Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC solidarízase coa Gentalha do Pichel

Written By Virgulino on 13/5/09 | 12:23


O Movemento polos Dereitos Civís quere facer público o seu apoio ao Centro Social A Gentalha do Pichel logo de que se coñecese a nova que os obriga a instalar un elevador para evitar que pechen o local. A situación vén motivada pola denuncia feita días atrás por Gerardo Conde Roa sobre desta irregularidade na que incorre o local no que respecta ao acceso a discapacitados/as.

É coñecido que o portavoz do Partido Popular no Concello de Santiago, Gerardo Conde Roa, “está a facer todo o posíbel para fechar o centro social compostelano”, sosteñen desde a Gentalha. Nos últimos meses, o conservador chegou a dicir que ese local “alberga a grupos que practican la kale borroka". Ademais, Conde Roa, engadiu as acusacións de fomentaren a violencia na rúa e que "en estos locales para terroristas se preparan los cócteles molotov". Por se fose pouco, o voceiro do PP meteu tamén no saco a Sala Nasa e o Centro Social Henriqueta Outeiro.

O último paso que separa a Gentalha do Pichel de ter todos os papeis do local en regra: habilitar un elevador para discapacitados/as. O custo é de 10.000 €, mais só ten un mes para o lograr. O primeiro pago da máquina, aliás, deberá ser feito nesta mesma semana (5000€). Este é o prazo que lles dá o Concello para solucionaren os problemas de acesibilidade. Se non o cumpriren, o Pichel será clausurado.

Ao respecto, o MpDC solidarízase co centro social da capital galega, un local que fomenta o dinamismo social e cultural da vida compostelana e non só, senón que tamén ten como obxectivos facer activismo cultural na comarca xunto coa difusión da lingua e cultura galegas, a vontade de aprender, de difundir e recuperar os nosos costumes, historia, ou a música, entre outras actividades.

2 comentarios:

Ricardo Garcia Feyacena dijo...

O camiño que estades a seguir e o correcto. POñedevos o día no cumprimento da Ley e sufragade cos voso cartos as obrigas que temos os demais. E que democraticamente se lles exixan e cumplan todos os locais que esten nas mesmas circunstancias. pero no olvidedes quen nos goberna e que estan a exixir que cumplades, o bloque e mais o psoe pedidelle contas a eles non o PP.

Anonymous dijo...

A diferencia é quei o PP non ten o seu local en regra cando si llo esixe aos demais.

Publicar un comentario