Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC critica a Galicia Bilingüe por empregar imaxes vulnerando os dereitos de autor

Written By Virgulino on 25/6/09 | 11:21


O Movemento polos Dereitos Civís soubo hoxe que Galicia Bilingüe empregou sen permiso imaxes da película de animación “Chicken Run: Evasión en la granja” para elaborar un vídeo propagandístico contra a Guía de planificación lingüística. Segundo puidemos ler en Xornal.com, o vídeo elaborado pola presidenta da plataforma, Gloria Lago, é un ataque contra o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo.

Tal e como publica Xornal, o dito filme está sometido a copyright e, polo tanto, é preciso contar co permiso do autor intelectual da cinta, feito que non aconteceu neste caso segundo se desprende da información do periódico galego. Desde o Movemento polos Dereitos Civís, independentemente da intención que teña tal documento audiovisual, denúnciase o nulo respeto ás persoas do colectivo contrario ao galego. Se o MpDC afirma tal cousa é porque a autoría é un dereito e, como tal, ten que ser respectado.

O dereito de autor e os dereitos conexos son conceptos e instrumentos xurídicos a través dos cales se respetan e protexen os dereitos dos creadores sobre as súas obras. O dereito de autor ten un papel decisivo na articulación das contribucións e os dereitos dos distintos grupos interesados que participan nas industrias culturais e a relación entre estes e o público.

O colectivo polos dereitos civís non pode senón expresar públicamente a súa queixa ante esta vulneración dos dereitos das persoas perpetrada por unha asociación que ten tamén como principal obxectivo atacar o galego e minar o máis posíbel a súa presenza no ensino, o que tamén coharta a liberdade de expresión.

2 comentarios:

Anonymous dijo...

Nom aguardava umha defesa assim dos direitos de autor por parte do MPDC. Isso é coisa da SGAE.

Renato dijo...

Estou de acordo

Publicar un comentario