixosas pola benevolencia do sistema penal español. Con todo, a benevolencia non é tal. O Código Penal de 1995, as súas sucesivas reformas e a súa aplicación supuxeron que España teña un das porcentaxes máis altas de presos en toda Europa; que os internos cumpran practicamente toda a súa pena dentro do cárcere e que haxa, de feito, unha cadea case perpetua, de 30 ou 40 anos.

O interesante artigo, completo aquí.
ler o resto do texto

O Goberno pretende multar con sancións de ata 10.000 euros a quen acolla a un inmigrante en situación irregular

O Goberno pretende multar con sancións de ata 10.000 euros a quen acolla a inmigrantes en situación administrativa irregular, conforme recolle o anteproxecto de reforma da Lei de Estranxeiría, que tipifica como infracción grave "promover a permanencia irregular en España dun estranxeiro".

Máis aquí.
ler o resto do texto

El Movemento polos Dereitos Civís (MpDC) sostiene que la plataforma “Salva o Tren” está sometida a una “campaña de acoso”

El Movemento polos Dereitos Civís (MpDC) sostiene que la plataforma “Salva o Tren” está sometida a una “campaña de acoso” por parte de la Subdelegación del Gobierno.

En Diario de Arousa
ler o resto do texto

25/02/09

O Movemento expresa a súa solidariedade cos activistas condenados por queimar unha imaxe do Rei

Nestes días fíxose pública a sentenza da Audiencia Nacional no caso dos independentistas galegos acusados de queimar unha imaxe do Rei. O xuíz José María Vázquez Honrubia sancionou finalmente a Alejandro Bolívar e Santiago Méndez con multas de 2700 e 1800 euros, respectivamente. Dende un primeiro momento o Movemento amosou a súa disconformidade con este proceso, e quere transmitir agora a súa solidariedade cos dous activistas políticos.

A asociación considera que sentezas coma esta supoñen unha restrición intolerable do dereito á liberdade de expresión. A existencia dunha institución pública intocable e sobre a cal os cidadáns non poden manifestar as súas críticas é dificilmente compatible cun sistema democrático. A queima de imaxes do Rei debe ser entendida precisamente coma un acto simbólico de crítica ideolóxica cara esta institución.

De feito, varios maxistrados da Sala do Penal da Audiencia Nacional manifestaron nun caso moi similar que estas acción están amparadas polos dereitos á liberdade de expresión e á liberdade ideolóxica. Así, no xuízo a Jaume Roura e Enric Stern pola queima de fotografías do monarca, ata cinco xuíces emitiron un voto particular no que rexeitaban a posibilidade de sancionar ós acusados.

Se cadra a Xustiza debería adicar menos tempo a perseguir ás persoas que exercen os seus dereitos fundamentais, e máis en cambio a defender estes mesmos dereitos das accións intrusivas da propia administración. O Movemento será sempre o primeiro en defender a necesidade de dotar con maiores medios ós xulgados, mais tamén en esixir que estes adiquen os seus esforzos a causas verdadeiramente importantes.
ler o resto do texto

24/02/09

A Delegación intenta afogar con sancións arbitrarias e restriccións de dereitos a voz da plataforma Salva o Tren

O Movemento polos Dereitos Civís quere denunciar a campaña de acoso á que está sendo sometida por parte da Delegación do Goberno a plataforma cidadá Salva o Tren. Esta ven de dar a coñecer as últimas sancións, arbitrarias, inxustificadas e inxustas, que lles foron impostas a varios dos seus responsables pola suposta convocatoria dunha concentración. Salva o Tren denuncia que o obxectivo destas reiteradas sancións e da represión dos dereitos fundamentais dos seus membros é o afogar económicamente á plataforma, para así silenciar a súa voz.

Fernando Gómez, o coordinador de Salva o Tren, presentou onte na Subdelegación do Goberno en Pontevedra un recurso de alzada perante o Ministerio do Interior contra a sanción de 500 euros que lle foi imposta. Este era o único recurso que lle restaba o responsable do colectivo, xa que a sanción lle foi comunicada con un retraso que impediu presentar os correspondentes recursos. Xa só este dato é indicativo das irregularidades existentes nos procesos sancionadores contra a plataforma.

Fernando Gómez foi multado, ó igual que a súa compañeira Lucía Latorre, pola suposta convocatoria dunha concentración a carón da vía férrea, á altura de Portas, no pasado mes de outubro. Sen embargo, tal e como denunciou a asociación, non existe proba algunha de que fosen eles quenes convocasen a manifestación; de feito, foi en realidade un coñecido programa de televisión o que reuniu ós veciños para a gravación dunha reportaxe.

Así mesmo, e dado que a Garda Civil non procedeu á identificación de ningún dos participantes, resultaría interesante saber como determinou a Delegación a responsabilidade na convocatoria da concentración. Ademais, e en calquera caso, dado o número de persoas reunidas e a ausencia de incidentes violentos, non existe motivo algún que xustifique a imposición destas sancións arbitrarias.

O Movemento polos Dereitos Civís quere denunciar xa que logo que nos atopamos ante un evidente intento de coartar os dereitos fundamentais de reunión, asociación e liberdade de expresión. Cómpre recordar que só é necesario informar á Delegación da convocatoria dunha concentración no caso de que se congreguen máis de vinte persoas, circunstancia que non se daba neste caso. Dadas ademais as características pacíficas da reunión, o único obxectivo das sancións parece ser o afogamento económico da Plataforma e a súa neutralización coma axente de mobilización social.

O Movemento pregúntase por que a Delegación non amosa sempre o mesmo grado de celeridade e aplicación á hora de, supostamente, facer cumplir as leis. Sería importante dilucidar se reprimir a concentración pacífica duns veciños é máis importante que obrigar ó resto de administracións a cumprir coa Lei, ou se uns simples cidadáns que se reúnen deben ser sancionados mentres o grupo de alcaldes que literalmente tomou por asalto o Parlamento ó inicio da lexislatura non recibiu por suposto multa algunha.
ler o resto do texto

Raxoi consigue el permiso para mantener las cámaras de videovigilancia en la ciudad

La Delegación del Gobierno elude la batalla judicial emprendida por el Movemento polos Dereitos Civís contra las cámaras de videovigilancia y ratifica su apuesta por el servicio. La Administración ha renovado el permiso tramitado por el Ayuntamiento de Santiago para regular el sistema de seguridad en el casco histórico.

En El correo gallego, incluindo declaracións do voceiro do MpDC Renato Nuñez.
ler o resto do texto

23/02/09

O Movemento continúa coa sua batalla xudicial para conseguir a retirada das cámaras do casco vello de Compostela

Sánchez Bugallo quere manter a vídeovixilancia a pesar da sentenza

A Delegación do Goberno e os responsables de Seguridade Cidadá do Concello de Santiago seguen empeñados en manter nas rúas as cámaras de vixilancia, ignorando as sucesivas resolucións xudiciais. O Movemento viuse de novo obrigado a recorrer nos xulgados a renovación por parte da Delegación dunha autorización que a Xustiza considerou irregular. Ademais, a concellaría de Seguridade Cidadá presentou un recurso co que intenta paralizar a retirada provisional das cámaras e no que insiste en solicitar unha absurda caución de 600,000 euros ó Movemento.

Dificilmente sostibles son os argumentos presentados polos responsables do Concello no seu recurso contra a orde xudicial de execución provisional da sentenza de retirada das cámaras. O recurso sostén que ditas cámaras contan na actualidade cunha autorización administrativa concedida a posteriori dos feitos que levaron á Xustiza a ordenar a retirada das mesmas. Segundo os responsables de Seguridade Cidadá isto conlevaría a “inexecutabilidade” da sentenza en cuestión e, xa postos a pedir, da orde de execución provisional da mesma.

Quere ignorar a Concellaría que todas as autorizacións e renovacións que puidese conceder a posteriori a Delegación do Goberno non eliminan o feito de que a instalación orixinal das cámaras se realizou segundo a Xustiza de maneira irregular. Non se trata dunha irregularidade simplemente formal, posto que o incumprimento dos trámites e garantías previstos pola Lei implicou unha serie de vulneracións dos dereitos fundamentais dos veciños e veciñas.

O Movemento considera, e así o sinalou de feito a resolución xudicial, que a corrección posterior das irregularidades na autorización e instalación das cámaras non exime ó Concello da retirada das mesmas, nin de ter que iniciar de novo e dende o comezo os trámites legais para o emprego da vídeo-vixilancia. O Concello argumenta no seu recurso que a retirada provisional das cámaras suporía un prexuízo “irreparable” para a seguridade cidadá, afirmación de por si moi discutible, mais non se detén a considerar o irreparable das lesión que produciron estas cámaras ilegais no dereito á intimidade das persoas.

Pola súa banda, a Delegación do Goberno segue apoiando e fomentando coa súa xa habitual actitude as pretensións da Concellaría de Seguridade Cidadá de Compostela. Recentemente a Delegación concedeu a renovación da autorización coa que contan actualmente as cámaras do casco vello, desprezando o feito de que a Xustiza considerase ilegal a presenza e o emprego deses dispositivos. O MpDC presentou unha demanda contencioso-administrativa contra esta decisión da Delegación. A asociación continuará pelexando en sede xudicial por conseguir a retirada dunha serie de cámaras instaladas de forma irregular, e que están a lesionar por tanto os dereitos dos santiagueses.
ler o resto do texto

22/02/09

Trinta anos (máis) de confesionalismo


Paco Miñarro,Coordinador da Federación Internacional de Ateos.

A decisión por parte dun xulgado de Valladolid de retirar o crucifixo dunha escola pública volveu a demostrar a influencia do clericalismo no espazo público. Dous aspectos da sentenza parecéronnos interesantes. Primeiro, a desestimación do recurso de alzada do Consello Escolar, que trataba de desvincular o crucifixo do seu significado relixioso, alegando connotacións inherentes ao “acervo cultural e social do noso país”.

Segundo, a distinción entre proselitismo “lícito” e “ilícito”, de acordo con varias resolucións do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos, en especial coa sentenza da Xustiza de Grecia do 25 de maio de 1993, que fala especificamente de “presión sobre persoas en situación de debilidade" en referencia ao proselitismo abusivo das igrexas. O primeiro punto xa propón unha interpretación do laicismo afastada do que algúns teóricos católicos, sobre todo franceses e italianos, definiron como “laicismo inclusivo”. Este pretende, na liña da estrategia desenvolvida pola Conferencia Episcopal Española, a identificación do crucifixo cunha “herdanza cultural e filosófica” europea, chegando a definilo, en verbas do seu Secretario Xeral, Martínez Camiño, “un símbolo da separación entre as igrexas e o Estado”.

