Realmente estamos nun Estado de Dereito?
Written By Virgulino on 7/6/09 | 13:27
O dereito á xustiza e á igualdade perante a lei son características propias dun Estado de Dereito, un Estado onde todos e todas debemos cumprir as normas vixentes e onde a administración de xustiza debe garantir que isto sexa así.
Renato Núñez. Editor do xornal En Movemento.
As administracións, autoridade e institucións deben ser plenamente respetuosas coa lexislación vixente xa que, de non ser así, quebraríase pola base esa presunción de igualdade, e na que os cidadáns, inevitablemente, nos deberíamos preguntar se as autoridades non cumpren coas normas, porque deberíamos cumprir nós con elas?
Se iso é así, que pensaríamos se a representación do Estado na Galiza non garantise que se cumplan as normas que se lle encomendan? Que acontecería se se tomase con lixeireza o feito de que normas que buscan garantir dereitos fundamentais non se esixan co rigor necesario?
E se souberamos que existen administracións que, grazas a esa falta de interese aproveitan para vulnerar as normas? E se ademais diso coñeceramos que a Delegación do Goberno (representación do Estado na Galiza) opta, ao ter coñecemento diso, por avalar ese incumprimento da lexislación?
Por último, estaríamos nun Estado de Dereito se a administración de Xustiza dixera que realmente se están vulnerando normas fundamentais, ditara sentencia neste sentido, a Administración afectada (concellaría de Seguridade de Compostela) se negase a cumprila e a Delegación do Goberno seguise avalando esa actitude?
Deberíamos comezar a preguntármonos se realmente estamos nun Estado de Dereito.
Etiquetas:
Administración de Xustiza,
Delegación do Goberno,
Opinión
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario