Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Admiten a trámite recurso do MpDC sobre as cámaras exteriores de El Correo Gallego

Written By Virgulino on 15/3/09 | 12:52


O xulgado do Contencioso Administrativo nº1 da Coruña deu por interposto recurso contra a Delegación do Goberno en Galicia. O Dito recurso foi presentado polo Movemento logo de que El Correo Gallego publicase o pasado mes de xaneiro na súa edición impresa e dixital as imaxes captadas polas cámaras de seguridade instaladas na sede do xornal nas que se ve unha muller perfectamente identificable mentres, supostamente, produce danos en vehículos aparcados na rúa.

Non existindo unha lei específica que regule, polo momento, a instalación de cámaras de seguridade privadas, cómpre ter en conta a Lei de Seguridade Privada, que indica que se poderán empregar estes dispositivos electrónicos, convenientemente instalados por unha empresa autorizada, “contra roubo e intrusión”.
A dita Lei non prevé o uso das cámaras de seguridade privadas como espontáneo e non regulado sistema de seguridade cidadá, e desde logo non autoriza o seu emprego para vixiar os actos dos cidadáns nas rúas adxacentes, independentemente de que estes actos poidan resultar ou non constitutivos de delictos.

Aínda que a Lei Orgánica 4/1997, que regula o uso da vídeo vixilancia polas Forzas e Corpos de Seguridade, non atinxe ao ámbito da seguridade privada, en ningún caso o emprego de vídeo-vixilancia privada pode supoñer unha intromisión ilexítima no dereito á intimidade, á propia imaxe e en xeral no ámbito de protección da Lei Orgánica 1/1982.
Ademais, no caso de que as imaxes gravadas polas cámaras teñan consideración de dato persoal quedarán baixo o amparo da Lei Orgánica de Protección de Datos. É sen dúbida o caso das imaxes que nos ocupan, nas que a muller é perfectamente identificable e, polo tanto, o tratamento das ditas imaxes – o que inclúe naturalmente a súa difusión nun medio de comunicación – requiriría o consentimento do afectado.

1 comentarios:

Nemigo dijo...

pero de onde saen os asesores legais de ista xente? Cómo pode ser que os medios de comunicación abracen e louben as leis de protección intelectual e demáis leiras e cando se trata de respetar a identidade das persoas tanto lles ten?

Cantas empresas e particulares na galiza teñen cámaras de tv enfocando á rúa?

Publicar un comentario