Afortunadamente, a corrente laicista maioritaria en España tende cara a unha versión francesa da laicidade, moito máis clara nos aspectos concretos que definen a neutralidade absoluta das institucións públicas fronte ao feito relixioso. O segundo punto que sinalabamos, a distinción entre proselitismo lícito e ilícito, ten que ver con unha correcta aplicación do artigo 16 da Constitución. Que ningunha confesión teña carácter estatal significa que o Estado non pode adherirse ou prestar o seu respaldo a ningunha confesión, e que non pode provocar que unha parte da cidadanía se sinta máis ou menos discriminada por motivos relixiosos.

Entendemos que a sentenza de Valladolid ha de servir de punto de partida para un proceso de desclericalización da sociedade española. Abundan aínda os símbolos confesionais nos edificios públicos, produto dunha tradición histórica e sociológica ligada á época do nacional catolicismo. E mantense a vixencia dos Acordos preconstitucionais entre o Estado español e O Vaticano, un obstáculo difícil de superar e ante cuxa hipotética derrogación presentarían sen dúbida unha dura resistencia os bispos.

O illamento progresivo da curia con respecto á realidade social española é tema ben coñecido, e quizá por iso seguen insistindo nunha liña dura doutrinal e mediática, en plena sintonía co carácter teocrático da Igrexa de Roma. Haberá que estar moi atentos no futuro ás liñas de acción que levará a cabo a igrexa española, que con seguridade estarán máis ligadas á periferia dos movementos católicos conservadores que a unha política institucional directa.

A dereita política, pola súa banda, cumpre o seu habitual papel de defensora da tradición católica, pois neste país parece imposible outra concepción do liberalismo que non estea aliada coa “caverna”. Compréndese sen grandes dificultades que a súa mensaxe se mimetice co do alto clero.

En canto ao PSOE, fai xa moito tempo que demostrou seguir mantendo un temor reverencial ante a curia, engalanado en ocasionais puntuais con certas e dubidosas aparencias de enfrontamento. O laicismo non forma parte dos intereses do partido de Goberno, se cadra por estratexia electoral, se cadra por evitar unha difícil situación dentro do armazón económico que soporta ao sistema. Pero existe unha corrente maioritaria no aparello do Partido Socialista que é proclive ao mencionado “laicismo inclusivo”, aberto á colaboración coas diversas igrexas e plataformas relixiosas, o cal por outra banda non é nada.

Este multiconfesionalismo segundo o modelo inglés, cara ao que quere dirixirse a familia cristiá socialista, non tardará en mostrar as súas deficiencias. Por iso é fundamental o papel que as diversas organizacións cidadás poidan desenvolver coas súas propias ferramentas e no seu propio ámbito, en especial nos terreos da educación e da opinión pública.

A Constitución, sendo un marco admitido de convivencia, posúe con todo notables deficiencias. Unha clarificación que debería abordarse con urxencia consistiría na plena identificación entre Estado aconfesional e Estado laico, diferencia que é habilmente utilizada por aqueles que seguen pensando na persistencia dunha España masivamente católica, en xeonllos diante do crucifixo e encadeada a un pasado glorioso. Trinta anos de falso aconfesionalismo non favoreceron o proxecto democrático e de autonomía cidadá iniciado no 78 ao que moitos aspiraban. Manterse no mesmo erro provocaría, sen dúbida, unha situación crítica insostible.
ler o resto do texto

21/02/09

"Quero convertir á Xunta nunha administración transparente, un Goberno con paredes de cristal"

O Movemento quixo comprobar de cara ás eleccións ó Parlamento os proxectos dos principais partidos políticos. Despois de termos publicado a entrevista íntegra con Ana Pontón, membro da executiva do BNG, ofrecemos a entrevista con Nuñez Feijoó, líder do PPdeG. Recordamos que os responsables do PSdG declinaron a invitación a participar nestas conversas.

O recente informe do Comité de Dereitos Humanos da ONU, un organismo pouco sospeitoso de extremismos ou alarmismos infundados, alertaba sobre as moitas lesións que existen aínda no Estado español dos dereitos fundamentais á integridade física, á dignidade humana, á intimidade ou á igualdade perante a Xustiza. Como valoran a situación global dos dereitos e liberdades civís en Galicia? Cales son as principais propostas que incorpora o seu programa electoral nestes ámbitos?
Se entendemos os dereitos civís como os que amparan aos cidadáns fronte á actuación das Administracións e os diferentes poderes que conforman o Estado, teño que dicir que a situación non é boiante.
Non é boiante en materia de participación democrática, como o demostra o pisoteo dos dereitos dos deputados no Parlamento de Galicia durante a lexislatura que ven de rematar, o boicot á iniciativa lexislativa popular impulsada pola Federación Veciñal de Vigo ou a conculcación de dereitos básicos, como o acceso á sanidade pública con unha certa rapidez, os dereitos educativos dos pais e nais en relación cos seus fillos e fillas, ou o amparo xudicial, cada día máis difícil debido ao crecente atasco que presentan os xulgados e tribunais, o que supón o incumprimento do artigo 14 c) da pacto internacional de dereitos civís e políticos.
O programa do PPdeG plantexa propostas a cada un deses casos, empezando por un gran pacto social para redefinir as prioridades do gasto público. Primarase a austeridade da Administración para buscar recursos cos que poñer remedio ás carencias á que veño de referise, pero tamén a outras que están na mente de todos.

Asistimos nas últimas semanas á condena de varios membros das Forzas e Corpos de Seguridade por actuacións desproporcionadas e violentas no desempeño da súas funcións. Que consideración lles merecen estas condenas?

Neste aspecto, considero preciso aclarar que se trata sempre de casos illados e non de unha actitude xeneralizada dos corpos e forzas de seguridade do Estado, polos que profeso o maior respecto. Falamos de profesionais sometidos a situacións difíciles, moitas ocasións os medios axeitados e, moitas veces, con salarios que non son acordes coa responsabilidade que teñen encomendada. E non esqueza vostede que obedecen ordes, neste caso do Delegado do Goberno.
Sen embargo, insisto, non podemos permitir que sucesos illados empañen unha labor encomiable. Se mo permite, porei un exemplo. No último ano viñemos asistindo estupefactos á sucesión de anomalías que afloraron en Sogama, que podería ter cometido un presunto delicto continuado contra o medio ambiente polos vertidos ao río Lengüelle, afuente do Tambre que abastece a Santiago. Pois ben, malia as reiteradas denuncias, tanto a Xunta como o Goberno central miraron cara outro lado e tivo que ser o Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil (Seprona) o que tomou cartas no asunto.
Dito iso, son o primeiro en defender as garantías do Estado de Dereito, polo que calquera posible exceso debe ser investigado e xulgado con arreglo ás leis.
Desde o noso punto de vista, a utilización de poder público para restrinxir dereitos civís e políticos é condenable. Outras prácticas deste tipo foron desenvolvidas por este Goberno da Xunta, que impuxo limitacións informativas dos medios públicos de titularidade autonómica, o que supón o incumprimento do artigo 19-2 do pacto internacional de dereitos civís e políticos ao limitar o dereito a recibir información.

Entre as queixas máis numerosas que recibe a nosa asociación se atopan aquelas que se refiren a estes comportamentos abusivos e violentos da policía. Tendo comprobado que o corporativismo e a presunción de veracidade acaban por frear as investigacións internas, o Movemento polos Dereitos Civís defende a creación dun organismo independente que investigue a actuación irregular dos Corpos e Forzas de Seguridade. Estaría disposto o seu partido a apoiar a proposta no Parlamento Galego?
Desde logo, estou disposto a escoitar a proposta e a discutila, deixando claro que estes feitos, de producirse, debe ser postos en coñecemento da Xustiza, que é á que lle corresponde investigalos, xulgados e, se é o caso, impoñer a condena que corresponda. Outras vías, como o Valedor do Pobo ou o Defensor del Pueblo tamén poden e deben ser utilizadas para canalizar as queixas ou denuncias que podan producirse.

Unha enquisa difundida polo Movemento amosaba que oito de cada dez cidadáns consideran que a Xustiza resulta lenta ou moi lenta á hora de resolver os distintos casos. Cales son as medidas concretas que pode tomar o Goberno galego para axilizar o seu funcionamento?
Coincido plenamente co sentir social descrito nesa enquisa. É máis, esa percepción está especialmente extendida en Galicia, que rematou o ano 2008 cun récord histórico de atasco xudicial con 177.000 casos pendentes de resolver e case 120.000 sentenzas sen executar. Fronte a iso, en lugar de adoptar as medidas oportunas a Xunta responde con propaganda. Outro dato: a Memoria de 2007 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pedía a creación de 37 novas unidades xudiciais para facer fronte ao atasco, pero a Xunta ignorou esa recomendación e limitouse a propoñer a creación de 7.
A solución que ofrecemos é obvia: crear máis xulgados, modernizar o seu equipamento e reforzar o cadro de persoal. Non é de recibo que en pleno século XXI os xulgados funcionen de acordo cun modelo implantado no século XIX. Claro que, para dar o salto de xigante que propoñenos, haberá que liminar dun plumazo prácticas inadmisibles, pero xeneralizadas nestes últimos anos; acabáronse os coches de luxo, os despachos suntuosos, os mojitos no Caribe e os longos séquitos de asesores políticos.

A cidadanía percibe tamén que a Xustiza non trata por igual a un cidadán e a un policía, a un veciño e á Administración. En particular, a nosa asociación ten que destinar unha parte importante dos seus recursos a conseguir que as administracións respecten a Lei en materias como a vídeo-vixilancia. Non debería ser o comportamento das administracións exemplar no respecto das leis e na tutela dos dereitos dos cidadáns?
Se ben non comparto a súa primeira afirmación, porque entendo que a Xustiza é imparcial e así debe ser entendida, sí concordo en que, en ocasións, os poderes públicos e os seus responsables non actúan coa rectitude que lles debe ser esixida, como acredita a realidade.
Refírome, por exemplo, ao recente caso das cámaras instaladas no exterior da vivenda dun significado socialista, o ex-alcalde da Coruña. A lei, insisto, debe ser igual para todos e niso comprometo a miña palabra. Para o futuro Goberno do PPdeG non haberá cidadáns de primeira nin de segunda. Acabáronse os privilexios e as regalías.

