O MpDC é unha asociación sin ánimo de lucro. Si queres colaborar co seu mantemento podes facer unha doazón con tarxeta de crédito clicando abaixo
Cargando...

31/01/09

Inician a retirada das cámaras dos aparcabicis de Compostela

O Movemento polos Dereitos Civís tivo coñecemento de que se está a proceder á retirada das cámaras de vídeo-vixilancia situadas nos puntos de préstamos público de bicicletas en Compostela. A asociación alertara da presenza destes dispositivos e denunciara que os usuarios e cidadáns podían estar sendo gravados de xeito ilegal. O MpDC interpreta esta retirada coma unha aceptación tácita das irregularidades cometidas na instalación polos responsables de Seguridade Cidadá de Santiago e da empresa municipal de transportes. A asociación celebra que se poña fin ó uso das cámaras, mais non deixara de esixir sancións polas lesións ós dereitos fundamentais producidas durante este emprego.

O Movemento constatou que nos últimos días procedeuse á retirada da cámara que vixiaba o punto de recollida de bicicletas públicas en Área Central. Así mesmo, desapareceu o cartel no que se indicaba o lugar como zona sometida a vídeo-vixilancia. Trátase dun dos diversos puntos, repartidos por toda a cidade, onde poden coller e devolver as bicicletas os participantes no servizo de préstamo inaugurado polo Concello o pasado mes de Xullo.

A asociación denunciara, a finais do pasado ano, a presenza de dispositivos de vídeo-vixilancia situados nestes puntos de préstamo. Dado que as cámaras se atopaban instaladas en espazos públicos, a súa instalación tiña que realizarse cumprindo coas garantías recollidas pola lei: unha autorización da Delegación do Goberno, o informe favorable da Comisión de Garantías, a inscrición dos ficheiros no Rexistro Xeral de Protección de Datos.

Tendo en conta os antecedentes en materia de vídeo- vixilancia e respecto dos dereitos dos cidadáns dos responsables de Seguridade Cidadá do Concello, o Movemento considerou necesario comprobar que todos as garantías se estaban a respectar neste caso. Para iso dirixiu escritos á Delegación do Goberno, á Axencia Española de Protección de Datos e ó propio Concello, coa intención de informarse sobre o procedemento seguido. Polo momento, a asociación non recibiu resposta de ningunha destas institucións, confirmando ou negando a existencia de irregularidades na instalación das cámaras.

Non obstante, a decisión de retirar o primeiro destes aparellos pode interpretarse perfectamente coma un tácito recoñecemento por parte dos responsables da súa instalación. Se cadra, e tendo en conta as sentenzas que declararon ilegal o emprego das cámaras na zona vella e esixiron a súa retirada, a Conselleira de Seguridade Cidadá prefira non ter que afrontar ulteriores demandas por lesións dos dereitos á intimidade e á propia imaxe. En calquera caso, comprobará se efectivamente se retiran as cámaras colocadas nos outros puntos de préstamo. Ademais, no caso de que se confirmasen irregularidades no procedemento de instalación, solicitara as oportunas sancións para as persoas responsables.
ler o resto do texto

29/01/09

O Concello de O Grove segue sen presentar a documentación que xustifique o seu emprego abusivo das cámaras de vixilancia

O Movemento polos Dereitos Civís segue intentando que o Concello de O Grove presente a documentación que supostamente xustifica a instalación de cámaras de vídeo-vixilancia na Casa de Cultura da vila. Polo momento, o único que fan os documentos aportados polo Concello é confirmar que a corporación solicitou o rexistro dos dispositivos á Axencia Española de Protección de Datos meses despois da súa instalación, e só cando o Movemento denunciou o caso. Neste sentido, a asociación ven de solicitar á AEPD que sancione ó Concello por recorrer a esta práctica tan habitual como irregular: colocar as cámaras e iniciar a posteriori os trámites estipulados pola lei para o seu emprego.


Ademais, o Movemento polos Dereitos Civís dirixiu nestes días un novo escrito ó Concello de O Grove, solicitando os documentos que demostren que as cámaras cumpren cos requisitos establecidos pola Lei Orgánica de Protección de Datos. Polo de agora, o Concello non facilitou a autorización da Delegación do Goberno, nin o informe favorable da Comisión de Garantías, nin moito menos proba algunha que xustifique que o emprego das cámaras se axusta ó principio de proporcionalidade.

A asociación solicita así mesmo información sobre os responsables da custodia das imaxes, e sobre os mecanismos de acceso e rectificación dos arquivos. O Concello terá que facilitar todos estes documentos, sempre que existan realmente, pois foron solicitados tamén como proba no procedemento administrativo aberto nun Xulgado do Contencioso Administrativo de A Coruña, a raíz da denuncia do MpDC.


O Concello ignora as solicitudes do Valedor

O mesmo Concello de O Grove, por outra banda, debería de estar a piques de ser declarado entidade hostil polo Valedor do Pobo. Esta institución agarda dende hai oito meses un escrito do Concello que xa solicitou polo menos en catro ocasións. Trátase dun informe con datos complementarios sobre a vídeo-vixilancia instalada nas carpas da Festa do Marisco, que debería aclarar as contraditorias declaracións de responsables municipais sobre o emprego da mesma. O responsable de Seguridade Cidadá de O Grove explicou á AEPD que os dispositivos tan só tomaban imaxes do interior dos almacéns da carpa; sen embargo, celebrou en declaracións públicas que as cámaras evitaran o carteirismo durante a festa.

Queda claro nestes dous casos que o Concello de O Grove semella decidido a continuar empregando a vídeo-vixilancia de maneira irregular, no total desprezo dos dereitos e liberdades dos seus veciños. A corporación municipal amosa ademais escaso respecto por todas aquelas institucións e axentes sociais que tratan de fiscalizar este uso abusivo e indiscriminado das cámaras de seguridade.
ler o resto do texto

28/01/09

O Movemento aproveita o Día Europeo de Protección de Datos para reivindicar a importancia da implicación da cidadanía na defensa dos seus dereitos

O Movemento polos Dereitos Civís únese hoxe ás celebracións e reivindicacións do terceiro Día Europeo de Protección de Datos. Trátase dunha data importante, que debe servir para que a cidadanía sexa un pouco máis consciente dos seus dereitos neste ámbito, e de como certas actuacións os están a lesionar. O Movemento ven facendo da defensa do dereito á intimidade un dos eixos do seu traballo dende fai tempo. A asociación celebra que a Axencia de Protección de Datos decidise converter a vídeo-vixilancia no tema central dos actos que ten preparados para o día de hoxe.

A AEPD decidiu aproveitar esta data para a celebración dunha xornada pública e para a presentación dun texto informativo, centrados entrambos no tema da proliferación da vídeo-vixilancia. Trátase dunha problemática contra a que loita dende fai anos o Movemento polos Dereitos, moitas veces sen a colaboración que sería desexable por parte da propia AEPD.

A asociación obtivo neste eido avances históricos, coma a decisión xudicial de retirar as cámaras da zona vella de Compostela instaladas irregularmente polo Concello coa conivencia da Delegación. De feito, sorprende a presenza do Ministro de Xustiza na apertura da citada xornada pública, cando a administración é a principal responsable da instalación de dispositivos que non respectan as garantías legais e vulneran os dereitos fundamentais.

Neste sentido, o Movemento considera clave a importancia de difundir entre a cidadanía unha maior consciencia da gravidade daquelas actuacións ilegais que poidan afectar ós seus dereitos. Resultan esperanzadores datos recentes, que sinalaban que un setenta por cento dos cidadáns do Estado se preocupan pola protección de datos e o uso de información persoal, ou aqueles difundidos coa última enquisa do MpDC segundo os cales case nove de cada dez galegos crían que os concellos debían ser sancionados pola instalación ilegal de cámaras. Por desgraza, os datos difundidos pola Comisión Europea falan dun escaso coñecemento de dereitos e institucións, especialmente por parte da mocidade.

O Movemento espera que a publicación por parte da AEPD dunha Guía de Vídeo-vixilancia, con recomendacións e análise de casos concretos, poida contribuír a concienciar á sociedade dos seus dereitos neste campo. O Movemento polos Dereitos Civís, pola súa banda, comprométese a seguir denunciando as invasións do dereito á intimidade que seguen a cometer administracións e particulares.
ler o resto do texto

O Supremo desarma o boicoteo e obriga a cursar Cidadanía

O Tribunal Supremo puxo punto final á obxección de conciencia á materia de Educación para a Cidadanía, impulsada desde o Foro da Familia e outros sectores integristas católicos e apoiada polo PP nalgunhas autonomías, nunha sentenza que determinará que a materia é obrigatoria e hai que cursala. Logo de tres días de intensos debates sobre un asunto fortemente ideoloxizado, os maxistrados chegaron a un acordo que onte deixou satisfeito ao Goberno e cuxos detalles coñeceranse nas próximas semanas.

En El Pais
ler o resto do texto

O ministro de Asuntos Exteriores, Miguel Ángel Moratinos, compare hoxe a solicitude do BNG no Congreso para dar conta da situación na franxa de Gaza

Moratinos comparecerá esta tarde no Congreso dos Deputados para explicar a situación que atravesan os habitantes de Gaza. A deputada do BNG, Olaia Fernández Davila, pedira a a primeira semana de xaneiro a comparecencia do titular de Exteriores por mor dos bombardeos masivos de Israel sobre os palestinos.

En A Nosa Terra
ler o resto do texto

Os votos de BNG e PSdeG-PSOE retíranlle a Franco todos os títulos honoríficos da Deputación de Lugo, coa abstención do PP

Grazas aos votos dos dous socios de Goberno, PSdeG-PSOE e BNG no pleno celebrou onte á tarde, a Deputación de Lugo acordou a retirada de todos os títulos honoríficos que aínda ostentaba na institución provincial o ditador Francisco Franco. Os deputados do Partido Popular abstivéronse, ao considerar que había outros temas máis “trascendentais” para tratar na sesión.

Mais en Gz Nacion
ler o resto do texto

Expedientan a la esposa de Francisco Vázquez por las cámaras de vigilancia que tiene en su casa

a agrupación Movemento polos Dereitos Civís ha anunciado que la Agencia Española de Protección de Datos ha iniciado un procedimiento sancionador contra María del Carmen de la Iglesia, esposa del ex alcalde de A Coruña Francisco Vázquez y actual embajador en la Santa Sede. Este procedimiento ha sido motivado por la instalación de unas cámaras de seguridad en su vivienda. MPDC sostiene que no cumplían los requisitos legales.
ler o resto do texto

27/01/09

A muller de Paco Vázquez podría ser sancionada cunha multa de ata 300,000 euros por unha infracción da Lei de Protección de Datos

A Axencia Española de Protección de Datos iniciou un procedemento sancionador contra a muller de Paco Vázquez, por unha posible infracción da Lei de Protección de Datos. Esta decisión responde á denuncia presentada polo Movemento polos Dereitos Civís, en relación coa presenza de cámaras de vixilancia situadas no exterior da residencia coruñesa do ex alcalde. A asociación protestaba polo feito de que as cámaras non estaban convenientemente sinalizadas e non cumprían con todas as garantías previstas pola Lei. A AEPD descubriu nas súas investigacións toda unha serie de irregularidades polas que a muller de Paco Vázquez, responsable legal dos dispositivos, podería ser sancionada ata con 300,000 euros.

