Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

A Consellería de Educación e o Concello de Arteixo paralizan as cámaras do CEIP San Xosé Obreiro

Written By Virgulino on 20/7/09 | 12:02

As cámaras foron denunciadas polo MpDC en maio do 2008

O Concello de Arteixo ordenou que ningún funcionario municipal visionara as imaxes captadas polas cámaras de videovixiancia instaladas no CEIP San Xosé Obreiro. Esta labor estábase realizando polo bedel do centro que vulneraba así a lexislación de protección de datos. Por outro lado, a Consellería de Educación afirma non dispor de medios para cumprir con ese servizo.

A orde foi dada despois das denuncias feitas polo MpDC que primeiramente se dirixiu á dirección do centro sen obter ningunha contestacións. Perante isto, a asociación presentou denuncia fronte a Axencia Española de Protección de Datos (quen abriu expediente) e perante o Xulgado do Contencioso Administrativo.

Coa orde de que o sistema de videovixiancia permaneza apagado ou inoperativo a Consellería pretende que o Xulgado e a Axencia paralicen as investigacións que están realizando, algo que non colma as espectativas do MpDC xa que considera que non existen garantías obxectivas de que as cámaras deixen de funcionar.

O Movemento polos Dereitos Civís chama a atención sobre o feito de que, segundo manifestou algúns pais, as cámaras se colocaron para impedir que se cometeran actos vandálicos e ilegais no centro; Nembargante o propio centro vulneras a normativa vixente para instalar as cámaras, dado un moi fraco exemplo para os alumnos do mesmo. Ademais, advertidos polo MpDC da irregularidade, o Centro nin tan sequera se molestou en contestar ao escrito que se lle remitiu .

Dereitos Civís considera que as Administracións son os primeiros que teñen que dar exemplo aos administrados, para iso se constituíu e para iso seguirá traballando.

1 comentarios:

Anonymous dijo...

Deberíades saber que os directores dos centros públicos non pode respostar persoalmente a un escrito de ese tipo. Teñen que seguir instruccións dos inspectores de educación, como seguramente foi o que fixo a dirección dese centro, é trasladar ao Delegado de Educación a existencia do escrito para que os servizos xurídicos dean resposta ao mesmo.
Lamentablemente, o que se verte aos medios de comunicación é outra cousa ben distinta.

Publicar un comentario