Na mesma enquisa, os galegos sinalaban que acceder á información das Administracións Públicas é unha tarefa dificultosa, e o oitenta por cento dos enquisados cre necesaria unha nova normativa para facilitar o exercicio do dereito de acceso. Comprometeríase a desenrolar un proxecto lexislativo que responda a esta necesidade dos cidadáns?
O acontecido en Galicia nos últimos anos é paradóxico. O mesmo Goberno que promulgou unha lei que, supostamente buscaba a transparencia da Administración, acabou convertido no Executivo máis opaco da historia de Galicia, despedíndose rodeado de fundadas sospeitas de trato de favor en asuntos como o concurso eólico, o sobreprezo da autovía da Barbanza, os contratos a dedo de Sogama ou as inexplicables reticencias a dotar de plenas garantías democráticas ao voto emigrante. Outro tanto pode dicirse de aspectos como a xestión dos fondos públicos ou a xestión de axudas e subvencións.
O compromiso do PPdeG neste ámbito é claro: superar as aparencias e a opacidade do bipartito e converter á Xunta nunha administración transparente, un Goberno con paredes de cristal.
Tamén é certo que na lexislatura que remata, a Xunta de Galicia negou de forma reiterada documentación aos deputados e deputadas do Parlamento de Galicia e á mesma presidenta do Parlamento, o que é unha mostra evidente da actitude dun goberno que nos garantiu o dereito o acceso a información.

Neste mesmo sentido, os alcaldes dalgunhas das máis importantes vilas galegas prohibiron o acceso ós plenos municipais a algúns dos seus veciños. Como valora esta limitación do dereito de acceso? De que modo se pode acadar unha participación mais fluída dos cidadáns na vida pública?
Esa é unha mostra máis do que acabo de sinalar, os mesmos que pretenden monopolizar o discurso da transparencia non teñen reparo en mudar de actitude e atrincheirarse na intransixencia para evitar dar contas das súas decisións aos veciños ou tratar de silenciar críticas gañadas a pulso.
Refírome, ao igual que vostede, seguramente, ao acontecido no concello de Vigo, onde un alcalde socialista, Abel Caballero, prohibiu o acceso dos veciños, mentres se facilitou a presenza de militantes socialistas que entraron por unha porta reservada. Trátase dunha actitude máis propia dun réxime absolutista que de un país con tres décadas de historia democrática ás súas costas.
Tamén o alcalde de Moaña, como vostede coñecerá, restrinxe a entrada e impide a participación dos veciños e veciñas nos plenos municipais e non celebra os mesmos. De feito, este asunto está sendo obxecto dunha investigación polo Valedor do Pobo.
Estas actitudes son mostra do non respecto do dereito a participar nos asuntos públicos do artigo 25 do pacto internacional de dereitos civís e políticos
Créame, ningunha destas actitudes ten cabida no PPdeG porque, en política hai que estar ás duras e ás maduras. Os políticos estamos ao servizo dos cidadáns, e estamos especialmente obrigados a escoitar aos que teñen problemas ou que perciben que os seus dereitos teñen sido lesionados.

Un dos encargados de facilitar estas relacións entre os cidadáns e a Administración debería ser o Valedor do Pobo. Que valoración ten da súa actuación o seu grupo político? Que sería necesario cambiar para dotar de maior efectividade a esta institución?

En termos xerais, considero que está a desenvolver un labor rigurosa, tendo en conta que non sempre conta coa colaboración que sería desexable por parte das Administracións públicas, tanto concellos como Xunta.
Estas prácticas poden e deben rematar. Ocupareime persoalmente de facelo desde a Presidencia da Xunta no ámbito da Administración autonómica.

Un ano e medio despois do decreto 124/2007, como valora na actualidade a situacións dos dereitos lingüísticos en Galicia? Cales serán as iniciativas do seu partido neste eixo?
A postura do PPdeG é a mesma que no primeiro momento. Entendemos que se trata dun decreto que non garante a igualdade das dúas linguas oficiais na Comunidade Autónoma. Reitero a miña intención de derrogalo para recuperar o espírito da Lei de Normalización Lingüística, aprobado por unanimidade polo Parlamento de Galicia, a diferencia do acontecido co decreto, promulgado unilateralmente polo bipartito.
Defendemos un modelo equilibrado, que garanta unha proporcionalidade das dúas linguas oficiais; garantía de que os nenos podan elixir a lingua na que se expresen nas aulas e nos exames; garantía de que os cativos sexan escolarizados na súa lingua materna na educación infantil; e garantía de que ao remate de cada ciclo educativo os alumnos teñan a mesma competencia lingüística en galego e en castelán. Todo elo, con independencia da introdución progresiva dun idioma estranxeiro para estender o ensino trilingüe.

Por último, preguntámonos que repercusión podería ter a aprobación dun novo estatuto na próxima lexislatura na mellora da situación dos dereitos civís en Galicia.
Neste momento, entendo que as prioridades da sociedade galega marchan por outros derroteiros e convido a quen non comparta este criterio a pulsar a opinión de persoas do seu entorno. Os galegos esixen emprego, mellorar as súas condicións de vida, mellor sanidade, mellor educación ou facilidades para acceder a unha vivenda, por poñer só uns exemplos concretos.
Con todo, o PPdeG sempre se amosou disposto a acadar un acordo para a reforma do actual Estatuto de Autonomía, con unha única condición, respectar o marco constitucional que temos como referencia desde o ano 1978 e que nos permitiu consolidar a democracia.
O problema xurdiu cando pedimos ao bipartito que presentase unha proposta conxunta, feito que non se chegou a producir dado que, tamén neste asunto, as diferenzas entre PSOE e BNG son insalvables.
ler o resto do texto

A embaixada de Bolivia denuncia a violación de domicilios para deportar inmigrantes

A embaixadora de Bolivia en España, Carmen Améndoas Camargo, denunciou hoxe que a Policía chegou ao extremo de "achandar domicilios" para deter a inmigrantes bolivianos indocumentados e devolvelos ao seu país. Noutros casos, "as detencións producíronse nas portas das oficinas consulares, como en Madrid e Murcia", segundo Améndoas, que relaciona estes feitos coas informacións sobre o establecemento de cotas de detidos nas comisarías de Madrid.

Máis
ler o resto do texto

Prostitutas con licenza; clientes clandestinos

Europa debate como se protexe mellor ás traballadoras do sexo: con regulación ou con represión - Varios países apúntanse a multar aos usuarios - España nin ordena nin castiga: tolera sen máis

Unha interesante reportaxe sobre a regulación da prostitución, aquí.
ler o resto do texto

20/02/09

O Movemento presenta outras dúas demandas contra cámaras colocadas nas rúas de Compostela por organismos privados

Movemento polos Dereitos Civís segue batallando pola erradicación das rúas de Compostela de toda vídeo-vixilancia que vulnere os dereitos dos veciños e veciñas. Con esta intención, a asociación ven de presentar dous recursos contencioso-administrativos contra a Delegación do Goberno polas cámaras instaladas respectivamente na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e no Centro Galego de Novas Tecnoloxías (CGNT). O Movemento considera que en ámbolos dous casos a administración eludiu as súas responsabilidades perante a instalación de dispositivos que, a pesar de ter sido colocados por empresas privadas, están a gravar a vía pública.

Coma ven sucedendo habitualmente, a Delegación argumenta que ó tratarse de vídeo-vixilancia instalada por particulares para a protección dun inmoble, as cámaras non precisan cumprir con todas as garantías previstas pola Lei 4/1997. A Axencia Española de Protección de Datos manifestou sen embargo en máis dunha ocasión que no momento en que ditas cámaras están a gravar cun ángulo e alcance considerable a vía pública, é necesario activar todos os procedementos que serven para garantir os dereitos fundamentais dos cidadáns que por alí transitan.

De feito, a mencionada Lei reserva o emprego de vídeo-vixilancia no espazo público ás Forzas e Corpos de Seguridade, na tutela da seguridade pública e no respecto de certos trámites e garantías. Así, as cámaras deben cumprir uns requisitos de proporcionalidade e idoneidade, contar coa autorización da Delegación do Goberno, co informe favorable da Comisión de Garantías, e os seus responsables deben inscribir os ficheiros coas imaxes no Rexistro Xeral de Protección de Datos. Trátase de procedementos totalmente ignorados á hora de colocar as cámaras pola EGAP e o CGNT, que sosteñen erroneamente que no seu caso non é aplicable a Lei 4/1997.

Un argumento falaz

Significativa é neste sentido a argumentación da EGAP, á que cómpre recoñecer a cortesía de responder ó escrito que no seu momento lle enviara o Movemento. Afirma a EGAP que non é “unha Forza e/ou Corpo de Seguridade do Estado”, feito polo demais bastante obvio. Continúa o escrito sinalando que “a finalidade do tratamento destas imaxes non obedece a motivos de seguridade pública”, e conclúe que carece polo tanto de fundamento xurídico a aplicación da Lei Orgánica 4/1997.

Naturalmente, o razoamento é totalmente equivocado. Que a EGAP non sexa parte das Forzas de Seguridade e que as cámaras non salvagarden a seguridade pública non implica que non sexa aplicable a Lei. Ó contrario, xa que a EGAP non é parte das Forzas de Seguridade e xa que as cámaras non salvagarden a seguridade pública, é ilegal que ditas cámaras graven a vía pública, vulnerando os dereitos de todo cidadán que sexa gravado polas mesmas.

Dado que se trata dun caso xuridicamente claro, o Movemento agarda que o Xulgado determine a irregularidade destes dispositivos de vixilancia e obrigue a retiralos ou a modificar a súa disposición, de xeito que non afecte á intimidade das persoas. O Movemento seguirá denunciando a todos aqueles organismos públicos e privados que recorran irresponsablemente á vídeo-vixilancia, danando e vulnerando os dereitos fundamentais.
ler o resto do texto

19/02/09

A Comisión Disciplinaria do CXPX estuda xa a sanción solicitada polo Movemento para o secretario que perdeu un expediente xudicial

O Consello Xeral do Poder Xudicial levará á súa Comisión Disciplinaria o caso do secretario que extraviou un expediente nun xulgado de A Coruña. A Comisión estudará o escrito presentado polo Movemento polos Dereitos Civís, no que se solicita unha sanción de seis anos de inhabilitación para o funcionario encargado de custodiar os documentos. O Consello Xudicial fixo saber ó MpDC a través dun escrito que se informará puntualmente das medidas que a Comisión decida adoptar no caso.

O expediente extraviado contiña a denuncia interposta no seu momento pola asociación contra Paco Vázquez a raíz do cambio do topónimo oficial do municipio. O Movemento polos Dereitos Civís presentara esta denuncia no ano 2005, e un recurso contra o sobresemento da mesma en xaneiro de 2006. En novembro dese mesmo ano, o Movemento volveuse dirixir ao xulgado coruñés para interesarse pola resolución do recurso, mais xa non recibiu máis informacións sobre o estado do expediente.