O Movemento presentara en xullo de 2007 unha queixa perante a AEPD en relación cos dispositivos de vídeo-vixilancia instalados na casa que Paco Vázquez, actual embaixador de España en O Vaticano, e a súa dona, María del Carmen de la Iglesia Illanes, teñen na coruñesa Rúa do Parrote. As cámaras estaban situadas no exterior da vivenda e apuntaban cara a vía pública; ademais non estaban convenientemente sinaladas segundo indica a Lei, nin se informaba ós afectados do procedemento de acceso e cancelación dos seus datos.

Dadas estas circunstancias, a asociación considerou imprescindible comprobar se as cámaras contaban con todas as autorizacións e garantías esixidas pola Lei Orgánica 4/1997. Ó atoparse na vía pública só as Forzas e Corpos de Seguridade podían proceder á súa instalación, e sempre no respecto das citadas garantías. De feito, Paco Vázquez afirmou, segundo consta no informe da AEPD, que “a instalación fíxose sendo eu alcalde da cidade e estritamente por motivos de seguridade”. Sen embargo, o mesmo informe conclúe que non existe ningunha documentación ou proba que acredite que a instalación se levase a cabo polas Forzas e Corpos de Seguridade e previa autorización gobernativa.


Unha instalación completamente irregular

En cambio, as indagacións da AEPD concluíron que a instalación das cámaras fora levada a cabo en 2004 por unha empresa privada, que no momento das investigacións se atopaba xa en proceso de extinción. Por esa razón, o ex alcalde e a súa muller contactaron en 2008 cunha segunda empresa a fin de que se ocupasen do mantemento das cámaras, mais o contrato entre as partes non chegou a ser asinado. En calquera caso, a empresa non tivo acceso ás imaxes en ningún momento, afirmaron fontes da mesma, e o tratamento e emprego dos datos de carácter persoal é responsabilidade exclusiva da persoa contratante do servizo.

Ante a existencia dun cúmulo tal de irregularidades, a Axencia Española de Protección de Datos procedeu a iniciar un procedemento sancionador contra a persoa legalmente responsable da custodia e eventual emprego dos datos persoais obtidos polas cámaras de vixilancia. Neste caso, a documentación coa que conta a AEPD indica que María del Carmen de la Iglesia, a muller de Paco Vázquez, é a responsable legal do arquivo en cuestión. Dadas as graves infraccións da Lei Orgánica de Protección de Datos e conseguinte vulneración dos dereitos fundamentais dos cidadáns, poderá ser sancionada con multas de entre 60,000 e 300,000 euros.

Mais alá da maior ou menor contía da sanción económica final, o Movemento polos Dereitos Civís acolle con satisfacción a intervención decidida da institución perante a concatenación de irregularidades existentes neste caso. A implicación nos feitos dun ex alcalde da mesma vila na que foron instaladas ilegalmente as cámaras demostra ata que punto certos representantes políticos ignoran e desprezan sistematicamente os mesmos dereitos dos cidadáns que eles mais que ninguén deberían estar chamados a defender.
ler o resto do texto

Un asador de Chapela, obligado a indemnizar a un inmigrante sin contrato ni papeles

O asador Arealonga de Chapela, Redondela, foi condenado a pagar 8.128,16 euros a un traballador inmigrante que estaba sen contrato e que, ademais, non tiña legalizada a súa estancia en España.

O brasileiro Caio Machado Lima era encargado e cociñeiro no asador e tiña responsabilidades como a apertura e peche do local, asinar albaranes ou facer caixa, aínda que a dona do asador nin o contratou nin, xa que logo, estaba dado de alta na Seguridade Social.

Mais en lavoz
ler o resto do texto

Inspección de Traballo obriga a trasladar a un traballador que sufriu discriminación sexual

Inspección de Traballo instou ao Corte Inglés a conceder de modo automático un traslado de centro a un traballador que así o pediu e ao que se lle denegou pola súa orientación sexual.

A demanda fora interposta en maio de 2008 polos servizos xurídicos da Federación de Comercio, Hostalería e Turismo CCOO Madrid.

Mais en 20minutos
ler o resto do texto

A muller de Paco Vázquez podería ser sancionada cunha multa de até 300.000 euros por unha infracción da Lei de Protección de Datos

A Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) iniciou un procedemento sancionador contra a muller de Paco Vázquez, María del Carmen de la Iglesia Illanes, por unha posíbel infracción da Lei de Protección de Datos, segundo afirman desde o Movemento polos Dereitos Civís.

En gznacion
ler o resto do texto

Las cámaras de videovigilancia pueden salirle caras a la familia de Paco Vázquez

La Agencia Española de Protección de Datos está estudiando sancionar con una multa de hasta 300.000 euros a la mujer del ex alcalde a A Coruña, Paco Vázquez, por instalar cámaras de vigilancia en el exterior de su residencia familiar, ubicada en la calle do Parrote, en la ciudad herculina.

Esta decisión responde a una denuncia presentada por el Movemento polos Dereitos Civís. El colectivo alega que los aparatos no estaban "convenientemente" señalizados y que "incumplían" las garantías previstas por ley. Aseguran además que, al estar situadas en una vía pública, "só as Forzas de Seguridade do Estado poden proceder á súa instalación". A este respecto, Francisco Vázquez afirmó que la instalación "fíxose estrictamente por motivos de seguridade".

En noticiasgalicia.com
ler o resto do texto

A muller de Paco Vázquez podería ser sancionada por gravación ilegal de imaxes

Segundo informa o Movemento polos Dereitos Civís, a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) iniciou un procedemento sancionador contra María do Carme de la Iglesia Illanes, a muller de Paco Vázquez, por unha posíbel infracción da Lei de Protección de Datos. Neste caso, o que se pon en cuestión é a presenza de cámaras de vixilancia no exterior da residencia do ex alcalde, situada na rúa do Parrote, na Coruña.

En vieiros.com
ler o resto do texto

26/01/09

A Delegación do Goberno denega a autorización para as cámaras de vixilancia instaladas na estatua do Che en Oleiros

O Movemento polos Dereitos Civís esixe ó Concello que retire inmediatamente uns dispositivos que instalou de forma ilegal

A delegación do Goberno en Galicia denegou a autorización solicitada polo Concello de Oleiros para instalar cámaras de seguridade no entorno da estatua do Che. Cómpre recordar que o Concello instalara xa esas cámaras meses atrás, sen solicitar nin sequera a pertinente autorización. A raíz da denuncia do caso por parte do Movemento polos Dereitos Civís, a corporación municipal viuse na obriga de desconectar os dispositivos e de proceder a solicitar o permiso para a súa instalación. O Movemento agarda que a denegación deste permiso peche por fin o caso, salvo polo que se refire ás sancións que deberá recibir o Concello pola vulneración do procedemento previsto na Lei Orgánica para a instalación de vídeo-vixilancia.

O Movemento polos Dereitos Civís denunciou, en xullo do pasado ano, a presenza de dúas cámaras instaladas para vixiar a estatua do Che en Oleiros, que non contaban coa autorización da Delegación do Goberno nin foran inscritas no Rexistro Xeral de Protección de Datos. A súa colocación non respectaba xa que logo as garantías mínimas dos dereitos á intimidade e á propia imaxe previstas pola Lei Orgánica 1997/4, que regula a instalación de vídeo-vixilancia. Dita Lei especifica que só as Forzas e Corpos de Seguridade poden empregar estes dispositivos, previa autorización da Delegación do Goberno e sempre que se conte co informe favorable da Comisión de Garantías.

Dado que o Concello de Oleiros ignorara totalmente este procedemento, o Movemento denunciouno perante a Delegación do Goberno e a Axencia Española de Protección de Datos. Gracias a esta actuación, conseguiuse que o Concello desconectase as cámaras, aínda que segue a infrinxir a lei ó non retiralas do lugar no que foran colocadas.

Dende o goberno municipal presentouse esta desconexión coma unha “deferencia cara a cidadanía”, mentres en realidade se limitaba simplemente a cumprir cunha lexislación que infrinxira previamente. Ademais, o Concello solicitou finalmente, semanas despois da instalación efectiva das cámaras, a autorización da Delegación para as cámaras.


Retirada inmediata


Nestes días a Delegación comunicou que denegaba o permiso para a instalación de vídeo-vixilancia na estatua do Che. O Concello de Oleiros presentou un recurso contra a decisión da Delegación, empeñándose na defensa duns dispositivos que ademais de ilegais amosáronse totalmente ineficaces. De feito, non impediron que a estatua aparecese con manchas de pintura ás pouca semanas de instalaren as cámaras, nin as imaxes gravadas (ilegalmente) serviron para identificar ós autores dos feitos.

Perante a decisión da Delegación, o Movemento solicita ó goberno municipal de Oleiros a retirada inmediata das cámaras do seu actual emprazamento. A asociación invita a este e a outros concellos galegos a considerar o dano ós dereitos fundamentais dos seus veciños que están a producir coa instalación irregular de cámaras de vixilancia e, en xeral, co emprego dun medio do control tan agresivo coma este.
ler o resto do texto

Anuncian que el Gobierno prohíbe las cámaras del busto del Ché

El Movemento polos Dereitos Civís informó de que Delegación del Gobierno ha denegado la autorización al Ayuntamiento de Oleiros para instalar cámaras de seguridad en el entorno de la estatua del Che La entidad revela que el gobierno local, que conoció la decisión en los últimos días, ya ha recurrido esta determinación.
En elidealgallego.com
ler o resto do texto

La delegación del Gobierno deniega el permiso para las cámaras del Che

La delegación del Gobierno denegó al Ayuntamiento los permisos necesarios para la instalación y el funcionamiento de las cámaras de vigilancia colocadas en la rotonda de Nirvana, frente a la estatua del Che Guevara, después de que el Concello presentara la solicitud al organismo estatal.

Una resolución emitida el pasado 1 de diciembre y firmada por el delegado del Gobierno rechaza la solicitud del Gobierno local en base a un informe elaborado por la Comisión de Garantías de Videovixilancia de Galicia sobre los dos dispositivos colocados en la zona de Santa Cruz.

En laopinioncoruna.es
ler o resto do texto

25/01/09

Alertan da presenza de máis cámaras en Compostela, situadas no Centro Galego de Novas Tecnoloxías

O Movemento polos Dereitos Civís ven de recibir unha nova denuncia relacionada coa presenza de cámaras de vídeo-vixilancia nas rúas de Compostela. A asociación comprobou nestes días, a raíz de dita denuncia a existencia de dispositivos de vídeo-vixilancia instalados no exterior do Centro Galego de Novas Tecnoloxías, na rúa Airas Nunes da cidade de Santiago. Perante estes feitos, o Movemento presentou dous escritos na Delegación do Goberno e no propio Centro Galego de Novas Tecnoloxías, solicitando información sobre o cumprimento de todos os trámites e garantías previstos pola lei para a instalación das cámaras. Ó mesmo tempo, o Movemento invita a esta institución a substituír as videocámaras por outro medio de seguridade menos lesivo dos dereitos das persoas.

Días despois de que o Movemento denunciase a existencia de novos dispositivos de vídeo-vixilancia en Compostela, coma os situados nos autobuses públicos da cidade ou na Escola Galega de Administracións, chegaron á asociación novas queixas pola presenza de cámaras tamén na sede do Centro Galego de Novas Tecnoloxías. Trátase dun caso moi similar a outros denunciados con anterioridade polo Movemento, nos que non existen circunstancias extraordinarias ou antecedentes particulares que poidan xustificar a instalación das cámaras. A asociación solicita en casos coma este que se reconsidere a necesidade de empregar un medio que pode lesionar os dereitos á intimidade e á propia imaxe de todos os cidadáns.

