Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Máis de 6 anos leva o Movemento agardando o acceso a un expediente por parte do Valedor do Pobo

Written By Virgulino on 4/5/09 | 11:46


O Movemento polos Dereitos Civís vén de interpór recurso de súplica ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza sobre a decisión do Valedor de denegar o dereito de acceso e copia do expediente solicitado polo Movemento polos Dereitos Civís. Mais esta non é a primeira vez que o colectivo se interesa polo dito expediente, senón que o inicio deste procedemento remóntase a 2003.

En marzo dese ano saiu á luz pública a emisión dunha orde da Consellaría de Educación a todos os centros educativos do país na que se instaba á retirada de carteis de “propaganda e publicidade” en alusióóón a pancartas antibélicas e de Nunca Máis. Ao respecto, o MpDC presentou unha queixa ante o Valedor do Pobo por mor dos dereitos que ocasionaría a circular da Consellaría, que atentaba contra os dereitos fundamentais como é a liberdade de expresión.

O Valedor resolveu a inadmisión a trámite da demanda desta asociación por considerar falta de lexitimación. A este respecto cabe subliñar que foron necesarias varias alegacións para que se recoñecese a lexitimación do Movemento, sabendo que o colectivo é unha asociación sen ánimo de lucro qe naceu coa finalidade de velar entre outros, polos dereitos dos individuos nas súas relacións coas administracións públicas.

Posteriormente, o MpDC presentou sucesivos escritos ao Valedor desde a data até hoxe cuxa única resposta foi a remisión a unha indamisión a trámite e arquivo de actuacións inicial sen posicionarse e fundamentar nada acerca do dereito solicitado, contravindo así os preceptos da lexislación vixente na materia.

O Movemento pretende pór de manifesto a reiterada actuación do Valedor consistente na constante denegación do dereito de acceso ao dito expediente. De novo, o MpDC recorre tal afrenta contra os dereitos das persoas. O dereito de acceso solicitado refírese aos expedientes en poder do Valedor en relación coas queixas suscitadas pola orda da Consellaría tanto se se agruparon ou acumularon por tratarse da mesma reclamación ou se se abriron varios co mesmo obxecto, incluido o do Movemento.

Por todos estes desatinos do Valedor no que respecta ao cumprimento da lexislación e do que debería ser o seu compromiso coa cidadanía, o Movemento agarda que desta volta a institución si permita acceder ao dito expediente e que, por unha vez, sexan os intereses do común da sociedade os que se vexan reparados e non os das institucións, como nos tén acostumados o Valedor nas súas resolucións.

0 comentarios:

Publicar un comentario