O xulgado, de feito, deixou pasar dous anos sen informar ó Movemento da perda do expediente, que tivo coñecemento deste extravío unicamente a raíz dunha queixa presentada perante o Valedor. Dada a gravidade dos feitos, o Movemento presentara nas últimas semanas unha queixa formal perante o Consello do Poder Xudicial, órgano que exerce a inspección de xulgados e tribunais.

Segundo o Regulamento dos Secretarios Xudiciais, a neglixencia na custodia dos documentos dos que son responsables é considerada coma unha falta moi grave. Deste xeito, e de acordo co estipulado no Regulamento, o MpDC solicitou unha sanción de seis anos de suspensión de emprego e soldo para o secretario do Xulgado de Instrución nº 5 de A Coruña. A asociación celebra que o CXPX remitise o caso á Comisión Disciplinaria, e espera que a decisión deste órgano serva para esclarecer definitivamente os feitos e para depurar responsabilidades.
ler o resto do texto

Un 36,3 por cento dos xuíces galegos secundaron a folga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) cifrou o seguimento da primeira folga de maxistrados que se rexistra en España nun 36,38 por cento dos 318 que exercen no país.

Máis en Gz Nación
ler o resto do texto

Pecha en China unha firma de avogados especializada en defender a opositores

Un bufete de avogados de Pequín especializado na defensa de opositores e vítimas do réxime chinés foi obrigado a pechar despois de que pedise eleccións directas no seo do gremio local, segundo a organización non gobernamental Chinese Human Rights Defenders (CHRD).

No que considera unha proba da debilidade e corrupción do incipiente sistema legal chinés, a ONG denunciou nun comunicado que a firma Yitong Law Firm foi obrigada a pechar este martes no que os avogados aseguran é unha vinganza por esixir eleccións directas na Asociación de Avogados de Pequín.

Máis aquí.
ler o resto do texto

Crece ata o 14% a porcentaxe de mozos que apoiaría un ideario racista

Unha minoría crecente de mozos españois non oculta a súa simpatía por formacións de corte racista ás que non negaría o seu voto. A gran maioría da nosa mocidade (86%) non aproba as accións dos grupos racistas ou xenófobos, e máis de dous terzos (73%) considera que estes grupos terían «pouca ou ningunha» aceptación na nosa sociedade. Ata un 80% dos mozos di que non votaría a un grupo político de ideoloxía racista, pero, paradoxalmente, hai un 14% dos mozos que si votaría a estas formacións. Esta porcentaxe era do 11% en 2002, o que significa que esta minoría nova e xenófoba creceu tres puntos en apenas seis anos.

En La Voz
ler o resto do texto

18/02/09

O Movemento condena as detencións indiscriminadas de inmigrantes sen papeis e solicita que se asuman responsabilidades

O Movemento polos Dereitos Civís quere manifestar a súa indignación coas presuntas operacións policiais encamiñadas á detención indiscriminada de sen papeis. Nestes últimos días veñen aparecendo nos medios de comunicación diversas informacións que revelan o contido de circulares policiais nas que se anima ós axentes a cubrir cunha serie de zonais de detidos en situación administrativa irregular.

Como sucede habitualmente nestes casos, apenas se filtrou a noticia comezou o cruce de declaracións entre responsables políticos e mandos policiais, eludindo responsabilidades e evitando afrontar o problema de fondo. Produciuse unha sistemática violación por parte das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado dos dereitos das persoas e do artigo 17 da Constitución.

Precisamente nesta incompatibilidade das policiais co recollido pola Constitución incidiu o Consello Xeral de Avogacía, nunha dura nota na que criticaba as medidas. Esta recalcaba tamén o perigo e a inxustiza que supón a preventiva e indiscriminada de individuos polo mero feito de atoparse nunha situación administrativa irregular. Resulta irresponsable, indigno e deplorable o emprego de criterios étnicos e raciais para a realización de detencións que teñen como único propósito acadar uns obxectivos numéricos.

Eludir responsabilidades

Despois de que a circular interna fose amplamente difundida polos medios de comunicación, e tras as reaccións lóxicas de asociacións de inmigrantes e outros colectivos de inmigrantes, o Ministerio de Interior tratou de minimizar e os . O Ministerio emitiu nun primeiro momento unha nota na que rectificaba parcialmente os contidos da circular anterior. Posteriormente, na súa comparecencia no Congreso dos , o ministro afirmaba que alguén non fixera as cousas ben, “pero non foron nin o ministro, nin o secretario de Estado, nin o director xeral da Policía, nin o director operativo”.

Resultaría nese caso preocupante constatar que membros das Forzas e Corpos de Seguridade poden desenvolver de maneira autónoma e non controlada polos seus superiores tácticas de detención arbitrarias, inconstitucionais e lesivas dos dereitos fundamentais. Sería ademais necesario determinar as responsabilidades na redacción da circular e na posta en marcha deste dispositivo. Cómpre así mesmo determinar en que casos concretos esta estratexia policial desembocou en violacións dos dereitos das persoas e en detencións ilegais, e proceder a sancionar a todos os mandos e axentes involucrados nestes feitos.
ler o resto do texto

17/02/09

O Movemento denuncia de novo á Delegación do Goberno, que segue decida a amparar os comportamentos ilegais das administracións locais

O Movemento polos Dereitos Civís ven de presentar unha demanda contencioso administrativa contra a Delegación do Goberno polo caso das cámaras de vídeo-vixilancia instaladas no colexio Rosalía de Castro de O Grove. O Movemento considera pouco convincentes as explicacións facilitadas pola administración, e solicitará a retirada das cámaras.

O único argumento aportado polos responsables municipais e pola Delegación para xustificar a instalación e emprego irregular destes dispositivos nun lugar particularmente sensible coma un colexio, é que se trata dunha video-vixilancia realizada por particulares coa intención de evitar danos nunha propiedade privada. Con este argumento, o mesmo utilizado no caso das cámaras da Casa da Cultura da mesma vila, tratan de impedir a aplicación das garantías previstas pola Lei 4/1997 para a instalación de cámaras nos espazos públicos. Agora, se a instalación por parte dunha administración local de cámaras no exterior de edificios de uso público para gravar a vía pública non se considera emprego da vídeo-vixilancia pública, atopámonos perante un caso de extraordinaria esquizofrenia legal.

É absolutamente evidente que neste caso debe ser aplicada a Lei 4/1997, que regula o emprego da vídeo-vixilancia en espazos públicos e reserva ó seu uso ás Forzas e Corpos de Seguridade. A Lei establece ademais unha serie de garantías, coa finalidade de protexer o dereito á intimidade e á propia imaxe das persoas: a obrigatoriedade de contar cunha autorización da Delegación, coa aprobación da Comisión de Garantías, cun informe policial que xustifique a idoneidade e proporcionalidade do uso das cámaras, etc. Ningunha destas garantías son respectadas polas cámaras do colexio Rosalía de Castro de O Grove, e por esta razón o MpDC solicitará o Xulgado que ordene a súa retirada e obrigue ó Concello a iniciar correctamente os trámites legais.

A indignante actitude da Delegación

A asociación manifestou unha profunda indignación perante o comportamento da Delegación do Goberno, que por enésima vez tolera, xustifica e ampara comportamentos irregulares cando non declaradamente ilegais por parte doutras administracións. A Delegación olvidou fai tempo que o seu deber é respectar a lexislación vixente e velar polos dereitos dos cidadáns, non tutelar as vulneracións da Lei cometidas por outras administracións. Sistematicamente a Delegación está a conceder autorizacións que legalizan a posteriori instalacións irregulares de vídeo-vixilancia, está aprobando outras nas que non se cumpren as garantías previstas pola Lei e está eludindo en fin as súas responsabilidades en casos coma este.

O Movemento valora as iniciativas a tomar perante esta actitude xeneralizada por parte da Delegación do Goberno. A asociación considera demostrado que non se trata de decisións puntuais sobre casos concretos, senón dunha programática e consciente vontade de tolerara e amparar vulneracións dos dereitos fundamentais dos cidadáns por parte da propia administración.
ler o resto do texto

El MpDC demanda a la Delegación del Gobierno por las videocámaras

El Movemento polos Dereitos Civís (MpDC) presentó una demanda contra la Delegación del Gobierno por el caso de las cámaras de vídeo-vigilancia instaladas en el colegio Rosalía de Castro de O Grove, ya que considera “poco convincentes” las explicaciones facilitadas, y solicitará la retirada de laos dispositivos.

Según el MpdC, el único argumento aportado por los responsables municipales y la Delegación para justificar el “ emprego irregular destes dispositivos nun lugar particularmente sensible coma un colexio” es que se trata de una video-vigilancia realizada por particulares con la intención de evitar daños en una propiedad privada, evitando las garantías de la ley para las grabaciones públicas.

En Diario de Arousa
ler o resto do texto

El Movemento polos Dereitos Civís continúa su batalla judicial por la instalación de cámaras en el Rosalía de Castro

La Agencia Española de Protección de Datos acaba de archivar una denuncia del Movemento polos Dereitos Civís (MpDC) contra el Concello de O Grove relacionada con las cámaras de videovigilancia instaladas en la casa de la cultura Manuel Lueiro Rey y el colegio Rosalía de Castro, pero esta organización, lejos de tirar la toalla, sigue adelante con su batalla.

El MpDC ha presentado una demanda contencioso administrativa contra la Delegación do Gobierno dado que considera «poucos convicentes» las explicaciones que dio la Administración respecto a este caso.
ler o resto do texto

O PSOE acorda cos grupos de esquerda un texto de mínimos sobre o Aborto

O PSOE alcanzou onte un principio de acordo cos grupos de esquerda (ERC, IU, ICV, BNG e Nafarroa Bai) para que o informe da subcomisión parlamentaria encargada de revisar a Lei do Aborto, que mañá comeza a redactarse no Congreso, non fixe prazos determinados para a interrupción voluntaria do embarazo.

Con todo, preténdese ampliar as garantías e facilidades, pois estende o uso de anticonceptivos e da píldora abortiva, evita obxeccións en bloque dun centro público sanitario e avoga por achegar a nosa lexislación ás máis avanzadas de Europa na materia.

En Gz Nación.
ler o resto do texto

Manuel Moix negou as irregularidades nos centros de menores da Comunidade de Madrid denunciados polo Defensor do Pobo

Alicia no país das marabillas. Estes son os recordos que evocou o defensor do Pobo, Enrique Múgica, cando escoitou ao fiscal xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, Manuel Moix, e á conselleira rexional de Asuntos Sociais, Engracia Hidalgo, negar as irregularidades nos centros de menores da Comunidade de Madrid denunciados pola súa institución.

"A comparecencia pareceume insólita. Parecía que estaban contando Alicia no país das marabillas", ironizou *Múgica momentos antes de comparecer ante a Comisión Mixta do Senado.

