Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O silencio cómplice da RAG

Written By Virgulino on 11/4/09 | 11:00


Pasadas as eleccións, a Real Academia Galega deixou nas librarías o volume sobre os Usos Lingüísticos pertencente ao Mapa Sociolingüístico de Galiza e, como xa ocorrera co primeiro volumen (Lingua inicial e competencia lingüística publicado no 2007), constata o estado de saúde alarmante no que se atopa a nosa lingua. Cómpre sinalar que este estudo, elaborado pola RAG e financiado pola Presidencia da Xunta, é o estudo deste tipo máis completo feito nunca a unha linanos cando se fixo o estudo (2004) recibiron todas as materias exclusivamente en castelán e o 85% maioritariamente en castelán.

Datos irrefutábeis que son o reflexo real do deterioro do noso idioma e que desmontan as teorías conspiradoras de quen buscou réditos electorais a costa da lingua. Pero a culpa non é só de quen mentiu senón tamén de quen permitiu que estas mentiras foran interiorizadas polos cidadáns podendo dar luz á unha realidade que desgraciadamente é ben diferente ao que quixeron facernos crer.

A RAG é cómplice e tamén culpábel do engano ao que se está a someter á sociedade. Publicou estes datos logo da cita gua romance, e supón unha análise pormenorizada da situación e evolución do galego. Datos obxectivos que amosan a realidade sociolingüística do noso País lonxe de interpretacións nesgadas de linguas viperinas que algúns tentan facernos crer.

O estudo constata que o número de persoas que falan galego reduciuse notabelmente en 12 anos (entre o 1994 e o 2004). Duplicouse a xente que fala só castelán, así coma os que o fan maioritariamente en galego, non chegan ao 23%. No referente ao galego no ensino as conclusións son aínda máis lamentábeis.

Do 10% dos mozos que tiñan menos de 18 electoral, ás agachadas e sen avisar, tendo como tiña o informe final rematado dende facía meses. Cómpre lembrarlles aos seus membros, para que o teñan presente, que os estatutos da Academia, no Artigo 1, sinalan que o obxectivo fundamental desta institución, ademais do estudo da cultura galega, é “a ilustración, defensa e promoción do idioma galego”. Tendo estes obxectivos fundamentais, non se pode permanecer calado cando se está poniendo en perigo a supervivencia da nosa lingua. É unha actitude inxustificábel, e máis aínda cando nas súas mans teñen a arma máis eficaz contra este tipo de atentados: a verdade

1 comentarios:

Nemigo dijo...

RAG é un enxendro de dubidosa utilidade e sospeitosa activiade. Xa pasamos porque algo relacionado ca lingua galega sexa "real" que teña a franco o seu irmán e máis fragagá coma socios e que uns pobres señores maiores que non saben nada do que acontece na rúa teñan que decidir como se debe dicir

Que peche xa

Publicar un comentario