Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Dereitos Civís denunciará ante a xustiza as cargas reiteradas contra os folguistas do metal en Vigo

Written By Virgulino on 4/6/09 | 14:22


O Movemento polos Dereitos Civís considera inxustificada e desproporcionada a intervención policial perpetrada contra os manifestantes do naval en Vigo. Hoxe producíronse novas cargas e a vulneración dos dereitos civís non pode ser máis flagrante por parte das forzas e corpos de seguridade. Máis persoas feridas, maior cantidade e máis duras en canto as pelotas de goma, gases lacrimóxenos e unha actitude de desprezo absoluto á cidadanía é o balance polo momento. Pola súa banda, o colectivo anuncia que denunciará os feitos ante a xustiza.

Nas dependencias do porto da cidade reuníronse hoxe preto de medio cento de persoas nun primeiro momento ás que se foron sumando máis posteriormente que foron agredidas sen previo aviso pola policía, feito que o colectivo vai denunciar ante a xustiza. Non conformes con cargar sen previo aviso, os antidisturbios perseguiron os manifestantes até o asteleiro de Barreras e até o paseo de Alfonso XII sen deixar de agredilos.

De novo violencia e represión aos traballadores que secundan un quinto de folga con motivo do convenio colectivo para a provincia de Pontevedra. O enfrontamento, no que usaron pelotas de goma aínda máis duras que na xornada anterior non provocou feridos graves, mais si deixou inmobilizados por un tempo a varios manifestantes que tiveron que ser reanimados, segundo explicou ao Movemento o responsábel da negociación colectiva da CIG, Serxio Fontán.

O MpDC denuncia unha vez máis a violencia, a desproporción, a rabia e o desprezo ás persoas que están exercendo o seu dereito a folga. Para o colectivo, as reiteradas agresións que se veñen producindo contra a clase traballadora galega constitúen un tentativo global de amedrentar a sociedade para que non saia á rúa e de atentar contra os seus dereitos fundamentais.

2 comentarios:

andresrguez dijo...

Tamén poderían denunciar ós folguistas que queimaron un autobús e deron cun petardo a un cámara de T5.

Movemento polos Dereitos Civís dijo...

Diso xa se encarga a Delegación do Goberno, os corpos de seguridade e a empresa propietaria, non parece necesario que se constituía unha asociación para ese fin.

No caso que nos describes sobre o xornalista, é función dos axentes tomar medidas contras os responsabeis. Detelos e polos diante da Xustiza.

O MpDC actúa cando son os Corpos e Forzas de Seguridade os que vulneran as normas, pois nesa situación normalmente som respaldados pola Administración e os seus superiores creando unha clara situación de indefensión. lembreremos a agresión dun xornalista en REGANOSA ou en Barcelona onde se vía como os Mossos golpeaban a xornalistas perfectamente identificados e en situación pasiva.

Publicar un comentario