En Público.
ler o resto do texto

16/02/09

O Movemento presenta unha demanda polas cámaras de El Correo Gallego

O Movemento polos Dereitos Civís presentou unha demanda contenciosa administrativa contra a a Delegación do Goberno no caso das cámaras de El Correo Gallego. A Delegación ignorou as denuncias e peticións de informacións enviadas polo colectivo a raíz da publicación de imaxes captadas polas cámaras que o diario ten instaladas na súa sede en Santiago de Compostela. Aduce a Delegación que se trata de dispositivos de vixilancia privados, e que polo tanto non necesitan a autorización da propia Delegación. Sen embargo, a Lei é moi clara ó respecto, e posto que as imaxes publicadas demostran que se está a gravar na vía pública é aplicable o disposto na Lei Orgánica 4/1997 segundo a cal só as Forzas de Seguridade poden colocar cámaras no espazo público.

O Movemento interesouse neste caso a partir da publicación na edición impresa e dixital de El Correo Gallego dunha noticia acompañada de fotografías. Ditas imaxes amosaban a unha muller perfectamente identificable mentres danaba presuntamente os vehículos aparcados na rúa. As mesmas foran captadas por cámaras instaladas por unha empresa privada na sede do xornal. A función destes dispositivos é garantir a seguridade do edificio, gravando o que sucede á entrada e no seu interior. Non obstante, a muller que aparecía nas fotografías publicadas transitaba afastada da sede do xornal, nunha rúa adxacente.

A Lei Orgánica de Protección de Datos é moi clara no que se refire á instalación de cámaras de seguridade. Nos espazos privados pódenas colocar empresas autorizadas para tal fin, inscribindo os ficheiros coas imaxes obtidas nun rexistro oficial e informando sobre a custodia e acceso a ditas imaxes.

Cámaras en espazos públicos

Mentres, nos espazos públicos só as Forzas e Corpos de Seguridade poden instalar dispositivos de vídeo-vixilancia, e sempre que existan unhas condicións que xustifiquen o emprego proporcionado destes medios. Ademais, as cámaras teñen que respectar unha serie de garantías que protexen o dereito á intimidade das persoas gravadas: contar coa autorización da Delegación do Goberno, coa aprobación da Comisión de Garantías de Vídeovixiancia e inscribir os ficheiros no Rexistro Xeral de Protección de Datos.

No momento no que, como demostran as imaxes publicadas, as cámara de El Correo Gallego están a gravar a vía pública, o MpDC esixirá nos xulgados que respecten todas as garantías previstas pola Lei. O Movemento espera que a Xustiza solicite ós interesados que presenten a documentación que autoriza o emprego de vídeo-vixilancia na rúas de Compostela, e que de non existir esta autorización ordene a retirada das cámaras.

Difusión de imaxes, ética profesiona, dereitos fundamentais


Asunto aparte é a difusión pública das imaxes obtidas polas cámaras, sen procurar nin sequera ocultar a identidade da persoa que aparece nas mesmas. Atopámonos nun caso de evidente vulneración dos dereitos fundamentais á intimidade, á propia imaxe e á honra. Cómpre salientar que a Axencia Española de Protección de Datos está estudando actualmente a denuncia presentada polo Movemento polos Dereitos Civís en relación co caso. A asociación sorpréndese tamén pola inexistencia dunha toma de posición por parte do Colexio de Xornalistas de Galicia, perante un caso tan grave de vulneración dos principios éticos e legais que deberían rexer o traballo da profesión.
ler o resto do texto

A Policía recoñece que existen “directrices” para deter a un número mínimo semanal de extranxeiros

A Dirección Xeral da Policía e a Garda Civil fixo público un comunicado no que admitía que existen "directrices" para efectuar un número de detencións de estranxeiros en situación irregular, en función da poboación de cada distrito e os seus niveis de delincuencia.

Este comunicado surxe logo de que Europa Press fixera pública onte unha orde interna pola que se lle ordea aos axentes do Corpo de Policía estatal que traballan nas rúas de Madrid, elevar as cifras de detidos co arresto dun mínimo semanal de estranxeiros por atoparse en situación irregular.

En Gz nación
ler o resto do texto

14/02/09

"Hai un recorte de dereitos laborais e sociais que aspiramos a blindar no Estatuto de Nación"

O Movemento quixo comprobar de cara ás eleccións ó Parlamento os proxectos dos principais partidos políticos. Achegamos hoxe a entrevista íntegra con Ana Pontón, membro da executiva e candidata do BNG pola provincia de A Coruña. Mañá ofreceremos a entrevista con Nuñez Feijoó, líder do PPdeG, mentres o PSdG declinou a invitación a participar nestas conversas.

O recente informe do Comité de Dereitos Humanos da ONU, un organismo pouco sospeitoso de extremismos ou alarmismos infundados, alertaba sobre as moitas lesións que existen aínda no Estado español dos dereitos fundamentais á integridade física, á dignidade humana, á intimidade ou á igualdade perante a Xustiza. Como valoran a situación global dos dereitos e liberdades civís en Galicia? Cales son as principais propostas que incorpora o seu programa electoral nestes ámbitos?
Penso que a situación é mellorábel en moitos dos ámbitos aos que fas referencia. As propostas son variadas, aínda que en moitos casos en Galiza precisamos ter máis competencias para poder avanzar. A xustiza, o sistema penitenciario, a regulación básica dos dereitos de participación son aspectos que seguen dependendo do Estado. Mentres non sexan competencias galegas non seremos capaces de afianzar dereitos sociais e colectivos.

A pesar de non termos competencias, cómpre lembrar que o BNG, tanto no Congreso dos Deputados coma no Senado, ten presentado múltiples iniciativas tanto na defensa das liberdades en Galiza cando se producen vulneracións dos dereitos cidadáns por parte do Estado; para reclamar unha reforma en profundidade da Xustiza que resolvan as súas graves carencias, ou para modificar un sistema penitenciario que está case que exclusivamente orientado cara ao castigo e non cara a reinserción social.


Asistimos nas últimas semanas á condena de varios membros das Forzas e Corpos de Seguridade por actuacións desproporcionadas e violentas no desempeño da súas funcións. Que consideración lles merecen estas condenas?

Os responsábeis dos corpos e forzas de seguridade deberían evitar este tipo de situacións. Porque aínda que sexa importante que estes feitos non fiquen impunes, o realmente importante sería que non se deran.

Entre as queixas máis numerosas que recibe a nosa asociación atópanse aquelas que se refiren a estes comportamentos abusivos e violentos da policía. Tendo comprobado que o corporativismo e a presunción de veracidade acaban por frear as investigacións internas, o Movemento polos Dereitos Civís defende a creación creación dun organismo independente que investigue a actuación irregular dos Corpos e Forzas de Seguridade. Estaría disposto o seu partido a apoiar a proposta no Parlamento Galego?

Pode ser unha solución, sempre e cando se determine que este tipo de órganos fagan algo máis que investigar e realmente teñan capacidade para chegar ao fondo dos asuntos. Sen embargo, non convén perder de vista que as veces hai agresións (por exemplo en manifestacións) que teñen autorización dos responsábeis dos corpos e forzas de seguridade e contra isto habería tamén que actuar.


Unha enquisa difundida polo Movemento amosaba que oito de cada dez cidadáns consideran que a Xustiza resulta lenta ou moi lenta á hora de resolver os distintos casos. Cales son as medidas concretas que pode tomar o Goberno galego para axilizar o seu funcionamento?
E évidente que unha xustiza lenta non é xusta. O primeiro que precisamos é que Galiza teña competencias plenas en materia xudicial, pois sen elas pouco é o que pode facer a Xunta de Galiza. Despois é evidente que é necesario crear máis xulgados, mellorar a organización, incorporar as novas tecnoloxías e axilizar os trámites.

É especialmente grave a falla de vontade política do Goberno para crear xulgados específicos de violencia de xénero en cidades como Ourense, Lugo ou Ferrol, unha decisión que compete ao Ministerio de Xustiza. Dende ao BNG vimos denunciando esta situación de atasco xudicial tanto no Congreso como no Senado e vemos como a solución para a creación de novos xulgados ten que vir pola transferencia das competencias de Xustiza á Xunta de Galiza.

A cidadanía percibe tamén que a Xustiza non trata por igual a un cidadán e a un policía, a un veciño e á Administración. En particular, a nosa asociación ten que destinar unha parte importante dos seus recursos a conseguir que as administracións respecten a Lei en materias como a vídeo-vixilancia. Non debería ser o comportamento das administracións exemplar no respecto das leis e na tutela dos dereitos dos cidadáns?
Estou totalmente de acordo, e no BNG practicámolo.

Na mesma enquisa, os galegos sinalaban que acceder á información das Administracións Públicas é unha tarefa dificultosa, e o oitenta por cento dos enquisados cre necesaria unha nova normativa para facilitar o exercicio do dereito de acceso. Comprometeríase a desenrolar un proxecto lexislativo que responda a esta necesidade dos cidadáns?

Cremos que un dos aspectos necesarios a mellorar no funcionamento da administración é no da transparencia. Avanzouse nesta lexislatura, con medidas como a de crear un rexistro público de convenios. Mais aínda se pode facer máis. En todo caso non só hai que avanzar no dereito á información senón na participación nos asuntos públicos pois iso si garante unha administración cun funcionamento máis democrático e unha cidadanía mais conscientes e informada.

Neste mesmo sentido, os alcaldes dalgunhas das máis importantes vilas galegas prohibiron o acceso aos plenos municipais a algúns dos seus veciños. Como valora esta limitación do dereito de acceso? De que modo se pode acadar unha participación mais fluída dos cidadáns na vida pública?

Non se poden facer valoracións tan globais,hai que ver cada caso. É dicir, non se pode impedir o acceso ao pleno con carácter xeral, mais tamén é preciso que exista un respeito polas persoas que representan aos veciños e veciñas dun concello. Sobre o outro asunto, un dos aspectos máis importantes e fortalecer o tecido asociativo e potenciar os organismos consultivos das diferentes administracións.

Un dos encargados de facilitar estas relacións entre os cidadáns e a Administración debería ser o Valedor do Pobo. Que valoración ten da súa actuación o seu grupo político? Que sería necesario cambiar para dotar de maior efectividade a esta institución?
O actual Valedor ten demostrado unha actitude que no BNG nos preocupa moito. Tanto porque ten tendencia a dar opinións políticas que non son propias desta institución, como pola actitude contraria á lingua galega que parece incompatíbel co desenvolvemento dun cargo que en teoría está para defender dereitos, incluídos os dereitos da lingua galega.

