Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Cámaras privadas á vista de calquera en Compostela

Written By Virgulino on 2/7/09 | 10:22

O Movemento polos Dereitos Civís captou cun receptor de vixilancia para bebés, imaxes de cámaras privadas de videovixilancia na Zona Vella

As cámaras de videovixilancia non só non garanten a seguridades dos establecementos que as instalan, si non que , ademais, serven como información para os individuos que desexen cometer algún tipo de infracción. Membros do MpDC saíron ás rúas de Compostela con un simple receptor de cámaras de vixilancia para bebés que se pode comprar en calquera establecemento e puideron comprobar como os comercios se ven máis indefenso coa utilización das cámaras.

Por outro lado, tamén se puido comprobar que as cámaras nalgúns locais de ocio de Compostela non están enfocadas á garantir a seguridade do local vixiando, por exemplo, as caixas de recadación. Na imaxe que se axunta, dun pub da Zona Vella de Compostela cerca do Obradoiro e captada na noite do 4 de abril , se pode comprobar como a cámara enfoca cara a barra e as cadeiras da zona de clientes, sen preocuparse da caixa rexistradora que está xusto debaixo da cámara. É fácil comprobar que calquera parella que se fora a divertir a ese local quedará gravada polas cámaras que poden ser visionadas por calquera cidadán dos redores, como fixo un membro desde un local de hostalaría contigo ao pub.

Ademais de captar as imaxes cun simple receptor de cámaras de videovixilancia para bebés, calquera pode acceder por internet a miles de cámaras instaladas en todo tipo de establecimentos do país.

Máis informacións:

http://www.telecinco.es/informativos/reporteros/noticia/100005905/El+vigilante+vigilado

http://www.elpais.com/articulo/sociedad/Administracion/empieza/perseguir/videovigilancia/filtrada/Internet/elpepusoc/20090416elpepisoc_4/Tes

http://magarto.com/blog/archivo/2007/01/02/como-ver-camaras-de-vigilancia-privadas/

0 comentarios:

Publicar un comentario