De todos os xeitos, o Movemento quere asegurarse tamén de que as cámaras cumpren todos os requisitos previstos pola Lei orgánica que regula o emprego destas en espazos públicos. Con esta intención, solicitou por escrito á Delegación do Goberno que confirme a existencia dunha autorización para a instalación das cámaras, do parecer favorable da Comisión de Garantías e de informes policiais que acrediten a necesidade ineludible de contar coas cámaras.
ler o resto do texto

Ametrallan un monumento pola memoria histórica nun pobo de Cáceres

O domingo pola mañá, unhas 70 persoas, sen a presenza de políticos de renome, só autoridades municipais do pobo, inauguraron o monumento. Tras o emotivo acto de recordo das vítimas do franquismo, fóronse todos a comer unhas faragullas nun restaurante da localidade. Ao terminar, uns cantos veciños avisáronlles, alarmados, de que oíran refachos de fusil, tiros de escopeta e berros no lugar onde se sitúan as esculturas. Co alcalde á cabeza, os presentes no evento foron a comprobar a denuncia a iso das cinco da tarde, e no miradoiro atoparon as esculturas gravemente deterioradas por impactos de bala.

Máis en rebelion.org
ler o resto do texto

23/01/09

O Movemento recorre a decisión da Axencia de Protección de Datos de arquivar o caso das cámaras ilegais do Concello de Ares

O Movemento polos Dereitos Civís ven de presentar un recurso contra a decisión da Axencia Española de Protección de Datos de arquivar o caso das cámaras de vídeo-vixilancia instaladas irregularmente no Concello de Ares. A AEPD deu por boas os documentos aportados polo Concello para negar o presunto emprego das cámaras sen autorización. Sen embargo, as contraditorias explicacións do Concello confirman segundo o Movemento que as videocámaras foron utilizadas antes de ter realizado a solicitude de autorización á Delegación do Goberno e despois de que esta, nun primeiro momento, denegase dita autorización. Por esta razón, a asociación reclama de novo á AEPD que sancione ó Concello e que esixa a retirada inmediata das cámaras.

A Axencia Española de Datos comunicou ó Movemento polos Dereitos Civís esta semana a súa intención de arquivar as denuncias presentadas contra o Concello de Ares por emprego irregular e non autorizado de cámaras de vídeo-vixilancia. A institución admitiu a declaración do Concello segundo a cal as cámaras, a pesar de estar instaladas dende o ano 2006 na casa consistorial, non foran usadas ata Abril de 2008, cando recibiron a autorización da Delegación do Goberno. Esta afirmación contradise coas declaracións de responsables da corporación recollidas no seu momento pola prensa, nas que se afirmaba que ó saber que as cámaras non contaban coa autorización deixáranse de utilizar.

O outro documento aportado polo Concello de Ares no que se basea a AEPD para arquivar o caso é unha acta de precinto das cámaras en marzo de 2008. Teoricamente o precinto das cámaras efectuouse, a raíz da denegación nun primeiro momento da autorización, coa intención de garantir que estas non se estaban a utilizar. Resulta curioso, non obstante, que o Concello, unha vez denegada a autorización, se sinta na obriga de precintar unhas cámaras que segundo afirma non estaba utilizando. Ademais, a denegación da autorización foi comunicada en decembro de 2007 e o precinto levouse a cabo tres meses despois.

Posteriormente, sen aclarar ese repentino cambio de criterio, a Delegación concedería a súa autorización para as cámaras en abril de 2008. Sen embargo, o Movemento considera evidente que o Concello utilizou ilegalmente as cámaras entre o momento da súa instalación, en 2006, e a denegación da autorización a finais de 2007, e que continuou a facelo aínda durante tres meses tras saber que a Delegación non lle concedera a autorización. Perante estes feitos, o Movemento polos Dereitos Civís solicitará á AEPD que reconsidere a súa postura e, en lugar de arquivar o caso, proceda a sancionar ó Concello polo incumprimento da normativa e polas lesións do dereitos á intimidade derivadas deste incumprimento. A asociación considera que só a retirada inmediata das cámaras poderá corrixir unha evidente vulneración neste caso das garantías previstas pola Lei para o uso da vídeo-vixilancia.
ler o resto do texto

22/01/09

O Movemento polos Dereitos Civís denuncia que seguen a instalar cámaras de vixilancia en Santiago de Compostela

O Movemento polos Dereitos Civís tivo coñecemento nos últimos días da existencia de novas cámaras de vídeo-vixilancia que poderían estar a vulnerar os dereitos dos veciños de Compostela. Varias denuncias alertaron á asociación da presenza de dispositivos de gravación orientados cara a vía pública no exterior da Escola Galega da Administración Pública, no polígono das Fontiñas. A asociación dirixiu dous escritos á propia Escola e á Delegación do Goberno, solicitando informacións sobre o cumprimento de todos os trámites previstos pola Lei para a instalación das cámaras.

O Movemento recordoulle nun escrito ós responsables da Escola Galega da Administración Pública o importante impacto sobre os dereitos fundamentais das persoas que teñen os dispositivos de vídeo-vixilancia. Non parece que existan precedentes de actos violentos nin situacións de perigo evidentes que poidan xustificar a instalación dun sistema que afecta ós dereitos á intimidade e á propia imaxe. A asociación considera necesaria unha reflexión sobre o emprego de medios disuasorios alternativos, coma sería o uso simplemente de gardas de seguridade, se a institución considera que existe algún tipo de ameza contra a súa sede.

Por outra banda, o Movemento polos Dereitos Civís quere asegurarse de que en calquera xeito se cumpriron todos os requisitos legais recollidos na Lei Orgánica de Protección de Datos para a instalación das cámaras. Así, a asociación solicitou á Delegación do Goberno e á propia Escola que confirmen a existencia dunha autorización para dita instalación, así como do preceptivo informe favorable da Comisión de Garantías e da inscrición no Rexistro Xeral de Protección de Datos dos ficheiros coas imaxes procedentes das cámaras. En caso de que algún dos trámites non se respectase, o Movemento solicitaría a inmediata retirada das cámaras como fixera xa coas instaladas irregularmente polo Concello na zona vella.

Asistimos nas últimas datas a un auténtico proliferar destes dispositivos de control, instalados a miúdo sen as garantías imprescindibles para os dereitos dos cidadáns. O Movemento polos Dereitos Civís invita de novo ós organismos e empresas a adecuarse en primeiro lugar á lexislación existente, e a reflexionar ademais sobre a necesidade real de empregar un medio tan agresivo en lugares non particularmente perigosos. Deberá ser, por outra banda, a propia administración a que tome medidas para garantir que este novo e desmesurado culto á seguridade non acabe lesionando os dereitos dos cidadáns
ler o resto do texto

21/01/09

O Valedor e o Defensor contradinse entre si, e deixan sen sanción as restricións do acceso ós plenos do Concello de Vigo

As dúas institucións públicas chamadas a defender os dereitos dos cidadáns contradinse entre si, e póñense só de acordo á hora de tolerar que o alcalde Vigo limite o dereito de acceso dos seus veciños e o principio de publicidade dos plenos. O Defensor del Pueblo recoñeceu, a instancias do Movemento polos Dereitos Civís, que sería necesario investigar se as medidas do alcalde poden considerarse proporcionais, mais negou a lexitimación da asociación para solicitar dita investigación. Pola súa banda, o Valedor non tivo problemas para tramitar unha queixa idéntica no mesmo asunto, pero limitouse na práctica a dar por boas as contraditorias explicacións da Secretaría Xeral do Concello. Mentres, o único seguro é a impunidade coa que Abel Caballero lesionou dereitos fundamentais dos cidadáns, elaborou listas negras e restrinxiu o acceso ós plenos municipais.

O Movemento polos Dereitos Civís recibiu nestes días sendas comunicacións do Defensor del Pueblo e o Valedor do Pobo, en relación coas queixas presentadas pola asociación a raíz dos incidentes acontecidos nun pleno do Concello vigués en outubro de 2008. Cómpre lembrar que o alcalde prohibirá de maneira preventiva o acceso dalgúns cidadáns a dito pleno, e someterá ós demais a unha serie de controis e presións intolerables. As manifestacións do Valedor e o Defensor ó respecto resultan incomprensiblemente contraditorias, e coinciden só en eximir de responsabilidade ó Concello de Vigo nestes feitos escandalosos.

O Defensor del Pueblo recoñece no seu escrito que sería necesario “comprobar se a medida adoptada polo Alcalde de Vigo no caso exposto concorrería na proporcionalidade necesaria esixible para limitar o acceso ó Pleno”. A institución admite tamén que “a restrición do acceso ó Pleno denunciada puidera ter suposto unha limitación do principio de publicidade”. Non obstante, o Defensor escúdase nunha suposta falta de lexitimación do Movemento polos Dereitos Civís para presentar a queixa, lexitimación que non foi posta en entredito pola mesma institución en casos ben similares.

Un informe contraditorio

O Valedor do Pobo, de feito, si recoñeceu a lexitimación da asociación e tramitou a queixa presentada polo mesmo asunto. Sen embargo, a súa labor no caso limitouse a exercer de mensaxeiro das explicacións pouco satisfactorias facilitadas polo Concello. O Valedor reenviou á asociación un informe da Secretaría Xeral do Concello no que se analizan os factores que xustifican, segundo este órgano, a suspensión do dereito de acceso e participación e o principio de publicidade.

A Secretaría remítese ó informe elaborado en agoste de 2007 sobre este tema, informe no que se baseou o Concello para emitir unha resolución que prohibía temporalmente o acceso ós plenos a tres veciños. Deixando á marxe o feito de que o informe, a resolución e a validez desta para restrinxir un dereito fundamental sexan moi discutibles, a propia Secretaría recoñece no escrito reenviado agora polo Valedor que esas medidas deberan ser en calquera caso temporais, e que é inxustificable estendelas durante catorce meses. Xa que logo, dificilmente o alcalde pode escudarse en dita resolución para xustificar as medidas extraordinarias que adoptou no pleno de outubro de 2008.

As contradicións existentes nas explicacións achegadas polo Concello de Vigo a través da súa Secretaría véñense sumar as contradicións entre o proceder do Valedor e aquel do Defensor. Ó final, con todas estas actuacións confusas e incoherentes das administracións e institucións, quen sae inevitablemente perdendo é o cidadán. Así, o alcalde de Vigo sae de novo indemne tras vulnerar por segunda vez en un ano o dereito fundamental de participación na vida pública. Non por iso deixará o Movemento polos Dereitos Civís de denunciar a súa actuación se estes feitos se repetisen nun futuro.
ler o resto do texto

Morren dous presos no mesmo cárcere en vintecatro horaa

Dous reclusos do Centro Penal O Dueso, en Santoña, foron atopados mortos nas súas celas respectivas durante o fin de semana pasado. Os sucesos, dos que non transcenderon apenas detalles, producíronse nun intervalo de 24 horas.

