Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Movemento solicita de novo a retirada das cámaras do CEIP San Xosé Obreiro

Written By Virgulino on 20/5/09 | 11:20


O Movemento polos Dereitos Civís informa da presentación dun recurso contra a presunta desestimación da solicitude formulada ao CEIP San Xosé Obreiro para proceder á retirada das cámaras de vídeo vixilancia instaladas nos exteriores do dito Colexio en Arteixo (A Coruña).

Xunto coa retirada, o MpDC solicita a nulidade de pleno dereito da presunta desestimación por silencio administrativo da resolución do CEIP San Xosé Obreiro, onde se denega a solicitude do Movemento polos Dereitos Civís en relación coa instalación das cámaras de vídeo vixilancia nos exteriores das súas dependencias, ao omitirse o trámite procedimental imperante no eido da instalación das cámaras na vía pública. Ademais, o colectio pide tamén a condena en costas da Administración demandada.

Recentemente, o Movemento polos Dereitos Civís tivo coñecemento de que nos exteriores do CEIP San Xosé Obreiro están instaladas cámaras de vídeo vixilancia fixas, o que supón unha vulneración do dereito á imaxe, á honra e a intimidade persoal. Con data de 14 de maio de 2008, o Movemento polos Dereitos Civís envía escrito á Delegación do Goberno en Galiza a través do cal solicita, entre outras cousas, que se acredite a legalidade das cámaras instaladas nos exteriores do dito centro de ensino, así como que se proceda a retirada das mesmas.

A Lei é clara e estricta ó someter as instalacións de cámaras a un réxime de autorización por parte da Delegación previo informe da Comisión de Garantías de Videovixilancia, como así se corrobora na sentencia de 19 de outubro de 2007 do Xulgado do Contencioso- Administrativo nº 3 da Coruña, recaída no procedemento ordinario 69/07 que esta parte seguiu contra o Concello da Coruña pola instalación de cámaras de vídeo vixilancia na estación de autobuses, na que literalmente se pode ler: “resulta que a administración local incumpriu o RD 596/1999, xa que este impón que a instalación sexa autorizada antes de que se realice o informe -previo- vinculante da comisión de garantías á solicitude de instalación”.

É necesaria unha proporcionalidade, é dicir, que só se poden empregar vídeo cámaras cando resulte adecuado para unha situación concreta para o mantemento da seguridade cidadá. Ademais, tamén se esixe o principio de intervención mínima, ou o que é o mesmo, que exista ponderación entre a finalidade perseguida e a posible afectación pola utilización da vídeo cámara aos dereitos á honra, propia imaxe e intimidade.

Polo tanto, non cabe dubida de que a instalación de cámaras nun lugar seguro como o dito centro de ensino de Arteixo, ao non existiren datos policiais que amosen indicios de alta delincuencia ou criminalidade nin vandalismo, é unha medida desproporcionada para o fin perseguido que incumpre, polo tanto,cos parámetros fixados pola lei. En caso de ser instaladas coa finalidade de evitar, entendemos que de acordo coa legalidade vixente, a autorización da instalación de ditas cámaras debería levarse a cabo con anterioridade a súa instalación, como sucede neste caso.

0 comentarios:

Publicar un comentario