Un ano e medio despois do decreto 124/2007, como valora na actualidade a situacións dos dereitos lingüísticos en Galicia? Cales serán as iniciativas do seu partido neste eixo?
Non se ten avanzado o suficiente, o galego está aínda nunha posición de maior vulnerabilidade, tanto a nivel de estatus xurídico, como a nivel de exercicio do dereito a poder vivir en galego. Pensamos que hai que cumprir a lexislación e efectivizar as medidas que están contempladas no Plan Xeral de Normalización Lingüística e conseguir que no próximo estatuto o galego se equipare en dereitos e deberes co castelán. Se non hai igualdade xurídica entre galego e castelán dificilmente se poderán garantir os dereitos lingüísticos dos e das galegofalantes.

Por último, preguntámonos que repercusión podería ter a aprobación dun novo estatuto na próxima lexislatura na mellora da situación dos dereitos civís en Galicia.
Sería moi importante, porque un dos aspectos que defendemos no BNG é que o estatuto teña unha carta de dereitos e deberes. Observamos como a nivel europeo e español hai un recorte constante de dereitos laborais, sociais, das persoas inmigrantes e aspiramos a blindar os dereitos no Estatuto de Nación.

A inexistencia dunha carta de dereitos e deberes definidora do estatus político e xurídico dos cidadáns e cidadás de Galiza é unha das máis evidentes carencias do actual Estatuto. Resulta pois inescusábel incluír no Novo Estatuto un completo catálogo de dereitos e deberes que veña a corrixir as insuficiencias da Constitución no que atinxe, principalmente, á eficacia dos dereitos sociais e ao recoñecemento de dereitos políticos imprescindíbeis construír unha democracia de calidade como, por exemplo, o dereito a recibir pensións dignas, o dereito á conciliación da vida laboral e familiar coa obriga conseguinte dos poderes públicos proporcionaren escolas infantís adaptadas ao horario laboral, o dereito a ter uns ingresos mínimos garantidos en caso de desemprego ou enfermidade camiño da implantación dun rendemento social básico, o dereito dos cidadáns e cidadás con algunha minusvalía a que os poderes públicos promovan activamente a súa integración educativa, laboral e social ou, en fin, o dereito a uns servizos públicos universais, gratuítos e de calidade. E tamén, cando asistimos a unha regresión democrática en todo o mundo, a elaboración dun novo Estatuto debe servir para pór valados que nos protexan do autoritarismo e camiñar cara unha democracia participativa. A través, por exemplo, do estabelecemento de consultas populares vinculantes e da garantía do dereito dos cidadáns e cidadás a seren informados verazmente.
ler o resto do texto

Anduriña celebra la negativa a autorizar las cámaras del Che

La Asociación de Vecinos Anduriña de Santa María de Oleiros celebra la decisión tomada por la Delegación del Gobierno conforme a no autorizar el funcionamiento de las cámaras colocadas en la rotonda de Nirvana para vigilar la estatua del Che Guevara.

La Delegación del Gobierno denegó al Concello hace unas semanas el permiso de funcionamiento de las cámaras instaladas en Nirvana y solicitó al consistorio más documentación para estudiar la petición de nuevo. También recientemente, el Movemento polos Dereitos Civís denunció que la Agencia de Protección de Datos está investigando la posible ilegalidad de las cámaras y podría tramitar una denuncia al Concello.

En La Opinión
ler o resto do texto

El topónimo perdido en el juzgado

Una demanda contra Francisco Vázquez acabó extraviada en la maraña de documentos que se almacenan en un juzgado coruñés. El Movemento polos Dereitos Civís, que acusaba al entonces alcalde de cambiar el nombre de la ciudad, pide ahora que el secretario del órgano judicial sea sancionado duramente por la pérdida del expediente, aunque el funcionario niega ser el responsable de los hechos.

En La Opinión.
ler o resto do texto

A muller de Paco Vázquez podería ser sancionada cunha multa de até 300.000 euros por unha infracción da Lei de Protección de Datos

A Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) iniciou un procedemento sancionador contra a muller de Paco Vázquez, María del Carmen de la Iglesia Illanes, por unha posíbel infracción da Lei de Protección de Datos, segundo afirman desde o Movemento polos Dereitos Civís.

Esta decisión responde, afirman desde a organización, á denuncia presentada polo Movemento polos Dereitos Civís, en relación coa presenza de cámaras de vixilancia situadas no exterior da residencia coruñesa do ex alcalde da Coruña. A dita asociación protestaba polo feito de que as cámaras “non estaban convenientemente sinalizadas” e “non cumprían con todas as garantías previstas pola Lei”. A AEPD descubriu nas súas investigacións toda unha serie de irregularidades polas que a muller de Paco Vázquez, responsable legal dos dispositivos, podería ser sancionada até con 300.000 euros.

En Gz Nación
ler o resto do texto

El Movemento polos Dereitos Civís sigue en la brecha

La instalación de las cámaras de videovigilancia en la casa de la cultura de Monte da Vila le costó al Concello de O Grove una denuncia ante la fiscalía de Cambados de la mano del Movemento polos Dereitos Civís.

Este colectivo mantiene que los dispositivos se colocaron sin contar con las preceptivas autorizaciones ya que, entonces, el Concello todavía no había aprobado la ordenanza que regula esta actividad; el MpDC solicitó además al fiscal que investigara si el concejal Fredi Bea había incurrido en un delito de prevaricación por este motivo.

En LaVoz
ler o resto do texto

13/02/09

O Movemento solicita por quinta vez a Protección de Datos que actúe contra as lesións do dereito á intimidade nos medios de comunicación

O Movemento polos Dereitos solicitou por quinta vez información á Axencia Española de Protección de Datos sobre as accións que se están a emprender contra a difusión nos medios de comunicación de imaxes de agresións físicas e verbais, coa conseguinte lesión do dereito á intimidade dos afectados. En concreto, a asociación presentou un escrito no que se pide á AEPD que informe das medidas tomadas no caso da rapaza ecuatoriana agredida nun tren de Barcelona a finais do 2007.

As imaxes da agresión foron difundidas reiteradamente polos medios de comunicación, sen que en moitos casos se ocultase de xeito eficaz a identidade da rapaz agredida ou outros ocupantes do vagón. A secuencia da agresión segue aínda hoxe dispoñible na rede, co cal os dereitos fundamentais destas persoas continúan sendo violados na actualidade.

O Movemento polos Dereitos Civís, presentou neste tempo outras catro queixas perante a AEPD en relación con este caso, invitándoa a posicionarse e tomar medidas. Non obstante, o organismo non respondeu aínda as solicitudes da asociación, e a pesar das evidentes infraccións da Lei de Protección de Datos e do dereito á intimidade e á propia imaxe. Os responsables legais da custodia das imaxes rexistradas polas cámaras do tren incumpriron coas garantías previstas na Lei ó facilitar as imaxes ós medios sen impedir antes que a vítima e outros pasaxeiros fosen identificables.

Se a intención era exemplarizante e didáctica, a secuencia podería ter sido difundida cos rostros dos afectados non recoñecibles. En calquera caso, a evolución do caso puxo en dúbida o efecto didáctico das imaxes: estas foron repetidas ata a saciedade, incidindo no seu contido morboso máis que no calado social dos feitos, o agresor converteuse nunha especie de celebridade mediática, e un dos pasaxeiros, que visiblemente atemorizado non acudiu en axuda da moza, tívose que mudar o se recoñecido e repudiado polos seus veciños.

O Movemento considera importante obter un posicionamento claro e rotundo da AEPD sobre o caso. Continuamente asistimos a casos similares nos que imaxes obtidas por dispositivos de vídeo-vixilancia acaban nos medios de comunicación, lesionando o dereito á intimidade das persoas que aparecen e infrinxindo a normativa á que responden estes dispositivos.
ler o resto do texto

12/02/09

O Movemento denuncia perante Protección de Datos ó tanatorio vigués que instalou cámaras ocultas nas súas salas

O Movemento polos Civís dirixiu un escrito á Axencia Española de Protección de Datos para denunciar o escandaloso caso dun tanatorio vigués no que se instalou un dispositivo oculto de vídeo-vixilancia. Os responsables da empresa funeraria Vigo Memorial colocaron cámaras nas súas salas para xustificar o despido de dúas empregadas, acusadas de roubar unhas magdalenas.

As cámaras incumprían coa normativa en materia laboral e de protección de datos, pois nin os empregados da empresa nin os clientes da mesma foron informados da presenza das cámaras, tal e como indica a Lei. Ademais de supor unha infracción da lexislación vixente e unha agresión o dereito de intimidade, este caso manifesta unha particular falta de sensibilidade, dada a natureza particular do lugar e as circunstancias de dolor e loito nas que se atopan as persoas que o visitan.

O Movemento solicitou á AEPD que confirme existe constancia de que Vigo Memorial contratase a algunha empresa autorizada para instalar as cámaras. A asociación quere comprobar se dita empresa procedeu a inscribir o ficheiro coas imaxes no Rexistro Xeral de Protección de Datos e se indicou ó responsable da custodia das imaxes, segundo esixe a lexislación.

Cámaras para evitar o roubo dunha magdalena

Os feitos do caso foron dados a coñecer por A Nosa Terra nos últimos días. A presenza das cámaras fíxose pública ó tratar de presentar a empresa as imaxes gravadas por estas como proba videográfica nun xuízo por despido. De feito, o Xulgado do Social nº 5 de Vigo acabou por declarar improcedente este despido de dúas traballadoras da limpeza, acusadas pola empresa de quedarse cunhas magdalenas.

Particularmente grave se considera dende o Movemento polos Dereitos Civís que unha empresa considerase idóneo e proporcionado o emprego dun medio tan invasivo como as cámaras de vixilancia, co único propósito de evitar o presunto roubo duns doces. Isto sen mencionar, por suposto, a irregularidade na instalación e sinalización das cámaras. É máis que comprensible a indignación das familias que tiveron que velar a un ser querido nas salas dese tanatorio, sen saber que nese difícil momento estaban sendo gravados de forma ilegal pola empresa.


ler o resto do texto

Denuncian ante el juez las cámaras del Marco, la zona azul y la Universidad

El Movemento polos Dereitos Civís presenta demandas para pedir la retirada de los aparatos de vigilancia. El progresivo incremento de cámaras en la vía pública de Vigo está teniendo una respuesta inmediata por parte del Movemento polos Dereitos Civís.

En La Voz.
ler o resto do texto

A música libre escapa da SGAE

Unha sentenza establece que a entidade non pode cobrar por cancións "copyleft".

Por que un establecemento debe pagar un canon á SGAE pola totalidade da música que reproduce no seu local se só o 14% da mesma correspóndese a autores representados por esta entidade? Daniela Valdés, propietaria do bar Espiral Pop, en Madrid, fai tempo que intenta non utilizar música cuxos dereitos de autor son xestionados pola SGAE. Mentres utiliza cancións con licenza copyleft contribúe ao coñecemento público duns artistas que non adoitan escoitarse nos medios tradicionais. Á vez, como impón a lóxica, non está obrigada a abonar a cota correspondente á SGAE pola comunicación pública das obras musicais dos seus socios.