Máis en eldiariomontanes.es
ler o resto do texto

20/01/09

As denuncias da Unión de Guardias Civiles confirman a pretensión dos mandos de “someter á poboación a un estado policial”

O Movemento polos Dereitos Civís quere facerse eco das queixas feitas públicas nestes días pola Unión de Guardias Civiles. Cómpre valorar as reivindicacións e denuncias deste colectivo dun modo particular, dado que proveñen do interior dunha institución que tende a caracterizarse pola súa opacidade e impermeabilidade as críticas. O secretario xeral da asociación protestou hai uns días polos escasos requisitos formativos esixidos para o ingreso no corpo, as malas condicións laborais e a ineficacia da nova Lei de Dereitos e Deberes. Casualidade ou non, a pasada semana o responsable único das Forzas de Seguridade expedientaba ó presidente desta asociación por falta moi grave, debido á súa asistencia a unha manifestación.

Manuel Mato, secretario xeral da UGC, denunciou tamén a ineficaz e escandalosa xestión dos recursos, e falou en particular do sometemento da poboación galega a un estado policial con continuas identificación por mor da sede de “medallitis” dos mandos. Esta última denuncia reviste particular gravidade, segundo o Movemento polos Dereitos Civís, pois supón unha constatación da obsesión pola seguridade que manifestan as diversas administración e forzas policiais, obsesión que desemboca a miúdo en lesións dos dereitos fundamentais dos cidadáns. O responsable da asociación falou en concreto do establecemento de puntos de identificación masivos non autorizados, e achacouno a un interese dos mandos por obter resultados con impacto mediático. Estes comportamentos coinciden coas reiteradas denuncias por parte do MpDC de prácticas irregulares que violan as liberdades civís, coma poden ser, noutros eidos, a instalación de vídeo-vixilancia ilegal, a prolongación da prisión preventiva ou o maltrato de detidos.

Ó mesmo tempo, Mato, protestou tamén pola escaseza de recursos humanos e materiais da Garda Civil e, sobre todo, pola pésima xestión que se está a facer destes recursos. Segundo a UGC, o Corpo está priorizando servixos tales coma o acompañamento de políticos ou a realización de tarefas de chofer para mandos da propia institución. Mentres, explicou, non existen efectivos suficientes para o control do tráfico ou do aeroporto de Lavacolla.

O Movemento quere resaltar a gravidade dalgunhas das afirmacións do secretario xeral da UGC, que por outra banda confirman as denuncias da propia asociación. Se cadra é demasiado optimista esperar que os responsables da Garda Civil tomen nota destas queixas. Por desgraza, resulta máis probable que decidan sancionar, coma fixeron xa co seu presidente, a unha asociación cualificada de “rebelde” pola propia administración. Cómpre aplaudir neste sentido todas as iniciativas que tenten rematar coa opacidade e a represión das críticas tan propia, aínda hoxe, desta institución.
ler o resto do texto

Condena de seis meses para dous mossos por romper o brazo a un detido

A Audiencia de Barcelona condenou a seis meses de cárcere a dous axentes dos Mossos d'Esquadra por romperlle o brazo a un detido en comisaría. O tribunal entende que os policías actuaron de forma "reprochable" ao esposar ao guineano Aliou Bobo Diallo, que acabou con fractura do terzo inferior do húmero esquerdo. Os axentes foron absoltos do delito de torturas que solicitaba a acusación particular, pero deberán indemnizar ao mozo con máis de 100.000 euros.

Máis en elpais.com
ler o resto do texto

A Garda Civil detén en Frigolouro dous delegados sindicais

Axentes da Garda Civil detiveron onte dous delegados sindicais no transcurso das protestas dos traballadores da planta de Frigolouro, situada na localidade pontevedresa do Porriño, por obstaculizar o paso de camións con mercadorías e desobedecer as ordes de despexar a entrada.

Segundo confirmaron a Europa Press fontes da subdelegación do Goberno, aos detidos, Evaristo T.M., e Avelino dos A.L., ambos os dous membros do comité de empresa en representación de UXT, impútaselles un delito de resistencia e desobediencia á autoridade.

Mais en galicia-hoxe.com
ler o resto do texto

19/01/09

A autorización para as cámaras de vídeo-vixilancia de Compostela, pendentes de retirada por orde xudicial, rematou o pasado 15 de xaneiro

O pasado día 15 de xaneiro expirou a última das autorizacións concedidas pola Delegación do Goberno ó Concello de Santiago para a instalación de cámaras de vídeo-vixilancia na zona vella. A Xustiza considerou en setembro do pasado ano irregular o proceso de instalación das mesmas e ordenou a súa retirada, mais os responsables de seguridade cidadá empeñáronse en seguir malgastando os recursos públicos e recorreron a sentenza perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Nestas circunstancias, o Movemento polos Dereitos Civís dirixiu a mediados de outubro un escrito á Delegación do Goberno, informándose sobre o estado dos trámites de solicitude de renovación da autorización que debía acometer o Concello, visto que persistía na súa decisión de manter as cámaras.

Tres meses máis tarde, e cunha orde xudicial de retirada provisional dos dispositivos, o Movemento segue agardando por unha comunicación da Delegación do Goberno na que se aclare se o Concello solicitou a renovación da autorización da vídeo-vixilancia. A Delegación, loxicamente, deberá informar tamén de se concedeu ou pensa conceder a renovación de dita autorización, a pesar da sentenza xudicial que demostra as continuas irregularidades cometidas polos responsables de seguridade cidadá. En calquera caso, co seu silencio a administración indica que por desgraza ben poucas cousas trocaron nos últimos meses, e que a arbitrariedade e a opacidade cara a cidadanía seguirán sendo os dous eixos sobre os que xirará a política de concesión de autorizacións nun tema tan sensible coma o da vídeo-vixilancia e o dereito á intimidade.

Perante o silencio da Delegación, o Movemento polos Dereitos Civís ven de presentar un novo escrito solicitando por segunda vez información sobre a existencia ou non dunha solicitude de renovación da autorización das cámaras de seguridade da zona vella de Compostela. A asociación quere tamén comprobar se, no caso de que o Concello insista en manter unha cámaras ilegais, polo menos acepta cumprir cos trámites previstos pola Lei. O Movemento continuará a denunciar cada unha das irregularidades que se produzan na instalación ou mantemento de cámaras de vixilancia, na medida en que estas irregularidades poden provocar danos nos dereitos fundamentais dos cidadáns.
ler o resto do texto

Teñen que pasar moitos funerais para reconstruír Gaza

Teñen que pasar moitos días, moitos funerais, para empezar a reconstruír Gaza". Son palabras que non custa escoitar nas rúas da cidade de Gaza, no norte da franxa, ou en Jan Yunis, en pártea sur, cerca do paso de Rafah da fronteira con Exipto. Logo de tres semanas de ofensiva, as tropas israelís empezaron a súa retirada de territorio palestino. O xornalista Paul Wood, correspondente de Oriente Próximo para a BBC, é un dos poucos reporteiros que puido entrar no interior de Gaza e recoller os testemuños dos seus cidadáns tras o fráxil cesamento do fogo anunciado por Israel e Hamás.

Máis en elpais.com
ler o resto do texto

Organizacións e redes sociais acusan á Embaixada israelí de sinalar coma obxectivo militar ó cooperante Alberto Arce

Expresamos a nosa enérxica repulsa pública e repudio moral ao embaixador israelí en España, Raphael Schutz, non só pola oficial representación diplomática que ostenta defendendo os crimes de lesa humanidade cometidos en Palestina, senón polas súas continuas declaracións nas que, á luz dos feitos bélicos, acusa e en consecuencia ameaza de morte ao cooperante e xornalista español Alberto Arce, ao sinalalo como activista en prol dunha parte contendente. Tal aseveración infame, non corrixida, conforme á sucesión de indicacións que culminan en asasinatos selectivos, constitúe claramente un chamado a matar ou atacar a unha persoa de comprobada integridade moral e profesional, testemuña de excepción, xa cercado e agredido xunto con outros observadores internacionais e persoal humanitario. Declarámoslle en consecuencia a Raphael Schutz persoa non grata.

Facemos responsable directo ao embaixador israelí Raphael Schutz, á delegación diplomática en Madrid e en xeral ao Estado de Israel, de calquera vulneración ou ataque ao cidadán español Alberto Arce, prodúzase agora, na súa saída de Gaza ou con posterioridade, do cal deberán responder ante a xustiza internacional.

O comunicado íntegro das asociacións e redes sociais aquí.
ler o resto do texto

O Goberno italiano móstrase favorable á instalación de cámaras nas aulas

A ministra italiana de Educación, Mariastella Gelmini, é favorable á instalación de cámaras de seguridade nas aulas para loitar contra o acoso escolar. Nunha entrevista publicada onte polo xornal Il Giornale, Gelmini precisa que é favorable a esta medida, proposta polo director dun instituto de Roma, para disuadir aos mozos do comportamento violento.

Máis en lavoz.es
ler o resto do texto

Milleiros de galegos maniféstanse en Santiago contra "o masacre de Gaza"

Máis de 15.000 cidadáns, segundo algunha das organizacións que convocou a mobilización, manifestáronse hoxe polas rúas de Santiago de Compostela contra "o masacre de Gaza". A manifestación, encabezada por un cartaz co lema "Galiza con Pelestina. Non ao masacre", partiu pasada a media mañá do Paseo Central da Alameda e finalizou na praza da Quintana. Centos de bandeiras palestinas e de Galiza ondeaban no acto, ao que acudiu o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, que reclamou "unha resposta clara e contundente para o respecto dos dereitos do pobo palestino".

En gznacion.com
ler o resto do texto

18/01/09

Dúas novas sentenzas xudicias supoñen un avance na loita contra a impunidade dos membros das Forzas de Seguridade do Estado

Nos últimos días coñecéronse dúas importantes sentenzas relacionadas co abuso de autoridade e o emprego da violencia por parte das Forzas de Seguridade do Estado. As condenas a dous Mossos d'Esquadra e ao Estado español polos maltratos sufrido por dous cidadáns supoñen un pequeno paso adiante na loita por erradicar a tortura e a violencia policial. A actualidade, sen embargo, non deixa de achegarnos novas de actuacións policiais desproporcionadas, secretismo e corporativismo na investigación de feitos denunciados, indultos a policías condenados, negativas a instalar cámaras de vixilancia nas comisarias coma solicita a práctica totalidade de observadores nacionais e internacionais. Trátase dun momento importante para reflexionar sobre a toleranza existente cara a violencia empregada por aqueles que, en teoría, estarían chamados a defender os dereitos e liberdades dos cidadáns.

Moi significativa é a sentenza do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos, que condena ó Estado español a indemnizar a Mikel Iribarre. O Estado terá que abonar 170.000 euros coma responsable subsidiario polas secuelas causadas polo impacto dun bote de fumo, disparado a moi curta distancia por un policía nacional durante unha manifestación celebrada en 1991. O Tribunal considera que neste caso se violou a prohibición de someter ás persoas a tratos inhumanos ou degradantes, recollida no artigo 3 do Convenio Europeo de Dereitos Humanos. Ademais, afirma a sentenza que no proceso xudicial de máis de dezasete anos, que rematou coa denegación da indemnización por parte do Tribunal Supremo, non se respectaron todas as garantías inherentes a un proceso público.

Será preciso agardar para comprobar se outra sentenza coñecida nestes días, a que condena a penas de cárcere a dous Mossos d'Esquadra por denigrar a un detido, é revocada por instancias superiores ou anulada por un conveniente indulto. Polo momento, a Audiencia de Barcelona estableceu reclusións de seis meses para os axentes que agrediron e humillaron a un cidadán, acusado á súa vez dunha agresión que non se demostrou a posteriori.

Esta condena súmase á coñecida uns meses atrás, pola que outros tres Mossos eran condenados a seis anos de cárcere por torturar a un detido. En ámbolos dous casos a Dirección Xeral de Policía mantivo en servizo ós axentes, defendeu a súa inocencia e facilitoulles asistencia legal. Na sentenza que coñecemos nestes días a Audiencia fai fincapé na escasa credibilidade das declaracións favorables dos compañeiros dos axentes, boa mostra dese corporativismo que remata por abortar as denuncias e investigacións sobre abusos policiais.


Toleranza e corporativismo

Un dos aspectos máis preocupantes deste emprego da violencia por parte do Estado, denunciado polo propio Movemento polos Dereitos Civís, pola Comisión de Dereitos Humanos da ONU e por outros organismos, é a escasa repercusión e os habitualmente nulos efectos que teñen as denuncias que se realizan. Incluso en casos de policías cuxa condena por maltrato a un cidadán é confirmada polo Supremo, caso de catro axentes da policía local de Vigo, o mesmo tribunal ratifica o indulto dos axentes. Son numerosos os casos nos que as denuncias rematan en investigacións internas, sen que, “por motivos de seguridade”, sexa posible coñecer os seus resultados nin as posibles sancións. Por outra banda, o Estado segue sen proceder á instalación de cámaras nas comisaría que poidan axudar a garantir a seguridade dos detidos.

As dúas sentenzas que se coñeceron nos últimos días significan un pequeno avance na loita contra a impunidade das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Un cambio importante neste sentido, sen embargo, producirase só cando dende as propias institucións se poña fin á tolerancia cara as violacións de dereitos cometidas por membros das mesmas. O Movemento polos Dereitos Civís, pola súa banda, comprométese a seguir denunciando todos os casos de violencia e de comportamentos policiais inxustificados que seguen a producirse no noso territorio.
ler o resto do texto

17/01/09

Expedientan ó presidente da Unión de Gardas Civís por participar nunha manifestación.

Miguel Anxo Lezcano, presidente da Unión de Gardas Civís (UGC), foi expedientado, por dúas faltas moi graves, polo Instituto Armado pola súa asistencia á manifestación policial que tivo lugar en Madrid o pasado 18 de outubro. A institución segue a apostar por unha política de oscurantismo e opacidade.

O expediente ten que ver coa manifestación que os sindicatos policiais promoveron o pasado 18 de outubro en Madrid para pedir melloras salariais e laborais. Á convocatoria sumáronse asociacións de gardas civís, a pesar das advertencias que lles fixo Francisco Javier Velázquez.

Dáse a circunstancia de que Lezcano é o cabeza de lista da candidatura de cabos e gardas que a UGC presentará ás eleccións do Consello da Garda Civil, que terán lugar o próximo 22 de xaneiro. A este respecto, Lezcano cualificou o expediente que se lle abriu como "ameaza moi grave" aos comicios internos no Instituto Armado.
ler o resto do texto

Francia, Andorra e Reino Unido prohíben as donacións de homosexuais

Francia e Principado de Andorra non están sos na súa prohibición de que os gais doen sangue, un veto baseado en vellos prexuízos que identifican a homosexualidade masculina e a sida. Por máis que sorprenda, outros países europeos, como Reino Unido, comparten esta medida discriminatoria.

Máis en publico.es
ler o resto do texto

16/01/09

El Correo Gallego decide ignorar o dereito á intimidade e publicar imaxes das súas cámaras de vixilancia privadas

O Movemento polos Dereitos Civís non deixa de sorprenderse pola frivolidade coa que se afronta un asunto controvertido e delicado coma a vídeo-vixilancia, cuxo emprego afecta a dereitos fundamentais das persoas recollidos na Constitución. El Correo Gallego publicaba onte na súa edición impresa e dixital, con total despreocupación e mesmo con certo orgullo, as imaxes captadas por cámaras de seguridade instaladas na sede do xornal, nas que se ve a unha muller perfectamente identificable mentres, supostamente, produce danos en vehículos aparcado na rúa. O Correo anuncia que porá as imaxes a disposición da policía para que identifique e deteña á muller.

Agora ben, o xornal semella ignorar por completo as responsabilidades que se derivan do emprego da vídeo-vixilancia por parte de empresas privadas e, sobre todo, parece ignorar as responsabilidades e limitacións que teñen que ver co uso das imaxes obtidas a través desta vídeo vixilancia e coa súa publicación nun medio de comunicación. Non existindo unha lei específica que regule polo momento a instalación de cámaras de seguridade privadas, cómpre ter en conta a Lei de Seguridade Privada, que indica que poderanse empregar estes dispositivos electrónicos, convenientemente instalados por unha empresa autorizada, “contra roubo e intrusión”. Non prevé dita Lei o uso das cámaras de seguridade privadas coma espontáneo e non regulado sistema de seguridade cidadá, e dende logo non autoriza o seu emprego para vixiar os actos dos cidadáns nas rúas adxacentes, independentemente de que estes actos poidan resultar ou non constitutivos de delitos.

Aínda que Lei Orgánica 4/1997 que regula o uso da vídeo vixilancia polas Forzas e Corpos de Seguridade non atinxe ó ámbito da seguridade privada, en ningún caso o emprego de vídeo vixilancia privada pode supoñer unha intromisión ilexítima no dereito á intimidade, á propia imaxe e en xeral no ámbito de protección da Lei Orgánica 1/1982. Ademais, no caso de que as imaxes gravadas polas cámaras teñan consideración de dato persoal quedarán baixo o amparo da Lei Orgánica de Protección de Datos. É sen dúbida o caso das imaxes que nos ocupan, nas que a muller é perfectamente identificable, e por tanto o tratamento de ditas imaxes – o que inclúe naturalmente a súa difusión nun medio de comunicación – requiriría o consentimento do afectado.

Resulta embarazosa e indignante a falta de ética profesional amosada polos responsables de El Correo Gallego coa súa decisión de publicar as imaxes. O Movemento polos Dereitos Civís tratará de establecer nos próximos días se, ademais, é susceptible de sanción pola intromisión que supón nos dereitos fundamentais das persoas. Con esta intención, dirixirá escritos á Delegación do Goberno, á Axencia Española de Protección de Datos e ós propios responsables do xornal, a fin de de comprobar por unha banda se as cámaras cumpren coa normativa vixente e por outra as posibles sancións que se deriven do tratamento irregular das imaxes obtidas.
ler o resto do texto

15/01/09

O Movemento polos Dereitos Civís denuncia a presenza de cámaras de vídeo-vixilancia nos buses urbanos de Compostela


En medio dun intenso debate social sobre o emprego da vídeo-vixilancia, reavivado pola decisión xudicial que esixe a retirada das cámaras do casco vello de Compostela, o Movemento polos Dereitos Civís recibiu varias denuncias que sinalaban a presencia de cámaras de seguridade nos autobuses públicos de Santiago. Estas cámaras supoñen un ulterior avance na invasión do dereito á intimidade dos veciños de Compostela. O Movemento presentará escritos perante o Concello, a Axencia Española de Protección de Datos e a Delegación do Goberno para asegurarse de que se cumpriron todos os trámites previstos pola Lei e, en caso contrario, esixirá a retirada inmediata dos aparellos.


O Movemento polos Dereitos Civís constatou polo momento a presenza de cámaras na liña que une o centro da cidade con Milladoiro, mais non descarta que se atopen tamén en autobuses que realizan outros traxectos. Os dispositivos gravan ás persoas que se atopan no interior do vehículo, pero poderían tamén estar rexistrando imaxes da vía pública a través das ventás do mesmo. En calquera caso, están en xogo os dereitos fundamentais á intimidade e á propia imaxe recollidos pola Constitución.

Así, o Movemento decidiu presentar unha serie de escritos perante as administracións e organismos competentes ou responsables da instalación das cámaras: a Axencia Española de Protección de Datos, o Concello de Santiago, a empresa municipal de transportes Tussa e a Delegación do Goberno. A intención da asociación é comprobar se se solicitou o preceptivo informe favorable da Comisión de Vídeo-vixilancia, se a Delegación concedeu a autorización para a instalación dos dispositivos e se o ficheiro coas imaxes foi correctamente inscrito no Rexistro Xeral de Protección de Datos.

Esta comprobación resulta imprescindible dados os antecedentes neste sentido dos responsables de seguridade cidadá do Concello de Santiago, responsables con anterioridade da instalación das cámaras no casco vello que foron declaradas ilegais pola Xustiza. No caso de que os dispositivos instalados nos autobuses non cumpran con todos os requisitos legais, o MpDC solicitará a súa retirada inmediata, e non dubidará e acudir de novo ós tribunais para defender os dereitos fundamentais dos cidadáns.
ler o resto do texto

A Mesa critica un hospital de Ferrol por discriminatorio

A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou a "vulneración sistemática dos dereitos lingüísticos" no hospital Juan Cardona, en Ferrol, que "discrimina" os galego-falantes ó "excluír o galego na atención oral, na documentación escrita" e nas indicacións do centro.

O responsable da Mesa para a comarca Ferrolá, Carlos Outeiro, presentou queixas recentemente ante o propio centro sanitario e ante a Consellería de Sanidade, informou onte nun comunicado.

Máis en galicia-hoxe.com
ler o resto do texto

Vídeo-vixilancia nas rúas

Achegámosvos unha reportaxe audiovisual asinada por A Nosa Terra TV sobre a vídeo-vixilancia en Compostela, con entrevistas a Renato Nuñez, voceiro da asociación, Eva Vales, avogada e asesora xurídica, e a responsable de seguridade cidadá do Concello, Álvarez-Santullano. As verbas desta última falan por si mesmas, mais se cadra é bon aclarar que o Movemento en ningún momento pretende que se lle consulte á hora de tomar decisións en materia de seguridade cidadá. Existen xa, por fortuna, órganos consultivos e reguladores da vídeo-vixilancia, é sería de feito moi positivo que o Concello respectase as súas indicacións e os procedementos por establecidos polos mesmos e pola lexislación vixente.

A reportaxe aquí.
ler o resto do texto

Quince mil porteiros de discoteca madrileños terán agora que pasar un exame para poder exercer

A Comunidade de Madrid fixou para o próximo 14 de marzo a celebración da primeira proba de coñecementos que han de superar os 15.000 porteiros que se estima que controlan as entradas de bares e discotecas na rexión para obter así a certificación que lles facultará para exercer o control de acceso nos locais de lecer nocturno da rexión.

Aínda que non é obrigatorio que os propietarios das discotecas conten con controladores de acceso na súa entrada, se os teñen pero non contan co carné acreditativo, a partir o 5 de abril poderán ser multados pola Policía con sancións moi graves de ata 5.000 euros, incluída a posibilidade de clausura do establecemento.

Máis en europapress.es
ler o resto do texto

Guardias civís denuncian que os mandos inntentan instaurar un estado policial só pola súa "medallitis"

O secretario xeral estatal da Unión de Guardias Civiles foi máis aló á hora de pór en evidencia os verdadeiros problemas que, ao seu xuízo, ten que soportar o persoal compostelán. Neste sentido, dixo que se están establecendo puntos de identificación «masivos», á marxe das normas que os regulan e que pasan pola autorización directa por parte do delegado do Goberno. «Pero son autorizados polos mandos», sinalou Mato, que atribuíu este tipo de mecanismos á «medallitis» que impera no cuartel. «Non podemos someter á poboación civil a un estado policial por esta medallitis dous mandos», engadiu.