Máis aquí.
ler o resto do texto

Madrid desoíu peticións do Defensor del Pueblo sobre centros de menores

Dúas comunidades autónomas, Madrid e Castela-A Mancha, foron acusadas de inacción no caso das irregularidades en centros de protección de menores, destapado polo Defensor do Pobo a través dun exhaustivo informe que revela castigos crueis e trato humillante a nenos con problemas psicolóxicos tutelados polas Administracións. O Goberno rexional madrileño, que xa recibira distintas denuncias de vítimas, atrasou unha información demandada polo Defensor respecto diso durante case todo o ano 2007. E o castelán-manchego non actuou logo de informes dos seus traballadores dos departamentos de menores, que viron irregularidades nun centro.

En El País.
ler o resto do texto

11/02/09

Un ano e medio despois segue sen esclarecerse a legalidade das cámaras da ORA no Concello de Vigo

O Movemento polos Dereitos Civís ven de reiterar perante as administracións e institucións pertinentes a necesidade de aclarar a legalidade do procedemento de instalación das cámaras da ORA no Concello de Vigo. Un ano e medio despois da súa primeira intervención no caso, a asociación veuse na obriga de presentar novos escritos perante a Axencia Española de Protección de Datos, o Valedor do Pobo e o propio Concello de Vigo, a fin de asegurarse da adecuación á legalidade dos dispositivos. O Movemento síntese profundamente decepcionado polo desinterese amosado por estas institucións, que durante todo este tempo rexeitaron responder ós requerimentos da asociación, a pesar da importancia dos dereitos fundamentais en xogo neste caso.

A Lei Orgánica de Protección de Datos ten previstas de feito unha serie de garantías e límites para o emprego da vídeo-vixilancia en espazos públicos. Dado que as cámaras se atopan na vía pública, teñen que cumprir con todos os requisitos esixidos polas normas, é dicir, respecto do principio de proporcionalidade, autorización da Delegación do Goberno e informe favorable da Comisión de Garantías.

O MpC manifestou dende o primeiro a súa oposición a instalación das cámaras de tráfico da ORA de Vigo por considerala unha medida innecesaria e errónea. No escrito enviado ó Concello de Vigo, o Movemento solicita que se remitan os informes nos que se baseou o Concello para proceder á instalación das cámaras, e que informe por tanto de como se xustificou o principio de proporcionalidade. Ademais, pediu ó Goberno municipal información sobre a custodia das imaxes, así como que mecanismos de control se prevén para garantir os Dereitos dos cidadáns. Os ficheiros con datos de carácter persoal deben ser inscritos no Rexistro Xeral de Protección de Datos, e a intención do MpDC é comprobar se esta inscrición se levou a cabo.

No caso de que se confirmen algunhas das supostas irregularidades ou se demostre que non se cumpriron todas as garantías previstas pola Lei, a asociación esixirá a inmediata retirada das cámaras. O Movemento espera tamén que o Concello reflexione sobre o uso destes dispositivos e o dano que poden conlevar para a privacidade e intimidade dos seus veciños. Así mesmo, sería desexable que nesta ocasión as institucións se tomen polo menos a molestia de responder ás solicitudes da asociación.
ler o resto do texto

O caso de Eluana e a lexislación no estado español

A longa espera de Eluana Englaro para ser desconectada da máquina que a mantivo con vida durante os últimos 17 anos traspasou as fronteiras de Italia, onde provocou a ruptura entre o Goberno e a Xustiza. O caso pode reabrir en España un debate que a pesar de protagonizar, de forma intermitente, centenares de titulares na prensa nos últimos anos o presidente do Goberno non quere tratar, polo menos nesta lexislatura

O diario Público analiza a actual lexislación no estado español aquí.
ler o resto do texto

O PP atiza o discurso xenófobo para oporse a unha mesquita en Badalona

"Non creo que sexa bo que en Badalona haxa barrios onde a lingua predominante sexa o árabe". Con este criterio, o presidente do Partido Popular de Badalona, Xavier García Albiol, comezou unha campaña contra a apertura dun oratorio musulmán no barrio de Artigues.

Máis en El País.
ler o resto do texto

Denuncian a la Delegación del Gobierno por las cámaras de la estación de buses

El Movemento polos Dereitos Civís presentó una demanda por la vía contencioso administrativa contra la Delegación del Gobierno por la instalación de cámaras de videovigilancia en la estación de autobuses de manera presuntamente ilegal. Según señalan desde la entidad, el organismo denunciado ignoró en repetidas ocasiones las peticiones de información sobre la concesión y renovación del permiso para instalar estos dispositivos.

En El Ideal Gallego.
ler o resto do texto

Piden que non se den fondos públicos ós colexios que separan nenos e nenas

Distintas organizacións educativas e sindicatos solicitaron onte que se retiren os concertos económicos aos centros de ensino que segregan aos alumnos por razón de sexo, porque non cumpren co espírito da Lei Orgánica de Educación (LOE), xa que esta non o prohibe expresamente. Dos 7.517 colexios que hai en España, 150 separan a nenos e nenas, e destes, 64 (o 0,85%) reciben diñeiro público a través de concertos e subvencións.

Máis en La Voz.
ler o resto do texto

10/02/09

O Movemento demanda á Delegación do Goberno polas cámaras da estación de autobuses de A Coruña

O Movemento polos Dereitos Civís presentou unha demanda contencioso administrativa contra a Delegación do Goberno, no caso das cámaras de vídeo-vixilancia instaladas de xeito presumiblemente ilegal na estación de autobuses de A Coruña. A Delegación ignorou repetidamente as peticións de información da asociación sobre a concesión e renovación do permiso para instalar os dispositivos. Perante este silencio administrativo o MpDC viuse na obriga de recorrer á Xustiza. Semella evidente que tanto o Concello de A Coruña como a Delegación incumpriron de forma voluntaria e reiterada coa normativa que regula a instalación de vídeo-vixilancia en espazos públicos; por iso, o Movemento solicitou ó Xulgado a retirada inmediata das cámaras da estación de autobuses.

A asociación interesouse polo desenvolvemento do caso a raíz da publicación nos medios de comunicación da intención do Concello e a Policía Local de instalar un circuíto de vídeo-vixilancia na estación de autobuses da cidade. O Movemento seguiu con atención os feitos, dadas as implicacións que supón para cos dereitos fundamentais dos cidadáns o uso de cámaras nun espazo público. Así, dirixiu escritos ás institucións interesadas informándose sobre o cumprimentos dos trámites e garantías previstos pola Lei Orgánica 4/1997.

O resultado destas investigacións foi a constatación de que o Concello solicitara a autorización para as cámaras a posteriori da súa instalación. Non por habitual resulta menos grave o feito de que a Delegación do Goberno concedese de feito o permiso, coñecendo as circunstancias, a irregularidade que supuñan e a conseguinte vulneración dos dereitos dos cidadáns. Esta autorización, irregular por si mesma, permitía ó Concello e emprego das cámaras durante o ano, ó cabo do cal debía solicitar a renovación da devandita autorización.

Renovación da autorización

A comezos do ano 2008 o Movemento polos Dereitos Civís dirixiu un escrito á Delegación do Goberno, preguntando se o Concello presentara a documentación necesaria para solicitar a renovación do permiso. O Concello tiña que xustificar con informes policiais e a aprobación da Comisión de Garantías de Videovixiancia de Galicia a idoneidade e necesidade do uso das cámaras. A Delegación limitouse a contestar ó MpDC que as cámaras “tiñan a autorización en regra”, sen facilitar ningún dos documentos solicitados.

Ante a pasividade coa que acolleu a administración as sucesivas peticións e escritos do Movemento sobre o caso, a asociación viuse na obriga de presentar unha demanda contencioso administrativa contra a Delegación. O Movemento solicita ó Xulgado que se proceda coa retirada inmediata das cámaras, perante as evidentes irregularidades cometidas polo Concello e ola Delegación. A asociación manifesta ademais a súa preocupación polo enésimo caso de comportamento irregular e falta de transparencia das administracións públicas, que deberan ser as primeiras en evitar a lesión dos dereitos fundamentais dos cidadáns.
ler o resto do texto

O 60% das vítimas de 'ciberacoso' son nenas

Os correos electrónicos chegan a diario a Protégeles, unha ONG dedicada a temas de infancia e novas tecnoloxías que recibe 3.000 denuncias ao mes. Con motivo do Día internacional da seguridade en Internet, a ONG presenta hoxe un anuncio (financiado pola Comisión Europea) para chamar a atención sobre o ciberacoso, un fenómeno que, segundo Guillermo Cánovas, presidente da ONG, creceu de forma exponencial.

Maís en El País.
ler o resto do texto

A Administración xera a marxinalidade de mozos inmigrantes

A pesar de ser unha obrigación da Administración, moitos menores estranxeiros non acompañados alcanzan a maioría de idade sen ter os seus papeis en regra. Isto, denuncian organizacións sociais, abócalles á exclusión.

Cumprir os 18 anos é de todo menos emocionante cando se é un menor estranxeiro non acompañado. Como mirariamos a un pai e a unha nai que o día que o seu fillo ou filla cumpre 18 anos o bota á rúa, pregúntase Vicenç Galea, do colectivo catalán Drari, xuristas polos dereitos da infancia.

A lexislación española considera que os menores, estranxeiros ou autóctonos, que non teñen quen se faga cargo deles están nunha situación de risco e vulnerabilidade polo que a Administración debe facerse cargo deles e tutelalos. Actualmente, son as comunidades autónomas as que asumen estas responsabilidades. Pero ao alcanzar a maioría de idade, os menores estranxeiros atópanse nunha situación de suma precariedade.

Aínda que existen programas de emancipación en diferentes comunidades, a falta de recursos fai que as prazas sexan insuficientes e só uns poucos mozos poidan facer uso delas. Pero en moitos casos, o problema reside nun xeneralizado caos administrativo que fai que non teñan a documentación en regra. Noutros, é complexa a regularización da súa situación unha vez saíron do centro no que estaban tutelados, e resúltalles case imposible conseguir un permiso de traballo que lles permita renovar, máis tarde, a residencia. E iso que proverlles dos papeis é unha obrigación da Administración establecida legalmente.