Máis información en lavoz.es
ler o resto do texto

Israel bombardea a sede en Gaza da axencia da ONU para a axuda aos palestinos

O Exército israelí bombardeou esta mañá a sede da UNRWA, a axencia de Nacións Unidas para a axuda humanitaria para os refuxiados palestinos, en Gaza. Bombas israelís caeron sobre o complexo da axencia, que informa de que polo menos tres persoas resultaron feridas, aínda que teme que o número aumente. O complexo bombardeado alberga tamén un centro de formación no que están refuxiadas 700 persoas. UNRWA, que xa tivo que suspender as súas actividades a semana pasada pola morte dun camioneiro que conducía un dos seus camións, expresou a súa protesta contra estas accións desmedidas, dado que o exército israelí ten as coordenadas dos seus centros e coñecen de antemán as súas actividades.

Máis en elpais.com
ler o resto do texto

14/01/09

O Movemento denuncia a presenza de vídeo-vixilancia na Universidade de Vigo

Continúa a proliferación de dispositivos de vídeo-vixilancia de dubidosa legalidade e nula efectividade nas vilas galegas, a pesar das recentes decisións xudiciais que avalan as reiteradas denuncias do Movemento polos Dereitos Civís. A asociación recibiu nos últimos días varias denuncias en relación coa instalación de cámaras de seguridade no exterior da Facultade de Ciencias de Vigo. O Movemento presentará dous escritos perante a Delegación do Goberno e a propia facultade, asegurándose de que se respectou o procedemento marcado pola Lei e invitando en calquera caso á Universidade a que reconsidere a súa decisión empregar un medio tan lesivo dos dereitos dos seus estudantes.

O Movemento polos Dereitos Civís tivo coñecemento da presenza das cámaras a raíz de varias denuncias, e procedeu a documentar graficamente, con varias fotografías, o emprazamento das mesmas. As imaxes demostran claramente que os dispositivos están a gravar a vía pública, e a primeira intención do MpDC será xa que logo comprobar se contan para iso con todos os requisitos necesarios. Así, a asociación dirixirá escritos á Delegación do Goberno e á facultade interesándose pola existencia dunha autorización para o emprego das cámaras, dun informe favorable da Comisión de Video-vixilancia, da inscrición no Rexistro Xeral de Protección de Datos dos ficheiros correspondentes e do resto de requisitos sinalados pola Lei.

Ademais, o Movemento quere invitar co seu escrito á Universidade de Vigo e á Facultade en cuestión a reconsiderar a instalación destas videocámaras. En particular, sería necesario que as autoridades académicas reflexionasen sobre a conveniencia de contar cuns dispositivos que conlevan unha forte intromisión no dereito á intimidade e á propia imaxe do alumnado. Sobre todo se temos en conta que non semellan existir circunstancias de risco que xustifiquen dito emprego, e que a vídeo-vixilancia demostrouse coma un medio pouco eficaz para a prevención de actos vandálicos.

O Movemento agarda que coa súa denuncia e coa súa intervención decidida no caso as cámaras sexan retiradas do exterior da Facultade. Sentenzas coma a que obriga o Concello de Santiago a retirar a vídeo-vixilancia ilegal do casco histórico, e a existencia de numerosos estudos que cuestionan a utilidade deste instrumento de control da cidadanía, deberían facer que as institucións afrontasen con maior cautela a instalación duns dispositivos que poden atentar contra os dereitos e liberdades das persoas.
ler o resto do texto

El comercio de Príncipe aplaza la colocación de videocámaras ante su dudosa legalidad

La instalación de cámaras de videovigilancia en Príncipe para prevenir actos vandálicos en la propia calle y en sus establecimientos está lejos de hacerse realidad. La sentencia dictada por el Juzgado Contencioso Administrativo número 1 de Santiago, que obliga al concello compostelano a retirar los dispositivos colocados en el casco antiguo de la ciudad, ha creado desconfianza entre los comerciantes de Centro Príncipe a la hora de ubicar los dispositivos en la calle más transitada de Vigo.

Máis en elfarodevigo.es
ler o resto do texto

Videovigilancia, seguridad contra derecho a la intimidad

Visiones diametralmente opuestas. Las cámaras de videovigilancia en zonas comerciales son para el Movemento polos Dereitos Civís de Galicia una intromisión en la intimidad de los ciudadanos, mientras que para los empresarios vigueses representan una garantía de seguridad._"Desde el punto de vista legal, su instalación en Príncipe es perfectamente viable", sostiene Raúl Vázquez, del gabinete Vázquez & Garriga, que representa los intereses del Centro Comercial Aberto de Vigo. En el extremo contrario, Renato Núñez, portavoz del grupo que ya consiguió la retirada de los dispositivos en Compostela por orden del juzgado, sostiene que en el caso de esta concurrida calle viguesa "están injustificadas y supondrían un incumplimiento claro de la Ley de Protección de Datos española".

Máis en elfarodevigo.es
ler o resto do texto

13/01/09

O Movemento solicita á AEPD que retire as cámaras do Concello de A Coruña, que foi xa sancionado por irregularidades no emprego das mesmas

O Movemento polos Dereitos Civís ven de presentar un recurso de reposición perante a Axencia Española de Protección de Datos, solicitando que sancione a instalación ilegal de vídeo-vixilancia por parte do Concello de A Coruña. O Movemento cre que existen evidencias máis que suficientes para proceder á retirada inmediata duns dispositivos que foron instalados sen a pertinente autorización. A AEPD sancionou xa ó Concello pola creación irregular dun ficheiro de datos persoais coas imaxes obtidas por ditas cámaras, mais sen ordear a súa retirada. O MpDC agarda agora que a AEPD reconsidere a súa postura e poña fin ás lesións dos dereitos á intimidade e á propia imaxe que se están a producir.

O Movemento polos Dereitos Civís ven denunciando dende finais do ano 2006 a presenza de cámaras de vídeo-vixilancia instaladas na cidade de A Coruña de xeito ilegal. A asociación considera probado que as cámaras foron instaladas polo menos seis meses antes de que o Concello recibise, en febreiro de 2007, a autorización para o seu emprego.

Existen neste sentido imaxes publicadas por un medio de comunicación que demostran a presenza de cámaras na estación de autobuses da cidade en novembro de 2006. Así mesmo, en xuño do mesmo ano, o alcalde instaba á Policía Local a empregar os dispositivos para controlar funcionarios municipais que se manifestaban. Queda claro, xa que logo, que o Concello de A Coruña empregou as cámaras de vídeo-vixilancia sen contar coa autorización da Delegación do Goberno, que foi concedida só a posteriori. O uso das mesmas fíxose sen as garantías previstas pola Lei, vulnerándose deste xeito os dereitos fundamentais dos cidadáns.

A AEPD comunicou hai uns meses a decisión de sancionar ó Concello por incumprir unha das garantías previstas pola Lei: a inscripción no Rexistro Xeral de Protección de Datos do ficheiro coas imaxes obtidas polas cámaras. Resultaría incomprensible que unha circunstancia aínda máis grave, o emprego de vídeo-vixilancia sen autorización, non fose sancionado polo organismo coa inmediata retirada das cámaras. O Movemento polos Dereitos Civís espera que, a raíz do recurso presentado, a AEPD adopte a única solución posible.
ler o resto do texto

A AEPD promove unha carta da ONU para velar pola privacidade

Vivimos ao descuberto. Perfís extraordinariamente elaborados cos nosos datos persoais, que inclúen detalles íntimos que ocultamos aos nosos mellores amigos, figuran en innumerables ficheiros de todo o mundo. Para intentar deter esta espiral, no mundo de Internet e a vídeo-vixilancia, a Axencia de Protección de Datos de España propúxose elaborar antes de fin de ano unha Carta universal da ONU que garanta un nivel mínimo de privacidade.

Máis en elpais.com
ler o resto do texto

12/01/09

O Movemento está desexando que o Concello de Santiago solicite a instalación de novas cámaras para afrontar a cuestión da idoneidade das mesmas

O Movemento polos Dereitos Civís continúa coa súa campaña de solidariedade cidadá para recadar os 3,000 euros necesarios para a retirada das cámaras de vixilancia da zona vella de Compostela. A recente decisión xudicial permitirá a desinstalación inmediata dos dispositivos apenas o MpDC deposite esta caución. Mentres, a asociación acolle con satisfacción o anuncio da responsable de seguridade cidadá e do propio alcalde de que solicitarán o permiso para a instalación de novas cámaras, en canto as actuais sexan retiradas. O Movemento considera que o feito de que o concello inicie, esta vez si, os trámites legais necesarios para a instalación das cámaras permitirá afrontar un debate sobre as cuestións de fondo relacionadas coas mesmas, en particular sobre a proporcionalidade e idoneidade do seu emprego.

Por suposto as declaración da concelleira de Seguridade Cidadá, Marta Álvarez-Santullano, denotan enormes doses de arrogancia e de desprezo cara as sentenzas xudiciais que consideraron ilegais as cámaras e irregular o proceso de instalación as mesmas. Non obstante, o anuncio dunha nova petición de instalación de vídeo-vixilancia na zona vella permitirá polo menos comprobar se esta vez o concello decide cumprir cos trámites e requisitos legais necesarios, e se o fai nos prazos oportunos.

Non son moi esperanzadoras neste sentido as declaracións da concelleira, que ademais de negar outras evidentes irregularidades en todo o proceso, suficientemente probadas xa en sede xudicial, chega a afirmar que o fin e o cabo só se retrasaron “un par de meses” na solicitude de renovación da autorización. Ignora ou quere ignorar Álvarez-Santullano que os trámites e prazos fixados pola Lei non son meros formalismos, senón que funcionan como garantía dos dereitos dos cidadáns.


Cuestións de fondo na instalación das cámaras

En calquera caso, o Movemento invita ó Concello de Santiago a solicitar a instalación de novas cámaras no casco vello. Para iso será necesario que, ademais de respectar os requisitos formais e de procedemento, os responsables de seguridade cidadá afronten as cuestións de fondo relacionadas co emprego de vídeo-vixilancia no casco vello. A Lei Orgánica de Protección de Datos esixe que se produzan unha serie de circunstancias para a instalación de cámaras en espazos públicos. En concreto, é necesario que estas respondan a criterios de idoneidade e proporcionalidade, criterios que dificilmente son aplicables no caso da zona vella de Compostela.

De feito, e aínda que a sentenza que esixía a retirada das cámaras se centraba en cuestións de procedemento, o xuíz sinalaba que en ningún momento o Concello argumentou ou xustificou a proporcionalidade do emprego da vídeo-vixilancia. Sería difícil explicar que non existen medios menos invasivos, menos lesivos do dereito á intimidade das persoas, que poidan garantir de maneira eficaz a seguridade no casco histórico. Ademais, e polo que respecta ó criterio de idoneidade, demostrouse en sucesivas ocasións como a vídeo-vixilancia non repercute en realidade nunha maior seguridade cidadá. Como afirmaba recentemente o voceiro do Movemento polos Dereitos Civís, Renato Nuñez, “non se deu nin unha vez en que as cámaras servisen para deter a un delincuente”. Os dispositivos amosaron a súa inutilidade, por exemplo, no caso de actos vandálicos ou roubos producidos no entorno da Praza do Toural.

O Movemento polos Dereitos Civís está desexando, xa que logo, ver como xustifica o Concello de Santiago a instalación de novas cámaras. Polo momento a asociación segue recadando os fondos necesarios para a retirada das actuais. É posible facer donativos na web movemento.org ou no número de conta 2080/0540/44/0040000724.
ler o resto do texto

O Tribunal de Dereitos Humanos de Estrasburgo condena ao Estado español a indemnizar con 170.000 euros a Mikel Iribarren

O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos, con sede en Estrasburgo condenou ao Estado español a indemnizar con 170.000 euros a Mikel Iribarren polas secuelas causadas polo impacto dun bote de fume lanzado por un policía nacional en 1991. O tribunal, que insta a España a efectuar o pago nos próximos tres meses, acorda por unanimidade que o Estado violou "a prohibición de someter ás persoas a tratos inhumanos ou degradantes" que recolle o artigo 3 do Convenio Europeo de Dereitos Humanos. A sentenza determina ademais que os tribunais nacionais "non consideraron suficientemente a gravidade das feridas e secuelas", e que o proceso xudicial non tivo un "prazo razoable", polo que cre vulnerado o seu dereito a un proceso público con todas as garantías.

Máis en noticiasdenavarra.com
ler o resto do texto

Unha sentenza obriga a retirar as cámaras de vídeo vixilancia da zona vella de Santiago

Na TVG
ler o resto do texto

Condena de cárcere a outros dous mossos por humillar e lesionar a un detido

Os escándalos seguen salpicando á policía catalá. Outros dous axentes dos Mossos d'Esquadra foron condenados a unha sentenza de cárcere -neste caso a seis meses cada un- por ter denigrado a un detido. Ademais, deberán afrontar unha multa de 450 euros por unha falta de lesións. É a segunda condena de cárcere en tres meses despois de que outros tres policías autonómicos cataláns fosen condenados a seis anos de prisión por torturar a un arrestado. Outros tres están pendentes dunha petición de oito anos de cárcere por romper o brazo a un detido.

A Audiencia de Barcelona sostén, neste caso, que os axentes actuaron -"sen ningunha dúbida"- de xeito "prepotente e desproporcionada" o deter a un home por unha presunta agresión sexual contra dous turistas estadounidenses.

Máis en elmundo.es
ler o resto do texto

El Movemento polos Dereitos Civís quiere que Raxoi aborde a fondo el empleo de las cámaras

El Movemento polos Dereitos Civís (MpDC) lleva a cabo una campaña de solidaridad ciudadana para recaudar 3.000 euros, cifra suficiente para lograr la retirada de las cámaras de vigilancia de la zona vieja. Tras la reciente sentencia judicial desfavorable al Ayuntamiento, el MpDC tiene la posibilidad de que se ejecute la eliminación de los dispositivos en las calles una vez tenga a su disposición esa cantidad.

En lavoz.es
ler o resto do texto

11/01/09

O Concello de Lugo négase a enviar un informe sobre vídeo-vixilancia ó Valedor

Algúns concellos galegos semellan decididos a obstaculizar non só o lexítimo dereito de petición e acceso dos seus cidadáns senón tamén as iniciativas das institucións públicas que os representan e defenden. O Valedor do Pobo ven de solicitar por segunda vez ó Concello de Lugo a presentación dun informe, respondendo á solicitude do Movemento polos Dereitos Civís. A intención da asociación é a de comprobar se as cámaras situadas en varios museos da capital lucense contan coas autorizacións e informes pertinentes.


O Valedor do Pobo, ó que o Movemento se dirixiu para obter información sobre este asunto, comunicou á asociación que se vira na obriga de presentar un segundo requerimento ó Concello de Lugo. O Goberno municipal négase polo momento a facilitar o informe solicitado pola institución e ignorou a primeira petición trasladada dende o Valedor.

Nos últimos días o Movemento polos Dereitos Civís denunciou que o alcalde doutra das principais cidades galegas, Santiago de Compostela, leva máis de dous anos sen enviar a información solicitada polo Defensor del Pueblo. Algúns alcaldes galegos, ó parecer, non se limitan a vulnerar a legalidade e lesionar os dereitos dos seus veciños senón que ademais desprezan sistematicamente ás institucións que tratan de restablecer estes dereitos.

No caso de Lugo, o Movemento polos Dereitos Civís quere asegurarse de que as cámaras de vídeo-vixilancia situadas nas salas museísticas de Porta Miñá e San Roque cumpren con todas as garantías previstas pola Lei de Protección de Datos. As cámaras deberían contar coa autorización correspondente da Delegación, previo informe da Comisión de Vídeo-vixilancia, e respectar todos os outros requisitos legais.

Cómpre recordar que o MpDC denunciou con anterioridade a instalación ilegal de cámaras no centro histórico de Lugo e no polígono de O Ceao, cámaras que non contaban con autorización ou que non a renovaran. Os dous casos atópanse pendentes de resolución xudicial, e o Movemento non dubidará en recorrer de novo á Xustiza se o Concello continúa negándose ás peticións do Valedor neste novo caso.
ler o resto do texto

Bugallo ratifica que se pedirá de nuevo permiso para las cámaras de vigilancia

El Concello retirará las cámaras de videovigilancia del casco histórico si finalmente el Movimento polos Dereitos Civís (MpDC) deposita los 3.000 euros de caución que le exige el juez para ejecutar la sentencia. Pero Raxoi solicitará permiso para instalarlas de nuevo. Así lo aseguró ayer el alcalde, quien también dijo que se valorará el coste que eso supondrá y se hará una reclamación patrimonial al MpDC, «porque os 3.000 euros non cubrirán ese gasto».

En lavoz.es
ler o resto do texto

«Nunca se deu que se detivese a un delincuente grazas a este sistema de gravación»

Aunque desde el Concello de Santiago mantienen que las cámaras sí cumplen una función a la hora de disuadir y evitar la delincuencia en Compostela, el representante del Movemento polos Dereitos Civís, Renato Núñez, afirma que ninguna de las cámaras de videovigilancia instaladas en Galicia ha contribuido a detener a un criminal. Es por eso por lo que se pregunta «onde está o principio de proporcionalidade e idoneidade na videovixiancia en Compostela», ya que la función que cumplen las cámaras puede ser asumida por la Policía Local de Santiago.

En lavoz.es
ler o resto do texto

Abren una colecta para hacer que se retiren las cámaras de vigilancia

El Juzgado Contencioso Administrativo número 1 de Santiago aceptó una solicitud del Movemento polos Dereitos Civís (MpDC), y obligará al Ayuntamiento de Santiago a retirar las cámaras de seguridad del casco antiguo, al "no contar con los permisos necesarios" para su instalación y mantenerlas "ilegalmente".

El juzgado ya falló sobre este caso en septiembre. Entonces condenó al Concello a retirar la videovigilancia, pero Raxoi respondió recurriendo al Tribunal Superior de Xustiza, y el fallo no se ejecutó.

En elcorreogallego.es
ler o resto do texto

Tres mil euros permitirían anular la videovigilancia en la zona vieja

En septiembre del 2008, el juzgado de lo Contencioso Administrativo número 1 de Santiago condenaba a Raxoi a retirar las seis cámaras de videovigilancia repartidas por el casco histórico de la ciudad, que llevaban funcionando desde del año 1997. Aunque Raxoi aseguró en su momento que las cámaras funcionarían con total normalidad hasta que el Tribunal Superior de Xustiza de Galicia se pronunciase sobre el recurso que habían presentado, el juzgado compostelano ha ordenado la ejecución cautelar de la sentencia, pero con una condición: el Movemento polos Dereitos Civís deberá abonar 3.000 euros en concepto de caución. En el caso de que la ejecución cautelar de la sentencia provocase algún perjuicio, sería subsanado con esta fianza.

En lavoz.es
ler o resto do texto

As cámaras de seguridade, fóra das rúas de Santiago

O concello de Santiago terá que retirar as cámaras de seguridade situadas no casco histórico da cidade. Un xulgado de Compostela decretou a execución provisional dunha sentenza, solicitada polo Movemento polos Dereitos Civís (MpDC), que obrigará a retirar estes sistemas de videovixilancia.

Con todo, para que se aplique a resolución xudicial, a asociación debe pagar 3.000 euros ao Goberno local. Ao non ser unha sentenza firme –a corporación municipal presentou un recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia– a parte demadante ten que entregar esta cuantía para que se volvan instalar as cámaras se esa decisión é revocada máis adiante.

En xornal.com
ler o resto do texto

10/01/09

O dereito a coñecer o pasado


Xose Manuel Suárez. Historiador, escritor e docente.

No verán de 1936 produciuse unha sublevación militar de caracter fascista que pretendía e que conseguiu, tras tres anos de resistencia, e coa axuda militar da Alemaña de Hitler e da Italia de Mussolini, impoñer unha ditadura sobre a persecución de toda idea liberal, democrática e socialista. Setenta anos despois seguimos debatendo que facer cos restos dos que aínda xacen nas fosas comúns, esquecidos, descoñecidos, agachados a todo coñecemento histórico, científico.


Como investigador da historia da guerra civil en Galicia reclamo as maiores facilidades para o coñecemento do que pasou e para a súa divulgación. Penso que os mortos, as vítimas (máis de catro mil en Galicia) daquel xenocidio por razóns ideolóxicas, non só pertencen aos familiares, son de toda a sociedade, polo que a procura das fosas, a súa excavación, a exhumación, a análise histórica e antropolóxica, non poden depender en exclusiva da iniciativa das familias dos desaparecidos nin da decisión política dos dirixentes dunha comunidade autónoma, ou menos aínda dun xuíz de instrucción. O dereito a coñecer o pasado debe de estar por riba dun labirinto de decisións persoais, polo que o Goberno ten que tomar a iniciativa de facilitar a investigación das fosas sen que medien intermediarios que aproveiten a confusión legal para impedir que a sociedade faga efectivo o seu dereito a coñecer o pasado.

O auto do xuíz Garzón de 16 de outubro sinalaba con acerto que os vencedores da Guerra Civil desplegaron toda a acción do Estado na posguerra para a localización, identificación e reparación das vítimas da parte vencedora, polo que hoxe os vencidos (os perseguidos, encarcerados, desaparecidos e torturados por quen crebou a legalidade levántandose en armas) seguen sendo discriminados polo Estado ao non recibir o mesmo trato e consideración. O escrito referido tén o valor de definir por primeira vez na xurisprudencia española o levantamento militar como ilegal, programado para a destruión dun estado democrático e constitucional, que desenvolveu un proceso de exterminio ao mesmo tempo que a Guerra Civil, no que produciu crimes de guerra e contra a humanidade.

Garzón sinala que para deter a comisión deses delictos e dos seus efectos é preciso buscar os corpos dos desaparecidos, ou ofrecer razón do seu paradeiro por parte das autoridades públicas depositarias desa información, decisión que deben tomar de oficio, sen agardar iniciativa por parte interesada. Parece que o Goberno español non está polo labor. Poñamos por caso o achádego dunha fosa común da 2ª Guerra Mundial en Europa, ¿seria necesario todo un rosario de decisións de familiares das vítimas, cando se descoñecen a priori as identidades, de órganos xudiciais ou de autoridades políticas para investigar o seu contido?