Máis aquí.
ler o resto do texto

Máis de mil persoas morreron en prisión dende 2004

A falta dos datos oficiais de Institucións Penais desde xullo de 2007, son máis de mil as persoas falecidas nas prisións do Estado español en cinco anos (2004-2008). Esta cifra podería aaumentar, cando se coñezan os datos pendentes, ata as 1.300 mortes en prisión. A última morte produciuse o 5 de febreiro, na prisión de Donas (Palencia), onde un cidadán ecuatoriano apareceu aforcado.

Datos facilitados polo Centro de Documentación contra a Tortura.
ler o resto do texto

Inician en Fontiñas la retirada de las cámaras que vigilaban los aparcabicis

La cámara que vigilaba el punto de recogida de bicicletas públicas en Área Central ha sido retirada, y también el cartel que indicaba que la zona estaba sometida a vigilancia. El Movemento polos Dereitos Civís considera positiva esta actuación de los responsables, y recuerda que había alertado de la presencia de dichos dispositivos y había denunciado que los usuarios y ciudadanos podían estar sometidos a vigilancia de manera ilegal.

En La Voz
ler o resto do texto

04/02/09

Protección de Datos investiga la colocación de las cámaras del Che - A Coruña / Metro - La Opinión A Coruña

Protección de Datos investiga la colocación de las cámaras del Che - A Coruña / Metro - La Opinión A Coruña:

"El Movemento polos Dereitos Civís indicó ayer a través de un comunicado que ha sido informado por el organismo estatal sobre el inicio de las 'actuaciones previas' a un proceso de inspección de los aparatos colocados frente a la efigie del líder revolucionario argentino."

ler o resto do texto

03/02/09

Protección de Datos está a estudar as responsabilidades e posibles sancións no caso das cámaras ilegais da rotonda do Che en Oleiros

A Axencia Española de Protección de Datos informou de que está a realizar actuacións previas de inspección no caso das cámaras instaladas ilegalmente na estatua do Che en Oleiros. A Axencia estuda os feitos, denunciados no seu momento polo Movemento polos Dereitos Civís, para determinar os responsables dos mesmos e as posibles sancións que deles se puidesen derivar. Esta información vai en consonancia coa recente decisión da Delegación de denegar a autorización para os dispositivos, solicitada con evidente atraso polo Concello.

Precisamente o Concello faría ben en desculparse pola súas actuacións irregulares, reiteradas e irrespectuosas cos dereitos fundamentais dos seus veciños, e en prepararse para facer fronte a unha máis que previsible sanción por parte da AEPD. En cambio, insisten en que se presentou toda a documentación necesaria e en que a Delegación reconsiderará a súa decisión e concederá o permiso para as cámaras. O Movemento ignora que tipo de documentos puido presentar o Concello para defender unhas cámaras carentes de autorización, conectadas a unha vivenda particular, non sinalizadas e que, en fin, incumpren sistematicamente todas as garantías esixidas pola Lei.

O caso comezara a raíz da denuncia presentada polo Movemento polos Dereitos Civís, en xullo do pasado ano, por mor da presenza de dúas cámaras instaladas para vixiar a estatua do Che en Oleiros. Estas non contaban coa autorización da Delegación do Goberno nin foran inscritas no Rexistro Xeral de Protección de Datos. A súa colocación non respectaba xa que logo as garantías mínimas dos dereitos á intimidade e á propia imaxe previstas pola Lei Orgánica 1997/4, que regula a instalación de vídeo-vixilancia. A Lei especifica que só as Forzas e Corpos de Seguridade poden empregar estes dispositivos, previa autorización da Delegación do Goberno e sempre que se conte co informe favorable da Comisión de Garantías.

A raíz da denuncia do caso por parte do Movemento polos Dereitos Civís, a corporación municipal viuse na obriga de desconectar nun primeiro momento os dispositivos. Sen embargo, ás poucas semanas o Concello colocaba dúas novas cámaras no mesmo lugar sen contar tampouco coa debida autorización. O Movemento polos Dereitos Civís está convencido de que a AEPD sancionará este comportamento errático do goberno municipal, que causou xa danos irreparables ó dereito á intimidade dos veciños de Oleiros.
ler o resto do texto

1.500 euros de sanción por colgar en YouTube imaxes dun discapacitado

A Axencia Española de Protección de Datos sancionou aos autores de gravar imaxes dun discapacitado e de difundilas a través de YouTube, e impúxolles unha multa de 1.500 euros.

Este organismo impuxo esta sanción, por unha infracción "grave", tras o procedemento que iniciou de oficio por mor das informacións publicadas en medios de comunicación sobre a captación e posterior difusión, a través de YouTube, de imaxes nas que varios mozos burlábanse dun discapacitado psíquico.
ler o resto do texto

O máximo responsable de privacidade de Google, procesado en Italia

Un tribunal de Milán procesará ao máximo responsable mundial de privacidade de Google, Peter Fleischer, polos cargos de difamación e falta de control de datos persoais, por mor da publicación en Google vídeos de imaxes duns mozos de Turín mentres maltrataban a un rapaz con síndrome de Down.

En elmundo
ler o resto do texto

02/02/09

O Movemento solicita seis anos de suspensión para o secretario xudicial que perdeu o expediente da demanda a Paco Vázquez

O Movemento polos Dereitos Civís ven de presentar unha queixa perante o Consello Xeral do Poder Xudicial polo extravío nun xulgado de A Coruña do expediente dun caso. Trátase da demanda interposta no seu momento pola asociación contra Paco Vázquez a raíz do cambio do topónimo oficial do municipio. O xulgado deixou pasar dous anos sen informar ó Movemento da perda do expediente, que soubo dos feitos grazas a unha queixa presentada perante o Valedor. O Movemento solicita agora unha sanción de seis anos de suspensión para o secretario do Xulgado de Instrución nº 5 de A Coruña, que era o encargado de custodiar os documentos.

O Movemento polos Dereitos Civís presentara unha denuncia no ano 2005 contra Paco Vázquez, a causa da decisión do ex alcalde de cambiar o topónimo oficial do municipio polo de La Coruña. O xulgado acordou nun primeiro momento o sobresemento provisional e arquivo da causa, pero aceptou, en xaneiro de 2006, o recurso presentado pola asociación. En novembro dese mesmo ano, o Movemento volveuse dirixir ao xulgado coruñés para interesarse pola resolución do recurso, mais xa non recibiu máis informacións sobre o estado do expediente.

Pasados dous anos, o Movemento presentou unha queixa perante o Valedor do Pobo pola demora inxustificable do proceso. Só entón tivo coñecemento a asociación de que o Xulgado de Instrución nº 5 de A Coruña extraviara por completo o expediente. O acontecido resulta naturalmente intolerable, non só pola gravidade que ten de por si o extravío dun expediente xudicial, senón tamén polo feito de que unha das partes interesadas no proceso non fora informada de esta perda.

Así, o MpDC ve de presentar unha queixa formal perante o Consello do Poder Xudicial, órgano que exerce a inspección de xulgados e tribunais. Segundo o Regulamento Orgánico del Corpo de Secretarios Xudiciais, considerase falta moi grave a neglixencia na custodia dos documentos dos que son responsables. O Movemento, de acordo co estipulado no Regulamento, solicita unha sanción de seis anos de suspensión de emprego e soldo para o secretario do Xulgado de Instrución nº 5 de A Coruña. Tolerar feitos coma os acontecidos sen que existan sancións ó respecto só contribuiría a aumentar o actual descrédito do sistema xudicial.
ler o resto do texto

01/02/09

Gz Nación / En Movemento, cuarto xornal con maior tirada de Galicia

Gz Nación / En Movemento é xa o cuarto xornal con maior tirada de Galiza, e consolídase como unha voz forte e independente dentro do panorama editorial do país. Os datos serán oficiais a partir do próximo mes, cando a OJD, o organismo que se encarga do control da difusión da prensa escrita, comece a auditoría da tirada do xornal. Os datos, en calquera caso, falan por si mesmos: Gz Nación / En Movemento distribúese xa por toda Galiza, e coa súa tirada de 52,000 exemplares sitúase por diante de cabeceiras históricas coma El Faro de Vigo ou El Progreso, de xornais gratuítos coma ADN e LV, e dos grandes medios estatais coma El Mundo ou El País.

Bastaron sete números para que o binomio entre Gz Nación e En Movemento acadase estes extraordinarios resultados. O proxecto editorial, coordinado por Renato Nuñez para Novidades En Movemento, nace a mediados do ano 2008. Unha publicación consolidada no ámbito da prensa online de calidade e en galego como Gz Nación decidía entón dar o salto á prensa impresa. Para iso, apostou por iniciar un proxecto conxunto con En Movemento, o xornal gratuíto de temática social de referencia en Galiza, que serve entre outras cousas para dar voz ó traballo do Movemento polos Dereitos Civís.

Apenas medio anos despois, a asociación constata con enorme satisfacción que existe en Galiza un público de lectores potenciais para iniciativas coma esta. Un público interesado por unha información sobre Galiza e en galego, unha información contrastada e independente, crítica co discurso oficial dos medios. Un público interesado tamén en coñecer e apoiar a loita pola defensa dos seus dereitos e liberdades. O Movemento polos Dereitos Civís quere aproveitar para agradecer a fidelidade dos seus lectores, para reafirmar o seu compromiso cun traballo constante polos dereitos dos galegos e para confirmar a súa vontade de continuar a difundir este traballo a través do que hoxe é xa o cuarto xornal do país.
ler o resto do texto

O cociñeiro impitado por acosar a unha presa segue traballando noutra prisión

Ocociñeiro imputado por acoso sexual a unha interna do cárcere de Alacante II, en Villena, no ano 2005 espera o comezo do seu xuízo entre os fogóns do centro penal de Picassent.

O procesado aterrou no penal valenciano o pasado mes de maio tras obter unha praza a través dun concurso. Despois de que transcendese que había unha acusación firme contra el, decidiu pór terra polo medio e optar a outro destino. Fontes consultadas por este xornal precisaron que, a pesar de ter a súa praza fixa en Picassent, esporadicamente prestou os seus servizos na recentemente estreada prisión castellonenca de Albocàsser.

O xuízo por estes feitos celebrarase proximamente en Alacante e o implicado nega enerxicamente as acusacións e atribúeas a "unha vinganza" das denunciantes. O pique enfróntase a unha pena de prisión de cinco meses e o fiscal considéralle responsable do acoso que sufriron as reclusas ao concluír que aproveitou "unha situación de superioridade laboral".

Mais en El mundo
ler o resto do texto
__________________
__________________

Subvencionado pola Deputación da Coruña
Loading...
Cámara hotel monumento
Han actuado 0 personas
Nos faltan 0 firmas

Actúa ahora

Tu nombre
Tu apellido
Tu correo-e
Cód. Postal

Cámaras de Galiza


Ver Cámaras de Galiza en un mapa más grande

Videos do Youtube