Non estou negando os dereito das familias a recuperar os restos dos represaliados, ninguén o pode negar, pero si afirmo que a moitos dos que xacen nas fosas non teñen identidade coñecida polo que poñer como condición necesaria para a súa exhumación que sexa solicitada por familiares é unha trampa, ao impedir aos investigadores dar a coñecer a historia, e á sociedade acceder ao seu coñecemento. Por outro lado este dereito non pode quedar á libre decisión de autoridades políticas, os dereitos dos cidadáns e da sociedade non temos que conseguilos a forza de pelexar contra vontades persoais, aínda que detenten o poder político ou xurídico, nin deberían depender da iniciativa privada, a única que ata agora se compremeteu nesta loita.

Refírome ao traballo incansable e admirable das organizacións de voluntarios da recuperación da memoria histórica, para que non se deran casos como o narrado nesta notica: "Achados 36 esqueletos exhumados dunha foxa común da Guerra Civil na localidade de Singra, Teruel, apilados en caixas de cartón na antigua escola do municipio. A asociación Pozos de Caudé que promoveu a súa exhumación, abandonounos despois de que os exames forenses confirmasen que non eran as persas que buscaban. O Concello de Singra pidelles que se fagan cargo deles@. Ao parecer eran os restos de soldados dos dous bandos, que agora ninguén quere

ler o resto do texto

Plantean la vía penal para cinco denunciados por el caso de la Brilat

Plantean la vía penal para cinco denunciados por el caso de la Brilat

Delfín Fernández señaló que se solicitará una sanción a otros dos por convocar una concentración no legal

La Subdelegación precisa que se iniciaron los trámites para abrir los correspondientes expedientes sancionadores

La Subdelegación del Gobierno en Pontevedra destacó ayer que exigirá responsabilidad penal a cinco de las personas que fueron identificadas el pasado mes durante la protesta llevada a cabo a las puertas del acuartelamiento de la Brilat debido a su oposición al perímetro de seguridad. Durante los incidentes registrados a la entrada de la base militar el 8 de diciembre resultaron heridas dos personas.

Eso quiere decir que en lugar de tramitar las propuestas de sanción por la vía administrativa y en busca de multas económicas, ahora cabe la posibilidad de que los procesados enfrenten penas de prisión o de trabajos en beneficio de la comunidad. <<Estamos dispuestos a aplicar con rigor las infracciones que se producen a la ley de reunión y manifestación, y no con criterios políticos sino con criterios jurídico-técnico>>, sostuvo el subdelegado, Delfín Fernández Álvarez.

Aunque no trascendieron las identidades de las personas implicadas, un día después de la concentración a las puertas del cuartel de Figueirido, las autoridades indicaron que cuatro de ellos estaban vinculados al movimiento independentista, alguno incluso había sido condenado por injurias al Ejército como consecuencia de un incidente ocurrido en junio de 2006 con tropas de la Brigada de Infantería Ligera.

Fernández Álvarez dijo que en los casos en que las concentraciones y protestas sean autorizadas, el permiso <<no es patente de corso para desobedecer a la autoridad>>.

Además, el representante de la Administración central precisó que se procedió a la apertura de un expediente sancionador a los dos individuos que identificó la Policía Nacional, en este caso, durante una concentración vecinal no autorizada celebrada el 3 de diciembre en uno de los accesos al recinto militar. <<Además de ser una concentración no legal, las dos personas llevaron a cabo actuaciones más allá de lo permitido>>, matizó.

Las movilizaciones vecinales contra el denominado perímetro de seguridad de la Brilat comenzaron a fraguarse al conocerse una resolución ministerial que delimitaba una franja de 300 metros de ancho alrededor del límite exterior del cuartel.

Jefe militar

Los enfrentamientos derivaron en la presencia del responsable de Infraestructura del Ministerio de Defensa en Pontevedra, quien mantuvo una reunión con los portavoces de las plataformas vecinales creadas como consecuencia de la publicación de la orden en el Boletín Oficial del Estado.

Al término del encuentro, llevado a cabo en la sede pontevedresa del departamento estatal que dirige Carme Chacón, los representantes de los afectados indicaron que Defensa se había comprometido a estudiar la posibilidad de acortar el perímetro de seguridad de la base.

La franja engulle a 160 viviendas y montes localizados en tres municipios, Pontevedra, Marín y Vilaboa. Los vecinos sostuvieron que el perímetro perjudica además a miles de personas, y en un principio ya habían anunciado la posibilidad de llevar a cabo actos de desobediencia civil.

El enfrentamiento también produjo la rotura entre dos de los colectivos afectados por la franja de seguridad. Concretamente, las distintas formas de pretender actuar para realizar medias de presión rompió el lazo de unión entre los comuneros de Salcedo y la asociación Héroes do Campo da Porta.

La lucha entre asociaciones se escenificó durante una rueda de prensa convocada conjuntamente por ambos colectivos.

Además de exigir la derogación del perímetro, los afectados piden que se suspendan todas las obras que la Brilat acomete en los montes de Salcedo, aunque los militares afirman que las ejecutan en su zona.

Enviado usando Real Mail de Vodafone.

ler o resto do texto

09/01/09

O Avogado do Estado empéñase na defensa das cámaras ilegais do MARCO de Vigo e intenta desacreditar a lexitimación do MpDC

O Avogado do Estado segue empeñado en paralizar as iniciativas e investigacións que buscan determinar a adecuación á legalidade das cámaras de vídeo-vixilancia dispersas pola xeografía galega. Recentemente afirmaba falta de responsabilidade e de competencias da Administración, encargada da concesión das autorización dos dispositivos, na retirada dos mesmos. Agora a Avogacía do Estado insiste en obstaculizar as accións por vía xudicial do Movemento polos Dereitos Civís, aducindo unha suposta ausencia de lexitimación da asociación.


Así, no caso das cámaras instaladas irregularmente no MARCO de Vigo, o Avogado do Estado afirma que o Movemento non actúa pola “produción de prexuízos sobre os propios bens, senón na suposta afectación dos dereitos de todos os cidadáns en xeral”. Trátase no fondo dunhas fermosas verbas que o Movemento agradece, mais que non gardan relación algunha coa lexitimación da organización para solicitar a retirada das cámaras.

O MpDC dotouse nos seus estatutos co compromiso e o deber de defender os dereitos e liberdades dos cidadáns, e conta cunha lexitimación activa que garda relación cos dereitos fundamentais afectados pola colocación de cámaras ilegais. De feito, coa aceptación da práctica totalidade das demandas presentadas nestes casos polo MpDC, a Xustiza recoñece habitualmente e sen maiores problemas a lexitimación do Movemento.

En calquera caso, resulta xa habitual que as administracións empreguen como último argumento o recurso a unha suposta falta de lexitimación, tratando de xustificar a opacidade e as irregularidades no seu comportamento. As delegacións do Goberno, os concellos, a Avogacía do Estado, non só amosan un profundo desprezo polos procedementos e garantías legais que deben presidir a instalación dun dispositivo estremo como as cámaras de vixilancia, senón que tratan de obstaculizar a posteriori todas as denuncias e investigacións sobre as mesmas.
ler o resto do texto

CRTVG: Unha sentenza obriga as cámaras de vídeo vixilancia da zona vella de Santiago

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG
ler o resto do texto

08/01/09

O xulgado decreta a execución provisional da sentenza que obriga a retirar as cámaras da zona vella de Compostela

O Xulgado Contencioso Administrativo número 1 de Santiago aceptou a solicitude do Movemento polos Dereitos Civís, e ordenou a execución provisional da sentenza que obriga á retirada das cámaras de vídeo-vixilancia ilegais do casco vello de Compostela. A resolución supón un paso máis neste caso emblemático na defensa do dereito á intimidade dos cidadáns e na loita contra a instalación indiscriminada destes dispositivos.

O xulgado reduciu ademais a desproporcionada caución solicitada polo Concello para proceder a execución provisional da sentenza, rebaixándoa dos 600,000 euros solicitados polo goberno municipal ata unha cifra de 3,000 euros. O alcalde de Santiago ve de novo censuradas por vía xudicial as súas pretensións de actuar ignorando as leis e os dereitos dos cidadáns.

A resolución do xulgado acorda a execución provisional da sentenza que en setembro deste mesmo ano condenaba ó Concello de Santiago a retirar todas as cámaras de vídeo-vixilancia do centro histórico da cidade. Nesta sentenza histórica, o xulgado censuraba con dureza “a pasividade coa que o Concello ten tratado o trámite necesario e obrigatorio imposto pola Lei”. Cómpre recordar que as cámaras non contaban cos correspondentes permisos de renovación, carecían de libro de rexistro das imaxes e mesmo funcionaran durante un tempo sen que se tivese solicitado a autorización necesaria. Vulneraban xa que logo todas as garantías recollidas na Lei de Protección de Datos para tutelar os dereitos dos cidadáns.

Redución dunha caución absurda
A sentenza se atopa actualmente pendente de recurso no Tribunal Superior de Xustiza, mais o Xulgado Contencioso Administrativo número 1 considera no seu escrito que a execución provisional da mesma á espera da decisión deste órgano non producirá “prexuízos de imposible reparación” ou “unha situación irreversible”. O xulgado critica no seu escrito as alegacións presentadas polo Concello na súa oposición á execución provisional, e o acusa de “entrar a valorar o fondo da sentenza ou ben feitos alleos ó debate procesual” nun trámite inadecuado para tal fin.

Así mesmo, o xulgado rebaixou de forma moi significativa a caución solicitada no seu escrito polo Concello para proceder á retirada das cámaras. Fronte os desproporcionados 600,000 euros solicitados nun principio, o xulgado estableceu unha contía de 3000 euros como garantía a presentar polo Movemento polos Dereitos Civís. A asociación ten previsto iniciar unha campaña de solidariedade entre a cidadanía, coa intención de obter donativos que permitan afrontar o pago desta caución que se poderán facer mediante ingreso na conta 2080/0540/44/0040000724 ou mediante tarxeta na páxina do mpdc: www.movemento.org

En calquera caso, o MpDC celebra este novo paso nun proceso histórico, no que por primeira vez en Galicia os dereitos e liberdades dos cidadáns prevaleceron sobre as actuacións arbitrarias das administracións locais na procura dunha suposta maior seguridade. O Movemento agarda agora que o TSX confirme a sentenza, e que as diversas corporacións locais comecen a considerar alternativas máis moderadas para o fomento da seguridade.
ler o resto do texto

O Valedor envía inspectores a Boiro por queixas da movida

O Valedor do Pobo, Benigno L­ópez, remitiu onte á Alcaldía de Boiro un escrito no que anuncia a visita dunha representación desa institución ao concello para solicitar unha serie de informes que o goberno local segue sen facerlle chegar desde fai máis de dous anos. Esta investigación enmárcase no proceso de tramitación de sendas queixas promovidas por dous veciños en representación de case duascentas persoas sobre as molestias que o lecer nocturno ocasiona na vila.

Máis en Elcorreogallego.es
ler o resto do texto
__________________
__________________

Subvencionado pola Deputación da Coruña
Loading...
Cámara hotel monumento
Han actuado 0 personas
Nos faltan 0 firmas

Actúa ahora

Tu nombre
Tu apellido
Tu correo-e
Cód. Postal

Cámaras de Galiza


Ver Cámaras de Galiza en un mapa más grande

Videos do Youtube